Clarín, a castaña valente
Transcript of Clarín, a castaña valente
A HISTORIA DE CLARÍN , A CASTAÑA VALENTE
Clarín era unha castaña que vivía nun
fermoso castiñeiro chamado Flipi.
Tiña moitas amigas dende que nacera,
pero elas só esperaban con ansia o día de caer
para que as levaran ao Magosto porque oíran
que era a festa máis importante para a familia
das castañas.
A Clarín isto non lle facía moita graza, ela era
unha castaña con ganas de aventura, de
coñecer o mundo que había lonxe da súa
mamá Flipi xa que levaba toda a súa vida
colgando dela e quería sentirse libre, sen
ataduras....
Un día, o seu ourizo caeu, mais non abriu
e Clarín agarrouse forte a el e empuxando
fíxoo rodar souto abaixo.
Finalmente foi parar a un río, un
estanque ,un lago ou algo semellante
(decatouse porque notou o cú mollado e iso
nunca lle pasara cando chovía nos brazos da
súa mamá , onde o único que mollaba era a
cabeza)
Clarín seguiu a moverse en mollado ata que
notou un golpe que tiraba polo seu ourizo cara
arriba facendo que se movera coma dentro
dun tornado.....tiña medo...que estaría a
pasar?
O seu ourizo abriuse de súpeto e fronte os
seus ollos veu a cara dun home que levaba na
súa man unha cana de pescar. Asustouse
tanto que saltou contra el con tanta forza que
case lle rompe o nariz.
Escapou correndo e foi dar a unha estrada ,
pero estaba a facerse noitiña e sentiuse tan
canso que decidiu buscar unha folla para
agocharse a durmir.
Cando espertou decatouse de que o lugar
onde estaba tiña un cheiro raro (como a mal
alento), estaba húmido , escuro e arrodeado
por algo que parecían dentes pero moi
grandes......ou érano?
Eran dentes ! E tamén unha lingua
xigantesca !
De novo , o medo fíxoa actuar . Agarrou
aquela lingua o máis forte que puido ata
mancar ao animal e a boca abriuse
rápidamente , salindo disparada Clarín.
Estivera na boca do lobo! E hala, a correr de
novo!
Como aínda estaba preto da estrada,
seguiu a camiñar por ela e, por sorte, atopou
un coche de policía que patrullaba por alí.
Contoulle o que lle pasara ao oficial e el
achegouno ao lugar máis próximo .
Aquel lugar era precioso e cheo de vida ,
chamábase “Mondoñedo”.
Percorrendo as súas máxicas rúas pareceulle
ter pasado por anos e anos de historia.
Pero , había algo máis máxico do
normal....nun recuncho cheo de xente
observando , pareceulle ver uns coches moi
diferentes aos que ela levaba visto ata o
momento, levados por cabalos e conducidos
por persoas vestidas de forma peculiar,
cargando con armas e con bandeiras. Tamén
os vía repetir o mesmo unha e outra vez
despois de que alguén cun taboleiro cheo de
garabatos na man dicía “acción!”
Achegouse a aquel grupo a preguntar porque
facían aquelas cousas tan raras e
contestáronlle que estaban a rodar unha
película de indios e vaqueiros. Caeulles tan
ben Clarín que lle propuxeron participar nela e
aceptou sen dubidalo. Encantoulle a
experiencia e acompañounos aló onde ían.
A estrea da película fíxose no CEIP Álvaro
Cunqueiro Mora e aos nenos de 2º de Primaria
gustoulles tanto Clarín que se fixeron un lote
de fotos con el.
Saíron xuntos ao patio no recreo e alí, no
souto do cole, coñeceu a unha castaña moi
simpática e guapísima chamada Pepe.
Fixéronse inseparables, acabaron a Primaria
na escola onde se coñeceran e seguiron os
seus estudios no IES San Rosendo.
Pedíronlle permiso a Rafa do cole para poder
facer unha casiña no souto onde se viron por
primeira vez, e alí fixeron a súa vida como
mestres das novas castañitas.
Sendo tan felices, decidiron que xa era
hora de ter descendencia e tiveron unha
castañita preciosa á que chamaron Flipi, en
honra da mamá de Clarín.
E colorín colorada, esta historia de Clarín
está rematada.