CS probas acceso 2010 parte común lingua galega e literatura versión amarela

6
Páxina 1 de 6 CSPC001 Código Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior Proba de Lingua galega Lingua galega

description

Proba Lingua Galega. Exame tipo test. Proba de acceso Ciclo Superior. 2010

Transcript of CS probas acceso 2010 parte común lingua galega e literatura versión amarela

Page 1: CS probas acceso 2010 parte común lingua galega e literatura versión amarela

Páxina 1 de 6

CSPC001Código

Probas de acceso a ciclosformativos de grao superior

Proba de

Ling

ua g

aleg

a

Linguagalega

Page 2: CS probas acceso 2010 parte común lingua galega e literatura versión amarela

Páxina 2 de 6

Parte común LINGUA GALEGA

[CS.PC.001]

1. Formato da proba

Formato

� A proba constará de 20 cuestións tipo test.

� As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.

Puntuación

� Puntuación: 0’5 puntos por cuestión tipo test correctamente contestada.

� Cada cuestión tipo test incorrecta restará 0’125 puntos.

� As respostas en branco non descontarán puntuación.

Duración

� Este exercicio terá unha duración máxima de: 60 minutos.

Page 3: CS probas acceso 2010 parte común lingua galega e literatura versión amarela

Páxina 3 de 6

Parte común LINGUA GALEGA

[CS.PC.001]

2. Exercicio

1. Cal é o fonema consonántico correctamente definido?

A /κ/ velar oclusivo xordo. B /φ/ palatal lateral sonoro. C /µ/ alveolar nasal xordo.

2. Cal é a serie de palabras correcta?

A Dúbida, volvoreta, boda, coviza, hibernar, bóbeda. B Absorber, novelo, billa, benvido, rebentar, movible.

C Governo, sebe, gaveta, parabéns, baía, trovador.

3. Cal é a serie que contén só palabras con vogal “o” tónica aberta /Ǥ/:

A Corvo, roda, soben, dogma, voces, lóxico, só.

B Ouro, roda, dormen, dogma, voces, curioso, só.

C Moito, roda, comen, dogma, voces, risoño, só.

4. O verbo callar significa:

A Penetrar un líquido nun corpo permeable.

B Gardar silencio. C Solidificarse un líquido.

5. Cal destas definicións é a correcta?

A Nos ditongos homoxéneos encóntranse nunha sílaba dúas vogais pechadas.

B Nos ditongos decrecentes a abertura vocálica vai de menos a máis.

C Nos ditongos crecentes prodúcese o encontro de dúas vogais de sílabas distintas.

6. Cal é a serie de palabras parasintéticas?

A Cartafol, tampouco, ollomol.

B Paspallás, zigzag, tictac. C Reciclar, descampado, botafumeiro.

Page 4: CS probas acceso 2010 parte común lingua galega e literatura versión amarela

Páxina 4 de 6

Parte común LINGUA GALEGA

[CS.PC.001]

7. Cal destas series é correcta?

A Os faxes, os baúles, os rubíes. B Os fieis, os baúis, os bulebules. C Os clubes, os hindúes, os rubís.

8. Cal destas series é correcta?

A A xudía, a ferrolana, a feligresa. B A freira, a egua, a baronesa. C A xudea, a cidadana, a heroína.

9. Cal é a serie de palabras de xénero masculino?

A Negrume, arte, calor, cárcere.

B Pesadume, alma, riso, orixe.

C Acedume, fel, sangue, labor.

10. Cal é a serie de palabras de xénero feminino?

A Epígrafe, síndrome, auga, sebe.

B Pantasma, costume, suor, sinal.

C Ferruxe, diadema, leite, mel.

11. Cal é a serie de palabras correcta?

A Décimo terzo, doble, vinteún, cuarenta.

B Décimo sétimo, triplo, cincocentos, trintaavo.

C Décimo octavo, duplo, catro centos, cincuenteavo.

12. Cal é o tempo verbal correcto?

A Andei, andaches, andou, andamos, andastes, andaron.

B Quepa, quepas, quepa, quepamos, quepades, quepan.

C Decía, decías, decía, decíamos, decíades, decían.

13. Cal é o tempo verbal correcto?

A Valga, valgas, valga, valgamos, valgades, valgan.

B Dicirei, dicirás, dicirá, diciremos, diciredes, dicirán.

C Coubese, coubeses, coubese, coubésemos, coubésedes, coubesen.

Page 5: CS probas acceso 2010 parte común lingua galega e literatura versión amarela

Páxina 5 de 6

Parte común LINGUA GALEGA

[CS.PC.001]

14. Cal destas oracións contén un presente histórico?

A Hai un mes que non vou ao cine.

B Rosalía escribe a súa poesía no século XIX. C O ano ten doce meses.

15. En cal destas oracións se pode conxugar o infinitivo?

A Este curso teñen que saírme ben os exames.

B O tren vai saír ás doce e cuarto. C Chamáronme xusto despois de saír do teatro.

16. Cal destas oracións é impersoal?

A Manqueime.

B A casa vendeuse a bo prezo. C Quedaron totalmente abraiados pola noticia.

17. Cal destas oracións compostas contén unha oración subordinada substantiva?

A Alarmouno que non o chamase.

B O rapaz co que falabas é fillo seu. C Ana lembrouse cando a chamei.

18. Cal destas oracións contén un pronome de solidariedade?

A Téñote por unha persoa moi responsable.

B Vouche dar o regalo que comprei.

C Foivos tan rápido que gañou a carreira.

19. Cal é a serie de adverbios de modo?

A Acaso, disque, seica, talvez. B Talmente, soamente, mesmamente, xustamente.

C Adrede, amodo, devagar, gratis.

20. Cal é a serie de conxuncións causais?

A Como, pois, porque.

B Mais, pero, senón.

C Conforme, consonte, segundo.

Page 6: CS probas acceso 2010 parte común lingua galega e literatura versión amarela

Páxina 6 de 6

Parte común LINGUA GALEGA

[CS.PC.001]

3. Solución para as preguntas tipo test

Nº A B C

1 X

2 X

3 X

4 X

5 X

6 X

7 X

8 X

9 X

10 Anulada (+0,5)

11 X

12 X

13 X

14 X

15 X

16 X

17 X

18 X

19 X

20 X

Nas preguntas de test, por cada resposta incorrecta descontaranse 0’125 puntos. As respostas en branco non descontarán punt uación.