DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen...

49
PROGRAMACIÓN DOCENTE IES de Mos DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO 2015-2016

Transcript of DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen...

Page 1: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

PROGRAMACIÓNDOCENTE

IES de Mos

DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO

E CULTURA CLASICA

CURSO 2015-2016

Page 2: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

ÍNDICE

1. INTRODUCCIÓN2. PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS (por materia e curso)

1. CULTURA CLÁSICA:1. Obxectivos2. Competencias clave3. Contidos: temporalización4. Metodoloxía5. Avaliación:

- métodos e procedementos- criterios de avaliación- estándares de aprendizaxe-criterios de cualificación

2. LATÍN 4º ESO:

1. Obxectivos 2. Contidos: temporalización 3. Metodoloxía 4. Avaliación:

- métodos e procedementos - criterios de avaliación - criterios de cualificación

3. LATÍN 1º BACHARELATO:1. Obxectivos2. Competencias clave3. Contidos: temporalización4. Metodoloxía5. Avaliación:

- métodos e procedementos- criterios de avaliación- estándares de aprendizaxe-criterios de cualificación

4. LATÍN 2º BACHARELATO: 1. Obxectivos 2. Contidos: temporalización 3. Metodoloxía 4. Avaliación:

- métodos e procedementos

Page 3: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

- criterios de avaliación - criterios de cualificación

5. GREGO 1º BACHARELATO:1. Obxectivos2. Competencias clave3. Contidos: temporalización4. Metodoloxía5. Avaliación:

- métodos e procedementos- criterios de avaliación- estándares de aprendizaxe-criterios de cualificación

6. GREGO 2º BACHARELATO 1. Obxectivos 2. Contidos: temporalización 3. Metodoloxía 4. Avaliación:

- métodos e procedementos - criterios de avaliación - criterios de cualificación

3. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS4. MEDIDAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE5. ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTOS NUNHA MATERIA NON CURSADA 6. ELEMENTOS TRANSVERSAIS:

1. EDUCACIÓN EN VALORES2. PROXECTO LECTOR 3. NOVAS TECNOLOXÍAS4. 4 PLAN DE CONVIVENCIA

7. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES8. CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN9. MEDIDAS DE ORGANIZACIÓN DE PENDENTES10. PÉRDIDA DE ESCOLARIDADE11. AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINO E POSIBLES MODIFICACIÓNS

NAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS12. PARTICULARIDADES DO DEPARTAMENTO

Page 4: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

1. INTRODUCCIÓN

Membros do departamento.

O departamento ten un único membro con destino definitivo no centro có cargo de xefa de Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín 1 e latín 2 e oito de grego 1 e 2) e un grupo de 4º ESO Latín (3 horas) as horas restantes serán asumidas polo Departamento de Ciencias Sociais. Este ano o Departamento ten 33 horas.

Cursos e materias que imparte cada profesor.

A Xefa de Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García, encargarase do Latín e Grego de 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato de Humanidades (tres horas de latín en 4º ESO , catro horas de latín e catro de grego en 1º de Bacharelato e catro de latín e catro de grego en 2º de Bacharelato) cun total de 19 horas. Este curso 2015-2016 o Departamento de ciencias sociais asumirá a docencia de catro grupos de cultura clásica de 3º ESO (oito horas), un grupo de cultura clásica de 4º ESO (tres horas) e un segundo grupo de latín en 4º ESO (3 horas) cun total de catorce horas semanais. Este ano aumentou moitisimo a demanda de cultura clásica e latín na ESO e non haberá libros suficientes para prestar a todos os alumnos. Tamén hai que sinalar que é unha mágoa que non mandaran un profesor especialista en latín para asumir esas catorce horas de latín ecultura clásica, pois o profesorado de Sociais non sempre sabe latín e este feito pode prexudicar ao alumnado por non ter un profesor especialista na materia.

Reunión de Departamento:

A reunión de Departamento terá lugar mensualmente.

Page 5: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

2 PROGRAMACIÓN POR CURSO E ÁREA

2.1 ÁREA: Cultura clásica CURSO: 3º ESO/4ºESO

2.1.0. INTRODUCIÓN

Como sinala o DOG do 13 de xullo de 2007, a materia cultura clásica supón o primeiro achegamento sistemático, e quizais o único, ao mundo grecorromano, do que poida dispor oalumno ao longo do seu proceso formativo. Integrada no currículo de educación secundaria obrigatoria, compaxina o coñecemento e comprensión do mundo clásico cunha toma de conciencia da súa presenza no mundo actual.

O seu carácter opcional fai necesario dotar ao ensino desta materia dunha grande flexibilidade para adecualo á realidade de cada centro e do seu alumnado. O currículo é único e semellante para terceiro e cuarto da ESO, dado que a materia só pode cursarse en un dos cursos ( dúas horas en terceiro e tres en cuarto). Na programación de aula, o profesor adaptará e, se é preciso, ampliará os contidos e procedementos, dado que o librode texto é o mesmo para os dous cursos.

2.1.1. OBXECTIVOS DA ÁREA DE CULTURA CLÁSICA ESO

• Localizar nun mapa fitos xeográficos relevantes para o coñecemento das civilizacións grega e romana.

• Coñecer algúns fitos esenciais na historia de Grecia e Roma e coñecer as súas consecuencias e influencia na nosa historia.

• Coñecer coa súa denominación grega e latina os principais deuses e heroes da mitoloxía grecolatina, os seus trazos, atributos e ámbitos de influencia.

• Coñecer as características fundamentais da arte grega e romana e relacionar manifestacións artísticas actuais cos seus modelos clásicos.

• Coñecer as características dos principais sistemas políticos presentes no mundo clásico establecendo semellanzas e diferenzas entre elas.

• Recoñecer os diferentes tipos de escritura e distintos tipos de alfabetos usados na actualidade.

• Coñecer a orixe común de diferentes linguas. Describir a evolución das linguas romances a partir do latín e identificar as linguas.

Page 6: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

• Identificar léxico común, técnico e científico de orixe grecolatina na propia lingua e sinalar a súa relación coas palabras latinas ou gregas orixinarias.

• Identificar os aspectos máis importantes da historia de Grecia e Roma e a súa presenza no noso país e recoñecer as pegadas da cultura romana en diversos aspectos da civilización actual.

• Realizar traballos de investigación sobre a presenza da civilización clásica no contorno, utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación.

• Coñecer as características fundamentais da romanización de Hispania.

2. 1.2 DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE

COMPETENCIA MATEMÁTICA E C. BÁSICAS EN CIENCIA E TECNOLOXÍA Coñecer a orixe da matemática moderna, xa que moitos dos principios e teoremas que se empregan actualmente foron desenvolvidos polos matemáticos gregos. Tamén moitas das ciencias tiveron o seu primeiro desenvolvemento na Antigüidade, como a xeografía, a zooloxía, a botánica ou a astronomía. Ademais, o coñecemento de étimos grecolatinos presentes na linguaxe matemática axuda a mellorar a comprensión de conceptos, enunciados e outros contidos científicos e matemáticos. COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA A aprendizaxe da materia contribúe á adquisición e traballo desta competencia coa lectura ecomprensión de fontes escritas, coa elaboración e análise de textos, coas exposicións orais sobre diversos temas, coa utilización dun vocabulario moi amplo ao ter que manexar termos que proveñen do grego e do latín principalmente. Ademais, o alumno poderá afondar na comprensión da propia lingua e no uso desta como elemento esencial para a comunicación e para a adquisición de coñecementos.

COMPETENCIA DIXITAL Esta materia contribúe a esta competencia posto que a súa dimensión histórica e cultural favorece que o alumnado utilice as novas tecnoloxías para seleccionar de forma adecuada diversas fontes de información, analizalas e interpretalas, valorar a súa validez e fiabilidadee traballar sobre os materiais seleccionados. Ademais, tamén fomenta a presentación de traballos en soporte dixital e favorece o desenvolvemento das habilidades necesarias para a súa exposición de forma autónoma que lles permita chegar a conclusións novas e resolver situacións de forma orixinal, sentíndose autores e protagonistas dos resultados e conclusións obtidos.

CONCIENCIA E EXPRESIÓNS CULTURAIS Apreciar manifestacións culturais e artísticas en xeral (literatura, pintura, escultura, arquitectura, dereito, institucións políticas, historia, filosofía...); a valorar feitos culturais, como a mitoloxía ou a relixión, que forman parte da tradición da nosa civilización; ampliar a

Page 7: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

súa visión do mundo con visitas a museos e exposicións, co coñecemento doutras linguas e outras culturas, co teatro, a ópera, a música, etc.

COMPETENCIAS SOCIAIS E CÍVICAS Esta competencia adquírese ao entender a civilización grega e romana como creadoras dos dereitos e deberes dos individuos e os grupos e dos mecanismos que aseguran a súa participación na vida pública. O estudo desta materia desenvolve no alumnado actitudes de cidadáns activos e comprometidos mediante a comprensión do noso pasado e a influencia que todo iso tivo na configuración da sociedade actual. A tolerancia, a capacidade de respectar as diferenzas e o diálogo como base dos acordos son algunhas das destrezas que o alumnado tamén adquire.

SENTIDO DE INICIATIVA E ESPÍRITO EMPRENDEDOR Esta materia contribúe a fomentar a autonomía e iniciativa persoal na medida que se utilizan procedementos que esixen planificar, avaliar distintas posibilidades e tomar decisións. A exposición de traballos individuais ou en grupo e a realización de debates implican valorar as achegas doutros compañeiros, aceptar posibles erros, e non se render ante as dificultades. En definitiva, achega posibilidades de mellora e fomenta o afán de superación.

APRENDER A APRENDER O estudo desta materia contribúe a que o alumno sexa consciente de que ao longo da historia da humanidade o home sempre estivo a aprender e baseou a aprendizaxe nos coñecementos anteriores. Esta competencia supón ter ferramentas que faciliten a aprendizaxe, pero tamén ter unha visión estratéxica dos problemas e saber prever e adaptarse aos cambios que se producen cunha actitude positiva.

2.1.3 ORGANIZACIÓN E SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS

Bloque 1. Xeografía (5 sesións)

1. Grecia: marco xeográfico. 2. Roma: marco xeográfico.

Bloque 2. Historia (6 sesións)

1. Marco histórico: as orixes. 2. Períodos da historia. 3. Romanizacion de Hispania.

Bloque 3. Mitoloxía (10 sesións)

1. Mitos gregos e romanos: deuses e heroes.

Page 8: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

2. Relixión en Grecia e Roma.

Bloque 4. Arte (5 sesións)

1. A arte grega e romana: pervivencia dos modelos clásicos no mundo actual. 2 Arte grecolatina no noso país.

Bloque 5. Sociedade e vida cotiá (16 sesións)

1. Sistemas políticos: - As poleis gregas: aristocracia e democracia. - A República romana e o Imperio.

2. Principais grupos sociais. 3. A familia. 4. O traballo e o ocio: os oficios, a ciencia e a técnica.

- Festas e espectáculos.

Bloque 6. Lingua/léxico (6 sesións) 1. As orixes da escritura. 2. Orixes dos alfabetos.

3. Orixe común do grego e o latín: o indoeuropeo. 4. As linguas romances. 5. Pervivencia de elementos lingüísticos grecolatinos. 6. Literatura grecolatina: pervivencia nas literaturas actuais.

Bloque 7. Pervivencia na actualidade (5 sesións) 1. Presenza da civilización clásica no mundo actual.

2.1.4 CRITERIOS METODOLÓXICOS E ESTRATEXIAS DIDÁCTICAS

O profesor deberá estimula-la iniciativa do alumno para que traballe, de manera individual ou grupal, dacordo cós contidos e obxectivos sinalados; para acadalo, partindo da base dun libro de texto común a todos, irá aportando material, explicacións e pautas para que o alumno acade os obxectivos e as ompetencias clave de etapa. Cada tema presenta unha introducción cun debuxo e un texto con preguntas para debatirna clase e ubicar o tema, mostrando qué se vai a aprender e cómo; logo aparece o temacentral, desenrolando os contidos e diferenciando entre o mundo latino e o grego, conactividades e esquemas no libro e actividades e xogos interactivos no CD-ROM ; outroapartado, que trata un aspecto concreto da unidade, desenvolve as capacidades paraaprender a aprender e traballar en grupo e por último hai unha sección adicada á mitoloxía,con actividades específicas da divinidade relacionada có tema a tratar; ó final aparece uncadro de repaso sobre os conceptos básicos e actividades para reforzar e afianzar oaprendido e unha lectura para potenciar a comprensión lectora.

Page 9: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

2.1.5 PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

Métodos e procedementos:

- Avaliación Inicial: para proporcionar información da situación do alumnado ó inicio do curso e que o profesor vexa as posibles carencias ou dificultades dos alumnos.- Avaliación procesual: para recoller información ó longo do proceso de ensinanza evalorar os progresos e dificultades dos alumnos. A observación e seguimento centraráse en aspectos como o grado de participación nas actividades propostas na aula, presentación de traballos individuais e grupais, probas obxectivas escritas sobre os temas tratados na clase e ter a libreta de clase coas tarefas feitas.- Avaliación Sumativa: establece os resultados acadados ó final dun determinado período educativo, dacordo cos obxectivos previstos e os contidos traballados

Criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe:

Bloque 1. Xeografía 1. Localizar nun mapa fitos xeográficos relevantes para o coñecemento das civilizacións grega e romana. 2. Identificar e describir a grandes trazos o marco xeográfico no que se desenvolveron as culturas de Grecia e de Roma no momento do seu apoxeo.

Bloque 2. Historia 1.Identificar algúns fitos esenciais na historia de Grecia e de Roma e coñecer as súas

repercusións. 2. Identificar e describir o marco histórico no que se desenvolveron as culturas de Grecia e de Roma.

3. Coñecer as características fundamentais da romanización de Hispania.

Bloque 3. Mitoloxía 1. Coñecer os principais deuses e heroes da mitoloxía grecolatina. 2. Coñecer os mitos e heroes grecolatinos e establecer semellanzas e diferenzas

entre os mitos e heroes antigos e os actuais. 2.1 Sinala semellanzas e diferenzas entre os mitos da Antigüidade clásica e os

pertencentes a outras culturas, comparando o seu tratamento na literatura ou na tradición relixiosa. 2.2. Compara os heroes da mitoloxía clásica cos actuais, sinalando as semellanzas e asprincipais diferenzas entre uns e outros e asociándoas a outros trazos culturais propios de cada época.

3. Coñecer e comparar as características da relixiosidade e a relixión grega coas actuais.

4. Explicar os fundamentos da relixiosidade romana e distinguir a relixión oficial das manifestacións do culto privado.

Page 10: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

Bloque 4. Arte 1. Coñecer as características fundamentais da arte clásica e relacionar

manifestacións artísticas actuais cos seus modelos clásicos. 1.1. Recoñece en imaxes as características esenciais da arquitectura grega e romana

identificando razoadamente mediante elementos visibles a orde arquitectónica á que pertencen os monumentos máis significativos.

1.2. Recoñece en imaxes as esculturas gregas e romanas máis célebres encadrándoas nun período histórico e identificando nelas motivos mitolóxicos, históricos ou

culturais. 2. Coñecer algúns dos monumentos clásicos máis importantes do patrimonio español.

2.1. Localiza nun mapa e describe os monumentos clásicos máis significativos que forman parte do patrimonio español, identificando a partir de elementos concretos o seu estilo e cronoloxía aproximada.

Bloque 5. Sociedade e vida cotiá 1. Coñecer as características das principais formas de organización política presentes no mundo clásico, establecendo semellanzas e diferenzas entre elas.

1.1. Nomea os principais sistemas políticos da Antigüidade clásica describindo, dentrode cada un deles, a forma de distribución e exercicio do poder, as institucións existentes, o papel que estas desempeñaban e os mecanismos de participación política.

2. Coñece as características e a evolución das clases sociais en Grecia e en Roma e a súa pervivencia na sociedade actual. 3. Coñece a composición da familia e os roles asignados aos seus membros comparándoos cos actuais.

4. Identificar as principais formas de traballo e de ocio existentes na Antigüidade. 5. Explica a orixe e a natureza dos Xogos Olímpicos, comparándoos e destacando a

súa importancia con respecto a outras festividades deste tipo existentes na época.

Bloque 6. Lingua/Léxico 1. Coñecer a existencia de diversos tipos de escritura e distinguilas entre si. 2. Distinguir distintos tipos de alfabetos usados na actualidade. 3. Coñecer a orixe común de diferentes linguas. 3.1. Enumera e localiza nun mapa as principais ramas da familia das linguas

indoeuropeas. 4. Comprender a orixe común das linguas romances. 5. Identificar as linguas romances e non romances da Península Ibérica e localizalas

nun mapa. 6. Identificar léxico común, técnico e científico de orixe grecolatina na propia lingua

e sinalar a súa relación coas palabras latinas ou gregas orixinarias. 6.1. Recoñece e explica o significado dalgúns dos helenismos e latinismos máis frecuentes utilizados no léxico das linguas faladas en España, explicando o seu significado a partir do termo de orixe. 7. Coñecer as principais características dos xéneros literarios grecolatino e princiapais obras e a súa influencia na literatura posterior.

Page 11: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

Bloque 7. Pervivencia na actualidade 1. Recoñecer a presenza da civilización clásica nas artes e organización socio-política. 2. Coñecer a pervivencia da mitoloxía e os temas lendarios nas manifestacións

artísticas actuais 3. Identificar os aspectos máis importantes da historia de Grecia e Roma e a súa presenza no noso país e recoñecer as pegadas da cultura romana en diversos aspectosda civilización occidental dos nosos días.

3.1. Enumera e explica algúns exemplos concretos nos que se pon de manifesto a influencia que o mundo clásico tivo na historia e nas tradicións do noso país.

4. Realizar traballos de investigación sobre a permanencia da civilización clásica no contorno, utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación. 4.1. Utiliza as Tecnoloxías da Información e a Comunicación para solicitar informacióne realizar traballos de investigación acerca da presenza da civilización clásica na nosacultura.

Criterios de cualificación

Para avaliar ao alumno teránse en conta, dacordo có carácter da ESO, tanto os coñecementos e competencias básicas acadados (por medio de probas-exame periódicas) como a asistencia diaria a clase e o traballo diario (que evaluarase coa elaboración dunha libreta de clase con actividades e exercicios), a presentación de pequenos traballos de investigación de carácter individual ou grupal, a realización de follas sobre actividades en páxinas web de cultura clásica , a participación en actividades e, sobre todo, a actitude positiva de respecto e tolerancia cara a asignatura e cara os propios compañeiros. Tendo en conta todos estos aspectos e as características específicas dos alumnos, levaráse a cabo unha avaliación contínua. A porcentaxe da cada avaliación será: exámenes escritos das diferentes unidades didácticas(40%), traballo de investigación individual ou grupal para expor na clase , traballo diario na aula e na casa e actitude e participación na clase (60%).Se un alumno suspende unha avaliación, deberá entregar as tarefas e traballos pendentes e, se o profesor considera que a actitude e traballo ten mellorado moito na seguinte avaliación,poderá recuperar a avaliación suspensa sen realizar unha proba escrita.

2.2 ÁREA: Latín CURSO: 4º ESO

2.2.0 INTRODUCCIÓN :

Tal e como sinala o DCB da materia o obxectivo primordial que se persegue é iniciar un estudo básico da lingua que é nexo e está na orixe do amplo grupo das linguas romances e coñecer os aspectos máis relevantes da sociedade e a cultura romanas para poder relacionalos cos do mundo actual. A intención é evidente: en primeiro lugar, servirse do latín para un coñecemento máis profundo das linguas do noso entorno, adquirir unha maior

Page 12: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

competencia en todos os campos da lingüística e comenzar o estudo sistemático dunha linguaclásica; en segundo lugar, adentrarse no estudo dunha sociedade antiga, pero intimamente vencellada á nosa, co fin de coñecela en si mesma, pero tamén., e sobre todo, poder interpretar o mundo actual dunha forma máis informada e crítica.

O estudo da lingua, máis práctico e difícil, deberá contar cunha adicación de tempo e recursos meirandes que os adicados á parte non lingüística. En todo caso, e seguindo os criterios do DCB, ese estudo deberá seguir os criterios do método inductivocontextual, no que a inmersión en textos e a súa comprensión deberá preceder á deducción e estudo sistemático das regras da lingua.

2.2.1 OBXECTIVOS

� Comprender textos latinos en contextos onde o sentido sexa facilmente deducible.

� Identificar e relacionar elementos morfolóxicos, sintácticos e léxicos da lingua

latina.

� Mellorar a lectura comprensiva e a expresión oral e escrita mediante o coñecemento do vocabulario e as estruturas gramaticais latinas.

� Coñecer a orixe e evolución das linguas romances para valorar os trazos comúns e a diversidade lingüística.

� Utilizar as regras fundamentais de evolución fonética do latín ás linguas romances e identificar palabras patrimoniais, cultismos e expresións latinas en diferentes contextoslingüísticos.

� Coñecer os aspectos relevantes da cultura e a civilización romanas, utilizando diversas fontes de información e diferentes soportes.

� Coñecer os xéneros literarios latinos máis importantes.

2.2.2 CONTIDOS: SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN:Tendo en conta os catro bloques nos que está distribuída a materia –a lingua, os textos latinos e a súa interpretación, o léxico latino e a súa evolución e Roma e o seu legado- facemos a seguinte distribución temporal, pero que os alumnos sigan a marcha marcada nesta programación non é algo que nos obsesione. O que é realmente importante e avanzar só cando a meirande parte do grupo teña ben consolidados os coñecementos.

Este Departamento considera esenciais os temas histórico-literarios, pero non sacrificará os contidos lingüísticos básicos para explicar cuestións que os alumnos poden preparar conlecturas,traballos de investigación, estudio persoal ou outras actividades fóra do horario lectivo.

1ª AVALIACIÓN:

• A lingua latina, orixe e continuidade. O alfabeto latino

Page 13: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

• Mare Nostrum. Italia.

• O mundo romano: os grandes períodos; as grandes datas.

• O xénero e o número. Primeira e segunda declinación.

• Tema de presente en indicativo do verbo SUM. As conxugacións: tema de presente (indicativo e imperativo). Primeiras nocións de voz pasiva.

2º AVALIACIÓN:

• Preposicións máis usuais. Adverbios, pronomes e adxectivos interrogativos e demostrativos. Adxectivos. Primeira clase.

• A relixión en Roma

• Terceira declinación. Parisílabos e imparisílabos

• Adxectivos da terceira declinación.

3ª AVALIACIÓN:

• Comparativos. Declinacións cuarta e quinta.

• Infinitivos e participios activos e pasivos. Morfoloxía e principais usos.

• A literatura romana; visión de conxunto. As institucións políticas.

• A familia. O matrimonio. A educación. A vivenda.

• Tema de perfecto. Verbo SUM; as catro conxugacións. Adverbios. Os compostos de SUM. Os verbos compostos.

2.2.3 METODOLOXÍA

O enfoque neste curso será esencialmente introdutorio deixando o estudo sistemático da morfo- sintaxe para os cursos seguintes. Os contidos lingüísticos do terceiro trimestre inclúense de forma indicativa: só se tratarán se o grupo é capaz de asimilar os anteriores. Encaso contrario, quedarán para o curso seguinte. En canto os contidos culturais non poderán todos ser tratados na clase: han ser os alumnos quen manifesten interese por alguns deles;uns trataranse na aula, outros en traballos individuais ou colectivos e outros, simplemente, quedarán pendentes.

Por último, hai que dicir que o traballo en clase será intenso e esencialmente práctico. . Finalmente, as prácticas faranse sobre textos latinos, polo que comezaremos dende o primeiro momento a traballar a comprensión. A consecuencia será un estudo intenso do vocabulario e a posibilidade real de aproximarnos as cuestións de cultura a través dos textos.

A metodoloxía é inductiva e eminemtemente práctica. Antes de empezar a ler un novo capítulo, os alumnos deben estudar a ilustración que o encabeza ou o mapa que aparece na primeira páxina. Isto pode levar a un breve debate na lingua materna sobre aspectos

Page 14: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

culturais coa axuda do profesor. Na presentación do texto concreto ha de procurarse o emprego gradual do latín por parte do profesor. A finalidade é acostumar aos alumnos dende o principio a ler e entender o texto latino en latín, O profesor empeza por ler unhas líneas en voz alta, facendo que a clase repita cada frase. Cando os alumnos escoiten e repitan as frases, deberán ter os libros abertos ante sí, de modo que poidan ver a palabra escrita ao mesmo tempo que len e repiten.Os aspectos gramaticais se explicarán en galego ou castelán seguindo as indicacións do Manual do alumno LATINE DISCO. Cando isto se leve á práctica, a formulación de regras deberase deixar preferiblemente aos propios estudantes, despois de ter vistos varios exemplos das formas gramaticais funcionando no seu contexto.

2.2.4 AVALIACIÓN

Criterios de avaliación

1. Identificar en textos traducidos de autores clásicos e en textos modernos, despois de resumilos, aspectos históricos ou culturais.

2. Distinguir nas diversas manifestacións literarias e artísticas de todos os tempos a mitoloxía clásica como fonte de inspiración e recoñecer no patrimonio arqueolóxico as pegadas da romanización.

3. Aplicar as regras básicas de evolución fonética a étimos latinos que dean orixe a termos romances do vocabulario habitual e establecer a relación semántica entre un termo patrimonial e un cultismo.

4. Identificar compoñentes de orixe grecolatina en palabras da linguaxe cotiá e no vocabulario específico das ciencias e da técnica, e explicar o seu sentido etimolóxico.

5. Recoñecer latinismos e locucións usuais de orixe latina incorporadas ás linguas coñecidas polo alumno e explicar o seu significado en expresións orais e escritas.

6. Recoñecer os elementos morfolóxicos e as estruturas sintácticas elementais da lingua latina e comparalos cos da propia lingua.

7. Traducir textos breves e sinxelos e producir mediante retroversión oracións simples utilizando as estruturas propias da lingua latina.

8. Manexar recursos que lle permitan elaborar, guiado polo profesor, un traballo temático sinxelo sobre calquera aspecto da produción artística e técnica, a historia, as institucións, ou a vida cotiá en Roma.

Criterios de cualificación

O resultado das probas parciais de avaliación será promediado nun 60% ; a a realización de exercicios diarios na casa e na aula , a asistencia regular a clase e participación positiva e activa e a realización e exposición de traballos promediará o 40%.

É condición indispensable que o alumno asista con regularidade a clase e realice tanto na

Page 15: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

casa como na aula cantas actividades se plantexen por parte do profesor, e moi especialmente os exercitia. e pēnsa, por escrito e orais. En consecuencia, o alumno con un elevado número de faltas inxustificadas de asistencia ou cun índice significativo de tarefas non realizadas será calificado negativamente, ao marxe dos resultados obtidos nas probas parciais que se leven a cabo con carácter periódico ao longo do curso.

Non será necesario facer probas de recuperación. Bastará con mostrar melloría no traballo diario, recuperar os traballos atrasados e superar as seguintes probas escritas. Non obstante, se os alumnos o solicitan, faremos probas de recuperación. Aprobar os exercicios de tradución nunha avaliación implica automaticamente a recuperación desa parte da asignatura se non se superou nas avaliacións precedentes. Para recuperar os outros apartados haberá que repetir a parte correspondente do exame e/ou poñerse ao día cos traballos, lecturas e libreta de clase.

2.3. ÁREA:Latín CURSO: 1º Bacharelato

2.3.0 INTRODUCCIÓN:

A materia de Latín no Bacharelato aporta as bases lingüísticas, históricas e culturais precisas para entender aspectos esenciais da civilización occidental; permite unha reflexión profunda sobre as linguas galega e castelá e contribúe eficazmente á aprendizaxe das linguas modernas de orixe romance, ou doutras influídas polo latín. Connstitúe tamén un alto valor formativo como instrumento de estructuración mental para os alumnos que optaron por unha especialización no campo das humanidades ou ciencias sociais. A coincidencia do seu estudo coa lingua grega, ao tempo que invita a un tratamento coordinado, permite comprender a estructura flexiva das duas linguas clásicas, tan ricas en contido e tan fecundas na súa contribución ás linguas modernas.

2.3.1 OBXECTIVOS

� Identificar as principais realizacións e feitos históricos do pobo romano e comprobar as distintas formas nas que o legado romano evidencia a súa presencia no mundo de hoxe.

� Recoñecer os elementos da herdanza latina que permanecen no mundo actual e consideralos como unha das claves para a súa interpretación

� Valorar as aportacións do clásico como elemento inteqrador de diferentes corrientes de pensamento e actitudes que conforman o ámbito cultural europeo ó que o alumno pertence.

� Recoñecer a influencia da historia e o legado de Roma na conformación política, social e cultural dos pobos e nacións de Europa, fomentando así actitudes de tolerancia e respecto hacia outros pobos.

� Desenrolar o sentimento de pertenenza á unidade política social e cultural que é

Page 16: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

Europa, base do mundo latino, con actitudes de tolerancia e respecto cara aos seus distintos pobos e os de outras zonas do mundo.

� Identificar os elementos léxicos e os principais procedementos de composición e derivación do latín.

� Recoñecer os elementos léxicos da herdanza latina que permanecen nas linguas romances faladas polo alumno.

� Identificar os principais cambios na evolución do léxico latino ás linguas romances de España, contribuindo así a un mellor coñecemento e aprecio das linguas por parte dos alumnos.

� Reflexionar sobre os elementos fundamentais que constituen as linguas e sus influencias mutuas no espacio e no tempo, recoñecendo as relacións existentes entre as estructuras da lingua latina e as de outras linguas que derivan o foron influidas por ela e recoñecendo componentes significativos desta herdanza

� Identificar e valorar as principais aportacións da lingua latina como instrumento transmisor da cultura.

� Analizar e interpretar textos diversos, traducidos e orixinais mediante unha lectura comprensiva e analizando a estructura, o pensamento e a ideoloxía que se reflexa, con unha actitude crítica ante o mundo latino e o mundo actual.

2.3.2 DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE

1. COMPETENCIA COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA: ésta é a que terá máis peso na materia Latín, xa que o estudo da lingua, da súa orixe e evolución, do seu funcionamento interno, do seu léxico e dos seus textos ha redundar nun maior coñecemneto e dominio das linguas propias.

2. COMPETENCIA APRENDER A APRENDER: a análise morfosintáctica e tradución é unimportante exercicio intelectual e estimula a memoria, a lóxica de ensamento e os hábitos de disciplina no estudo, mellorando o razoamento e impulsando esta competencia.

Page 17: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

3. COMPETENCIA MATEMÁTICA E CIENCIA E TECNOLOXÍA: poden traballarse estas competencias nos temas de cultura e civilización e nas epígrafes referidas á localización xeográfica e temporal.

4. COMPETENCIA DIXITAL: a procura de información na rede, a súa selección crítica e a súa utilización nun proceso guiado polo profesor servirá para realizar traballos en grupo e producir novos materiais para compartir.

5. COMPETENCIAS SOCIAIS E CÍVICAS: poden traballarse nos bloques referidos á civilización. A vida no mundo latino préstase á valoración e comparación có mundo actual, salientando semellanzas e diferenzas, e fomentando un xuicio crítico da realidade.

6. COMPETENCIA EN CONCIENCIA E EXPRESIÓN CULTURAL: aparece no estudo da literatura latina, a arte, festas e espectáculos, manifestacións relixiosas e deportivas. Coñecer e valorar todas estas manifestacións lévanos a consideralas comoparte do patrimonio dos pobos e apreciar especialmente as que están no noso contorno.

7. COMPETENCIA INICIATIVA E ESPÍRITU EMPRENDEDOR: para aproveitar a metodoloxía de traballo en grupo de xeito proactivo e responsable en traballos culturais e artísticos.

2.3.3 ORGANIZACIÓN E SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS

1ª AVALIACIÓN (CAPITULA I- XII )

- Orixes e evolución do latín. O indoeuropeo e as linguas romances. O alfabeto latino: pronunciación e acentuación. Breve historia da lingua : latín arcaico, clásico e vulgar.

- Sistema nominal:introducción ós casos e as duas primeiras declinacións. O adxectivo: a primeira clase regular. O locativo e as principais preposicións de lugar. Os números romanos. Sistema pronominal: pronomes interrogativos e demostrativos hic haec hoc.- Sistema pronominal: demostrativos, posesivos, personais e anafóricos. Pronome relativo qui quae quod. Numerais: ordinais e cardinais.

- Sistema verbal: introducción ó verbo latino e estudio do tema de infectum (presente) en voz activa e pasiva no modo indicativo e imperativo das catro conxugacións e o verbo sum e eo.- Sintaxe oracional: Oracións simples e compostas: coordinación. Oracións interrogativas e pasivas.- Iniciación nas técnicas de traducción e comentario de texto. Aprendizaxe do léxicolatino: fundamentalmente léxico transparente e principais prefixos e sufixos.

- Legado de Roma: localización xeográfica e temporal. Orige lexendaria de Roma: Sinopse histórica do mundo romano do século VIII a.C. ó VI d.C: Monarquía. República. Imperio.- A familia romana.Escravitude. A casa romana: domus e viila. As vias romanas: as viaxes.

Page 18: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

2ª AVALIACIÓN (CAPITULA XI I-XV II )

- Sistema nominal: a terceira, cuarta e quinta declinacións. Adxectivos da 2ª clase. Graos do adxectivo: comparativo e superlativo.

- Sintaxe dos casos. Uso das preposicións máis frecuentes. O dativo posesivo.- Sistema verbal: O participio e o infinitivo: formación e sintaxe : usos principais.- Sintaxe oracional: oracions de relativo, oracions pasivas, oracions de infinitivo e de participio.- Análise morfosintáctica. Comparación de estructuras entre o latín, galego e castelán. - Nocións básicas da evolución fonética,morfolóxica e semántica do latín ás linguas hispánicas.- Léxico do corpo humano, o parentesco, os animais e a vexetación e o exército.- Legado: O cómputo do tempo: anos, meses, días da semana, estacións. Aspectos máis relevantes da vida cotiá en Roma: os tria nomina, o matrimonio, os fillos, a educación e o ocio. O exército romano e a súa evolución.

3ª AVALIACIÓN (CAPITULA XVI I -XXII)

- Sistema verbal: imperfecto, futuro e pretérito perfecto activo e pasivo das tres conxugacións. Verbos irregulares: fero, eo e compostos de sum. Verbos deponentes.- Sintaxe oracional: oracions de comparativos. Subordinación e xustaposición. Conxuncións subordinadas máis frecuentes: Usos de cum, ut , quod e ne.- Lectura comprensiva de fragmentos traducidos con comentario do seu contexto histórico, social e cultural.- Palabras patrimoniais e cultismos. Expresións latinas incorporadas á linguaxe habitual.- Legado: Urbanismo na cidade: edificios públicos e privados. A relixión romana. - A conquista de Hispania: romanización. Pervivencia de Roma na Europa actual. O latín e a tradición clásica en Occidente.

2.3.4 METODOLOXÍA

A metodoloxía é inductiva e eminemtemente práctica. Antes de empezar a ler un novo capítulo, os alumnos deben estudar a ilustración que o encabeza ou o mapa que aparece na primeira páxina. Isto pode levar a un breve debate na lingua materna sobre aspectos culturais coa axuda do profesor. Na presentación do texto concreto ha de procurarse o emprego gradual do latín por parte do profesor. A finalidade é acostumar aos alumnos dende o principio a ler e entender o texto latino en latín, O profesor empeza por ler unhas líneas en voz alta, facendo que a clase repita cada frase. Cando os alumnos escoiten e repitan as frases, deberán ter os libros abertos ante sí, de modo que poidan ver a palabra escrita ao mesmo tempo que len e repiten.Os aspectos gramaticais se explicarán en galego ou castelán seguindo as indicacións do Manual do alumno LATINE DISCO. Cando isto se leve á práctica, a formulación de regras deberase deixar preferiblemente aos propios

Page 19: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

estudantes, despois de ter vistos varios exemplos das formas gramaticais funcionando no seu contexto.

Un problema moi importante se plantexa cando hai alumnos que estudaron latín en 4º ESO e alumnos que non teñen coñecementos previos por non ter cursasda a materia., que ten relación fundamentalmente cun problema de tipo metodolóxico e de adquisición de coñecementos previos, subsanarase en parte grazas aos “pontes” previstos para ámbolos dous niveis (inicial e avanzado)na PROGRAMACIÓN DE AULA, e que permiten, no caso de que o grupo de alumnos que continúan desde 4º de ESO sexa maioritario, que o resto se incorpore a partir dun número mínimo de capítulos (IX-XIII), o que suporía na práctica que FAMILIA ROMANA podería concluirse neste primer ano.

2.3.5 PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

Métodos e procedementos:

A avaliación do proceso de aprendizaxe dos alumnos debe levarse a cabo por medio dosseguintes instrumentos:- Observación do traballo diario por medio de intervencións na aula, control de asistencia e puntualidade, valoración da actitude e traballo na casa. Deste xeito o profesor observará as dificultades, os avances ou os erros máis frecuentes dos alumnos e poderá atendelos axeitadamente.- Probas específicas: probas escritas ou orais, probas sen previo aviso e probas fixadas .– Realización de tarefas puntuais: É importante que o alumno se achegue á literatura clásica

directamente, así como que controle os mecanismos para facer traballos de investigación. Isto só é posible fóra das horas lectivas. Valorarase:- a puntualidade na data de entrega prevista.- a presentación do traballo.- a comprensión e síntese do tema motivo do traballo.- a elaboración persoal.- a exposición oral.

Criterios de avaliación:

• Identificar en textos latinos sinxelos elementos básicos da morfoloxía regular e da sintaxe da oración, apreciando variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas, especialmente o galego e o castelán.E

• Comprender e ser capaz dr traducir textos latinos breves e sinxelos, orixinais, adaptados ou elaborados, coa maior fidelidade posible.

• Producir frases sinxelas escritas en latín mediante retroversión utilizando as estructuras propias da lingua latina.

Page 20: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

• Ler e comentar o contido de textos traducidos de diversos xéneros ou referentes ao mundo romano e distinguir aspectos históricos e culturais neles.

• Recoñecer no léxico das linguas faladas no territorio español palabras de orixe latino e analizar a súa evolución fonética, morfolóxica e semántica, así como deducir regras básicas de derivación e composición.

• Identificar os aspectos máis importantes da historia do pobo romano e da súa presenza no noso país e recoñecer as pegadas da cultura romana en diversos aspectos da civilización actual.

• Planificar e realizar, coa axuda do profesor, algún traballo de investigación sobre a presenza do mundo romano no contorno, consultando as fontes directas e utilizando asTIC para a organización e comunicación dos resultados.

• Comentar narracións didácticas, novelas históricas, bandas deseñadas ou películas documentais e de ficción relativas ao mundo romano.

Estándares de aprendizaxe

1. Localiza nun mapa o marco xeográfico do mundo romano e a súa expansión.2. Explica a orixe da lingua latina relacionada có indoeuropeo e localiza nun mapa as

distintas familias indoeuropeas3. Coñece as etapas da evolución do latín e coñece as linguas románicas , situándoas nun

mapa.4. Explica a orixe do alfabeto latino desde o fenicio pasndo polo etrusco e o grego.5. Distingue palabras variables e invariables e enuncia correctamente palabras latinas6. Declina palabras concordadas e analiza morfolóxicamente susbstantivos e adxectivos.7. Conxuga tempos verbais en voz activa e pasiva correctamente.8. Analiza morfolóxicamente e traduce correctamente formas verbais e nominais.9. Analiza morfolóxica e sintácticamente frases e textos sinxelos e tradúceos.10. Analiza correctamente casos e funcións.11. Compara e clasifica diferentes tipos de oracións simples e compostas.12. Identifica as funcións do infinitivo e participio e sabe traducilos correctamente.13. Distingue as etapas da historia de Roma e coñece os feitos máis importantes.14. Describe as clases sociais e os membros da familia, comparando coa actualidade.15. Coñece os principais deuses e prácticas relixiosas e culturais en Roma. 16. Analiza e traduce textos de dificultade adecuada17. Identifica e distingue en palabras propostas os seus formantes e pode relacionar o

significado co étimo latino. 18. Coñece os principais latinismos e aforismos latinos e sabe utiliza-los19. Entende a importancia do latín na nosa cultura.20. Busca información e contrasta fontes na realización dun traballo de investigación.

C riterios de c u alificación

Se realizarán, ao menos, duas probas por trimestre para comprobar a consolidación e

Page 21: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

asimilación satisfactoria dos contidos arriba indicados

O resultado das probas parciais da avaliación será promediado nun 60% para incluir como criterios puntuables de forma positiva (40%) tanto a realización de exercicios diarios propostos para casa e clase como a asistencia regular á asignatura e a elaboración de pequenos traballos individuais ou grupais.

É condición indispensable que os alumnos e alumnas asistan con regularidade a clase e realicen tanto na casa como na aula cantas actividades se plantexen, especialmente os exercitia e pēnsa, por escrito e orais. En consecuencia, un alumno cun elevado número de faltas inxustificadas de asistencia o con un índice significativo de tarefas non realizadas será calificado negativamente, ao marxe dos resultados obtidos nas probas parciais que se realicen con carácter periódico ao longo do curso.

A avaliación será continua (abarcará sempre os obxectivos, coñecementos e actitudes ó longo de todala avaliación e aprobar unha avaliación implica aproba-las anteriores, - sempre que se recuperen os traballos e tarefas non feitas en avaliacións anteriores - pois en cada avaliación entra a materia das avaliacions anteriores).

2.4 ÁREA: Latín CURSO: 2º Bacharelato

2.4.1 OBXECTIVOS

� Identificar e valorar as principais aportacións da cultura romana e da súa lingua como instrumento transmisor.

� Valorar as contribucións do clásico como elemento integrador de diferentes correntes de pensamento e actitudes (éticas e estéticas) que conforman o ámbito cultural europeo.

� Identificar os principais aspectos e realizacións culturais de Roma, prestando especial atención á literatura, ó dereito e ás artes, e recoñecer os elementos desa herdanza latina que permanece no mundo e cultura actuais e consideralos unha das claves para a súa interpretación.

� Desenrolar o sentimento de pertenenza á unidade cultural que é Europa, en cuxa baseestá o mundo latino, con actitudes de tolerancia e respecto hacia os seus distintos pobos e hacia os doutras zonas do mundo.

� Identificar a orixe latina do acervo léxico das linguas romances faladas polo alumno, así como os principais procedementos de composición e derivación do latín e a súa pervivencia nas linguas romances.

� Coñecer e utilizar os aspectos fonéticos, morfolóxicos, sintácticos e léxicos da lingualatina, aplicándoos correctamente na interpretación e traducción de textos orixinais latinos.

Page 22: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

� Reflexionar sobre os elementos fundamentais que constituen as linguas e as suas influencias mutuas, recoñecendo as relacións existentes entre as estructuras da lingua latina e as doutras linguas que derivan ou ten sido profundamente influidas por ela, ademáis de compoñentes significativos de esta herdanza, contribuindo con ilo a ordenar os conceptos lingüísticos propios do alumnado.

� Analizar e interpretar textos diversos, traducidos e orixinais, mediante unha lectura comprensiva, distinguindo os xéneros literarios, as suas características esenciais e evolución, e analisando a estructura lingüística, o pensamento e a ideoloxía que nelos se reflexan, cunha actitude crítica ante o mundo latino e o mundo actual.

2.4.2 CONTIDOS: SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN

1ªAVALIACIÓN:

Sistema nominal: revisión e ampliación das cinco declinacions. Funcións dos casos.

Sistema adxectival e pronominal: revisión e ampliación .Irregularidades.

Sistema verbal: revisión e ampliación do verbo regular. A negación en latín. Verbos irregulares e defectivos.

Léxico: composición e derivación. Palabras patrimoniais e cultismos. Latinismos.

Evolución das vocales átonas e tónicas e dos diptongos.

Afondamento nas técnicas e na práctica da traducción e do comentario de textos.

Xéneros literarios: Épica. Poesía didáctica e fábula.. Poesía dramática: traxedia e comedia.

2ªAVALIACIÓN

Sistema verbal: formas nominais do verbo: infinitivo, participio, xerundio, xerundivo

e supino. Verbos defectivos e impersonais. Verbos deponentes.

Sintaxe oracional: oración composta: coordinación e subordinación. Oracions de infinitivo e participio. Oracions de relativo.

Léxico: derivación e composición. Expresions incorporadas á linguaxe culta. Evolución de consoantes simples e de grupos consoanticos.

Xéneros literarios: Poesía lírica e amorosa. Sátira e epigrama. Prosa: novela e historiografía.Oratoria e retórica.

Características formais dos diferentes xéneros literarios: épica, lírica, teatro, oratoria e historiografía.

3° AVALIACIÓN:

Page 23: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

Sintaxe oracional: oracions interrogativas. Oracions subordinadas : substantivas, adxectivase adverbiais : principais conxuncións e usos. Estilo indirecto.

Léxico: derivación e composición. Expresions e latinismos. Evolución de grupos consoanticos en posición interior, de grupos consoanticos con iod e secundarios.

Xéneros literarios: Epistolar. Filosofía. Prosa técnica.

Legado de Roma en Hispania, e máis concretamente en Galicia. A romanización: vestixios nos restos arqueolóxicos e museos.

Traducción de fábulas de Fedro e textos históricos de Eutropio

2.4.3 METODOLOXÍA

O segundo curso serve de ampliación e afondamento, con especial insistencia na literatura. Neste nivel os textos deben ser de maior complexidade en prosa ou en verso (Salustio, Cicerón, Virxilio, Catulo, Ovidio, Marcial, etc.). Recorrerase a boas traduccións para autores de maior dificultade formal.

Faise imprescindible insistir na relación entre contidos lingüísticos e culturais. Relacionaranse a civilización romana, especialmente a súa literatura, e a súa presencia no mundo actual .Poderase recorrer a outras fontes e realizar actividades complementarias fóra da aula para que o alumno elabore traballos . O profesor iniciará ó alumnado nas técnicas de uso do diccionario latino. Tratase, esencialmente, de que os alumnos asimilen a lingua latina e a súa Literatura, así como o legado de Roma ás linguas e culturas contemporaneas, e mellorar a súa formación en duas vías: proporcionando un mellor uso da súa propia lingua e unha máis axeitada interpretación das claves e valores do mundo contemporaneo.

O comentario de texto irá, sempre que sexa posible, acompañado de material audiovisual: mapas, gráficos, diapositivas, vídeos, etc. O estudo dos aspectos lingüísticos e culturais debe ser simultáneo. A asimilación dos contidos lingüísticos e culturais terá o doble obxectivo de comprender a sociedade e cultura romanas e coñecer a súa pervivencia no mundo occidental.

A partir do segundo trimestre traduciremos o Breviario de Eutropio e as Fábulas de Fedro case exclusivamente, dado que son os autores a traducir na Selectividade.

Os temas de literatura, toponimia galega, laforismos e sufixos serán preferentes na programación.As traduccións serán con diccionario ( a análise sintáctica servirá para axudar na estructura e comprensión do texto)

2.4.4 AVALIACIÓN

Criterios de avaliación

✔ Identificar en textos latinos complexos, orixinais ou elaborados, os elementos

Page 24: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

básicos da morfoloxía regular e irregular e da sintaxe da frase, apreciando discrepancias e coincidencias coas outras linguas coñecidas.

✔ Resumir oralmente ou por escrito o contido de textos latinos, preferentemente narrativos, e delimita-las súas partes.

✔ Coa axuda do diccionario, pasar á lingua materna coa maior fidelidade posible textos latinos, facilitados ou elaborados, narrativos e poéticos de certa complexidade e facer unha análise morfosintáctica dos textos.

✔ Coñecer os principais autores e obras da literatura latina.

✔ Saber utilizar os latinismos con propiedade e coñecer a orixe dos topónimos galegos.

✔ Recoñecer no léxico do galego e do castelán palabras de orixe latina e analizara súa evolución fonética, morfolóxica e semántica, e deducir regras básicas de derivación e composición.

✔ Identifica-los aspectos máis importantes da historia do pobo romano e da súa presencia no noso país e recoñece-las pegadas da cultura romana en diversos aspectos da civilización actual.

✔ Planificar e realizar, coa axuda do profesor, algún traballo temático elemental sobre o sinal da romanización no contorno próximo ó alumno, recorrendo á indagación directa (restos arqueolóxicos, textos antigos, etc.) e á consulta de información complementaria, e comunicar de forma coherente e organizada os resultados .

Criterios de cualificación:

Ademáis da observación directa do traballo diario na clase e a realización de traballos individuais e/ou grupais ó remate final de cada unidade temática faranse probas orais ou escritas có fin de analizar a consecución dos obxectivos propostos. Estas probas, como é lóxico, deberán ter en conta os obxectivos e contidos indicados.

Teráse en conta tanto a parte lingüística (morfoloxía e sintaxe, léxico e traducción) como acultural (restos arqueoloxicos, manifestacións artísticas, historias, costumes, institucións…),seguindo as directrices das PPAU .

A avaliación será continua (abarcará sempre os obxectivos, coñecementos e actitudes ó longo de todala avaliación e aprobar unha avaliación implica aproba-las anteriores no aspecto gramatical; a parte de literatura , aforismos, topónimos e lecturas deberá ser recuperada para acadar o aprobado.

2.5 ÁREA: Grego CURSO: 1º Bacharelato

2.5.0 INTRODUCCIÓN:

Seguindo as pautas marcadas polo DCB, a programación que aquí presentamos servirá de

Page 25: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

marco para explicacións básicas de lingua e cultura gregas, sempre orientadas, na medida do posible, á mellor comprensión do noso mundo circundante.

O carácter bicéfalo da materia (lingua e cultura), convirten nun serio problema tanto o desenvolvemento lineal do programa coma a distribución do tempo dispoñible. De acordo cos obxectivos marcados polo DCB basearemos tódalas explicacións teóricas en actividades prácticas.

Ao comezo do curso, e antes de principiar as explicacións lingüísticas, o profesor deberá tratar de motivar aos alumnos con charlas doadas acerca do que van atopar. Durante o cursoe antes de cada unidade temática, haberá que intentar motivar aos alumnos introducíndoos nos aspectos do grego que sobreviviron noutras culturas.

2.5.1 OBXECTIVOS

� Aproximación ó mundo histórico, cultural, relixioso, político, filosófico, científico, etc. da antigüedade grega, a través da súa lingua e manifestacións artísticas.

� Coñecer e comprender o significado dos principais temas cotiáns que conforman a vida individual e social dos antigos gregos a partir de textos e representacións plásticas e relacionar estes temas co mundo actual.

� Achegarse aos principais mitos gregos e á súa pervivencia.

� Coñecer e usar os principais elementos fonéticos, morfolóxicos, sintácticos do grego.

� Dominar un vocabulario básico que permita acceder a textos clásicos e identificar os helenismos do vocabulario actual.

� Aplicar correctamente as normas fundamentais da transcrición.

� Coñecer e utiliza-los fundamentos morfolóxicos, sintácticos e léxicos da lingua grega e iniciarse na interpretación e traducción de textos de complexidade progresiva.

� Coñecer a cultura e a civilización grega a partir das testemuñas literarias e artísticas para unha mellor comprensión do pensamento político, social e cultural de Occidente.

� Coñecer e manexar bibliografía adecuada aos temas culturais.

� Utilizar de maneira crítica fontes de información variadas, obtendo delas datosrelevantes para o coñecemento da lingua e a cultura estudadas.

2.5.2 DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE

Page 26: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

• COMPETENCIA COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA: ésta é a que terá máis peso na materia Grego, xa que o estudo da lingua, da súa orixe e evolución, do seu funcionamento interno, do seu léxico e dos seus textos ha redundar nun maior coñecemneto e dominio das linguas propias.

• COMPETENCIA APRENDER A APRENDER: a análise morfosintáctica e tradución é unimportante exercicio intelectual e estimula a memoria, a lóxica de ensamento e os hábitos de disciplina no estudo, mellorando o razoamento e impulsando esta competencia.

• COMPETENCIA MATEMÁTICA E CIENCIA E TECNOLOXÍA: poden traballarse estas competencias nos temas de cultura e civilización e nas epígrafes referidas á localización xeográfica e temporal.

• COMPETENCIA DIXITAL: a procura de información na rede, a súa selección crítica e a súa utilización nun proceso guiado polo profesor servirá para realizar traballos en grupo e producir novos materiais para compartir.

• COMPETENCIAS SOCIAIS E CÍVICAS: poden traballarse nos bloques referidos á civilización. A vida no mundo grego préstase á valoración e comparación có mundo actual, salientando semellanzas e diferenzas, e fomentando un xuicio crítico da realidade.

• COMPETENCIA EN CONCIENCIA E EXPRESIÓN CULTURAL: aparece no estudo da literatura grega, a arte, festas e espectáculos, manifestacións relixiosas e deportivas. Coñecer e valorar todas estas manifestacións lévanos a consideralas comoparte do patrimonio dos pobos e apreciar especialmente as que están no nosos contorno.

• COMPETENCIA INICIATIVA E ESPÍRITU EMPRENDEDOR: para aproveitar a metodoloxía de traballo en grupo de xeito proactivo e responsable en traballos culturais e artísticos.

2.5.3 CONTIDOS SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN

1ª AVALIACIÓN:

- Xeografía de Grecia: Peninsular, insular, minorasiática. Prehistoria de Grecia: as migracións indoeuropeas. A época micénica. E a época heroica

- Introdución á fonética. O alfabeto.Pronunciación, equivalencias e transcripción.

- A declinación en grego: o artigo;masculinos e femininos das duas primeiras declinacións. Adxectivos da primeira clase.

- O verbo: descripción do sistema verbal grego; o presente e o imperativo en voz activa.

- A épica grega.A vida pública. A muller.

2ª AVALIACI ÓN

– Adxectivos do segundo e terceiro grupo. Sustantivos da terceira declinación.

– Graos do adxectivo: Comparativos e superlativos.

Page 27: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

– Pronomes persoais, posesivos, demostrativos, reflexivos.

– A voz media e a voz pasiva.. Infinitivo e participio.

– O pronome relativo; subordinadas de relativo.

– Verbos contractos.

– A época Arcaica (s. VII-VI a.C.) . A literatura, a arte e o pensamento do período.

– A época clásica: Historia, teatro, literatura, arte, filosofía, a Atenas de Pericles, o enfrontamento entre Atenas e Esparta, a vida cotiá no período, e todos outros aqueles aspectos que os alumnos consideren do seu interese.

3ª AVALIACIÓN:

– A época helenística e a época imperial. A súa historia, as súas manifestacións

artísticas e culturais, a súa literatura, a súa sociedade.

– Nesta avaliación adicaremos un tempo especial a todas aquelas cuestións que por algunha razón non tiveran cabida no seu momento, así coma aspectos concretos da

cultura clásica que quedaran fóra das avaliacións precedentes.

– O aumento e a reduplicación.Imperfecto e aoristo. Verbos atemáticos.

– Verbos irregulares. Verbos impersonales

– Usos de los cassos e principais estructuras sintàcticas.

2.5.3 METODOLOXÍA

Esta materia concíbese nos dous cursos de Bacharelato como unha introducción xeral á lingua grega antiga, máis concretamente ó ático clásico dos séculos V-IV a. C., a través de textos orixinais -aínda que durante o primeiro curso precisarán retoques que os fagan accesibles-. A lingua será o vehículo privilexiado de acceso ós contidos culturais,literarios,relixiosos, históricos, polo que na súa aprendizaxe considerarase prioritaria non só a morfoloxía, senón a formación e derivación de palabras, a sintaxe e o léxico.

Tales obxectivos enténdense referidos ós dous cursos: o primeiro deberá ser introductorio; o segundo, de afondamento e ampliación.Parece conveniente que a aprendizaxe se faga desde o primeiro momento sobre textos gregos de complexidade progresiva, organizados por unidades temáticas de modo que se presten ó comentario non só lingüístico senón tamén histórico-cultural. Tales textos han de permitir a aprendizaxe simultánea da flexión, a sintaxe, a formación de palabras e o vocabulario.A practica diaria da análise sintáctica e a traducción son imprescindibles para acadar unha fluidez mínima no análise e traducción do texto. Desaconséllase o uso do diccionariodurante o primeiro curso, para que o alumno se habitúe á análise gramatical previa e, pormedio da comparación con helenismos da súa lingua, consolide un vocabulario grego de uso frecuente. O profesor sinalará lecturas de obras literarias gregas traducidas para clase.

Page 28: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

É importante sinalar que este Departamento considera esencial o estudo do vocabulario grego e a súa supervivencia nas línguas do entorno do alumno, por isto éste deberá pór un especial interese no estudo do mesmo. En todas as probas escritas haberá cuestións relativas a vocabulario e etimoloxía que o alumno deberá responder inexcusablemente de forma correcta.

2.5.4. AVALIACIÓN

Métodos e procedementos:

A avaliación do proceso de aprendizaxe dos alumnos debe levarse a cabo por medio dosseguintes instrumentos:- Observación do traballo diario por medio de intervencións na aula, control de asistencia e puntualidade, valoración da actitude e traballo na casa. Deste xeito o profesor observará as dificultades, os avances ou os erros máis frecuentes dos alumnos e poderá atendelos axeitadamente.- Probas específicas: probas escritas ou orais, probas sen previo aviso e probas fixadas .– Realización de tarefas puntuais: É importante que o alumno se achegue á literatura clásica

directamente, así como que controle os mecanismos para facer traballos de investigación. Isto só é posible fóra das horas lectivas. Valorarase:- a puntualidade na data de entrega prevista.- a presentación do traballo.- a comprensión e síntese do tema motivo do traballo.- a elaboración persoal.- a exposición oral.

Criterios de avaliación

- Ler textos breves e orixinais, transcribi-los termos á lingua materna, utilizar os seus diferentes signos ortográficos e de puntuación e reconocer o reflexo do alfabeto grego no abecedario latino propio das linguas modernas do noso contorno.- Ler e comentar textos literarios gregos traducidos de diversos xéneros ou textos referidos ao mundo grego e distinguir aspectos históricos e culturais contidos neles. - Recoñecer e comprender os helenismos máis frecuentes do vocabulario común e científico-técnico das linguas modernas a partir de termos que aparezan nos textos. - Recoñece-las diferentes formas nominais, pronominais e verbais e as funcións das declinacións e conxugacións, e aprecia-la súa correspondencia coa lingua materna e outras linguas modernas.- Comprender e ser capaz de traducir textos gregos sinxelos e realiza-la retroversión de frases sinxelas.- Situar no tempo e no espazo os acontecementos históricos máis importantes de Grecia; identifica-las súas manifestacións culturais básicas e recoñece-la súa pegada

Page 29: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

na nosa civilización.- Realizar pequenos traballos de investigación sobre a persistencia do mundo grego, consultando as fontes directas e utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta de organización e comunicación dos resultados.

Estándares de aprendizaxe:

• Localiza nun mapa o marco xeográfico do mundo grego e a súa expansión.• Explica a orixe da lingua grega relacionada có indoeuropeo e localiza nun mapa as

distintas familias indoeuropeas• Coñece as etapas da evolución do grgo, desde o micénico ata o grego moderno.e sitúa

nun mapa as diferentes variedades dialectais.• Explica a orixe do alfabeto grego desde o fenicio.• Identifica e nomea correctamente as letras gregas , escríbe as maiúsculas e

minúsculas e pronúnciaas correctamente.• Coñece as normas de trnscripción e a colocación de acentos, espítus e demáis signos

diacríticos e de pronunciación.• Distingue palabras variables e invariables e enuncia correctamente palabras gregas.• Declina palabras concordadas e analiza morfolóxicamente susbstantivos e adxectivos.• Conxuga tempos verbais en voz activa e media pasiva correctamente.• Analiza morfolóxicamente e traduce correctamente formas verbais e nominais.• Analiza morfolóxica e sintácticamente frases e textos sinxelos e tradúceos.• Analiza correctamente casos e funcións.• Compara e clesifica diferentes tipos de oaración simples e compostas.• Identifica as funcións do infinitivo e participio e sabe traducilos correctamente.• Distingue as etapas da historia de Grecia e coñece os feitos máis importantes.• Coñece os principais sistemas políticos e os compara coa actualidade.• Describe as clases sociais e os membros da familia, comparando coa actualidade.• Coñece os principais deuses e prácticas relixiosas e culturais en Grecia.• Recoñece a influencia do heroe grego na sociedade actual • Analiza e traduce textos de dificultade adecuada• Identifica e distingue en palabras propostas os seus formantes e pode relacionar o

significado co étimo grego.

Criterios de cualificación

Terase en conta a parte lingüística (morfoloxía e sintaxe), léxica (coñecer un vocabulario básico grego e derivados en galego e castelán), a transcripción de palabras, a traducción e contextualización dun texto, o coñecemento da historia e cultura gregas e as relacións coa nosa cultura. A calificación será o conxunto de probas orais e escritas, traballos individuaisou colectivos, participación nas actividades e traballo persoal diario ( facer os exercicios, traducir, estudar..). Trataremos de conseguir que a avaliación deste curso sexa, de feito, continua cun eguimentoconstante do traballo dos alumnos. Os grupos son reducidos e pensamos que é posible

Page 30: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

conseguilo. Non obstante, realizarase ó longo do curso duas proba por avaliación na que se prestará especial atención á parte de lingua e que terá un carácter eminentemente práctico(cómpre recordar que a parte de cultura será avaliada mediante os traballos e as lecturas comentadas). O alumno se verá forzad polo profesor a realizar un traballo constante que será calificado día a día.

En cada avaliación, a valoración do traballo de clase e casa e os traballos suporán un 40% ; osexercicios escritos (exames) suporán, polo tanto o 60% da nota en cada avaliación. Non seránecesario facer probas de recuperación. Bastará con mostrar melloría no traballo diario, recuperar os traballos atrasados e superar as seguintes probas escritas. Non obstante, se os alumnos o solicitan, faremos probas de recuperación.

2.6 ÁREA: Grego CURSO: 2º Bacharelato

2.6.1 OBXECTIVOS

En canto á materia de Grego II, a Orde do 2 de Maio de 1996 indica que neste segundo curso “se debe profundar e ampliar os coñecementos morfosintácticos e léxicos elementais adquiridos no primeiro curso e, tomándoos como punto de partida, incorporar máis detalladamente a morfoloxía verbal e as estructuras sintácticas máis complexas”.

� Aproximación ó mundo histórico, cultural, relixioso, político, filosófico, científico, da antigüedade grega, a través da súa lingua e das súas manifestacións artísticas.

� Introducirse nun coñecemento xeral dos distintos xéneros literarios.

� Coñecer e comprender o significado dos principais temas cotiáns que conforman a vida individual e social dos antigos gregos a partir de textos e representacións plásticas e relacionar estes temas co mundo actual.

� Achegarse aos principais mitos gregos e á súa pervivencia.

� Coñecer e usar os principais elementos fonéticos, morfolóxicos e sintácticos da lingua grega.

� Dominar un vocabulario básico que permita acceder a textos clásicos e identificación dos helenismos do vocabulario actual.

� Aplicar correctamente as normas fundamentais da transcrición.

� Coñecer e utiliza-los fundamentos morfolóxicos, sintácticos e léxicos da lingua grega e iniciarse na interpretación e traducción de textos de complexidade progresiva.

Page 31: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

� Coñecer a cultura e a civilización grega a partir das testemuñas literarias e artísticas para unha mellor comprensión do pensamento político, social e cultural de Occidente.

� Coñecer e manexar bibliografía adecuada aos temas culturais.

2.6.2. CONTIDOS: SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN

1ª AVALIACIÓN

- A lingua grega: Revisión da flexión nominal.Ampliación: Temas en ντ.Temas en silbante. os adxectivos irregulares: πολυς , µεγας . Os graos dos adxectivos: comparativos e superlativos.- Revisión da flexión verbal: Os temas de aoristo, de futuro e de perfecto. O aumento: os seus tipos e o aumento nos verbos compostos. O participio de presente . O infinitivo de futuro, aoristo e perfecto.

- Afondamento na sintaxe: sintaxe dos casos e das preposicións. Construcción persoal . Uso nominal do participio. Uso verbal: o participio concertado.- Valor e uso dos casos :Complementos circunstanciais sen preposición: a extensión no tempo e no espacio. O acusativo de relación.- Os textos gregos e a súa interpretación: Afondamento nas técnicas e na práctica da traducción. Uso do diccionario.- O léxico grego: Profundizar na aprendizaxe do vocabulario.- A literatura grega: Afondamento nos xéneros literarios gregos a través de textos orixinais e traducidos. A épica : Ilíada de Homero.o heroe homérico.

2ª AVALIACIÓN:

- Sistema nominal: Terceira declinación: Temas en vocal e temas en diptongo. Esquema xeral. Os adxectivos : esquema xeral. Usos do artigo.- Sistema verbal: verbos contractos. A reduplicación. Réxime especial dalgúns verbos. O aoristo radical.O participio de futuro, aoristo e perfecto. - Sintaxe oracional: As conxuncións coordinadas. Uso verbal do participio: participio non concertado e participio completivo.- Influencia da literatura grega nas literaturas occidentais. O teatro: a traxedia: o mito de Edipo e a comedia: Asamblearias de Aristófanes- Xenofonte: vida e obra. Traducción de textos orixinais.

3ª AVALIACIÓN:

- Sistema nominal: Formas menos usuais e irregulares. As preposicións . O adverbio- Sistema verbal: verbos oclusivos. Verbos líquidos. Verbos atemáticos. O subxuntivo, optativo e imperativo. Os usos modais.

Page 32: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

- Sintase oracional:As oracións subordinadas: substantivas e circunstanciais,causais, temporais, finais e consecutivas, comparativas, condicionais e concesivas.- Platón: vida e obra. Traducción de textos adaptados.- A lírica arcaica: principais autores e características.

2.6.3. METODOLOXÍA

Parece conveniente que a aprendizaxe se faga desde o primeiro momento sobre textos gregos de complexidade progresiva, organizados por unidades temáticas de modo que se presten ó comentario non só lingüístico senón tamén histórico-cultural. Tales textos han de permiti-la aprendizaxe simultánea da flexión, a sintaxe, a formación de palabras e o vocabulario.A practica diaria da análise sintáctica e a traducción son imprescindibles para acadar unha fluidez mínima no análise e traducción do texto. Aconséllase o uso do diccionario durante o segundo curso debido á complexidade dos textos e a dificultade do vocabulario; sen embargo, é convinte que o alumno se habitúe á análise gramatical previa e, por medio da comparación con helenismos da súa lingua, consolide un vocabulario grego de uso frecuente.Traduciránse preferentemente dos autores,Xenofonte e Platón, obxecto da proba de Selectividade, contextualizando os textos na obra dos autores.Será preciso ler algunhas obras traducidas e comentalas na clase.para entender laliteratura .A metodoloxía se adecuará ás directices das PPAU do curso 2015-2016.

2.6.4. AVALIACIÓN

Criterios de avaliación

✔ Ler textos breves e orixinais. Transcribi-los termos á lingua materna.✔ Ler e comentar obras de autores gregos traducidas.✔ Recoñecer helenismos remontándoos ós termos gregos orixinais.✔ Distinguir unidades de especial interese na derivación e composición de palabras:

prefixos, sufixos, lexemas, etc. ✔ Contextualizar o texto a traducir no tempo e no espacio e relacionar os feitos

históricos có autor e a súa obra.✔ Traducir textos gregos de certa complexidade de autores gregos en prosa e

facer unha análise morfolóxica e sintáctica.✔ Realiza-la retroversión de frases sinxelas.

Situar no tempo e no espacio (época e marco xeográfico) os acontecementos históricos máis importantes de Grecia; identificar súas manifestacións culturais básicas e recoñece-la súa pegada na civilización.

✔ Realizar traballos utilizando materiais diversos: bibliográficos, audiovisuais, informáticos, etc.

✔ Ler e coñecer a obra de autores gregos, enmarcada no seu xénero literario.

Page 33: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

Criterios de cualificación

Terase en conta a parte lingüística (análise morfoloxíca e sintáctica), léxica (coñecer un vocabulario básico grego e helenismos), a transcripción de palabras, a traducción coa axuda do diccionario, a contextualización dun texto na obra e época do autor, a lectura de obras traducidas e o coñecemento da historia e cultura gregas e as relacións coa nosa cultura. A calificación será o conxunto de probas orais e escritas, traballos individuais ou colectivos, participación nas actividades e traballo persoal diario ( facer os exercicios, traducir ). A avaliación é contínua: aprobar unha avaliación implica ter aprobado todo lo anterior, xa que sempre entra a materia das avaliacións anteriores.

3. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

Os libros de texto son os seguintes:

LATÍN 4º ESO Lingua Latina : Familia romana H Orberg

LATÍN 1º BACHARELATO Lingua Latina : Familia romana H Orberg

LATÍN 2º BACHARELATO Selección Eutropio e Fedro

GREGO 1º BACHARELATO Griego 1º de Oxford

GREGO 2º BACHARELATO Selección de Xenofonte e Platón

CULTURA CLÁSICA Cultura clásica de Anaya

Como material de apoio a Lingua Latina:

· Manual do alumno (LATINE DISCO I).

· MORFOLOXÍA LATINA & VOCABULARIO de H. H. Ørberg, adaptada á realidade educativa galega é un instrumento ideal a tal fin, que o alumnado poderá empregar durante dous cursos académicos.

· Libro de exercicios EXERCITIA LATINA I, grazas ao cal os alumnos poderán practicar e verificar os seus progresos nos contidos estudados lēctiō a lēctiō dentro de cada capitululo.

· Unha selección dos COLLOQVIA PERSONARVM, textos en forma dialóxica para afianzar determinados contidos gramaticais de forma moito máis amena e entretida empregando, cando proceda, o recurso da teatralidade na aula.

· Materiais adicionais tales como audicións musicais con letras en latín, DVDs, mapas, programas de software educativo relacionados coa materia, relacións de páxinas Web, etc.

Page 34: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

De feito, LINGVA LATINA é un método que cada vez conta con un maior número de recursos Web en español (www.culturaclasica.com/lingualatina/recursos.htm e www.lingualatina.es) , froito do esforzo e imaxinación do profesorado que actualmente o aplica no noso país. Todo este material, debidamente seleccionado e programado polo profesor en conexión co contido que se está a traballar , se empregará se as condicións do desenrolo dos contidos mínimos o permiten.

- Ademáis dos materiais comentados anteriormente, será de grande utilidade o emprego derecursos didácticos relacionados co aspecto auditivo do latín; por tanto, é posible programarsesións de audición de música en latín de distintas épocas e temáticas (véase www.culturaclasica.com/index.php?q=node/96), así como as audicións dos distintos capítulos de FAMILIA ROMANA incluidas no CD-ROM homónimo.

- Para ampliar e investigar usaranase diccionarios mitolóxicos, obras clásicas traducidas e adaptadas, textos bilingües , diccionarios de latín, manuales de historia e literatura e diccionarios etimolóxicos.

- Internet é unha fonte moi importante de documentación e traballo ; son moi útiles as páxinas de culturaclasica.com , culturaclasica.net y palladium, con exercicios interactivos de todo tipo.

-Documentais e videos e DVDs sobre o mundo romano con cuestionarios.

- As visitas cultuarais a restos arqueolóxicos e museos e a asistencia a representacións teatrais de comedia e traxedia romana son recursos a ter moi en conta.

- Se recomendará a lectura d e obras traducidas de autores clásicos adaptadas con actividades .- Realizaranse actividades na aula de informática coas páxinas web culturaclasica.net, culturaclasica.com e o proiecto Palladium. - Se realizarán actividades de video-forum con películas de romanos e gregos e documentais relacionados coa materia a tratar. - Se visionarán diapositivas, videos e CDs/DVDs relacionados coa asignatura e se procurará a asistencia a un acto cultural, unha exposición ou obra de teatro relacionado có mundo grecolatino.

En grego:

- Unha selección de textos de Xenofonte e Platón será necesaria para preparar o Acceso á Universidade e o uso do diccionario.

- Internet é unha fonte moi importante de documentación e traballo ; son moi útiles as páxinas de culturaclasica.com , culturaclasica.net e palladium, con exercicios interactivos de todo tipo, especialmente Athenaze- .Documentais e videos e DVDs sobre o mundo grego con cuestionarios son un material moi a ter en conta na didáctica da clase.- O grego moderno, con cancións e breves textos, serve de apoio e estímulo.

Page 35: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

En cultura clásica:• O libro do alumnado para a área de Cultura Clásica. • A proposta didáctica para Cultura Clásica. • Os recursos fotocopiables da proposta didáctica, con actividades de reforzo, de ampliacióne de avaliación. • O libro dixital.

4 MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE:

A avaliación inicial facilítanos non só coñecemento acerca do grupo como conxunto, senón quetamén nos proporciona información acerca de diversos aspectos individuais dos nosos estudantes; a partir dela poderemos: • Identificar os alumnos ou as alumnas que necesitan un maior seguimento ou personalización de estratexias no seu proceso de aprendizaxe. (Débese ter en conta aquel alumnado con necesidades educativas, con altas capacidades e con necesidades non diagnosticadas, pero que requiran atención específica por estar en risco, pola súa historia familiar, etc.). • Saber as medidas organizativas a adoptar. (Planificación de reforzos, situación de espazos,xestión de tempos no grupo para favorecer a intervención individual). • Establecer conclusións sobre as medidas curriculares a adoptar, así como sobre os recursos que se van empregar. • Analizar o modelo de seguimento que se vai utilizar con cada un deles. • Acoutar o intervalo de tempo e o modo en que se van avaliar os progresos destes estudantes. • Fixar o modo en que se vai compartir a información sobre cada alumno ou alumna co resto de docentes que interveñen no seu itinerario de aprendizaxe; especialmente, co titor.

O profesor poderá realizar actividades de reforzo ou de ampliación, que aparecen especificadas en cada tema coa finalidade de afianzar os contidos lingüísticos, culturais e léxicos traballados na unidade. Para atender ós que plantexen problemas na asimilación dos diversos contidos, prepararánse exercicios de dificultade graduada e breves para os temas lingüísticos e léxicos; para os temas culturais se lles pedirá a realización de breves lecturas e esquemas destas, sempre coa axuda do profesor.

Mentres se están a facer estas actividades de recuperación, os alumnos que teñan acadados satisfactoriamente os contidos propostos realizarán tarefas preparadas de anteman para afondar nelos, como a realización de pequenos traballos de investigación sobre temas culturais, lecturas complementarias e ampliación do léxico da propia lingua , mediante diccionarios ou textos apropiados.

Os dous principais problemas que se plantexan en Primeiro de Bacharelato de latín estan relacionados coas diferencias a nivel grupal e individual:

a) A nivel de grupo, a partir de agora, as clases de Latín conformaranse con dous niveis de alumnos : aqueles que cursaron Latín en Cuarto de ESO, e aqueles que, ben por unha

Page 36: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

elección inadecuada, por proceder de centros onde dita opcional non se ofertara, ou a causadun traslado doutra Comunidade, o extranxeiro etc., comezan por primeira vez os seus estudos de lingua latina. Probablemente sexa excepcional impartir clase a grupos “puros”, onde tódolo alumnado cursou estudos de Latín en Cuarto. En todo caso, deberemos semprecontemplar o progreso das “minorías” curso a curso, segundo a situación específica de cada ano.

b) A nivel individual, incluso no mellor dos casos, sempre haberá alumnos e alumnas con dificultades específicas no progreso da asignatura, que deberemos solventar de forma particular.

Tanto no primeiro caso como no segundo, xogará un importante papel a proba inicial, grazas ácal analizarase a situación de partida de forma obxectiva.

5. ACREDITAMENTO DE COÑECEMENTOS NUNHA MATERIA NON CURSADA (só en Bacharelato)

O profesor fará unha avaliación dos coñecementos do alumno para detectar as carencias e darlle a posibilidade de superar a materia por medio de traballos e unha proba final.

No caso de que o alumno curse Latín II ou Grego II sen ter cursado latín e/ou Grego en 1º Bacharelato deberá facer uns traballos para poder aproba-la asignatura. No caso de que aproben o latín ou grego de 2º lles quedará aprobada a asignatura de 1º, xa que se considera avaliación contínua .

6. ELEMENTOS TRANSVERSAIS: EDUCACIÓN EN VALORES,TICS E PROXECTO LECTOR

a) EDUCACIÓN EN VALORES:

• Educación para a convivencia: Fomentar o diálogo para solucionar as diferencias mediante a análise de problemas históricos acaecidos en Roma.

• Educación para a saude: Resaltar os hábitos de saude existentes entre os romanos e deducir sus consecuencias.

• Educación para a paz : Analizar e recoñecer nos textos as aportacións de personaxesde calquera ámbito do mundo latino en fomentar a paz, as diversas relacións entre pobos e a sua convivencia e apreciar e valora-la diversidade lingüística e cultural de Europa como mostra de convivencia entre pobos.

• Educación para a igualdade: Recoñecer en textos clásicos situacións de discriminaciónpor razón de sexo. Reflexionar e sacar consecuencias das situacións observadas para evitar a discriminación.

Page 37: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

• Educación ambiental: Deducir da postura dos romanos ante o universo posicións de respecto ou desprezo ante a natureza e identificar e respetar no entorno restos arqueolóxicos clásicos.

• Eduación sexual: Analizar e comentar hábitos sexuais dos romanos dentro do seu contexto histórico e confrontalos coas concepcións actuais.

• Educación para Europa: Analisa-la pervivencia do latín en Europa Valorar a herdanza cultural de Roma no pensamento, cultura e arte de Europa.

• Educación multicultural: Desperta-lo interese pola cultura que Roma desenroló e nos herdamos dela, subliñando as suas diferencias e semellanzas con outras culturas, desenrolando así actitudes de respecto por outros pobos.

b) PROXECTO LECTOR

Partindo da proposta inicial das viaxes o departamento de latín, grego e cultura clásica propon as seguintes lecturas de tipo literario para o seu alumnado:

3º/ 4º ESO : A Odisea A Ilíada A Eneida Xasón e os Argonautas

BACHARELATO: A Eneida O asno de ouro As viaxes fantásticas

Estas lecturas servirán de complemento ás unidades desenvolvidas e ampliación das mesmas. Na ESO, en cultura clásica, os alumnos estudan o mundo dos gregos e dos romanos, as súas costumes, os feitos máis importantes da súa historia e os deuses da mitoloxía; a Ilíada e a Odisea de Homero recollen a tradición popular épica de épocas moi lonxanas e axudan a afianzar os coñecementos acadados. Xasón e os argonautas axuda a coñecer o mundo da mitoloxía grega, deuses e heroes, na viaxe máis importante na antigüidade.En Bacharelato parece adecuada a lectura do Asno de ouro, orixe de tóda a novela actual, nasúa estructura dunha personaxe, Lucio, que pola súa curiosidade convértese en asno e vai de amo en amo ata a conversión final coa axuda da deusa Isis; no seu camiñar crúzanse outras1historias e coñécense moi ben as costumes e crenzas da época. A Eneida , se non se pudo ler na ESO, tamén axuda a coñecer as orixes lendairas da estirpe dos romanos a partir do principe troiano Eneas, que fuxe de Troia buscando un lugar para o Paladion e, tras un romance coa reina Dido, chega ao Lacio, onde casa coa filla do rei Latino. As viaxes fantásticas de Luciano servirían como curiosidade, para ver a imaxinación que tiñan con relatos fantásticos á Lua e outros lugares imposibles.

O soporte máis adecuado pensamos que é o libro, nunha edición adaptada á súa idade, que deberá ser lido na clase na ESO (en Bacharelato poderá distribuirse o traballo e ler parte nacasa e parte na clase) e traballar con cuestionarios de preguntas, ampliacións ou traballos, se se considera convinte, utilizando todo tipo de materiais (xornais, páxinas web, enciclopedias, revistas,etc); as veces, poderá verse en película e comentar os aspectos máis importantes no texto.

1

Page 38: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

Poderá avaliarse o traballo desenrolado como un proceso con unha pequena proba ou traballo e unha valoración persoal da obra lida.Deberá terse en conta na nota de cada avaliación cunha porcentaxe que deberá decidir o departamento e que o alumnado debe coñecer para motivalo e facer que lea con máis gusto ( pode valorarse positivamente a lectura de máis dunha obra e subir nota) O horario e a frecuencia e a porcentaxe da nota deben ser estipulados por cada departamento

c) NOVAS TECNOLOXÏAS DA COMUNICACIÖN E INFORMACIÓN

O uso nas novas tecnoloxías é fundamental para acadar bós resultados por axudar aosalumnos a traballar coa información e aprender a seleccionar a máis axeitada e fidedigna. Nametodoloxía e recursos xa falamos do uso das TICs na aprendizaxe da cultura clásica (con Cds auto-avaliables do libro de texto e o portal da culturaclasica.com, que presenta numerosas páxinas web e blogs) en latín ( existe unha páxina web específica con exercicios, audicións e actividades diversas sobre o texto utilizado de Lingua Latina) e en grego (hai unblog con exercicios interactivos, Athenaze, específicos do libro de texto utilizado da editorial Oxford) e en cultura clásica un portal clásico (culturacalasica.com); ademais, no IES contamos coa aula virtual para traballar cos rapaces.Sería impensable non utilizar as Nonas Tecnoloxías hoxe en día: o problema é a falta de medios e preparación por parte do profesorado para enfrentar o reto do século XXI. No noso centro hai algúns canóns, proxectores , ordenadores e pizarras dixitais, pero no é abondo : presisamos máis recursos e formación para acadalo.

d) PLAN DE CONVIVENCIA

O plan do IES de Mos, recollido no PEC , propon como principios xerais o respecto aos dereitos humanos e a participación do alumnado na organización e definición do estilo de centro a través da súa participación democrática nas institucións establecidas.

O Departamento está disposto a participar en todas as actividades propostas polo centro para contribuir ó desenrolo de dito plan.

7. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

1. Para os alumnos de cultura clásica de 3º e Latín de 4º ESO:

a. Visita a restos arqurolóxicos no contorno e Vigo.

b. Ruta da Prata: Excursión a Mérida para visitar o museo de Arte Romano e as ruinas da ciudade: ó fin do 2º trimestre, xusto antes das vacacións ou ó rematar as clases.

Page 39: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

c. Asistencia a unha comedia de Plauto en Lugo, durante o ciclo de Teatro clásico.

d. Visita da ciudade de Lugo ou outra do contorno con actividades culturais: durante o segundo ou último trimestre.

2. Para los alumnos de Bacharelato de Humanidades:

a. Viaxe cultural a Roma a semana despois de Selectividade

b. Ruta da Prata: Excursión a Mérida para visitar o museo de Arte Romano e as ruinas da ciudade: ó fin do 2º trimestre, xusto antes das vacacións ou ó rematar as clases.

c. Asistencia a unha traxedia e unha comedia no festival de teatro clásicode Lugo: durante o segundo trimestre.

d. Calquera outra actividade que se presente e sexa adecuada para a aprendizaxedos alumnos

NOTA: A realización das actividades dependerá do número de alunmos e os presupostos dos autobuses e hoteis; as datas están condicionadas pola necesidade de bo tempo para visita-las ruinas romanas e as datas da celebración do festival de teatro clásico.

8 CONTIDOS E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN MÍNIMOS (por curso)

CULTURA CLÁSICA 3º/4º ESO

CONTIDOS :

– Iniciación aos elementos básicos das linguas de Grecia e Roma:do alfabeto ao abc. Breve historia da escritura. O indoeuropeo. As linguas romances .A evolución das linguas.Léxico: palabras patrimoniais, semicultismos, cultismos,latinismos,helenismos,

– Historia de Grecia: As clases sociais . O goberno. As institucións do goberno en Atenas

– A historia de Roma. Resumo das tres garndes etapas. As clases sociais en Roma. O goberno. O cursus honorum

– O exército na Antigüidade: As tropas. As lexións.A estratexia militar. Principais conquistas.

– A cidade no mundo clásico : A cidade grega: Atenas. A Acrópole.A cidade romana. O foro

Page 40: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

romamo.A casa grega e romana.– As etapas da vida: O nacemento: rituais. A educación.Situación das mulleres en Grecia e

Roma.Os anciáns e a morte. Enterramentos e rituais.– A vida cotiá: A organización do tempo. A xornada dun cidadán.A gastronomía.

A indumentaria e a estética.– Deporte e espectáculos: As competicións deportivas en Grecia. Os Xogos Olímpicos.

Os espectáculos en Roma. Os ludi circenses. As loitas no anfiteatro.– A relixión na Antigüidade: O panteón grecorromano. Cultos e rituais en Grecia e Roma.

Mitoloxía.– A literatura: principais xéneros literarios: Poesía: épica e lírica.O teatro: traxedia e

comedia. Prosa: novela– A arte clásica: A arquitectura. A escultura. A pintura e o mosaico.– As pegadas do pasado: A conquista de Hispania. A Romanización. Monumentos e edificios

da Hispania romana.Gallaecia

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Para evaluar ao alumno teránse en conta, dacordo có carácter da ESO, tanto os coñecementos e competencias básicas acadados (por medio de probas-exame periódicas) como a asistencia diaria a clase e o traballo diario (que evaluarase coa elaboración dunha libreta de clase con actividades e exercicios), a presentación de pequenos traballos de investigación de carácter individual ou grupal, a realización de follas sobre actividades en páxinas web de cultura clásica , a participación en actividades e, sobre todo, a actitude positiva de respecto e tolerancia cara a asignatura e cara os propios compañeiros. Se un alumnos copia nun exame suspenderá automicamente a avaliación.

Tendo en conta todos estos aspectos e as características específicas dos alumnos, levaráse a cabo unha evaluación contínua. A porcentaxe da cada avaliación será: exámenes escritos das diferentes unidades didácticas (40%), traballo de investigación individual ou grupal para expor na clase , traballo diario na aula e na casa e actitude e participación na clase (60%).

Se un alumno suspende unha avaliación, deberá entregar as tarefas e traballos pendentes e, se o profesor considera que a actitude e traballo ten mellorado moito na seguinte avaliación,poderá recuperar a avaliación suspensa sen realizar unha proba escrita.

LATÍN 4º ESO

CONTIDOS

• A lingua latina, orixe e continuidade. O alfabeto latino

- O mundoO xénero e o número. Primeira e segunda declinación.

• O xénero e o número. Primeira e segunda declinación.

• Tema de presente en indicativo do verbo SUM. As conxugacións: tema de presente (indicativo e imperativo). Primeiras nocións de voz pasiva.

• Preposicións máis usuais. Adverbios, pronomes e adxectivos interrogativos e

Page 41: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

demostrativos. Adxectivos. Primeira clase.

• A relixión en Roma. Mitoloxía.

• Terceira declinación. Parisílabos e imparisílabos

• Adxectivos da terceira declinación.

• Comparativos. Declinacións cuarta e quinta.

• Infinitivos e participios activos e pasivos. Morfoloxía e principais usos.

• A literatura romana; visión de conxunto. As institucións políticas.

• A familia. O matrimonio. A educación. A vivenda.

• Tema de perfecto. Verbo SUM; as catro conxugacións. Adverbios. Os compostos de SUM. Os verbos compostos.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN Deberán realizarse, como mínimo, duas probas por trimestre para comprobar a consolidacióne asimilación satisfactoria dos contidos arriba indicados. O resultado das probas escritas parciais de avaliación será promediado nun 60% ; a realización de exercicios diarios na casa e na aula, a asistencia regular a clase, o bo comportamento unha actitude activa e positiva na clase e a realización de traballos individuais e/ou grupais será promediado nun 40%. Se un alumnos copia nun exame suspenderá automicamente a avaliación.

É condición indispensable que o alumno asista con regularidade a clase e realice tanto na casa como na aula cantas actividades se plantexen por parte do profeso. En consecuencia, o alumno con un elevado número de faltas inxustificadas de asistencia ou cun índice significativo de tarefas non realizadas será calificado negativamente, ao marxe dos resultados obtidos nas probas parciais que se leven a cabo con carácter periódico ao longo do curso.

Non será necesario facer probas de recuperación. Bastará con mostrar melloría no traballo diario, recuperar os traballos atrasados e superar as seguintes probas escritas. Aprobar osexercicios de tradución e análise morfo-sintáctica nunha avaliación implica automaticamente a recuperación desa parte da asignatura se non se superou nas avaliacións precedentes. Para recuperar os outros apartados haberá que repetir a parte correspondente do exame e/ou poñerse ao día cos traballos, lecturas e libreta de clase.

LATÍN I

CONTIDOS

- As orixes e evolución do latín. O indoeuropeo e as linguas romances. O alfabeto latino: pronunciación e acentuación. Breve historia da lingua latina: latín arcaico, clásico e vulgar.

- Sistema nominal: introducción ós casos e as cinco declinacións. O adxectivo: a primeira e segunda clase regulares. Grados do adxectivo: comparativo e superlativo.

Page 42: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

- O locativo e as principais preposicións de lugar. Os números romanos. O dativo posesivo.

- Sistema pronominal: pronomes interrogativos e demostrativos, posesivos, personais e anafóricos. Pronome relativo qui quae quod. Numerais: ordinais e cardinais . Adverbios de modo.

- Sistema verbal: introducción ó verbo latino e estudo do tema de infectum en voz activa e pasiva no modo indicativo e imperativo das catro conxugacións e os verbos sum, eo, fero e volo. O participio: formación e sintaxe. O infinitivo: formación e usos principais. Verbos deponentes.

- Sintaxe oracional: Oracións simples e compostas: coordinación. Oracións interrogativa e pasiva. Oracións de relativo, de infinitivo, de participio e de comparativo. Subordinación e xustaposición. Conxuncións subordinadas máis frecuentes: Usos de cum, ut, quod e ne.

- Aprendizaxe do vocabulario latino: fundamentalmente léxico transparente e principais prefixos e sufixos. Léxico do corpo humano, o parentesco, os animais e a vexetación e o exército. Palabras patrimoniais e cultismos. Expresións latinas incorporadas á linguaxe habitual.

- Análise morfosintáctica. . Nocións básicas da evolución fonética, morfolóxica e semántica do latín ás linguas hispánicas.

- Lectura comprensiva de fragmentos traducidos con comentario do seu contexto histórico, social e cultural. Iniciación nas técnicas de traducción e comentario de texto.

- Legado de Roma: localización xeográfica e temporal. Orixe lendaria de Roma: Sinopse histórica do mundo romano : Monarquía. República. Imperio. Aspectos máis relevantes da vida cotiá en Roma. Urbanismo na cidade: edificios públicos e privados. A relixión romana. A conquista de Hispania: romanización.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Poderanse realizar, ao menos, duas probas escritas por trimestre para comprobar a consolidación e asimilación satisfactoria dos contidos arriba indicados. O resultado das probas escritas ou exames será promediado nun 60%; a realización de traballos (individuais ou grupais), o bo comportamento e a participación positiva e activa na clase, realizando exercicios diarios propostos para casa e clase e a asistencia regular á asignatura promediarán o 40% da asignatura.

É condición indispensable que os alumnos e alumnas asistan con regularidade a clase e realicen tanto na casa como na aula cantas actividades se plantexen por parte do profesor, por escrito e orais. En consecuencia, un alumno cun elevado número de faltas inxustificadas de asistencia o con un índice significativo de tarefas non realizadas será calificado negativamente, ao marxe dos resultados obtidos nas probas parciais que se realicen con carácter periódico ao longo do curso.

Se un alumnos copia nun exame suspenderá automicamente a avaliación.

Non será necesario facer probas de recuperación. Bastará con mostrar melloría no traballo diario, recuperar os traballos atrasados e superar as seguintes probas escritas. Aprobar os

Page 43: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

exercicios de tradución e análise morfo-sintáctica nunha avaliación implica automaticamente a recuperación desa parte da asignatura se non se superou nas avaliacións precedentes. Para recuperar os outros apartados haberá que repetir a parte correspondente do exame e/ou poñerse ao día cos traballos e lecturas.

LATÍN II:

CONTIDOS

- Sistema nominal: revisión e ampliación das cinco declinacions. O caso locativo. Afondamento no estudio das funcións dos casos.

- Sistema adxectival: revisión e ampliación do Adxectivo: Graos e irregularidades principais.

- Sistema pronominal: revisión e ampliación do pronome.

- Sistema verbal: revisión e ampliación do verbo regular. A negación en latín. Formas nominais do verbo: infinitivo, participio, xerundio, xerundivo e supino. Verbos irregulares, defectivos e impersonais. Verbos deponentes.

- Léxico: composición e derivación. Palabras patrimoniais e cultismos. Latinismos. Evolución fonética das vocais e consoantes do latín ó galego e castelán.

- Topónimos

- Afondamento nas técnicas e na práctica da traducción e do comentario morfosintáctico de textos con diccionario, especialmente de Eutropio e Fedro.

– Xéneros literarios: Épica. Poesía didáctica e fábula. Poesía dramática: traxedia e comedia.Poesía lírica e amorosa. Prosa: novela e historiografía. Oratoria e retórica.

- Legado de Roma en Hispania, e máis concretamente en Galicia. A romanización: vestixios nos restos arqueolóxicos e museos.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Ademáis da observación directa do traballo diario dos alumnos na clase e a realización de traballos de investigación e/ou actividades propostas polo profesor individuais e/ou en grupo, que contarán un 25% da nota, realizaránse probas escritas coa finalidade de analizara consecución dos obxectivos propostos. O seguemento diario do traballo na aula e na casa contará, por tanto, o 25% da nota e os exames o 75% restante.

Se un alumnos copia nun exame suspenderá automicamente a avaliación.

A avaliación será continua, é dicir, que abarcará sempre os obxectivos, coñecementos e actitudes ó longo de toda a avaliación e aprobar unha avaliación implica aproba-las anteriores, pois en cada avaliación entra a materia das avaliacións anteriores. Os temas deliteratura e lecturas suspensas, sen embargo, deberán ser recuperadas . Segundo as directrices da CIUG adaptarase a programación ós autores propostos e seguiranse as actividades e temas que o profesor considere máis adecuados.

Page 44: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

GREGO I:

CONTIDOS

- A lingua grega: do indoeuropeo ó grego moderno: historia da lingua grega.

- O alfabeto grego: Orixe e características. Pronunciación e escritura. Signos ortográficos. Normas de transcrición ó latín e ó castelán.

- Flexión nominal: valor e uso dos casos. O artigo. 1ª e 2ª declinacións. Terceira declinación : Consideracións xerais. Temas en consoante oclusiva., soante, líquida e nasal.

- O adxectivo: clases e graos: comparativo e superlativo.

- Flexión pronominal: Os pronomes demostrativos, persoais, posesivos, relativos, indefinidose interrogativos . Principais preposicións.

- Flexión verbal: Todo o paradigma dos verbos regulares tipo λυω e ἰε µι. Infinitivo e participio de presente.

- Valor e uso dos casos: O dobre acusativo. O dativo posesivo O xenitivo partitivo.

- Grecia e o seu legado: Coordenadas xeográficas e históricas de Grecia. A Grecia antiga e a Grecia actual. Formas de goberno: monarquía, oligarquía e democracia. A relixión grega: o mito, as festas, o culto e os xogos.A vida cotiá. Educación. Presencia grega en España e en Galicia. Repercusión do mundo grego na cultura actual.

- Mitoloxía: Principais deuses olímpicos e heroes gregos.

- Léxico: Cultismos. Vocabulario científico e técnico Formación de palabras: derivación e composición. Principais sufixos e prefixos gregos. Helenismos Aprendizaxe do vocabulario grego básico.

Criterios de Cualificación

Terase en conta a parte lingüística (morfoloxía e sintaxe), léxica (coñecer un vocabulario básico grego e derivados en galego e castelán), a transcripción de palabras, a traducción e contextualización dun texto, o coñecemento da historia e cultura gregas e as relacións coa nosa cultura. A calificación será o conxunto de probas orais e escritas, traballos individuaisou colectivos, participación nas actividades e traballo persoal diario ( facer os exercicios, traducir, estudar..). Non obstante, realizarase ó longo do curso duas probas por avaliación naque se prestará especial atención á parte de lingua e que terá un carácter eminentemente práctico (cómpre recordar que a parte de cultura será avaliada mediante os traballos e lecturas ). O alumno se verá forzado polo profesor a realizar un traballo constante que será calificado día a día: aqueles que non superen satisfactoriamente o traballo diario non superarán a materia como tampoco aqueles que non superen as probas escritas.En cada avaliación, a valoración do traballo de clase e casa e a realización de traballos suporán un 40% ; os exercicios escritos (exames) suporán, polo tanto o 60% da nota en cada

Page 45: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

avaliación. Se un alumnos copia nun exame suspenderá automicamente a avaliación.

Non será necesario facer probas de recuperación. Bastará con mostrar melloría no traballo diario, recuperar os traballos atrasados e superar as seguintes probas escritas. Non obstante, se os alumnos o solicitan, faremos probas de recuperación.

GREGO II:

Contidos

- A lingua grega: As tres declinación . Adxectivos irregulares. Os graos dos adxectivos: comparativos e superlativos.- Revisión da flexión verbal: Os temas de aoristo, de futuro e de perfecto. O aumento: O participio O infinitivo O aoristo radical.- Sintaxe dos casos e das preposicións. Construcción persoal .- Sintase oracional: As oracións subordinadas: substantivas e circunstanciais, causais, temporais, finais e consecutivas, comparativas, condicionais e concesivas.- Valor e uso dos casos :Complementos circunstanciais sen preposición: a extensión no tempo e no espacio. O acusativo de relación.- Os textos gregos e a súa interpretación: Afondamento nas técnicas e na práctica da traducción. Uso do diccionario. Xenofonte: vida e obra. Traducción de textos orixinais.Platón: vida e obra. Traducción de textos adaptados.- O léxico grego: Profundizar na aprendizaxe do vocabulario e helenismos.- A literatura grega: A épica : Ilíada de Homero.o heroe homérico. O teatro: a traxedia: o mito de Edipo e a comedia: Asamblearias de Aristófanes. A lírica arcaica: principais autores e características.

Criterios de cualificación

Terase en conta a parte lingüística (análise morfoloxíca e sintáctica), léxica (coñecer un vocabulario básico grego e helenismos), a transcripción de palabras, a traducción coa axuda do diccionario, a contextualización dun texto na obra e época do autor, a lectura de obras traducidas e o coñecemento da historia e cultura gregas e as relacións coa nosa cultura. A calificación será o conxunto de probas orais e escritas, traballos individuais ou colectivos, participación nas actividades e traballo persoal diario ( facer os exercicios, traducir ). A avaliación é contínua: aprobar unha avaliación implica ter aprobado todo lo anterior, xa que sempre entra a materia das avaliacións anteriores.As probas escritas suporán un 75% da nota e o traballo diario, a participación e os tarballos de investigación o 25% restante.

9 RECUPERACIÓN DE PENDIENTES (por curso)

Os alumnos coa asignatura de latín I pendiente deberán realizar unha serie de traballos e

Page 46: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

exercicios para recuperar a materia. O profesor terá en conta a puntualidade á hora de entregar os traballos e a constancia á hora de facer os exercicios e narrationes sobre os temas do libro (deberán correxir os propios erros ); se o alumno traballa e o profesor considera que é suficiente, poderá ser avaliado sen facer unha proba final. No caso de que o profesor considere que o alumno non traballou de maeira satisfactoria deberá facer unha proba final para recuperar a materia.

Os alumnos coa asignatura de grego I pendiente deberán realizar unha serie de traballos e exercicios para recuperar a materia. O profesor terá en conta a puntualidade á hora de entregar os traballos e a constancia á hora de facer os exercicios e narrationes sobre os temas do libro (deberán correxir os propios erros ); se o alumno traballa e o profesor considera que é suficiente, poderá ser avaliado sen facer unha proba final. No caso de que o profesor considere que o alumno non traballou de maeira satisfactoria deberá facer unha proba final para recuperar a materia. Os alumnos coa asignatura de latín II ou grego I I pendiente deberán realizar unha serie de traballos e exercicios para recuperar a materia. O profesor terá en conta a puntualidade á hora de entregar os traballos e a constancia á hora de facer os exercicios e narrationes sobre os temas do libro (deberán correxir os propios erros ); deberán facer tamén unha proba semellante á Selectividade, que contará o 40% da nota se otraballo previo é moi satisfactorio.

Os alumnos coa asignatura de Cultura clásica peniente deberán realizar unha serie de traballos e exercicios para recuperar a materia. O profesor terá en conta a puntualidade á hora de entregar os traballos e a constancia á hora de facer os exercicios e narrationes sobre os temas do libro (deberán correxir os propios erros ); se o alumno traballa e o profesor considera que é suficiente, poderá ser avaliado sen facer unha proba final. No casode que o profesor considere que o alumno non traballou de maeira satisfactoria deberá facer unha proba final para recuperar a materia.

10 PERDIDA DE ESCOLARIDADE

Os alumnos que perdan a escolaridade deberán presentarse a un exame final de toda a materia de curso para aprobar a asignatura de latín e de grego e entregar os traballos que non fixeran durante o curso. En cultura clásica será necesario realizar unha proba escrita demínimos de todo o curso e os traballos de todo o curso que non fixeran.

Page 47: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín

11 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINO E POSIBLES MODIFICACIÓNS NAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

O profesor deberá analizar os resultados do seu traballo para facer as melloras necesarias. Para iso deberá observar de manera obxectiva os resultados acadados: se o número de alumnos que non progresaron é alto haberá que preguntarse o motivo e cambiar as estratexias de cara ó seguinte curso. A opinión dos rapaces nunha consulta anónima tamén podería ser unha axuda na planificaciónde actividades e tarefas. Tamén é importante comprobar se é posible dar toda a materia e analizar os motivos que non o fixeron posible.O profesor deberá estar sempre aberto a suxerencias para mellorar a planificación das unidades didácticas e das actividades realizadas tanto na clase como fóra da clase.

12. PARTICULARIDADES DO DEPARTAMENTO

É un Departamento unipersoal e as decisións, a planificación e o traballo é obra dunha soa persoa, non é traballo de grupo. Resulta complicado preparar actividades dentroda programación dun ano para outro polo carácter optativo e minoritario das materias, a falta de tempo (unha hora semanal de dedicación ao departamento) e a falta dun profesorado fixo para impartilas coa planificación necesaria.

Page 48: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín
Page 49: DEPARTAMENTO DE LATíN, GREGO E CULTURA CLASICA CURSO … LA… · Departamento, Dna Mª del Carmen Rodríguez García , que asumirá todas as horas de Bacharelato (oito de latín