Dip diaz castro

1
COORDINADORA DE ENDL DO BARBANZA Penélope "Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pro ti envolveste en sabas de mil anos, e en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados coma sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco o Outono. ¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!" Xosé María Díaz Castro Xosé María Díaz Castro nace no Vilariño dos Cregos (Guitiriz- Lugo), o 19 de febreiro de 1914, no seo dunha familia labrega. Os primeiros anos da vida de Xosé María transcorreron na súa aldea, botando unha man nas faenas agrícolas e gandeiras da familia. Os estudos primarios realízaos nas escolas de Buriz e da Conchada. Con 12 anos acada o primeiro premio dun concurso de narración na localidade de Betanzos ao escribir unha loa á travesía realizada por Ramón Franco, Ruíz de Alda, Durán e Rada a bordo do hidroavión Plus Ultra, co que atravesaron o Atlántico dende España a Arxentina. Aos 15 anos vai estudar ao Seminario de Mondoñedo, onde se fai amigo de Iglesia Alvariño. Deixa o Seminario para facer o servizo militar na Coruña e durante a Guerra Civil estivo destinado na clínica militar do Hospital de Pontevedra. Despois da Guerra Civil (1939) volve ao Seminario, que abandona no 1940. Posteriormente vai dar clases no Colexio León XII en Vilagarcía de Arousa, que dirixe o seu amigo Iglesia Alvariño. En 1946 gañou os primeiros premios de poesía galega e castelá nos Xogos Florais de Betanzos (A Coruña). Licénciase en Filosofía e Letras pola Universidade de Salamanca, especializándose en linguas modernas. Chegou a dominar case todos os idiomas oficiais de Europa. Vai para Madrid onde dá clases durante tres anos en academias, e logo entra a traballar no Instituto de Cultura Hispánica e en Investigacións Científicas, onde traduce temas científicos. No ano 1961 publica Nimbos coa editorial Galaxia. Foi nomeado “Correspondente” da Real Academia Galega en 1973, xa que non podía ser numerario por vivir en Madrid. Xa xubilado, asentouse en Guitiriz (1985). Falece en Lugo no ano 1990 aos 76 anos. Foi soterrado no cemiterio de Guitiriz. Aínda que é considerado como autor dunha soa obra, Nimbos, empezou a escribir poemas moi novo, aos 17 anos, publicándoos en diversas revistas. O contacto con Aquilino Iglesia Alvariño foi decisivo para que comezase a escribir en galego. Tivo o primeiro recoñecemento público pola súa obra en 1946, ano en que gañou os Xogos Florais de Betanzos, tanto en galego con “Nascida d'un soño” (tres sonetos), como en castelán polo poema “El cántico de la ciudad”. En 1955 Francisco Fernández del Riego inclúe sete dos seus poemas na Escolma da poesía Galega, IV, Os Contemporáneos, publicada por Galaxia en 1955. Nimbos (1961) converteuno nunha das voces poéticas máis destacadas do século XX. A singularidade do seu posicionamento estético e ideolóxico e a forza expresiva dos seus versos concédenlle un lugar destacado no panorama da poesía de posguerra. Na obra, que inclúe revisados os poemas que xa foran escolmados por Fernández del Riego, móstrase unha reflexión sobre o destino humano a través da preocupación existencial e relixiosa e da comuñón coa natureza. Nun dos seus poemas máis coñecidos, "Penélope", reflexiona sobre unha Galicia que permanece durmida, non refugando, porén, a esperanza para a súa terra. A voz poética de Díaz Castro apóiase nunha linguaxe rica e exacta. Os temas, que aparecen sempre envoltos na roupaxe elegante dun clasicismo exemplar, son os da grande poesía universal: a dor do home, o amor, a paisaxe, os sentimentos relixiosos, a liberdade...

description

Díptico sobre Xosé María Díaz Castro elaborado pola Coordinadora de ENDL do Barbanza

Transcript of Dip diaz castro

Page 1: Dip diaz castro

CO

OR

DIN

AD

OR

A D

E END

L DO

BA

RB

AN

ZA

Penélope

"Un paso adiante e outro atrás, Galiza,

e a tea dos teus soños non se move.

A espranza nos teus ollos se espreguiza.

Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos

che estrolla o sono mol coma unha uva.

Pro ti envolveste en sabas de mil anos,

e en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día

a xente que levaron. Deus é o mesmo.

Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,

e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,

o Tempo vai de Parga a Pastoriza.

Vaise enterrando, suco a suco o Outono.

¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!"

Xosé María Díaz Castro

Xosé María Díaz Castro nace no Vilariño dos Cregos (Guitiriz-

Lugo), o 19 de febreiro de 1914, no seo dunha familia labrega.

Os primeiros anos da vida de Xosé María transcorreron na súa aldea,

botando unha man nas faenas agrícolas e gandeiras da familia. Os

estudos primarios realízaos nas escolas de Buriz e da Conchada.

Con 12 anos acada o primeiro premio dun concurso de narración na

localidade de Betanzos ao escribir unha loa á travesía realizada por

Ramón Franco, Ruíz de Alda, Durán e Rada a bordo do hidroavión Plus

Ultra, co que atravesaron o Atlántico dende España a Arxentina.

Aos 15 anos vai estudar ao Seminario de Mondoñedo, onde se fai

amigo de Iglesia Alvariño. Deixa o Seminario para facer o servizo

militar na Coruña e durante a Guerra Civil estivo destinado na clínica

militar do Hospital de Pontevedra.

Despois da Guerra Civil (1939) volve ao Seminario, que abandona no

1940. Posteriormente vai dar clases no Colexio León XII en Vilagarcía

de Arousa, que dirixe o seu amigo Iglesia Alvariño.

En 1946 gañou os primeiros premios de poesía galega e castelá

nos Xogos Florais de Betanzos (A Coruña).

Licénciase en Filosofía e Letras pola Universidade de Salamanca,

especializándose en linguas modernas. Chegou a dominar case todos

os idiomas oficiais de Europa. Vai para Madrid onde dá clases durante

tres anos en academias, e logo entra a traballar no Instituto de Cultura

Hispánica e en Investigacións Científicas, onde traduce temas

científicos.

No ano 1961 publica Nimbos coa editorial Galaxia.

Foi nomeado “Correspondente” da Real Academia Galega en

1973, xa que non podía ser numerario por vivir en Madrid.

Xa xubilado, asentouse en Guitiriz (1985). Falece en Lugo no ano

1990 aos 76 anos. Foi soterrado no cemiterio de Guitiriz.

Aínda que é considerado como autor dunha soa obra, Nimbos, empezou a escribir poemas moi novo, aos 17 anos, publicándoos en diversas revistas. O contacto con Aquilino Iglesia Alvariño foi decisivo para que comezase a escribir en galego.

Tivo o primeiro recoñecemento público pola súa obra en 1946, ano en que gañou os Xogos Florais de Betanzos, tanto en galego con “Nascida d'un soño” (tres sonetos), como en castelán polo poema “El cántico de la ciudad”.

En 1955 Francisco Fernández del Riego inclúe sete dos seus poemas na Escolma da poesía Galega, IV, Os Contemporáneos, publicada por Galaxia en 1955.

Nimbos (1961) converteuno nunha das voces poéticas máis destacadas do século XX. A singularidade do seu posicionamento estético e ideolóxico e a forza expresiva dos seus versos concédenlle un lugar destacado no panorama da poesía de posguerra.

Na obra, que inclúe revisados os poemas que xa foran escolmados por Fernández del Riego, móstrase unha reflexión sobre o destino humano a través da preocupación existencial e relixiosa e da

comuñón coa natureza. Nun dos seus poemas máis coñecidos, "Penélope", reflexiona sobre unha Galicia que permanece durmida, non refugando, porén, a esperanza para a súa terra.

A voz poética de Díaz Castro apóiase nunha linguaxe rica e exacta. Os temas, que aparecen sempre envoltos na roupaxe elegante dun clasicismo exemplar, son os da grande poesía universal: a dor do home, o amor, a paisaxe, os sentimentos relixiosos, a liberdade...

Ano 2014 Ano 2014 Ano 2014