Convivencia pobra de brollón

1
O alumnado de infantil atendendo ás explicacións no Museo Etnográfico de Quiroga. Lúa subida ao primeiro coche que houbo na comarca e que se empregaba para transportar aos viaxeiros dende Quiroga a San Clodio para coller o tren. Alumnado compartindo a comida no comedor do colexio O profesorado e demais persoal dos colexios de Pobra de Brollón e San Clodio aproveitaron a comida para intercambiar experiencias. De Alberto e Manuel(6º de primaria.) Convivencia Pobra de Brollón Alberto e Manuel 6º de primaria Como é habitual nos últimos anos os compañeiros e xa amigos do colexio de Pobra de Brollón e máis nós celebramos unha xornada anual de convivencia. Este curso tocoulle organizala ao noso centro e convidámolos a coñecer os museos de Quiroga nos que se conservan moitos vestixios xeolóxicos e etnográficos da nosa comarca. O día 17 de Marzo, viñeron ao noso colexio os rapaces e rapazas do C.E.I.P. de Pobra de Brollón. Unha vez nos saudamos, saímos cara o concello de Quiroga, moi preto do “noso concello”. Cando chegamos a Quiroga fomos visitar o museo etnográfico, que trata de cousas da historia de Quiroga e dos arredores. Xa dentro, un guía explicounos como funcionaban os obxectos que había no museo: desde un automóbil ata unha serraría. Despois fomos ao museo xeolóxico moi preto do cemiterio. Alí un guía explicounos os animais e os seres vivos que había polos arredores de Quiroga fai miles de millóns de anos. Tamén nos ensinou un cranio de rinoceronte laudo. Despois fomos ver o pregamento de Campodola no concello de Quiroga. O pregamento ten miles de millóns de anos. Xa no colexio,viñemos comer, o menú era:de primeiro empanada de bonito,de segundo plato costela asada e de sobremesa flan caseiro que nos fixo a nosa cociñeira Ana. Despois de comer xogamos o mítico partido San Clodio-Pobra de Brollón. Quedamos 6-0, como era de esperar, gañou o San Clodio. Antes de que marcharan fixemos un intercambio de árbores. Ás 3:30 os alumnos do colexio de Pobra de Brollón, partiron cara o seu colexio. Nós ás 4:15 marchamos para a nosa casa. Convivencia co C.E.I.P. de Pobra de Brollón

Transcript of Convivencia pobra de brollón

Page 1: Convivencia pobra de brollón

O alumnado de infantil atendendo ás explicacións no Museo Etnográfico de Quiroga.

Lúa subida ao primeiro coche que houbo na comarca e que se empregaba para transportar aos viaxeiros dende Quiroga a San Clodio para coller o tren.

Alumnado compartindo a comida no comedor do colexio

O profesorado e demais persoal dos colexios de Pobra de Brollón e San Clodio aproveitaron a comida para intercambiar experiencias.

De Alberto e Manuel(6º de primaria.) Convivencia Pobra de Brollón

Alberto e Manuel6º de primaria

Como é habitual nos últimos anos os compañeiros e xa amigos do colexio de Pobra de Brollón e máis nós celebramos unha xornada anual de convivencia. Este curso tocoulle organizala ao noso centro e convidámolos a coñecer os museos de Quiroga nos que se conservan moitos vestixios xeolóxicos e etnográficos da nosa comarca.

O día 17 de Marzo, viñeron ao noso colexio os rapaces e rapazas do C.E.I.P. de Pobra de Brollón. Unha vez nos saudamos, saímos cara o concello de Quiroga, moi preto do “noso concello”. Cando chegamos a Quiroga fomos visitar o museo etnográfico, que trata de cousas da historia de Quiroga e dos arredores. Xa dentro, un guía explicounos como funcionaban os obxectos que había no museo: desde un automóbil ata unha serraría. Despois fomos ao museo xeolóxico moi preto do cemiterio. Alí un guía explicounos os animais e os seres vivos que había polos arredores de Quiroga fai miles de millóns de anos. Tamén nos ensinou un cranio de rinoceronte laudo.

Despois fomos ver o pregamento de Campodola no concello de Quiroga. O pregamento ten miles de millóns de anos. Xa no colexio,viñemos comer, o menú era:de primeiro empanada de bonito,de segundo plato costela asada e de sobremesa flan caseiro que nos fixo a nosa cociñeira Ana.

Despois de comer xogamos o mítico partido San Clodio-Pobra de Brollón. Quedamos 6-0, como era de esperar, gañou o San Clodio. Antes de que marcharan fixemos un intercambio de árbores. Ás 3:30 os alumnos do colexio de Pobra de Brollón, partiron cara o seu colexio. Nós ás 4:15 marchamos para a nosa casa.

Convivencia co C.E.I.P. de Pobra de Brollón