Concurso Microrrelatos terror 2009

6

Click here to load reader

description

Gañador e finalistas

Transcript of Concurso Microrrelatos terror 2009

Page 1: Concurso Microrrelatos terror 2009

Bibliotecalandra

CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR

GAÑADOR E FINALISTASCURSO 2009/2010

Page 2: Concurso Microrrelatos terror 2009

Beatriz Pena Rodríguez 4º B

A sombra das árbores do cemiterio era case imperceptible cando...

Así comezaba o libro que estaba a ler. Era da miña irmá, a quen lle ía moito o rollo gótico. Oíronse uns golpes coma se chamaran á porta do cuarto. Era estraño, porque meus pais estaban nunha festa e miña irmá fora coas amigas pedir caramelos. Empezara a sentir frío: a ventá estaba aberta. Pero eu recordaba tela pechada. Mirei a través dela e dinlle as costas. Oín como se abría pero non me xirei.

De súpeto sentín unha man fría que me cubría a boca e gritei, inutilmente.

Espertei na cama, suando. Intentaba lembrar se a deixara aberta cando oín uns golpes na porta...

Page 3: Concurso Microrrelatos terror 2009

Laura García Andrade

1º BAC C

1 de novembro de 2009

Querido diario:

A noite de defuntos uns golpes na ventá do meu cuarto botáronme fóra da cama. Ruidos na cociña. Saín da habitación, silenciosa, mentres as candeas o longo corredor, insinuando sombras arrepiantes. Baixei a escaleira. Máis ruidos. Avancei lentamente. Silencio de novo. Chegueir á cociña, o medo envolvíame. A imaxe que vin foi realmente macabra. Sangue. Por tódolos curros. A mesa, o chan, as paredes...todo ensanguentado. Quedei estupefacta. Sentín algo estraño na caluga. Unha respiración forte, entrecortada. O alento fóiseme por un momento. Un calafrío percorreume enteira. Respirei fondo. Nun golpe de valentía volvinme. O que vi, deixoume aínda máis perplexa. Non podía ser. O meu irmán sempre foi de gastar bromas por Samaín, pero esta vez pasouse...

Page 4: Concurso Microrrelatos terror 2009

Tamara Rodríguez Pereira2º BAC

A noite de defuntos un golpes na ventá do meu cuarto espertáronme de súpeto. Non me podía estar pasando, non outra vez. Esperei uns intres e fun ata esa ventá tan tenebrosa e na que dende había tres anos, por estas datas, pasaban cousas tan estrañas. Asomeime con coidado e vin as sombras das árbores movéndose ao compás do vento, parecía unha rúa sen vida. Era coma se todos os ruidos desapareceran coa noite, coma se os animais non existisen, pero alí afora había algo que me vixiaba constantemente. Dende aí, todo pasou moi rápido, a porta abríndose ás miñas costas, esa man tapándome a boca ata case afogarme, e esa mordiscada que me desgarrou o colo e que minutos despois me abrasaba o corpo.Hoxe son eu a que asexa as ventás cada noite de defuntos.

Page 5: Concurso Microrrelatos terror 2009

Alba Cameán García3º E.S.O.

NADA

A sombra das árbores do cemiterio, gargalladas, almas sobre os meus pés, o abismo por riba de min, escuridade, soidade... frío...A miña voz non respondía, o meu corpo non existía...morte, palabra da fin, e do comezo...escuridade...todo se repetía constantemente, sen respostas, sen realidade, sen vida...algo curto, e lento...berros...lamentos, soidade, terror, non, terror non, máis ben nada... nin luz, nin vida, só nada, qué máis?...nunca o descubrirei...pero ti si...medo, terror, soidade, melancolía...nada...

Page 6: Concurso Microrrelatos terror 2009

IVÁN CASTRO 2º E.S.O

A sombra das arbores do cementerio oscurecia o camiño.De supeto escoitei un ruido agudo e puxenme a mirar dun lado a outro e non vin nada.Cando cheguei o cemiterio volvin a escoitar o mesmo ruido ca antes volvin a mirar e vin outra vez a sombra das arbores e nela pareceume ver un animal que gabeaba pola arbore .Mirei para o chan e vin que o final era un gato negro que estaba morto e sangrando pola cabeza.Estaba a enterrar o gato cando un home me empurrou por detrás e levei un cabezazo contra o muro. Entón foi o vello que me enterrou vivo a min.