Curso Ponte para o Grao en Enxeñería Informática

16
e.s. de enxeñería informática curso ponte para o grao 2011/2012

Transcript of Curso Ponte para o Grao en Enxeñería Informática

Page 1: Curso Ponte para o Grao en Enxeñería Informática

e.s. de enxeñería informática

curso ponte para o grao

2011/2012

Page 2: Curso Ponte para o Grao en Enxeñería Informática

Qué é o curso ponte?

É un curso que dá acceso, nun só ano, ao título de Grao en Enxeñería Informática. Para iso hai que cursar 60 créditos ECTS, repartidos en oito materias e un traballo fin de grao de 12 ECTS.

Page 3: Curso Ponte para o Grao en Enxeñería Informática

Quén se pode matricular?

Os solicitantes deberán ser titulados en Enxeñería Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo.

Page 4: Curso Ponte para o Grao en Enxeñería Informática

Qué materias hai que cursar?

ECTS Cuatrim.

REDES DE COMPUTADORAS II 6 1

SISTEMAS OPERATIVOS II 6 2

ARQUITECTURAS PARALELAS 6 2

PROCESADORES DE LINGUAXE 6 2

SISTEMAS INTELIXENTES 6 2

CONCORRENCIA E DISTRIBUCIÓN 6 2

BASES DE DATOS II 6 1

CENTROS DE DATOS 6 2

TRABALLO FIN DE GRAO 12 2

Page 5: Curso Ponte para o Grao en Enxeñería Informática

Por qué hai tanta carga docente no segundo cuatrimestre e tan pouca no primeiro?

O curso ponte está formado por materias de segundo e terceiro de Grao que non se impartiron na Enxeñería Técnica en Informática de Xestión. A ubicación nos cuatrimestres decidiuse durante o deseño do plano de estudos.

Para paliar este desequilibrio durante o curso 2011/2012, o alumnado poderá facer o seu traballo fin de grao durante o primeiro cuatrimestre, ainda que non será evaluado deste ata o final de curso. Deste xeito, a carga de traballo entre cuatrimestres estará máis equilibrada: 24 ECTS no primeiro cuatrimestre, e 36 no segundo.

Coa implantación de cuarto do Grao no curso 2012/2013 está previsto incorporar materias dese curso para que o alumnado teña un abano de materias nas que escoller os 60 ECTS do curso ponte.

Page 6: Curso Ponte para o Grao en Enxeñería Informática

En qué horario se imparten as clases?

As materias do curso ponte son materias de terceiro de Grao en Enxeñería Informática. Os alumnos do curso ponte asistirán ás mesmas clases e no mesmo horario que o resto do alumnado de terceiro curso.

Para o curso 2011/2012, o horario de terceiro será de mañá.

Page 7: Curso Ponte para o Grao en Enxeñería Informática

Estou interesado no curso ponte pero pola mañá traballo. É obrigatorio asistir a clase?

Non. Segundo a normativa da ESEI, todas as materias de grao teñen que incorporar un sistema de avaliación para non asistentes.

Page 8: Curso Ponte para o Grao en Enxeñería Informática

Cantas prazas se ofertan no curso 2011/2012?

20

Page 9: Curso Ponte para o Grao en Enxeñería Informática

Por qué só se ofertan 20 prazas?

Porque por imperativo da Universidade, a docencia do curso ponte non contabiliza para a contratación de profesorado.

É decir, o curso impártese a coste cero no que a profesorado se refire.

Page 10: Curso Ponte para o Grao en Enxeñería Informática

Cal é o criterio de selección?

O criterio de selección entre os solicitantes será a nota media simple do expediente académico, calculada de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito o 21 de febreiro de 2005 entre a Consellería de Educación e as universidades galegas.

Page 11: Curso Ponte para o Grao en Enxeñería Informática

Teño algunhas materias aprobadas no segundo ciclo de Enxeñería en Informática. Recoñeceránseme materias no curso ponte?

Si, se tes algunha destas materias do segundo ciclo superadas, poderánseche recoñecer polas materias correspondentes do curso ponte, segundo podes ver nesta táboa:

Materias do curso ponteAdaptación con materias do

2º ciclo de Enxeñería en Informática

REDES DE COMPUTADORAS REDES

SISTEMAS OPERATIVOS IIADMINISTRACIÓN E

CONFIGURACIÓN DE SISTEMAS OPERATIVOS

CONCORRENCIA E DISTRIBUCIÓN CONCORRENCIA E DISTRIBUCIÓN

ARQUITECTURAS PARALELASARQUITECTURA E ENXEÑERÍA DE

COMPUTADORES

CENTROS DE DATOS SISTEMAS INFORMÁTICOS

PROCESADORES DE LINGUAXE PROCESADORES DE LINGUAXE

SISTEMAS INTELIXENTES INTELIXENCIA ARTIFICIAL

BASES DE DATOS IIADMINISTRACIÓN E DESEÑO DE

BASES DE DATOS

Page 12: Curso Ponte para o Grao en Enxeñería Informática

Teño experiencia profesional como enxeñeiro técnico. Recoñeceránseme materias no curso ponte?

Poderanse recoñecer ata 36 ECTS por experiencia profesional posterior á obtención do título de Enxeñeiro Técnico. A Comisión de Recoñecemento de Créditos e Adaptacións da ESEI será a responsable de fixar os criterios de recoñecemento da experiencia profesional. O recoñecemento da experiencia profesional farase en base ao conxunto de competencias das materias do curso ponte, que teña adquirido o solicitante no exercicio da súa profesión, e atendendo á seguinte táboa:

EXPERIENCIA PROFESIONAL (HORAS)

ECTS RECOÑECIDOS

300 – 599 horas 6

600 – 899 horas 12

900 – 1199 horas 18

1200 – 1499 horas 24

1500 – 1799 horas 30

1800 horas o más 36

Page 13: Curso Ponte para o Grao en Enxeñería Informática

Por que non se me recoñece o Traballo Fin de Grao polo Proxecto Fin de Carreira que fixen na Enxeñería Técnica?

Segundo o establecido no artigo 6 do RD 1393/2007, modificado polo R.D. 861/2010, NON poderán ser obxecto de recoñecemento os créditos correspondentes ao Traballo Fin de Grao.

Page 14: Curso Ponte para o Grao en Enxeñería Informática

Calendario de inscripción

Presentación de solicitudes (1º prazo) 6 - 15 de xullo

Publicación provisional de persoas admitidas e excluidas

19 de xullo

Prazo de reclamacións 19 - 22 de xullo

Publicación definitiva de persoas admitidas e excluidas 26 de xullo

Publicación provisional de persoas seleccionadas para realizar o curso ponte

26 de xullo

Prazo de reclamacións 29 de xullo

Publicación definitiva de persoas seleccionadas para cursar o curso ponte

1 de setembro

2º prazo de presentación de solicitudes (só se quedaron prazas vacantes no primeiro prazo)

finais de setembro

Page 15: Curso Ponte para o Grao en Enxeñería Informática

Cómo é o procedemento e documentación para a inscripción?

A solicitude farase mediante o formulario online dispoñible na web da ESEI (esei.uvigo.es), co seguinte procedemento:

1. Cubrir a información no formulario online

2. Imprimir o formulario

3. Enviar o formulario online

4. Entregar o formulario impreso, acompañado de fotocopia do DNI ou pasaporte, en calquera dos rexistros da Universidade de Vigo, indicados na Resolución Reitoral da convocatoria, dirixido ao Director da Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense.

5. Non é necesario adxuntar o certificado académico

Page 16: Curso Ponte para o Grao en Enxeñería Informática

Con quén podo falar se teño dúbidas sobre o proceso de inscripción?

Secretaría administrativa da Escola Superior de Enxeñería Informática

Teléfono: 988 387003/4 (horario de 9:00 a 14:00)

Email: [email protected]