Como crear Liñas do Tempo en TimeRime.com
-
Upload
diego-xesus -
Category
Documents
-
view
4.592 -
download
2
Transcript of Como crear Liñas do Tempo en TimeRime.com
Para comezardes, deberedes acceder á páxina Timerime onde atoparedes o menú de inicio.
Aquí deberedes crear unha conta e, unha vez confirmada no voso correo electrónico xa podedes comezar.
É moi sinxelo.
Só tedes que entrar en crear unha liña do tempo.
Apareceravos a pantalla deste xeito:
Baixade co cursor para verdes mellor onde ides engadir a información, e poñedes un título, unha descricción, e se queredes facela pública ou privada.
Dádeslle a Gardar e apareceravos na pantalla o lugar onde introduciredes os datos liña do tempo.
E agora só tedes que introducir os datos co nome do acontecemento, ano de inicio e fin do acontecemento, descricción, e engadides o ficheiro que queirades para explicar o evento.
Por exemplo:
E cando lle dades a gardar, veredes que xa está o evento creado.
A partir de aquí só tedes que ir engadindo todos aqueles acontecementos que desexedes xunto coa súa descricción, imaxes, videos, sons...