Denuncia ponte de Labrada

2
LOIS DIÉGUEZ VÁZQUEZ, con DNI número 34233746 V, e domicilio a efectos de notificación na Rúa Acacia, nº 5- 6º B, 27004 – Lugo, presidente da Asociación Cultural LugoPatrimonio EXPÓN Que entre os obxectivos da Asociación que presido están os da “defensa do Patrimonio material e inmaterial recollido este no seu sentido máis amplo e dentro do territorio da provincia de Lugo”. Neste contexto denunciamos a actuación da empresa eléctrica Iberdrola que na ponte medieval de Labrada, situado nunha paraxe fermosísima na ribeira do concello de Quiroga (Lugo), construíu un caseto sobre unha estructura da ponte para instalar no seu interior unha estación hidrolóxica, que ao noso entender constitúe un atentado, non só á súa singularidade constructiva, senón tamén á estética, sospeitando que a tal obra non conta coa aprobación da dirección xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura e Turismo. Por iso SOLICITO Que por parte de esa Xefatura Territorial se indique si a tal obra foi realizada contando co permiso da Consellería, e en caso afirmativo que se diga en base a que disposición legal se autorizou a construción e si se adapta a obra feita ao proxecto presentado, e en caso contrario ordene aos servizos técnicos a comprobación da denuncia e se abra expediente sancionador a empresa Iberdrola obrigándolle a derrubar o edificio construído. Adxúntanse fotografías. Lugo, 1 de setembro de 2011

description

LUGOPATRIMONIO DENUNCIA A IBERDROLA POR CONSTRUÍR UN ADEFESIO PEGADO Á PONTE MEDIEVAL DA LABRADA

Transcript of Denuncia ponte de Labrada

Page 1: Denuncia ponte de Labrada

LOIS DIÉGUEZ VÁZQUEZ, con DNI número 34233746 V, e domicilio a efectos de notificación na Rúa Acacia, nº 5-6º B, 27004 – Lugo, presidente da Asociación Cultural LugoPatrimonio

EXPÓN

Que entre os obxectivos da Asociación que presido están os da “defensa do Patrimonio material e inmaterial recollido este no seu sentido máis amplo e dentro do territorio da provincia de Lugo”. Neste contexto denunciamos a actuación da empresa eléctrica Iberdrola que na ponte medieval de Labrada, situado nunha paraxe fermosísima na ribeira do concello de Quiroga (Lugo), construíu un caseto sobre unha estructura da ponte para instalar no seu interior unha estación hidrolóxica, que ao noso entender constitúe un atentado, non só á súa singularidade constructiva, senón tamén á estética, sospeitando que a tal obra non conta coa aprobación da dirección xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura e Turismo. Por iso

SOLICITO

Que por parte de esa Xefatura Territorial se indique si a tal obra foi realizada contando co permiso da Consellería, e en caso afirmativo que se diga en base a que disposición legal se autorizou a construción e si se adapta a obra feita ao proxecto presentado, e en caso contrario ordene aos servizos técnicos a comprobación da denuncia e se abra expediente sancionador a empresa Iberdrola obrigándolle a derrubar o edificio construído. Adxúntanse fotografías.

Lugo, 1 de setembro de 2011

AO XEFE TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO DA XUNTA DE GALICIA. LUGO