De TIC a TACcentros.edu.xunta.es/iessanchezcanton/files/p-tic-tac_09-10.pdf · A nosa intención é...

14
IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra 1 De TIC a TAC: Das Tecnoloxías da Información e a Comunicación cara ás Tecnoloxías da Aprendizaxe e o Coñecemento 1. Declaración de intencións e breve resumo do proxecto No transcorrer dos últimos tempos producíronse modificacións tecnolóxicas que converteron Internet na fonte do saber, nunha especie de memoria da humanidade como nunca existiu ata agora, pero próximos á arribada da web 3.0, o noso problema é como acceder, recuperar, asimilar e en última instancia saber aplicar ese capital colectivo. A nosa intención é axustar o tic-tac do reloxo do noso quefacer educativo para sincronizalo co momento e ritmo da sociedade do coñecemento. A intención do noso proxecto é que a nosa comunidade educativa atope no instituto o porto polo que conectarse á rede da aprendizaxe continua, recuperando información e establecendo comunicacións para construír coñecementos ben fundamentados. Esta foi, desde hai anos, unha das preocupacións do equipo coordinador das TICS no centro. O verdadeiro problema xorde cando pretendemos integrar todas estas técnicas innovadoras e materiais coidadosamente deseñados na práctica docente cotiá, provocando cambios substanciais na xestión de aula que facilmente poden producir sentimentos de inseguridade e unha certa perda de control. Debemos considerar que todo no sistema educativo actual, horarios, espazos, estruturas, probas oficiais, requirimentos da inspección, mentalidade do alumnado, está preparado para perpetuar modelos de ensino tradicionais. Polo tanto é case milagroso que estas iniciativas triúnfen e teñan continuidade. O noso obxectivo é, polo tanto, promover pequenos cambios nas estruturas, nos espazos, nas percepcións; proporcionar á comunidade educativa oportunidades de experiencias rigorosas e gratificantes para que, como docentes, cheguemos a unha interiorización dos instrumentos dixitais ata o punto de que podamos integralos nos novos modelos educativos nos que o alumnado cumpre un papel máis protagonista no seu proceso de aprendizaxe.

Transcript of De TIC a TACcentros.edu.xunta.es/iessanchezcanton/files/p-tic-tac_09-10.pdf · A nosa intención é...

Page 1: De TIC a TACcentros.edu.xunta.es/iessanchezcanton/files/p-tic-tac_09-10.pdf · A nosa intención é axustar o tic-tac do reloxo do noso quefacer educativo para sincronizalo co momento

IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra

1

De TIC a TAC: Das Tecnoloxías da Información e a Comunicación cara ás

Tecnoloxías da Aprendizaxe e o Coñecemento

1. Declaración de intencións e breve resumo do proxecto

No transcorrer dos últimos tempos producíronse modificacións tecnolóxicas

que converteron Internet na fonte do saber, nunha especie de memoria da

humanidade como nunca existiu ata agora, pero próximos á arribada da web 3.0, o

noso problema é como acceder, recuperar, asimilar e en última instancia saber aplicar

ese capital colectivo. A nosa intención é axustar o tic-tac do reloxo do noso quefacer

educativo para sincronizalo co momento e ritmo da sociedade do coñecemento. A

intención do noso proxecto é que a nosa comunidade educativa atope no instituto o

porto polo que conectarse á rede da aprendizaxe continua, recuperando información e

establecendo comunicacións para construír coñecementos ben fundamentados.

Esta foi, desde hai anos, unha das preocupacións do equipo coordinador das

TICS no centro. O verdadeiro problema xorde cando pretendemos integrar todas estas

técnicas innovadoras e materiais coidadosamente deseñados na práctica docente

cotiá, provocando cambios substanciais na xestión de aula que facilmente poden

producir sentimentos de inseguridade e unha certa perda de control.

Debemos considerar que todo no sistema educativo actual, horarios, espazos,

estruturas, probas oficiais, requirimentos da inspección, mentalidade do alumnado,

está preparado para perpetuar modelos de ensino tradicionais. Polo tanto é case

milagroso que estas iniciativas triúnfen e teñan continuidade.

O noso obxectivo é, polo tanto, promover pequenos cambios nas estruturas,

nos espazos, nas percepcións; proporcionar á comunidade educativa oportunidades

de experiencias rigorosas e gratificantes para que, como docentes, cheguemos a

unha interiorización dos instrumentos dixitais ata o punto de que podamos

integralos nos novos modelos educativos nos que o alumnado cumpre un papel máis

protagonista no seu proceso de aprendizaxe.

Page 2: De TIC a TACcentros.edu.xunta.es/iessanchezcanton/files/p-tic-tac_09-10.pdf · A nosa intención é axustar o tic-tac do reloxo do noso quefacer educativo para sincronizalo co momento

IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra

2

2. Análise da situación do centro

2.1. Infraestruturas

O centro está dotado de ordenadores en administración, dirección, sala de

profesores e na práctica totalidade dos departamentos. Recentes modificacións

aproxímannos á configuración do espazo segundo o modelo educativo que inspira o

noso proxecto, pero quedan algunhas reformas, non sempre doadas de realizar, e

segue a ser deficitaria a dotación informática das aulas. Dispoñemos do seguinte:

Dúas aulas con ordenadores conectados á rede. Unha conta con 20

equipos distribuídos en forma de U que facilitan a relación entre

alumnado e docentes, e un encerado dixital. A outra aula dispón de 15

ordenadores, un na mesa do profesorado e os outros ao longo de catro

ringleiras, o que dificulta o acceso. A modificación da ancoraxe das

mesas e do cableado, e a instalación dalgún computador máis son

tarefas pendentes. Coa situación actual é case imposible atender as

necesidades dos grupos que desenvolven a clase co apoio das

plataformas e ferramentas virtuais, dándose frecuentes solapamentos.

Na Biblioteca hai proxector e 11 ordenadores con conexión a Internet.

As 5 aulas de 1º BAC e as dúas do Ciclo Formativo teñen canón e

ordenador. Todas elas teñen conexión física á rede; pola contra, a rede

sen fíos non pode ser usada con regularidade a causa de incidencias

comunicadas repetidamente á UAC. Esta deficiencia da Wifi non

permite pensar nunha disposición de portátiles para uso personalizado

do alumnado na aula.

O paraninfo e aulas especializadas de ciencias, aula de arte, debuxo,

están preparados cun canón e ordenador.

Page 3: De TIC a TACcentros.edu.xunta.es/iessanchezcanton/files/p-tic-tac_09-10.pdf · A nosa intención é axustar o tic-tac do reloxo do noso quefacer educativo para sincronizalo co momento

IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra

3

2.2. Formación TIC

Atopamos situacións moi variadas entre o alumnado constatando que algúns

non teñen aínda acceso fácil ao ordenador e á rede. En xeral predomina un uso alleo

aos fins educativos, circunscrito sobre todo ao Messenger e o Twenti. Adoitan ter

interiorizada unha metodoloxía baseada na explicación do profesor co exame como

reto a superar e consideran que as TIC, no ámbito escolar, tamén teñen que

supeditarse a ese esquema. Pero a súas habilidades no eido dixital, aínda que carentes

de criticidade, adoitan ser superiores á da maioría do profesorado, o que fai que este

se sinta inseguro e mesmo pode paralizar a migración dos docentes a outros modelos

educativos, tendendo, pois, a refuxiarse no seu papel tradicional.

Non obstante, desde fai anos levamos unha traxectoria en dinamización TIC

que propiciou un cambio nas actitudes do profesorado, pasando da indiferenza

maioritaria ante o uso de medios informáticos á incorporación das TIC nos procesos

educativos. A creación de grupos de traballo e iniciativas individuais que supuxeron

innovacións metodolóxicas importantes con suxestivos resultados, acabaron por

espertar o interese dos demais e fixeron desaparecer as reticencias iniciais.

A isto contribuíu a chegada de profesorado máis novo que conta con máis

preparación e iniciativas.

Encontrámonos entón, tamén entre o profesorado, cunha grande diversidade

de niveis, desde aqueles que están iniciándose nas competencias dixitais (N1), aos que

desde fai tempo son quen de traballar con procesadores de texto, presentacións e

similares (N2), ata un grupo minoritario que ten integradas as TIC na súa docencia, con

blogs, actividades interactivas, cursos virtuais ... (N3).

Page 4: De TIC a TACcentros.edu.xunta.es/iessanchezcanton/files/p-tic-tac_09-10.pdf · A nosa intención é axustar o tic-tac do reloxo do noso quefacer educativo para sincronizalo co momento

IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra

4

2.3. Organización e dinamización do centro no eido TIC

Diagrama de organización:

Accións dinamizadoras:

NOTA: Para visualizar actividades en Moodle premer na opción ENTRAR

COMO CONVIDADO

Destacaremos algunhas recentes iniciativas por entender que se aproximan ao

modelo de aprendizaxe que queremos fomentar e polo tanto fan comprender mellor o

noso proxecto.

Tras unha longa evolución que non imos detallar aquí, a web do instituto actúa

como un pequeno portal onde coexisten novas, información institucional, materiais

dos Departamentos didácticos e a entrada á Aula Virtual, que está a absorber moitos

dos nosos esforzos porque nos permite deixar atrás unha concepción estática da web

como almacén para ser un verdadeiro alcouve de ideas onde alumnado e profesorado

fan medrar as sementes.

Como exemplo de desenvolvemento da AV propoñemos a suite Conciliación

vida-morte froito do traballo colaborativo dun grupo de profesores, composta por

varios cursos asociados, algúns dos cales, como Imaxina, foi xa experimentado.

É destacable na web o bloque da Biblioteca, integrada no PLAMBE, pretende

ser un centro eficaz de xestión, documentación e difusión de todo tipo de recursos que

se difunden a través do blog Mesturas e das diferentes seccións do seu bloque

enlaces

Equipo dinamización

TIC

Equipo dinamización

Biblioteca

Orientación

Equipo directivo

Alumnado

Profesorado

ANPA

Persoal non docente UAC

Webs Dinámicas

CEFORE

Equipo de traballo e departamentos

CO

OR

DIN

AC

IÓN

Ase

sora

men

to/C

ola

bo

raci

ón

enlaces

Page 5: De TIC a TACcentros.edu.xunta.es/iessanchezcanton/files/p-tic-tac_09-10.pdf · A nosa intención é axustar o tic-tac do reloxo do noso quefacer educativo para sincronizalo co momento

IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra

5

específico, onde cobran vida virtual todas as súas iniciativas desde o Club de lectura ás

Andadeiras ou as Recomendacións de lecturas. Ademais vén colaborando

activamente co profesorado na xestión de varios cursos Moodle, proporcionando

atención individualizada aos participantes en canto a bibliografía, webgrafía e

orientación documental.

Outras das iniciativas que revelaron a súa bondade na práctica educativa diaria

son o blog Mates con Chocolate e o blog de aula Ciclos de Deporte finalista no

concurso nacional EDUBLOGS na edición do 2008.

3. Obxectivos

3.1. Capacitación do profesorado

Ao falar da capacitación do profesorado consideramos esencial reiterar que

falamos de cambios metodolóxico profundo con todas as dificultades e reticencias que

iso implica, e non da adquisición de habilidades para utilizar determinadas

ferramentas.

Neste amplo labor concentramos os nosos esforzos por acadar:

Coñecemento progresivo, adaptado aos niveis de partida, das ferramentas

dixitais, incluíndo a plataforma Moodle, e das posibilidades que estas ofrecen

no eido educativo..

Organización do fluxo de traballo, tanto no referente á confección dos

materiais como no relativo ao deseño, temporalización, avaliación e aplicación

das actividades.

Cremos na importancia dunha planificación extremadamente rigorosa en todas

as fases, moi especialmente no que respecta ás propostas para o alumnado.

De non existir, produciríanse inevitablemente reaccións adversas ante este tipo

de aprendizaxe. Convén que o profesorado saiba prever e evitar estas

circunstancias.

Predisposición á colaboración, superando o habitual illamento dos docentes

que se ven sos á hora de abordar á preparación das súas clases e de proverse

Page 6: De TIC a TACcentros.edu.xunta.es/iessanchezcanton/files/p-tic-tac_09-10.pdf · A nosa intención é axustar o tic-tac do reloxo do noso quefacer educativo para sincronizalo co momento

IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra

6

de alternativas con que solucionar as dificultades de motivación, asimilación e

relación co alumnado. A metodoloxía de docencia compartida, especificada

máis adiante, expande atinadamente as virtudes da web 2.0 pero como é

obvio, require un adestramento nas formas de interactuar.

Adquisición de bos hábitos relativos ao coidado de aulas, equipos e materiais

informáticos.

3.2. Utilización de recursos na aula e aspectos metodolóxicos

Docencia compartida e aprendizaxe cooperativo na aula Moodle. É a proposta

que consideramos máis innovadora e vantaxosa por ter xa sido experimentada

no centro durante o pasado curso. Por falta de espazo só reseñaremos que foi

desenvolvida con éxito por un grupo de docentes de diversas áreas. É

destacable o feito de que algún participante tiña un grao mínimo de

competencias dixitais. A morte no imaxinario popular foi un exemplo de

traballo colaborativo con ruptura de compartimentacións por horarios e aulas

(A actividade desenvolveuse na biblioteca).

Intentamos ilustrar o concepto de docencia compartida na seguinte táboa e

diagrama de fluxo:

Vantaxes

Menor illamento e inseguridade dos docentes.

Maior riqueza de recursos.

Ofrecen ao alumnado un modelo de traballo colaborativo.

Precaucións

É preferible a súa contemplación na memoria didáctica.

Deben ser procesos avaliables e cualificables.

Polo menos un dos docentes ten que impartir clase no grupo

Page 7: De TIC a TACcentros.edu.xunta.es/iessanchezcanton/files/p-tic-tac_09-10.pdf · A nosa intención é axustar o tic-tac do reloxo do noso quefacer educativo para sincronizalo co momento

IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra

7

Aula Virtual. Concibímola como plataforma sobre a que desenvolver os fluxos

da aprendizaxe integral e como soporte e organizador na clase e fóra dela

(neste sentido está probada a súa utilidade entre o alumnado do CGTD que

debe ausentarse polas competicións). Pensamos que é un bo modo de integrar

ferramentas externas como Blogs, wikis e outras utilidades interactivas.

As categorías da AV están establecidas basicamente tomando como criterio os

Departamentos didácticos, Biblioteca e Ciclos formativos pero tanto nas

subcategorías como na creación de “cursos” avogamos por unha organización

inspirada na aprendizaxe baseada en proxectos/problemas ABP máis que por

disciplinas.

Directorio de recursos por materias: Consiste en que os Departamentos

didácticos vaian confeccionando o seu directorio de recursos na rede ao tempo

que se traballa a capacidade de selección en base a criterios de fiabilidade co

alumnado, de xeito que eles sexan tamén colaboradores na construcción do

directorio.

Elaboración de recursos propios: Entendemos que recursos como as

presentacións pode ser usadas eficazmente polo profesorado, especialmente se

foron creadas polo propio alumnado, pero sobre todo queremos aproveitar a

fascinación que a imaxe e o movemento producen na mocidade para converter

Tarefa Proxecto Problema

Recursos iniciais multimedia Guía procedimental

Proceso de reparto de tarefas e

coordinación

Procesos comunicativos

Foros, Chats Presenciais

Docente1

Docenten

Alumno1

Alumnan

Avaliación do proceso, resultados

e alumnado

Avaliación do proceso, resultados

Materiais e ideas compartidas

Page 8: De TIC a TACcentros.edu.xunta.es/iessanchezcanton/files/p-tic-tac_09-10.pdf · A nosa intención é axustar o tic-tac do reloxo do noso quefacer educativo para sincronizalo co momento

IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra

8

en recursos educativos actividades de creación como o vídeo e a banda

deseñada para o que están previstos talleres específicos.

Aspiramos, en resumo, a que o alumnado sexa quen de aprender máis alá das

limitacións espacio-temporais da aula clase, xerando a predisposición a

participar activamente na propia aprendizaxe. É esta unha tarefa que deberán

levar a cabo durante o resto da súa vida dada a evolución da sociedade actual e

o desenvolvemento do coñecemento que só pode ser abordado desde a

construción colectiva.

3.3. Estratexia de liderazgo e organización do centro no uso das TIC

Organización de espazos, dotación e prioridades:

A previsión é a de continuar dotando ás aulas con canón e ordenador (véxase

Infraestruturas), primeiro ampliándoos a todo o Bacharelato e, de seguido, de cuarto

da ESO cara aos primeiros cursos. Pretendemos incorporar encerados dixitais nas aulas

tendo que superar, non obstante, certas condicións adversas: escaseza de unidades,

elementos arquitectónicos das aulas como os diferentes niveis do chan e reticencias á

eliminación do encerado convencional.

A nosa aspiración neste eido é contar cunha wifi realmente operativa e un

equipamento de portátiles que puidese ser facilmente trasladado dunha a outra aula.

Propostas de software:

Case todos nós comezamos no mundo da informática da man dos procesadores

de texto e das presentacións manexando programas de software propietario e na

contorna Windows, xerando inercias difíciles de vencer. É por isto, que aínda que os

equipos contan co sistema operativo Linux, a práctica totalidade do profesorado

prefire o sistema operativo de Microsoft e o seu software. Afortunadamente son cada

vez máis as utilidades subministradas pola web 2.0 que poden usarse on line e os

programas de software libre van gañando terreo.

Como primeiro paso instalarase en todos os equipos o OpenOffice e

promoverase que os documentos emitidos desde o centro se fagan e PDF ou nos

formatos de OpenOffice.

Page 9: De TIC a TACcentros.edu.xunta.es/iessanchezcanton/files/p-tic-tac_09-10.pdf · A nosa intención é axustar o tic-tac do reloxo do noso quefacer educativo para sincronizalo co momento

IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra

9

No CGTD, sección dependente do IES Sánchez Cantón, estase pondo o máximo

empeño na instauración do software libre, habendo dous computadores que contan

só con este software intentando que teñan unha ampla gama de programas.

Xestión xeral do centro:

Intervención xunto co persoal non docente na xestión documental do centro

co soporte Moodle: esperamos a medio prazo configurar acceso diferenciado

para os diferentes sectores, especialmente profesorado e alumnado, que

poderán así dispoñer e descargar todo tipo de documentación. Estableceranse

bases de datos para diversas utilidades: incidencias nos equipos informáticos,

reserva de aulas específicas e espazos con dotación informática, anotación en

actividades extraescolares ou complementarias...

Nas xuntanzas e CCP revisaranse os criterios para a distribución de espazos e

horarios en atención aos recursos dixitais e necesidades didácticas.

Máis información en dinamización interna no apartado 3.4 e diagrama de organización, apartado 2.3

3.4. Estratexias e mecanismos de difusión das boas prácticas

Como parte da dinamización interna:

Intercambiar experiencias didácticas entre o profesorado para facer unha

avaliación das mesmas, favorecer o ensaio de innovacións interesantes e

estender as súas aplicacións. O que se concreta en:

o Facilitar instrucións para a familiarización con aparellos

electrónicos como o encerado dixital ou canóns.

o Establecer horas semanais para a mellora de habilidades e

comunicación de prácticas educativas. Esta iniciativa xa foi

realizada durante todo o curso pasado. Os compoñentes do equipo

de dinamización TIC prestan a súa asistencia nunhas xuntanzas dous

días á semana, a partir do remate do horario escolar.

Page 10: De TIC a TACcentros.edu.xunta.es/iessanchezcanton/files/p-tic-tac_09-10.pdf · A nosa intención é axustar o tic-tac do reloxo do noso quefacer educativo para sincronizalo co momento

IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra

10

o A acción anterior necesita complementarse cun foro para unha

maior axilidade na resolución de dúbidas, para o que se creará un na

Plataforma Moodle, destinado especificamente a esta finalidade.

Deste modo créanse dinámicas de comunicación e axuda entre o

profesorado sen que se produza unha dependencia ou sobrecarga

cara os coordinadores TIC.

O número de participantes neste proxecto e os diferentes niveis de que

partimos supoñen unha grande demanda de recursos humanos para a súa

atención, polo que ademais dos equipos de dinamización TIC e de

Biblioteca, que colabora co primeiro, vese necesario contar coa asistencia

externa para a formación de aspectos concretos. Neste sentido, ademais do

asesoramento do CEFORE, recurriremos a expertos en ferramentas

específicas, LIM, edición e creación de vídeos. Neste momento estase a

solicitar do CEFORE a constitución dun grupo de traballo para o

desenvolvemento de actividades interactivas.

Ao comezo de curso farase unha convocatoria para presentar ás familias a

estrutura e posibilidades da Web do Instituto, da súa Galería, Blogs, Aula

Virtual e do que supón esta forma de traballar. Destacamos pola súa

utilidade, os bloques temáticos Eu Como e Conciliación Vida—Morte

Xestionarase coa ANPA a realización dun taller para nais e pais sobre boas

prácticas na rede e as medidas de seguridade pertinentes.

Mellora da competencia dixital do alumnado e promoción do uso

responsable das TIC mediante os Recreos dixitais, actividades virtuais

guiadas e semilúdicas. Esta é unha delas. Os antecedentes no curso pasado

co Rallye TIC

Page 11: De TIC a TACcentros.edu.xunta.es/iessanchezcanton/files/p-tic-tac_09-10.pdf · A nosa intención é axustar o tic-tac do reloxo do noso quefacer educativo para sincronizalo co momento

IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra

11

En canto á difusión máis aló da nosa comunidade escolar:

4. Criterios de avaliación

Materiais e cursos da Aula Virtual en aberto para

convidados.

Equipos docentes

IES Sánchez Cantón

Participación en cursos e actividades

organizadas por CEFOREs e outros organismos.

Intervención en foros de Webs Dinámicas

Experiencias pedagóxicas publicadas nos nosos

blogs

CUANTITATIVOS Incremento de “cursos” na AV

Incorporación de novos departamentos á AV

Alumnado inscrito nos “cursos”

Alumnado participante no taller de BD

Familiares asistentes ás xornadas divulgativas.

Familiares participantes no taller de boas practicas e seguridade.

Novos materiais de produción propia en soporte dixital.

Espazos dotados de instrumentos electrónicos, informáticos e con conexión á rede.

CUALITATIVOS

Cuantificables Escalas de valoración dos

participantes nas actividades: motivación, cumprimento de expectativas, atención e recursos…

Mellora na cualificación do alumnado participante en actividades con apoio TIC respecto á obtida noutras.

Argumentativos

Suxestións achegadas polo profesorado e outros compoñentes da comunidade escolar.

Valoración e revisión nas reunión de Departamento e CCP

Page 12: De TIC a TACcentros.edu.xunta.es/iessanchezcanton/files/p-tic-tac_09-10.pdf · A nosa intención é axustar o tic-tac do reloxo do noso quefacer educativo para sincronizalo co momento

IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra

12

5. Temporalización

1º trimestre 2º trimestre 3º trimestre Todo o curso

Profesorado N1

Organización de equipos de traballo.

XS: iniciación á internet, e-mail, organización de

arquivos

XS: Recursos na web 2.0. Procesador de

textos.

XS: Recursos na web 2.0. Procesador de textos. Creación de

directorio

XS: Xuntanzas semanais.

Foro

Profesorado N2

Organización de equipos de traballo. XS: recursos na web

2.0. Creación de directorio

Iniciación á Aula Virtual

XS: Moodle, xestión de cursos na AV. Crear contidos en

Drupal. Creación de blogs

XS: incorporación de aplicacións da web

2.0 a Moodle Xestión de blogs

XS Foro

Profesorado N3

Organización de equipos de traballo:

Creación de actividades con LIM

XS: Creación de actividades con LIM .

Exploración das posibilidades Modle

XS: Creación de actividades con LIM . Taller de creación de

vídeos educativos

XS Foro

Alumnado

Presentación da Web, AV, Portal

Educativo (1ºESO e alumnado de nova

incorporación)

Taller de Banda Deseñada con

tabletas dixitalizadoras.

Recreos dixitais

Familias

Presentación da Web, AV, Portal

Educativo e uso das TIC no centro .

(Familias de alumnado de 1ºESO e nova incorporación)

Taller en colaboración coa ANPA sobre boas

prácticas na rede e medidas de seguridade.

Inserción e difusión de materiais

destinados ás familias

Xestión

Deseño do Moodle de xestión.

Asistencia á persoal non docente

Introdución de documentación, unha

vez deseñado o espazo Moodle de

xestión Instalación de

materiais informáticos en aulas segundo priorización

Page 13: De TIC a TACcentros.edu.xunta.es/iessanchezcanton/files/p-tic-tac_09-10.pdf · A nosa intención é axustar o tic-tac do reloxo do noso quefacer educativo para sincronizalo co momento

IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra

13

6. Competencias, formación e funcións do equipo dinamizador de TIC

Desde fai anos os profesores J. Juanatey Silva e M. Costa Giráldez, veñen

dedicándose á creación e mantemento da Web do centro na actualidade baixo Drupal,

á administración da Aula Virtual na plataforma Moodle (67 cursos aprox.) e da Galería

de imaxes implementada en Coppermine, e adscricións de IP.

Ambos teñen exercido como relatores en diversos cursos a requirimento de

diferentes CEFORE e titorizado actividades de aprendizaxe de TIC para os seus

compañeiros no centro.

Veñen colaborando cos diferentes equipos directivos na distribución de

recursos e espazos, iniciativas de difusión de ferramentas informáticas e

correspondentes aplicacións educativas. Esta colaboración é aínda máis estreita co

equipo de dinamización da Biblioteca co que existe coordinación constante. Os

contactos co Dpto. de Orientación son cada vez máis intensos no convencemento de

que é unha das canles básicas de difusión de contidos e iniciativas dada a súa relación

cos titorías.

Algunhas das súas actuacións obtiveron o recoñecemento da Consellería de

Educación e O.U.

M. Costa posúe o título de Especialista Universitaria en Enseñanza Virtual da F.

UNED, e vén de coordinar a elaboración de materiais dixitalizados e interactivos en

relación á Conciliación vida-morte, durante un período de Licenza por estudos

concedido por esa Consellería. Na actualidade imparte ademais de Filosofía a materia

optativa de TIC en primeiro de bacharelato.

Page 14: De TIC a TACcentros.edu.xunta.es/iessanchezcanton/files/p-tic-tac_09-10.pdf · A nosa intención é axustar o tic-tac do reloxo do noso quefacer educativo para sincronizalo co momento

IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra

14

7. Orzamento en base á información das empresas

Gastos Destino Concepto Importe en €

Material non inventariable

Lotes para participantes nos Recreos dixitais.

Taller BD

Ratos sen fíos 18,50x25

Pens 20x25

Tabletas dixitalizadoras. 59x25

E-book 259x2

Material funxible

Taller para familias. Xornadas de formación para

profesorado.

Cartuchos, toner, papel fotográfico, CDs…

1.150

Prestación de servizos

Aula con equipamento informático para manexo

individual.

Aulas de 2º BACH.

Cambio na ancoraxe das mesas, modificación do

cableado dun aula.

1.690

Instalación de 5 canóns de proxección.

1.299

Desprazamento e dietas

Especialista en B D, e outros. Segundo o estipulado

oficialmente. Por determinar

Formación

Taller para familias. Formación especializada para profesorado: Banda

deseñada co ? Creación de vídeos

educativos.

Intervención de especialistas

(a determinar de man común coa ANPA ou

CEFORE) B D: D. Jaime Izaguirre

Santillán

Por determinar

Edición e difusión

Difusión do taller para familias e xornadas de

presentación de contidos TIC do centro.

Fotocopias, trípticos e publicacións

600

TOTAL 7.694,50

+docencia