ColeccióN 12
-
Upload
ismael-vide-gonzalez -
Category
Education
-
view
145 -
download
12
Transcript of ColeccióN 12
200
Colección documental Capítulo XII 1º de Bacharelato.
As relacións internacionais desde 1919. A 2ª Guerra Mundial.
Unha paz feble. A ruptura da seguridade colectiva.
A. O resentimento alemán.
“A miña nai explicábame que Alemaña perdera a guerra aínda que os seus soldados foran os maía
valentes, e que unha paz infame provocara o desastre do país. A economía nacional afundírase a causa das
indemnizacións de guerra, o pagamento das cales os nosos inimigos non paraban de reclamar (...). Víase como
os adultos se indignaban ante os enfrontamentos que tiñan lugar no Parlamento e non se comprendía que esta
desorde a provocasen os partidos que dividían ós alemáns (...). Algunhas damas de antigos costumes dicían: “en
tempos do Imperio os alemáns non se enfrontaban os uns ós outros. Podíase estar fachendoso de ser alemán”.
Ademáis no medio destas miserias das cales se lamentaban os adultos, había paro (...).
Os promotores do nacionalismo prometeron suprimi-lo paro e malia miseria de seis millóns de
habitantes e eu crinos. Crin que levarían a cabo a unión politica do pobo alemán e que superarían as dificultades
resultantes do Tratado de Versalles.”
(Memorias de Melita Maschmann, unha afiliada ás Mocidades Hitlerianas)
B. O illamento dos Estados Unidos.
“2. Os Estados Unidos non se comprometen a preservar a integridade territorial ou a independencia
de ningunha nación sexa cal fose, mediante o emprego da súa forza militar ou naval (...), ou a intervir nos
conflictos entre nacións (...), ou a empregar as forzas militares ou navais dos Estados unidos en virtude de que
un artigo calquera do tratado(1) ou por calquera causa, a non ser que nun caso particular o Congreso (. ..) no lo
estipule.
3. Ningún mandato será aceptado polos Estados Unidos (...), agás por un acto do Congreso.
5. Os Estados Unidos non someterán á arbitraxe ou a investigación da Asamblea, ou do Consello da
Sociedade de Nacións, previsto polo susodito tratado de paz, ningunha cuestión que, ó seu xuízo, dependa ou
estea en relación coa súa politica establecida a longo prazo e comúnmente coñecida co nome de “doutrina de
Monroë”; esta doutrina non pode ser interpretada máis que polos Estados Unidos unicamente, fora da
xurisdicción da Sociedade de Nacións.
8. Para os Estados Unidos enténdese que a Comisión das reparacións non fará regulamentos e non
intervirá nas exportacións dos Estados Unidos cara Alemaña, ou de Alemaña cara os Estados Unidos, nada máis
que cando estes últimos aproben este regulamento ou esta intervención mediante unha lei ou resolución do
Congreso.
9. Os Estados Unidos non estarán obrigados a contribuír a calquera dos gastos da Sociedade de
Nacións (...).
10. Ningún plan para a limitación de armamentos proposto polo Consello da Sociedade de Nacións (...),
ligará os Estados Unidos ata que este sexa aceptado polo Congreso; e os Estados Unidos resérvanse o dereito
a aumentar os seus armamentos sen o consent imento do Conse llo, no caso de que sexan ameazados por unha
invasión ou unha guerra.”
(Congressional Record Extraits; do 19 de marzo de 1920. En M. Chaulanges e outros:”Texx tes h istoriq ues. La prem ièr m oitié
du XX sicle 19 14-191 5". París, 1979)
(1) Refírese ó Tratado de Versalles de xuño de 1919.
C. O desprestixio e debilidade da Sociedade de Nacións.
(...)Non continuaremos dentro da Sociedade de Nacións porque cremos que non é unha institución de
dereito, senón unha organización defensora da inxustiza do Tratado de Versalles.
1º. Retirarémonos da SDN porque, fiel ós principios que instigaron o seu nacemento, negóuno-lo
201
dereito á igualdade de armamento e, como consecuencia, á defensa.
2º. Non volveremos nunca a formar parte dela, porque non temos intención de renunciar á nosa
liberdade de acción (...).
5º. Finalmente, non témo-la intención, no futuro, de deixarnos dirixir por calquera institución
internacional (...). Se a SDN existise durante un século, a situación internacional chegaría a ser cómica, porque
esta institución é manifestamente incapaz de comprende-las necesidades históricas ou económicas (...).
En resumo, unha vez máis, declaro que Alemaña, e sobre todo despois da retirada de Italia da SDN,
non pensa volver a ela de ningún xeito”.
(Discurso de A. Hitler no Reichstag o 20 de febreiro do ano 1933)
D. Problemas fronteirizos.
“Na fornteira meridional de Alemaña constitúese ou reconstitúese un Estado checoslovaco, primeiro
eslabón do cinto de forza que a conferencia ideou... para borrar ó Reich alemán. Desgraciadamente pola súa
solidez, o cinto está aberto e roto cerca da súa fivela polo fata cuadrilátero de Glatz, onde... Alemaña se pode
mover con facilidade e por onde pode lanzarse ó seu antoxo en varias direccións, posto que todas conducen
dereito ó corazón de Europa central. Un erro ou unha neglixencia se cometeu e que fai temer que ata o futuro
non se coñezan as súas consecuencias...
Polonia resucitada..., é coma un corpo privado dos seus dous pulmóns... Non hai nin haberá Polonia se
non ten acceso libre, seguro e cómodo ó mar. Agora ben, non toca o Báltico en territorio polaco máis que por
anaco de costa,, onde é imposible construir un bo porto. De ahí a solución de Dantzig, cidade de carácter
alemán,, erixida en cidade libre a fin de dar a Polonia un porto libre e dende alí un corredor polaco de Sur a
Norte. Pero, como o que queda da Prusia oriental se atopa separada de Alemaña, e como é preciso que a
provincia comunique, a pesar de todo, co Estado, de ahí un corredor alemán de Este a Oeste, e as dúas rutas
se entrecruzan no territorio libre de Dantzig, cúia tutela e garantía, a Sociedade de Nacións terá que
organizar seriamente desde agora...
Tal é a Europa do Tratado de Versalles. Ó leste da súa liña media non vemos máis que un gran estado
actual, o Reich alemán. Nas extensas rexións da Europa central e oriental, onde antes da guerra había dous
(estados): Austria-Hungría e Rusia, Alemaña eríxese e pronto se erixirá como único gran Estado.. . No lugar da
metade austríaca da monarquía austrohúngara, un austria alemana vacilante entre o Reich alemán e unha
Confederación danubiana; pero (unha Austria) que resista con forza a atracción do Reich, que logre subsistir...,
mentras que a Confederación danubiana non existe... No lugar da metade húngara, dos comitats (1) magiares
ou maiarizados que se descuartizan entre Checoslovaquia ou Polonia, a Austria alemana, Iugoslavia ou Rumanía.
Na Europa central, un abismo afondado pola disoluc ión de Austri-Hungría, pero na Europa oriental un
abismo aberto pola descomposición de Rusia. ¿Restableceráse ou non unha gran Rusia e cal será a súa
magnitude? ¿Cómo se regularán as cuestións de Finlandia, de Estonia, de Lituania, de Ucrania, etc...?
(CHAULANGES, M. e outros. Obra citada. Paxs. 37-38)
E. As reparacións de guerra alemanas.
“A primeira idea (das cláusulas impostas a Alemaña) comprende un pago de100 millóns de libras ó ano
durante dous anos, 150 millós de libras durante os tres anos seguintes; despois 200 millóns de libras durante
outros tres anos, 250 mi llóns de libras durante outros tres anos máis, e finalmente, 300 millóns de libras ó
ano durante trinta anos. Todas estas sumas deberán pagarse en ouro...
É bastante evidente que Alemaña non poderá pagar a parte determinada de indemnización máis que
desenvolvendo considerablemente as súas exportacións... Sería fácil demostrar que Alemaña non podería
acadar esta actividade económica, considerada nas propostas de París...”
(KEYNES, M.: Opinion sur l ’ accord de París. En: CHAULANGES, M. e outros: Obra citada. Paxs. 100-102)
F. A desconfianza cara Alemaña.
“A posición económica de Alemaña, esbozada moi brevemente con grandes trazos é como segue:
1. Estamos superpoboados e non podemos alimentarnos polos propios medios...
202
4. No que toca ó subministro de alimentos, estes non poden ser satisfeitos desde o interior da
economía alemana. Mentres existan moitos artigos nos que a producción pode ser facilmente incrementada,
o producto da nosa agricultura non pode ser elevado de forma substancial. Da mesma maneira, somos incapaces
de producir sistemáticamente, ou substituír con outros medios, certas materias primas das que carecemos
en Alemaña...
6. A solución final reside na extesión do espacio vital (Lebensraum), ou sexa das materias primas e
bases alimenticias do noso pobo. Esta é a tarefa dos políticos para resolver, ó cabo, este problema...
Polo tanto, establezo o seguinte programa para a solución final á nosa crecente necesidade de
sobrevivir (Lebensnnot):
I. Coma no caso do rearme ou mobilización militar e política da nosa nación, tamén debe facerse así
no económico, coa mesma rapidez, coa mesma resolución e tamén -de ser isto necesario- coa mesma
severidade... Só é posible un “punto de vista: o de que Alemaña debe ser levada, politica e conómicamente, a
un estado de autosuficiencia...”
Resumindo brevemente: cons idero necesario que de hoxe en diante cheguemos, cunha vontade de
ferro, a sermos independentes dos subministros exteriores e academos unha autonomía do cen por cen destas
importantes materias primas, e tamén deste modo aforrarémo-las divisas extranxeiras, necesarias en tempos
de paz, para a importación dos nosos subministros alimenticios...
Polo tanto establezo os seguintes obxectivos:
I. O exercito alemán debe estar preparado para loitar no prazo de catro anos.
II. En catro anos, a economía alemana ten que estar en condicións de soportar unha guerra.”
(HITLER, A.: Memorando secreto de agosto de 1936. En: GARCÍA ALMIÑANA, E. e outros: Historia do mundo contem poráneo.
Ed. Ecir. Valencia. 2002. Pax. 287)
1925. A onda pacifista e a “seguridade colectiva.” Unha etapa de distensión.
G. O Plan Dawes, comenzo da distensión.
“Ata a Italia de Mussolini asinaría os Tratados de Locarno e o pacto Kellogg-Briand, os dous acordos
internacionais que máis expresivamente viñeron simbolizar o novo clima de cooperación e pacificación
internacionais que, como se dixo, cristalizou na segunda metade da década de 1920. En efecto, o Plan Dawes
(abril de 1924) sentou as bases para a solución da cuestión alemana. Solicitada polo goberno alemán á Comisión
Aliada para as Reparacións de Guerra unha invest igación sobre a economía do seu país, a comisión de expertos
nomeada ao efecto, presidida polo banqueiro norteamericano Charles G. Dawes, recomendou que a cantidade
anual que Alemaña debía pagar fixásese en dous millóns e medio de marcos-ouro e que se concedese a Alemaña
unha cuantiosa cantidade (800 millóns de marcos-ouro) en créditos. Patrocinado por Estados Unidos e Gran
Bretaña, aceptado tras algunha reticencia por Francia, o Plan logrou os seus obxectivos: a economía alemana
iniciou a súa recuperación, Alemaña puido empezar a pagar as anualidades acordadas e Francia sentiuse
satisfeita e retirou as súas tropas do Ruhr a partir de 1925. O 1 de decembro de 1925 asináronse os chamados
Tratados de Locarno, auspiciados por Gran Bretaña (Austen Chamberlain), Francia (Briand) e Alemaña
(Stresemann). “
(www.artehistoria .com. 2 de marzo de 2006)
H. O acordo de Locarno.
“Artigo 1: As altas partes contratantes garanten individual e colectivamente, como se estipula nos
artigos que seguen, o mantemento do statu quo territorial, resultante das fronteiras entre Alemaña e Bélxica,
e entre Alemaña e Francia, e a inviolabi lidade de ditas fronteiras tal como forn fixadas polo Tratado de
Versalles o 28 de xuño de 1919 (...).
Artigo 2: Alemaña e Bélxica e tamén Alemaña e Francia comprométense recíprocamente a non
entregarse dunha ou outra parte a ningún ataque ou invasión, e a non recorrer dunha ou outra parte aen ningún
caso á guerra.
Artigo 3: (...) Alemaña e Bélxica, e Alemaña e Francia comprométense a arranxar por vía pacífica e da
203
Briand, Her rik e Kellogg p osan tra-la firm a do Pacto B riand-Kellogg. En: www.artehistoria.com
maneira seguinte tódalas cuestións de calquera natureza que sexan, que veñan a dividilas e que non puidesen
ser resoltas polos procedementos diplomáticos ordinarios (...).
Artigo 4: Se unha das altas partes contratantes estima que foi ou é cometida unha violación do artigo
2 do presente tratado ou unha contravención dos artigos 42 ou 43 do Tratado de Versalles , levará
inmediatamente a cuestión ante o Consello da Sociedade de Nacións (...).
(C .A. COLLIARD: Droit internacional et histoire diplomatique.)
I. O Pacto Briand-Kellog.
“Artigo 1: As altas partes contratantes declaran solemnemente, en nome dos seus pobos respectivos,
que condenan recorrer á guerra para a regulamentación das controversias internacionais e renuncian a ela coma
instrumento de política nacional nas súas relacións mutuas.
Artigo 2: As altas partes contratantes recoñecen que a regulamentación ou solución de tódalas
diferencias ou conflictos -de calquera natureza que sexan- que poidan xurdir entre elas, non deberá xamáis
ser buscada máis que por medios pacíficos.
Artigo 3: O presente Tratado será ratificado polas altas partes contratantes designadas no preámbulo
conforme ás esixencias das súas Constitucións, e terá efecto entre elas dende que os diversos instrumentos
de ratificación sexan depositados en (...).
Este Tratado unha vez posto en vigor, permanecerá aberto, igual que está prescrito no precedente
parágrafo o tempo que sexa necesario para a adhesión de tódalas demáis potencias do mundo.”
(ABC, 28 de agos to de 1 928. E n R. Villa res (C oord.), Documentos de Historia del mundo Contempor áneo. Madrid, Alhambra,
1986)
j. O Pacto Briand-Kellogg na imaxe.
204
O fracaso da “seguridade colectiva.” Os antecedentes da guerra.
K. As viraxes cara a II Guerra Mundial.
“¿Como, gracias a que causas, por medio de que feitos, pasaron esas catro nacións da solidariedade
á guerra dende outubro de 1925 a xuño do 1940? (.. .). As nacións de Locarno pasaron da solidariedade á guerra
en virtude de catro xiros sucesivos na súa politica exterior. Existe, por suposto, un aspecto político interno,
nacional, que motiva en parte o fenómeno, e unha proxección externa, internacional, que é a viraxe.
Pero esa viradura vai supor un cambio fundamental na conducta exterior desa nación; máis aínda son
unha contradicción respecto á política ata aquel momento seguida e proclamada. Só así é posible que a mudanza
leve, nas súas consecuencias, da vida común á loita pola destrucción.
Os catro xiros rachan sucesivamente a conciencia de solidariedade que Locarno proclamou, e lanzan
fora do núcleo, sucesivamente tamén, ás catro grandes potencias, situándoas á fin en dúas frontes dispostas
para a guerra. En tódolos casos, a fenda é tan profunda que ningunha teima posterior consegue a soldadura
tentada.
Primeiro: O pacto franco-soviético. Por medio do mesmo, a forza no continente da política exterior
de Francia é a alianza coa U.R.S.S. Con este pacto, racha a relación franco-alemana.
Segundo: As sancións. Con estas desaparece a entente anglo-italiana.
Terceiro: O Eixe Roma-Berlín. Italia, en alianza con Alemña, supón, neste momento histórico, a ruptura
da amizade italo-francesa.
Cuarto: O pacto xermano-soviético. O acordo entre Alemña e a U.R.S.S. acaba coa única relación aínda
existente: a anglo-alemana.”
(PABÓN , J.: Los virajes hacia la guerra (1934-1939). Madr id, Ed. R ibade neyra , 1946 .)
L. O Pacto de Munich.
“As catro potencias, Alemania, Reino Unido, Francia e Italia, ó consideraren o acordo que xa se obtivo
para a cesión a Alemaña das terras alemanas dos Sudetes, acordaron os termos e condicións seguintes relativos
á devandita cesión e ás medidas que dela derivan, e coa base do presente acordo fanse reciprocamente
responsables da adopción das medidas necesarias para garanti-lo seu cumprimento.
Artigo 1. A evacuación comezará o 1 de outubro.
Artigo 2. O Reino Unido, Francia e Italia acordan que a evacuación do territorio remate o 10 de
outubro, sen que ningunha das instalacións existentes sexa destruída, e que ogoberno checoslovaco sexa
responsable de levar ó final a evacuación sen perxuicio para as instalacións.
Artigo 3. As condicións que deberán regula-la saída serán definidas polo miudo por unha comisión
internacional composta por representantes de Alemaña. Reino Unido, Francia, Italia e Checoslovaquia.
Artigo 4. A ocupación gradual do territorio predominantemente alemán por parte do exercito xermano
comezará o 1 de outubro. As catro divisións sinaladas no mapa serán ocupadas polas tropas do Reich na orde
seguinte...
Artigo 5. A comisión internacional determinará os territorios nos que se deberá efectuar un
plebiscito, terras que serán ocupadas por corpos internacionais ata que o plebiscito remate. Fixará as
condicións nas que se desenvolverá o plebisc ito, tomando como base as condicións do plebiscito do Sarre.
Fixará a data do plebiscito, e non poderá ser posterior ó final de novembro.
Artigo 6. A determinación definitiva das fronteiras será efectuada pola comisión internacional...
Artigo 7. Haberá dereito de opción para entrar a formar parte ou para deixar de pertencer ós dereitos
transferidos...
Artigo 8. O Goberno checoslovaco, no prazo de catro semanas dende a conclusión do presente acorso,
liberará das súas formacións militares ou de policía ós alemáns dos Sudetes que o desexen. No mesmo prazo,
liberará a todo-los presos alemáns dos Sudetes que cumpran pena por delitos políticos.”
(JACOBSEN, H. A. e DOLLINGER, H.: La Segunda Guerra Mundial en fotografías y documentos . Ed. Plaza y Janés, 1955. En:
VILLARES PAZ, R. Obra citada. Pax. 201-202)
205
Fonte: ARÓSTEGUI SÁNCHEZ, J. E outros. Obra citada. Pax.195.
M. O expansionismo xaponés.
As causas desencadeantes. O camiño cara a guerra.
N. O pacto xermano-soviético.
“O goberno do Reich alemán e o goberno da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas, guiados polo
desexo de fortalecer a causa da paz en Alemña e a U.R.S.S., e partindo das disposicións de base do tratado
de neutralidade concluído entre Aleña e a U.R.S.S. en abril de 1926, chegaron ó acordo seguinte:
Artigo 1. As dúas partes contratantes esfórzanse en absterse de todo acto de violencia e de toda
manobra agresiva, e de todo ataque dunha contra a outra, e isto, tanto se é soa como coa axuda doutras
potencias.
Artigo 2. No caso de que unha das partes contratantes fose obxecto de agresións militares por parte
dunha terceira potencia, a outra parte comprométese a non prestar apoio de ningún tipo a esa terceira
potencia.
Artigo 3. Os gobernos das dúas partes contratantes permanecerán en adiante en contacto para
consultárense e inforárense mutuamente dos problemas referidos ós seus intereses comúns.
Artigo 4. Ningunha das dúas partes contratantes poderán estar en ningunha asociación de potencias
dirixida -directa ou indirectamente- contra a outra parte.
Artigo 5. Se xurdisen dificultades ou conflictos entre as partes contratantes sobre cuestións de
206
calquera natureza, as dúas partes contratantes resolverán diferencias ou conflictos pola vía dun cambio de
impresión amigable, ou se fose necesario, polo recurso a comisión de arbitraxe.
Artigo 6. O presente tratado conclúese nun período de dez anos, chegando ó acordo de que, mentres
que unha das dús partes non o manifeste un ano antes da finalización deste prazo, a duración da validez
dopresente contrato é aumentada automáticamente á duración de cinco anos.
Artigo 7. O presente contrato debe ser ratificado no prazo máis curto posible. O cambio de
instrumentos de ratificación debe ter lugar en Berlín. O tratado entra en vigor no intre do seu asinamento.
Redactado en dous exemplares orixinais, en língua alemana e rusa. Moscova, 23 de agosto de 1939.
Polo goberno do Reich Por delegación
VON RIBBENTROP Polo goberno da U.R.S.S.
W. MOLOTOV
(HOFE R, W.: El nacional-socialismo en los textos. París, plon, 1963)
O. As forzas en acción. O armamento en 1939.
Soldados e armamento dos contendentes
Países SoldadosCarros de
combateAvións
Destructo
r-es
Submarino
s
Eixe
Alemaña
Italia
Xapón
3.500.000
2.100.000
320.000
2.800
1.500
2.030
4.500
1.500
1.980
17
60
113
56
110
53
Aliados
EUA
Francia
Gran Bretaña
URSS
180.000
2.750.000
1.400.000
2.500.000
112
2.200
1.100
20.000
800
1.136
1.500
5.000
181
28
184
28
99
70
58
150
P. A teoría do “espacio vital”.
“O deber da politica exterior dun Estado nacional consiste en asegura-la subsistencia da raza deste
Estado mantendo un equilibrio natural e ssaudable entre a poboación do país e o seu crecemento (.. .). Non hai
nada, fora da amplitude do espacio, que asegure a libre existencia dunha nación. Esta é a única forma en que
a nación alemana se pode defender como potencia mundial (...). As fronteiras do ano 1914 non teñen ningún
significado para o noso porvir. Non nos protexeron no pasado nin aumentarán o noso poder no futuro. Non lle
darán á nación alemana solidariedade interna nin lle subministran alimentos; desde o punto de vista militar, non
son axeitadas, nin tan só satisfactorias, nin mellorarán a nosa situación actual respecto doutras potencias
mundiais (...).
Ningunha nación da terra posúe un só metro cadrado de territorio concidido polo ceo. As fronteiras
trázanse e modifícanse só de acordo coa vontade humana. O feito de que unha nación consiga adxudicar para
sí un territotio que non lle pertencía, non é ningunha razón para respetala; proba, sinxelamente, o poder do
vencedor e a debilidade dos perdedores. Este poder é a única cousa que da dereito á posesión (...).
Nós, os nacionalsocialistas (...), contémo-lo avance da corrente xermánica cara ó sur e cara ó oeste
de Europa e volvémo-lo noso exercito cara o leste (...); semella que o destino nos empurra a iso (...). Non
podemos esquecer que os bolxeviques teñen as máns cheas de sangue e que nunha hora tráxica tomaron ó
asalto un grande Estado (...).
(HITLE R, 1927)
207
Fonte: ARÓRTEGUI SÁNCHEZ, J. e outros. Obra citada. Pax. 195.
Q. O expansionismo alemán en Europa central.
A guerra. As operacións militares.
R. A “Blitzkrieg” en Europa (1939-1941).
“Desde que Schlieffen estableceu o seu soado plan en 1906, ningún ofic ial alemán dubidaba da
necesidade de bater aos inimigos, un por un, desprazando a masa de manobra polos magníficos s istemas de
comunicacións alemáns. Por iso, en 1939, só uns cantos reximentos situáronse nas fortificaciones da inacabada
liña Sigfrido da fronteira francesa. O groso da Wehrmacht e a Luftwaffe foi orientado cara Polonia. Malia os
éxitos de 1917 e 1918, os xenerais aliados desconfiaban dos carros de combate. Na Ecole Superiéure de Guerre
eran considerados armas de acompañamento ou exploración, integrados, como un enxeño máis, na masa que se
movía a pé ou dacabalo. Pola súa banda, dous militares británicos, X. F. Fuller e B. H. Liddell Hart,
desenvolveron a idea de que serían o arma decisiva da guerra futura. En Alemaña, Guderian, entón un
208
Fonte: ARÓSTEGUI SÁNCHE Z, J. Obra citada. Pax. 197.
descoñecido xeneral, vinculou a idea da guerra de blindados coa dunha aviación capaz de explorar o terreo e
apoialos co lume. Cando Hitler chegou ao poder, Guderian conseguiu o seu apoio aínda que os grandes xenerais
consideraban o seu proxecto excesivamente revolucionario. Realmente érao nos procedementos pero non nas
finalidades; a estratexia prusiana tradicional apoiábase en rápidas ofensivas e, con todo, as batallas de
desgaste da Primeira Guerra Mundial resultaran desastrosas para os alemáns. Como país pequeno e sen
colonias, non podía resistir guerras longas; Alemaña necesitaba a vitoria antes de esgotar os seus recursos
humanos e materiais. A teoría de Guderian prometía vencer, combinando os tanques e os avións, nunha rápida
ofensiva sen desgaste: a Blitzkrieg ou guerra relámpago.”
(Fonte: www.artehistoria .com. 2-III-2006)
S. A Blitzkrieg contra Polonia.
209
T. Ultimatun francés a Alemaña.
“Excelentísimo Señor:
Non tendo recibido o 3 de setembro ás 12 horas do mediodía, ningunha resposta satisfactoria do goberno do
Reich ao escrito que entreguei a V.E. o 1 de Setembro, ás 22 horas, teño o honor de comunicarlle, por encargo
do meu goberno, o seguinte:
O goberno da Republica Francesa considera o seu deber recordar, por última vez, a grave responsabilidade que
tomou sobre sí o goberno do Reich ao abrir as hostilidades contra Polonia sen declaración de guerra e non
aceptar a proposición dos gobernos da República Francesa e da súa Maxestade británica de suspender toda
acción de ataque contra Polonia e declararse disposto a unha retirada inmediata das súas tropas de territorio
polaco.
O goberno da República ten por iso o honor de poñer en coñecemento do goberno do Reich que se ve obrigado
desde hoxe 3 de Setembro, ás 17 horas, a cumprir as obrigacións contraídas por Francia con Polonia no Tratado
Franco-Polaco e que o goberno alemán coñece.
Coulondre Embaixador de Francia en Berlín.”(Ultimat un francés a Alema ña, setem bro de 193 9. En: www.historiasiglo20.org. 3-III-2006)
U. Ultimatun inglés a Alemaña.
“Excelentísimo Señor:
No comunicado que tiven o honor de dar a coñecer a V.E. o 1 de Setembro, informaba a V.E, seguindo as
instrucións do Secretario para Asuntos Exteriores da súa Maxestade, que o goberno da súa Maxestade do
Reino Unido cumprirá sen demo ra as súas obrigacións con Polonia, se o goberno alemán non está disposto a dar
ao go berno da súa Maxestade do Reino Unido seguridades satisfactorias de que o goberno alemán suspende
toda acción de ataque contra Polonia e está disposto a retirar in mediatamente as súas tropas de territorio
polaco.
Aínda que este comunicado foi dado a coñecer fai máis de vinte e catro horas, non obtivo ningunha resposta
habendo, pola contra continuado e aumentado os ataques alemáns contra Polonia. Por iso, teño o honor de
informar a V.E. que, no caso de que ata as 11 horas da mañá (hora de verán británica) de hoxe, 3 de Setembro,
non sexa dada unha seguridade satisfactoria no sentido antes mencionado, polo goberno alemán e chegue a
Londres a mans do goberno da súa Maxestade, existirá, desde ese momento, un estado de guerra entre os dous
países.
Neville, Henderson
Embaixador do Reino Unido en Berlín
Ultimat un ingles a Alem aña. Sete mbro d e 1939. En: www.historiasiglo20.org. 3-III-2006)
V. Os sacrificios de Inglaterra.
“Debemos recordar que estamos nas fases preliminares dunha das grandes batallas da historia, que
nós estamos actuando en moitos puntos de Noruega e Holanda, que estamos preparados no Mediterráneo,que
a batalla aérea é contínua e que moitos preparativos teñen que facerse aquí e no exterior. Nesta crise, espero
que poida perdoarseme se non me extendo moito ó dirixirme á Cámara hoxe. Espero que calquera dos meus
amigos e colegas, ou antigos colegas, que están preocupados pola reconstrucción política, se farán cargo, e
plenamente, da falta total de cerimonial coa que foi preciso actuar. Eu diría á Cámara, como dixen a todos os
que se incorporaron a este goberno: “non teño nada máis que ofrecer que sangue, esforzo, lágrimas e suor”.
Temos ante nós unha proba da máis penosa natureza, temos ante nos moitos, moitos longos meses de
combate e sufrimento. Preguntádesme: ¿Cal é a nosa política?. Diréivolo: facer a guerra por mar, por terra e
por aire, con toda a nosa potencia e con toda a forza que Deus nos poida dar, facer a guerra contra unha tiranía
monstruosa, nunca superada no escuro e laméntable catálogo de crimes humanos. Esta é a nosa polít ica.
Preguntádesme: ¿Cal é a nosa aspiración?. Podo responder cunha palabra: victoria, victoria a toda
costa, victoria a pesar de todo o terror, victoria por longo e duro que poida ser o camiño; porque sin victoria
non hai supervivencia. Tede isto por certo; non haberá supervivencia para todo aquelo que o Imperio Británico
ten defendido, non haberá supervivencia para o estímulo e o impulso de todas as xeneracións, para que a
humanidade avance cara o seu obxectivo. Pero eu asumo a miña tarefa con ánimo e esperanza.
210
Estou seguro de que non se tolerará que a nosa causa se malogre no medio dos homes. Neste tempo
síntome autorizado para reclamar a axuda de todas as persoas e dicir : “vide pois e vaiamos xuntos adiante coas
nosas forzas unidas”.
(Discurso de Churchill á Cámara dos Comúns o 13 de maio de 1940. En: www.historiasiglo20.0rg. 3-III-2006)
W. O escenario bélico en Europa.
X. O ataque contra Rusia.
Duce:
Escríbovos esta carta nuns momentos en que meses enteiros de ansiosas deliberaciones e unha continuada e
enervante espera rematan mercé á decisión que máis me custou adoptar na miña vida Logo de examinar o último
mapa sobre a situación de Rusia e logo de sopesar outros moitos informes, creo que non podo adoptar a
responsabilidade de seguir esperando e, por encima de todo, creo que non existe outro medio de evitar este
perigo (...), a menos que continúe esperando, o que de todos os xeitos terminaría por conducir ao desastre, se
non este ano, o próximo ó sumo.
A situación é a seguinte: Inglaterra perdeu esta guerra. Co dereito que asiste aos que se afogan, agárrase a
calquera cravo ardendo que, na súa fantasía, parécelle unha táboa de salvación. Con todo, algunhas das súas
esperanzas non deixan de acharse asistidas por certa lóxica, como é natural. Ata o presente, a Gran Bretaña
sempre librou as súas guerras contando coa axuda do Continente. A destrución de Francia,en realidade a
eliminación de todas as posicións occidentais europeas, atrae continuamente as miradas dos belicistas ingleses
ao lugar por onde trataron de comezar a guerra: a Rusia soviética.
Ambas nacións, a Rusia soviética e Inglaterra, áchanse interesadas por igual na existencia dunha Europa
arruinada e postrada por unha longa guerra. Detrás destes dous países álzanse os Estados Unidos de América,
que os incita mentres observa e espera os acontecementos. Desde a liquidación de Polonia, fíxose evidente
a existencia na Rusia soviética dunha tendencia consistente que, aínda que dun xeito cauto e solapado, sinala
no entanto un firme regreso á antiga teoría bolchevique de expansión do Estado soviético. A prolongación da
211
Fonte: www.historiasiglo20.org.
guerra necesaria para alcanzar esta finalidade conseguiríase tendo as forzas alemanas no Leste, para que o
Alto Mando alemán xa non poida garantir un ataque en gran escala no Oeste, en especial polo que se refire á
aviación (...).
Se as circunstancias me désen motivo para utilizar as forzas aéreas alemanas contra Inglaterra, existe o
perigo de que Rusia comece entón a súa estratexia de extorsión no Sur e no Norte, á que tería que someterme
en silencio, sinxela mente porque me acharía dominado por unha sensación de inferioridade aérea. Entón non
sería posible para min, sobre todo ao non contar co adecuado soporte das forzas aéreas, atacar as
fortificacions rusas coas divisións estacionadas no Leste. Se non desexo expoñerme a este perigo, sería
posible que transcorrese todo o ano 1941 sen que se producisen cambios na situación xeral. Pola contra creo,
Inglaterra cada vez estará menos disposta a pedir a paz porque depositará as súas esperanzas no aliado ruso.
En verdade, estas esperanzas irán en aumento, naturalmente, a medida que o exéército ruso vaia estando máis
preparado. E detrás de todo isto atópase a entrega en masa de material de guerra americano, que a URSS
confía obter en 1942 (...).
Por conseguinte, logo de exprimirme constantemente o cerebro, cheguei á decisión de cortar o nó antes de que
se aperte demasiado. Creo, Duce, que con isto brindo probablemente os mellores posibles á nosa direccióón
conxunta da guerra no ano en curso (...).
Adolf Hitler
21 de xuño de 1941
(Carte de Hitler a Mussolini anunciándolle a invasión de Rursia, xuño de 1941. En: www.historiasiglo20.org.)
Y. A invasión de Rusia. A “operación Barbarroiba”.
Z. A guerra en Asia e no Pacífico. O ataque xaponés a Pearl Harbour.
212
Fonte: www.historiasiglo20.0rg.
Z. 1. A
fronte de
África.
213
Fonte: www.historiasiglo20.org.
Z. 2 . As novedades da guerra. A guerra no aire.
Z . 3. As novedades da guerra. A resistencia.
“Os xefes que, dende fai longos anos, están á cabeza dos exercitos franceses, formaron un goberno.
Este goberno, alegando a derrota dos nosos exercitos, púxose e contacto co inimigo para deter o combate (...).
Pero ¿díxose a última palabra? ¿é definitiva derrota? ¿debe desaparecer a esperanza? Non... ¡Francia non está
sóa! ¡Non está sóa! ¡Non está sóa! Esta guerra non está limitada ó desgraciado territorio do noso país. Esta
guerra é unha guerra mundial (...). Fulminados hoxe pola forza mecánica, nós podemos vencer no futuro cunha
forza mecánica superior (...). Eu, o xeneral De Gaulle, actualmente en Londres, invicto ós oficiais e ós soldados
franceses que se atopen en territorio británico (...), ó enxeñeiros e ós obreiros especializados das fábricas
de armamentos (...) a poñerse en contacto comigo. Aconteza o que aconteza, a llama da resistencia francesa
non debe apagarse e non se apagará.”
214
O desem barco de Norma ndía. Fonte: www.historiasiglo20.org.)
Fonte: www.historiasiglo20.org.
(DE GAULLE, CH.: Mensaxes radiofónicos. Londres, 18 de xuño de 1940)
Z. 4. As novedades da guerra. Os desembarcos.
Z. 5. As novedades da guerra. Os blindados.
215
Z. 6. O impacto demográfico da guerra.
País Militares Civiles Total
URRS 12.000.000 17.000.000 29.000.000
Polonia 597.000 5.860.000 6.270.000
Alemaña 3.250.000 2.440.000 5.690.000
Yugoslavia 305.000 1.350.000 1.660.000
Romania 450.000 465.000 915.000
Hungría 200.000 600.000 800.000
Francia 245.000 350.000 595.000
Italia 380.000 153.000 533.000
Reino Unido 403.000 92.700 495.000
EEUU 407.000 6.000 413.000
Checoslovaquia 7.000 315.000 322.000
Países Baixos 13.700 236.000 249.000
Grecia 19.000 140.000 159.000
Bélxica 76.000 23.000 99.000
Z. 7. A solucion final. A persecución dos xudeos.
“Kitty aínda non sabe nada sobre mín. Polo tanto, terei que explicar brevemente a historia da miña vida.
O meu pai tiña xa trinta e seis anos cando se casou coa miña nai, que tiña vintecinco. A miña hirmá Margot
naceu en 1926 en Francfort do Main. E eu, o 12 de xuño de 1929. Posto que somos cen por cen xudeus,
emigramos a Holanda en 1933, donde o meu pai foi nomeado director da Travies N.V., empresa asociada con
Kolen e Cia. De Amsterdam. Ambalas dúas sociedades estaban instaladas na mesma casa, e o meu pai era un
dos seus accionistas.
Debo dicir que a nosa vida non estaba marcada por emocións, porque o resto da familia aínda estaba
loitando para facer fronte ás medidas hitlerianas contra os xudeus. A consecuencia das persecucións de 1938,
os meus dous tíos maternos fuxiron e chegaron sanos e salvos a Estados Unidos. A miña aboa, que por entón
tiña 73 anos, veu con nós . Despois de 1940 o noso benestar acabouse rápidamente: primeiro a guerra, despois
a capitulación, e a invasión dos alemáns, que nos deixou na miseria. Unha medida tras outra en contra dos
xudeus. Os xudeus tiñan a obriga de levar a estrela, de ceder as súas bicicletas... Tiñan prohibido subir ós
tranvías, conducir vehículos... Tiñan a obriga de facer as súas compras exclusivamente nas tendas que levaban
a marca de “tenda xudea”, e ademais, só de tres a cinco da tarde. Tiñan prohibido saír despois das oito da
tarde, incluso ó seu propio xardín, e quedarse na casa dos seus amigos . Tiñan prohib ido ir ó teatro, ó cine ou
a calquera outro ligar de diversión. Tiñan prohibido practicar calquera deporte público: prohibido frecuentar
a piscina, as pistas de tenis e de hockey ou outros lugares de ocio. Tiñan prohibido ir ás escolas xudeas, e un
montón de restriccións coma estas...
Así ímos tiranso, sin facer isto, sin facer aqueloutro... Jopie sempre me dí: “Eu xa non me atrevo a
facer nada, por medo a que estea prohibido”. De maneira que a nosa liberdade é moi limitada; pero bueno, a vida
aínda é soportable.
A aboa morreu en xaneiro de 1942. Naide sabe canto penso nela e canto a quero aínda.
Eu ía á escola de Montessori dende o o xardín de infancia, é dicir dende 1934. En 6º B tiven de pro
fesora á directora, madame K. A final de curso, a despedida foi moi dolorosa; choramos as dúas. En 1941, a miña
216
irmá Margot e eu entramos no instituto xudeu.
De todas maneiras, a nosa pequena familia de catro persoas non pode queixarse moito; e xa temos
chegado á data de hoxe.
Sábado, 20 de xuño de 1942.
(FRANK, A.: Diario . Barcelona. Selecta . 1988. (Vol. 276). En:BIOSCA, G. e CLAVIJO, C. : Camb io y diversidad en el mundo
contemporá neo. Textos para la enseñanza de las Ciencias Sociales. Ed. Graó. Col. Materiales para la innovación educativa, nº 7.
Barcelna 1 993. Paxs. 175 -176)
Z. 8. A solución final. O estado de musulmán.
“O detido , exces ivam ente cansa do, sub alime ntad o, insufic iente men te pr otexid o cont ra o fr ío, adelgazaba
progresivamente quince , vinte, t rinta kilos. O peso dun home normal baixaba 40 kilos. Podían observarse peosos de 30 e 28 kilos.
O individuo consumía as súas reservas de graxa, os seus músculos, descacificáb ase. Convertíase, segundo o térm ino clásico dos
camp os, nun musulm án (...).
O estado de musulmán caracterizábase pola intensidade con que os músculos se derretían; non tiña literalmente máis
que a pel e o oso. Apreciábase claramente o esqueleto (...), avanzaba con lentitude, a mirada fixa, sin expresión, a miudo ansiosa.
As súas ideas, tamén, xurdían moi lentamente. O desgraciado non se lavaba, non cosía os seus botóns. Estaba atontado e recibiáo
todo pasivamente. Xa non intentaba loitar. Non axudaba a naide. Recoll ía a comida do chan coa súa culler (. .. ) ; Buscaba nos cubos
do lixo p eles de pata ca, tr oncho s de co l, e com íaos cr ús e su xos com o esta ban.”
(POLIAKOK, L.: Auschwitz. Barcelona, Occidente, 1965)
A fin da guerra e a organización da paz. Os tratados de paz e a ONU.
Z. 9. . Declaración sobre a ocupación de Alemania. Conferencia de Potsdam, 1945.
“Os obxectivos da ocupación de Alemaña que o consello de Control non deberá perder de vista son:
I. O desarme e a desmilitarización completa de Alemaña, e a eliminación ou o control de todas as
industrias alemanas que puideran servir para a producción de guerra.
A. Todas as forzas terrestres, navais e aéreas alemanas das SS, SA, SD, así como a Gestapo,
con todas as súas organizacións, os seus estados maiores e as súas institucións (...).
B. Todas as armas, municións e todo o material de guerra, así como todos os medios
especialmente destinados á súa producción serán postos a disposición dos Aliados ou
destruídos (...).
III. A supresión do partido nacional-socialista e das organizacións afiliadas ou que estean baixo o seu
control, a disolución de todas as institucións nazis, a seguridade de que non revivirán baixo forma algunha e a
oposición a toda actividade ou propaganda nazi ou militarista.IV. A preparación da eventual reconstrucción da
vida politica alemana sobre unha base democrática e a eventual cooperación pacífica de Alemaña na vida
internacional (...).
V. Os criminais de guerra e aqueles individuos que tiveron participación nos planos ou na execución das
empresas nazis, tendentes ou conducentes a atrocidades ou a crimes de guerra, serán detidos e sometidos a
xuízo (...).
VII. A educación alemana será controlada de xeito que elimine completamente as doutrinas nazis e
militaristas e que permita o feliz desenvolvemento das ideas democráticas.”
Z.10. Conferencia de Ialta.
“Conveuse que o Artigo 12 a) das condicións de rendición para Alemaña será modificado como segue:
«O Reino Unido, os Estados Unidos de América e a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas
detentarán a autoridade suprema no concernente a Alemaña. No exercicio desta autoridade tomarán as medidas
que estimen pertinentes para a paz futura e a seguridade, comprendendo o desarmamento completo, a
desmilitarización e o desmembramiento de Alemaña». (...)
IV Zona de ocupacióón francesa e Consello de Control para Alemaña
Conveuse que unha zona de Alemaña, que ocuparán as forzas francesas, será atribuída a Francia. Esta
217
zona será tomada das zonas inglesa e americana, e a súa extensión será fixada por ingleses e americanos tras
consulta co Goberno Provisional francés.
Tamén se conveu que o Goberno Provisional francés será invitado como membro para formar parte do
Consello de Control Aliado para Alemaña.
V Reparacións.
Foi aprobado o Protocolo seguinte:
Conversacións entre os Xefes dos tres Gobernos na Conferencia de Crimea sobre as reparacións alemás
en especie.
1.° Alemaña deberá reembolsar en especie as perdas sufridas pola súa causa polos países aliados durante a
guerra. As reparacións deberán ser percibidas, prioritariamente, polas nacións que soportaron o fardo máis
pesado da guerra, que sufriron as perdas máis pesadas e que contribuíron á vitoria sobre o inimigo.
2.° As reparacións en especie serán esixidas de Alemaña nas tres formas seguintes: a) Traslado nos dous anos
que sigan á rendición de Alemaña ou ao cese de toda resistencia organizada, dos bens situados tanto no
territorio mesmo de Alemaña como fora deste territorio (equipamento, máquinas-ferramentas, barcos, material
rodante haberes alemáns no estranxeiro, accións nas industrias, os transportes e todas as demais empresas
en Alemaña, etc. ); estes traslados efectuaranse, sobre todo, coa intenc ión de destruír o potencial de guerra
de Alemaña; b) Entregas anuais de mercancías de produción corrente durante un período aínda non fixado; c)
Utilización da man de obra alemá.
3.° Para a aplicación, segundo os principios mencionados, dun plan detallado do cobro das reparacións debidas
por Alemaña, reunirase en Moscova unha Comisión Aliada de Reparacións. Compoñerase de tres representantes:
un pola Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas, outro polo Reino Unido e outro polos Estados Unidos de
América.
4.° No concernente á determinación do importe total das reparacións, como da súa distribución entre os países
que sufriron a agresión alemana, as delegac ións soviética e americana conviñeron o que segue:
A Comisióón de Reparacións de Moscova tomará como base de discusión nos seus estudos iniciais a proposición
do Goberno soviético, segundo a cal súmaa total das reparacións, de acordo cos puntos a) e b) do parágrafo 2°,
será de 20.000 millóns de dólares e que o 50 por 100 desta suma será para a Unión de Repúblicas Socialistas
Soviéticas.
A delegación británica foi da opinión de non mencionar cifra algunha acer ca das reparacións durante o estudo
da cuestión das reparacións pola Comisión de Moscova.
A proposición soviético-americana mencionada máis arriba foi presentada á Comisión como unha das proposicións
que serán examinadas.
VI Grandes criminais de guerra
A Conferencia decidiu que a cuestión dos grandes criminais de guerra será obxecto dunha investigación polos
tres ministros de Asuntos Exteriores que presentarán un informe en tempo oportuno, tralo final da
Conferencia.
X. V. Stalin - F. D. Roosevelt - W. Churchi ll.
Z. 11. Conferencia de Potsdam.
1. Nós, Presidente dos Estados Unidos de América, Presidente do Goberno Nacional da República Chinesa e
Primeiro Ministro da Gran Bretaña, re presentando a centenares de millóns dos nosos compatriotas,
conferenciamos e conviñemos que debe darse unha ocasión ao Xapón para poñer término á presente guerra.
2. As prodixiosas forzas terrestres, navais e aéreas dos Estados Unidos, do Imperio Británico e de China, varias
veces reforzadas polos respectivos exércitos e flotas aéreas vindos do Oeste, están preparadas para asestar
ao Xapón os golpes definitivos. Este poderío militar está apoiado e inspirado pola determinac ión de todas as
nacións aliadas de proseguir a guerra contra o Xapón ata que o mesmo deixe de resistir.
4. Chegou o momento para o Xapón de decidir se continuará dominado polos seus conselleiros militares, cuxa
218
Europa despois da Segunda Guerra Mundial. Fonte: Ed. Rodeira edebé. Obra citada.
Pax. 217.
obstinación e cálculos insensatos conduciron ao Imperio xaponés ao bordo do aniquilamiento, ou escollerá o
camiño da razón.
5. Velaquí as nosas condicións das que non nos apartaremos. Son definitivas e non admitiremos atraso algún na
súa aceptación.
6. A autoridade e influencia daqueles que enganaron ao pobo xaponés e conduciron a intentar unha empresa de
conquista mundial deberán ser para sempre eliminadas, xa que afirmamos non ser posible instaurar unha nova
orde de paz, de seguridade e de xustiza, en tanto o militarismo irresponsable non sexa varrido do mundo.
7. Ata que sexa instaurado unha nova orde e que quede probado de xeito convincente que o potencial de guerra
xaponés está destruído, os puntos do territorio xaponés que se designen deberán ser ocupados a fin de que
poidan alcanzarse os obxectivos fundamentais aquí enunciados.
8. As condicións establecidas na Declaración do Cairo serán executadas e a soberanía xaponesa quedará limitada
ás illas Fondo, Hokkaido, Kiousiou, Sikoku e as demais illas que se determinarán.
9. As forzas xaponesas serán completamente desarmadas e os seus efectivos auto rizados a regresar aos seus
fogares, onde poderán levar unha vida pacífica e produtiva.
10. Non temos a intención de reducir ao Xapón como raza á esclavitud nin de destruílo como nación, pero unha
xustiza severa castigará a todos os criminais de guerra, comprendéndose neles os autores de crueldades
cometidas contra os nosos prisioneiros. O Goberno xaponés debe apartar todos os obstáculos que poidan
impedir o renacemento das tendencias democráticas e a seu fortalecimento entre o pobo xaponés. Deben
instaurarse a liberdade de palabra, de relixión e de pensamento, así como o respecto aos dereitos fundamentais
do home.
Z. 12. As fronteiras europeas en 1945.
219
Z. 13. A creación da ONU. Carta das Nacións Unidas.
Os Propósitos das Nacións Unidas son:
1. Manter a paz e a seguridade internacionais, e con tal fin: tomar medidas colectivas eficaces para previr e
eliminar ameazas á paz, e para suprimir actos de agresión ou outros quebrantamentos da paz; e lograr por
medios pacíficos, e de conformidade cos principios da xustiza e do dereito internacional, o axuste ou arranxo
de controversias ou situacións internacionais susceptibles de conduc ir a quebrantamentos da paz;
2. Fomentar entre as nacións relaciones de amizade baseadas no respecto ao principio da igualdade de dereitos
e ao da libre determinación dos pobos, e tomar outros medidas adecuadas para fortalecer a paz universal;
3. Realizar a cooperación internacional na so lución de problemas internacionais de carácter económico, social,
cultural ou humanitario, e no desenvolvemento e estímulo do respecto aos dereitos humanos e ás liberdades
fundamentais de todos, sen facer distinción por motivos de raza, sexo, idioma ou religion; e
4. Servir de centro que armonice os esforzos das nacións por alcanzar estes propósitos comúns.
Artigo 2
Para a realización dos Propósitos consignados no Artigo 1, a Organización e os seus Membros procederán de
acordo cos seguintes Principios:
1. A Organización esta baseada no principio da igualdade soberana de todos os seus Membros.
2. Os Membros da Organización, a fin de asegurarse os dereitos e beneficios inherentes á súa condición de
tales, cumprirán de boa fe as obrigacións contraídas por eles de conformidade con esta Carta.
3. Os Membros da Organización arranxarán as súas controversias internacionais por medios pacíficos de tal
xeito que non se poñan en perigo nin a paz e a seguridade internacionais nin a xustiza.
4. Os Membros da Organización, nas súas relacións internacionais, absteranse de recorrer á ameaza ou ao uso
da forza contra a integridade territorial ou a independencia política de calquera Estado, ou en calquera outra
forma incompatible cos Propósitos das Nacións Unidas.
5. Os Membros da Organización prestaron a esta toda clase de axuda en calquera acción que exerza de
conformidade con esta Carta, e absteranse de dar axuda a Estado algún contra o cal a Organización estivera
exercendo acción preventiva ou coercitiva.
6. A Organización fará que os Estados que non son Membros das Nacións Unidas condúzanse de acordo con
estes Principios na medida que sexa necesaria para manter a paz e a seguridade internacionais.
7. Ningunha disposición desta Carta autorizará ás Nacións Unidas a intervir nos asuntos que son esencialmente
da xurisdición interna dos Estados, nin obrigará; aos Membros a someter devanditos asuntos a procedementos
de arranxo conforme á presente Carta; pero este principio non se opón á aplicación das medidas coercitivas
prescritas no Capítulo (...)
San Francisco
26 de xuñño de 1945
(Fonte: www.historiasiglo20.org. 5-III.2006)
Z. 14. A estr uctu ra org aniza tiva da ONU .
“A ONU conta cuns 188 países membros, que se foron adherindo co tempo, aínda que a m aioría s on socio s fund adore s. Ten s eis
organism os esenciais:
A As emb lea Xe ral est á com post a por todos os Est ados m emb ros da ONU .
220
Fonte: www.perso.numericable.fr.
O Consello de Seguridade está composto por 14 mem bros , elixidos r otat oriam ente , no que s emp re est án, Es tado s Unido s, a
URSS (Rusia), o Reino Unido, Francia e China. Ten como peculiaridade, que cinco nacións teñen der eito ao veto: Estados Unidos,
Reino Unido, Francia, a URSS (Rusia) e China, o que en ocasións dificulta o seu funcionamento. En realidade, as decisións tómanse
por m aioría d e nove mem bros , entre os que teñe n que e star semp re os c inco m emb ros pe rma nente s.
O Tribunal Internacional de Xustiza, que resolve os conflitos entre Estados e está composto por 15 xuíces de diferentes países,
cunha vixencia de 9 anos. Creouse para dirimir nos conflitos entre Estados en materias de dereito internacional, e ten a súa
séé na Háia.
O Con sello E conóm ico e S ocial es tá int egra do por 27 m emb ros que se ren ovan c ada t res an os.
O Consello de Tutela ou Administración Fiduciaria está formado polos Estados que están encargados dun territorio, baixo tutela.
Este órga no per deu im port ancia t ralo fin do pro ceso d e desc oloniza ción.
A Secretaría Xeral, que é un cargo unipersonal e electo, por un período de 5 anos, e recae nunha personalidade de recoñecido
prestixio. foron secre tario s xera is: O nor uego Tryg ve Lie (1 946-19 52), o s ueco D ag H amm arsk jold (19 53-196 1), o birmano Ou
Thant (1961-1971), o austriaco Kurt Waldheim (1972-1981), o peruano Xavier Pérez de Cuellar (1982-1991), o exipcio Boutros
Ghali (1 992-19 96) e o ghan és Kof i Anna n, o act ual des de 19 97 e a ta o 2 001.”
(www.club.telepolis.com. 5-III-2006)
Z. 15. As sucesivas ampliacións e os membros actuais.
Z. 16. A ONU na actualidade. A proposta dunha dificil reforma.
221
Documentos fílmicos relacionados coa unidade temática.
1. O día máis longo. EE. UU. 1962. Dir. Ken Annakin, Andrew Marton, Bernhard Wicki. Xénero: bélica. Duración:
180 m. B/N.
2. A ponte. Alemaña. 1959. Dir. Bernhard Wicki. Xénero: drama bélico. Duración: 105 m.
222
3. Roma, cidade aberta. Italia. 1945. Dir. Roberto Rossellini. Xénero: drama. Duración: 100 m.
4. ¿Vencedores ou vencidos?. EE. UU. 1961. Dir. Stanley Kramer. Xénero: drama xudicial. Duración: 178 m.
5. Why we fight. EE. UU. 1941. Dir. Frank Capra. Xénero: documental. Duración: sin datos.
6. Stalingrado. Alemaña. 1992. Dir. Joseph Vilsmaier. Xénero: bélico. Duración: 135 m.
7. Salvade o soldado Ryan. EE. UU. 19918. Dir. Steven Spielberg. Xénero: bélico. Duración: 170 m.
8. Inimigo ás portas. Francia. 2000. Dir. Jean-Jacques Annaud. Xénero: bélico. Duración: 133 m.
9. O submarino. Alemaña. 1981. Dir. Wolfgang Petersen. Xénero: bélico. Duración: 150 m.
10. A ponte sobre o río Kwai. Reino Unido. 1957. Dir. David Lean. Xénero: bélico. Duración: 161 m.
11. A delgada liña vermella. EE. UU. 1998. Dir. Terrence Malick. Xénero: bélico. Duración: 170 m.
12. Pearl Harbor. EE. UU. 2001. Dir. Michael Bay. Xénero: drama bélico/romántico. Duración: 170 m.
13. Tora, tora, tora. EE. UU. 1970. Dir. Richard Fleischer. Xénero: bélico. Duración: 143 m.
14. Sangue, suor e bágoas. Reino Unido. 1942. Dir. Noël Coward e David Lean. Xénero: drama bélico. Duración:
111 m. B/N.
15. Paisa. Italia. 1946. Dir. Roberto Rossellini. Xénero: drama. Duración: 134 m.
16. A cruz de ferro. Reino Unido. 1977. Dir. Sam Peckimpah. Xénero: bélico. Duración: 119 m.
17. Masacre: ven e mira. Unión Soviética. 1985. Dir. Elem Klimov. Xénero: bélico. Duración: 142 m.
18. Patton. EE. UU. 1969. Dir. Franklin J. Schaffner. Xénero: drama bélico/biográfico. Duración: 169 m.
19. Cita nos ceos. EE. UU. 1944. Dir. George Cukor. Sin datos nos demais apartados.
20. ¿Arde París? Francia. 1966. Dir. René Clemént. Xénero: drama bélico. Duración: 175 m.
21. O exercito das sombras. Francia. 1969. Dir. Jean-Pierre Melville. Xénero: drama bélico. Duración: 150 m.
22. A gran evasión. EE. UU. 1962. Dir. John Sturges. Xénero: aventuras/bélica. Duración: 168 m.
23. O tren. EE. UU. 1964. Dir. Athur Penn e John Frankerheirmer. Xénero: drama bélico. Duración: 133 m.
24. Mac Arthur, o xeneral rebelde. EE. UU. 1977. Dir. Joseph Sargent. Xénero: drama bélico/biográfico.
Duración: 128 m.
25. A batalla de Berlín. Dir. Yuri Oserov. Sin datos nos demais apartados.
26. Todo isto e a II Guerra Mundial. 1976. Dir. Susie Winslow.
27. A noite de San Lourenzo. Italia. 1982. Dir. Paolo Taviani e Vittorio Taviani. Xénero: drama bélico.
Duración: 106 m.
28. Esperanza e gloria. Reino Unido. 1987. Dir. John Boorman. Xénero: drama bélico. Duración: 113 m.
29. O afundimento. Alemaña. 2004. Dir. Oliver Hirschbiegel. Xénero: drama. Duración: 155 m.
223