descrición cole
-
Upload
pilar-baston -
Category
Documents
-
view
230 -
download
5
description
Transcript of descrición cole
DESCRICIÓN DO MEU COLE TRABALLO DE LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA CURSO2011-2012 COLEXIO SAGRADA FAMILIA
DESCRICIÓN DO NOSO COLEXIO
O noso colexio é moi bo tanto por fóra coma por dentro porque
está na mellor zona de Aldán .
As súas instalacións son moi boas e moi ben distribuídas tanto por
espazo coma por iluminación
O colexio Sagrada Familia de Aldán está situado xusto onde
remata a ría , é dicir enfronte da praia.
Podes entrar por dúas portas : unha situada enfronte da estrada
principal e outra na parte de atrás para algúns rapaces que viven
por esa zona do noso colexio.
Hai tres patios:
Se entramos pola porta principal, á dereita vemos o patio onde se
xoga ó fútbol. A esquerda atopas o patio onde se xoga ó baloncesto
e ó final dese patio hai un recuncho onde hai atraccións para que
os máis pequenos tamén se podaidan divertir. De fronte temos o
patio cuberto onde xogamos cando chove .
O toca-lo timbre reunímonos en filas ordenadas por cursos .
Temos como un escenario que é onde facemos as actuacións de
fin de curso , onde está a porta principal por onde entramos para
as clases.
Cando abrimos a pota hai unhas escaleiras e se as subimos temos o
comedor, a esquerda. Defronte tamén un corredor que vai dar ó
ximnasio. Neste andar atópase tamén a aula da AMPA, o oratorio
, a aula de orientación, os baños dos profesores e tamén unha das
aulas de titorías.
Á dereita temos a biblioteca que ten unha pequeniña porta que dá
á sala do material e de fronte a sala de música onde dá moito sol e
algunhas veces vai calor.
Despois, na segunda planta están a aulas de 3,4 e 5 anos (infantil).
Tamén está a secretaría e dirección. Pero non nos esquezamos das
aulas de 3º,4º e 5º de primaria que tamén están nesta planta.
No terceiro andar están as aulas de secundaria e a aula de 6º de
primaria , o laboratorio onde os alumnos da ESO fan
experimentos e nós nalgunha ocasión tamén.
Este é o meu marabilloso colexio .
ANÍMOTE A QUE VEÑAS !! Lucía Dacosta
Descrición do meu colexio
O colexio Sagrada Familia de Aldán é un gran colexio.
Está situado ó carón do mar onde hai unha entrada
principal. Por fóra ten distintos sitios onde os alumnos
podemos xogar no recreo. Tamén ten unha porta traseira,
para saír. Está pintado dunha color crema. No patio ten
unha porta que dá á sala de tecnoloxía, e ás aulas de
primeiro e segundo. Temos distintos andares, tres para ser
exacto. Na primeira atópase o salón de actos onde
acudimos cando participamos nalgunha obra de teatro ou
nas despedida das vacacións. Nese andar está o ximnasio
onde temos diferentes cousas para dar clase. Aquí
atópase o lavabo dos profesores, e distintos cuartos dende o
do ANPA ata o oratorio. Tamén hai unha aula de música e
a biblioteca. Segunda planta: as aulas dos de infantil con un
baño, e algunhas aulas dos de primaria e de apoio.
Secretaría, dirección e asala de profesores. No último andar
outra aula de apoio, e todas as clases dos da ESO,o
laboratorio e o resto de primaria. Así é o colexio Sagrada
Familia de Aldán, onde aprendemos tódolos alumnos.
PABLO POUSA
Descrición do meu colexio Eu creo que está na mellor zona de Aldán ó lado da praia e
o peirao. Ben, imos falar do noso cole por dentro.
Empezamos por fóra (no patio) . Entramos polo portal e
atopamos o campo de fútbol e o campo de baloncesto. No
campo de baloncesto hai un parque para os nenos de
infantil , primeiro e segundo de primaria. Entramos no
patio cuberto onde hai un baño para os da clase de abaixo.
Tamén están as clases de: 1º, 2º e informática. Subimos as
escaleiras da entrada e atopamos o comedor, biblioteca e
a aula de música ; andamos un pouco máis e atopamos o
salón de actos , o ximnasio , sala de titorías ,o baño dos
profesores e o oratorio o que acudimos de cando en vez
esteamos ou non en apuros.
Seguimos subindo escaleiras e atopamos a aula de catro
anos e máis para dentro están as clases de cinco anos xunto
coa sala de profesores, secretaría e dirección . Saímos de aí
e imos a pastoral e a carón está 5º de primaria, 4º de
primaria, 3º de primaria e 3 anos . Subimos pola rampla ou
pola escaleira e está 3º da ESO. Máis para adiante 2º de
ESO e o lado está o laboratorio onde imos facer
experimentos .
Case en fronte está 1ºde ESO. Andamos un pouco máis e
está a clase máis traballadora do colexio 4º de ESO; en
fronte a mellor clase que podedes encontrar en todo o
centro: 6º de primaria, os máis bos e traballadores.
AINHOA
DESCRIPCIÓN DO NOSO CENTRO.
En Cangas do Morrazo, Pontevedra hai un
bo colexio. Á carón da praia, un colexio
branco pastel,cun portal verde. Conta con
dous campos, un de baloncesto e outro de fútbol un
pequeno patio onde nos reunimos para entrar e un parque
para os infantís. Un colexio que conta con tres andares e
trece cursos.
Empezando polo primeiro andar, hai as dúas primeiras
clases de primaria primeiro e segundo,e a aula de
informática. No segundo andar,a biblioteca, o salón de
actos, e o ximnasio, o baño, o oratorio, xa que é un colexio
relixioso,a clase de música a sala do A.N.P.A. os baños e a
clase de apoio e o comedor. Súbense uns pequenos
escalóns e atopamos a secretaría, direcion e a sala dos
profesores as clases de infantil, tres anos, catro anos e cinco
anos. Tamén as tres seguintes clases de primaria, terceiro,
cuarto e quinto. No terceiro andar, a última clase de
primaria que queda; sexto. Tamén encóntranse as clases da
eso, primeiro, segundo, terceiro e cuarto. Unha clase
pequena de apoio.Un gran olexio que conta con vos
profesores.Un dos mellores colexios de Galicia.
Samuel Pardavila Lorenzo
Descrición do meu colexio
O colexio onde estudo chámase Sagrada Familia de Aldán.
Foi creado por Xosé Graña con axuda da súa irmá, D.
Xosefa. É un colexio moi grande, cun campo de fútbol, un
de baloncesto que inclúe un parque para os nenos de
infantil, un patio interior onde normalmente, xogan os
nenos máis pequenos. Por fóra, é moi bonito. É de cor
branca, con columnas marróns e brancas crema. A
primeira vista, vense os patios e campos e dúas entradas; a
de abaixo, que dá o mar e a de arriba, que dá saída a un
carreiro que chega a parte dereita do colexio. Por dentro,
ten tres andares. O patio interior dan as clases de
informática, primeiro e segundo de primaria. O primeiro
andar, ten a biblioteca, o ximnasio,a clase de música, o
baño dos rapaces, o salón de actos onde se fan as obras
escolares, as salas de titoría, o vello comedor que agora é
unha sala de apoio, a capela, os baños dos profesores o
comedor escolar e un portón de entrada á parte interior do
colexio. O segundo, inclúe as clases de infantil, o baño dos
nenos pequenos e do comedor, a secretaría, as clases de
apoio e a sala de profesores. E por último, o terceiro andar
ten as clas1es da ESO, a de sexto de primaria, unha clase
pequena de apoio e o laboratorio.
O colexio onde estudo, o Sagrada Familia de Aldán,
considero que é o mellor colexio de Galicia!
RAÚL
Descrición do meu colexio
O meu colexio ten un patio, tres andares e é moi grande.
Tamén ten un patio cuberto. O colexio é de cor branca e
está á beira do mar. Ten dous portais verdes. O de abaixo é
máis grande có de arriba. As clases son grandes e
luminosas. Se entramos polo de abaixo temos, ós lados, os
dous campos, á esquerda o de baloncesto e a dereita o de
fútbol, e no de baloncesto hai un engadido de aparatos para
os de infantil. Se entras no primeiro andar hai un comedor,
ó lado o salón de actos e o ximnasio. Máis alá hai un
oratorio, a sala de orientación, a AMPA , a sala do material
e os baños dos profesores. Pola segunda entra do portal de
arriba, nada máis entrar está a aula de música e a biblioteca.
No seguinte andar está secretaría ,dirección, infantil, apoio
,terceiro ,cuarto e quinto de primaria. Na parte máis alta do
colexio está a ESO, o baño das mulleres, o laboratorio,
apoio e sexto de primaria, que é onde estou eu.A nosa
directora é Amparo. O noso colexio é o mellor de Cangas!
Nel aprendemos moito.
ALICIA
Este é o meu colexio
Descrición:
Ten dúas entradas: unha a de abaixo que dá ó mar e, por
enriba, a que dá ó camiño vello. O meu colexio é moi
amplo por fóra e por dento e, fóra, temos un patio de
infantil recén cambiado, un patio de baloncesto e outro de
fútbol e para cando chove,
temos un patio cuberto que é onde nos poñemos para irnos
cara arriba menos os nenos de primeiro e segundo que
teñen ó lado o patio e a sala de informática, e un baño.
Podes subir pola porta do patio cuberto ou pola outra que
está pola costa da porta do camiño vello para os nenos que
non poden subir as escaleiras. Na outra planta están o salón
de actos, o ximnasio, aula de dirección, a aula de música,
titoría ,a capela e a sala da AMPA, sen esquecernos da
biblioteca e o comedor. Se segues subindo encontras as
clases de infantil, tres, catro, e cinco anos, secretaria e
dirección. Ó lado da de tres anos están as clases de
terceiro, cuarto e quinto. Preto está outra sala de
orientación. Se seguimos subindo están as clases de terceiro
e segundo o lado dereito, de fronte está o laboratorio. Se
xiras á esquerda están a clases de primeiro e sexto tamén a
esquerda e, a dereita está cuarto de ESO e, de fronte a
clase de apoio onde ban os nenos que necesitan axuda
nalgunha materia. O meu colexio é algo especial para min
porque paso nel moito tempo e teño bos compañeiros.
Ademais neste centro aprenderon tamén miña nai e parte
da miña familia. Aquí aprendo moitas cousas interesantes.
Pablo Martínez.