Do 11 ao 31 de maio · Do 11 ao 31 de maio Nesta iniciativa convidase a recoller as imaxes de Teo...
Transcript of Do 11 ao 31 de maio · Do 11 ao 31 de maio Nesta iniciativa convidase a recoller as imaxes de Teo...
Do 11 ao 31 de maio
Nesta iniciativa convidase a recoller as imaxes de Teo que os veciños e veciñas vén dende as súas
xanelas, balcóns, xardíns ou hortas.
Para tomar parte nesta exposición, cómpre pendurar unha fotografía neste apartado especifico do
Facebook da Aula de Informática https://n9.cl/4w3u baixo os cancelos #teofotosdesdeacasa e
#auladiainternet .
Poderanse colgar tantas fotos como se desexe, indicando na descrición das mesmas o lugar onde están
sacadas e o autor ou autora da mesma. Non entrarán dentro da exposición as imaxes que inclúan
persoas identificábeis, contidos sexistas ou que danen a sensibilidade das persoas.
Con todos os traballos que se presenten realizarase unha exposición na Aula de Informática a finais do
mes de xuño(se as condicións o permiten).