Columnas Visigóticas San Salvador Setecoros (GL)

9
COLUMNAS VISIGÓTICAS SAN SALVADOR DE SETECOROS (VALGA) Xabier Bernárdez Fresco valoración e propostas presentación a iniciativa da comunidade de Setecoros de conservar e manter a súa igrexa, redescubre un espazo que máis aló do uso litúrxico, mestura historia, música e arte. A partir do estudo e propostas para a conservación da igrexa de San Salvador, constátanse aspectos destacables da igrexa, como son as columnas e capiteis que nos ocupan, así como outra serie de necesidades que deberían satisfacerse para un mellor goce do inmoble. Este proxecto ten como obxectivos principais a conservación, exhibición e divulgación destes elementos dentro do contexto cultural da parroquia de Setecoros. Aínda que o orzamento axústase ós parámetros do programa C/13 infraestrutura requiridos pola SUBVENCIÓN DE APOIO Á CULTURA parécenos convinte realizar un proxecto integral para acadar unha rendibilidade cultural, social e económica na parroquia. descrición situadas entre a nave e a ábsida, sustentando o arco triunfal, estas dúas columnas foron reutilizadas dunha construción anterior e encastadas nos muros de fábrica, polo que non podemos contemplar todas as caras do capitel de forma completa. Datadas entre s. III e VII d.C., dependendo do autor consultado. Están labradas en mármore ou calcaria recristalizada e acadan unha altura de máis de 2m. Na unión entre o fuste e o capitel teñen 20 cm. de cemento recubrindo algún material utilizado para salvar a altura necesaria para a construción presente. Os fustes son sección circular teñen unha altura de 1,80 m. e descansan sobre basas de granito. Os capiteis de 40 cm. de altura

description

Este proxecto ten como obxectivos principais a conservación,exhibición e divulgación destes elementos dentro do contextocultural da parroquia de Setecoros. Aínda que o orzamento axustaseos parámetros do programa C/13 infraestrutura requiridos pola“Subvención de apoio á Cultura” parécenos convinte realizar unproxecto integral para acadar unha rendibilidade cultural, sociale económica na parroquia.

Transcript of Columnas Visigóticas San Salvador Setecoros (GL)

C O L U M N A S V I S I G Ó T I C A S

S A N S A L V A D O R D E S E T E C O R O S

(VALGA)

Xabier Bernárdez Fresco

v a l o r a c i ó n e p r o p o s t a s

pre s e n t a c i ó n a iniciativa da comunidade de Setecoros de

conservar e manter a súa igrexa, redescubre un espazo que máis aló

do uso litúrxico, mestura historia, música e arte.

A partir do estudo e propostas para a conservación da igrexa de

San Salvador, constátanse aspectos destacables da igrexa, como son

as columnas e capiteis que nos ocupan, así como outra serie de

necesidades que deberían satisfacerse para un mellor goce do

inmoble.

Este proxecto ten como obxectivos principais a conservación,

exhibición e divulgación destes elementos dentro do contexto

cultural da parroquia de Setecoros. Aínda que o orzamento axústase

ós parámetros do programa C/13 infraestrutura requiridos pola

“SUBVENCIÓN DE APOIO Á CULTURA” parécenos convinte realizar un

proxecto integral para acadar unha rendibilidade cultural, social

e económica na parroquia.

d e s c r i c i ó n situadas entre a nave e a ábsida, sustentando o arco

triunfal, estas dúas columnas foron

reutilizadas dunha construción anterior e

encastadas nos muros de fábrica, polo que

non podemos contemplar todas as caras do

capitel de forma completa. Datadas entre s.

III e VII d.C., dependendo do autor

consultado. Están labradas en mármore ou

calcaria recristalizada e acadan unha

altura de máis de 2m. Na unión entre o

fuste e o capitel teñen 20 cm. de cemento

recubrindo algún material utilizado para

salvar a altura necesaria para a

construción presente.

Os fustes son sección circular teñen unha

altura de 1,80 m. e descansan sobre basas

de granito. Os capiteis de 40 cm. de altura

son compostos cunha dobre fila de follas de acanto con triplo

nervio central, da segunda serie de follas xorde unha cornucopia

cun arranque entorchado que dá paso a unha peculiar decoración a

modo de membrana vexetal.

h i s t o r i a a igrexa, ós pes da vía XIX á súa entrada a Iria

Flavia, contén (segundo diversos autores varios elementos “de

época sueva” como ladrillos reutilizados no arco triunfal, as

columnas das que nos referimos neste documento e seis capiteis e

outros restos construtivos. Parece ser que esta primitiva

construción sería reformada a fins do século VII, pois algúns dos

capiteis son desta época1.

A esta basílica atribúenselle un total de oito capiteis, os

outros seis, conservados nos museos de Pontevedra e da catedral de

Santiago de Compostela. Todos eles derivan das producións

corintias canónicas romanas e a maioría presenta un colariño liso

na base e unha altura arredor dos 40 cm.

Cinco deles, entre os que están os conservados na igrexa, de tipo

máis clásico poderían pertencer a unha fase anterior do edificio,

arredor do século III-IV d.C., pois neles, respecto ás producións

canónicas romanas, soamente está ausente o calicillo2.,

Os outros tres exemplares destacan pola súa calidade técnica e

poderían datarse no século VI d.C. en base ó tipo de talla e á

presenza de numerosos elementos decorativos a cordón.

                                                                                                                         1 R.IZQUIERDO PERRÍN, Arte Medieval, p. 31-32; M.NUÑEZ, Arquitectura

prerrománica; A.RODRIGUEZ COLMENERO, Historia del arte romano. 2 J. A. Domingo Magaña. Capiteles tardorromanos y visigodos en la península

ibérica (siglos IV-VIII d. C.).Institut catalá de arqueoloxía clásica.

Tarragona 2011  

Para explicar a presenza destes materiais foráneos nesta igrexa,

algúns autores apuntaron á posibilidade da súa importación, ou ben

á execución por parte dun taller foráneo itinerante, orientando a

súa filiación estilística cara a baixa romanidade (Núnez). Outros

como Schlunk sinalaron paralelismos da súa decoración con algúns

capiteis andaluces. Por esta mesma razón R. Izquierdo considera

que existiría un taller operando neste lugar, explicable

probablemente pola súa proximidade a Iria. Este mesmo taller e

incluso o mesmo artista, probablemente labrou o magnífico capitel

de Vilaronte (Lugo) e quizais o de Carcacía (A Coruña)3. Novas

investigacións sobre o uso de rocha calcarea en Galicia,

realizadas pola Universidade de Ourense, apuntan a posible

utilización de rocha do este de Galicia.

Preto de Setecoros no veciño lugar de Reguenxo apareceron restos

en superficie dun posible asentamento rural romano e medieval4, e

dentro do concello de Valga, na parroquia Cordeiro no lugar de

Igrexa Vella (Santa Comba de Louro) leváronse a cabo unhas

escavacións nas que aparecen materiais de entre os s. IV e XVIII,

entre os que destaca un forno de vidro de época tardorromana

(quizais do s. IV) 5

e s t a d o d e c o n s e r v a c i ó n o feito de ter a metade das columnas

encastadas non permite coñecer o seu estado de conservación de

forma completa. As alteracións que presentan o estado actual están

relacionadas ca humidade, usos e intervencións.

m a t e r i a l a nivel xeral as alteracións que

mostran son debidas a factores antrópicos.

o perda de materia as intervencións de

adecuación da igrexa ó uso, provocou que

as esquinas dos capiteis foran picadas

para adaptalas a un púlpito agora

desaparecido. Nos fustes tamén se atopan

                                                                                                                         3 R.IZQUIERDO PERRÍN, El arte en Galicia p. 124-125 4 M.C.MARTINEZ LÓPEZ, X.AMADO REINO, M.M.LÓPEZ CORDEIRO. La arqueología en la

gasificación de Galicia 9: Correción de Impacto del Gaseoducto de Transpote

Valga-Tuy.

TAPA (Traballos de Arqueología do Paisaxe) 2000. Santiago de Compostela p.252 5 http://igrexavellasantacombadelouro.wordpress.com/  

dous buratos, posiblemente realizados para a colocación

dalgún elemento.

o depósitos de cal e cemento, tanto nas columnas coma nos

capiteis

o alteracións cromáticas ennegrecemento

xeralizado que, a falta dun estudo que

confirme a súa natureza, prevese que sexan

debidas a fumes graxos das velas. Tamén o

capitel do lado do Evanxeo presenta un

velo de cor branco en forma de goteiróns.

e n t o r n o i n m e d i a t o

o alteracións biocromáticas (verdíns) provocadas pola elevada humidade que facilita a proliferación de

microorganismos.

f a c t o r e s d e d e t e r i o r o p r e s e n t e s

o humidade de filtración as

escorrentas do tellado caen

directamente dende a tella. Esta ten

unha separación con respecto ó

paramento de poucos centímetros, e a

auga baixa directamente polos

contrafortes. A maior cantidade de

colonización biolóxica no exterior

coma no interior coinciden coa

situación dos contrafortes.

o cemento o recebo interior de cemento

ademais de ser unha fonte de sales ten

uns coeficientes de permeabilidade e dilatación térmica

diferentes á fábrica tradicional, provocando fisuras e

bolsas de humidade no interior dos muros.

r e p r e s e n t a t i v i d a d e dentro da súa cronoloxía, os capiteis

compostos de Setecoros constitúen pezas únicas do prerrománico

galego, tanto pola súa singularidade, como pola calidade

estrutural e decorativa, debido ás coidadas formas ornamentais e á

orixinal labra que presentan as pezas.

O Museo de Pontevedra e o Museo da Catedral de Santiago de

Compostela conservan outros exemplares procedentes da mesma igrexa

de Setecoros que foron utilizadas en exposicións públicas de gran

calado como “Galicia no Tempo” ou na actual “Gallaecia Pétrea”.

v a l o r a c i ó n

ü Teñen un recoñecemento histórico dentro da comunidade científica. ü Poden aportar máis información científica. ü Son poucos os restos desta época e desta calidade. ü O mármore é un material estético e “exótico” en Galicia e a súa

importación na época fala da súa importancia.

ü A información e relevancia dos capiteis conservados nos museos. ü A importancia da época tardorromana dentro da historia de Valga. ü Iniciativa por parte da comunidade de coñecer o seu patrimonio. û O estado de conservación actual non permite unha boa apreciación. û Non hai recoñecemento do seu valor dentro da comunidade local. û Pouco interese dentro da sociedade nesta parte da historia. û Pouca información sobre percorridos culturais na zona. û Pouca divulgación dos elementos patrimoniais na zona. û O valor cultural do inmoble non se corresponde o dos capiteis.

c o n c l u s i ó n s dada a relevancia histórica destes elementos,

considerase primordial a eliminación de calquera factor de

deterioro (neste caso principalmente a humidade). Tamén

conservalos e mantelos nunhas condicións de limpeza e exhibición

adecuadas, tanto para o seu goce coma a valoración dentro da

comunidade local.

O uso como recurso cultural debe ir dentro dunha proposta máis

ambiciosa dentro de medidas de interpretación e difusión dos

elementos culturais locais.

p r o p o s t a s

est u d o e r e x i s t r o tanto para a definición das actuacións, coma

a para elaboración da memoria e contidos cara a divulgación.

o rexistro fotográfico, inicial da intervención e final o estudo de materiais e técnicas de labra e construción o estudo pormenorizado dos factores e formas de alteración.

c o n s e r v a c i ó n os tratamentos que se propoñen teñen máis que ver

coa conservación preventiva e estética dada a estabilidade na que

se atopa o material na actualidade.

▬ limpeza das columnas en xeral realizarase en seco e a base de auga atomizada, e utilizarase limpeza química dependendo da

natureza da sucidade, alí onde sexa necesario.

▬ limpeza do entorno limpeza dos muros de fábrica onde se

atopan encastadas as columnas.

▬ eliminación de depósitos de morteiros de cemento de forma

mecánica.

c o n s e r v a c i ó n p r e v e n t i v a

▬ eliminación de fontes de humidade dos contrafortes o limpeza mecánica e húmida de briofitos no contraforte o limpeza das xuntas dos sillares o encintado do contraforte con morteiro

tradicional.

▬ plan de mantemento de cara a intervencións futuras, uso e limpeza do

inmoble.

▬ cambio de lugar dos atrís das velas.

e x h i b i c i ó n potenciar a visión destes

elementos no conxunto da igrexa.

▬ colocacion dunha iluminación adecuada.

▬ cambio de lugar dos atrís das velas.

d i v u l g a c i ó n realizada a partir dunha interpretación que comunique

o valor do elemento patrimonial e estimule o seu aprecio e

conservación. A continuación enuméranse algúns exemplos de métodos

de divulgación onde poderían estar presentes as columnas

o permanentes

-­‐ textos interpretativos, trípticos

-­‐ panel informativo, a entrada da igrexa

-­‐ creación dun blogue sobre patrimonio cultural de

Setecoros que fomente a participación da comunidade

-­‐ roteiros culturais

o temporais

-­‐ charla á comunidade durante a intervención de

conservación

-­‐ participación da comunidade nos traballos de conservación

preventiva

-­‐ roteiros culturais guiados

-­‐ exposicións culturais no inmoble

B i b l i o g r a f í a

-Hauschild, Th.: "Copias y derivados del capitel romano de época

visigoda" en Coloquio Internacional de Capiteles Corintios

Prerrománicos e Islámicos (ss. VI – XII d. C.), Madrid 1990.

-Schlunk, H.: “Arte visigodo, arte asturiano” en Ars Hispaniae,

tomo II, Madrid 1947.

-Domínguez Perela, E.: Capiteles hispánicos altomedievales. 4

vols., Universidad Complutense de Madrid, Colección Tesis

Doctorales, nº 40-87, Madrid 1987.

-Valle Pérez, X. C.: “Entre a baixa romanidade e o Renacemento.

A escultura e a pintura medieval” en AA.VV: 75 obras para 75

anos. Exposición conmemorativa da fundación do Museo de

Pontevedra. Pontevedra 2003.

-Núñez Rodríguez, M.: “Estudio estilístico de los capiteles de

los siglos V al VII en Galicia” en Conímbriga, XV, 1976.

Núñez Rodríguez, M.: Historia da Arquitectura Galega.

Arquitectura Prerrománica. Madrid 1978.

Fontaine, J.: El Prerrománico, en La España Románica, vol. 8.

Madrid 1992 (Primera edición 1973).

Domingo Magaña, J. Capiteles tardorromanos y altomedievales de

Hispania (ss IV – VIII), Universitat Rovira i Virgili, 2007.