Convocatoria de rueda de prensa 18 de julio

1
Estimados amigos: Mañán, Venres 19 de Xullo de 2013, ás 10 na Escola de Conservación de Galicia (R/ General Martitegui s/n, Pontevedra) convocamos unha rolda de prensa para dar a coñecer a grave situación na que se encontra dito centro. Esperamos vosa presencia para dar a coñecer ó público a nosa situación. A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturáis leva máis de 20 anos formando os conservadores restauradores que teñen que intervir no inmenso patrimonio cultural galego. Nestes anos, e maila súa invisibilidade, a Escola convertiuse nun referente, facendo unha labor docente recoñecida en todas as institucións (nacionais e internacionais) onde o noso alumnado traballou. O xurdimento de Graos Universitarios na mesma disciplina, en numerosas universidades españolas, supuxo un golpe demoledor para a Escola, que ten que competir con eles pero con uns medios moi inferiores. O efecto inmediato e a fuxida do alumnado a eses centros. A loita emprendida dende entón, tanto para conseguir a integración na universidade como, paralelamente, a consecución de dotacións e persoal abondo para desenvolver unha ensinanza de calidade, recibiu o silencio como única resposta. Pensamos que a única explicación a esta situación é a -non explicitada- decisión da Consellería de facer desaparecer esta escola. Esta pérdida sería lamentable para unha disciplina necesaria para a preservación do patrimonio cultural galego. Adxúntovos o escrito enviado ó Conselleiro o día 10/6/2013, que ata o de agora non tivo resposta. Un saúdo afectuoso Fernando Carrera Ramírez Director ESCRBCG

Transcript of Convocatoria de rueda de prensa 18 de julio

Page 1: Convocatoria de rueda de prensa 18 de julio

Estimados amigos:

Mañán, Venres 19 de Xullo de 2013, ás 10 na Escola de Conservación de Galicia (R/ General Martitegui s/n, Pontevedra) convocamos unha rolda de prensa para dar a coñecer a grave situación na que se encontra dito centro. Esperamos vosa presencia para dar a coñecer ó público a nosa situación.

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturáis leva máis de 20 anos formando os conservadores restauradores que teñen que intervir no inmenso patrimonio cultural galego. Nestes anos, e maila súa invisibilidade, a Escola convertiuse nun referente, facendo unha labor docente recoñecida en todas as institucións (nacionais e internacionais) onde o noso alumnado traballou.

O xurdimento de Graos Universitarios na mesma disciplina, en numerosas universidades españolas, supuxo un golpe demoledor para a Escola, que ten que competir con eles pero con uns medios moi inferiores. O efecto inmediato e a fuxida do alumnado a eses centros.

A loita emprendida dende entón, tanto para conseguir a integración na universidade como, paralelamente, a consecución de dotacións e persoal abondo para desenvolver unha ensinanza de calidade, recibiu o silencio como única resposta.

Pensamos que a única explicación a esta situación é a -non explicitada- decisión da Consellería de facer desaparecer esta escola. Esta pérdida sería lamentable para unha disciplina necesaria para a preservación do patrimonio cultural galego.

Adxúntovos o escrito enviado ó Conselleiro o día 10/6/2013, que ata o de agora non tivo resposta.

Un saúdo afectuoso

Fernando Carrera Ramírez

Director ESCRBCG