CURSO DE APRECIACIÓN MUSICAL - museo.depo.gal · PROGRAMA Curso de Apreciación Musical 2018 Este...
Transcript of CURSO DE APRECIACIÓN MUSICAL - museo.depo.gal · PROGRAMA Curso de Apreciación Musical 2018 Este...
Máis información en www.museo.depo.gal
CURSO DE APRECIACIÓN MUSICALMuseo de Pontevedra, ano 2018 (primeiro semestre)
OS INSTRUMENTOS DA ORQUESTRAVenres 13, 20 e 27 de abril e 4 de maio, ás 19:30 h
GRANDES OBRAS DA MÚSICA CLÁSICAVenres 1, 8, 22 e 29 de xuño, ás 19:30 h
Museo de PontevedraSalón de actos do Sexto Edificio (rúa Padre Amoedo, 3)
PROGRAMA
Curso de Apreciación Musical 2018
Este ano ten lugar a novena edición das audicións de música clásica comentadas, dirixidas e presentadas polo profesor Manuel López-Benito. Constará de catro ciclos de catro xornadas cada un. No primeiro semestre terán lugar dous durante os venres indicados, de 19:30 a 21:30 horas, baixo as seguintes epígrafes:
I. OS INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA
Venres 13, 20 e 27 de abril e 4 de maio
O estudo comparado dos diferentes instrumentos da orquestra sinfónica, as súas calidades tímbricas, os afectos que producen e as maridaxes que poden formar son algúns dos aspectos que se analizarán neste ciclo do Curso de Apreciación Musical 2018. Para iso escoitaranse e analizaranse algunhas das obras máis representativas para cada un dos instrumentos obxecto do estudo do curso. Completarase a unidade didáctica analizando a importancia da dirección orquestral e a súa evolución ao longo da historia.
II. GRANDES OBRAS DA MÚSICA CLÁSICA
Venres 1, 8, 22 e 29 de xuño
Continuando cos ciclos de anos anteriores de “Grandes obras da música clásica”, escoitaranse e estudaranse en profundidade desde o punto de vista programático, estético, histórico e musical algunhas das máis importantes páxinas musicais da historia da música clásica. Unha maneira diferente de achegarse a estas obras co obxectivo de aumentar a emoción da súa escoita.
Dep
ósito
Leg
al: P
O 1
91 -
2018