ConstitucióN 1978

9
TEMA 13. Leccións 2 e 3

Transcript of ConstitucióN 1978

Page 1: ConstitucióN 1978

TEMA 13. Leccións 2 e 3

Page 2: ConstitucióN 1978

A Carta Magna da democracia española

• A Constitución Española ou Carta Magna foi creada o 6 de decembro de 1978 e nela se atopan os principios básicos aos que deben someterse todas as leis.

• Chámase Carta Magna porque se considera o código básico de ordenamento xurídico do noso país.

• No seu título preliminar dáse a definición de España: “Estado social e democrático de dereito”:– Estado Social: porque ten como obxectivo o benestar social.– Estado Democrático: xa que a soberanía da Nación reside no

pobo, que se expresa a través do sufraxio universal.– Estado de Dereito: todos as insitucións e todos os españois

quedan subordinados á Constitución e ás leis.

• O Tribunal Constitucional é o intérprete da Constitución. A él se lle poden presentar recursos e cuestións de inconstitucionalidade.

Page 3: ConstitucióN 1978

A Coroa• “A forma política do Estado español é a monarquía

parlamentaria”. Deste xeito o rei será o Xefe do Estado e o Xefe das Forzas Armadas.

• Funcións do monarca:– Función honorífica:

• Representa España ante a comunidade internacional.• Nomea embaixadores e outros representantes diplomáticos.• Declara a guerra e asina a paz (de acordo coas Cortes).

– Función moderadora: abre e pecha as Cortes e sanciona e promulga as leis.

– Función arbitral: • Propón ao presidente do Goberno, previas consultas aos grupos

políticos. • Nomea ou separa aos ministros, a proposta do presidente.

• A persoa do rei é inviolable e non está suxeita a responsabilidade política. Sen embargo, os seus actos deben ser referendados polo presidente do Goberno ou polos ministros competentes.

Page 4: ConstitucióN 1978

O poder executivo: O Goberno da Nación

• O poder executivo o exerce o Goberno, formado por un presidente o un número variable de ministros.

• Competencias do Goberno:– A aplicación das leis.– A representación ante as Cortes dos proxectos de lei e orzamentos (presupuestos)

xerais.– As decisións de política exterior e interior.– A administración civil e militar.– A defensa do Estado.

• As decisións do Goberno se toman no Consello (Consejo) de Ministros que preside o presidente do Goberno.

• Presidente do Goberno:– Elixe aos ministros e proponlle o seu nomeamento ao rei.– Decide o número de ministerios e as competencias que se asignan a cada un

deles.• Os ministros:

– Dirixen os seus departamentes.– Elaboran e presentan ao Consello de Ministros os proxectos de lei dos seus

respectivos ámbitos.– http://www.la-moncloa.es/MinistrosyMinistras/default.htm

Page 5: ConstitucióN 1978

O poder lexislativo: As Cortes Xerais

• A Constitución instaura (establece) un sistema parlamentario bicameral, elixido mediante sufraxio universal:

– Congreso do Deputados.– Senado

• Deberes das Cortes:– Exercer a potestade (poder) lexislativo.– Aprobar os orzamentos.– Controlar a acción do Goberno.

• Congreso dos Deputados:– Tamén chamado Cámara Baixa.– É a institución máis importante do sistema parlamentario español.– Forman parte do Congreso deputados elixidos cada catro anos (este período

coñécese como lexislatura). Excepcionalmente, este período pode ser acurtado (por eleccións xerais).

– O número de deputados elixidos varía segundo os habitantes.– Funcións:

• Elaborar leis, xunto ao Senado.• A aprobación definitiva das leis.• Coñecer e controlar as accións do Goberno.• Ratificar (aprobar) a proposta feita polo rei para presidente do Goberno (Sesión de

Investidura).

Page 6: ConstitucióN 1978

• Senado:– Tamén chamado “Cámara de representación

territorial”.– Funcións:

• Comparte co Congreso o poder lexislativo, pero non pode vetar as leis.

– Os senadores son elexidos por provincias e por comunidades autónomas, e o seu número é fixo.

Page 7: ConstitucióN 1978

O poder xudicial: tribunais, audiencias e xulgados

• É independente dos outros dous poderes.• É exercido polos xuíces e maxistrados (grao

superior dentro da carreira xudicial).• Os xulgados, os tribunais e as audiencias son

os órganos a través dos que se exerce o poder xudicial.

• O Tribunal Supremo é a instancia superior de decisión xudicial, salvo os relacionados coa Constitución (Tribunal Constitucional).

Page 8: ConstitucióN 1978

Dereitos e deberes dos españois

• A nosa Constitución actual contén un capítulo extenso dedicado aos dereitos dos españois, posiblemente debido ao desexo de recuperalos tras a ditadura.

• A norma a seguir na redacción dos dereitos dos españois, foi a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

• Dereitos principais:– Concesión da maioría de idade aos 18, sen distinción de sexos.– Igualdade ante a lei, sen discriminación ningunha, incluída a igualdade

xurídica ente o home e a muller.– A liberdade de ideas, de expresión, de asociación, de prensa e

calquer tipo de marca de identidade dunha democracia.– A liberdade relixiosa:

• A Constitución establece a non confesionalidade do Estado, sen embargo, engade que se establecerán “relacións de cooperación coa Igrexa Católica e demáis confesións”. A mención da Igrexa Católica convértea en privilexiada sobre as demáis.

– Dereito á educación.

Page 9: ConstitucióN 1978

A organización territorial do Estado• O Artigo 2 fala da organización territorial do Estado español:

– Estipula:• A “Indisoluble unidade da nación española”.• A Constitución “Recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que

a integran”.– Título VII:

• Especifícanse os requisitos e procedementos dos estatutos de autonomía das comunidades autónomas, que son as leis que establecen a súa organización política.

– Deste xeito, o Estado autonómico é, segundo a Constitución, un Estado unitario, cuxa organización se inspira no principio de autonomía e respectando sempre os principios de solidaridade entre as rexións.

– En España hai dezasete comunidades autónomas e dúas cidades autónomas.– Cada comunidade ten:

• O seu propio Goberno• O seu propio Parlamento (ambos elixidos por sufraxio universal).• Un Tribunal de Xustiza.• Autonomía en áreas como:

– Ordenación do territorio.– Vivenda.– Medios de comunicación e transporte.– Agricultura e gandaría.– Medio Ambiente.– Turismo.– Educación ou sanidade.