DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto...
Transcript of DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto...
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA
CURSO 2017 – 2018
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
MEMBROS DO DEPARTAMENTO
BAÑOS DE ALMEIDA, ROSINA
BELLÓN PATIÑO, TERESA Mª
CAGIAO TEIJO ,UXÍA
FERRER GARCÍA, JULIÁN
MOSQUERA CAMBA, XOSÉ LUÍS
RUIBAL VAAMONDE, DELFINA
Xefa do departamento: Teresa María Bellón Patiño
INDICE 1. Introdución e contextualización 2.Programación da
materia de xeografía e historia en Primeiro de ESO3.
Programación de xeografía e historia en Segundo de ESO
6.Programación de xeografía e historia en Terceiro de ESO7.
Programación de xeografía e historia en Cuarto de ESO8.
Programación de Historia do Mundo Contemporáneo en Primeiro
de Bacharelato9. Programación de Historia da Arte en Segundo de
Bacharelato10Programación de Historia de España en Segundo de
Bacharelato 11. Programación de Xeografía de España de 2º
Bacharelato 12. Programación de Xeografía e Historia de Galicia
13 Materiais e recursos 14. Educación en valores 15. Proxecto
lector 16. Plan de convivencia 17. Elementos transversais
segundo a LOMCE 18. Competencias a traballar segundo a
LOMCE19. Actividades complementarias e extraescolares
20.Plan de integración das TIC,s21. Indicadores de logro
22.Mecanismos de revisión da programación e procesos de
mellora
INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN
Na programación do curso 2017-2018 seguindo os criterios da
LOMCE nos cursos da ESO haberá un reparto máis ou menos
equitativo entre a xeografía e a historia agás en 4ª ESO no que se
centra o temario basicamente na historia. A xeografía organízase
no primeiro ciclo ( 1º,2º e 3º ) en dous bloques:o medio físico e o
espazo humano. No segundo ciclo ( 4º ESO ) céntrase na
globalización. A historia vai seguir un criterio cronolóxico ao
longo dos catro cursos da ESO.
Aparte disto hai que dicir que este ano o departamento vai
impartir tamén dúas materias pertencentes respectivamente ao
Departamento de Economía e Latín e Grego que son Economía en
4º ESO e Cultura clásica en 3ºESO. Respecto aos profesores
contamos con dous novos membros no Departamento, Rosina
Baños de Almeida e Uxía Cagiao Teijo en sustitución das dúas
profesoras que xa non están no Departamento por xubilación e
traslado a outro centro respectivamente.
O instituto no que traballamos acolle un alumnado bastante
variado pois algúns rapaces procedentes do propio Betanzos e
outros dun entorno máis rural co cal as posibilidades de
aprendizaxe son un pouco distintas nun e noutro caso. O número
de alumnos é bastante elevado, e cada ano vai a máis ao acoller
alumnos dunha comarca bastante poboada o cal provoca que o
traballo do profesor ás veces sexa un pouco máis complicado que
noutros centros onde a ratio profesor alumno é máis baixa.
PRIMEIRO DE ESO
CONTIDOS
Bloque 1. O medio físico
-A Terra: A Terra no sistema solar
-A representación da Terra. A escala e a linguaxe cartográfica
-As proxeccións e os sistemas de coordenadas. As imaxes de
satélite e os seus usos
-A localización. Latitude e lonxitude
-Os trazos fundamentais do relevo no mundo. Elementos e
factores do clima. Diversidade climática do planeta
-O medio físico do mundo e de Europa: relevo e hidrografía
- As unidades do relevo europeo
-Os conxuntos bioclimáticos europeos
-Os problemas medioambientais
Bloque 3. A Historia
-As fontes históricas
-As etapas históricas
-O vocabulario histórico e artístico
-A evolución das especies e a hominización
-O Paleolítico e o Neolítico
-A prehistoria galega: megalitos e petroglifos
-A Idade Antiga: Mesopotamia e Exipto. Sociedade, economía,
arte, relixión e política
-O mundo clásico. Grecia. As polis gregas e a súa expansión
-O mundo clásico. O imperio de Alexandre Magno e os seus
sucesores
-O mundo clásico. Grecia e o helenismo: arte, ciencia, teatro e
filosofía
-O mundo clásico. Roma. Organización política nas suas etapas.
O cristianismo
-O mundo clásico. A arte romana
-A Península Ibérica: pobos prerromanos e Hispania romana
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E CONTIDOS MÍNIMOS
(en negrita os estándares considerados contidos mínimos )
- Explica como influen os movementos astronómicos no
reparto dos climas do planeta
- Analiza un mapa de fusos horarios
- Distingue distintas proxeccións
- Distingue tipos de mapas
- Localiza un punto xeográfico nun planisferio segundo as
coordenadas xeográficas
- Sitúa nun mapa físico as principais unidades do relevo
europeo e mundial
- Elabora climogramas
- Identifica distintos climas nun climograma
- Busca noticias en diferentes medios relacionadas coa
problemática medioambiental
- Enumera as principais agresións que sofre o medio
ambiente
- Nomea distintas fontes históricas
- Ordena temporalmente feitos históricos
- Utiliza vocabulario histórico e artístico
- Realiza eixes cronolóxicos e mapas históricos
- Explica a diferenza entre Paleolítico e Neolítico
- Analiza a transcendencia da revolución neolítica
- Describe a forma de organización socio-económica e
política de Mesopotamia e Exipto
- Diferenza as principais características da arte exipcia e
mesopotámica
- Compara a democracia grega coas actuais
- Elabora un mapa das colonias gregas no Mediterráneo
- Elabora un mapa do imperio de Alexandre Magno
- Caracteriza a estrutura socio-política e económica das polis
gregas
- Explica as características da arte grega e a súa evolución no
tempo
- Fai un esquema coas distintas etapas da historia política
de Roma
- Explica as características da arte romana
- Compara obras arquitectónicas e escultóricas de época
grega e romana
- Investiga en que aspectos actuais se mostra a herdanza
romana
TEMPORALIZACIÓN DOS ESTÁNDARES DE
APRENDIZAXE ,OBXECTIVOS E CRITERIOS DE
CUALIFICACIÓN
Algúns estándares de aprendizaxe poderán ser traballados nunha
soa hora de clase como é o caso de aprender a localizar lugares
nun mapa segundo a latitude e lonxitude. Outros como o dominio
do vocabulario histórico e artístico obviamente van ser acadados
pouco a pouco ao longo do curso. Para o seu reparto ao longo do
curso todos os que teñen que ver coa Xeografía impartiranse no
primeiro trimestre e parte do segundo. A segunda parte do
segundo trimestre e o terceiro quedarán para a explicación dos
que teñen que ver coa historia.
Todos os estándares serán avaliados mediante probas escritas a
excepción de algún relacionado coa busca de noticias en
diferentes medios ou coa elaboración de pequenas investigacións
que serán valorados como traballo de clase.
OBXECTIVOS
1. Utilización dos mapas para adquirir as destrezas
necesarias de cara á localización de lugares ou espazos
utilizando datos e coordenadas xeográficas e obter
información sobre o espazo representado a partir da lenda
e da simboloxía.
2. Elaboración de mapas sinxelos utilizando, de paso, a
informática.
3. Interpretación da paisaxe e do seu contorno, identificando
os seus trazos característicos, así como relacionar os
elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto
rurais como urbanos.
4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten
sobre o medio, analizando as súas causas e efectos, así
como investigar que medidas podemos empregar
para prevelos e limitalos.
5. Análise e comentario de documentos de carácter histórico
para aproximarse á interpretación sobre os cambios e a
evolución da prehistoria e historia antiga no mundo, na
Península Ibérica e en Galicia.
6. Manexo de mapas históricos e documentos que axuden a
comprender o impacto e a extensión da revolución
neolítica.
7. Análise e utilización crítica de fontes históricas
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Realizaranse tres avaliacións . A nota será o resultado de
sumar as cualificacións obtidas como media do resultado de
diferentes probas escritas ( poderase pedir un mínimo dun 3 para
aplicar a media)que valerán un 80% da nota coa valoración do
esforzo realizado diariamente: traballo na aula, tarefas da casa,
actitude , ata un máximo de 2 puntos (20% da nota).
As dúas primeiras avaliacións irán acompañadas por unha
recuperación para aqueles estudantes que non superaran a materia,
dita recuperación consistirá nun exame que puntuará sobre 8, é
dicir, que equivalerá ó 80% da nota de avaliación e seguirá
aplicándose a valoración debida ó esforzo diario. A terceira
avaliación terá recuperación só no caso de que o alumno teña
como mínimo unha avaliación aprobada. De non ser así irá á
proba de setembro na que entrará toda a materia. Os alumnos que
teñan unha ou dúas aprobadas poderán facer unha recuperación
final no mes de xuño.
AGRUPAMENTO DE 1º DE ESO.
Para eles mantense a programación de 1º da ESO, pero os
contidos serán adaptados ás necesidades específicas dos alumnos,
prevéndose unha menor complexidade e a utilización de
actividades axeitadas ao nivel dos nenos/as.
EXÁMES DE PENDENTES DE PRIMEIRO DA ESO
Realizaranse tres exames nas datas marcadas pola xefatura de
estudios. Dous serán exames parciais e o terceiro será un exame
final. Aprobando os dous exames parciais non hai que presentarse
ó final. No caso de suspender un parcial faise o exame final con
toda a materia. De non presentarse ó primeiro parcial sen causa
debidamente xustificada, non poderá tampouco presentarse ó
segundo, tendo que concurrir directamente ó exame final. O
exame de setembro faise con toda a materia.
No primeiro parcial os alumnos examinaranse da parte de
xeografía e no segundo da parte de historia.
Como reforzo para a recuperación das materias pendentes, os
alumnos/as teñen á súa disposición os distintos profesores do
departamento para solventar as dúbidas que poidan ter na
preparación dos exames, así como a posibilidade de realizar
actividades específicas que, titorizadas polo departamento sirvan
de complemento ás explicacións que puntualmente soliciten ós
membros do departamento
O libro de texto elixido para impartir esta materia de 1ª de ESO é
da editorial Vicens Vives.
SEGUNDO DE ESO
CONTIDOS Bloque 1. O medio físico
-A localización. Latitude e lonxitude
-Características do medio físico de España e de Galicia
-Elementos e factores climáticos. Os climas de España e de Galicia
-Diversidade de paisaxes naturais en España e Galicia
-Os problemas medioambientais en España
Bloque 2. O espazo humano
-A poboación mundial. Modelos demográficos e movementos migratorios
-A poboación europea. Distribución e evolución
-A poboación española. Evolución, distribución e dinámica. Os
movementos migratorios
-A poboación galega. Evolución, distribución e dinámica. Os movementos
migratorios
-O proceso de urbanización no planeta
-A cidade e o proceso de urbanización europeo
-A cidade e o proceso de urbanización en España e en Galicia
Bloque 3. A historia
-As fontes históricas
-Vocabulario histórico e artístico
-A Idade Media. Concepto e división en sub-etapas
-A caída do Imperio Romano en Occidente. División política e invasións
xermánicas
-O imperio bizantino e os reinos xermánicos
-O feudalismo
-O Islam. A Península Ibérica: invasión musulmá e evolución de Al-
Andalus
-Os reinos cristiáns na Península
-Reconquista e repoboación
-A expansión comercial europea e a recuperación das ciudades. A crise da
Baixa Idade Media: a “Peste Negra “ e as súas consecuencias
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE ( en negrita aparecen sinalados os
considerados contidos mínimos ). A repartir entre as tres avaliacións
-Busca as coordenadas xeográficas de determinados lugares da Terra -Sitúa nun mapa físico as principais unidades do relevo español
-Sitúa nun mapa físico as principais unidades do relevo galego
-Compara zonas bioclimáticas españolas utilizando imaxes
-Analiza fotografías que mostren paisaxes naturais galegas
-Recolle información de diferentes medios sobre os problemas
medioambientais de España e Galicia
-Localiza nun mapamundi as áreas máis densamente poboadas do
mundo
-Explica os efectos das migracións nos países de acollida e de saída
-Analiza a pirámide de poboación española e galega
-Coñece o proceso da emigración galega, as súas etapas e destinos
principais
-Fai un mapa de cidades moi poboadas do mundo
-Fai un esquema comparativo entre o rural e o urbano
-Elabora gráficos de distintos tipos con datos relacionados coa
xeografía humana
-Nomea varias fontes históricas
-Ordena temporalmente feitos históricos
-Realiza algún mapa histórico da Idade Media
-Compara as formas de vida dos romanos coas dos reinos xermánicos
-Explica a relación entre os señores e os campesiños na sociedade
feudal
-Comprende as orixes do Islam e o seu alcance posterior
-Explica a importancia de Al-Ándalus na Idade Media
-Interpreta algún mapa da Reconquista na Península
-Explica a importancia do Camiño de Santiago na Idade Media
-Describe as características da arte románica, gótica e islámica
-Comenta nas súas liñas máis básicas algunha obra de arte medieval
OBXECTIVOS.
1. Recoñecer os mecanismos esenciais que rexen o
funcionamento dos feitos sociais e económicos dentro da
estrutura da nosa sociedade e intentar comprender e saber
analizar os problemas máis apremiantes das sociedades
contemporáneas.
2. Adquirir e utilizar o vocabulario específico da área con
precisión e rigor.
3. Estudar, comparar e contrastar a información obtida a través de
diferentes fontes de información directa (enquisas, traballos de
campo etc.) e indirecta (vídeos, imaxes, obras de arte etc.).
4. Manexar e interpretar correctamente diferentes instrumentos de
traballo xeográfico e histórico: as gráficas, os mapas, as series
estatísticas, etc.; saber interpretar a escala gráfica e os signos
convencionais que se utilizan nos distintos tipos de mapas
(físicos, políticos, históricos etc.).
5. Elaborar bosquexos, gráficos sinxelos, organigramas e mapas
conceptuais para representar os fenómenos históricos e
xeográficos traballados.
6 Clasificar os distintos tipos de cidades existentes segundo os
sistemas de produción e as actividades económicas que se
practican nelas.
7 Identificar o sistema urbano das cidades do mundo, España e
Galicia.
8 Identificar a distribución da poboación no planeta, España e
Galicia, entender o concepto de densidade de poboación e
especificar os factores que condicionan a distribución (factores
físicos, históricos e económicos).
9 Diferenciar entre poboamento rural e urbano no mundo e en
España.
10 Explicar as consecuencias do progresivo avellentamento da
poboación mundial e valorar as posibles consecuencias dos
desequilibrios actuais e futuros.
11 Coñecer as distintas fases da evolución da poboación mundial,
comparando os réximes demográficos dos países
desenvolvidos e dos países subdesenvolvidos.
12 Analizar as características da poboación de Galicia e de
España: índices de natalidade e fecundidade, taxa de
mortalidade, crecemento vexetativo, esperanza de vida,
pirámides de idade, distribución no territorio etc.
13 Realizar actividades relacionadas co estudio demográfico:
elaborar e interpretar pirámides de poboación, realizar cálculos
de densidades de poboación, taxas, interpretar series
estatísticas etc.
14 Comprender as causas dos movementos migratorios e clasificar
os distintos tipos de migracións segundo as causas que as
motivan, o destino ao que se dirixen; a súa forma e mais a súa
duración.
15Identificar os fluxos migratorios na actualidade e analizar a
evolución dos movementos migratorios en España e Galicia.
16 Definir a poboación activa e establecer a súa distribución por
sectores económicos no planeta e en España.
17 Valorar a incorporación da muller ao mundo laboral.
18 Ordenar os acontecementos históricos en eixes cronolóxicos e
localizalos no espazo co fin de adquirir unha perspectiva global
da evolución histórica da Humanidade que teña en conta os
procesos de cambio e de permanencia.
19 Coñecer as orixes do Islam, identificar os seus preceptos
básicos e analizar as diferentes fases da súa expansión tras a
morte de Mahoma.
20 Localizar nun eixe cronolóxico as distintas etapas da historia
de Al-Andalus e comparar o sistema político e a organización
estatal de Al-Andalus desde a época do Emirato dependente ata
o reino nazarí de Granada.
21 Recoñecer os distintos grupos que formaban a sociedade de Al-
Andalus e comprender as causas das conversións relixiosas, así
como coñecer a base económica de Al-Andalus e identificar os
cultivos e as innovacións técnicas que os árabes introduciron
na Península
22 Analizar as causas e a evolución da Reconquista, así como o
proceso de repoboamento dos territorios ocupados, localizando
no mapa as etapas máis importantes.
23 Analizar os elementos que propiciaron o nacemento do
feudalismo.
24 Explicar a composición e os trazos distintivos dos distintos
estamentos da sociedade medieval: modo de vida, nivel de
riqueza, actividades económicas, etc. así como coñecer os
pactos de fidelidade e vasalaxe que establecían os distintos
grupos sociais que integraban o sistema feudal.
25 Describir distintos edificios característicos do mundo rural da
Idade Media: o castelo, o mosteiro, as vivendas dos
campesiños, etc., así como outras manifestacións artísticas.
26 Saber como estaba organizada a Igrexa na Idade Media.
27 Coñecer as orixes da cidade medieval, identificar os seus
principais edificios e recoñecer as actividades económicas que
se desenvolvían no seu interior, dedicando unha especial
atención ao funcionamento dos gremios e a aparición da
burguesía.
28 Identificar e localizar no mapa as principais rutas comerciais e
centros mercantís da Idade Media.
29 Analizar as causas do renacer cultural das cidades no século
XIII e valorar a función cultural e ideolóxica das universidades
a partir deste momento, así como da nova relixiosidade que
aparece neste medio.
30 Explicar os trazos distintivos da arte gótica en Europa, España
e Galicia na súas diversas manifestacións: arquitectura,
escultura e pintura.
31Coñecer as causas da crise da Baixa Idade Media (séculos XIV
e XV).
35. Identificar as características e a evolución dos reinos
cristiáns desde o século XII ata finais da Idade Media e a súa
organización política.
.
COMPETENCIAS BÁSICAS A DESENVOLVER
1.Competencia social e cívica
Comprender o concepto de tempo histórico.
Identificar a relación multicausal dun feito histórico e as
súas consecuencias.
Coñecer as grandes etapas e os principais acontecementos da
Idade Media e a Historia Moderna.
Comprender o funcionamento das sociedades, o seu pasado
histórico, a súa evolución e transformacións.
Desenvolver a empatía mediante a comprensión das accións
humanas do pasado.
Expresarse de forma asertiva e mostrar unha actitude
favorable ao diálogo e mais ao traballo cooperativo.
2. Tratamento da información e competencia dixital
Relacionar e comparar a información procedente de diversas
fontes: escritas, gráficas, audiovisuais, etc.
Contrastar a información obtida e desenvolver un
pensamento crítico e creativo.
Elaborar a información transformando os datos recollidos e
traducíndoos a outro formato ou linguaxe.
Empregar as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías da
información e a comunicación na procura e o procesamento
da información.
3. Competencia en comunicación lingüística
Utilizar adecuadamente o vocabulario propio das ciencias
sociais para construír un discurso preciso.
Desenvolver a empatía e interesarse por coñecer e escoitar
opinións distintas á propia.
Utilizar diferentes variantes do discurso, en especial, a
descrición e a argumentación.
Ler e interpretar textos de tipoloxía diversa, linguaxes
icónicas, simbólicas e de representación.
4.Competencia matemática
Elaborar e interpretar eixes cronolóxicos.
Analizar e comprender os datos cuantitativos recollidos en
táboas, gráficos e diagramas.
Facer cálculos matemáticos de números enteiros e
porcentaxes para chegar a conclusións cuantitativas.
5. Competencia para aprender a aprender
Desenvolver unha visión estratéxica dos problemas,
anticipar posibles escenarios e consecuencias futuras das
accións individuais e/ou sociais.
Buscar explicacións multicausais para comprender os
fenómenos sociais e avaliar as súas consecuencias.
Utilizar distintas estratexias para organizar, memorizar e
recuperar a información: esquemas, resumos etc.
Participar en debates e contrastar as opinión persoais coas
do resto de compañeiros.
Desenvolver o gusto pola aprendizaxe continua e mais a
actualización permanente.
6. Sentido de iniciativa e espírito emprendedor
Asumir responsabilidades e tomar decisións con respecto á
planificación do proceso de resolución das actividades
propostas.
Interpretar adecuadamente as particularidades de cada
situación e de cada problema estudado.
Saber argumentar de forma lóxica e coherente as
explicacións dos conceptos e fenómenos estudados.
Autorregular o propio aprendizaxe: tomar conciencia do que se
sabe e do que falta por aprender; e realizar autoavaliacións do
propio traballo
CRITERIOS DE AVALIACIÓN.
1. Describir os trazos sociais, económicos, políticos, culturais e
artísticos que caracterizan a Europa medieval a partir das
funcións desempeñadas pola nobreza, o clero e o campesiñado
e recoñecer a súa evolución ata a aparición do Estado moderno.
2. Situar no tempo e no espazo as diversas unidades políticas que
coexistiron na Península Ibérica durante a Idade Media,
distinguindo as súas peculiaridades e recoñecendo na España
actual exemplos da pervivencia do seu legado cultural e
artístico, particularmente no mundo urbano.
3. Valorar a identidade do período medieval galego nos seus
momentos fundamentais, destacando o papel hexemónico que
exerce a Igrexa na economía, na cultura ou na articulación do
poboamento e establecendo unha relación entre as súas crises
sociais e a xeral do feudalismo.
6. Describir os factores que condicionan os comportamentos e
movementos demográficos, utilizando os conceptos e
indicadores básicos, caracterizando as tendencias
predominantes e aplicando este coñecemento á análise do
actual réxime demográfico de Galicia e España.
7. Identificar os trazos que caracterizan as sociedades actuais
distinguindo a diversidade de grupos sociais que as configuran,
e expoñendo algunha situación que reflicta a desigualdade
social.
8. Analizar o crecemento das áreas urbanas e as súas novas
modalidades, a diferenciación social e funcional do espazo
urbano e algúns dos seus problemas, aplicando este
coñecemento a exemplos de cidades españolas e galegas.
9. Realizar de forma individual e tamén en grupo, coa axuda do
profesor, un traballo sinxelo de carácter descritivo sobre algún
pazo ou mosteiro da comarca, utilizando fontes diversas
(prensa, bibliografía, páxinas web, etc.), seleccionando a
información máis relevante, integrándoa nun esquema ou
guión e comunicando os resultados do estudio de forma
intelixible.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Realizaranse tres avaliacións . A nota será o resultado de
sumar as cualificacións obtidas como media do resultado de
diferentes probas escritas( esixirase unha nota mínima de 3 para
aplicar a media ) que será un 80% da nota coa valoración do
esforzo realizado diariamente: traballo na aula, tarefas da casa,
actitude (20% da nota).
As dúas primeiras avaliacións irán acompañadas por unha
recuperación para aqueles estudantes que non superaran a materia,
dita recuperación consistirá nun exame que puntuará sobre 8, é
dicir, que equivalerá ó 80% da nota de avaliación e seguirá
aplicándose a valoración debida ó esforzo diario. A terceira
avaliación terá recuperación sempre e cando o alumno teña como
mínimo unha avaliación aprobada. De non ser así o alumno irá a
setembro con toda a materia. No mes de xuño haberá unha
recuperación final para os alumnos que teñan unha ou dúas
avaliacións aprobadas.
AGRUPAMENTO DE 2º DE ESO.
Para eles mantense a programación de 2º da ESO, pero os
contidos serán adaptados ás necesidades específicas dos alumnos,
prevéndose unha menor complexidade e a utilización de
actividades axeitadas ao nivel dos nenos/as.
ATENCIÓN A PENDENTES DE SEGUNDO DA ESO.
Realizaranse tres exames nas datas marcadas pola xefatura de
estudios. Dous serán exames parciais e o terceiro será un exame
final. Aprobando os dous exames parciais non hai que presentarse
ó final. No caso de suspender un parcial faise o exame final con
toda a materia ou poderán facer o traballo correspondente á parte
suspensa. De non presentarse ó primeiro parcial sen causa
debidamente xustificada, non poderá tampouco presentarse ó
segundo, tendo que concurrir directamente ó exame final. O
exame de setembro faise con toda a materia..
Como reforzo para a recuperación das materias pendentes, os
alumnos/as teñen á súa disposición os distintos profesores do
departamento para solventar as dúbidas que poidan ter na
preparación dos exames, así como a posibilidade de realizar
actividades específicas que, titorizadas polo departamento, sirvan
de complemento as explicacións que puntualmente soliciten ós
membros do departamento
O libro de texto é da editorial Vicens Vives, en formato
trimestral.
3º DE ESO
CONTIDOS
Bloque 1. O medio físico
-Localización.Latitude e lonxitude
Bloque 2. O espazo humano
-Organización política e territorial en España
-Os sectores de actividade económica
-Os sectores de actividade económica en Europa, España e
Galicia
-Os sistemas económicos do mundo
-Futuro dos recursos naturais.Desenvolvemento sostible
-As actividades agrarias
-A pesca:tipos e problemática
-A industria. Principais áreas industrializadas do mundo
-O sector terciario: o transporte
-O sector terciario: o comercio
-O sector terciario: o turismo
-Desenvolvemento desigual. Débeda externa
-Tensións mundiais e subdesenvolvemento. Posibles solucións
Bloque 3. A historia
-As fontes históricas
-Vocabulario histórico e artístico
-A Idade Moderna: concepto e datación
-O Renacemento e o Humanismo
-Arte renacentista e barroca
-O estado moderno: monarquías autoritarias, absolutas e
parlamentarias
-O reinado dos Reis Católicos
-Os descubrimentos xeográficos. Conquista e colonización de
América
-Conflitos europeos na época dos Austrias. Reforma,
contrarreforma, guerras de relixión, a guerra dos Trinta Anos
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E CONTIDOS MÍNIMOS
( os estándares subliñados son considerados contidos mínimos )
-Localiza lugares nun mapa segundo as súas coordenadas
xeográficas
-Distingue diferentes tipos de mapas temáticos
-Cubre nun mapa político as diferentes provincias e
comunidades autónomas españolas
-Compara taxas de reparto da poboación activa por sectores en
diferentes países e analiza as conclusións
-Fai un esquema comparativo dos sistemas económicos
capitalista e comunista -Define desenvolvemento sostible
-Realiza un mapa dos espazos agrarios do mundo
-Explica as características das principais paisaxes agrarias do
mundo
-Comenta un mapa da produción de enerxía no mundo
-Analiza as vantaxes e inconvenientes dos diferentes tipos de
enerxía
-Identifica e nomea as enerxías alternativas
-Realiza un mapa dos principais caladoiros pesqueiros
-Comenta noticias sobre a sobreexplotación pesqueira
-Realiza un mapa das zonas máis industrializadas do mundo e
extrae conclusións -Enumera os bloques comerciais do mundo e analiza as razóns
polas que se constitúen
-Fai un mapa dos principais fluxos comerciais do mundo
-Describe as características do comercio internacional na
actualidade -Identifica os distintos tipos de turismo e os seus efectos
-Valora a importacia do turismo na economía española e galega
-Comenta noticias de conflitos bélicos no mundo
-Nomea e identifica fontes históricas
-Ordena temporalmente algúns feitos históricos relevantes da
materia deste curso -Distingue características de réximes monárquicos de tipo
autoritario, parlamentario e absoluto poñendo algún exemplo -Caracteriza Renacemento e Humanismo
-Cita obras de arte da época do Renacemento
-Analiza a monarquía dos Reis Católicos en liñas xerais
-Explica as causas que influiron no descubrimento de América
e na conquista e colonización dela -Analiza distintas valoracións sobre a conquista e colonización de
América
-Elabora un mapa que plasme a expansión das diversas
relixións no século XVI en Europa
-Compara as ideas de Lutero coas da igrexa católica
-Define Contrarreforma
TEMPORALIZACIÓN DOS ESTÁNDARES DE
APRENDIZAXE,OBXECTIVOS E CRITERIOS DE
CUALIFICACIÓN
En primeiro lugar hai que sinalar que a materia deste curso é moi
extensa para ser impartida nun só curso académico. En principio
tentarase explicar todo o relacionado coa xeografía nos dous
primeiros trimestres e a parte de historia no terceiro, podendo
estar este reparto suxeito a modificacións. Algúns estándares
poderán ser impartidos nunha soa clase como os que teñen que
ver coa realización de mapas, definicións, localizar lugares nun
mapa, comentario de noticias. Outros requiren unha maior
dedicación como pode ser ordenar temporalmente feitos históricos
xa que é unha destreza que se vai adquirindo ao longo do curso
segundo se van adquirindo os coñecementos. Non todos serán
avaliados mediante exame, algúns poderán ser avaliados
oralmente na clase como o comentario de noticias
OBXECTIVOS
Entender que as sociedades manteñen unha relación intensa
co territorio e entre elas e iso transforma a visión xeográfica ó
longo do tempo.
Observar como as causas que van modificando a realidade
son sempre múltiples e están interrelacionadas (físicas, políticas,
económicas, sociais...). Só dese xeito se pode intentar comprender
mellor a realidade na que estamos insertos.
Aprender a valorar a variedade cultural, a respectala, a sentila
como riqueza.
Espertar ou potenciar a sensibilidade persoal para apreciar a
importancia de respectar o patrimonio natural e tamén o histórico
e artístico e todas as súas vertentes.
Tomar conciencia de como o feito de formar parte dunha
comunidade determinada é un dos elementos relevantes para
construír a nosa personalidade, polo mesmo, valorar a
importancia de preservar e defender os elementos que nos definen
(no noso caso, o feito de ser parte da comunidade galega).
Dominar no posible o vocabulario propio da materia e
integralo de xeito normal na nosa maneira de falar.
Acadar un dominio básico dos diferentes xeitos de
construción da información xeográfica (mapas, gráficos, táboas,
estatísticas, etc.).
Insistir na aprendizaxe da relevancia do traballo en grupo, da
solidariedade, da capacidade de diálogo e de intercambio de
coñecementos e, por suposto, de dúbidas.
Valorar a transcendencia que os modelos democráticos
supoñen para as comunidades e para o individuo (recoñecemento
de liberdades, dereitos, participación, etc.).
Obter información do pasado manexando distintos tipos de
fontes con rigor crítico
Levar a cabo pequenas investigacións utilizando as técnicas
básicas de indagación características da historia
Coñecer a importancia das transformacións acontecidas na
Idade Moderna para comprender o mundo no que vivimos
Coñecer as principais manifestacións artísticas da arte na
Idade Moderna
ACTITUDES.
Curiosidade por coñecer distintas formas de
representar o espazo terrestre cara ó seu coñecemento.
Valoración do medio como soporte da nosa existencia.
Preocupación polos problemas ós que se enfronta o
medio natural.
Interese polo coñecemento da organización política do
noso mundo.
Rexeitamento das grandes desigualdades de poder
entre uns Estados e outros do planeta.
Sentimento de identidade co resto dos habitantes do
planeta.
Preocupación pola situación dos refuxiados do mundo,
e toma de conciencia das razóns da necesidade de emigrar.
Sentimento de pertenza a UE.
Rexeitamento das situacións de desigualdade
económica no mundo.
Valoración das distintas actividades económicas e
preocupación polos efectos ambientais das mesmas.
Toma de conciencia do carácter finito de grande parte
dos recursos naturais.
Preocupación polo impacto ambiental que ten a
explotación dos recursos naturais, enerxéticos e da auga.
Preocupación polos efectos que a deslocalización
industrial está a producir no noso entorno .
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Realizaranse tres avaliacións . En cada unha das avaliacións
levaranse a cabo dous exames que terán un valor do 80% da nota
da avaliación, mentres que o restante 20% se obterá do traballo de
clase. As dúas primeiras avaliacións irán acompañadas por unha
recuperación para aqueles estudantes que non superaran a materia.
A recuperación consistirá nun único exame que puntuará sobre 8,
mantendo así efectivo o peso do traballo diario na aula. No mes
de xuño os alumnos que teñan unha ou dúas avaliacións suspensas
poderán facer unha recuperación final.
Exames – 80% Traballo-20%
EXAMES DE PENDENTES DE TERCEIRO DA ESO
Realizaranse tres exames nas datas marcadas pola xefatura de
estudios. Dous serán exames parciais e o terceiro será un exame
final. Aprobando os dous exames parciais non hai que presentarse
ó final. No caso de suspender un parcial faise o exame final con
toda a materia. Como consecuencia lóxica, a non presentación ó
primeiro implica a non presentación ó segundo. O exame de
setembro faise con toda a materia. A materia de cada parcial será
debidamente comunicada aos alumnos coa suficiente antelación.
Como reforzo para a recuperación das materias pendentes, os
alumnos/as teñen á súa disposición os distintos profesores do
departamento para solventar as dúbidas que poidan ter na
preparación dos exames, así como a posibilidade de realizar
actividades específicas que, titorizadas polo departamento sirvan
de complemento ás explicacións que puntualmente soliciten ós
membros do seminario. O libro deste curso é o da editorial Vicens
Vives. A materia que entrará no primeiro parcial será a parte de
xeografía e no segundo a parte de historia
PROGRAMACIÓN DE CUARTO CURSO DA ESO.
OBXECTIVOS.
1. Coñecer os trazos característicos do Antigo Réxime.
2. Describir a estrutura social da época
3. Comparar dous sistemas políticos coetáneos: a monarquía
absoluta e a monarquía parlamentaria inglesa.
4. Coñecer as ideas da Ilustración e os seus principais
representantes.
5. Explicar como se produciu o establecemento da dinastía
borbónica en España.
6. Caracterizar os estilos artísticos Rococó e Neoclásico e
relacionalos coa sociedade e co pensamento da época.
7. Coñecer as características principais de Galicia no século
XVIII.
8. Describir o proceso revolucionario que conduciu ao nacemento
de Estados Unidos.
9. Caracterizar as distintas etapas políticas da Revolución
Francesa.
10. Explicar o significado histórico da Restauración e analizar os
seus logros e fracasos.
11. Describir o proceso de independencia de Hispanoamérica.
12. Caracterizar o Romanticismo.
13.Identificar os factores que fixeron posible o desenvolvemento
da industrialización.
14.Caracterizar cada unha das fases da revolución industrial:
sectores industriais máis importantes, fontes de enerxía principais
e maiores potencias industriais.
15.Explicar os cambios sociais que implicou a revolución
industrial.
16.Coñecer o desenvolvemento do movemento obreiro, os seus
logros e as ideoloxías en que se sustentou: o marxismo e o
anarquismo.
17Valorar a importancia das Cortes de Cádiz.
18. Coñecer os principais acontecementos políticos da España do
século XIX
19.Explicar os cambios na economía e na sociedade españolas
durante o século XIX.
20 Coñecer causas e consecuencias do colonialismo
21.Coñecer os estilos artísticos e arquitectónicos máis importantes
de finais do século XIX e principios do XX.
22.Caracterizar o período coñecido como Paz Armada. Identificar
as causas profundas e as causas inmediatas que provocaron o
estalido da Primeira Guerra Mundial.
23.Encadrar a Primeira Guerra Mundial no seu contexto temporal
e describir as fases do conflito.
24.Comprender por que a Primeira Guerra Mundial foi un conflito
diferente a calquera conflito anterior.
25.Coñecer os cambios no mapa europeo, como resultado da Paz
de París, e os obxectivos deses cambios.
26.Analizar as consecuencias económicas e políticas da Gran
Guerra.
27.Coñecer a situación política e social en Rusia a comezos do
século XX.
33.Describir como se produciu a caída do tsarismo e os problemas
aos que tivo que facer fronte o novo Goberno provisional.
34.Explicar cando e como chegaron os bolxeviques ao poder, e
cales foron os principais problemas durante o goberno de Lenin.
35.Definir os cambios no réxime político ruso tras a instauración
do stalinismo e os medios que utilizou Stalin para exercer o
control absoluto.
36.Explicar como chegaron ó poder o partido fascista en Italia e o
partido nazi en Alemaña e as causas do apoio popular.
37. Caracterizar ó fascismo e nazismo e salientar os métodos de
actuación.
38 Encadrar a Segunda Guerra Mundial no seu contexto espazo
temporal.
39. Recoñecer as causas da Guerra e o seu desenvolvemento.
40.Identificar os cambios políticos e territoriais derivados dela.
.
41.Coñecer que organizacións supranacionais se crearon tras a
guerra.
42Caracterizar as distintas etapas políticas da Segunda República
e destacar os acontecementos principais en cada unha delas.
43 Coñecer as reformas que propuxo a Constitución de 1931 e
valorar as súas innovacións
44 Explicar as causas, o desenvolvemento e as consecuencias da
Guerra Civil.
45Coñecer os trazos principais da Galicia da época, como o
agrarismo e o Estatuto.
46 Explicar en que dous bloques antagónicos quedou dividido o
mundo tras a Segunda Guerra Mundial e que países lideraban
cada un deles.
47Definir que se entende por Guerra Fría. Situar este período no
seu contexto espazo-temporal e distinguir as etapas de maior
tensión (primeira e segunda Guerra Fría) e de menor tensión
(coexistencia pacífica).
48Comparar os sistemas políticos e económicos dos bloques
occidental e comunista.
49Explicar os conflitos máis destacados da Guerra Fría e as súas
consecuencias.
50Caracterizar o franquismo como un réxime ditatorial e describir
as súas características
51Rexeitar a ditadura como réxime político.
52Explicar o proceso de colapso do bloque comunista e a
transición do comunismo ao capitalismo nestes países.
53Analizar as características das relacións internacionais tras ese
proceso.
54Valorar a evolución da Unión Europea nos últimos anos.
55Comprender en que consiste a globalización e os seus efectos
sobre as distintas rexións.
56Describir os principais cambios sociais que se produciron no
mundo actual.
57Explicar como se produciu o proceso de transición política en
España.
58Distinguir as etapas que se diferencian na historia da España
democrática e comparar as distintas políticas que se levaron a
cabo en cada período.
59Valorar cales foron os logros da democracia e que problemas
quedan aínda pendentes.
CONTIDOS
Bloque 1. O século XVIII en Europa ata 1789 -A Ilustración
-Arte e ciencia en Europa no século XVIII
Bloque 2. A era das Revolucións liberais
-As revolucións nos séculos XVIII e XIX. Bases ideolóxicas,
económicas e sociais. Principais consecuencias
-As revolucións burguesas nos séculos XVIII e XIX:periodización
e feitos principais
-A Restauración
-A unificación italiana e alemá
Bloque 3. A Revolución Industrial
-A Revolución Industrial: concepto e factores. Expansión desde a
súa orixe ao resto de Europa
-Consecuencias da Revolución Industrial. O movemento obreiro
Bloque 4. Imperialismo do século XIX e Primeira Guerra
Mundial
-Imperialismo: causas, desenvolvemento e consecuencias
-Causas e consecuencias da Primeira Guerra Mundial
-A Revolución Rusa: orixe, desenvolvemento e consecuencias
-A arte no século XIX
Bloque 5. A época de entreguerras
-O período de entreguerras. Do final da Primeira Guerra Mundial
á Grande Depresión
-O fascismo italiano e o nazismo alemán
-A II República española e a guerra civil
Bloque 6. Causas e consecuencias da Segunda Guerra
Mundial
-As orixes da Segunda Guerra Mundial
-O desenvolvemento da II G Mundial: extensión, fases, formas de
guerra, principais consecuencias
-O Holocausto
-A guerra fría
-O proceso descolonizador de Asia e Africa
Bloque 7. A estabilización do capitalismo e o illamento
económico do bloque soviético
-Evolución dos bloques soviético e capitalista
-A crise do petróleo ( 1973 )
-A ditadura de Franco en España
Bloque 8. O mundo recente entre os séculos XX e XXI
-As distintas formas económicas e sociais do capitalismo no
mundo
-O colapso dos réximes soviéticos e as súas consecuencias
-A transición política española: da ditadura á democracia ( 1975-
1982 )
-O camiño cara a UE
Bloque 9. A Revolución Tecnolóxica e a Globalización de finais
do XX e principios do XXI
-A globalización económica: concepto, características
-O papel da revolución tecnolóxica na globalización
Bloque 10. A relación entre o pasado, o presente e o futuro a
través da Historia e a Xeografía
-Relación entre pasado, presente e futuro
-O tempo histórico
-Vocabulario histórico e artístico da Idade contemporánea
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E CONTIDOS MÍNIMOS
( en negrita os estándares considerados contidos mínimos )
-Establece a diferenza entre absolutismo e parlamentarismo
-Define Antigo Réxime
-Define Ilustración
-Compara as ideas dalgúns ilustrados
-Fai un esquema das principais etapas da Revolución
Francesa
-Investiga sobre o retraso da Revolución Industrial en España
-Fai un cadro onde aparezan as principais características da
Primeira Revolución Industrial e as súas diferenzas coa
Segunda -Relaciona colonialismo, imperialismo e Grande Guerra
-Comenta un mapa de Europa despois da Primeira Guerra
Mundial
-Analiza a trascendencia da Revolución Rusa
-Comenta cadros, esculturas e exemplos arquitectónicos da arte
do século XIX
-Diferenza fontes históricas de fontes historiográficas
-Explica diversos factores que fixeron posible o auxe do
fascismo en Europa
-Explica as principais reformas da Segunda República española
-Analiza as causas da guerra civil española
-Comenta un mapa de Europa durante a Segunda Guerra
Mundial
-Explica o motivo de que rematase antes a guerra europea que
a do Pacífico
-Recoñece o significado do Holocausto na historia mundial
-Explica algúns dos conflitos enmarcados na guerra fría
-Describe feitos relevantes do proceso descolonizador -Compara a crise enerxética de 1973 coa financieira de 2008
-Coñece a situación da posguerra e a represión en España e as
distintas fases da ditadura de Franco
-Analiza diversos aspectos dos cambios producidos despois do
colapso da URSS
-Describe algúns dos fitos que deron lugar ao cambio na
sociedade española da transición: aprobación da constitución
de 1978, primeiras eleccións xerais, creación do estado das
autonomías…
-Debate sobre eurocentrismo e globalización
-Compara as revolucións industriais do século XIX coa
revolución tecnolóxica de finais do século XX e principios do
XXI
-Ordena temporalmente algúns feitos históricos
-Realiza diversos eixes cronolóxicos e mapas históricos
-Utiliza con fluidez e precisión vocabulario histórico e artístico
TEMPORALIZACIÓN
Tentarase unha distribución equitativa entre as tres avaliacións
PROCEDEMENTOS
Análise e comentario de mapas históricos.
Explicación dun proceso histórico a partir da interpretación dun
esquema secuencial.
Elaboración dun cadro cronolóxico e realización dunha liña do
tempo.
Elaboración dun resumo do tema a partir da realización dun
esquema previo.
Realización dun cadro comparativo e dun esquema tipo ficha.
Comparación de argumentos diversos sobre o imperialismo e
defensa dos propios argumentos.
Análise de mapas e de gráficos para obter información.
Interpretación de caricaturas políticas como fonte de
información histórica.
Comparación de textos constitucionais: establecer similitudes e
diferenza entre as constitucións e ser capaz de identificalas como
progresistas ou moderadas.
Comparación de visións distintas de modelos políticos.
Identificación dos símbolos do fascismo e do nazismo.
Análise de gráficos, de fotografías e de obras pictóricas para
obter información.
Lectura crítica e comparación de textos históricos que recollen
opinións distintas.
Obtención de información de páxinas web.
Recabar información entre os familiares que puderan ter
memoria histórica de acontecementos relevantes (por ex., da
Guerra Civil).
Definición de conceptos
Análise de discursos e de textos da época identificando as ideas
principais e o seu obxectivo.
ACTITUDES
Valoración crítica da sociedade estamental e rexeitamento de
situacións de escravitude.
Valoración positiva do parlamentarismo inglés fronte ao
absolutismo monárquico.
Valoración positiva do pensamento ilustrado, en tanto que
defendía un sistema social igualitario que lles permitise a todos os
individuos progresar na escala social e económica segundo as
súas capacidades e o seu esforzo, e un sistema político en que a
soberanía residise no pobo, existise a separación de poderes e
unha constitución que recoñecese os dereitos e as liberdades
fundamentais das persoas.
Aprecio pola arte polo seu valor artístico e como expresión dos
sentimentos e gustos dunha época histórica.
Valoración crítica dos medios que se utilizan para lograr os
cambios políticos..
Valoración positivas das democracias constitucionais fronte
ás ditaduras.
Valoración crítica das formas de imperialismo na actualidade.
Condena dos abusos de poder e das políticas de exterminio.
Rexeitamento de calquera forma de explotación das persoas, de
actitudes e comportamentos racistas, e de discriminación da
muller.
Interese por coñecer o pasado como forma de comprender o
presente.
Rexeitamento das guerras e de calquera outra acción violenta
como mecanismo para dirimir conflitos.
Valoración da Constitución como parte esencial no
ordenamento dun Estado liberal.
Rexeitamento de calquera práctica de corrupción electoral,
como o caciquismo e o pucheirazo no século XIX.
Respecto polas ideoloxías distintas á propia.
Actitude crítica ante tratados de paz que, como o de Versalles,
buscan o afundimento do vencido.
Rexeitamento das ditaduras e dos totalitarismos.
Aprecio polos logros do movemento sufraxista na súa loita pola
igualdade da muller.
Valoración positiva dos avances científicos.
Rexeitamento de actitudes e comportamentos racistas e
xenófobos e mais da violencia.
Defensa dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais
das persoas.
Respecto polas culturas distintas á propia.
Valoración crítica do uso político da cultura.
Valoración positiva da memoria histórica como medio para
evitar os erros e os horrores do pasado.
Rexeitamento da violencia e das guerras como mecanismos
para dirimir conflitos
Sensibilización ante o sufrimento que padecen os pobos que se
encontran en guerra.
Condena dos países en conflito que non respectan o Dereito
Internacional Humanitario, que ten como obxectivo limitar o
sufrimento humano e outros danos en tempo de guerra. (Prohibe o
uso de armamento indiscriminado, o recrutamento de nenos
soldado, o ataque directo á poboación civil, as torturas...)
Valoración crítica do crecente desenvolvemento do armamento
na actualidade.
Rexeitamento da violencia e da guerra como medios para
dirimir conflitos.
Toma de conciencia das desigualdades entre o Primeiro Mundo
e o Terceiro Mundo.
Valoración do traballo das organizacións internacionais que
avogan pola paz e polo desenvolvemento.
Defensa dos dereitos humáns e valoración positiva dos
movementos e das organizacións que loitan pola paz e pola
igualdade entre as persoas, sen distinción de raza, sexo ou
ideoloxía.
Curiosidade por obter información e crearse unha opinión
propia sobre os problemas do noso tempo.
Valoración positiva do Estado do Benestar como garantía para
garantir unha calidade de vida digna ós cidadáns.
COMPETENCIAS BÁSICAS A DESENVOLVER
Comunicación lingüística
Utilizar o vocabulario relacionado coa sociedade e coa cultura
da época de estudo.
Identificar as ideas principais dos temas e interpretar e
organizar a información.
Elaborar respostas escritas.
Tratamento da información e competencia dixital
Usar fontes primarias e secundarias, textuais e gráficas, para
obter información coma iconográficas, para obter información.
Buscar e sintetizar información obtida na Internet.
Recoñecer o obxectivo das caricaturas políticas.
Buscar información nos actuais medios de comunicación social.
Sintetizar información en mapas, gráficos e cadros.
Elaborar un informe utilizando o ordenador.
Competencias sociais e cívicas
Analizar os grupos sociais e as persoas que exercen o poder
político, económico e social ó longo dos períodos estudados, cales
eran os criterios en que se baseaba o seu poder e a facilidade ou
dificultade para ascender na escala social.
Sentir empatía polas persoas que integraban os grupos non
privilexiados ou as clases sociais máis desfavorecidas.
Comprender cal era a súa situación e cales podían ser os seus
sentimentos.
Valorar os rexímenes parlamentarios e democráticos como os
sistemas políticos máis xustos e desexables fronte ao absolutismo
e ás ditaduras e totalitarismos.
Valorar como as ideas ilustradas supuxeron un cambio na
mentalidade da época que conduciu á fin do Antigo Réxime e ó
triunfo do liberalismo e posteriormente da democracia.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor
Formar unha opinión propia apoiada en argumentos sólidos e
saber defendela.
Ter interese por coñecer a situación dos dereitos humanos no
mundo actual e ser capaz de facer unha valoración.
Competencia para aprender a aprender
Estudiar o tema correctamente: lectura atenta e comprensiva do
texto, buscando o significado dos termos descoñecidos; subliñar
as ideas principais; elaborar un resumo cos aspectos subliñados,
utilizando unha linguaxe propia.
Elaborar cadros comparativos.
Elaborar resumos.
Diferenciar as ideas principais das secundarias.
Sintetizar a información en mapas de conceptos.
Competencia cultural e artística
Coñecer as características dos movementos artísticos e
identificar as obras e os artistas máis representativas dos
diferentes estilos.
Relacionar a coa sociedade e co pensamento da súa época.
- Analizar obras de artes dos artistas máis destacados.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Situar no tempo e no espazo os períodos e feitos transcendentes
e os procesos históricos relevantes que se estudan neste curso,
identificar o tempo histórico no mundo, en Europa, España e
Galicia, e aplicar as convencións e os conceptos habituais no
estudio da historia.
2. Identificar as causas e as consecuencias de feitos e procesos
históricos significativos, establecer conexións entre elas e
recoñecer a causalidade.
3. Identificar as causas e as consecuencias múltiple que implican
os feitos sociais.
4. Enumerar as transformacións que se producen en Europa nos
séculos XVIII ó XX, tanto no ámbito político como social e
económico.
5. Situar no tempo e no espazo os períodos e feitos
transcendentes e os procesos históricos relevantes que se estudan
neste curso, identificar o tempo histórico no mundo, en Europa,
España e Galicia, e aplicar as convencións e os conceptos
habituais no estudio da historia.
6. Explicar as razóns da supremacía política e económica dos
países europeos na segunda metade do século XIX, identificar os
conflitos e os problemas que caracterizan estes anos, tanto
internacionalmente coma no interior dos Estados, especialmente
os relacionados coa expansión colonial e coas tensións sociais e
políticas.
7. Identificar as causas e as consecuencias de feitos e procesos
históricos significativos, establecer conexións entre elas e
recoñecer a causalidade múltiple que comportan os feitos sociais.
8. Identificar os trazos fundamentais dos procesos de
industrialización e modernización económica e das revolucións
liberais burguesas, valorar os cambios económicos, sociais e
políticos que supuxeron e identificar as peculiaridades destes
procesos en España e en Galicia en particular.
9. Caracterizar e situar no tempo e no espazo as grandes
transformacións e os conflitos mundiais que se produciron no
século XX e aplicar este coñecemento á comprensión dalgúns dos
problemas internacionais máis destacados da actualidade.
10. Identificar e caracterizar as distintas etapas da evolución
política e económica de España durante o século XX e os avances
e retrocesos ata lograr a modernización económica, a
consolidación do sistema democrático e a pertenza á Unión
Europea e caracterizar os distintos procesos que se viviron en
Galicia nesta época.
11. Realizar traballos individuais e en grupo sobre algún foco de
tensión política ou social no mundo actual, indagando os seus
antecedentes históricos, analizando as causas e indicando posibles
desenlaces, utilizando fontes de información pertinentes, incluídas
algunhas que ofrezan interpretacións diferentes ou
complementarias dun mesmo feito.
12. Identificar as principais consecuencias da ditadura franquista
en Galicia.
13. Identificar os principais trazos básicos do desenvolvemento da
Autonomía de Galicia e da sociedade actual.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Realizaranse tres avaliacións. En cada unha das avaliacións
levaranse a cabo dous exames que terán un valor do 80% da nota
da avaliación, mentres que o restante 20% se obterá do traballo de
clase. Cada unha das avaliacións irá acompañada por unha
recuperación para aqueles estudantes que non superaran a materia.
Esta recuperación consistirá na realización dun exame que
puntuará sobre 8, mantendo dese xeito o respecto polo traballo na
aula.
Exames – 80% Traballo – 20%
O libro de texto seleccionado polo departamento é o da
editorial Vicens Vives
AVALIACIÓN INICIAL NOS CURSOS DA ESO
Ó comezo do curso e adaptándonos ás datas establecidas pola
dirección do centro para tal fin, levaranse a cabo probas de
avaliación orientadas a detectar na medida do posible as
condicións nas que teremos que traballar en cada grupo e con
cada alumna/o: desenvolvemento coas ferramentas propias da
materia (conceptos temporais, interpretación de gráficos,
manexo de mapas, dominio de léxico específico, capacidade de
comprensión e de expresión, etc.). As probas estarán orientadas
única e exclusivamente neste sentido e non terán repercusión
nas cualificacións académicas do curso. Os resultados das
mesmas permitirán compartir criterios cos compañeiros/as
doutros departamentos na xunta de avaliación inicial e poderán
sernos de utilidade para aportar opinións ou solicitar consellos
ó equipo orientador do centro.
No departamento existiron constantemente diagnósticos
específicos para atender os problemas que soubemos detectar e
que nos levaron a considerar a elaboración de adaptacións
curriculares ou mesmo solicitar a creación de agrupamentos
específicos, tal e como sucede novamente neste curso.
1º DE BACHARELATO: HISTORIA DO MUNDO
CONTEMPORÁNEO
A materia de 1º de Bacharelato pretende ofrecer segundo a
LOMCE unha visión de conxunto dos procesos históricos
fundamentais do mundo pero prestando cando é preciso unha
especial atención ao estado español e a Galicia. A través do estudo
desta disciplina os alumnos deberán adquirir determinados
valores e hábitos de comportamento como a actitude crítica cara
ás fontes, o recoñecemento da diversidade ou a valoración do
patrimonio cultural e histórico recibido. A través desta materia
trabállanse moitas competencias como as sociais e cívicas, a
lingüística e dixital, aprender a aprender etc.
OBXECTIVOS DIDÁCTICOS.
1. Coñecer as características do Antigo Réxime dende o punto
de vista económico, social e político.
2. Analizar as causas e problemas derivados do estancamento
agrícola.
3. Explicar as características da industria e das manufacturas
tradicionais.
4. Analizar a xerarquización da sociedade estamental.
5. Explicar a forma de exercer o poder das monarquías
absolutas.
6. Coñecer as transformacións que tiveron lugar como
consecuencia da Primeira Revolución Industrial en Gran Bretaña.
7. Analizar os cambios na agricultura e na demografía dende o
século XVIII.
8. Explicar a doutrina do liberalismo e identificar os seus
defensores.
9. Comprender o funcionamento do capitalismo industrial e os
cambios que se produciron na organización do traballo.
10. Analizar os cambios sociais resultado dos cambios
económicos.
11. Describir as causas sociopolíticas e económicas que
propiciaron a Revolución francesa.
12. Identificar cronoloxicamente as distintas fases da
Revolución
13. Analizar a época napoleónica.
14. Explicar a Restauración e o seu contido ideolóxico-político.
15. Comprender as diversas nocións de nacionalismo e
aplicalo os procesos de unificación italiana e alemá
16. Analizar as condicións de vida do proletariado no século
XIX para explicar as causas da conflitividade social.
17. Explicar as características do movemento obreiro ó longo
do século XIX.
18. Coñecer as bases das teorías marxistas e anarquistas.
19. Entender o papel das Internacionais Obreiras.
20. Recoñecer as innovacións técnicas da Segunda Revolución
Industrial e valorar as consecuencias económicas.
Describir os novos métodos empresariais e os novos sistemas
de produción.
21. Analizar as causas e consecuencias da expansión
imperialista europea así como os argumentos empregados para
xustificala.
22. Analizar os repartos de África e Asia.
23. Coñecer as causas que desencadearon a Primeira Guerra
Mundial..
24. Analizar as causas da extensión do conflito.
25. Explicar os resultados dos tratados de paz e o novo mapa
de Europa.
26. Coñecer a situación da Rusia tsarista nos prolegómenos da
revolución bolxevique.
27. Comprender as causas que levan ó inicio das revolucións
de 1905 e 1917.
28. Analizar a situación da Rusia de Lenin e Stalin.
29. Analizar a economía do período de entreguerras facendo
fincapé na creba da Bolsa de Nova York e as consecuencias
mundiais da mesma.
30. Entender as causas da crise das democracias liberais e do
ascenso dos fascismos.
31. Coñecer as causas da Segunda Guerra Mundial e o seu
desenvolvemento.
32. Entender o mundo da posguerra e a formación de bloques.
33. Analizar a “Guerra Fría” e a súa evolución.
34. Analizar as causas e consecuencias dos procesos de
descolonización e a aparición de “terceiro mundo”.
34. Describir as características dos dous grandes bloques: o
mundo capitalista e o mundo socialista.
35. Entender o movemento europeísta e a construción da Unión
Europea.
36. Analizar a nova orde internacional e os principais conflitos
no cambio de milenio.
37. Comprender os cambios científicos e tecnolóxicos e o
nacemento do mundo globalizado.
38. Entender a evolución de Iberoamérica no século XX.
COMPETENCIAS A DESENVOLVER
Tratamento da información e competencia dixital
1. Relacionar e comparar a información procedente de diversas
fontes: escritas, gráficas, audiovisuais etc.
2. Contrastar a información obtida e desenvolver un
pensamento crítico e creativo.
3. Elaborar a información transformando os datos recollidos e
traducíndoos a outro formato ou linguaxe.
4. Empregar as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías da
información e a comunicación na procura e o procesamento da
información.
Competencia cultural e artística
5. Recoñecer os diferentes estilos da arte dos séculos XVII ó
XX e os valores estéticos que expresan.
6. Analizar obras de arte de xeito técnico e identificar o
contexto histórico que explica a súa aparición.
7. Desenvolver unha actitude activa en relación coa
conservación e a protección do patrimonio histórico.
Competencia en comunicación lingüística
8. Utilizar adecuadamente o vocabulario propio das ciencias
sociais para construír un discurso preciso.
9. Utilizar diferentes variantes do discurso, en especial, a
descrición e a argumentación.
10. Ler e interpretar textos de tipoloxía diversa, linguaxes
icónicas, simbólicas propias do período histórico estudiado.
Competencia matemática
11. Elaborar e interpretar eixes cronolóxicos.
12. Analizar e comprender os datos cuantitativos recollidos en
táboas, gráficos e diagramas.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor
1. Asumir responsabilidades e tomar decisións con respecto á
planificación do proceso de resolución das actividades propostas.
2. Interpretar adecuadamente as particularidades de cada
situación e de cada problema estudado.
3. Saber argumentar de forma lóxica e coherente as
explicacións dos conceptos e fenómenos estudados.
4. Autorregular o propio aprendizaxe: tomar conciencia do que
se sabe e do que falta por aprender; e realizar autoavaliacións do
propio traballo.
CONTIDOS.
Bloque 1. O Antigo Réxime
- Trazos do Antigo Réxime
- Transformacións no Antigo Réxime: economía, poboación e
sociedade
- Revolucións e parlamentarismo en Inglaterra
- A Ilustración
- Relacións internacionais: o equilibrio europeo
- Manifestacións artísticas no Antigo Réxime
Bloque 2. A Revolución Industrial e as súas consecuencias
sociais
- A Revolución Industrial: concepto e factores que a
provocaron
- Características da Revolución Industrial
- O papel de Gran Bretaña e a extensión da industrialización a
outras zonas de Europa
- A industrialización en España e Galicia
- A industrialización extraeuropea
- Nacemento do proletariado e organización da clase obreira
- Novas correntes de pensamento. Partidos políticos obreiros
Bloque 3. A crise do Antigo Réxime
- Visión global da crise do Antigo Réxime
- Nacemento dos Estados Unidos
- A Revolución Francesa: causas, desenvolvemento e
consecuencias
- O imperio napoleónico
- O Congreso de Viena
- As revolucións liberais de 1820,1830 e 1848. O caso español
- A ideoloxía nacionalista. A unificación de Italia e de Alemaña
- Manifestacións artísticas de finais do XVIII e comezos do
XIX. Neoclasicismo e Romanticismo
- A independencia da América española
Bloque 4. A dominación europea do mundo e a I Guerra
Mundial
- Visión global do tránsito do século XIX ao XX
- Evolución dos estados europeos no tránsito do XIX ao XX:
Inglaterra victoriana, III República e II Imperio francés, a
Alemaña de Bismarck, o imperio austro-húngaro, Rusia, USA e
Xapón
- O colonialismo. Causas. O reparto do mundo.Consecuencias
- Relacións internacionais. A Paz Armada. Tripla Alianza e
Tripla Entente
- I Guerra Mundial. Causas, desenvolvemento e consecuencias
- Creación da S.D.N
Bloque 5. Período de entreguerras, II Guerra Mundial e as
súas consecuencias - Características do periodo de entreguerras a nivel económico,
social e cultural
- A Revolución rusa. A creación da URSS
- A crise de 1929 e os seus intentos de solución. O New Deal
- Os fascismos europeos e o nazismo alemán
- As viraxes cara a guerra
- A Segunda Guerra Mundial: causas, características,
desenvolvemento e consecuencias
- O antisemitismo: o holocausto
- Os tratados de paz e a creación da ONU
Bloque 6. Evolución de dous mundos diferentes e os seus
enfrontamentos
- A formación do bloque comunista e capitalista. A guerra fría
- Da guerra fría á coexistencia pacífica e á distensión
- Evolución da economía na postguerra
- Características do modelo político capitalista e do comunista
Bloque 7. A descolonización e o Terceiro Mundo
- A descolonización, Causas, etapas e desenvolvemento
- O Terceiro Mundo e os países non aliñados. Problemática do
Terceiro Mundo
- Relacións entre países desenvolvidos e subdesenvolvidos. O
nacemento da axuda internacional
Bloque 8. A crise do bloque comunista
- A URSS e as democracias populares
- Mijail Gorbachov: perestroika e glasnot
- A desintegración da URSS: CEI-Federación Rusa e novas
repúblicas
- A caída do muro de Berlín e a evolución dos antigos países
comunistas
- O problema dos Balcáns. A guerra de Iugoslavia
Bloque 9. O mundo capitalista na segunda metade do século
XX
- O Estado do Benestar
- O proceso de construcción da UE
- Obxectivos e institucións da UE
- Evolución dos EEUU desde os anos 60 aos 90
- Xapón e os NPI
Bloque 10. O mundo actual desde unha perspectiva histórica - A globalización e os medios de comunicación. O impacto
científico e tecnolóxico. Caída do muro de Berlín, atentados de
Nova York, a inmigración como fenómeno globalizado
- A ameaza terrorista nun mundo globalizado
- Europa: reto e unión
- Trazos relevantes da sociedade norteamericana tralos
atentados do 11-S de 2001
- Situación actual de Hispanoamérica
- O mundo islámico na actualidade
- Africa islámica, subsahariana e Sudáfrica
- India e China do século XX ao XXI: evolución política,
económica, social e de mentalidades
Bloque 11. A historia contemporánea. O tempo histórico.
Métodos e ferramentas propias da disciplina - O tempo histórico
- As fontes históricas
- Vocabulario histórico e artístico da Idade Contemporánea
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E CONTIDOS MÍNIMOS
( En negrita os estándares considerados contidos mínimos)
Clasifica as características do Antigo Réxime en aspectos
demográficos, económicos, políticos, sociais e culturais -Elabora mapas conceptuais coas características do Antigo
Réxime
-Describe as ideas da Ilustración
-Identifica as causas da Primeira Revolución Industrial
-Compara a Primeira coa Segunda Revolución Industrial
-Debate en torno ao éxito ou fracaso da industrialización en
España e Galicia
-Explica as características básicas do capitalismo
-Compara as seguintes correntes de pensamento: socialismo
utópico, socialismo científico e anarquismo
-Explica as causas da Revolución Francesa de 1789
-Fai un esquema co desenvolvemento da Revolución Francesa
-Realiza un mapa histórico onde se vexa a extensión do imperio
napoleónico
-Analiza as ideas defendidas no Congreso de Viena e as súas
consecuencias
-Compara as causas e desenvolvemento das revolucións de
1820,1830 e 1848
-Identifica as bases teóricas do liberalismo e do nacionalismo -Explica uns mapas históricos que plasmen a unificación italiana e
alemá
-Explica os feitos que converten a Alemaña durante o mandato de
Bismarck nunha potencia europea
-Explica as causas e consecuencias da expansión colonial da
segunda metade do século XIX
-Localiza nun mapamundi as colonias das distintas potencias
imperialistas
-Relaciona colonialismo, imperialismo coa Gran Guerra
-Describe as alianzas durante a Paz Armada
-Explica as distintas etapas da Gran Guerra
-Explica as causas da Revolución Rusa de 1917
-Compara a Revolución de febreiro coa de outubro de 1917
-Fai un esquema no que se vexa a diferenza entre unha
revolución liberal e unha socialista -Explica os acordos dos tratados de paz da I Guerra Mundial
e analiza as súas consecuencias
-Analiza a evolución da economía mundial desde a Grande
Guerra á crise de 1929 -Compara o fascismo italiano e o nazismo alemán
-Explica as causas da II Guerra Mundial
-Explica as etapas da II Guerra Mundial
-Analiza o desenvolvemento da II Guerra Mundial a partir de
mapas históricos
-Describe as consecuencias da II Guerra Mundial
-Localiza nun mapa os países que formaban o bloque capitalista e
comunista
-Identifica nun mapa os conflitos da Guerra fría
-Diferencia os conceptos de guerra fría e coexistencia pacífica
-Compara as características do sistema comunista co
capitalista
-Localiza nun mapa as zonas afectadas pola descolonización
-Explica as causas da descolonización
-Compara a descolonización de Africa e Asia
-Comenta textos relacionados co mundo subdesenvolvido
-Explica as diferenzas entre os países desenvolvidos e
subdesenvolvidos
-Localiza nun mapa as repúblicas exsoviéticas e os diferentes
países formados trala caída do muro de Berlín
-Describe os trazos políticos e socioeconómicos da URSS desde a
época de Breznev á de Gorbachov
-Explica as novas relacións das repúblicas exsoviéticas coa
Europa occidental
-Elabora eixes cronolóxicos sobre o proceso de creación da UE
-Analiza a función das institucións comunitarias
-Utiliza o vocabulario histórico e artístico necesario
Debido á extensión do temario vai ser complicado poder realizar
todas estas actividades. Algunha pode ser realizada nunha soa
sesión como elaborar eixes cronolóxicos, confeccionar un mapa
etc outras como xa ocorría na ESO son para levar a cabo ao longo
de todo o curso ( vocabulario histórico por exemplo ) ou en varias
sesións
CRITERIOS DE AVALIACIÓN.
Coñecer o concepto de Antigo Réxime e ser capaz de
comparar los seus principais trazos cos que caracterizan ó mundo
contemporáneo.
Recoñecer os principais cambios nas técnicas agrarias e
comprender as transformacións no sistema da propiedade da terra.
Coñecer os trazos definitorios e as etapas do proceso de
industrialización.
Coñece as bases teóricas e o funcionamento do sistema
capitalista.
Valorar a lenta evolución política que levou a Occidente
dende a Monarquía absoluta ata a Democracia. Identifica-las
bases teóricas do Liberalismo e do Nacionalismo.
Relacionar as transformacións sociais coas transformacións
económicas. Recoñecer e distinguir as teorías marxistas das
anarquistas.
Coñecer as causas do Imperialismo.
Coñecer as circunstancias económicas e políticas nas que se
xesta a Grande Guerra.
Comprender por que a Paz de Versalles non supón unha
verdadeira pacificación.
Recoñecer as persistencias do Antigo Réxime na Rusia
Tsarista de comezos de século.
Tipificar os acontecementos de 1917 como modelo de
revolución socialista e recoñece-las súas diferenzas coas
revolucións liberais.
Coñecer os grandes trazos da evolución económica mundial
dende o remate da Grande Guerra ata a Gran Depresión.
Comprender a orixinalidade da ideoloxía fascista e o seu
enraizamento na crise social da Europa de entreguerras.
Comprender as profundas repercusións demográficas,
sociais, económicas, políticas e ideolóxicas da II Guerra Mundial.
Comprender os conceptos de Guerra Fría e Coexistencia
Pacífica e explica-lo seu funcionamento tanto en situación de paz
como de conflicto localizado.
Coñecer as causas e principais etapas do proceso
descolonizador.
Coñecer os grandes trazos da evolución económica mundial
dende 1950 ata 2000, identificando os distintos principios
ideolóxicos e funcionais da economía de mercado e da economía
planificada así como a fonda brecha entre desenvolvemento e
subdesenvolvemento.
Coñecer os principais fitos do proceso de integración
europea.
Comprender a importancia dos cambios sociais habidos na
década dos 60.
Coñecer as causas do conflicto do Oriente Medio así como
do rexurdimento do integrismo islámico.
Comprender as dificultades das democracias pobres,
particularmente de América Latina.
Comprender as repercusións dos cambios na Europa do leste
na chamada “nova orde internacional”.
Ser capaz de clasificar un texto histórico distinguindo entre
fontes primarias e secundarias, de analizalo recoñecendo e
explicando as súas ideas principais e de comentalo utilizando os
coñecementos históricos adquiridos sobre o tema.
Coñecer a evolución do mapa de Europa entre 1914 e a
actualidade.
Coñecer os cambios habidos nos mapas de África e Asia a
partir da descolonización.
Utilizar un vocabulario histórico minimamente axeitado.
Entender o concepto de globalización e a súa repercusión.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
O sistema de cualificación para estas materias estará baseado
en dous instrumentos:
1.Probas en forma de exame coas que se valorará ao alumnado
ata un 80% da cualificación final. Realizarase unha por
avaliación como mínimo
2. Exercicios de clase ou para realizar na casa e pequenas
probas de avaliación parcial que computarán ata un 20% da
cualificación final.
-No caso de que algún alumno faga algún traballo de
investigación voluntario sempre que o profesor llo propoña a
nota final de xuño poderá incrementarse ata un punto
Haberá unha recuperación por cada avaliación e, para aqueles
alumnos que teñan aprobada algunha, a opción de presentarse en
xuño a un exame final da materia non aprobada.
As probas de setembro serán sobre toda a materia.
O libro de texto seleccionado polo departamento é o da editorial
Vicens- Vives.
EXAMES DE PENDENTES DE 1º DE BACHARELATO.
Establécense tres exames nas datas marcadas pola Xefatura
de Estudios. Dous exames parciais e un exame final. Aprobando
os dous exames parciais non hai que facer o final. Se non se
supera un parcial, deberase presentar ó final con toda a materia.
PRIMEIRO EXAME DE PENDENTES DE 1º DE
BACHARELATO.
A materia serán os cinco primeiros bloques de contidos
SEGUNDO EXAME DE PENDENTES DE 1º DE
BACHARELATO.
A materia será desde o bloque seis ata o once incluidos
ambos
Como reforzo para a recuperación das materias pendentes, os
alumnos/as teñen a súa disposición os distintos profesores do
departamento para solventar as dúbidas que podan ter na
preparación dos exames, así como a posibilidade de realizar
actividades específicas que, titorizadas polo departamento sirvan
de complemento as explicación que puntualmente soliciten ós
membros do departamento
PROGRAMACIÓN DE SEGUNDO DE BACHARELATO.
HISTORIA DA ARTE
OBXECTIVOS:
1. Coñecer e recoñecer as principais manifestacións artísticas de
cada etapa da historia e aprender a valoralas dentro do seu
contexto para así poder confrontar e interpretar os diferentes
procesos de cambio ó longo do tempo.
2. Familiarizarse coa linguaxe específica da materia e ser
capaces de aplicar a cada proposta artística o léxico que permita
transmitir e definir aquelo que lle é máis propio (diversidade das
artes, dos xéneros, dos recursos técnicos, etc.).
3. Descubrir ou potenciar a necesidade de aproximación ás
creacións artísticas e promover dese xeito un respecto e un
recoñecemento polo legado que recibimos e que deberiamos ser
capaces de transmitir da mellor maneira posible, comezando,
dende logo, polo que nos é máis próximo, sexa este cal sexa.
4. Que todo redunde nunha mellor preparación para realizarse
como persoa a nivel individual e colectivo, aprendendo a expresar
e a entender segundo a nosa capacidade e sensibilidade todo
aquelo que nos é propio e á vez común: a vida, a morte, o amor, o
medo, a felicidade, a infelicidade, etc., etc. A arte adquire entón o
seu sentido máis fondo, máis plenamente humano.
CONTIDOS
-Grecia, creadora da linguaxe clásica. Principais manifestacións
-A función social da arte en Grecia
-O comentario de obras de arte: Grecia
-Arte romana. A Hispania romana
-A función social da arte en Roma
-O comentario de obras de arte: Roma
-A aportación cristiá na arquitectura e a iconografía
-A arte bizantina
-O comentario de obras de arte bizantinas
-A arte prerrománica
-A arte románica. Igrexas e mosteiros. A iconografía románica
-A función social da arte románica
-O comentario de obras de arte románicas
-A arte gótica. A catedral e a arquitectura civil. Escultura e pintura
-A función social da arte gótica
-O comentario de obras de arte gótica
-Peculiaridade da Península Ibérica: arte hispano-musulmán,
románico do Camiño de Santiago e gótico
-O comentario de obras de arte medieval español
-O Renacemento. Achegas dos grandes artistas do Renacemento
italiano
-A función social da arte do Renacemento
-Comentario de obras de arte do Renacemento
-O Renacemento español
-O barroco. Igrexas e pazos. Urbanismo barroco
-Comentario de obras de arte do Barroco
-A función social da arte do Barroco
-O Barroco español. Imaxinería barroca. Aportación da pintura
española ás grandes figuras do século de Ouro
-Comentario de obras de arte do Barroco
-O Rococó.
-Neoclasicismo e Romanticismo
-Comentario de obras de arte do século XVIII
-A figura de Goya
-Comentario de obras de arte de Goya
-A Revolución Industria. Impacto dos novos materiais na
arquitectura. Do Historicismo ao Modernismo. A Escola de
Chicago
-Comentario de obras de arte do século XIX
-Evolución da pintura: Romanticismo, Realismo, Impresionismo,
Simbolismo, Postimpresionismo
-Función social da arte no século XIX
-Comentario de obras de arte do século XIX
-A escultura: Rodin
-As vangardas nas artes plásticas: Fauvismo, Cubismo,
Futurismo, Expresionismo, Abstracción, Dadaísmo e Surrealismo
-A arquitectura na primeira metade do século XX
-Arquitectura na segunda metade do século XX: High Tech,
Arquitectura Postmoderna, Deconstrución
-As artes plásticas: das segundas vangardas á postmodernidade
-Comentario de obras de arte do século XX
-Novos sistemas visuais: fotografía, cine, televisión, cartelismo,
comic
-O impacto das novas tecnoloxías na difusión e na creación
artística
-Arte e cultura visual de masas
-O patrimonio artístico como riqueza cultural. A preocupación
pola súa conservación. A UNESCO
-O vocabulario artístico
ESTANDARES DE APRENDIZAXE E CONTIDOS MÍNIMOS
( en negrita os estándares considerados contidos mínimos )
-Compara as tres ordes da arquitectura grega
-Explica os distintos tipos de templos que podemos atopar en
Grecia
-Cita as características e función do teatro grego
-Explica a evolución da escultura grega
-Comenta as seguintes obras de arte gregas: Partenón,
Erecteion, templo de Atenea Niké, teatro de Epidauro
-Comenta as seguintes obras da escultura grega: kouros de
Anavysos, Doríforo, Apoxiomeno, Auriga de Delfos,
Discóbolo, unha metopa do Partenón, Hermes con Dioniso
neno, Victoria de Samotracia, Venus de Milo, friso do altar de
Zeus en Pérgamo( detalle de Atenea e Gea )
-Compara a arte grega coa romana
-Cita os principais edificios da arte romana dicindo a súa
función
-Describe as características dos mosaicos e a pintura en Roma
-Comenta as seguintes obras da arte romana: Maison Carrée,
Panteón de Roma, teatro de Mérida, Coliseo de Roma,
Basílica de Maxencio e Constantino en Roma, ponte de
Alcántara, Acueduto de Segovia, Arco de Tito, columna
Trajana
-Comenta obras escultóricas romanas: estatua ecuestre de
Marco Aurelio, Augusto de Prima Porta, relevos do arco de
Tito, relevos da columna de Traxano
-Fai unha relación das obras máis relevantes da arte romana
galega
-Describe a orixe, características e función da basílica
paleocristiá
-Describe características de baptisterios, mausoleos e martiria
-Explica características da pintura e mosaico paleocristiá
-Comenta Santa Sofía de Constantinopla como exemplo de
arte bizantino
-Describe características do mosaico bizantino
-Comenta o Cortexo da emperatriz Teodora de San Vital de
Rávena
-Define arte prerrománica
-Comenta estas obras; Santa María do Naranco, San Pedro da
Nave, San Miguel da Escalada, Santa Comba de Bande, San
Miguel de Celanova
-Describe as características de igrexas e mosteiros da arte
románica
-Comenta : San Vicente de Cardona, catedral de Santiago,
San Martín de Frómista, Dúbida de Santo Tomás de Silos,
esculturas da fachada das Praterías, Ultima Cea no chapitel
de San Xoán da Peña, Pórtico da Gloria
-Comenta a seguinte obra do románico: tímpano do Xuízo
Final en Santa Fe de Conques
-Explica a importancia do románico no Camiño de Santiago
-Compara os cambios en arquitectura entre o románico e o
gótico
-Compara os cambios en escultura entre o románico e o gótico
-Explica o papel de Giotto
-Comenta: fachada occidental da catedral de Reims, interior
da planta superior da Sainte Chapelle de París
-Comenta as seguintes pinturas góticas: Fuxida a Exipto de
Giotto, Matrimonio Arnolfini de J.Van Eyck, Descendemento
de Van der Weyden, O xardín das delicias de O Bosco
-Describe os trazos esenciais da mesquita e o pazo islámico
-Explica características da arte mudéxar
-Comenta pinturas románicas: San Isidoro de León, San
Clemente de Tahull
-Comenta arquitecturas góticas: catedral de León, catedral de
Barcelona, igrexa de San Xoán dos Reis en Toledo
-Comenta esculturas góticas: porta do Sarmental, retablo da
Cartuxa de Miraflores
-Analiza as seguintes obras da arte hispanomusulmá:
Mesquita de Córdoba, Aljafería de Zaragoza, Xiralda de
Sevilla e Alhambra de Granada
-Explica características e etapas do Renacemento italiano
-Comenta obras do Renacemento: cúpula de Santa María das
Flores, interior da igrexa de San Lorenzo de Florencia, pazo
Médici-Riccardi, santa María Novella, san Pietro in Montorio,
cúpula e proxecto de planta de S Pedro do Vaticano de Miguel
Angel, Il Gesú, Villa Rotonda
-Analiza as seguintes esculturas: primeiro panel da Porta do
Paraíso de Ghiberti, o rapto das sabinas de Giambologna,
David de Donatello, Piedade do Vaticano, David, Moisés,
tumbas mediceas e Piedade Rondaimi de Miguel Angel
-Comenta pintura renacentista: Tributo da moeda e a
Trinidade de Masaccio, Anunciación de Fra Angelico,
Madonna do duque de Urbino de Piero della Francesca, A
Virxe das rochas e a Ultima Cea de Leonardo, A escola de
Atenas de Rafael, bóveda e xuízo final da Capela Sixtina de
Miguel Angel, A tempestade de Giorgione, Venus de Urbino e
Carlos V en Mulhberg de Tiziano, Lavatorio de pés de
Tintoretto e as Bodas de Caná de Veronés
-Compara o Renacemento español co italiano
-Fai un esquema coas características das obras do Greco
-Analiza obras do Renacemento español: fachada da
Universidade de Salamanca, Pazo de Carlos V na Alhambra
de Granada, mosteiro de San Lorenzo do Escorial
-Comenta obras da escultura renacentista española: Sacrificio
de Isaac do retablo de San Bieito de Valladolid de Alonso
Berruguete e o Santo enterro de Juan de Juni
-Comenta as seguintes obras do Greco: O expolio, Adoración
do nome de Xesús, Martirio de S Mauricio, Enterro do señor
de Orgaz, Adoración dos pastores, O cabaleiro da man no
peito
-Diferenza a arte barroca da renacentista
-Compara a escultura barroca e renacentista a través da
representación de David por Miguel Angel e por Bernini
-Especifica as características da pintura flamenca e holandesa
-Analiza as seguintes obras do Barroco: fachada de s Pedro do
Vaticano, columnata da praza de s Pedro, san Carlos das
catro fontes, Pazo de Versalles
-Comenta estas esculturas de Bernini: Apolo e Dafne, Extase
de santa Teresa, David e Cátedra de san Pedro
-Analiza estas obras da pintura barroca: Vocación de san
Mateo e morte da Virxe de Caravaggio, Triunfo de Baco e
Ariadna na bóveda do Pazo Farnese de Roma de Annibale
Carracci, Adoración do nome de Xesús, bóveda de Il Gesú,
Adoración dos magos, As tres gracias, O xardín do amor de
Rubens, Lección de anatomía, Rolda nocturna de Rembrandt
-Comenta en España as diferenzas entre a imaxinería barroca
andaluza e castelá
-Describe as características de Velázquez a través das súas
obras máis significativas
-Comenta do barroco: Praza Maior de Madrid, retablo de
Santo Estebo de Salamanca
-Analiza obras escultóricas do Barroco español: Piedade de
Gregorio Fernández, Inmaculada de Alonso Cano, Magdalena
penitente de Pedro de Mena
-Comenta as seguintes obras da pintura barroca española:
Martirio de san Felipe, O soño de Xacob e O patizambo de
Ribera, Bodegón do Museo do Prado de Zurbarán, o augador
de Sevilla, Os borrachos,A forxa de Vulcano, A rendición de
Breda, Baltasar Carlos a cabalo, Venus do espello, Fiandeiras,
Meninas de Velázquez, Sagrada Familia do paxariño,
Inmaculada do Escorial, Nenos da cuncha e Nenos xogando
aos dados de Murillo
-Compara o Barroco tardío e o Rococó
-Cita as características máis salientables do Neoclasicismo
-Comenta a escultura neoclásica a través da obra de Cánova
-Comenta as seguintes obras do século XVIII: fachada do
Hospicio de san Fernando de Madrid de Ribera, fachada do
Obradoiro da catedral de Santiago, Pazo Real de Madrid,
Museo do Prado, Panteón de París
-Comenta de Salzillo a Oración no horto e de Canova Eros e
Psique e Paulina Bonaparte
-Comenta de David O xuramento dos Horacios e A morte de
Marat
-Explica as principais características da figura de Goya
-Compara a visión de Goya nos gravados de Os Caprichos e
Os disparates
-Comenta de Goya: O quitasol, O 2 de maio, Os fusilamentos
do 3 de maio, A familia de Carlos IV, Desastre nº 15 da serie
Os desastres da guerra, Saturno devorando a un fillo e A
leiteira de Burdeos
-Explica as características do neoclasicismo arquitectónico
durante o imperio napoleónico
-Explica as características do historicismo en arquitectura e a
súa evolución cara o eclecticismo
-Explica as características da arquitectura modernista
-Especifica as achegas da Escola de Chicago á arquitectura
-Comenta: templo da Madeleine en París, Parlamento de
Londres, Auditorium de Chicago, Torre Eiffel de París,
Sagrada Familia de Barcelona
-Compara o estilo romántico de Ingres co de Gericault e
Delacroix
-Compara a visión da paisaxe de Turner e Constable
-Explica as características do Realismo
-Compara o Realismo co Romanticismo
-Describe as características do Impresionismo
-Explica o Simbolismo como reacción fronte ao
Impresionismo e Realismo
-Comenta as seguintes obras do século XIX:O baño turco, A
balsa da medusa, A liberdade guiando ao pobo, O carro do
feno de Constable, Chuvia, vapor e velocidade, Enterro en
Ornans, O ánxelus, Almorzo sobre a herba, Impresión, sol
nacente, serie sobre a catedral de Rouen, Le moulin de la
Galette, Unha tarde de domingo na grande Jatte, Xogadores
de cartas e Mazás e laranxas de Cézanne, O segador, Noite
estrelada de Van Gogh, Visión despois do sermón e O mercado
de Gauguin
-Explica as características da renovación escultórica
emprendida por Rodin
-Comenta estas obras de Rodin: O pensador e Os burgueses
de Calais
-Define o concepto de vangarda artística e explica as
características das principais
-Explica a importancia de Miró, Picasso e Dalí no
desenvolvemento das vangardas artísticas
-Comenta: A alegría de vivir de Matisse, As señoritas de
Avinyó, Retrato de Ambroise Vollard, Natureza morta con
cadeira de reixa de cana e O Guernika de Picasso, A cidade
que emerxe de Boccioni, O berro de Munch, A rúa de
Kirchner, Liricae Sobre branco II de Kandinsky, Cadrado
negro de Malevich, ComposiciónII de Mondrian, L.H.O.O.Q
de Duchamp, O elefante das Célebes de Ernst, A chave dos
campos de Magritte, O entroido do arlequín, Mulleres e
paxariños á luz da lúa de Miró, o xogo lúgubre e a
Persistencia da memoria de Dalí
-Analiza obras escultóricas: O profeta de Gargallo, Formas
únicas de continuidade no espazo de Boccioni, Fonte de
Duchamp, Muller peiteándose ante un espello de Xulio
González, Mademoiselle Pogany I de Brancusi, Lagosta, nasa
e cola de pez de Calder e Figura reclinada de Henry Moore
-Explica os trazos esenciais do movemento moderno en
arquitectura
-Especifica as achegas da arquitectura orgánica ao
movemento moderno
-Comenta obras arquitectónicas: A Bauhaus, Pavillón de
Alemania en Barcelona, Villa Saboya, A Casa da Fervenza
-Describe outras tendenzas á marxe do Movemento Moderno
ou Estilo Internacional como a High Tech, a arquitectura
postmoderna e a deconstrucción
-Comenta obras de arquitectura: Unidade de habitación en
Marsella, Seagram Building, Guggenheim de N York, Opera
de Sydney, Centro Pompidou de París, Guggenheim de
Bilbao, AT and T Building de N York de P. Johnson
-Compara o Informalismo europeo co Expresionismo
abstracto norteamericano
-Explica o minimalismo
-Explica a arte cinética e a Op-Art
-Explica a arte conceptual e a arte Povera
-Distingue pop-art, Nova Figuración e Hiperrealismo
-Explica :Happening, Body art e Land art
-Analiza as seguintes obras: Pintura de Tapies, Grito nº 7 de
Saura, One:number 31,1950 de Pollock, Ctesiphon III de F.
Stella, Equivalente VIII de Carl André, Vega 200 de Vasarely,
Unha e tres cadeiras de Kosuth, Iglú con árbore de Mario
Merz, Marilyn Monroe de Warhol, O Papa que berra de
Bacon, Gran Vía madrileña de Antonio López
-Especifica as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías
para a creación artística e para a difusión da arte
-Explica a orixe do Patrimonio Mundial da UNESCO e os
obxectivos que persegue
-Utiliza con corrección a terminoloxía específica da arte
Actitudes, valores e normas
Interese por coñece-los aspectos constitutivos dunha obra de arte.
Interese por desenvolve-lo gusto estético persoal e respecto pola
diversidade de percepcións e de sensacións persoais ante a obra
de arte.
Sensibilidade e preocupación por conserva-lo contorno artístico
local.
Valoración da influencia dos factores históricos nas obras de arte.
Valoración das obras de arte do contorno mediante a súa
comprensión histórica e artística.
Respecto e valoración crítica de concepcións estéticas e formas
artísticas afastadas do gusto persoal.
Valoración do protagonismo do mecenas e do comitente no
proxecto e na creación das obras e nos programas artísticos.
Sensibilización ante a obra de arte como manifestación da
creatividade humana e como conciencia crítica da historia.
Actitude aberta diante das linguaxes artísticas de vangarda como
resposta ante problemas estéticos.
Sensibilidade e interese polo coñecemento e conservación do
patrimonio artístico e cultural galego.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Realizaranse ó longo do curso diversos exames repartidos de
xeito razonable tendo en conta a estrutura temporal e
organizativa do mesmo: tres avaliacións. Prevese unha
secuenciación lóxica da materia e un reparto dos contidos para
poder ir demostrando os avances na consecución de obxectivos
realizando dous exames por avaliación sempre e cando sexa
posible. O formato do exame axustarase ás probas de acceso à
universidade( ABAU ) Haberá unha recuperación ó final do curso
á que se concorre coa materia suspensa coa excepción daqueles
que non aprobaran ninguna avaliación, que deberán acudir
directamente ás probas extraordinarias de setembro.
HISTORIA DE ESPAÑA
Esta materia do Departamento é obrigatoria en todas as
modalidades do Bacharelato e ten como obxectivo fundamental o
coñecemento e comprensión do noso pasado para poder
comprender o mundo actual. Nela prestarase unha especial
atención seguindo os criterios de acceso á universidade a todo o
acontecido desde o século XVIII en diante
OBXECTIVOS.
1. Facer comprender as raíces históricas da España
contemporánea, poñendo o acento na impronta da romanización, a
formación dos reinos medievais e a aparición da monarquía
hispánica e a creación do Imperio colonial.
2. Saber o que é o Antigo Réxime, as súas características
(políticas, sociais, económicas e culturais), evolución e crise.
3. Comprender os principios do liberalismo que se van impoñer
no reinado de Sabela II.
4. Analizar a consolidación do Estado liberal, e as diferenzas
entre os liberais.
5. Entender o significado do réxime da Restauración e cales son
as causas do seu fracaso.
6. Facer que comprendan as claves dos cambios sociais,
económicos e culturais do século XIX.
7. Causas da proclamación da II República, evolución e cal é o
seu final.
8. Entender a Guerra Civil como consecuencia dos
enfrontamentos que teñen lugar ó longo da República.
9. Comprender a Ditadura franquista e a súa evolución política e
económica.
10. Entender que significa a Transición e a volta da Democracia a
España.
CONTIDOS
-O método histórico. Fontes e perspectivas
-Análise e comentario de fontes
-Da Prehistoria á monarquía visigoda
-Al-Andalus: conquista musulmá da Península, evolución política
de Al-Andalus,economía, sociedade, cultura, arte…
-Os reinos cristiáns do século XIII ao XV
-O proceso de Reconquista e repoboación
-Os Reis Católicos: a unión dinástica de Castela e Aragón,
política relixiosa, reorganización do Estado, a conquista de
Granada, o descubrimento de América, a incorporación de
Navarra e as relacións con Portugal
-O imperio de Carlos I e Felipe II
-Crise e decadencia do imperio no século XVII
-Cambio dinástico e Guerra de Sucesión
-As reformas institucionais dos Borbóns. O novo modelo de
Estado
-A economía e a política económica dos Borbóns
-A Ilustración en España e en Galicia
-O impacto da Revolución Francesa. A Guerra da Independencia
-As Cortes de Cádiz e a constitución de 1812
-O reinado de Fernando VII
-A emancipación da América española
-O carlismo e as guerras carlistas
-O reinado de Isabel II
-O sexenio democrático. A Primeira República
-Os inicios do movemento obreiro en España
-A Restauración borbónica. O sistema canovista
-A perda das últimas colonias e a crise do 98. O rexeneracionismo
-A economía española no século XIX
-A quebra do sistema da Restauración: Semana Tráxica de
Barcelona, crise xeral de 1917
-A ditadura de Miguel Primo de Rivera. Directorio militar e
Directorio civil
-A Segunda República. Evolución política
-A Guerra Civil. Inicio, desenvolvemento e dimensión
internacional do conflito. Consecuencias da guerra
-Características da Ditadura Franquista. Etapas: postguerra, época
dos Plans de desenvolvemento, fin do franquismo
-A transición á democracia. A Lei da Reforma Política. Primeiras
eleccións democráticas
-A Constitución de 1978 e o Estado das autonomías
-Os gobernos constitucionais: o Problema do terrorismo, o fallido
golpe de Estado de 1981, o ingreso na OTAN, a integración
europea
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E CONTIDOS MÍNIMOS
(En negrita os contidos mínimos )
-Busca información sobre un feito ou personaxe histórico e
expón os contidos aos compañeiros
-Representa nunha liña do tempo diferentes feitos históricos
-Explica as diferenzas económicas e sociais entre Paleolítico e
Neolítico
-Fai un mapa da Península onde aparezan delimitadas a área ibera
e a celta
-Define o concepto de romanización
-Fai un esquema cos feitos máis destacados da monarquía
visigoda
-Describe a evolución política de Al-Andalus
-Resume os cambios económicos, sociais e culturais introducidos
polos musulmáns en Al-Andalus
-Compara a organización política da Coroa de Castela, Aragón e o
Reino de Navarra na Idade Media
-Busca información sobre a importancia do Camiño de Santiago e
elabora unha breve exposición
-Define o concepto unión dinástica aplicado á monarquía dos Reis
Católicos
-Compara por medio de mapas a extensión do imperio de Carlos I
e de Felipe II
-Explica os principais factores da crise demográfica e económica
do século XVII e as súas consecuencias
-Explica as causas da Guerra de Sucesión española e a
composición dos bandos en conflito
-Define Decretos de Nova Planta e explica a súa importancia
na configuración do estado borbónico
-Elabora un esquema comparativo do modelo político dos
Austrias e os Borbóns
-Explica as medidas económicas máis importantes aplicadas
polos Borbóns no século XVIII
-Comenta as ideas máis importantes da Ilustración e define
Despotismo Ilustrado
-Describe a Guerra da Independencia: causas, composición
dos bandos, desenvolvemento
-Compara as Cortes de Cádiz coas cortes estamentais do
Antigo Réxime
-Comenta as principais características da Constitución de
1812
-Representa nunha liña do tempo entre 1788 e 1833 os
principais acontecementos históricos
-Fai un esquema coas diferenzas políticas e sociais entre
Antigo Réxime e réxime liberal burgués
-Explica as causas e o desenvolvemento do proceso de
independencia das colonias americanas
-Identifica o ámbito xeográfico do carlismo e explica o seu
ideario e apoios sociais
-Representa nunha liña do tempo entre 1833 e 1874 os
principais acontecementos históricos
-Describe as características dos partidos políticos que
xurdiron durante o reinado de Isabel II
-Resume a evolución política do reinado de Isabel II e explica
o papel dos militares
-Compara as desamortizacións de Mendizábal e Madoz
-Compara a nova sociedade de clases coa sociedade
estamental
-Compara o Estatuto Real de 1834 e as Constitucións de 1837
e 1845
-Describe as principais características da Constitución de
1869
-Explica os elementos fundamentais do sistema político ideado
por Cánovas
-Explica as principais características da Constitución de 1876
-Representa unha liña do tempo dende 1874 ata 1902 situando
nela os principais acontecementos históricos
-Resume a orixe e evolución do catalanismo, o nacionalismo
vasco e o rexionalismo galego
-Analiza as diferentes correntes ideolóxicas do movemento
obreiro e campesiño español así como a súa evolución no
último cuarto do século XIX
-Compara o papel político dos militares no reinado de Alfonso
XII co das etapas precedentes do século XIX
-Explica a política española respecto ao problema de Cuba
-Sinala os principais feitos do desastre colonial do 98 e as
consecuencias territoriais do Tratado de París
-Especifica as causas dos baixos rendementos da agricultura
española do século XIX
-Describe a evolución da industria téxtil catalá, a siderurxia e
a minería ao longo do século XIX
-Compara a Revolución Industrial española coa dos países
máis avanzados de Europa
-Explica os obxectivos da rede ferroviaria e as consecuencias
da Lei Xeral de Ferrocarrís de 1855
-Compara as actuacións de proteccionistas e librecambistas ao
longo do século XIX
-Representa nunha liña do tempo entre 1902 e 1931 os
principais acontecementos históricos
-Analiza a crise de 1917: causas, manifestacións e
consecuencias
-Especifica as causas do golpe de Estado de Primo de Rivera
-Describe as diferenzas entre Directorio Militar e Directorio
Civil
-Explica as causas que levaron á proclamación da Segunda
República
-Resume as reformas impulsadas no bienio reformista
-Especifica as principais características da Constitución de
1931
-Analiza os trazos básicos da Revolución de Asturias
-Fai un esquema cos diferentes cambios de goberno durante a
República e coas principais medidas de cada etapa
-Analiza as causas da Guerra Civil
-Compara a evolución política e a situación económica dos
dous bandos ao longo da guerra
-Analiza consecuencias da Guerra Civil
-Sintetiza nun esquema as principais fases da guerra desde o
punto de vista militar
-Fai un esquema das etapas do franquismo
-Explica as relacións exteriores, a evolución política e as
transformacións económicas e sociais de España de 1959 a
1973
-Explica a política económica do franquismo nas diferentes
etapas
-Explica a importancia da Lei para a Reforma política de
1976
-Explica o proceso de elaboración da Constitución de 1978 e
as súas características básicas
-Elabora un esquema coas etapas políticas desde 1977 ata a
actualidade
-Comenta as consecuencias da integración europea para
España
-Analiza a evolución económica e social de España desde a
segunda crise do petróleo en 1979 ata a crise financieira
mundial de 2008
TEMPORALIZACIÓN
Os contidos serán repartidos o máis equitativamente posible entre
as tres avaliacións. As explicacións centraranse basicamente en
todo o acontecido desde o século XVIII
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Realizarase un exame por avaliación e unha recuperación. As
probas terán un formato similar ás probas de acceso á
Universidade, todavía sen precisar no presente curso. Só no caso
de non ter ninguna avaliación aprobada ao final do curso irase á
proba de setembro. A proba de setembro é sobre o conxunto da
materia. Durante o curso a nota será cada avaliación a do exame
un 80% e outros aspectos como traballo diario, actitude un 20%.
No caso de que o profesor pida algún traballo de investigación
voluntario a nota final de xuño poderá incrementarse ata un punto
XEOGRAFÍA DE ESPAÑA
OBXECTIVOS
1. Identificar e comprende-los elementos básicos da
organización territorial, utilizando conceptos, procedementos e
destrezas específicamente xeográficas para explica-lo espacio
como unha realidade dinámica, diversa e complexa, na que
interveñen múltiples factores.
2. Comprender e analizar a realidade xeográfica de España e de
Galicia como un espacio dinámico, que é o resultado da
interacción de procesos sociais, económicos, tecnolóxicos e
culturais, que actuaron nun marco natural e histórico particular.
3. Explicar a posición de España e de Galicia nun mundo cada
vez máis interrelacionado, no que coexiste, a un tempo, procesos
de globalización na economía e de desigualdade socioeconómica,
ante a que se formula respostas locais; prestando unha atención
especial á Unión Europea, ás súas características territoriais e as
consecuencias da integración en España e en Galicia.
4. Valora-la función do medio natural, dos recursos naturais e
das actividades productivas na configuración do espazo
xeográfico español, recoñece-la súa relación mutua coa sociedade,
percibi-la condición do home como axente de actuación máis
poderoso e rápido sobre o medio.
5. Entende-la poboación como o recurso esencial coas
características cuantitativas e cualitativas que interveñen de forma
eminente na configuración e no dinamismo dos procesos que
definen o espacio.
6. Comprende-la interdependencia de tódoslos territorios que
integran España, así como a Unión Europea e outros ámbitos
xeográficos mundiais, para desenvolver actitudes de
coñecemento, respecto, aprezo e cooperación cos espacios
próximos e afastados ó habitat do alumno e prestar especial
atención á superación dos diferentes niveis de desenvolvemento e
de saúde das poboacións do planeta.
7. Adquirir conciencia espacial para participar de forma activa e
responsable nas decisións que afecten á ordenación do territorio e
valora-la necesidad de pontecia-lo equilibrio natural e a equidade
social.
CONTIDOS
-O concepto de xeografía e a utilidade desta materia
-O espazo xeográfico. A paisaxe como interacción entre
elementos físicos e humanos
-Planos e mapas. Os seus compoñentes e análise. O mapa
Topográfico Nacional a escala 1:50.000
-O relevo español. Diversidade xeomorfolóxica. A localización
dos principais accidentes xeográficos
-A evolución xeolóxica do territorio español
-Litoloxía peninsular e insular e formas de modelado
-Identificación das unidades do relevo español e trazos de cada
unha
-Corte topográfico. Realización e análise
-Concepto de solo. Variedades de solos en España
-Clima e tempo. Factores e elementos do clima
-Dominios climáticos españois: as súas características e
representación en climogramas
-Situacións sinópticas e tipos de tempo atmosférico en España
-Os mapas do tempo, altura e superficie: a súa análise e
interpretación
-Rexións bioxeográficas españolas
-Análise de cliseries de vexetación
-Vertentes hidrográficas e principais concas fluviais peninsulares
-Réximes fluviais
-Os humedais
-O aproveitamento dos recursos hídricos. A incidencia da seca e
as choivas torrenciais
-As augas subterráneas
-As paisaxes naturais españolas
-Fontes para o estudo da poboación
-Movementos naturais da poboación
-Distribución territorial da poboación
-As migracións
-Mapa da densidade da poboación española
-Definición e cálculo de taxas demográficas
-Problemática actual da poboación. A realidade demográfica
galega
-A ordenación do territorio
-Sector primario. O peso das actividades agropecuarias, forestais
e pesqueiras no PIB. A poboación activa neste sector
-Elementos que conforman as paisaxes agrarias. Paisaxes agrarias
españolas e as súas características
-A estrutura da propiedade e tenencia da terra
-A explotación agraria. Coexistencia de diferentes formas de
explotación, avanzadas e tradicionais
-Situación española no contexto da UE. A PAC
-A actividade pesqueira. O caso galego
-A silvicultura
-O proceso de industrialización en España. Breve evolución
histórica
-Localización das fontes de enerxía en España
- O sector secundario. Achega ao PIB da industria. A poboación
activa. Deficiencias e problemas da industria en España
-Elementos das paisaxes industriais. Tipoloxía de paisaxes
-Rexións industriais e eixos de desenvolvemento en España
-A terciarización da economía española. Influencia no PIB.
Poboación activa neste sector
-Análise dos servizos e distribución no territorio
-O sistema de transportes en España
-O desenvolvemento comercial
-Os espazos turísticos
-Outras actividades terciarias: sanidade, educación, finanzas,
xustiza, administración. Sector público e privado
-Transformacións negativas das paisaxes nas zonas turísticas
-Concepto de cidade
-Morfoloxía e estrutura urbana. A análise do plano urbano
-Instrumentos do planeamento urbano
-As áreas de influenza
-A rede urbana española
-Organización territorial en España
-A influenza da historia e a constitución de 1978 no deseño
territorial
-Desequilibrios e contrastes entre comunidades autónomas
-España en Europa. Posición de España na UE
-España no mundo. A globalización
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E CONTIDOS MÍNIMOS
( contidos mínimos os estándares que aparezan en negrita )
-Extrae información do Mapa Topográfico
-Extrae información de mapas e planos de diferentes escalas
-Sinala sobre un mapa físico de España as unidades do relevo
español -Clasifica as unidades de relevo español segundo as súas
características xeomorfolóxicas -Realiza un corte topográfico
-Localiza nun mapa de España os diversos climas
-Describe e compara os climas de España enumerando os
factores e elementos característicos -Realiza e comenta climogramas específicos de cada clima
-Identifica os elementos que conforman un mapa de tempo
-Comenta un mapa do tempo en España
-Comenta un mapa da distribución da vexetación española
-Identifica formacións vexetais nunha paisaxe natural
-Analiza unha cliserie
-Localiza nun mapa de España os principais ríos
-Diferenza as paisaxes humanizadas das naturais
-Distingue en fotografías as diferentes paisaxes naturais
españolas comentando as súas características básicas
-Comenta a pirámide actual da poboación española e
compara con algunha dun período anterior
-Distingue as distintas pirámides de poboación na súa
evolución histórica
-Comenta o mapa da densidade de poboación actual en
España
-Calcula taxas relacionadas coa poboación
-Analiza as características das distintas paisaxes agrarias
españolas
-Analiza novas xornalísticas que traten o problema do sector
primario en España e Galicia
-Analiza e comenta paisaxes de espazos industriais
-Localiza as rexións industriais e os eixes de desenvolvemento
industrial
-Identifica as características do sector terciario español
-Comenta mapas sobre o transporte
-Comenta gráficas e estatísticas que reflexen a importancia do
sector turístico español
-Define cidade
-Analiza planos de cidades concretas
-Explica a xerarquización urbana española
-Analiza novas xornalísticas que falen da problemática urbana
-Compara a ordenación territorial actual e a da primeira metade
do século XX
-Sitúa as comunidades autónomas e as súas provincias e
capital
-Explica a posición de España na UE
TEMPORALIZACIÓN
Na primeira avaliación os contidos relacionados coa xeografía
física, na segunda e na terceira o resto da materia
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Realizarase un exame por avaliación e unha recuperación. O
exame suporá o 80% da nota da avaliación e o traballo diario
poderá aportar ata o 20% restante. Así mesmo farase un exame
final para recuperar a materia a aqueles alumnos/as que cando
menos tiveran aprobada unha avaliación.
LIBRO DE TEXTO
O libro de texto recomendado polo departamento para profundizar
coñecementos é ó da Editorial Anaya, Xeografía. Galicia.
Bacharelato 2, de Mª Concepción Muñoz Delgado
XEOGRAFIA E HISTORIA DE GALICIA
A materia de Xeografía e Historia de Galicia impartese este ano
en 2º Bacharelato. Con ela pretendemos un acercamento do
alumnado ao coñecemento do seu espazo máis próximo tanto
desde o punto de vista xeográfico como histórico e artístico.
Como punto de referencia para a súa explicación tomaremos o
libro de Xeografía e Historia de Galicia para 2º de Bacharelato de
Ana Romero Masiá publicado pola editorial Bahía, libro que se
lle recomendará aos alumnos
CONTIDOS
Os contidos que serán explicados organízanse seguindo os
seguintes eixes temáticos:
-O marco político
-Os habitantes
-O medio físico
-Marco histórico-cultural
-A Galicia feudal
-A Galicia do Antigo Réxime
-Galicia no réxime liberal
-Galicia no franquismo
-Galicia na democracia ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E CONTIDOS MÍNIMOS
(coinciden )
-Cubre un mapa coas principais unidades do relevo galego
-Comenta mapas topográficos de Galicia
-Comenta fotografías de paisaxes naturais típicas de Galicia
-Realiza climogramas de diferentes variantes do clima oceánico
-Analiza fotografías de vexetación típica de Galicia
-Realiza un mapa dos principais ríos galegos
-Analiza o fenómeno das Rías galegas
-Realiza pirámides de poboación actuais de Galicia
-Analiza a problemática galega en relación co crecemento natural
-Analiza a relevancia do fenómeno da emigración en Galicia
-Explica a peculiaridade do poboamento galego
-Explica a organización política actual de Galicia
-Comenta textos históricos relacionados con diferentes momentos da
historia de Galicia
-Realiza traballos de investigación partindo de distintas fontes históricas
-Comenta algunha obra de arte das máis salientables da arte galega(
catedral de Santiago, Torre de Hércules …)
METODOLOXÍA E COMPETENCIAS
A carga horaria desta materia é só de dúas horas á semana polo tanto a
materia a explicar non vai poder ser dada con excesiva profundidade.
Preténdese que o alumno traballe bastante por si mesmo para reforzar a
competencia de aprender a aprender e tamén será potenciada a competencia
dixital por medio dos traballos en formato dixital así como a comunicación
lingüística entre outras.
Preténdese levar a cabo tamén para reforzar os contidos algunha saída
extraescolar
TEMPORALIZACIÓN
Tentarase un reparto equitativo da materia nas tres avaliacións tentando
abordar todo o programa
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Como dixen no apartado anterior os alumnos traballarán moito en
pequenas investigacións co cal estes traballos serán valorados como un
70% da nota final mentres que os contidos máis teóricos serán valorados
cun 30% da nota. Tamén poderá haber a maiores algún traballo voluntario
que incremente a nota de xuño ata un punto. A final de curso poderá haber
un exame final no que poderán recuperar aquelas persoas que teñan
avaliacións suspensas.
AVALIACIÓN INICIAL NO BACHARELATO
O alumnado das diferentes materias de bacharelato deste
departamento será avaliado para determinar o nivel dos seus
coñecementos e poder así corrixir aquelas carencias que puderan
dificultar a consecución dos obxectivos establecidos na
programación. A avaliación non terá porque ser necesariamente
concretada en probas escritas, e non está orientada á obtención
dunha cualificación numérica e menos aínda a que esta, de existir,
repercuta na cualificación global do curso.
Cada profesor en cada materia seleccionará o modelo de
avaliación que considere máis apropiado para que o alumnado
acredite os seus coñecementos: comprensión de textos históricos,
elaboración de esquemas de determinados temas, realización de
gráficos, traballo con mapas, comentario de imaxes, preguntas
específicas, debates abertos, etc.
METODOLOXÍA DIDÁCTICA EN BACHARELATO
A aceptación total dos proxectos curriculares definidos pola
CIUG para as materias dependentes deste departamento implica
tamén a posta en práctica dos métodos didácticos que se
aconsellan para poder acadar os obxectivos requeridos en cada un
dos modelos de proba que terán que afrontar os alumnos que
rematan o bacharelato e queren acceder á universidade.
Remitímonos á propia páxina web da CIUG.
Neste sentido cremos que é moi importante incentivar e
orientar ó alumno na consecución dunha autonomía o máis ampla
posible á hora de resolver as dificultades que lle vai ir ofrecendo
cada materia e cada curso do bacharelato. É por iso (entre outras
razóns) que decidimos non fixar o uso de libros de texto en varias
das materias do bacharelato. Isto implica que o alumno/a teña que
facer moitas veces uso dos recursos que existen á súa disposición
na biblioteca, que potencie a súa capacidade de manexarse coa
busca e selección de material que pode ser manexado grazas ás
novas tecnoloxías, que sexa máis activo na súa relación cos
profesores e cos compañeiros na aula (preguntando, comentando,
contrastando, propoñendo, etc.). Por suposto, isto require pola
nosa parte un esforzo maior: o seguimento do alumnado ten que
ser efectivo para que as dificultades non sexan nunca insalvables
ou motivo de desánimo, senón todo o contrario. Cremos que non
estamos equivocado en función dos resultados que se veñen
logrando.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN E RECUPERACIÓN DAS
MATERIAS DO DEPARTAMENTO DE CC.SS. XEOGRAFÍA E
HISTORIA
1. OBTENCIÓN DE CUALIFICACIÓN.
A cualificación global dunha avaliación poderá obterse a partir
de:
PROBAS ESCRITAS, que serán fixadas cunha
antelación aproximada de 15 días.
PROBAS INFORMAIS, tales como comentarios de
textos, composicións de textos históricos, gráficos, mapas, test.
TRABALLOS, individuais ou en grupo, que se
poderán indicar para facer na aula ou fóra dela.
PARTICIPACIÓN NA CLASE, a través de preguntas,
mostrando interese pola materia e na realización de exercicios e
probas.
2. PROBAS ESCRITAS.
A puntuación de cada cuestión irá exposta ó lado do
enunciado e poden constar de:
* Preguntas de desenvolvemento teórico.
* Comentarios de textos, gráficos, mapas...
* Preguntas relacionadas cos mapas textos e gráficas.
Unha vez corrixidas estas probas, serán entregadas
ós alumnos/as para o seu comentario e revisión, se fose preciso.
Posteriormente serán devoltas ó profesor.
No caso das materias de 2º de Bacharelato, os
exames axustaranse ós propostos polo coordinador de cada unha
das materias.
As probas de setembro terán as mesmas características
que as realizadas durante o curso.
MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
Nos diferentes apartados desta programación foron
indicándose para cada curso, no caso de que o decidíramos, os
específicos libros de texto que seleccionamos por común acordo
en cada momento. Todos os cursos da ESO contan con libro de
texto oficial, pero non ocorre o mesmo nos cursos de bacharelato,
nos que traballamos sen libro oficial nas materias de Xeografía,
Historia da Arte e Xeografía e Historia de Galicia e deixamos
aberta a opción ó uso de diversos manuais
É obvio que polas peculiaridades do noso departamento faise
necesario recorrer a moitos outros materiais: mapas, material
audiovisual, xornais, libros de consulta, dicionarios, páxinas web,
material procedente de fontes orais, etc.
O uso de toda esta diversidade de materiais entendemos que
non debe repercutir na economía familiar do alumnado, e, de
facelo, terá que ser dun xeito imperceptible (as fotocopias poden
paliar estas necesidades en moitas ocasións, pero non sempre).
Con ese fin existen no propio Departamento recursos materiais
que se foron adquirindo ó longo do tempo para poder ser postos a
disposición do alumnado.
EDUCACIÓN EN VALORES
Neste departamento compartimos e defendemos os valores
que definen a idiosincrasia do noso centro e que se reflicten cada
curso na programación xeral.
Basicamente pretendemos inculcar nas nosas clases a defensa
da tolerancia, do respecto (ás persoas -compañeiros, persoal
docente e non docente, etc.-, ás normas, ó edificio e ó seu contido,
etc.), da igualdade de xénero e de razas, da solidariedade, do
diálogo como forma de resolver conflitos, do compromiso coa
natureza, da hixiene, etc. Todo isto é o que realmente é o que en
última instancia nos xustifica como profesores e lle dá sentido ás
materias coas que neste departamento traballamos.
PROXECTO LECTOR
Compartimos, aceptamos e poñemos en práctica as
suxestións recollidas non Plan Lector do Centro. Entendemos que
a potenciación da lectura é básica para poder enfrontarse a todas e
cada unha das materias de estudo, pero é tal vez especialmente
necesaria nas que dependen do noso departamento: a comprensión
lectora impulsa de xeito natural a capacidade de expresión escrita
e oral, ferramentas de traballo fundamentais.
PLAN DE CONVIVENCIA
Estamos comprometidos co plan elaborado para o centro e
que se reflicte na programación xeral. Defendemos a súa posta en
práctica porque é coherente coa nosa labor de educadores e cos
valores que pretendemos incentivar, descritos nun apartado
anterior.
ELEMENTOS TRANSVERSAIS
Os elementos transversais traballaranse en todas as materias e fan
referencia á comprensión lectora, expresión oral e escrita,
comunicación audiovisual, as TIC,s e o emprendemento e
educación cívica e constitucional. A comprensión lectora é básica
no desenvolvemento desta materia pois a lectura de documentos,
libros etc e a súa comprensión é unha competencia que se traballa
diariamente e sen o seu dominio é imposible acadar éxito nesta
materia. Moi importante igualmente para todos os niveis é a
expresión oral e escrita sen a cal sería imposible explicar ou facer
entendible ningún tema de xeografía e historia. No caso da
comunicación audiovisual e as TIC,s a nosa materia é unha das
que máis partido lle pode sacar a estas cuestións a través do
visionado de documentais, filmes, busca de noticias en
INTERNET etc o cal contribue a aumentar notablemente os
coñecementos da materia. O espírito emprendedor pode
potenciarse no alumno co coñecemento de moitas das cuestións
que se estudan na nosa disciplina e a educación cívica e
constitucional potenciase sobre todo naqueles cursos como 4ºESO
ou 1º Bacharelato e 2º de Bacharelato onde a historia do mundo
contemporáneo ten un protagonismo importante
COMPETENCIAS A DESENVOLVER SEGUNDO A LOMCE
As competencias que debe acadar o alumnado e ser traballadas en
distintas áreas son o sentido de iniciativa e espírito
emprendedor, a conciencia e expresións culturais, a
competencia matemática e en ciencia e tecnoloxía, a
competencia lingúística, a competencia dixital, aprender a
aprender e as sociais e cívicas. Neste departamento en concreto
as competencias que teñen que ver coa expresión cultural, as
sociais e cívicas van ser traballadas en moitos dos contidos e
estándares de aprendizaxe pois están presentes en múltiples
contidos da materia. A competencia matemática vai ser traballada
máis na materia de xeografía en actividades relacionadas con
latitudes, lonxitudes, cálculo de taxas etc. A competencia en
comunicación lingüística vai ser traballada continuamente pois a
lectura e comprensión de textos é imprescindible para traballar
nesta materia. Coa realización de traballos nos que se buscará
información moitas veces en INTERNET ou coa busca de
información noutros medios potenciase a competencia dixital e a
de aprender a aprender. Tamén como nesta materia realízanse
moitos traballos que á súa vez poden ser expostos potenciase a
competencia tamén de sentido de iniciativa e espírito
emprendedor así como por suposto a de aprender a aprender.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E
EXTRAESCOLARES
Para o presente curso, o departamento ten previstas unha serie
de actividades extraescolares:
Saídas cos alumnos/as polos arredores de
Betanzos e pola mesma vila para estudar dende o punto de vista
xeográfico e histórico aqueles aspectos relacionados coas materias
que se imparten na ESO ou no Bacharelato
Visita a Santiago cos alumnos de arte para estudar
a importancia da Catedral compostelá, así como outros
monumentos históricos e artísticos que permitan unha mellor
comprensión do Románico e do Barroco.
Visita ao MAC de A Coruña co alumnado de
Historia da Arte de 2º Bacharelato
Visita cos alumnos de Xeografía e Historia de
Galicia á cidade de Lugo para coñecer o seu pasado romano ( en
colaboración co Departamento de Latín ) en principio no primeiro
trimestre. Nesta mesma materia no segundo trimestre Visita a un
mosteiro galego como o de Sobrado dos Monxes ou o de Monfero
e tamén de ser posible visitarase o xacemento de Pena Furada en
Coirós. Para o terceiro trimestre está prevista unha visita á nosa
cidade de Betanzos para coñecer o seu pasado baixomedieval
Visita ó Arquivo histórico de Betanzos e ó Museo
das Mariñas cos alumnos de Historia do Bacharelato como
primeiro paso para inicialos nunha pequena investigación
histórica, aproveitando as fontes e materiais alí depositados.
Saída co alumnado de Xeografía de 2º de
Bacharelato por algún lugar da xeografía galega para profundizar
no coñecemento do medio físico galego pero tamén dos aspectos
humanos
Tamén se poderían realizar outras saídas ou
actividades que foran xurdindo ao longo do curso incluso en
colaboración con outros departamentos
PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TECNOLOXÍAS DA
INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN.
A utilización das novas tecnoloxías no departamento de
CC.SS, Xeografía e Historia terá unha triple finalidade:
1. Na busca de información nas materias propias do noso
departamento.
2. Na realización de actividades na rede de tipo “webquest”.
3. Como medio de comunicación co alumnado e instrumento de
dinamización das asignaturas a través de blogs.
Polo que á busca de información se refire, utilizaranse tanto a
aula de informática do Centro, co obxecto de acceder a páxinas
web ou base de datos nas que poder atopar a información
requirida, como tamén poderase acudir a outros soportes
informativos como poden ser os DVD, CD-ROM, MPT/4,
“LAPIS DE MEMORIA”, etc. Nos últimos é especialmente
interesante o seu manexo xa que neles pode acumular os traballos
ou exercicios elaborados, así como tamén poder corrixir os erros
detectados.
No traballo en clase, a rede, empregarase como soporte das
explicacións na procura de datos ou información precisa. Tamén
se emprega o portátil conectado ó canón para a proxección de
material gráfico previamente elaborado en “power point” , como
ocorre nas clases de arte en 2º Bacharelato
Na Aula Virtual accesible dende a páxina web do centro existen
tamén diversas propostas vinculadas a varias das materias do
departamento.
INDICADORES DE LOGRO
Segundo a LOMCE a labor do profesor debe ser evaluada. Os
indicadores de logro son en realidade unha serie de preguntas que
o profesor pode facerse para reflexionar sobre a súa práctica
docente. Propoñemos formular estas cuestións como mínimo unha
vez por trimestre para intentar mellorar na medida do posible o
noso traballo.
-Pensar se a utilización de materiais foi a axeitada
-Se o desenvolvemento dos contidos é o desexable
-Se as actividades conseguiron motivar ao alumnado
-Analizar se se traballaron os temas transversais
-O manexo das TICs
-O traballo interdisciplinar
-Analizar o resultado académico dos alumnos
Unha vez resoltas estas cuestións tomar as medidas pertinentes
MECANISMOS DE REVISIÓN, AVALIACIÓN E
MODIFICACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS EN
RELACIÓN COS RESULTADOS ACADÉMICOS E
PROCESOS DE MELLORA
Como sempre fixemos, intentaremos detectar nesta
programación todas aquelas carencias ou excesos que
dificulten o logro dos obxectivos que para cada materia e
curso foron concretados. Sabemos que sempre é mellorable
todo, e tamén sabemos que un curso nunca é igual a outro
(diferentes alumnos/as, diferentes circunstancias, etc.).
Somos un departamento que mantén unha relativa
estabilidade na súa composición e que, podemos aseguralo,
conserva unha capacidade de comunicación e de debate
entre os membros que o conformamos fóra de toda dúbida.
Levamos a cabo as reunións indicadas por lei, deixamos
recollidas en acta as mesmas, pero moito máis que iso,
estamos en contacto diario e permanente comentando,
compartindo e resolvendo (se podemos e sabemos) cada
situación que pode aparecer como especial ou diferente a
calquera de nós. Así mesmo, sen deixar de ser críticos cando
o consideramos oportuno, mantemos en todo momento unha
disposición positiva para colaborar en calquera proxecto (da
dirección, dos pais/nais, do alumnado, etc.) que está dirixido
a mellorar e a dignificar o centro de traballo do que
formamos parte, un centro público que acolle rapazas e
rapaces de todas as condicións da nosa comarca e que acolle
a outros que, por períodos de tempo máis ou menos curtos,
chegan doutros lugares e, como non, ós nosos propios fillos
ou fillas.
Somos os primeiros interesados en facer unha avaliación
o máis estrita e correcta posible desta programación. A
proba desta afirmación son os sucesivos cambios ou
modificacións ós que se foi vendo sometida nalgúns dos
seus apartados nos diferentes cursos.