Cuarto. anfibios
Transcript of Cuarto. anfibios
anfibiosCando andaban buscando á cobra de auga
atoparon cun becho que non agardaban.
Era de cor verde e tiña as patas longas, pero deu un pincho e perdeuse entre ondas.
Tiveron que agardar que volvera a saír. Querían caoñecela antes de se ir.
Logo falaron desto e máis do outro e quedaron un día para facer unhas fotos.
E como é presumida, a ran cantareira, adicouse a anuncialo unha tarde enteira.
Souperon da historia veciños e parentes, e o día da foto apareceu toda a xente.
E como estaban alí e querían saír todos, houbo que facer de cada un súa foto.
Ra verde (Rana perezi). Mide ata 7 cm ou máis. Aparece por todas partes. É o máis común e abundante dos anfibios galegos.
Ra vermella (Rana temporaria). Mide de 3 a 6 cm. Vive nos prados e nos bosques, só se achega a auga para criar. Pouco común.
Ra patilonga (Rana iberica). Mide de 3 a 4 cm. Vive preto de cursos de auga limpa e con beiras ben vexetadas. Abundante.
Estroza (Hyla arborea). Mide entre 3 e 5 cm. Vive na vexetación en zonas húmidas con boa cobertura, preto de augas de pouco andar, lagoas e encoros. Común.
Sapo pinto (Discoglossus galganoi). Mide de 6 a 7 cm. Vive nas zonas baixas. Común.
Sapo de esporas (Pelobates cultripes). Mide de 6 a 9 cm. Vive en zonas areentas. Escaso.
Sapiño comadrón (Alytes obstetricans). Mide uns 5 cm. Vive en calquera lugar de terreo areoso onde pode escavar galerías. Común.
Sapo corriqueiro (Bufo calamita). Mide de 4 e 6 cm e as femias de 5 a 8 cm. Vive en terreos brandos e soltos onde escava galerías. Común.
Sapo común, sapo cunqueiro (Bufo bufo). É o sapo máis grande, con diferencias importantes de tamaño entre machos e femias. Os machos miden entre 6 e 8 cm e as femias de 9 a 12 cm. Vive en prados, hortas, bosques e lugares con boa cobertura vexetal. Común.
Postas de ran Postas de sapo
ovos a piques de eclosionar
cabezolos na primeira fase de desenvolvemento
METAMORFOSE DAS RANS E DOS SAPOS
cabezolo ben desenvolvido
cabezolo con patas de atrás ranciña case sen raboCabezolo coas catro patas
Pintafontes común (Lissotriton boscai). Mide de 7 a 10 cm, dos que de 5 a 6 cm son de rabo vive en pozas, fontes, píos, regatos de pouco andar. Abundante.
Pintafontes palmeado (Lissotriton helveticus). Mide entre 6 e 8 cm, o rabo mide a metade. Vive en calquera masa de auga estancada. Bastante común.
Pintafontes verde (Triturus marmoratus). Mide ata 16 cm, o rabo mide a metade. Vive en pozos, pozas e augas estancadas, e lugares sombrizos. Abundante.
Pintega común (Salamandra salamandra). Mide entre 12 e 18 cm, dos que de 6 a 11 son de rabo. Vive en lugares húmidos e sombrizos. Común.
Saramaganta (Chioglossa lusitanica). Mide de 12 a 15 cm, dos que 8 a 10 son de rabo. Vive en bosques de caducifolios e lugares húmidos preto de regueiros de augas limpas e ben oxixenadas.
METAMORFOSE DA SARAMAGANTA E OS PINTAFONTES
ovos apegados á vexetación larva recén eclosionada
larva coas patas de diante larva coas catro patas
Fixeron esta serie con toda a parentela e puxérona aquí para que poidades coñecela.
Ata a próxima
!
fin
As imaxes foron collidas da internet.Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta
COUSIÑAS FEITAS NA CASA