CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E … · Segundo se recolle no decreto sobre o...

26
CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXE BAC. CURSO 2017-18 3. BACHARELATO. 3.1 OBXECTIVOS PARA O BACHARELATO. Segundo se recolle no decreto sobre o currículo de Bacharelato, Un dos obxecvos desta materia é ante todo o desenvolvemento dos coñecementos necesarios para intervir de forma axeitada e sasfactoria na interacción verbal nos diferentes ámbitos sociais. Estes saberes rerense aos principios e normas sociais que presiden os intercambios, ás formas convencionais que presentan os diferentes xéneros textuais na nosa cultura, aos procedementos que arculan as partes do texto nun conxunto cohesionado, ás regras léxico-sintáccas que permiten a construción de enunciados con sendo e gramacalmente aceptables ou ás normas ortográficas. A aprendizaxe centrarase no desenvolvemento de habilidades e destrezas discursivas; é dicir, o traballo sobre procedementos debe arcular todo o proceso de ensino e aprendizaxe. A reflexión sobre os ámbitos de uso permirá consolidar as aprendizaxes realizadas nas etapas anteriores. Por outra parte, as acvidades de comprensión e de expresión, tanto oral como escrita, e a reflexión sobre elas deben alcanzar un certo nivel de rigor e profundidade, co fin de acadar unha autonomía no control da propia expresión e na interpretación críca dos discursos que se reciben.” 3.2 PERDA DO DEREITO A UNHA AVALIACIÓN CONTINUA NO BACHARELATO. Ø Real Decreto 732/1995, do 5 de maio de 1995, sobre dereitos e deberes dos alumnos. BOE 2-06-1995: Arculo 44” 2. La falta a clase de modo reiterado puede provocar la imposibilidad de la aplicación correcta de los criterios generales de evaluación y la propia evaluación connua. Aparte de las correcciones que se adopten en el caso de las faltas injusficadas, a juicio del tutor, los Reglamentos de régimen interior establecerán el número máximo de faltas por curso, área y materia y los sistemas extraordinarios de evaluación previstos para estos alumnos. “

Transcript of CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E … · Segundo se recolle no decreto sobre o...

CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXEBAC. CURSO 2017-18

3. BACHARELATO.

3.1 OBXECTIVOS PARA O BACHARELATO.

Segundo se recolle no decreto sobre o currículo de Bacharelato,

“Un dos obxectivos desta materia é ante todo o desenvolvemento dos coñecementos

necesarios para intervir de forma axeitada e satisfactoria na interacción verbal nos diferentes

ámbitos sociais. Estes saberes refírense aos principios e normas sociais que presiden os

intercambios, ás formas convencionais que presentan os diferentes xéneros textuais na nosa

cultura, aos procedementos que articulan as partes do texto nun conxunto cohesionado, ás regras

léxico-sintácticas que permiten a construción de enunciados con sentido e gramaticalmente

aceptables ou ás normas ortográficas.

A aprendizaxe centrarase no desenvolvemento de habilidades e destrezas discursivas; é

dicir, o traballo sobre procedementos debe articular todo o proceso de ensino e aprendizaxe. A

reflexión sobre os ámbitos de uso permitirá consolidar as aprendizaxes realizadas nas etapas

anteriores. Por outra parte, as actividades de comprensión e de expresión, tanto oral como escrita,

e a reflexión sobre elas deben alcanzar un certo nivel de rigor e profundidade, co fin de acadar

unha autonomía no control da propia expresión e na interpretación crítica dos discursos que se

reciben.”

3.2 PERDA DO DEREITO A UNHA AVALIACIÓN CONTINUA NO BACHARELATO.

Ø Real Decreto 732/1995, do 5 de maio de 1995, sobre dereitos e deberes dos alumnos.

BOE 2-06-1995:

“Artículo 44”

2. La falta a clase de modo reiterado puede provocar la imposibilidad de la aplicación

correcta de los criterios generales de evaluación y la propia evaluación continua. Aparte de

las correcciones que se adopten en el caso de las faltas injustificadas, a juicio del tutor, los

Reglamentos de régimen interior establecerán el número máximo de faltas por curso, área y

materia y los sistemas extraordinarios de evaluación previstos para estos alumnos. “

CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXEBAC. CURSO 2017-18

Ø Regulamento de Réxime Interno do IES Auga da Laxe:

Un alumno cun 10% de faltas de asistencia inxustificadas nunha materia perderá o dereito á

avaliación continua e poderá presentarse a un exame final.

O 10% supón:

- Nas materias de dúas horas semanais: 6 horas sen xustificar durante o curso.

- Nas materias de tres horas semanais: 9 horas de faltas sen xustificar durante o curso.

- Nas materias de catro horas semanais: 12 horas de faltas sen xustificar durante o curso.

Exame final para os alumnos de Bacharelato: o exame final para os alumnos de bacharelato que

perdan o dereito á avaliación continua consistirá en:

Ø Unha serie de cuestións teóricas e exercicios prácticos sobre os contidos de tipo

lingüístico.

Ø Unha serie de cuestións teóricas e exercicios prácticos sobre os contidos de tipo

literario.

Ø Unha serie de preguntas relacionadas cos libros de lectura obrigatoria que acrediten o

coñecemento de: argumento, técnicas, valor literario, relación coa época histórica e

estética literaria, recoñecemento da tipoloxía textual e valoración crítica razoada das

mesmas.

Para superar a materia será preciso aprobar cada unha das partes da proba. Éstas poderán ser de

carácter oral, escrito ou ambas.

Como norma xeral, establécese en todo o tramo de BACHARELATO unha penalización por uso

inadecuado da ortografía (grafías, tiles, signos de puntuación e dificultades de expresión –

discordancias, anacolutos, estruturas agramaticais, incoherencia discursiva, etc. -) e da

presentación non axeitada (limpeza, orde, lexibilidade, etc.):

Deduciranse ata un máximo de 2 puntos da puntuación total obtida en cada proba de avaliación, a

CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXEBAC. CURSO 2017-18

razón de 0,10 por falta cometida.

3.3 MATERIAS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA CASTELÁ NO BACHARELATO.

3.3.1 LINGUA CASTELÁ E LITERATURA I DE 1º DE BACHARELATO

Contidos

A VARIEDADE DOS DISCURSOS

Ø A comunicación.

Ø Os signos.

Ø Os textos e as súas propiedades.

Ø A comunicación oral espontánea e a planificada.

Ø O texto narrativo.

Ø O texto descritivo.

Ø O diálogo.

Ø A exposición.

Ø A argumentación e a instrución.

COÑECEMENTO DA LINGUA

Ø Semántica: denotación e connotación, campo semántico, cambios semánticos.

Ø A palabra: estrutura e procesos de formación

Ø A oración simple. Funcións sintácticas. Clasificación do predicado. Modalidade.

Ø O léxico e o dicionario.

CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXEBAC. CURSO 2017-18

Ø As clases de palabras: trazos semánticos, sintácticos e morfolóxicos

Ø As variedades lingüísticas: diatópicas, diastráticas e diafásicas.

➢ A realidade lingüística de España.

LITERATURA

➢ Características da lingua literaria. Os xéneros literarios.

➢ Idade Media.

➢ Marco histórico e cultural.

➢ Lírica tradicional e lírica culta. Estudo de Jorge Manrique e Coplas a la muerte de su padre.

➢ A épica medieval: Cantar de Mío Cid.

➢ Análise de La Celestina.

➢ Séculos XVI e XVII. Renacemento e Barroco.

➢ Marco histórico e cultural.

➢ A novela picaresca. Lazarillo de Tormes.

➢ Miguel de Cervantes e El Quijote

➢ Lírica e teatro do século XVII: características, temas, autores e obras.

➢ S. XVIII: Ilustración e Neoclasicismo.

➢ S. XIX: Romanticismo, Realismo e Naturalismo.

Criterios de avaliación

1. Explicar e identificar os principais elementos, características e funcións dos procesos

comunicativos en xeral e das linguas naturais en particular.

2. Comprender textos orais e escritos, sobre todo os pertencentes aos ámbitos académico e dos

medios de comunicación, seleccionando as súas ideas principais e secundarias e

identificando neles as propiedades e procedementos de adecuación, coherencia e

cohesión.

3. Crear textos orais e escritos de tipos variados que mostren adecuación, coherencia, cohesión

e corrección.

CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXEBAC. CURSO 2017-18

4. Clasificar e caracterizar textos segundo a canle, a modalidade do discurso (descritivos,

narrativos...), o ámbito de uso (dos medios de comunicación, académicos, profesionais...) e

o rexistro, identificando os seus trazos máis destacados.

5. Realizar exposicións relacionadas con algún contido do currículo ou un tema de actualidade,

seguindo un guión previo e empregando tanto os medios tradicionais como as novas

tecnoloxías para a localización, a selección a elaboración e a presentación da información.

6. Coñecer os diferentes tipos de fenómenos, procedementos e unidades lingüísticas obxecto

de estudo, exemplificalos, identificalos en secuencias simples ou textos máis amplos e

analizalos empregando a terminoloxía apropiada.

7. Coñecer a situación lingüística de España e a súa orixe histórica.

8. Recoñecer as funcións sintácticas que compoñen unha oración simple.

9. Clasificar o predicado segundo a súa composición.

10. Crear contextos de uso adecuados que dean conta da comprensión dunha estructura

sintáctica.

11. Recoñecer a modalidade oracional e empregala con adecuación no discurso.

12. Explicar os principais elementos caracterizadores dos períodos, movementos e autores máis

representativos da historia da literatura española desde as súas orixes ata o século XVII, e

identificar estes trazos en textos ou fragmentos significativos.

13. Comentar textos ou fragmentos representativos da etapa literaria estudada empregando os

conceptos e a terminoloxía literaria apropiados.

14. Realizar as lecturas obrigatorias e comentalas seguindo o modelo proporcionado.

15. Efectuar as diversas actividades e exercicios propostos.

16. Manter unha actitude apropiada na clase.

CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXEBAC. CURSO 2017-18

Estándares de aprendizaxe

1. Amosa unha actitude atenta, participativa e de interesa na aula, participando na resolución

da tarefas, expoñendo dúbidas e solicitando aclaracións.

2. Realiza as lecturas obrigatorias: recoñece, analiza e explica de xeito preciso e correcto os

trazos significativos inherentes ás mesmas e de relación co contexto.

3. Comenta textos literarios e informativos de xeito preciso, recoñecendo e explicando os trazos

significativos dos mesmos.

4. Recoñece e discrimina os diferentes niveis e rexistros da lingua e fai un uso adecuado deles

na exposición do seu pensamento e opinión.

5. Coñece a situación lingüística de España e a súa orixe histórica e é quen de explicar sobre un

mapa a evolución ata a situación actual.

6. Identifica, analiza e explica as diferentes unidades gramaticais dende un punto de vista

morfolóxico, sintáctico e semántico.

7. Recoñece as funcións sintácticas que compoñen unha oración simple.

8. Clasifica o predicado segundo a súa composición.

9. Crea contextos de uso adecuados para diversas estruturas sintácticas.

10. Recoñece a modalidade oracional e emprégaa con adecuación no discurso.

11. Recoñece, clasifica, analiza de modo razoado e elabora escritos ou exposicións orais que

respondan á diversa tipoloxía textual.

12. Articula creacións lingüísticas, orais e escritas, de acordo ás normas de coherencia e

cohesión.

CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXEBAC. CURSO 2017-18

13. Respecta, valora e emprega de xeito correcto a ortografía e a prosodia.

14. Identifica os diversos compoñentes do proceso comunicativo e pode explicalos a partir de

situacións reais de intercambio.

15. Identifica con precisión a idea fundamental dun discurso, esquematiza as secundarias nunha

orde de progresión lóxica, detecta o enfoque ou perspectiva empregada.

16. Emprega de xeito adecuado os soportes informáticos e dixitais para traballos lingüísticos e

literarios.

17. É quen de combinar diversas fontes de información e actúa de xeito crítico e selectivo coas

fontes dixitais da web.

Instrumentos de avaliación

1. Probas obxectivas escritas sobre os contidos de tipo lingüístico e literario. Realizaranse unha

ou dúas por avaliación.

2. Elaboración de diversos tipos de textos, entre eles exposicións orais ou escritas sobre

contidos da materia ou sobre temas de actualidade.

3. Comentario de textos literarios.

4. Exercicios de análise lingüística.

5. A realización e comprensión das lecturas obrigatorias será avaliada mediante o comentario

de determinados aspectos das mesmas, ben por medio dunha ou varias cuestións nas

probas escritas do trimestre, ben de forma independente mediante algún tipo de traballo

ou proba escrita.

6. Para obter unha avaliación positiva no trimestre, o alumno deberá superar por separado as

dúas partes nas que se divide a materia (Lingua e Literatura, incluíndo esta última as

lecturas obrigatorias). Poderá realizarse en cada trimestre unha proba escrita de

recuperación para os alumnos con avaliación negativa na materia no trimestre anterior.

CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXEBAC. CURSO 2017-18

7. Os alumnos que no superen a materia poderán realizar en xuño unha proba escrita de

carácter global, que terá dúas partes (Lingua e Literatura) que deberán superar por

separado para ter unha avaliación positiva na materia. Para poder presentarse a este exame

será necesario contar cunha nota media mínima de 2, 5 puntos e non exceder o 10% de

faltas de asistencia sen xustificar.

8. A proba escrita da convocatoria de setembro terá, igualmente, dúas partes (Lingua e

Literatura) que os alumnos deberán superar por separado.

Mínimos esixibles para a obtención dunha avaliación positiva

1. Explicación e identificación dos principais elementos e funcións da comunicación.

2. Recoñecemento das ideas fundamentais e secundarias de textos orais e escritos e

identificación dos procedementos que lles proporcionan adecuación, coherencia e

cohesión.

3. Creación de textos orais e escritos de diferentes modalidades discursivas con adecuación

(adaptación á situación), coherencia (unidade semántica), cohesión (relación entre as

partes e progresión da información), corrección (respecto da ortografía e da norma

gramatical) e boa presentación.

4. Clasificación e caracterización de textos segundo a canle, a modalidade discursiva (narrativos,

argumentativos...), o ámbito de uso (académicos, dos medios de comunicación...) e o

rexistro, identificando os seus trazos máis salientables.

5. Realización de exposicións monográficas co apoio de técnicas de traballo tradicionais e as

novas tecnoloxías.

6. Identificación dos constituíntes internos da palabra e dos diferentes procedementos de

formación das mesmas.

7. Identificación e caracterizacións semántica, morfolóxica e sintáctica dos distintos tipos e

CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXEBAC. CURSO 2017-18

subtipos de palabras.

8. Recoñecemento, identificación, análise e emprego das diversas funcións sintácticas, da

modalidade oracional requerida segundo o contexto e do tipo de predicado preciso.

9. Recoñecemento dos diversos tipos de relacións semánticas.

10. Coñecemento das diferentes procedencias do léxico do español.

11. Coñecemento dos diversos tipos de variedades internas das linguas.

12. Comprensión da situación lingüística de España e a súa orixe.

13. Coñecemento dos principais períodos, movementos, xéneros, autores e obras da historia da

literatura española desde as súas orixes ata o século XIX.

14. Identificación dos trazos máis representativos dos períodos, xéneros, movementos e autores

estudados en textos ou fragmentos representativos.

15. Comentario de textos significativos empregando os conceptos e a terminoloxía literaria

apropiada.

16. Realización das lecturas obrigatorias e análise das mesmas, segundo as pautas

proporcionadas.

17. Realización das actividades e exercicios propostos.

18. Actitude apropiada na clase.

3.3.2 LITERATURA UNIVERSAL DE 1º DE BACHARELATO.

CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXEBAC. CURSO 2017-18

Contidos

PROCESOS E ESTRATEXIAS.

1. Ampliación da formación literaria e humanística adquirida durante a ESO e o Bacharelato.

Dado que o bacharelato debe atender aos intereses diversos do alumnado, o estudo desta

materia nas diferentes modalidades vencelladas ás Humanidades e Ciencias Sociais ou na

modalidade de Artes, serviralles tanto para:

1.1 Enriquecemento da personalidade, profundando e ampliando a visión particular do

mundo mediante hábitos de lectura conscientes.

1.2 Adquisición dunha formación acorde aos seus intereses académicos e profesionais futuros.

2. Aproximación comprensiva aos textos: visión de conxunto dos grandes movementos

literarios e das obras e os autores máis representativos doutras literaturas, o que

proporcionará unha visión máis ampla e profunda do discurso literario como fenómeno

universal.

3. Comprensión da identidade das diferentes culturas en distintos momentos da súa historia:

os textos literarios son a expresión artística de concepcións ideolóxicas e estéticas que

representan a unha época, interpretadas polo xenio creador dos autores. Son parte esencial

da memoria cultural e artística da humanidade e da súa forma de interpretar o mundo;

constitúen o depósito das súas emocións, ideas e fantasías. É dicir, reflicten pensamentos e

sentimentos colectivos ó longo da historia.

4. Ampliación e consolidación do dominio dos recursos da competencia comunicativa en

todos os aspectos a partires da análise da variedade de contextos, xéneros e soportes aos

que serve de base a literatura – dende o teatro, a música, a escultura, a pintura e

manifestacións plásticas de todo tipo-.

5. Maduración intelectual, estética e afectiva dos alumnos, ao permitirlles ver obxectivadas

tamén as súas experiencias individuais nun momento en que son evidentes as súas

necesidades de socialización e apertura á realidade.

6. Desenvolvemento da conciencia crítica e, en última instancia, para a conformación da

personalidade, a través da análise da conexión da literatura coa historia da arte e do

pensamento. Pero, máis aló de todo isto, a literatura aborda temas recorrentes, case

CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXEBAC. CURSO 2017-18

sempre comúns a culturas moi diversas; eríxese, desta forma, en testemuña das

permanentes inquedanzas da humanidade a través do tempo e o espazo e os anceios e

fantasías comúns a todas elas. Dito doutro xeito: o coñecemento da literatura convértenos

en cidadáns do mundo.

7. Análise, recoñecemento e valoración da evolución de temas e formas ó longo da historia. O

contacto directo con obras literarias representativas ou con algúns dos seus fragmentos

máis relevantes, debidamente contextualizados, é a base dunha verdadeira formación

cultural. Por iso debe prestarse unha atención prioritaria ao comentario e á análise das

obras literarias. O estudo comparado entre textos de características similares na forma ou

nos contidos, pretende desenvolver a capacidade de transferir os coñecementos e de

establecer relacións entre as novas lecturas e os marcos conceptuais previamente

incorporados aos coñecementos particulares de cada alumno, familiarizándose coas fontes

bibliográficas e de información que lles permitan profundar nos saberes literarios.

8. Superación de estereotipos: contribuirase a que os estudantes de bacharelato adquiran

unhas capacidades básicas para aproximarse á realidade cunha actitude aberta para

superar estereotipos, e para achegarse á complexidade do individuo dende múltiples

puntos de vista.

LITERATURA

1. Da Antigüidade á Idade Media: mito e orixe da literatura.

Ø O papel das mitoloxías e da relixión nas orixes da literatura.

Ø As culturas fundacionais: mesopotámica, exipcia, china, india.

Ø Breve panorama da literatura bíblica, grega e latina. O heroe clásico da traxedia e da épica.

O papel dos personaxes masculinos e femininos.

Ø A narrativa medieval.

Ø Relación co cine, a música e outras artes.

2. Renacemento e Clasicismo.

Ø Contexto xeral. Os cambios do mundo e a nova visión do ser humano.

CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXEBAC. CURSO 2017-18

Ø A lírica do amor: o Petrarquismo. Orixes: a poesía trovadoresca e o Dolce Stil Nuovo.

Ø A innovación en Il Canzionere de Petrarca.

Ø Lectura e comentario dunha antoloxía lírica e contos da época.

Ø A narración en prosa: Bocaccio. O nacemento do relato moderno.

Ø Teatro clásico europeo. Teatro isabelino en Inglaterra.

Ø Lectura e comentario dunha obra de teatro clásico.

Ø Relación co cine, a música e outras artes.

3. O Século das Luces.

Ø Desenvolvemento do espíritu crítico: a Ilustración. A Enciclopedia. A prosa ilustrada.

Ø A novela europea no século XVIII: herdeiros de Cervantes e da picaresca na literatura

inglesa.

Ø Lectura comentada dunha novela europea de prosa ilustrada ou fragmento de novela

inglesa do século XVIII.

Ø Relación co cine, a música e outras artes.

4. Primeira metade século XIX.

Ø A revolución romántica: conciencia histórica e novo sentido da ciencia.

Ø Romanticismo: características. Goethe, precursor.

Ø Poesía romántica.

Ø Novela histórica.

Ø Lectura e comentario dunha antoloxía de poetas románticos europeos e dalgún fragmento

de novela histórica.

Ø Relación co cine, a música e outras artes.

5. Segunda metade século XIX.

Ø Innovacións filosóficas, científicas e técnicas e a súa influencia na creación literaria. Marx,

CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXEBAC. CURSO 2017-18

Darwin e Freud.

Ø Da narrativa romántica ao Realismo en Europa.

Ø Literatura e sociedade: evolución de temas e técnicas narrativas. Principais novelistas

europeos. Os personaxes femeninos nalgunhas das obras máis representativas.

Ø Lectura comentada dunha antoloxía de fragmentos de novelas realistas.

Ø Nacemento da grande narrativa americana (1830-1890). Da experiencia vital á literatura. O

renacemento do conto.

Ø Lectura e comentario de contos da segunda metade do século XIX.

Ø Arranque da modernidade poética: de Baudelaire ao Simbolismo.

Ø Lectura e comentario dunha antoloxía simbolista.

Ø A renovación do teatro europeo: novas formas de pensamento.

Ø Lectura e comentario dunha obra.

Ø Relación co cine, a música e outras artes.

6. Literatura do século XX.

Ø Novos enfoques da literatura e as transformacións dos xéneros literarios: crise do

pensamento decimonónico e a cultura finisecular.

Ø A crise de 1914: innovacións filosóficas, científicas e técnicas e a repercusión na creación

literaria.

Ø Novas técnicas narrativas.

Ø Lectura e análise dunha novela curta e relato ou conto do período.

Ø As vangardas europeas. O Surrealismo.

Ø Lectura e comentario dunha antoloxía de poesía vangardista.

Ø A xeración perdida americana: Lost Generation.

Ø Teatro do absurdo e do compromiso.

Ø Lectura e análise dalgunha obra representativa destas correntes dramáticas.

CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXEBAC. CURSO 2017-18

Ø Relación co cine, a música e outras artes.

Criterios de avaliación

1. Identificar o xénero ao que pertence un texto literario e recoñecer os seus elementos

estruturais básicos e os seus recursos lingüísticos.

2. Analizar a evolución histórica das formas literarias desde as orixes até a actualidade,

atendendo ao marco histórico e cultural e á súa relación cos autores e obras máis

destacadas.

3. Coñecer e valorar as obras e os autores máis representativos da literatura universal.

4. Coñecer e aplicar técnicas de análise e comentario de textos, así como de elaboración de

traballos académicos.

5. Coñecer os grandes movementos estéticos, as principais obras literarias e autores que

foron conformando a realidade cultural literaria universal ó longo do tempo.

6. Ler e interpretar con criterio propio textos literarios completos e fragmentos

representativos: relacionar debidamente co contexto, recoñecer e comentar, incorporando

vocabulario específico preciso, as súas características temáticas e formais significativas.

7. Constatar, a través da lectura de obras literarias, a presenza de temas, personaxes, técnicas

e motivos recorrentes, tratados desde diferentes perspectivas, ao longo da historia.

8. Comprender e valorar criticamente as manifestacións literarias como expresión de

creacións e sentimentos individuais e colectivos e como manifestación do afán humano por

explicar ou mundo en diferentes momentos da historia.

9. Analizar as relacións existentes entre obras significativas da literatura universal e obras

musicais ou de calquera outra manifestación artística (música, cine, escultura, ballet,

pintura,...) ás que serven como punto de partida ou coas que comparten diálogo ó longo do

tempo.

10. Recoñecer a influencia dalgúns mitos e arquetipos creados pola literatura e o seu valor

permanente na cultura universal.

11. Recoñecer e criticar estereotipos de xénero nos personaxes creados pola literatura.

CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXEBAC. CURSO 2017-18

12. Gozar da lectura como fonte de novos coñecementos e experiencias e como actividade

pracenteira para o lecer.

13. Planificar e redactar cun grao suficiente de rigor e adecuación traballos sobre temas

literarios, seguindo guións elaborados polo profesorado, e realizar exposicións orais

correctas e coherentes sobre eles.

14. Empregar a axuda das tecnoloxías da información e de medios audiovisuais como

complemento enriquecedor das presentacións e exposicións realizadas ó longo do curso.

15. Saber utilizar de forma crítica as fontes bibliográficas, tradicionais e dixitais, con criterio e

rigor selectivo.

16. Ser quen de transformar os coñecementos adquiridos e aplicalos de xeito relacional entre

manifestacións varias en períodos diversos: recoñecer os lazos de unión.

17. Adquirir as destrezas de analizar, sintetizar, comprender, xulgar, valorar, transformar e crear

un texto propio que demostren a asimilación de coñecementos sólidos sobre a literatura en

xeral.

18. Efectuar con precisión e implicación as diversas actividades e exercicios propostos.

19. Manter unha actitude implicada e apropiada na aula.

Estándares de aprendizaxe.

1. Le e identifica elementos representativos (temas, tópicos, características formais, etc.) dos

diversos xéneros literarios.

2. Recoñece e comenta a presenza de mitos ou arquetipos literarios de uso común ó longo da

historia.

3. Comenta e analiza de xeito comprensivo obras e fragmentos representativos dos distintos

períodos literarios.

4. Recoñece e explica temas, motivos e características da época, da estética, do autor e do

movemento que representa unha obra literaria determinada.

5. Analiza comparativamente os puntos en común de diversas obras e manifestacións

CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXEBAC. CURSO 2017-18

artísticas diferentes, extraendo concomitancias, evolución e mesmo rasgos diferenciais.

6. Comenta textos literarios de diversas épocas e describe a evolución de determinados temas

e formas literarias.

7. Entende e explica o valor permanente dalgúns elementos literarios (temas, tópicos, lugares

comúns) na literatura ó longo do tempo e a súa presenza e utilidade noutras manifestacións

artísticas.

8. Realiza análises críticas e exposicións explicativas, tanto a nivel oral como escrito, sobre

unha obra determinada, autor, movemento ou período literario. Incorpora vocabulario

específico apropiado .

9. Emprega as Tics como recurso para apoiatura visual e sonora nas tarefas de explicación e

resolución de actividades de aula: cuestións propostas, exposicións, etc.

10. Realiza presentacións ordenadas, estructuradas, progresivas e coherentes.

11. Recoñece a influencia dalgúns mitos e arquetipos creados pola literatura e o seu valor

permanente na cultura universal.

12. Recoñece e critica estereotipos de xénero nos personaxes creados pola literatura.

13.Sintetiza e integra, de xeito selectivo e relacionado, a información procedente de diversas

fontes de documentación.

14.Emprega de xeito acertado diversas fontes de documentación.

15.Valora de xeito crítico, razoado e argumentado unha manifestación literaria e/ou artística,

en coherencia co contexto.

16.Recoñece e practica a lectura como fonte de enriquecemento propio e como un medio de

profundar no coñecemento da sociedade.

Instrumentos de avaliación.

1. Implicación, atención e participación activa no desenvolvemento das clases.

2. Interese por aprender e actitude esperta e curiosa.

CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXEBAC. CURSO 2017-18

3. Resolución de actividades e cuestións relacionadas coa literatura e outras artes.

4. Realización do traballo de casa: resumos, temas, comentarios, valoracións e outras

mecánicas de análise literaria.

5. Presentacións orais sobre determinados períodos, autores, obras e estéticas. Rigor e

precisión.

6. Disertacións orais sobre lecturas obrigatorias: estruturadas, coherentes, progresivas e

artelladas a partires da incorporación de vocabulario específico.

7. Resolución das guías de lectura comprensiva sobre fragmentos e obras de lectura

obrigatoria.

8. Realizacións de PPT, PPS, Prezis ou calquera outro soporte dixital como medio de

presentación para análises literarias específicas ou para o desenvolvemento e explicación

dun aspecto do temario.

9. Comentarios e valoracións literarias sobre fragmentos escritos, visuais ou sonoros. Análise

da relación intertextual ou diálogo entre varias manifestacións artísticas.

10. Lectura e comprensión das lecturas obrigatorias.

11. Recoñecemento e análise nas mesmas dos seus trazos temáticos e formais máis

significativos.

12. Probas escritas: poderán dividirse en dous exames por avaliación.

13. Lecturas optativas ou voluntarias, traballadas con seriedade e rigor.

Para obter unha avaliación positiva no trimestre, o alumno deberá acadar, por separado,

cualificación positiva nas lecturas obrigatorias, os traballos e exposicións presentados, e por outro

lado, nos contidos xerais da materia (un 70%) da nota final.

1. Os alumnos que non superen a materia poderán realizar en xuño unha proba escrita de

carácter global, que se dividirá en dúas partes (Lecturas obrigatorias e Literatura) que

deberán superar por separado para ter unha avaliación positiva na materia. Para poder

presentarse a este exame será necesario contar cunha nota media mínima de 3 puntos e

non exceder o 10% de faltas de asistencia sen xustificar.

CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXEBAC. CURSO 2017-18

2. A proba escrita da convocatoria de setembro terá, igualmente, dúas partes (Lecturas e

Literatura) que os alumnos deberán superar por separado.

Mínimos esixibles para a obtención dunha avaliación positiva.

1. Lectura das obras obligatorias e identificación de elementos representativos

(temas, tópicos, características formais, etc.) dos diversos xéneros literarios.

2. Recoñecemento e comentario da presenza e influencia de mitos ou arquetipos

literarios de uso común ó longo da historia e do seu valor permanente na cultura

universal.

3. Comentario e análise comprensiva de obras e fragmentos representativos dos

distintos períodos literarios.

4. Recoñecemento e explicación de temas, motivos e características da época, da

estética, do autor e do movemento que representa unha obra literaria

determinada.

5. Análise comparada dos puntos en común de diversas obras e manifestacións

artísticas diferentes, extraendo concomitancias, evolución e mesmo rasgos

diferenciais.

6. Comentario de textos literarios de diversas épocas e descrición da evolución de

determinados temas e formas literarias.

7. Comprensión e explicación do valor permanente dalgúns elementos literarios

(temas, tópicos, lugares comúns) na literatura ó longo do tempo e a súa presenza

e utilidade noutras manifestacións artísticas.

8. Realizacón de análises críticas e exposicións explicativas, tanto a nivel oral como

escrito, sobre unha obra determinada, autor, movemento ou período literario.

Incorpora vocabulario específico apropiado .

9. Uso das Tics como recurso para apoiatura visual e sonora nas tarefas de explicación

e resolución de actividades de aula: cuestións propostas, exposicións, etc.

10. Realización de presentacións ordenadas, estructuradas, progresivas e coherentes.

CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXEBAC. CURSO 2017-18

11. Recoñecemento e crítica de estereotipos de xénero nos personaxes creados pola

literatura.

12. Síntese e integración, de xeito selectivo e relacionado, da información procedente

de diversas fontes de documentación.

13. Uso acertado de diversas fontes de documentación.

14. Valoración crítica, razoada e argumentada dunha manifestación literaria e/ou

artística, en coherencia co contexto.

15. Recoñecemento da lectura como fonte de enriquecemento propio e como un

medio de profundar no coñecemento da sociedade.

3.3.3 LINGUA E LITERATURA CASTELÁ II DE 2º DE BACHARELATO.

Contidos

A VARIEDADE DOS DISCURSOS

Ø texto como unidade comunicativa. Sistematización e análise das propiedades textuais:

coherencia, xerarquía de ideas, ordenación, adecuación (repaso e ampliación do visto en

cursos anteriores).

Ø Textos expositivos e textos argumentativos. (Repaso e ampliación do estudado en cursos

anteriores).

Ø Textos escritos específicos. Textos científicos e técnicos. Textos humanísticos. Textos

literarios.

Ø Os medios de comunicación social. A prensa. Os xéneros informativos e os xéneros de

opinión.

COÑECEMENTO DA LINGUA

Ø A palabra. Estrutura da palabra. Procedementos de formación de palabras: derivación,

composición, parasíntese, etc. (Repaso e ampliación do estudado en cursos anteriores).

Ø Léxico do castelán. Voces patrimoniais, cultismos, semicultismos, préstamos. Os cambios

CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXEBAC. CURSO 2017-18

semánticos.

Ø Significado: denotación e connotación. Relacións léxico-semánticas das palabras: polisemia,

sinonimia, antonimia, hiperonimia, campo semántico, etc.

Ø Texto. Rasgos de cohesión: anáfora, catáfora, marcadores textuais, etc. (Repaso e

ampliación do estudado en cursos anteriores).

Ø Conceptos básicos en sintaxe: categorías ou unidades, relacións, funcións. As unidades da

gramática e as unidades do discurso. A frase. A oración simple. A oración composta.

Ø Principios básicos de corrección lingüística. (Repaso do estudado en cursos anteriores).

Ø O español. Variedades xeográficas. A norma estándar. A situación do español no mundo.

Ø Rasgos característicos do español de América.

LITERATURA

Ø Literatura finisecular. O Modernismo. Características xerais a través da figura de Rubén

Darío. Os movementos literarios de vangarda.

Ø A xeración do 98: Baroja, Unamuno e Azorín.

Ø As traxectorias poéticas de Antonio Machado e Juan Ramón Jiménez.

Ø Grupo poético do 27: Salinas, Lorca, Alberti e Cernuda. Lectura e posterior estudo de

Romancero Gitano de García Lorca.

Ø Teatro español anterior á guerra civil: Benavente, Lorca e Valle-Inclán.

Ø A poesía española nas tres décadas posteriores á guerra civil: Hernández, Blas de Otero e Gil

de Biedma.

Ø A novela española nas tres décadas posteriores á guerra civil: Cela, Delibes e Martín Santos.

Lectura e posterior estudo de La verdad sobre el caso Savolta, de Eduardo Mendoza.

Ø A figura de Buero Vallejo no teatro español posterior á Guerra Civil. A renovación do teatro

no chamado Teatro Independente (por exemplo, ElsJoglars, La Fura, Els comediants...).

Lectura e posterior estudo de La Fundación de Antonio Buero Vallejo.

Ø A narrativa hispanoamericana da segunda metade do século XX. O boom da narrativa:

CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXEBAC. CURSO 2017-18

Borges, Cortázar, García Márquez, Vargas Llosa. Lectura e posterior estudo de Crónica de

una muerte anunciada de Gabriel García Márquez.

Criterios de avaliación

1. Sintetizar oralmente e por escrito textos de diferente tipo e de distinto nivel de

formalización, sinalando as ideas principais e as secundarias e a intención comunicativa,

recoñecendo posibles incoherencias e ambigüidades e aportando unha opinión persoal.

2. Aplicar con precisión mecánicas de comprensión e expresión coma: tema, resumo e

esquema.

3. Recoñecer, interpretar e valorar textos escritos específicos (humanísticos, xornalísticos,

científicos, literarios, etc.), analizando a súa construción interna e as relacións do autor co

texto e coa obra.

4. Comprender a orixe e desenvolvemento da lingua castelá, ao longo da historia e no

momento actual, valorando as súas variedades.

5. Distinguir as diferentes linguas constitucionais de España, coñecendo a súa orixe e

evolución e valorando as situacións de bilingüismo.

6. Coñecer e identificar as diferentes variedades do español (históricas, espaciais, sociais e de

estilo) mediante a análise de textos, prestando especial atención ao español de Galicia e ao

español de América.

7. Recoñecer as diferentes categorías gramaticais, as funcións sintácticas e as relaciones entre

oracións (cláusulas, etc.), as súas combinacións e correlación entre elas e os seus

significados.

8. Recoñecer e analizar en constituintes internos as palabras do español. Clasificalas segundo

esa estructura.

9. Recoñecer as unidades léxicas que singularizan as diferentes manifestacións científicas

(neoloxismos, préstamos, etc.).

10. Ser quen de aplicar os conceptos básicos de lexicoloxía e de semántica á interpretación,

produción e análise dos textos.

CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXEBAC. CURSO 2017-18

11. Empregar acertadamente as técnicas de definición de palabras.

12. Identificar o xénero ao que pertence un texto literario e recoñecer os seus elementos

estruturais básicos e os seus recursos lingüísticos.

13. Analizar a evolución histórica das formas literarias dende fins do século XIX até a

actualidade, atendendo ao marco histórico e cultural e á súa relación cos autores e obras

máis destacadas.

14. Coñecer e valorar as obras a os autores máis representativos da literatura finisecular e do

século XX. Coñecer as relacións entre a literatura española e as literaturas das diversas

linguas constitucionais e coas grandes liñas da literatura universal.

15. Coñecer e aplicar técnicas de análise e comentario de textos, así como de elaboración de

traballos académicos.

Estándares de aprendizaxe.

1. Amosa actitude atenta e de interese na aula, participando na resolución de tarefas,

exponiendo dúbidas e solicitando aclaracións.

2. Identifica con precisión a idea fundamental dun discurso, esquematiza as secundarias en

orde progresiva lóxica e detecta o enfoque ou perspectiva empregada.

3. Recoñece e discrimina os diversos niveis e rexistros da lingua e fai un uso adecuado deles

na exposición do seu pensamento e opinión.

4. Recoñece, clasifica, analiza de modo razoado os trazos significativos das diferentes

tipoloxías textuais: argumentación, exposición, descrición e narración.

5. Elabora discursos orais e escritos progresivos, coherentes e adecuados para a expresión do

pensamento crítico.

6. Coñece e valora a variedade lingüística de España, a súa orixe histórica e as variantes do

español no mundo.

7. Recoñece, analiza e clasifica diversas variedades diatópicas, diastráticas e diafásicas.

8. Recoñece e analiza con precisión os componentes do léxico español (neoloxismos,

CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXEBAC. CURSO 2017-18

préstamos, palabras hispanizadas…).

9. Identifica, analiza e explica as diferentes unidades gramaticais da lingua dende un punto de

vista morfolóxico, sintáctico e semántico.

10. Emprégaas axeitadamente na construcción do discurso oral e escrito.

11. Aplica as técnicas de definición de palabras.

12. Recoñece a estrutura interna das palabras e analiza os seus componentes de xeito

completo (clasificación dos morfemas, significado, recurrencias, alolexos e alomorfos).

13. Clasifica as palabras segundo a estrutura interna, de xeito razoado.

14. Recoñece as diversas unidades, funcións e relacións sintácticas tanto en estructuras

independentes como en textos ou no discurso.

15. Crea contextos de uso adecuados para unidades, funcións e relacións sintácticas en

relación coa situación comunicativa.

16. Recoñece, analiza e emprega axeitadamente os conceptos semánticos fundamentais

(sinónimos, antónimos e tipos, homonimia, polisemia, significación, denotación,

connotación, etc.)

17. Realiza as lecturas obrigatorias: recoñece, analiza e explica de xeito preciso e correcto os

trazos temáticos, formais e estéticos característicos e relaciónao co contexto histórico e

artístico.

18. Comenta textos literarios, dende principios do século XX ata a actualidade, de xeito

preciso, recoñecendo e explicando os trazos significativos dos mesmos.

19. Desenvolve de xeito teórico a producción literaria dun autor, dunha estética ou etapa, as

obras máis relevantes das mesmas e os seus eixos temáticos e formais.

20. Analiza a evolución histórica das formas literarias dende fins do século XIX até a

actualidade, atendendo ao marco histórico e cultural e á súa relación cos autores e obras

máis destacadas.

21. Coñece e valora as obras e os autores máis representativos da literatura finisecular e do

século XX. Coñecer as relacións entre a literatura española e as literaturas das diversas

linguas constitucionais e a literatura universal.

CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXEBAC. CURSO 2017-18

22. Coñece e aplica técnicas de análise e comentario de textos, así como de elaboración de

traballos académicos.

23. Filtra adecuadamente a información no proceso de documentación e elabora traballos

persoais, creativos e fundamentados con rigor e espírito crítico.

24. Respecta e valora a adecuación da ortografía, da prosodia, da entonación e da

presentación tanto de xeito oral coma escrito, atendendo á situación comunicativa.

Instrumentos de avaliación

1. Probas obxectivas orais e escritas nas que os alumnos demostren o que aprenderon tanto

de teoría (lingüística e literaria) como de práctica (gramática de texto, semántica, análise

morfolóxica e sintáctica, etc.). Realizaranse unha ou dúas probas por avaliación.

2. Realización de esquemas, resumos e comentarios críticos de textos xornalísticos,

humanísticos ou científicos. Este tipo de proba é fundamental para avaliar a competencia

lingüística dos alumnos.

3. Traballos e/ou probas, orais ou escritas, sobre os libros de lectura obligatoria que figuran no

programa.

4. Proba global de final de curso para os alumnos que no superasen a materia. Esta proba

constará de tres partes: Lingua e análise de textos, Historia da Literatura, análise das obras

de lectura obrigatorias. Será necesario aprobar estas tres partes por separado para acadar

unha avaliación positiva na materia.

5. Para poder presentarse a este exame será necesario contar cunha nota media mínima de

2,5 puntos e non exceder o 10% de faltas de asistencia sen xustificar.

6. Proba extraordinaria de setembro. Constará de tres partes: Lingua e análise de textos,

Historia da Literatura, análise das obras de lectura obrigatorias. Será necesario aprobar

estas tres partes por separado para acadar unha avaliación positiva na materia.

Mínimos esixibles para a obtención dunha avaliación positiva

1. Aplicación das mecánicas correspondentes para a correcta definición de palabras.

CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXEBAC. CURSO 2017-18

2. Análise de textos onde se poida observar o uso de variedades dialectais do español, das

variedades do nivel culto e do nivel vulgar ou dos rexistros formal e coloquial.

3. Tipoloxía textual: argumentativa, expositiva, narrativa e descritiva. Análise e

recoñecemento de características, clasificación e apalicación para a producción de textos,

tanto orais como escritos.

4. Os medios de comunicación e a súa incidencia na sociedade contemporánea. O discurso

xornalístico: información e opinión. A linguaxe da publicidade.

5. Análise e comparación de seccións diversas en xornais, revistas, telexornais, etc. que

permitan distinguir a información da opinión.

6. Análise de textos publicitarios pertencentes a distintos medios para detectar o uso

persuasivo da lingua, o uso literario, etc.

7. Texto como unidade de sentido: adecuación, coherencia e mecanismos de cohesión.

8. Categorías, funcións e relacións sintácticas. Recoñecemento e identificación.

9. A frase. Definición, tipos. Funcións secundarias.

10. A Oración. Definición, tipos. Funcións primarias.

11. A organización do léxico: familias léxicas, relacións semánticas (hiperonimia, sinonimia,

antonimia, polisemia, tabú e eufemismo) e campos semánticos.

12. Análise de textos desde o punto de vista léxico-semántico e morfosintáctico.

13. Análise dos procedementos que indican a adecuación ao contexto e á intención

comunicativa, así como aqueles que establecen a coherencia e marcan a cohesión dun

texto. Uso adecuado dos mesmos para a produción de textos.

14. Produción de textos-comentario sobre un tema de actualidade onde se aprecie a

formulación de xuízos propios e razoados.

15. Partindo de textos diversos, aplicar as técnicas aprendidas para a elaboración de temas,

resumos e esquemas.

16. Realización de comentarios literarios que dean conta dos trazos formais, temáticos e

estéticos dun fragmento ou obra dos períodos estudados, tanto das obras de lectura

CONTIDOS, MÍNIMOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES APRENDIZAXEBAC. CURSO 2017-18

obligatorias coma de textos significativos e relevantes.

17. Estudo da literatura finisecular e literatura do século XX.

18. Comentario e análise dos libros de lectura obligatoria.