diego sobrino yáñez

45

description

letras gaalegas 2012

Transcript of diego sobrino yáñez

Page 1: diego sobrino yáñez

PRANTO MATRICIAL(Bos Aires, 1955)

Page 2: diego sobrino yáñez

36

1O que todo galego choraría

Chora, terra, teu prantodas augas, e dos eidos, e dos ares,as vivas páreas cósmicas da raza,en mantelo de brétemas envoltas,que noso fin ao noso orixe ligan,Deita nas aurias leiras do horizontelabradas de solpores e de abrentes,en ádoas de luz a debullarse,as sementes feridas da túa dor.Arpa de nobres cordas esquecidas,ceiba teu son no corazón retido,e fai acordes en total latexoalmas, paxaros, ríos e paisaxes.

Chora, Terra, teu pranto xeneroso.O que todo galego choraría,en roda de multánime silencioe ollares abatidos,sobre do longo corpo derrubadoque fora vivo mastro en loita núa;perto daqueles beizos, seca fonteda verba nunca dantes máis belida;do peito petrucial, reflorecidode mapoulas pampeiras,que envexan a nacencia das chorimas;xunto das postas maos voltas ao xelo,onde a eito agromaron do seu arte,no cerne da galega patronía,vizosas primaveras.

Chora, Terra, teu pranto matricial.O que todo galego choraría,se inda chorar puidera,até cubrir de bágoas o mare.

Page 3: diego sobrino yáñez

36

2Dor da paisaxe

Das augas deloridas, doce prantoque escorra pola face das alboradas,deica a raíz das herbas,destilado na pinga dos orballos,e dea seu latexo a noite e díanas rezadoras choivas que soergueno canto-chao das tellas,e o responso romántico das gárgolassobre as pedras mortas de Sant Yago.

O cristalino pranto manadeiropolos ollos das pontes,onde o pulso dos ríos esmorece,e se acugula co solpor calado,na verdecida soidade dos vales,toda a dor da ribeira sen cantigas,dos cruceiros e as ánimas sen luz,dos camiños sen lida labradora,dos fogares sen sangue gomarizo.

Pranto baril dos ventos galgadoresalimentados co sal da Ría,que xa non baten velas de Rianxo,e te chaman, Daniel, con voz ferida,-agullas dos lentos piñeirales,verdes coros arpados do Salnés-ou con voz dos abismos, roncadeira,na crátera fadal das oleaxes,pé das rochas de Sálvora.

O salaio de ferro das motoras,coa agonía da néboa e dos naufraxios,

Page 4: diego sobrino yáñez

36

chámante polas bocas de Marín;e o nacarado choro das buguinas,uivando nos salgados areales,sobre as laxes rachadas dos cantiles,nos cabos onde escachan as tormentas…co folgo máis sostido e sonorosoque brotaran de peitos mariñeiros.

E aló, nos curutos desnevadosdas serras estremeiras,ou polas corredoiras dos lugares esquecidos no ermo,a corna inxel que tallan os pastores,buguinada da urce,ceiba tamén no azul fanal abertoa coita da montaña taciturna,ferida polo mesmo desconsolo.

3A terra e os sinos

Foi a terra levada,barro materno ao barro teu xuntado,con líricos loureiros,no camposanto de Padrón unxidospolo amor e a dor de Rosalía…sagra primeira estrofa deste pranto.

Para compoñer as outras,tanguidos a unha man de Sul a Norde,os sinos todos das eirexas todasque por todos redobran,e tamén se ouvirán polos escuros,non recollerán no coral de broncea dimensión da nosa desventura.

Por ti, Daniel, a máis dos campanarios,siñaleiros da morte empadroada,

Page 5: diego sobrino yáñez

36

han de dobrar, da vida, acentos novos;han de dobrar as cordas dos espíritus;das cousas, seus metales:das cousas,nas que os homes deixamos en anacos os anacos da ialma.

4Alá lonxe

Que se escoiten agoraseus líquidos acentos alá lonxe,vibradoiros na librerede dos merindiáns ultramarinos.E mergullen, Daniel, no mesmo prantoos ronseles postreirosdas túas signaturas á derivaabraiante de Marte;dende o trópico a foro pintigadoao balbordo de Hudson, e ás peladasserras de Araucania.

En Cuba se derramen, e no Mare de Cortés, e no ardentemato dos bandeirantes paulistamose nas punas do inca,e nas pampas do gaucho cabalgadas,con Don Segundo Sombra polos médanos.

Océano de terras escontra o dique sísmico dos Andes, mexido polo zonda sequiosoe por quillas sen leme navegando;natureza auroral que se espreguizaco inxerto de vidas esgazadas;foro aberto do mundo,

Page 6: diego sobrino yáñez

36

onde a estrela dos parias tamém loce;mapa de libramento presentido,onde o sangue romeiro dos galegosa ventureira vocazón renova.

5Teu destino

Sementador leixado,peregrino namorado dos roteioscara o destino da Galiza abertos;flor das vidas chagadas na acedumeincerta do desterro:o de morrer alá teu sino era.Alá, sen escoitar as elexías do violín dos cegos,e a zanfona de pedra dos Profetas, que tan só por ti soar puidera, O de morrer sentindo na agonía, a quentura arterial dos emigrados, lonxe do morno ollar das Dolorosastalladas ao respaldo dos cruceiros.O de ancorar a nao, desarborada,nos peiraos de alén-mar,abrindo regos novos á saudade;reencendendo os pábilos da ialma na Galiza migral, e na Galizaque aínda agarda, Daniel, o teu retorno...

6Cando ti volvas…

Page 7: diego sobrino yáñez

36

Na matricial Galiza, sempre túa,que dende a Torre de Hércules ao Miñoun facho acenderá por cada illa, cando ti volvas polo mare;de toxo unha fogueira en cada monte,cando ti volvas polo mare;dos castros na coroa unha cachela,cando ti volvas polo mare;unha loura candea en cada pino,cando ti volvas polo mare;o seu cirio de frouma os arciprestes,cando ti volvas polo mare;luces de ardora branca en cada mastro,cando ti volvas polo mare;un farol mariñeiro en cada dorna,cando ti volvas polo mare;veliñas á xanela en cada casa,cando ti volvas polo mare;e as pérolas das bágoas derramadas,cando ti chegues polo mare,cando ti chegues polo mare…

SEMENTEIRA DO VENTO(Ed. Galaxia, 1968)

Page 8: diego sobrino yáñez

36

Rústicas nais

Na cruz dos vosos corpos dobradizossobre os agros de pan,as raíces do barro floreceron.

Sangue o centeo foi,o millo carne,enfornados ao longo dos invernosentre leira e lareira.

Só pola lei dos glóbulos que escoande vedrañas nacentesa se xuntar na vosa ánfora salva,aínda Galiza escoita o seu latexo,as súas cores locesen adobíos emprestados,no viveiro dos pobos en promesa,como roseira que mantén vizososo ouro do seu polen,de pétalas e arume o seu tesouro

Longas maternidadesreschoradas a fío no mandil,para longas anadas sen amor,o lenzo a relembrar das despedidastrestemido no ar,e a seguir para os tortos asoballosda vida en soidade,para o bater das neves e das chuvas,para fames e loitose naufraxios.

Mais pola seiva morna que alimentaa ramada baril das vosas veas,pola candea que nos vosos peitos

Page 9: diego sobrino yáñez

36

reencenden as fontes matricialese os cruxoles do ser da nosa xentecoa voz que criou,ás cinzas do pasado que destilannos úteros do tempo para vir…aínda nós somos nós.

A mesma mao para o sacho e para a teta,na Virxe e no trasno a mesma fe,un agarimo ao neno,outro agarimoa benquerida sombra que deixarano leito de follatoso home que foi voso aquela noite.

Firmes seos de nai onde amadrigadas sementes o celme,para recebar as íntimas fontelasdas que recibe o seu feitío o ser,e para fundir nos eslabóns do sangueos acentos no pobo xenerados,o formento da loita,a vontade de amar e resistir.

Rústicas nais de entranas repartidasentre os fillos e os eidos,cal se nos hemisferios da crianzatamén zugaran os meniños leitedas úberes da Terra.

Eu sinto día e noite a me roera cega dor da vosa carne lúcida,parideira de brancas andoriñasno cedo xa tolleita para o amor,a se trocar varona de mantelo,sempre coa sorte revirada en trincaao timoeiro da pobreza.

Tamén sinto a desondado voso matriarcado escurecido,orfo de lúa e de luceiro orfo,

Page 10: diego sobrino yáñez

36

a devalar axiñasobre os areales do presentee cara as parameiras do porvir. E se sinto unha esperanza,ou na destinación do noso poboou una perpetuación do noso ser,arquiveiras da esencia dunha raza!non é senón aquelaque aínda podemos pór agora e semprena virtude baril do voso leite.

(Pousa Nova do Mar, 1966)As úberes do medo

Se isto é vivir... eu vivovivo aíndaneste val de viventes espantallosmunxidores das úberes do medo,mais a xeito dun prófugo da morte,que por teima dos outroshoubo de recuncar quixera ou non,nos arriscados xogos de facerventureiro resgate da súa vida.

Experimentei en quente catro vecesmal gobernada Dona da Gadaña!o axexo dos teus tarsos...nos meus pasos,e o tronce dos aceiros tolledoresou a facer peneira no meu coiro,ou a trillar meus osose deixar debulladas pola areaespigas do meu sangue.

Fuxir fuxín con vida...non sei como,aos tiros dunha banda arremesadose os pelouros da outra,

Page 11: diego sobrino yáñez

36

para aboiar despois facendo o morto,como cortiza a flotemexida no ir e vir de cada ola,sen bourel de loureiroao pairo polas augas de ninguén.

Cando a febre do chumbo viña a menosou viraban as lúas,seus ferrollos abrían as cadeasou súas soidades os desterros,e non faltaban no poleiro galoscon gorxa de papel de oficio chea,para me pór á sombraou me liscar co demo unha tempada.

Escomasí o meu remorso sintode non ter até agora merecidotentos fanados holocaustose condecoracións do... revirallo,tanto calafateo de suturase versiculación de cicatrices,tanto derramamento de garoubasque atinguiron os brancose marraron no fin,tanto xemer de folios e de ferrosmexido contra aquelo...que non fun.

Farei nunca reconto dos aldraxesque nas táboas da lei que o pobo ditanon teñen cabementoou son aínda máis que mágoa honra.

Un non ha ser tan soloa suma do que quixo e do que fixo,illado na súa illa,a forza remador contra corrente,

Page 12: diego sobrino yáñez

36

pois os rodicios da inxustizxa allea,contra do non querer do muiñeirotamén moen para un.

O tempo foi correndonos reloxos sen corda moitas veces,e nas vísperas de días que viránvan indo xa de seca pouco a poucoas úberes do medo.

Pois mentres agardamos, agardamos...a mudanza do sino,eu confesar quixera boamente,que se non fixen da desgraza sorte,sempre tomei a ben aquelo todoque por mal me foi feito.

Algún refrán dixo de vellos que...cando non nos acabantanto os paus como as dores fortalecen.

[Vigo, 1966]

As miñas horas sen ti…

Amor,lonxe da túa voz o meu ouvido sen ter o mel de sonos que viñera a me enlevar na doce transparencia…horas escuras son as miñas horas.

Sen o regueiro azul do teu ollar nos pousos da verdade cada cousa,nin a cuncha ateigada da túa maopara sede de luz do meu espírito…horas de area son as miñas horas.

Page 13: diego sobrino yáñez

36

Sin o par dos teus pasos ao pé dos meus no mesto labirinto que ha percorrer o tren das arelanzasonde fan seu viaxe nosas vidas…horas sen rumo,cegas singraduras,son as horas,amor,sen ti vividas.

Sobresolares horas do México maduro e tamén verde, nas razas de obsidiana e de limón,no sangue feito pedra de pirámides que aínda escoa na historia,siñada pola serpe e o quetzal.

Horas de Veracruz dos marimbeiros,madrepórica filla das marés, corpo na bris do Golfo sobre pés de corais e cadril de mestizas abalado.

Do Guanaxato de ouro e de Tasco da prata,vividuras de gloria esmorecida dende o fulgor dos séculos mineiros.

Das noites de Acapulco no luaral Pacífico arxentadas, con dormición de Venus nas areas e sensual ondulación do mar no colo das caletas.

Horas reverdecidas na esmeralda sabaneira dos chibchas,con Santa Fe de Bogotá e da Chuva cuberta pola sombra de Ximénez e o bafo dos cabalos de Bolívar.

Page 14: diego sobrino yáñez

36

Horas do Cauca longas de languidez procesional do río rimadas na nocturna sonata de arboreda adormecida polo arrolo das garzas, e a lírica gorxa do turpial,

Mañáns do Matto Grosso,co sabiá cantor nas mangabeiras,fatos de garimpeiros aos diamantes, vaqueiros e boiadas ao trote nas veredas do sertao. **Horas das travesías esteares nos desertos do éter navegadas,sen quentura de peitos,agarimo de falas nin paisaxe amantío,levando sempre a morte suspendida do folgo dos mecánicos pegasos.Horas esvaradizas pola fraga de ferro das cidades e a cobra das estradas,onde ferven motores, ferven razas,baixan os urubús cheirando a prea aos recintos da xente,e asoballando a vida que tiñamos o galope dos dólares redobra.Horas sen o ar do trópico amareloqueimadas nas raxeiras litorais, xunto o espeso xermolar da cénaga e a barba lacustre do manglar,ou na farra criolla,feira dos semellantes entintados,xemida en tangos e mexida en rumbas nos esturdidos caixóns dos “nigth club´s”.

**As miñas horas que para ti naceran, as a eito vividas de maos dadas denantes ter do noso lar fuxido…as miñas horas que para ti naceranbaixo un ledo repique de campás…

Page 15: diego sobrino yáñez

36

revivirán somentes cando a túa quentura globular reviva en min,cando aos meus brazos tornes orballada polo luar das noites da Galiza,envolta aínda no resplandor da chama que acendes a cotío na lareira onde quece os seus sonos noso amor.

[Sao Paulo, 1959]

CEN CHAVES DE SOMBRA(1979)

As palabras

Vén o ar ateigado de palabras, cada mañán chamando aos nosos vidros, para pór a xemolar son e semente.As palabras de cote están falando e somos nós os xordos ao mensaxeque no seo das sílabas carrexan.

Polas palabras somos outra cousa,e non primaz materia dunha besta,só desbravada en nós polas palabras.Son palabras as ondas do gran ríoda fala, que morre un pouco e nacedo mencer ao luar de cada día. A eito marteladas nos falaresdo pobo, que as mestura ao seu suor,limadas cal semánticas moedasnas forxas oficiais do saber,

Page 16: diego sobrino yáñez

36

sempre as palabras teñen lei de onda a develar na vida dos demais.

É de palabras a primeira músicaque dá tremer de luz ao noso tímpano,e de palabras o primeiro ríoque verte ao noso canle súas ondas,e se fai subterráneo en cada noite para renascer no leito das auroras.

Denantes das palabras foi a choivalinguaxe de cristais da natureza,de verticales sílabas composto, elemental vocabulario líquidodas claves seminales sobre a terra,a descrifrar polas meniñas da alma.

Palabras insonoras baixo o sono como peixes de acuarium apagado que a memoria repesca na vixilia.Palabras e memoria dúas forzasque xa casadas nascen lonxe, lonxe...no orbe prebabélico do home.

E cando chega a morte a nosa beira,cando nos pasaporta para o nada,o que de certo pasa e se rexistra,o que nos deixa listos para o embarquena dorna por Caronte tripulada...é o naufraxio de todas as palabras.

(Vigo, 1970)

Non escoitedes…

Non escoitedes voz onde non trema

Page 17: diego sobrino yáñez

36

o vidro do seu tempo,mainamente,como na pel das augas treme a bristinguida no brancor dos amieiros.

Non escoitedes voz na que se esquezanas raíces do barro que nos doufeitío de criaturas,amor pra repartir cos semellantesquentor do noso sangue.

Non escoitedes ecos en retornodos paredóns da morte.a vida virá sempre a sulcos novospra se facer fecundano grao de cada espiga.

[Pousa Nova do Mar, 1977]

Noso Alexandre, mártir

Trinta e seis, trinta e seis, trinta e seis…Taquicardia da historia dunha imaxecon pulsación esmorecida.

Trinta e seis, trinta e seis, trinta e seis…Que ancho o peito teu para os balazos,con corazón equidimensionado,alcouve pola idea frolecido,Que regueiro de folgo para unha fepor un agosto tráxico xiado,ao despuntar un día a mañanciña!

Trinta e seis, trinta e seis, trinta e seis…Toda a xeografía da Galiza,esquí as aldeas, achola as cidades,da miñota fronteira até Teixido,da Curota ao Caurel,

Page 18: diego sobrino yáñez

36

alí cabía dun costado a outro,mapa do corazón comprometido,augas, montañas, pobos,… que lavabascal loriga carnal do pensamento,aquel da Galiza acriboadaao cuspir os fusiles sobre ti.

Trinta e seis, trinta e seis, trinta eseis…Sete cruces na Tampa como escudo,ste cruces e o calix do Grial,tatuaxe azul dos símbolos amados,unha terra a ceibar de alleas poutas,unha xente a curar da praga exótica,unha patria a facer.

Sete, catorce… tiros na Caeira,contra un pino dos himnos de Pondal,contra un pino de froumas a cair, contra un pino de ponlas a chorar!

Trinta e seis, trinta e seis, trinta e seis…E unha bandeira de Galiza a furto,cadaleito a pechar,pra o teu peito aquecer no máis alá!

(Vigo, 1976)

Canto ao catro de Nadal

Galiza abría os ollos despois da negra sombraque murchara no cedo as roseiras de abril.De novo puña os pés no camiño de voltaao de forzas circiais dentro de si.

As rúas eran ríos de peitos xa rimados,na arela de facer unha patria coas mans,desxugar cabezallas que esmagan os destinos devolvendo aos galegos a imaxe do seu chan.

Page 19: diego sobrino yáñez

36

A pulsación do pobo a devalar no asfaltoreinzou as calzadas de latexos votivos,de calcañares firmes na fe remanecidade que non máis seremos os decote vencidos.

A voz autonomía cobrou azas de pomba que os sonos arrolara do pobo a camiñar,A voz autonomía quente de pulsos ledos debullou a súa mensaxe no sangue popular.

Labregos a esquecer o símbolo da fouce, mariñeiros en terra pola Terra a remar,os señores collidos do brazo dos obreiros,mulleres das aldeas con donas da cidá.

As viúvas e os orfos das vendimas noitebras, e os das segas lívidas rente do paredón da súa dor sacaron contrición de silencio e na ara da Terra cancelaron súa dor.

E ninguén reclamaba desforra nin ordalío,nin das vellas feridas cicatrices furgou.Tódalas voces unha erguendo o mesmo canto,Tódolos berros berro de reliberación.

A bandeira galega na destra tremeloce,ao compás reondean símbolo e corazón.As prazas eran urnas traslúcidas e abertas,quiñentos mil sufraxios e brazos un millón.

Repican bronces novos nos vellos campanarios,voces remanecidas desde a raíz do tempo,a Galiza de onte e aGaliza de hoxe, alicerce e palanca do mesmo pensamento.

Galiza dixo agora na linguaxe de Euclides, súa palabra acesa nas luces de mañán, quere facer a pulso seu anaco de historiacon ferramenta dócil ao sangue matricial.

[Pousa Nova do Mar, decembro 1977]

Page 20: diego sobrino yáñez

36

As ovellas de Joyce

Can correu no milleiral. Can?Non. Isegrim orellas murchas.

Até lobo. E ovellas sineirasparan sen fólego.

(James Joyce, Finnegans Wake)

Ai!, delatadas ovellasdos seus rixelos arrente.Ai!, polas linguas de bronceque dos seus colares penden.Ai!, polas linguas de bronceque esporan do lobo o dente.

Isegrim orellas murchas-duplo pavillón solerte-Isegrim orellas murchasmalo raio te estatele!Non eres o can que ladradantes de trabar na xente.

Os milleirales contigomurcharon seus fogos verdes,a paz que nas chocas tanxee nos pendóns arrecendea paz que nas chocas tanxede cana se fai, e fende.

Sineiras de sinos mornos,orbillo de sons no abrente,sineiras se signos mornos,copas de candor vertentes.O voso espaller de sons…un facón por cada dente.

Page 21: diego sobrino yáñez

36

Pombas do chan nas aurorasPombas do chan nos poentes,De Isegrim a treiduría,o badal cisca a semente.De Isegrim a treiduríaNa vosa candura quece.

* * * *

Baixo a lá das ovelliñas,O corazón do home treme.Polo son que outros penduranAo noso pescozo débil,Polo son que outros penduran,Tamén o lobo nos fere.

(Pousa Nova do Mar, outubro 1975)

Veño da Morte

Galegos, meus irmaos,veño de ter co-a morte.Sin o agardar unha vez mais atopoo ventureiro empalme con a vida.

Estou na singladura do retorno,con ollos recuncantes na alborada,tímpano a se tremer en libres odas,pernas reencanadas para andaros camiños resucitados.

Veño da morte, irmaos, e no fardel,pouco trouxen pra vos:cicatrices de ferro nas palavras

Page 22: diego sobrino yáñez

36

POEMAS SOLTOS

Na brétema, tres cantos…

A Luís Seoane in memoriam tuam

I

Xa bogas, sen fardel, na brétema sen horas intérmula bandeira na arcada de outro mar,a nosa sombra ollando por buraco estear,rachada nos carreiros abruñados de amoras.

Contigo levas fachos para novas autoras,e deixas a Galiza nun cego navegar,co destino atrapado na pouta moncloar,debruzada de novo na ponte das deshoras.

Xa semellamos moucos exiliados na Terra,con segunda hipoteca na nosa liberdade.Só o ronsel que canta dos mortos nos acentosnos devolve a esperanza a que o home se aferra,nos ergue até as almeas da moura soidade,onde aínda agardamos teu mensaxe nos ventos.

II

Túas mans tallarían corpos e almas no buxo,retábulo de opresos a corazón magoado,de anatomías quentes código promulgadona diástole de brancos e tintas sen embruxo.

Page 23: diego sobrino yáñez

36

Plana imaxinería o teu pulso compuxo,para lle dar vida do hoxe aos mitos do pasado,de Rui Xordo descobres o arrufo alanzado,de María Balteira o namorar cabuxo.

Sorna, panos, tamancos, remontas, parachuvas…raza en pristinidade, como a terra a pariu,con brazos para a fouce, o remo e o badal,na véspera do día de madurar as uvasna mítica parreira que o destino encubriu,onde nos chaman hoxe as voces de metal.

III

Ao alén chegarías, Orfeu dos emigrantes,con Ramón Cernadas no adro a te agardar,e Mesdamus, Basalo e tantos que a máis dar,abonan co seu calcio camposantos errantes.

Da loita “as cicatrices” cavadas nos semblantes,Galiza sen Galiza, a patria a despatriar,raíces sen filame beira a beira do mar,emerxendo da cinza das lareiras vacantes.

Ao fin agora deixas o posto nos combates,sen recoller as gubias nin pinceles limpar,eles berrarán sempre polo que xa non berra,erguerán o teu nome nos vindeiros embates,cando Galiza volva de seu a camiñar,e sexa nosa mao a mao da nosa Terra.

[Maio de 1980]

Page 24: diego sobrino yáñez

36

Castelao no Harlem preto

Virando a ponte fría do Triboro, na pasaxe de Harlem a Broadway, diante dos teus pés romeiros toparas as vareas máis ingremes que ían ensarillar o teu exilio. Corpo sen sombra a pervagar serías en ronsel sen estrela, e quente man sen palma irmán aberta onde poder pousarse, e o corazón a latexar en vougo, perdidiño no mato de cimento e sombras alongadas sobre as almas e deitar de alciprestes ferro-ergueitos sobre dos corpos ao metal dobrados en orfandade de raíces.

Xa levabas andando encosta arriba o labirinto vial do Harlem preto, recollendo súa imaxe e seu ritmo, no prismático espello do espírito, e na plástica antena do teu lapis. Outra fronteira humana descubriras na xeografía epitelial das razas onde teus ollos cativos tentan reatopar ao home como Deus o tirara do seu forno, levando no seu queimo seu mensaxe e seu fado fanado para a vida.

Ai Harlem, Harlem, Harlem… dos pretiños! Ai Harlem dos menceres estourantes no repicar de gongs e de maracas, a referver nas noites estragadas de farras saturnais! Alí topou teu arte novas liñas,

Page 25: diego sobrino yáñez

36

outro latexo irmán vibrou teus pulsos, outro amor no teu peito magoado principou a medrar.

E por Baixo das dermis chamuscadasTúas meniñas macias desvearon outras virxindades seculares,outro drama social agabeandoa cabalo da sombra de Caín,pola cor dunha pel.Un vertical exilio polo sangueque ten tamén do noso a mesma cor,mais que leva nos glóbulosda liberdade as cinzas aínda mornasa querer soerguer as súas linguase cancelar as dores milenarias,que arrastro traguen polo chan da historiao ser mais o destino dunha raza.

E foi en ti, Daniel, o nacemento,de novas cordas na arpa do ancho peito,que despois cantaríannas formas e nos ritmos de acibeche,o poema de amor en tintas libresdo sangue irmán que ferve nos proscritos.

(Pousa Nova do Mar, xullo 1982)

Ode sen pranto ás cinzas rescatadas

I

Arela de resflor,Hoxe remanecida musa nosa―Daniel desde a nacenza carismando

Page 26: diego sobrino yáñez

36

con óleos de profeta—esta mañán volvo en achego a ti.Dobrarán bronces sagros no ar viúvoa brazo nu tanguidos Desde o Miño arterial á foz do Navia

Sonou ao cabo a data degoradada restituto ceneris,a terra que das chagas convalecena restinga das décadas umbricias,onde ben fora que nos atoparasdesatrelados xa, ceibes e ledospara o complexo de Caín avesosremerecentes circiosdas liberdades porque ti loitabas.

Daniel desde a nacenza carismandopra que teu pasamento se trocaraen revoada de espíritos.

II

En boas medras eu quixera agora-Daniel a luz pairal restituído-Nesta polo San Xoán mañán lavada,Con orballo arumado de naisilvas…Que translevar a ti puidera hoxeAs palabras quecidasNa fe do pobo aínda resistente.As tantas veces por túa voz vibradas,En tímpanos anónimosDantes que a paz civil fose esmagada.

Palabras de mensaxeque xuntos espallamos moitos díasnos adros das parroquias,desde a escada de pedra dos cruceiros,por sobrados vilegos…

Page 27: diego sobrino yáñez

36

agás para os serodios rechouchíosdos mandachuvas recuncantes.

Primavera esquecida da que foraso máis lanzal lilaz,denantes da súa hora deslogrado.

III

Mais agora, Daniel,_delfín maior dos exiliados nosos_,nesta a deshora hora do retorno,van de camiño longo xa exauridos anos demais do tempo xerminante,que teus faraldos pretos agoiraran.

Xa es cinza, Daniel,aínda que sempre cinza namorada.Xerme en calada trasremudaciónda concienciana idea.Cinza asuntiva de valores prestosa outro vizoso afloramentoque anada tras anada se reínceno miúdo milagre da sementepara longas labradas no porvir.

Verbo con son eterno propagadono país a rescatar agoradas servidumes residuais.Desembargada prendaA se facer do seu dona e señora.

Page 28: diego sobrino yáñez

36

IV

Cos fíos de ouro da túa vidae a fulguración da túa obra,nos anais do país restituídoaínda se escribirán,tras de moitos capítulos de sombraoutros alumeados de esperanza,en románicas letras lapidares,onde unha pauta esgrevia se retracedo modelo de Patria que soñarascomo Pondal denantespara o solar “dos bos e xenerosos”.

Sono e bandeira nosos,que sen se transfundir en realidadexa de abondo seríapara que teu ollar atoutiñantee túa man sabida,na cadea sen reixas nin alxemas,na onda fraternalia dos galegossufrintes vellos da orfandá do chan,unha noite arxentina de xaneirono eternal exilio esmoreceras.

V

Teu Nome de vagoes ecoantes -Daniel barón baril de transparencias- polos ermos do alén onde navegas… en volta da túa imaxe unha coral de razas que se convoca.

Cal si de axiña convertido foras, de paladino estrenuo de Galiza nun mago para os outros

Page 29: diego sobrino yáñez

36

a nivel semellante marxinados. Desembruxada plástica social, da nosa xente pristinazo molde e dos outros trasunto avivecido, -coa súa cor enfornados, e seu carril balsante, pel e ritmo…- no obradoiro do mesmo do Paradiso.

Labregos no zoar dos milleirales, mariñeiros de mares repartidos, matronas parideiras de emigrantes, sanguixolas do Fisco, umbilicado, prisioneiros e mártires de Marte, pretos de Harlem, guaxiros de Cuba, chineses de matute na Manhattan, gauchos de pingo e poncho pola Pampa.

VI

Unha resaca negra de saudade,do baleiro que deixas,desde nontronte abala a Chacarita.Tingue de dor as pedras tumlarespolos cinceles de Asorey labradas,onde, Daniel,gañada a peito tiñastúa máis delongada residencia.

Rianxo de ultramundo!Morada sen morar dunha Galizaciscada por espazos emprestados.Dez anos de vivencia convividaen comunión belixerante.E trinta e catro máis de conmorencia.

A suma dos teus restos,noso Daniel por Bonaval gañados,

Page 30: diego sobrino yáñez

36

compre que a Patria nosa faga hoxereasunción de cinzas asociadas.As de todos aquelesque túas soidades compartirone contigo loitaron de mans dadas.

Galiza tamén vive dos seus mortos.

(Pousa Nova do Mar, San Xoán, 1984)

A EVOLUCIÓN TRAS-CONTINENTAL DA LINGUA GALAICO-PORTUGUESA

(dentro do volumen colectivo O porvir da lingua galega. Lugo, 1968)

[Extracto do texto de 1968, incluído no volumen colectivoO porvir da lengua galega, editado polo Cículo das Artes de Lugo]

Da teimosía nunha óptica revirada ao pasado ningún proveito poderá agardarse. Con conciencia do mal, ou sen ela, semellante visión é a que mantén aínda hoxe, envolto nun senso reverencial de reliquia, ao idioma galego. Dunha banda, polo fenómeno de marxinación, que xa leva durado máis de catro séculos. Resulta, quéirase ou non, da presión asimilista que exerce o castelán oficializando.

Doutra banda, polo complexo de inferioridade, que ao redor da fala propia aquela marxinación provocou na área de nacenza. A proscrición do uso nas escolas, no culto, nas relacións administrativas, etc., tiña que carrexar ao longo termo, cando menos, esta pauliña serodia da auto-subestimación. Máxime na poboación monolingüe, que aínda hoxe chega ou pasa dos tres cuartos da total.Temos diante de nós un “status” posicional vicioso e falaz, que algún día entrará no desxeo. Mais para conquerir tan lexítimo obxectivo, non abonda coa denuncia isolada e teórica. Cando menos se se exerce como deica agora, arrequecida nos senti-mentos reivindicativos e pouco máis.

Page 31: diego sobrino yáñez

36

Recuncando neste xeito de obrar, é ben seguro que non se vencerá a xordeira das esfinxes entronizadas. Mais a cousa podería mudar de vez, se fósemos homes dabondo para ligar o problema doidioma a un pensamento social moito máis que á reacción sentimental.

Fai falla escomenzar poniendo en destaque, entre os valores que a nosa lingua conserva, a súa capacidade como “medio de comunicación”. Chegou o intre de cifrar a importancia do idioma ─mais que na súa orixe e os seus servizos á creación literaria ou histórica─, no censo das persoas que valéndose da ferrramenta verbal recibida no lar, poden entenderse polo ancho mundo. Ao mesmo tempo compre ter en conta a evolución previsible das magnitudes demográficas que veñen avencelladas, na comunidade lingüística, resultante dun arriscado proceso histórico.

(PAX. 131-132. AVENTURA MUNDIAL DA LINGUA)

O MAPA DA FALA COMÚN

O mapa da lingua de Camõens e Rosalía abrangue terras de catro continentes. Atendendo ao censo dos que a usan, clasifícase no terceiro posto entre as linguas neolatinas. Despois do inglés e o castelán, é tamén a terceira das Américas.Hoxe o cómputo anda polas beiras dos cen millóns de falantes. Todos se entenden, ou pódense entender, nas mesmas voces. O feito de que algunhas desemellanzas se aprecien na fonética ou na escritura non mingua validade ao xuízo.Do total daquel censo, máis dos oitenta millóns viven só nun país. O que ha de ter sempre papel gravitante no conxunto, non soamente pola forza do número. Hoxe tamén pola súa puxanza económica e a xerarquía da súa literatura.

Page 32: diego sobrino yáñez

36

Compre engadir que, entre o contixente supermaioritario do Brasil, e o núcleo orixinario, aquelas desemellanzas son minguadas. Maiormente no idioma escrito. O exemplo da prosa de Guimarães Rosa, entre outros menos ao día, constitue o mellor testemuño para reforzar a nosa apreciación.Os datos que describen o expandemento xa arrecadado pola língua galaico-portuguesa son impresionantes. Mais o son moito menos do que terán de ser ao cabo dalgúns decenios. Os índices de crecemento demográfico e tamén econômico do Brasil fornecen proba anticipada da realidade que está a vir, moito máis densa e próspera aínda da que hoxe existe.Tardarán máis, se se quer, outros países, como Ángola ou Mozambique, en chegar a unha escala de maior desenvolvemento. De todos os xeitos, a descolonización nunca poderá incluír a lingua, o seu mellor herdo, definitivamente xunguido á historia futura de moitos pobos chamados a conquerir fortes aceleramentos no ritmo da súa expansión.Polo tanto, dentro da comunidade, o valor-espazo canto o valor-tempo da nosa lingua, son ben claros. O primeiro é dunha realidade grandiosa. O segundo vén ser hoxe tan positivo como prometedor cara o mañá.[...]

UNIFICACIÓN POLA LINGUA

Lingua do pobo e dos trobadores era o galego que no século XIII Dom Diniz, Rei labrador, plantador e poeta, converteu en idioma oficial do seu Reino. Daquela, Galiza e Portugal mantíñanse aínda en certa unidade de espírito. Foi tan gloriosa simbiose o berce remoto do espectáculo cultural, que hoxe podemos contemplar e vivir.De tan nobre orixe sobreviven realidades sociais cheas de fecundidade. As que fixeron posíbel, a despeito de diferenciacións raciais, de continentes e de hemisferios, paralelos e meridianos... que un labrador de Castroverde poida parrafear cun “facendeiro” de Rio Grande do Sul, que un mineiro de Silleda poida entenderse mao a mao cun

Page 33: diego sobrino yáñez

36

“garimpeiro” que arrinca diamantes en Rochedo ou Corguiño (Matto Grosso); unha regateira do Berbés ou do Muro da Coruña cunha varina de Peniche ou de Porto Alegre; un intelectual luso-galaico cun “bugre” dos Campos Gerais.Cantos galegos labraron despois fortunas inmensas en Lisboa ou no Brasil, saíron da terra cunha man diante e outra detrás. Non manexaban máis arma que a súa lingua para vencer na emigración. Sen ela, os fados que lles foron agarimosos, teríanse afastado do seu camiño. Sen ela, e sen coñecemento suficiente doutra fala, a franquía que a comunicación proporciona non lle abriría a porta de estraños países.As verticais gaiolas de ferro e cimento, que aloxan a febre dos negocios en São Paulo, Rio, Santos, Belo Horizonte, Recife... están poboadas de voces galegas. As que foron arrincadas ás cordas do pobo desde Airas Nunes a Macias, pasando polo Rei Sabio. As voces nas que rezan as negras da Bahia noveladas por Jorge Amado, as mesmas oracións que se ofrecen ao Bon Jesus de Braga ou á Virxen da Franqueira. Unificación pola fe, que no caso non é simple exemplo de sincretismo relixioso, pois presupón outro xeito de unificación. A unificación pola linguaxe.

CHAVE DE MUNDOS PECHADOS

Ningún experimento mellor que o de mergullarse por certo tempo nesta estalante bulsa do orbe, escoitar a disforme cadencia dos seus latexos, tomar o achego dos feitos violentamente diferenciais, para coñecer a percusión, profundamento humano, do fenómeno socio-cultural a que me veño referindo. Hai xa algúns anos percorrín, cuase de ponta a ponta, a xeografía lingüística galaico-portuguesa. Poucos ensinos máis fecundos, para un galego de hoxe, que o recibido da comunicación na súa lingua, cos inmigrados xaponeses radicados en Campo Grande ou Cuyabá, ou explorar a i-alma dos tupís-guaranís que baixan da tribo ao mercadodas cidades, por citar só dous exemplos.

Page 34: diego sobrino yáñez

36

Almas pechadas a cal e canto nos muros do ancestro racial. Soamente poderían abrirse un pouco para os estraños ao conxunto da fala común. Penso que non é pequena regalía dispoñer dunha chave máxica para penetrar no segredo de mundos morais tan diferentes do noso. ¿Non vén ser un privilexio do meirande valor humano? Descubrírono ben a tempo os misioneiros das Relixións militantes. En troques, non parecen sospeitalo os que podendo favorecer a plena rehabilitación da lingua nativa, escomezando pola escola, igrexa, os medios audio-visuais… mantéñense afincados na teimosía da marxinación.

POSICIÓN CARA O FUTURO

A área de espallamento da lingua galaico-portuguesa non fica limitada a dous continentes. Mais xa se sabe que Europa e América serán os escenarios do seu futuro, como son do seu presente. Ninguén pode con certeza aventurar prognósticos, sobre se o censo de falantes manterá no día de mañá a proporcionalidade que hoxe garda co censo do castelán. O crecemento explosivo do Brasil alimenta non poucas dúbidas. Aínda seguindo as cousas do mesmo xeito –con superioridade numeral do idioma de Cervantes- o problema de coexistencia e da evolución de entrambos sistemas de comunicación non perderá interese socio-cultural. Moito máis, tendo a emigración española proclividade histórica para escoller os das Américas como países de acollemento. Este e outros imperativos farán sempre inxustificábel que do mesmo lado se manteña unha posición inhibitoria, cando non subestimatoria, para a ponla orixinaria da terceira das linguas faladas máis alá do Atlántico. Non debera botarse a esquecemento o fenómeno de subordinación entre o florecemento das linguas e o desenvolvemento das sociedades a que veñan incorporadas. Aínda que da parte do Estado se persistise en abandonar o

Page 35: diego sobrino yáñez

36

galego á súa sorte, a lingua extravernácula seguirá evolucionando e mellorando as súas marca nos territorios que a porfillaron. De xeito que ao descoñecer este proceso multiplicador, sen proporcionar a Galiza axudas para acompañalo, serán tamén os intereses xerais de España os que resulten danados. Sufrirían a perda da mellor vía de influencia humana, económica e cultural , no trópico ultramarino. Só pola coexistencia activa do castelán co galego, sen servidume nin alxadre dun sobre outro, poderá establecerse neste orde de relacións unha posición vantaxosa cara ao porvir. Unha posición que aínda España pode aproveitar a fondo, grazas a que a lingua oficialmente leixada non se perdeu. Unha posición que para si quixeran norteamericanos, rusos, ingleses, franceses ou italianos para aumentar o seu influxo en terras que sempre lle encheron o ollo.

Soamente valéndose do túnel lingüístico do Noroeste, hoxe tan pouco aberto, a cultura e a economía españolas poderían expandirse naquel fabuloso mundo. O cobizado mundo do porvir, ao que a esquecida Galiza vai xa para cinco sécalos, transmitiu o seu herdo máis glorioso, nos lusitanos beizos de Pedro Álvares Cabral. […]

VARIACIÓNS NA UNIDADE

Lembremos que o “romance de labradores” pasou ao idioma do Portugal nacente, após de ter recibido na terra galega a primeira formación. Xa callara con esgrevia brillantez na prosa dos códices medievais e na lírica dos Cancioneiros. Porén, ao ficar partido en dous, algo tiña de magoarse a unidade formal da lingua.A fase interna e a externa tiveron despois un desenvolvemento autónomo, e tamén asincrónico, aínda ligado pola estrutura común. Nada ten de estraño que ao acabo de séculos os resultados non foran cento por cento homoxéneas.

Page 36: diego sobrino yáñez

36

As desemellanzas, con todo, son pequena cousa á par das identidades. É milagroso que aquelas non chegasen a máis, tendo en conta o distinto acondicionamento esóxeneo en que viviron unha e outra ponla do mesmo tronco. Unha, despois de chegar a fal de reis, abandonada á súa sorte. Outra, facéndose da noite para a mañá lingua imperial. Unha, como fala do pobo acollida no propio berce ao sagrario da rusticidade. Outra, espallada a afastados continentes, nos beizos da corte e dos súbditos, sobre unha impresionante amalgamazón de razas, terras e climas.Non só polo perfeccionamento que se acadaría para o idioma como medio de comunicación debido ao maior uso na área falante do portugués. Tamén porque abriría para a nosa produción literaria un mercado de posibilidades máis alá de todo cálculo. E aínda, como recíproca doazón, o enriquecimento léxico-gráfico que derivaría, por unha banda, do máis íntimo achego ás fontes, e por outra, da familiarización galega cunha literatira de calidade e alento humano extraordinarios, como é nestre intre a que se fai no Brasil.O cadro xa é hoxe ben tentador. Moito mais o será deica poucos anos, polo camiño que leva o mundo.

VALENTÍN PAZ ANDRADE. (Lérez 1898 – Vigo 1987)

Diego Sobrino Yáñez 3ºE