Decalogotransparenci aslide
-
Upload
nico-casares -
Category
Documents
-
view
230 -
download
5
Transcript of Decalogotransparenci aslide
O NOSO DECÁLOGO DE BON GOBERNO
1. Os veciños e veciñas de Lalín teñen dereito a coñecer todo o que se fai no seu Concello , os órganos municipais teñen que ser trasnparentes e dar contas da súa acción.
Exemplo: actas de plenos e comisión de goberno serán expostos para a súaconsulta pola cidadanía Asimesmo todos os expedientes de contratación de obras e servizos.(ex: web local)
2. Todos os veciños e veciñas de Lalín, en individual ou asociado gozarán dos mesmos dereitos no Concello, sen discriminacións de ningún tipo e fomentarase a súa participación na vida municipal.
Exemplo: Elaboración dun Regulamento de Participación cidadán que recollade xeito explícito estes compromisos
3. Os veciños e veciñas de Lalín teñen dereito a elixir ás persoas que os representen os seusrepresentantes nos órganos de representación ante o Concello.
Exemplo: os e as representantes veciñais ante o Concello (pedáneos) serán elixidos democráticamente
O NOSO DECÁLOGO DE BON GOBERNO
4. Os veciños e veciñas de Lalín teñen dereito a coñecer os custes das principais actuacións do goberno local.
Exemplo: para todas as obras superiores aos 60 mil euros publicarase o presupostado e o custe final con medios accesibles para a cidadanía (ex: prensa e web)
5. Os veciños e veciñas de Lalín teñen dereito a decidir onde se van investir os seus cartos
Exemplo:Orzamentos nos que os veciños poidan decidir
6. Os veciños e veciñas de Lalín teñen dereito a coñecer como evolucionan os seus trámites administrativos en cada momento.
Exemplo: administración electrónica con con consulta eseguimentos por parte da persoa interesada en Internet.
7. Todos os veciños e veciñas de Lalín, por individual ou asociados, teñen os mesmos dereitos no uso e disfrute das infraestruturas e locais de uso público. Exemplo: regulamento de uso dos locais, sociais e veciñais e de todos os centros de uso público
O NOSO DECÁLOGO DE BON GOBERNO
8. Os veciños e veciñas de Lalín teñen dereito a coñecer canto cobran os seus representantes e cargos públicos polo desempeño das súasfuncións(concelleiros/as e cargos de confianza)
Exemplo: na web do Concello publicarase un apartado con esta información así como do total percibido en dietas e asistencias por cada un dos concelleiros/as
9. Todos os cidadáns e as empresas teñen os mesmos dereitos e oportunidaes a hora de ser contratados polo Concello de Lalín.
Exemplo: listaxes de contratación laboral dos postos mais demandados, procesos de selección sen entrevistas, exames de oposición tipo test , listaxe de empresas contratistas, listaxe de facturación por empresas ao Concello.
10. Os medios de difusión do Concello estarán rexidos por órganos plurais que garantan a máxima imparcialidade .
Exemplo: web, Radio Local, boletíns, etc estarán rexidos e supervisados por un consello no que estean representantes das organizacións políticas con representación no Concello e dos distintos colectivos veciñais ,culturais, etcelixidos democráticamente. O pleno do Concello aprobará un Regulamento de funcionamento que determine a composición, fins e funcionamento dese consello.
“ISTE DECÁLOGO SERÁ UN COMPROMISO INELUDIBLE DO
NOSO GOBERNO COS LALINENSES PARA O
SANEAMENTO DEMOCRÁTICO DA NOSA VILA “
Manuel González AllerCandidato á alcaldía de Lalín