DIONISIO QUINTILLÁN

1
DIONISIO QUINTILLÁN Agrarista que recorreu Galicia con Basilio Álvarez loitando pola redención da terra e concienciando aos labregos contra os foros. Natural de Forcarei, estableceuse en Poio onde foi concelleiro e tamén deputado provincial. Participa activamente no Congreso Agrario de Tui en Xullo de 1.922, con Basilio Álvarez, onde destaca como brillante orador e home de solucións: propón a celebración do mitin na Alameda de Tui, acto que fora prohibido polo gobernador e rexeita con firmeza o uso da forza pública en cuestións de foros por parte do goberno. Quintillán dirixe duras críticas contra os parlamentarios, chamándolles traidores, xa que nada facían polos labregos. Propuxo a súa táctica contra os foros: o Congreso debe declarar abolidos os Foros e que tódolos labregos se neguen ao pago; que tódalas sociedades agrarias se comprometan na loita e ante o primeiro choque coa forza armada ao tratarse da execución das sentenzas, se contestase coa folga de contibuíntes, suspensión de feiras e mercados e declarando o boicot ás vilas e cidades, residencia dos foristas. Quintillán dixo: “Hai que levantar o espírito e pasar por riba do Parlamento. Nós queremos a terra libre e libertarémola. O labrego non necesita que ninguén o sirva pois válese por si mesmo e se os gobernos non atenden logo ás súas xustas aspiracións, terminará por proclamar a República Galega”. En 1.936 foi encarcelado e deportado. Morreu o 20 de decembro de 1.960. (Enciclopedia Gallega, Faro de Vigo, El Tea, Galicia)

description

Perfil do agrarista Dionisio Quintillán autor que foi homenaxeado en Sobredo

Transcript of DIONISIO QUINTILLÁN

Page 1: DIONISIO QUINTILLÁN

DIONISIO QUINTILLÁN

Agrarista que recorreu Galicia con Basilio Álvarez loitando pola

redención da terra e concienciando aos labregos contra os foros. Natural de

Forcarei, estableceuse en Poio onde foi concelleiro e tamén deputado

provincial. Participa activamente no Congreso Agrario de Tui en Xullo de

1.922, con Basilio Álvarez, onde destaca como brillante orador e home de

solucións: propón a celebración do mitin na Alameda de Tui, acto que fora

prohibido polo gobernador e rexeita con firmeza o uso da forza pública en

cuestións de foros por parte do goberno. Quintillán dirixe duras críticas

contra os parlamentarios, chamándolles traidores, xa que nada facían polos

labregos.

Propuxo a súa táctica contra os foros: o Congreso debe declarar

abolidos os Foros e que tódolos labregos se neguen ao pago; que tódalas

sociedades agrarias se comprometan na loita e ante o primeiro choque coa

forza armada ao tratarse da execución das sentenzas, se contestase coa

folga de contibuíntes, suspensión de feiras e mercados e declarando o

boicot ás vilas e cidades, residencia dos foristas.

Quintillán dixo: “Hai que levantar o espírito e pasar por riba do

Parlamento. Nós queremos a terra libre e libertarémola. O labrego non

necesita que ninguén o sirva pois válese por si mesmo e se os gobernos non

atenden logo ás súas xustas aspiracións, terminará por proclamar a

República Galega”.

En 1.936 foi encarcelado e deportado. Morreu o 20 de decembro de

1.960. (Enciclopedia Gallega, Faro de Vigo, El Tea, Galicia)