Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡...

52
Documento descargado dende www.riveira.com Sitio oficial do Concello de Riveira. Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira. Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios: 981.875.144 | [email protected] ANUNCIO Pág. 3324 Reg. 2552-x. O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria celebrada o día 31 de xaneiro de 2005, aprobou definitivamente a Ordenanza Municipal reguladora da emisión e recepción de ruídos e vibracións. O que se fai público para xeral coñecemento, segundo o disposto no artigo 70 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, facendo constar que os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia da devandita Ordenanza, conforme o disposto no artigo 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa. Non obstante, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente. O texto íntegro da referida Ordenanza é o que a continuación se reflexa no anexo.

Transcript of Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡...

Page 1: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

ANUNCIO Pág. 3324 Reg. 2552-x.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria celebrada o día 31 de xaneiro de 2005, aprobou definitivamente a Ordenanza Municipal reguladora da emisión e recepción de ruídos e vibracións.

O que se fai público para xeral coñecemento, segundo o disposto no artigo 70 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, facendo constar que os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia da devandita Ordenanza, conforme o disposto no artigo 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa. Non obstante, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

O texto íntegro da referida Ordenanza é o que a continuación se reflexa no anexo.

Page 2: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

ANEXO:

ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA EMISIÓN E RECEPCIÓN DE RUÍDOS E VIBRACIÓNS

ÍNDICE

INTRODUCCIÓN.

TÍTULO I.- DISPOSICIÓNS XERAIS.

TÍTULO II.- NIVEIS MÁXIMOS ADMISIBLES DE RUÍDO E VIBRACIÓNS. Capítulo I.- Criterios xerais de prevención. Capítulo II.- Niveis de ruído e vibración admisibles.

TÍTULO III.- CONDICIÓNS ESPECÍFICAS DE PREVENCIÓN. Capítulo I.- Condicións esixibles ás edificacións. Capítulo II.- Condicións esixibles ás actividades relacionadas cos usos productivo, terciario e equipamento. Capítulo III.- Actividades de ocio, de espectáculos e recreativas. Capítulo IV.- Regulamentación do ruído do tráfico. Capítulo V.- Regulamentación do ruído para actividades varias.

TÍTULO IV.- REGULACIÓN DOS NIVEIS SONOROS AMBIENTAIS.

TÍTULO V.- RÉXIME XURÍDICO. Capítulo I.- Disposicións xerais. Capítulo II.- Inspección e vixilancia. Capítulo III.- Réxime sancionador.

TÍTULO VI.- ACCIÓN MUNICIPAL E SOLUCIÓN DE CONFLICTOS.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS.

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA.

DISPOSICIÓN FINAL.

ANEXO I.- ZONAS DE SENSIBILIDADE E CLASIFICACIÓN DOS ESTABLECEMENTOS.

ANEXO II.- VALORES DE RECEPCIÓN.

ANEXO III.- DEFINICIÓNS E CLASIFICACIÓNS POR GRUPOS DAS DIFERENTES ACTIVIDADES DE ESPAREXEMENTO E OCIO.

ANEXO IV.- MANUAL DE PROCEDEMENTOS PARA A MEDICIÓN DE RUÍDOS E VIBRACIÓNS.

Page 3: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

INTRODUCCIÓN.

O ruído na súa vertente ambiental, non circunscrita a ámbitos específicos como o laboral, senón como inmisión sonora presente no hábitat humano, xera unha serie de problemas de grande transcendencia social, incide directamente sobre a calidade de vida das persoas, e pode provocar efectos nocivos sobre a saúde, o comportamento, e as propias actividades do home. Gran parte das denuncias suscitadas ante os órganos municipais e autonómicos competentes nesta materia e moitas das queixas formuladas perante o Valedor do Pobo teñen por obxecto actividades que provocan ruído e vibracións en exceso e molestas.

Por todo isto considérase necesaria unha regulación específica que intente consensua-lo dereito dos cidadáns a desenvolve-las súas actividades económicas, productivas e de ocio con liberdade e respecto á normativa co dereito que igualmente asiste a tódalas persoas para gozaren da intimidade e do descanso sen seren perturbadas, e mais dun medio ambiente axeitado para o desenvolvemento da personalidade.

A presente Ordenanza elaborouse co obxecto de regulamenta-la actuación municipal, co obxectivo básico de garanti-la protección das persoas e os bens fronte as agresións producidas pola emisión de ruídos e vibracións, e aproxima-las solucións ambientais e técnicas, de acordo co establecido na Lei 7/1997, de 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica , no Regulamento que a desenvolve, aprobado polo Decreto 150/1999, do 7 de maio, e no Decreto 320/2002, de 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento que establece as ordenanzas tipo sobre protección contra a contaminación acústica.

Page 4: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

TÍTULO I.

DISPOSICIÓNS XERAIS.

Artigo 1º .- Obxecto.

1. A presente Ordenanza ten por obxecto o desenvolvemento da Lei Galega 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica. De conformidade co disposto no seu Artigo 3.2º c, de regula-las actuacións dos cidadáns e da Administración Local para a protección do ambiente contra as perturbacións producidas por ruídos, vibracións e actividades molestas, e a establece-las condicións requiridas para a obtención de licencia de apertura dos locais.

2. Ós efectos da presente Ordenanza, o ruído e as vibracións entenderanse comprendidos dentro dos elementos contaminantes da atmosfera por formas de enerxía aludidos no Artigo 1º da Lei 38/1972, de 22 de decembro, de Protección do Ambiente Atmosférico.

3. Correspóndelle ó Concello de Riveira exercer de oficio ou a instancia de parte o control do cumprimento desta Ordenanza, esixi-la adopción de medidas correctoras necesarias, sinalar limitacións, ordenar cantas inspeccións sexan precisas e aplica-las sancións correspondentes en caso de incumprirse o ordenado.

Artigo 2º .- Ámbito de aplicación.

1. Quedan sometidas ás prescricións establecidas nesta Ordenanza, de obrigatoria observancia dentro do Termo Municipal de Riveira, tódalas instalacións, aparellos, construccións, derrubas, obras na vía pública e instalacións industriais, comerciais, recreativas, musicais, espectáculos e de servicios, vehículos, medios de transporte e, en xeral, tódolos elementos, actividades e comportamentos que xeran ruídos ou vibracións, susceptibles de ocasionar molestias e/ou perigosidade á veciñanza, ou que modifiquen o estado natural do medio ambiente circundante, calquera que sexa o seu titular, promotor ou responsable, e o lugar, público ou privado , aberto ou pechado, en que estean situadas.

2. Nos traballos de planeamento urbano e de organización de todo tipo de actividades e servicios, co fin de facer efectivos os criterios expresados no Artigo 4º , deberá contemplarse a súa incidencia en canto a ruídos e vibracións, conxuntamente con outros factores a considerar, para que as solucións e/ou planificacións adoptadas proporcionen o nivel máis elevado de calidade de vida.

3. En particular, o que dispón o parágrafo anterior será de aplicación nos casos seguintes:

1.º Organización de tráfico en xeral.

2.º Transportes colectivos urbanos.

3.º Recollida de residuos sólidos.

4.º Emprazamento de centros docentes (parvularios, colexios), sanitarios (consultorios médicos) e lugares de residencia colectiva (hospitais, hoteis, residencias de anciáns, etc.).

5.º Illamento acústico na concesión de licencias de obras de instalación e apertura.

6.º Planificación e proxecto de vías de circulación cos seus elementos de apantallamento e amortiguación acústica (distancia a edificacións, arborado, defensas acústicas por muros illantes absorbentes, especialmente en vías elevadas e semisoterradas).

Artigo 3º .- Competencia administrativa.

Corresponderalle á Alcaldía ou á Concellería en que delegue e de se-lo caso, á Xunta de Goberno Local ou ó Pleno, esixir, de oficio ou por solicitude de parte interesada, a adopción das

Page 5: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

medidas correctoras necesarias, sinala-las limitacións, ordenar cantas inspeccións sexan precisas, establecer instrumentos permanentes de control de son nas actividades suxeitas a esta Ordenanza e impoñe-las sancións correspondentes en caso de incumprirse o ordenado, consonte o disposto na lexislación de réxime local e na Lei Galega 7/1997, do 11 de agosto de Protección contra a Contaminación Acústica.

Artigo 4º .- Cumprimento.

1. As normas da presente Ordenanza son de obrigado e directo cumprimento, sen necesidade dun previo acto ou requirimento de suxeición individual, para toda actividade que se atope en funcionamento, exercicio ou uso e supoña a producción de ruídos ou vibracións, coas especialidades que se establecen nas Disposicións Transitorias.

2. Esta Ordenanza será esixible a través dos correspondentes sistemas de licencias e autorizacións municipais para toda clase de construccións, demolicións, obras na vía pública e instalacións industriais, comerciais, recreativas, musicais, espectáculos e de servicios, e cantas se relacionan nas normas de uso do Plan Xeral de Ordenación Urbana que se proxecten ou executen a partir da vixencia desta Ordenanza.

Page 6: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

TÍTULO II.

NIVEIS MÁXIMOS ADMISIBLES DE RUÍDO E VIBRACIÓNS.

Capítulo I.- Criterios xerais de prevención.

Artigo 5º .- Medidas de prevención.

Nos traballos de execución do planeamento urbano e de autorización e realización de todo tipo de obras, actividades e servicios deberá contemplarse a súa incidencia na xeración de ruídos e vibracións, para que se garanta que os usos e actividades permitidos facilitan o nivel máis axeitado posible de calidade de vida, reducindo a niveis aceptables a contaminación acústica, nos termos e condicións previstos na Lei 7/1997, do 11 de agosto, e no Decreto 150/1999, do 7 de maio, que a desenvolve, e das prescricións contidas nesta Ordenanza.

Entre outros aspectos deberá prestarse especial atención a:

- Organización do tráfico en xeral.

- Transportes colectivos urbanos.

- Recollida de residuos sólidos.

- Localización de centros docentes, sanitarios e lugares de residencia colectiva.

- Planificación de actividades ó aire libre que poidan xerar ambientes ruidosos en zonas estremeiras.

- Planificación e proxecto de vías de circulación cos seus elementos de illamento e amortecemento acústico.

- Todas aquelas medidas preventivas e/ou correctoras que fosen necesarias.

Capítulo II.- Niveis de ruído e vibración admisibles.

Artigo 6º .- Zonas de sensibilidade acústica.

1.- Son zonas de sensibilidade acústica para os efectos da aplicación da presente Ordenanza, as sinaladas no Anexo I e que se clasifican en función daquela parte do territorio que presenta un mesmo rango de percepción acústica. (Delimitar perímetro).

2.- O rango de percepción acústica establécese en función do uso xenérico predominante definido segundo a clasificación do solo do Plan Xeral de Ordenación de Riveira, aprobado definitivamente en sesión plenaria o día 17/12/2002, publicado no B.O.P. N.º 10, do 14/01/2003.

2.- Os plans xerais de ordenación municipal delimitarán as zonas de sensibilidade acústica. No suposto de que o Concello non dispoña de planeamento, as zonas virán delimitadas polo uso predominante existente en cada unha delas.

Artigo 7º .- Niveis de ruído e vibración admisibles.

Ningunha fonte sonora poderá emitir nin transmitir niveis de ruído ou vibración tal que produzan valores de recepción superiores ós fixados nas Táboas I, II e III, relacionadas no Anexo II desta Ordenanza.

Page 7: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

TÍTULO III.

CONDICIÓNS ESPECÍFICAS DE PREVENCIÓN.

Capítulo I.- Condicións esixibles ás edificacións.

Artigo 8º .- Concepto de edificación.

Esta Ordenanza aplícase a edificios destinados a calquera actividade pública e edificios unifamiliares ou plurifamiliares nos que se produzan ruídos molestos. Para os efectos de aplicación desta Ordenanza, considéranse edificacións as construccións destinadas a calquera dos seguintes usos:

- Residencial privado, no que se entenden incluídos todo tipo de vivendas.

- Residencial público. Inclúe hoteis, asilos, residencias e demais establecementos hoteleiros.

- Administrativos e de oficinas.

- Sanitario. Inclúe hospitais, clínicas e demais centros sanitarios.

- Docente. Inclúe escolas, universidades e demais centros dedicados á ensinanza.

- Deportivos tanto públicos coma privados.

- Relixioso.

- Comerciais, como centros de ocio, hipermercados, ou centros comerciais.

- Industriais, talleres mecánicos nas súas variantes, artesanais, naves, estacións de servicio, garaxes, almacéns e demais usos similares.

- Agrícolas, como granxas, explotacións de tipo gandeiro, ou agrícola.

- Mixtos, nos que coinciden dous ou máis usos dos reflectidos simultaneamente.

- Os edificios non contemplados equipararanse ó máis similar, en función do uso a desenrolar.

Artigo 9º .- Condicións acústicas.

1.- Os diversos elementos constructivos dos edificios definidos con anterioridade, deben cumpri-las condicións acústicas determinadas no capítulo III da norma básica de edificación sobre condicións acústicas, NBE-CA-88 (Orde do 29 de setembro de 1988, BOE N.º 242, do 8 de outubro), así como as modificacións que no futuro se introduzan e outras normativas que se establezan respecto ó illamento da edificación.

2.- De coexistiren nun mesmo edificio varios usos dos definidos no artigo anterior, aplicaranse as condicións acústicas da NBE a cada local por separado, e nos elementos constructivos de común unión entre varios locais, aplicaranse as imposicións máis esixentes dos locais afectados.

3.- Exceptúanse dos apartados anteriores os forxados constructivos do primeiro andar da edificación cando a dita planta sexa de uso residencial (ou muro estremeiro, se a vivenda é na mesma planta), e na planta baixa poidan localizarse, conforme ó planeamento, usos susceptibles de producir molestias por ruídos ou vibracións. Nestes casos o illamento acústico do ruído aéreo esixible será de, polo menos, 55 dBA, xustificándose o dimensionamento do forxado no proxecto constructivo.

Page 8: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

4.- Deberán amortecerse as portas metálicas de garaxes ou locais e as persianas de protección que produzan un impacto ó pecharse que poida molestar ós veciños. De igual xeito, os motores e mecanismos de arrastre.

Artigo 10º .- Maquinaria e instalacións.

1.- Os certificados de illamento acústico presentados neste Concello deberán axustarse ó disposto no Anexo IV desta Ordenanza.

2.- Os aparatos elevadores, as instalacións de ventilación e acondicionamento de aire e as súas torres de refrixeración, a distribución e evacuación de augas, a transformación de enerxía eléctrica e demais servicios dos edificios serán instalados coas precaucións de localización e illamento que garantan un nivel de transmisión sonora ós locais e ambientes próximos que cumpra co disposto no Anexo II da presente Ordenanza.

2.- Co fin de evitar no posible a transmisión de ruído e vibracións a través da estructura da edificación, deberán terse en conta as seguintes normas:

a. Todo elemento con órganos móbiles manterase en perfecto estado de conservación, principalmente no que se refire ó seu equilibrio dinámico e estático, e á suavidade de marcha das súas chumaceiras ou camiños de rodadas.

b. Non se permitirá a ancoraxe directa de máquinas ou soportes nas paredes medianeiras, teitos ou forxados de separación de recintos, senón que se realizará interpoñendo os axeitados dispositivos antivibratorios.

c. As máquinas de arranque violento, as que traballen por golpes ou choques bruscos e as dotadas con órganos en movemento alternativo estarán ancoradas en bancadas independentes, sobre o chan e illadas da estructura da edificación por medio dos adecuados dispositivos antivibratorios.

d. Os conductos polos que circulen fluídos, líquidos ou gasosos, de xeito forzado, conectados directamente con máquinas que teñan órganos en movemento, disporán de dispositivos de separación que impidan a transmisión das vibracións xeradas en tales máquinas. As bridas e soportes dos conductores terán elementos antivibratorios. As aberturas dos muros para o paso das conduccións estarán dotadas de materiais antivibratorios.

e. Nos circuítos de auga evitarase a producción de golpes de elevadores hidráulicos, e as seccións e disposición das válvulas e billas deberán ser tal que o fluído circule por elas en réxime laminar para os gastos nominais.

Artigo 11º .- Procedementos de medición.

No Anexo IV desta Ordenanza reflíctense os procedementos de medición, tempos, expresión dos resultados e demais termos a ter en conta á hora de realizar calquera tipo de medición.

A fin de obter unha homoxeneidade dos ensaios, establécese un plan de mostraxe en edificios de vivendas para estandariza-los ensaios a realizar, optándose polo que describe a Norma UNE 66020-1:2001 e denomina como nivel especial de inspección S-2.

Page 9: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

Nivel especial de inspección S-2

Tamaño do lote (N.º de vivendas

totais do edificio) Tamaño da mostra (N.º de vivendas totais

a inspeccionar) Criterio de aceptación

2 a 25 2 0 defectos

26 a 150 3 0 defectos

151 a 1200 5 0 defectos

Ensaios a realizar por vivenda:

Ruído aéreo:

* Parede separadora de propiedades distintas (R≥45 dBA).

* Elemento horizontal de separación de propiedades distintas (R≥45 dBA).

* Partición interior entre áreas de igual uso (R≥30 dBA).

* Partición interior entre áreas de uso distinto (R≥35 dBA).

* Paredes separadoras de salas de máquinas (R≥55 dBA).

* Elementos horizontais separadores de salas de máquinas (R≥55 dBA).

* Elementos horizontais de separación de recintos de actividade (D e DnAT≥55 dBA).

* Fachada (DnAT≥30 dBA).

Ruído de impacto:

* Elemento horizontal de separación de propiedades distintas.

Verificación de niveis de inmisión (N.R.I.I.):

* Ascensor.

* Salas de máquinas (bombas de auga, sistemas de extracción de fumes, etc.).

* Sistema de fontanería.

* Outros sistemas existentes no inmoble susceptibles de provocar ruídos.

Artigo 12º .- Control do cumprimento.

Coa correspondente certificación de fin de obra achegarase certificado de comprobación realizado mediante ensaio "in situ", expedido por empresa ou entidade homologada para estes fins, acreditativo do cumprimento das prescricións establecidas neste título. Sen o informe favorable sobre o cumprimento dos requisitos acústicos esixidos non se concederá a licencia de primeira ocupación ó edificio. Tal cumprimento acreditarase mediante certificación expedida por empresas ou entidades homologadas.

O procedemento para a homologación das empresas ou entidades habilitadas para emitir as citadas certificacións será o establecido no capítulo II do Decreto 150/1.999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica.

Page 10: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

Capítulo II.- Condicións esixibles ás actividades relacionadas cos usos productivo, terciario e equipamento.

Artigo 13º .- Ámbito.

1.- Tódalas actividades industriais, comerciais e de servicios susceptibles de producir ruídos e vibracións quedan sometidas ó disposto neste capítulo.

2.- A producción e transmisión dos ruídos e vibracións orixinados nas actividades anteriores deben axustarse ós límites establecidos nesta Ordenanza, e no Título II do Anexo da Lei 7/1997, de protección contra a contaminación acústica. Os titulares destas actividades estarán obrigados a adopta-las medidas de insonorización das fontes sonoras e de illamento acústico dos locais para cumprir en cada caso as prescricións establecidas.

Artigo 14º .- Obrigas dos titulares das actividades.

De acordo co previsto no artigo 4.3º da Lei 7/1997, do 11 de agosto, as actividades que produzan unha perturbación por ruído ou vibracións someteranse ó procedemento de avaliación de incidencia ambiental.

Artigo 15º .- Proxectos de obras ou instalacións.

1.- Na tramitación dos expedientes correspondentes a novas actividades e a ampliacións ou modificacións de importancia das existentes, esixiráselle ó proxecto un estudio xustificativo do cumprimento da presente Ordenanza, sempre que a actividade sexa susceptible de xerar ruídos e/ou vibracións.

2.- O citado proxecto conterá as seguintes determinacións:

a. Descrición detallada do tipo de actividade e a natureza dos traballos para realizar, así como a maquinaria, instalacións e equipos cos que se vai contar para o seu desenvolvemento.

b. Horario previsto para a actividade.

c. Niveis sonoros de emisión da maquinaria e instalacións medidos a 1 metro e nivel composto resultante; na determinación deste tomaranse en consideración os niveis xerados no propio desenvolvemento da actividade. Estimarase de acordo cos criterios establecidos nos Anexos III e IV desta Ordenanza.

d. Nivel sonoro de inmisión permitido segundo as normas vixentes e horario de uso.

e. Descrición do illamento acústico que proporcionan a totalidade dos cerramentos do local, especificando composición do cerramento, clases de materiais utilizados, grosor destes en cm., masa unitaria en Kg/m2 e separación entre follas.

f. Xustificación de que en función dos niveis de emisión considerados e as atenuacións conseguidas, se cumpre cos límites de inmisión tolerados no exterior do local, así como nas vivendas ou locais lindantes ou máis próximos.

g. Especificaranse medidas correctoras para o illamento de ruídos de impacto cando o illamento xeral se prevea insuficiente para este tipo de ruídos.

h. Explicaranse detalladamente a montaxe dos materiais de illamento, especialmente o sistema de suxeición e a súa ancoraxe para evitar a formación de pontes acústicas.

i. Illamento acústico a conseguir entre a actividade a as vivendas lindantes co local, de acordo cos criterios do Anexo III.

Page 11: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

3.- Nos proxectos consideraranse as posibles molestias por ruídos que por efectos indirectos poidan ocasionarse nas inmediacións da súa implantación, co obxecto de propoñe-las medidas correctoras adecuadas para evitalas ou diminuílas.

Neste sentido, deberase prestar especial atención ós seguintes casos:

a. Actividades para desenvolver en edificios onde exista tamén o uso de vivenda, no propio edificio ou nos colindantes ou máis próximos.

b. Actividades que xeran tráfico elevado de vehículos, como almacéns, locais públicos e especialmente discotecas previstas en zonas de elevada densidade de poboación ou con rúas estreitas, de difícil manobra e/ou escasos espacios de aparcadoiro.

c. Actividades que requiren operacións de carga e/ou descarga durante horario nocturno.

d. Actividades que requiren un funcionamento nocturno de instalacións auxiliares, tales como cámaras frigoríficas, centros de transformación, instalacións de climatización, etc.

4.- Nos edificios de uso mixto, nos que coexistan vivendas e outras actividades e en locais lindantes con edificios de vivenda, acentuaranse as medidas preventivas na concepción, deseño e montaxe de amortecedores de vibracións, sistemas de reducción de ruídos de impacto, instalacións de entubados, conductos de aire e transporte interior, especialmente se o chan do local emisor está constituído por un forxado; e dicir, se existen outras dependencias baixo este, como sotos, garaxes, etc. Todo isto sen prexuízo das limitacións á súa instalación recollidas nos Artigos 114º, 115º, 116º e 117º do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU), B.O.P., N.º 10, de data do 14/01/03.

a. Prohíbese a instalación de conductos entre o illamento do teito e a planta superior, ou entre os elementos dunha dobre parede, así como a utilización destas cámaras acústicas como plenums de impulsión ou retorno de aire acondicionado.

b. Tódolos equipos das instalacións de ventilación e climatización instalaranse no interior do local, non se permite a súa instalación en fachadas nin en patios alleos ó local. Así mesmo, os ventiladores da instalación de renovación de aire situaranse no interior do local, e o suficientemente arredados da saída de aire para garanti-la atenuación dos niveis xerados polos equipos ata os límites permitidos no exterior. En caso necesario, proxectaranse nos conductos sistemas de insonorización eficaces antes da saída do aire ó exterior.

c. Os titulares das citadas actividades están obrigados a adopta-las medidas de insonorización das súas fontes sonoras e de illamento acústico dos locais para cumprir en cada caso as prescricións establecidas, dispoñendo, de ser necesario, de sistemas de ventilación forzada de forma que poidan pecharse os ocos ou fiestras existentes ou proxectadas.

d. Os materiais empregados para levar a cabo o illamento ou acondicionamento acústico dos locais deberan ter a resistencia ó lume que indica a NBE-CPI-96, ou calquera outra Norma que substitúa a esta.

5.- Os estudios de proxectos de actividades clasificadas e/ou suxeitas ó Regulamento de Espectáculos e Actividades Recreativas, conterán as medidas específicas adicionais descritas no capítulo III deste título.

6.- Non serán esixibles as medidas específicas adicionais do Capítulo III deste título ós proxectos daqueles establecementos cun horario de funcionamento que sexa exclusivamente o comprendido entre as 8 e as 22 horas e cuns aparellos musicais que sexan unicamente radio, televisión e fío musical cun nivel de emisión interno (N.E.I.) máximo de 75 dBA. En calquera caso, nestes supostos os establecementos disporán dun illamento mínimo ó ruído aéreo de 55 dBA.

Artigo 16º .- Control municipal do cumprimento.

Page 12: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

1.- A autoridade municipal non outorgará licencia de apertura das instalacións das actividades ou dos establecementos sometidos a esta Ordenanza se os proxectos presentados polos interesados non se axustan ó disposto nela. Non se poderá inicia-la actividade ou poñer en funcionamento as instalacións mentres non se acredite o cumprimento da normativa sobre contaminación acústica mediante certificación da comprobación realizada mediante ensaio "in situ", expedida por empresa ou entidade homologada para estes fins, e sen prexuízo do exercicio das facultades inspectoras que correspondan ó Concello.

2.- Nas licencias e nas declaracións de incidencia ambiental sinalaranse as medidas correctoras e os controis que deberán cumpri-las actividades e instalacións, indicarase expresamente que o incumprimento destas pode dar lugar á revogación daquelas licencias ou autorizacións.

3.- Unha vez iniciada a actividade ou postas en funcionamento as instalacións, tamén poderán realizarse inspeccións para comprobar que as actividades ou instalacións cumpren a normativa. Como consecuencia destas inspeccións, poderán incoarse os correspondentes expedientes sancionadores ou ben acordar medidas correctoras ou de control. As comprobacións ás que se refire este parágrafo estarán rexidos polo disposto na lexislación ambiental de Galicia.

Artigo 17º .- Estudio de impacto acústico.

Tódalas obras, instalacións ou actividades que, de conformidade co disposto na normativa estatal básica sobre a materia e na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, estean sometidas a un procedemento de avaliación de impacto ambiental ou de avaliación de efectos ambientais, deberán conter un estudio acreditativo do seu impacto acústico de acordo coas esixencias definidas no capítulo III do Regulamento de protección contra a contaminación acústica, aprobado polo Decreto 150/1999, do 7 de maio. Na declaración que se dicte, que terá carácter vinculante, deberanse impoñe-las medidas correctoras precisas.

Artigo 18º .- Medidas específicas para a industria.

1.- As actividades dedicadas a uso industrial, ademais do cumprimento das prescricións establecidas neste título con carácter xeral, adoptarán as medidas que se establecen nos apartados seguintes.

2.- A ancoraxe de máquinas e aparatos que produzan vibracións ou trepidacións realizarase de modo que se logre o seu óptimo equilibrio estático e dinámico, dispoñendo bancadas de inercia, de peso comprendido entre 1,5 e 2,5 veces o da máquina que soporta, apoiando o conxunto sobre antivibradores expresamente calculados.

3.- Os conductos con circulación forzada de líquidos ou gases, especialmente cando estean conectados con máquinas que teñan órganos en movemento, estarán provistos de dispositivos que impidan a transmisión de vibracións. Estes conductos illaranse con materiais elásticos nas súas ancoraxes e nas partes do seu percorrido que atravesen muros ou tabiques.

4.- Se non é posible a eliminación ou reducción do nivel de ruído producido durante o proceso productivo, adoptaranse as medidas de protección persoal necesarias cando existan traballadores expostos a doses de ruído superiores ás establecidas na regulamentación vixente en materia de saúde laboral.

Page 13: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

Capítulo III.- Actividades de ocio, de espectáculos e recreativas.

Artigo 19º .- Clasificación das actividades polo seu grao de molestia e illamento acústico mínimo necesario.

A clasificación das distintas actividades de ocio, esparexemento e outras actividades, en función do seu grao de molestia, así coma os valores mínimos de illamento acústico necesario para cada unha delas, aparecen recollidos no Anexo III da presente Ordenanza.

Artigo 20º .- Ruídos no exterior.

1.- Os titulares de establecementos serán responsables de velar, para que os usuarios, ó entrar ou saír do local, non produzan molestias á veciñanza. No caso de que as súas recomendacións non sexan atendidas deberán avisar inmediatamente á Policía Local. Do mesmo xeito actuarán se constatan a consumición de bebidas, expedidas no dito local, fóra do establecemento e dos lugares autorizados. Así mesmo, e sen prexuízo das responsabilidades dos titulares do establecemento, as referidas obrigas serán cumpridas polos dependentes ou encargados que presten servicios no local. No caso de que se incumpra o estipulado neste apartado, os titulares dos establecementos poderán ser considerados responsables, por cooperación necesaria, das molestias que se puidesen producir, e como tal seralles de aplicación o réxime sancionador desta Ordenanza.

2.- Prohíbese o uso de vasos, botellas e semellantes nos espacios públicos, co fin de consumir bebidas alcohólicas.

3.- Queda prohibido o uso e consumo de bebidas alcohólicas fóra dos locais autorizados, en todo caso a agrupación de persoas en espacios públicos usando ou consumindo bebidas alcohólicas, producindo molestias á veciñanza.

4.- Naquelas zonas da cidade onde existan numerosas actividades destinadas ó uso de establecementos abertos ó público, sempre que os niveis de recepción no ambiente exterior, producidos pola adición das múltiples actividades existentes e pola actividade das persoas que utilicen estes establecementos, superen en máis de 3 dBA os niveis fixados nesta disposición, o Concello establecerá as medidas oportunas, dentro do seu ámbito de competencias, tendentes diminuí-lo nivel sonoro exterior ata situalo dentro dos límites correctos. Para estes efectos, o Concello, trala solicitude dos informes de inspección ambiental que constaten, de se-lo caso, esta realidade, acordará mediante resolución motivada do Alcalde, a declaración destas zonas urbanas como "zonas saturadas por acumulación de ruídos". Esta resolución, adoptada nun procedemento contradictorio, poderá acordar algunha das medidas cautelares previstas no Artigo 54º desta Ordenanza e no Artigo 20º da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, e en concreto, a posible paralización da actividade ou clausura de instalacións, o precinto de equipos, así como calquera outra que se considere imprescindible para evita-la persistencia desta situación.

5.- As actividades complementarias no exterior, debidamente autorizadas, desenvolvidas polos establecementos de bar, cafetería ou restauración, café-bar especial e pub (terrazas na vía pública) non estarán sometidas ás limitacións de illamento acústico ou ós límites máximos de ruído permitidos no exterior. Non obstante, en ningún caso se producirán ruídos que superen, en espacios estremeiros ou superiores, os valores de recepción que figuran no Anexo II desta disposición. En todo caso, non poderán situarse ou utilizarse nestes espacios dedicados a estas actividades complementarias equipos de música ou reproductores sonoros, así como aqueloutros elementos susceptibles de xerar ruído.

6.- Os titulares dos establecementos coidarán do mantemento da orde nas terrazas, debendo solicita-la actuación da Policía Local en caso de alteración ou molestia esaxerada para a veciñanza. Neste sentido, nas declaracións ou licencias de actividade ou apertura que se expidan para estes establecementos abertos ó público preverase que o quebranto reiterado deste deber pode comporta-la revogación da autorización ou licencia, logo dun expediente contradictorio instruído para o efecto.

Page 14: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

Cando o local público no que se desenvolvan actividades de ocio e que dispoña de licencia de espacios abertos produza uns niveis de ruído superiores ós permitidos, considerarase ó titular responsable das molestias, séndolle de aplicación o réxime sancionador previsto nesta aplicación.

Artigo 21º .- Licencia de apertura.

Non se outorgará licencia de apertura das instalacións, das actividades ou dos establecementos sometidos a esta disposición se os proxectos presentados polos interesados non se axustan ó disposto nesta Ordenanza e demais normas de aplicación. Así mesmo, non se poderá inicia-la actividade ou poñer en funcionamento as instalacións mentres non estea comprobado que cumpren a normativa sobre contaminación acústica mediante certificación expedida por empresas ou entidades homologadas, atendendo especialmente ó establecido no Artigo 28º .

Artigo 22º .- Horario de peche e as súas limitacións.

a. Considérase horario nocturno o comprendido entre as 22 e as 8 horas, no que descende o nivel de ruídos permitido por esta Ordenanza.

b. Os locais comprendidos na presente Ordenanza axustarán o seu horario de funcionamento ás normas que dicte en cada caso a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local ou ben aquel ente público que no seu momento teña encomendada esta competencia.

c. Fixado pola autoridade competente o horario de peche correspondente ás distintas actividades, non poderá seguir funcionando ningún instrumento ou aparello musical (radio, televisión, magnetófonos, tocadiscos, altofalantes, pianos, etc.), dentro ou fóra do local, ata as 10:00 horas do día seguinte.

d. De forma xeral, e para tódalas actividades reguladas nesta Ordenanza, logo da súa hora de peche e no decurso das seguintes oito horas, os niveis de emisión interna de ruídos (N.E.I.) non poderán excede-los 75 dBA.

e. Queda terminantemente prohibido o suministro de alcohol a menores de 16 anos, así como o consumo de alcohol por menores desa idade.

Artigo 23º .- Establecemento que non se axusta á actividade para a que conta con licencia.

1.- Para os efectos previstos neste artigo, considérase que un establecemento cambiou de actividade cando a desenvolvida efectivamente no local non se corresponda total ou parcialmente coas actividades amparadas pola licencia e, á súa vez, tales actividades teñan encaixe nun Grupo de clasificación distinto conforme ó RAMINP ou desta mesma Ordenanza.

2.- Cando se detectase que a actividade desenvolvida no establecemento non se correspondese coa da licencia de apertura concedida, adoptaranse as seguintes medidas-tipo:

2.1.- Incoarase expediente sancionador.

2.2.- Como medida provisional, poderase ordenar ó seu titular para que, de forma inmediata, cese no exercicio da actividade efectivamente desenvolvida no local para o que non conta con licencia.

2.3.- Concederáselle ó titular un prazo de dous meses para que no mesmo solicite licencia de apertura para a actividade efectivamente desenvolvida no local ou, noutro caso, para que efectúe o necesario no establecemento a fin de axusta-lo exercicio da actividade ó amparado pola licencia.

3.- Sen prexuízo do expediente sancionador que puidese incoarse, se dentro do prazo concedido o titular realizase no establecemento as obras ou actos necesarios para axusta-lo exercicio da actividade ó da licencia concedida, e sempre que estas fosen suficientes a xuízo dos

Page 15: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

servicios técnicos municipais, alzaranse as medidas adoptadas, permitíndose o exercicio da actividade autorizada en licencia.

4.- Transcorrido o prazo anteriormente concedido sen que o requirido houbese formulado alegacións ou efectuado as adaptacións necesarias para axusta-lo exercicio da actividade ó contido da licencia, ou para o caso de que solicitase unha licencia para actividade non autorizada, sempre que esta non fora autorizable, en tal caso impedirase definitivamente o exercicio da actividade que non conta con licencia.

Artigo 24º .- Aviso de niveis sonoros.

Tódolos establecementos públicos que dispoñan de equipo musical de elevada potencia, independentemente doutras limitacións establecidas nesta disposición, non poderán superar niveis sonoros máximos de 90 dBA, en ningún punto ó que teñan acceso os clientes ou usuarios, salvo que no acceso do referido espacio se coloque o aviso seguinte:

"A exposición prolongada ós niveis sonoros do interior poden producir lesións permanentes no oído".

O aviso deberá ser perfectamente visible, tanto polas súas dimensións como pola súa iluminación.

Artigo 25º .- Aparatos de control. Limitadores de ruído.

1.- Para o mellor control dos límites sonoros regulados nesta Ordenanza, será obrigatorio instalar aparellos de control permanente de emisión fónica (limitadores), deseñados para causa-la limitación da emisión cando se superen os límites máximos de emisión. O dispositivo de control deberá te-las seguintes prestacións:

a. Rexistrar e almacena-lo período de funcionamento ruidoso da actividade, cos datos de data e hora de inicio, data e hora de terminación, e os correspondentes niveis de inmisión de ruídos.

b. Rexistrar e almacena-los períodos de funcionamento, con data e hora de acendido e apagado, das fontes sonoras, co obxecto de poder controla-la súa correcta actuación.

c. Conserva-la información durante doce meses para permiti-la súa inspección posterior.

d. Dispor dun sistema que lles permita ós servicios municipais realiza-la inspección dos datos de maneira que se poidan trasladar ós sistemas informáticos do servicio de inspección para a súa análise e avaliación, permitindo a impresión deles. Todas estas operacións non serán destructivas dos datos existentes no dispositivo, nin existirá a posibilidade de manipulación deles mediante o sistema informático.

e. Contar cun dispositivo para evitar posibles manipulacións do limitador, mediante claves electrónicas ou claves de acceso.

f. Os dispositivos de control terán que estar homologados.

g. Para realiza-la calibración do limitador colocarase o micrófono a 3 m dos altofalantes, na dirección de máximo nivel de presión sonora, realizando o precintado do limitador ó nivel de presión sonora correspondente en función do tipo de actividade e a curva de illamento acústico medido "in situ". Debe permitir traballar en bandas de frecuencia.

Esixiráselle á actividade un certificado de limitación do equipo de reproducción musical, expedido por entidade entidade homologada pola Xunta de Galicia conforme ó Decreto 150/1999. No informe debe describirse o equipo de reproducción sonora instalado no local, así mesmo deben notificarse ó Concello os cambios realizados con posterioridade á realización da limitación, para proceder a axusta-lo limitador cos novos parámetros.

Page 16: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

2.- Os locais que se atopen dentro dos grupos II, III, e IV, agás as salas de cine, deberán contar cun sonógrafo no seu interior que rexistre os niveis sonoros existentes dentro do local en cada momento. Unha vez instalado, e verificado polo servicio técnico municipal ou empresa homologada, o sonógrafo non poderá ser manipulado sen indicación previa ou presencia dun técnico do servicio municipal competente ou empresa homologada.

As características mínimas do sonógrafo, así como as súas condicións de instalación serán as seguintes:

a. Rexistro e almacenamento dos períodos de funcionamento das fontes, rexistrando data e hora de acendido e data e hora de apagado.

b. Capacidade de conservación da información rexistrada e almacenada correspondente a un período mínimo dun mes.

c. Posibilidade de ser programado como rexistrador de nivel, proporcionando a curva de niveis de cada sesión no caso de que así o consideren necesario os servicios técnicos de inspección.

d. Disposición dun sistema que permita realiza-la lectura da información rexistrada e almacenada, de forma que esta poida ser trasladada ós sistemas informáticos do servicio municipal competente para a súa análise e avaliación, permitindo así mesmo a súa impresión. Todas estas operacións deberán poder realizarse sen destrucción nin alteración da información almacenada no dispositivo, e non deberá existir posibilidade ningunha de manipulación desta información.

e. O elemento sensor do fonógrafo (micrófono) deberá ir instalado nun lugar visible dende a entrada do local, na zona que caracterice na maior medida o nivel sonoro existente en todo o local, fóra do alcance natural dos clientes do local ou protexido contra posibles accións indebidas (golpes, substracción, etc).

3.- Para que un determinado aparato sexa admitido como elemento de control deberá ser presentado aportando a documentación xustificativa, avalada por empresa ou entidade homologada, de que cumpre todas e cada unha das características requiridas nos apartados 1 e 2 deste artigo, ante os Servicios Técnicos Municipais, sendo potestade destes o requirir maiores probas se o considerasen preciso. É obriga dos propietarios que os elementos de control, ós que se refiren os apartados 1 e 2 do presente artigo se atopen en perfecto estado de funcionamento. O propietario está obrigado a aportar á Autoridade competente os certificados anuais acreditativos do correcto funcionamento do dispositivo.

Artigo 26º .- Certificado final de obra.

Os locais públicos destinados ó espallamento e ocio terán que dispor do tratamento acústico de paredes, teitos e solos co fin de garanti-los illamentos mínimos requiridos. O certificado final de obra recollerá necesariamente que os materiais acústicos proxectados foron instalados.

Artigo 27º .- Dobre porta e ventanas.

Co fin de evita-la transmisión sonora directamente ó exterior, nos establecementos nos que se instale equipo musical de emisión igual ou superior de 80 dBA, será obrigatoria a instalación dunha dobre porta, con peche automático e dispositivo antipánico de apertura manual, constituíndo un vestíbulo cortaventos que configure un espacio intermedio que actúe como cámara de control para impedir que as dúas portas estean abertas ó mesmo tempo. As portas que conforman o vestíbulo deberán permanecer constantemente pechadas, ámbalas portas, a partir das 22 horas, agás para a entrada e saída de persoas. O acceso a través de dito vestíbulo será preferentemente en ángulo, fronte o acceso frontal, as dimensións mínimas das portas e do vestíbulo serán dimensionadas sen prexuízo das condicións esixidas pola normativa vixente de supresión de barreiras arquitectónicas, de prevención de incendios e o establecido no Regulamento Xeral de Policía de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas. As portas terán as seguintes características: portas acústicas, cunha capacidade de illamento en función do precisado segundo a clasificación do establecemento,

Page 17: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

disporán de elementos tipo visor que permitan visualiza-lo espacio intermedio do vestíbulo. Os establecementos con nivel de emisión <80 dBA deberán mante-las portas pechadas en horario nocturno.

Os establecementos pertencentes ós grupos I e II (definidos conforme ó disposto no Anexo III) que teñan ventanas deberán mantelas pechadas no horario de funcionamento nocturno, a fin de evitar molestias ó vecindario.

Artigo 28º .- Medidas adicionais específicas do estudio de impacto acústico.

1.- Para conceder licencia de apertura dunha actividade con equipo de música ou que inclúa a previsión de actuacións musicais, o estudio de impacto acústico deberá describir necesariamente, con carácter específico, os seguintes aspectos da instalación:

a. Estado actual de cada un dos elementos constructivos do local, así coma o illamento acústico de cada un deles antes de insonorizar.

b. Características dos equipos musicais (potencia acústica e gama de frecuencias).

c. Localización do equipo, emprazamento e número de altofalantes e indicación das medidas correctoras.

d. Sistemas de illamento acústico con detalle das pantallas illantes, especificación de gamas de frecuencias e absorción acústica, e planos do sistema de montaxe e materiais a escala 1:50.

e. Os estudios xustificativos presentados deberán amosa-los cálculos feitos por bandas de oitava así coma as fórmulas aplicadas no cálculo do illamento acústico para cada un dos elementos constructivos.

2.- En xeral, as actividades comprendidas nos grupos II, III, IV e V deberán levar materiais fonoabsorbentes en teitos e paredes de vestíbulo, cun índice de absorción mínimo de 0,60 nas frecuencias de 500 a 2000 Hz; o mesmo en fachadas e beirís exteriores, sempre que as circunstancias así o permitan.

As actividades comprendidas no grupo I, deberán ter en conta que o tempo de reverberación no interior do local non poderá ser superior a 1,5 segundos en ningún caso.

3.- Fíxanse as seguintes medidas correctoras:

3.1.- Cerramentos laterais e fachadas.

- Nos locais de café-bar especial e pub, onde os niveis de emisión sexan iguais ou superiores a 80 dBA, as portas deberán permanecer sempre pechadas, consonte prevé o Artigo 27º .

- Nos locais dos grupos III, e IV, con niveis de emisión iguais ou superiores a 90 dBA, deben suprimirse as ventás ou darlles un tratamento especial (dobre ou triple cristal).

- A magnitude do illamento estará en función dos niveis de ruído que existan no local receptor.

3.2.- Pisos.

- Co obxecto de evita-la transmisión directa que ocasionan os altofalantes de baixos e os impactos de taconeo ou de baile, establécese como aconsellable a execución de pisos flotantes nestes locais. Esta montaxe será obrigatoria para niveis de ruído de 80 dBA ou superiores.

3.3.- Piares.

Para niveis superiores a 80 dBA e co obxecto de evita-la transmisión de ruído aéreo ou de impacto a través da estructura é necesario o illamento desta mediante sistemas masa-resorte-masa.

Page 18: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

Nos locais con niveis maiores ou iguais a 90 dBA LAeq., deberán separarse as zonas de ruído elevado e pistas de baile das zonas menos ruidosas.

4.- No Anexo III amósase unha táboa de tempos de reverberación recomendados en función do recinto e máis da actividade que se vai levar a cabo.

Artigo 29º . Illamento acústico.

Illamento acústico. Ós proxectos das actividades que implican funcionamento dentro do horario nocturno, que se especifican no Anexo III adxunto a esta Ordenanza, esixiráselles uns valores mínimos do illamento global DnAT e do illamento na banda de oitava de frecuencia central de 125 Hz, DnT125, que se indican na Táboa de illamentos acústicos do punto 2 do Anexo III.

Para garanti-la adecuada e eficaz defensa das e dos veciños ante actividades de probado e manifesto carácter molesto, e sen prexuízo doutras certificacións ou comprobacións que se lle poidan esixir á propiedade ou ser realizadas pola Administración Municipal, antes da concesión da licencia de posta en marcha das actividades que implican funcionamento dentro de horario nocturno, o Concello esixiralle á propiedade un certificado do illamento acústico conseguido entre a actividade e as vivendas lindantes co local, medición de illamento acústico de fachada, medición do nivel de ruído de impactos e comprobación dos niveis de recepción interna nas vivendas colindantes derivados do funcionamento da maquinaria existente no local emisor. A dita certificación realizarase por empresas ou entidades homologadas. As medicións efectuaranse de acordo coas especificacións establecidas no Anexo IV que se achega coa presente Ordenanza, debéndose acada-los valores mínimos de illamento acústico que se indican na táboa de illamentos do punto 2 do Anexo III desta Ordenanza.

A valoración do illamento acústico realizarase empregando o nivel global dB(A) DnAT da diferencia de niveis estandarizada DnAT = DA + log T/T0 segundo UNE-EN 140-4:99.

Page 19: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

Capítulo IV.- Regulamentación do ruído do tráfico.

Artigo 30º .- Vehículos de tracción mecánica.

1.- Todo vehículo de tracción mecánica terá en boas condicións de funcionamento o motor, a transmisión, carrocería e demais elementos del capaces de producir ruídos, especialmente o dispositivo silenciador dos gases de escape, co fin de que o nivel sonoro emitido polo vehículo co motor en marcha non exceda dos límites previstos no Decreto 1439/1972, do 25 de maio, sobre homologación de automóbiles respecto ó ruído.

2.- Os límites máximos admisibles para ruídos emitidos polos distintos vehículos de motor na circulación serán os establecidos para as emisións de vehículos terrestres, no decreto citado no parágrafo anterior.

3.- Consonte o disposto no Artigo 10º do texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade vial aprobado polo Real Decreto Lexislativo 339/1990, modificado pola Lei 19/2001, do 19 de decembro, non se permitirá a circulación de vehículos con niveis de ruídos superiores ós regulamentariamente establecidos.

Artigo 31º .- Dispositivos acústicos.

Conforme o disposto nos Artigos 7º e 110º e seguintes do Real Decreto 1428/2003, do 21 de novembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de circulación para a aplicación e desenvolvemento do texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade vial, respectaranse as seguintes limitacións:

1.- Os conductores de vehículos de motor, agás os que serven en vehículos da policía gobernativa, autonómica ou municipal, servicios de extinción de incendios e salvamento, e outros vehículos destinados ós servicios de urxencia, non poderán facer uso dos dispositivos acústicos en todo o termo municipal durante as 24 horas do día, agás cando se trate de evitar un accidente ou se realice un servicio urxente de auxilio, supostos nos que serán utilizados de forma axeitada e proporcionada.

2.- Prohíbese a circulación de vehículos de motor con escape libre e con silenciadores ineficaces, incompletos, inadecuados ou deteriorados.

3.- De igual xeito prohíbese forzar ou violenta-las marchas dos vehículos producindo ruídos molestos ou innecesarios, aínda que estivesen dentro dos límites máximos admisibles, así como os freazos bruscos e derrapaxes inxustificadas.

4.- Así mesmo, prohíbese a circulación de vehículos a motor cando, por exceso de carga, produzan ruídos superiores ós sinalados na lexislación estatal vixente.

5.- Os camións frigoríficos deberán estacionarse a máis de 30 m. das vivendas e, en todo caso, non poderán supera-los límites establecidos na presente Ordenanza.

Artigo 32º .- Restriccións de circulación.

1.- De conformidade co Artigo 5.3º da Lei 7/1997, do 11 de agosto, nos casos nos que o ruído do tráfico afecte notoriamente a tranquilidade da poboación, o concello poderá sinalar zonas ou vías nas que algunhas clases de vehículos de motor non poderán circular ou deberán facelo de xeito restrinxido en horario e velocidade.

2.- Para efectos do establecido no parágrafo anterior, considéranse as zonas que soportan un nivel de ruído, debido ó tráfico rodado, que alcance valores de nivel continuo equivalente (LpAeq) superior a 55 dB durante o período nocturno (de 22 h a 8 h) e a 65 dB no período diúrno (de 8 h a 22 h).

Page 20: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

Artigo 33º .- Inspección e control.

1.- Os vehículos cun nivel sonoro que exceda os límites máximos establecidos no Decreto 1439/1972, do 25 de maio, sobre homologación de automóbiles respecto ó ruído, serán obxecto da correspondente denuncia.

2.- A Policía Local poderalles esixir ós conductores de vehículos de motor e ciclomotores, que ó seu xuízo excedan os límites de emisión permitidos, o sometemento ás probas de control de ruídos consonte o disposto no Artigo 10.6º , inciso segundo, da Lei 19/2001, do 19 de decembro de 2.001, de modificación do Real Decreto Lexislativo 339/1990. Así mesmo, e de conformidade co establecido na norma anterior, os axentes da autoridade poderán proceder á inmobilización ou retirada vehículo nos casos de supera-los niveis de ruídos regulamentariamente permitidos, e nos termos previstos no Artigo 70.2º do referido Real Decreto, debendo abonar, para a súa restitución ou liberación, as taxas correspondentes segundo a ordenanza fiscal correspondente. As medicións deberán realizarse de acordo ó establecido na norma ISO 5130 - 1982, que especifica o método de ensaio destinado á determinación do ruído emitido, en estado estacionario, por vehículos en servicio (ou aquela que a substitúa).

3.- Consonte o disposto no Artigo 7º do Decreto 1439/1972, do 25 de maio, sobre homologación de vehículos, os axentes de vixilancia do tráfico formularán denuncias por infracción do disposto neste regulamento cando, coa axuda de aparellos medidores de ruído comproben que o nivel de ruídos producidos por un vehículo en circulación supera os límites sinalados no Artigo 6º do devandito Decreto. Poderá, así mesmo, ser formulada denuncia polos axentes de vixilancia do tráfico sen necesidade de aparellos medidores, cando se trate de vehículos que circulen co chamado "escape libre" ou produzan, por calquera outra causa, un nivel de ruídos notoriamente superior ó normal e cause molestias obxectivas á veciñanza.

O titular do vehículo denunciado poderá unir ó prego de descargo, certificación expedida pola Delegación Provincial da Concellería de Industria e Comercio ou empresa homologada, na que se faga consta-lo nivel de ruído comprobado pola mesma, sempre que presente o vehículo ante aquel organismo no prazo dos dous días hábiles seguintes á entrega ou recepción do boletín de denuncia.

Page 21: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

Capítulo V.- Regulamentación do ruído para actividades varias.

Artigo 34º .- Actividades varias.

1.- A producción de ruídos e vibracións na vía pública, nas zonas de pública concorrencia ou no interior dos edificios, non poderá superar, tanto de día como de noite, os límites establecidos nesta norma para garantir unha correcta convivencia cidadá.

2.- Os donos ou posuidores de animais domésticos deben de evitar calquera tipo de ruído provocado polos animais entre as 22 horas da noite e as 8 horas da mañá para velar pola tranquilidade dos veciños. No resto das horas que compoñen o día, non se permitirá que o nivel de ruídos producidos polos animais, exceda os límites da boa convivencia e en ningún caso os valores establecidos nesta disposición. O dono ou posuidor será responsable do ruído producido polos seus animais.

3.- Os propietarios ou usuarios de aparellos productores de son e instrumentos musicais ou acústicos, que fagan uso deles, xa sexa no propio domicilio ou en zonas públicas, non deberán excede-los límites de ruído establecidos. Soamente en casos excepcionais se poderá exceder destes límites se o Concello concede a autorización oportuna.

4.- Comportamento nocturno. Entre as 22 horas da noite e as 8 horas da mañá queda terminantemente prohibido:

a. Cantar, usar instrumentos musicais ou semellantes, berrar ou vociferar.

b. Golpear cousas ou obxectos producindo ruído innecesario.

c. Realizar reparacións domésticas ou traballos que produzan molestias, agás autorización expresa.

d. Realizar traballos de bricolaxe cando os ruídos ou vibracións superen os niveis permitidos.

e. Utilizar aparatos domésticos se emiten un nivel de ruído superior ó permitido nesta disposición.

5.- Queda prohibido utilizar equipos de reproducción sonora en vehículos cun nivel acústico que comporte unha perturbación por ruídos evitable cunha conducta cívica normal. En todo caso, entenderase como conducta inapropiada levar un nivel musical elevado e con algunha das ventanillas abertas.

6.- Queda prohibido dispoñer de pista de baile, equipos de luz e son non autorizados pola licencia ou que non se correspondan coas definicións dos grupos de clasificación do Anexo III desta norma, así como exercer tales actividades e/ou a utilización de tales equipos. nas mesmas condicións queda prohibido ter as luces ordinarias apagadas en horario nocturno, amparando unha actividade distinta á autorizada pola licencia ou grupo de clasificación citado.

7.- Calquera outra actividade ou comportamento singular ou colectivo, non comprendido nos puntos precedentes deste capítulo, que comporte unha perturbación por ruídos para a veciñanza, evitable coa observancia dunha conducta cívica normal, será sancionado conforme ó establecido nesta Ordenanza.

Artigo 35º .- Traballos na vía pública e na edificación.

1.- Nos traballos realizados tanto na vía pública como na edificación non se autorizará o emprego de maquinaria que teña un nivel de emisión externo (N.E.E.) superior a 90 dBA, medidos na forma que se fixa no Manual de procedemento para a medición de ruídos e vibracións (Anexo IV).

Page 22: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

2.- Os traballos realizados tanto na vía pública como na edificación non poderán realizarse entre as 22 horas e as 8 horas do día seguinte.

3.- Exceptúanse da prohibición anterior as obras urxentes, as que se realicen por razóns de necesidade ou perigo e aquelas que polos seus inconvenientes non poidan levarse a cabo durante o día. Nestes casos, o traballo nocturno deberá ser expresamente autorizado polo Concello, que determinará os límites sonoros que deberá cumprir en función das circunstancias que concorran en cada caso, sen prexuízo do establecido na lexislación laboral.

Artigo 36º .- Carga e descarga.

As actividades de carga e descarga de mercadorías, manipulación de caixas, materiais de construcción e obxectos similares na vía pública, entre as 22:00 e as 8:00 horas do día seguinte poderán realizarse sempre que non superen os límites sonoros establecidos no Anexo II.

É preceptiva a autorización municipal expresa para aquelas actividades que xustifiquen tecnicamente a imposibilidade de respecta-los límites establecidos.

No horario restante da xornada laboral, realizaranse co máximo coidado a fin de minimiza-las molestias e reducilas ás estrictamente necesarias.

Artigo 37º .- Limpeza e recollida de lixo.

O servicio público nocturno de limpeza e recollida de lixo adoptará as medidas e as precaucións necesarias para reducir ó mínimo o nivel de perturbación da tranquilidade cidadá.

Nos pregos das cláusulas administrativas particulares deste servicio especificaranse, entre as condicións de execución, os valores límite de emisión sonora aplicables ós vehículos e á actividade que estes realizan.

Artigo 38º .- Dispositivos sonoros.

1.- Non se permitirá o emprego de ningún dispositivo sonoro con fins de propaganda, reclamo, aviso ou espallamento sen previa autorización municipal. Preferentemente realizarase esta actividade en horario diúrno, a partir das 10:00 h das xornadas dos venres e sábados. Autorizarase a empresas emprazadas no termo municipal, agrupacións culturais, políticas, sindicais, asociacións de interese cidadá, entre outras.

Esta prohibición non rexerá nos casos de urxencia, alarma ou especial significación cidadá.

2.- Os dispositivos sonoros situados no interior de vehículos, tales como radios, aparatos reproductores de música, etc., no poderán emitir ó exterior do mesmo sons que excedan dos límites prescritos na Táboa I do Anexo II desta Ordenanza.

3.- Para os efectos desta disposición enténdese como sistema de alarma todo dispositivo sonoro que teña por finalidade indicar unha manipulación sen autorización dunha instalación, ben, local ou vehículo.

4.- Clasificación das alarmas. Establécense as seguintes categorías de alarmas sonoras:

Grupo 1.- Aquelas que emiten ó medio ambiente exterior.

Grupo 2.- Aquelas que emiten a ambientes interiores comúns ou de uso público ou compartido.

Grupo 3.- Aquelas que teñen unha emisión sonora que se produce soamente no local especialmente designado para o seu control e vixilancia, podendo ser este privado ou correspondente a empresa ou organismo destinado a este fin.

5.- Requisitos para as alarmas. As alarmas do Grupo 1 cumprirán os seguintes requisitos:

Page 23: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

- A instalación realizarase de tal forma que non deteriore o aspecto exterior dos edificios.

- A duración máxima de funcionamento descontinuo do sistema sonoro non poderá exceder, en ningún caso, de 60 segundos.

- Autorízanse sistemas que repitan o sinal de alarma sonora un máximo de dúas veces, separadas cada unha delas por un período de silencio comprendido entre 30 e 60 segundos.

- O ciclo de alarma sonora pode facerse compatible coa emisión de destelos luminosos.

- O nivel sonoro máximo autorizado é de 85 dBA, medidos a 3 m. de distancia e na dirección de máxima emisión.

As alarmas do Grupo 2 cumprirán os seguintes requisitos:

- A duración máxima de funcionamento descontinuo do sistema sonoro non poderá exceder, en ningún caso, de 60 segundos.

- Autorízanse sistemas que repitan o sinal de alarma sonora un máximo de dúas veces, separadas cada unha delas por un período de silencio comprendido entre 30 e 60 segundos.

- O ciclo de alarma sonora pode facerse compatible coa emisión de destelos.

- O nivel sonoro máximo autorizado é de 70 dBA, medidos a 3 m. de distancia e na dirección de máxima emisión.

As alarmas del Grupo 3:

- Non terán máis limitacións en canto a niveis sonoros transmitidos a locais ou ambientes colindantes que as establecidas nesta Ordenanza.

6.- Co fin de evitar ou minimiza-las molestias ocasionadas polos sistemas de alarma, deberán terse en conta as normas establecidas nos seguintes puntos:

a) Os propietarios das alarmas deberán poñer en coñecemento da Policía Local os seus datos persoais para que, unha vez avisados do seu funcionamento anómalo, procedan de inmediato á súa interrupción.

O descoñecemento do titular ou persoa responsable por parte da Policía Local será entendido como autorización tácita a favor desta para o uso dos medios necesarios para interromper o sistema de aviso.

A anterior medida enténdese sen prexuízo da imposición da correspondente sanción, cando as molestias deriven de actos imputables á actuación do propietario ou industrial subministrador, como consecuencia dunha deficiente instalación do aparello ou dunha falta das operacións necesarias para mantelo en bo estado de conservación.

b) Prohíbese a activación voluntaria dos sistemas de alarma, agás nos casos de proba e ensaio que se indican:

* Iniciais: serán os casos que se realicen inmediatamente despois das instalacións para comproba-lo seu funcionamento. Poderán efectuarse entre as 10 e as 18 horas da xornada laboral.

* Rutineiras: serán as de comprobación periódica do correcto funcionamento dos sistemas de alarma. Só poderán realizarse durante 5 minutos, dentro dos horarios anteriormente indicados da xornada laboral. A policía municipal deberá coñecer previamente o plan destas comprobacións coa expresión do día e hora na que se van realizar.

Page 24: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

7.- A instalación destas medidas de seguridade en edificacións, e concretamente das alarmas, unicamente poderá efectuarse por empresas homologadas pola Dirección Xeral da Policía. Estas instalacións realizaranse co preceptivo contrato que debe ser presentado no Ministerio do Interior para o seu correspondente visado. A Lei de seguridade privada considera, no seu Artigo 22.2.d, infracción grave a realización de servicios de seguridade sen formalizar ou sen comunicar ó Ministerio do Interior a realización dos correspondentes contratos.

8.- Alarmas en vehículos. As alarmas internas dos vehículos a motor non poderán exceder de 60 segundos o funcionamento do sistema sonoro, nin repetir máis de dúas veces a sinal sonora. Cando a un vehículo estacionado na vía pública se lle dispare o dispositivo sonoro da alarma, superando os períodos autorizados e producindo ruídos molestos, o titular do vehículo deberá proceder de forma inmediata á súa desactivación. En caso de que non se proceda á súa desactivación, a Policía Local tratará de localizar ó titular do vehículo, e se isto non fose posible, retirará o vehículo da vía pública, depositándoo nas dependencias municipais ou un lugar axeitado. O titular do vehículo deberá abona-las taxas correspondentes polo servicio, de acordo á ordenanza fiscal correspondente.

Page 25: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

TÍTULO IV.

REGULACIÓN DOS NIVEIS SONOROS AMBIENTAIS.

Artigo 39.- Planificación territorial.

A planificación e o exercicio de competencias estatais, xerais ou sectoriais, que incidan na ordenación do territorio, a planificación xeral territorial, así como o planeamento urbanístico, deberán ter en conta as previsións establecidas na Lei 37/2003, de 17 de novembro, do Ruído, nas normas dictadas no seu desenrolo e nas actuacións administrativas realizadas en execución daquelas.

Artigo 40.- Corrección da contaminación acústica.

Está prevista a posibilidade de declaración de determinadas áreas acústicas de actuación nos termos recollidos na Lei 37/2003, de 17 de novembro, do Ruído:

1.- Zonas de protección acústica especial (ZPAE).

1.1.- As Áreas nas que se incumpran os obxectivos aplicables de calidade acústica, aínda observándose polos emisores acústicos os valores límite aplicables, serán declaradas zonas de protección acústica especial pola Administración pública competente.

1.2.- Desaparecidas as causas que provocaron a declaración, a Administración pública correspondente declarará o cese do réxime aplicable ás zonas de protección acústica especial.

1.3.- As Administracións públicas competentes elaborarán planes zonais específicos para a mellora acústica progresiva do medio ambiente nas zonas de protección acústica especial, ata acada-los obxectivos de calidade acústica que lles sexan de aplicación. Os plans conterán as medidas correctoras que deban aplicarse ós emisores acústicos e ás vías de propagación, así como os responsables da súa adopción, a cuantificación económica de aquelas e, cando sexa posible, un proxecto de financiamento.

1.4.- Os plans zonais específicos poderán conter, entre outras, todas ou algunhas das seguintes medidas:

a) Sinalar zonas nas que se apliquen restriccións horarias ou por razón do tipo de actividade ás obras a realizar na vía pública ou en edificacións.

b) Sinalar zonas ou vías nas que non podan circular determinadas clases de vehículos a motor ou deban face-lo coas restriccións horarias ou de velocidade.

c) Non autoriza-la posta en marcha, ampliación, modificación ou traslado dun emisor acústico que incremente os valores dos índices de inmisión existentes.

2.- Zonas de Situación Acústica Especial (ZSAE).

Se as medidas correctoras incluídas nos plans zonais específicos que se desenrolen nunha zona de protección acústica especial non puideran evita-lo incumprimento dos obxectivos de calidade acústica, a Administración pública competente declarará a área acústica en cuestión como zona de situación acústica especial. Nesta zona aplicaranse medidas correctoras específicas dirixidas a que, a longo prazo, se mellore a calidade acústica e, en particular, a que non se incumpran os obxectivos de calidade acústica correspondentes ó espacio interior.

Page 26: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

TÍTULO V.

RÉXIME XURÍDICO.

Capítulo I.- Disposicións xerais.

Artigo 41º .- Remisión normativa.

Para o no previsto nesta disposición, será de aplicación:

- Lei 37/2003, de 17 de novembro, do ruído.

- O Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Riveira, B.O.P. N.º 10, do 14/01/03.

- Decreto 320/2002, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento que establece as ordenanzas tipo sobre protección contra a contaminación acústica.

- Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica.

- A Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica desenvolvida a través do Regulamento de protección contra a contaminación acústica, aprobado polo Decreto 150/1999, do 7 de maio.

- O Decreto 156/1995, do 3 de xuño, de inspección ambiental.

- A Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia.

- O Real Decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

- O Capítulo II do título IX da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

- Real Decreto Lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, polo que se aproba o texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade vial.

- Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local.

- Decreto 2414/1961, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.

Capítulo II.- Inspección e vixilancia.

Artigo 42º .- Competencia.

1.- Corresponderalle ó Concello exerce-lo control do cumprimento do previsto na presente disposición, conforme ó disposto no capítulo II do título III da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, no referente ás denuncias e ás actuacións de inspección e vixilancia. A través do seu persoal ou das empresas que contrate para o efecto, debidamente identificados, poderán levar a cabo visitas de inspección das actividades e das instalacións en funcionamento, para os efectos de comproba-lo cumprimento das determinacións da presente Ordenanza. Este persoal, debidamente identificado, estará facultado para acceder ás instalacións ou establecementos, se é o caso, sen avisar con anterioridade.

Os propietarios dos establecementos e actividades productoras de ruídos e vibracións deberán permiti-las inspeccións.

Page 27: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

2.- Cando o Concello se considere imposibilitado para o exercicio da competencia de inspección, poderá solicita-lo auxilio á Administración autonómica ou ás empresas habilitadas para o respecto pola Xunta de Galicia, de acordo co estipulado no artigo 25 da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica.

Artigo 43º .- Actividade de inspección.

1.- O persoal do Concello, ou empresa habilitada debidamente identificada, poderá levar a cabo visita de inspección ás actividades que se veñan desenvolvendo e ás instalacións en funcionamento para os efectos de comproba-lo cumprimento das determinacións da presente Ordenanza.

Cando para a realización de inspeccións sexa necesario entrar nun domicilio será preceptivo o permiso do morador ou, de se-lo caso, a correspondente autorización xudicial. Nos demais supostos, o persoal, debidamente identificado, estará facultado para acceder ás instalacións ou establecementos, se é o caso, sen previo aviso. Os propietarios dos establecementos e actividades productoras de ruídos e vibracións deberán permiti-la inspección e facilitala.

2.- As visitas de inspección poderán levarse a cabo por propia iniciativa municipal ou trala solicitude de calquera interesado dirixida á autoridade administrativa competente. As solicitudes conterán, ademais dos datos xerais esixibles ás instancias na lexislación que regula o procedemento administrativo, os datos precisos para a realización da inspección (nome dos afectados, denunciantes, teléfonos, direccións, etc.).

Nos casos de recoñecida urxencia, cando os ruídos resulten altamente perturbadores ou cando sobreveñan ocasionalmente por uso abusivo, deterioro ou deficiente funcionamento das instalacións, aparellos ou equipos, a solicitude de inspección poderá formularse directamente ante os servicios de inspección tanto de palabra como por escrito.

3.- As inspeccións realizaranse tendo en conta as características do ruído e das vibracións existentes. Para tal fin, as medicións relativas ó ruído subxectivo practicaranse sen coñecemento do titular da fonte sonora. Así mesmo, as medicións relativas ó ruído obxectivo con carácter xeral practicaranse tamén sen coñecemento do titular ou responsable da fonte sonora, sen prexuízo de que, neste último caso, se lle poida ofrecer ó responsable do foco ruidoso unha nova medición na súa presencia para o seu coñecemento.

4.- Unha vez concluídas as medicións, entregaráselles ós interesados unha copia do resultado delas. As actas emitidas polos órganos competentes gozan de presunción de veracidade en canto ós feitos contados nelas e constitúen proba dabondo para os efectos do correspondente procedemento sancionador, non sendo que se achegue polos interesados algunha proba en contrario. Tal presunción esténdese ás medicións realizadas con instrumentos que reúnen os requisitos regulamentarios establecidos no punto 2 do Manual de procedementos para a medición de ruídos e vibracións (Anexo IV).

Page 28: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

Capítulo III.- Réxime sancionador.

Artigo 44º .- Infraccións.

Considéranse infraccións administrativas as accións ou omisións que contraveñan as disposicións desta Ordenanza. As infraccións clasifícanse en leves, graves e moi graves, de conformidade co tipificado nos artigos seguintes, de acordo co establecido no capítulo III, título III, da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica.

Artigo 45º .- Faltas leves.

Constitúe falta leve:

a) A superación dos límites admitidos ata 5 dBA.

b) A transmisión de niveis de vibración correspondentes á curva base inmediatamente superior á máxima admitida para cada situación (anexo Lei 7/1997, do 11 de agosto).

c) A circulación de vehículos a motor co escape libre e con silenciadores ineficaces, incompletos, inadecuados ou deteriorados.

d) A non presentación dos vehículos ás inspeccións.

e) A instalación de portas metálicas, persianas de protección, motores e mecanismos de arrastre en garaxes ou locais sen sistema de amortecemento de impactos.

f) A contravención das obrigas previstas no Artigo 20º desta Ordenanza.

g) O suministro de alcohol a menores de 16 anos, así como o consumo de alcohol por menores desa idade.

h) A contravención das obrigas previstas no Artigo 34º desta Ordenanza.

i) Mante-las ventanas abertas dos establecementos de ocio e esparcemento en horario nocturno.

j) Ter as luces ordinarias apagadas en horario nocturno, amparando unha actividade distinta á autorizada pola licencia ou grupo de clasificación citado.

k) Dispoñer de pista de baile, equipos de luz e son non autorizados pola licencia ou que non se correspondan coas definicións dos grupos de clasificación do anexo III desta norma, así como exercer tales actividades e/ou a utilización de tales equipos.

l) Calquera outra infracción ás normas da presente Ordenanza, non cualificada expresamente como falta grave ou moi grave.

Artigo 46º .- Faltas graves.

De conformidade coa Lei 7/1997, do 11 de agosto, constitúe falta grave:

a) A superación en máis de 5 dBA dos valores límite establecidos.

b) A transmisión de niveis de vibración correspondentes a dúas curvas base inmediatamente superiores á máxima admitida para cada situación (anexo Lei 7/1997, do 11 de agosto).

c) A vulneración expresa dos requirimentos das autoridades ou funcionarios municipais competentes para a corrección das deficiencias observadas, así como a manipulación ou alteración dos equipos de control ou os seus accesorios.

Page 29: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

d) A negativa ou obstrucción á labor inspectora. Considérase, en todo caso, como resistencia á actuación inspectora impedirlles ós funcionarios competentes a entrada en recintos e locais onde deban realizarse as inspeccións, sempre e cando a Administración actuante observase os requisitos formais establecidos nesta ordenanza.

e) A reincidencia en 2 ou máis faltas leves no prazo de doce meses.

f) O inicio de actividades ou a apertura de establecementos e instalacións susceptibles de producir ruídos ou vibracións sen obte-la previa autorización ou licencia.

g) A transgresión ou incumprimento das condicións impostas na autorización ou licencia, así como a non adopción, dentro do prazo concedido, das medidas correctoras sinaladas polo órgano competente. Neste último suposto, os suxeitos responsables poderán evita-la imposición de sanción se proceden voluntariamente á paralización ou non iniciación da actividade.

h) A instalación ou uso de portas metálicas, motores e mecanismos de arrastre en garaxes ou locais sen sistema de amortecemento de impactos, cando fose requirido anteriormente para a reparación da deficiencia.

i) Desenrolar unha actividade que non se corresponde coa da licencia concedida ou que non se axusta ó grupo para o que se solicitou a licencia.

Artigo 47º .- Faltas moi graves.

De conformidade coa Lei 7/1997, do 11 de agosto, constitúe falta moi grave:

a) A superación en máis de 15 dBA dos valores límite admitidos.

b) A transmisión de niveis de vibración correspondente a máis de dúas curvas base inmediatamente superiores á máxima admitida para cada situación (anexo Lei 7/1997, do 11 de agosto).

c) A reincidencia en 2 ou máis faltas graves no prazo de doce meses.

d) O incumprimento das ordes de clausura dos establecementos ou de paralización da actividade acordadas pola autoridade competente.

Artigo 48º .- Sancións.

As infraccións ós preceptos desta Ordenanza sancionaranse da seguinte maneira, de acordo ó establecido na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica.

a) Infraccións leves, con multa desde 60,10 ata 1.502,53 euros.

b) Infraccións graves, con multa dende 1.502,54 ata 9.015,18 euros, clausura temporal do establecemento ou paralización da actividade por un espacio de tempo non superior a seis meses.

c) Infraccións moi graves, con multa dende 9.015,19 ata 60.101,21 euros, clausura do establecemento ou paralización da actividade por espacio superior a seis meses ou con carácter definitivo.

Artigo 49º .- Atenuantes.

Sempre que a comisión da infracción se produza por primeira vez e a corrección de emisión de ruído que orixinou a sanción se fixese nun prazo de 48 horas, reducíndoa ó nivel autorizado, a sanción imporase no seu grao mínimo. En todo caso, o prazo computarase a partir da comprobación da comisión da infracción.

Artigo 50º .- Clausura.

Page 30: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

A sanción de clausura temporal ou definitiva poderá impoñerse naquelas infraccións nas que se aprecie reiterada resistencia ó cumprimento do ordenado pola Alcaldía ou manifesta actitude do titular da instalación no sentido de dificultar, falsear ou desvirtua-lo resultado da inspección.

Artigo 51º .- Medidas complementarias.

Na resolución que poña fin ó procedemento sancionador poderá acordarse, a parte da imposición da sanción correspondente, a adopción de medidas correctoras, así como a indemnización dos danos e perdas ocasionados como consecuencia da actividade infractora. Para a execución destes actos, se o infractor non os cumprise voluntariamente no prazo que se lle sinale, poderán impoñérselle multas coercitivas sucesivas de ata 3.005,06 euros cada unha. Igualmente poderá ordenarse a execución subsidiaria nos termos previstos no Artigo 98 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 52º .- Prescrición.

As infraccións ás que se refire esta Ordenanza prescribirán nos seguintes prazos, dende a comisión do feito:

a. Seis meses, no caso de infraccións leves.

b. Dous anos, no caso de infraccións graves.

c. Catro anos, no caso de infraccións moi graves.

O prazo de prescrición das infraccións comezará a contarse dende o día no que se cometera a infracción. Interromperá a prescrición a iniciación, con coñecemento do interesado, do procedemento sancionador, continuándose o prazo de prescrición se o expediente sancionador estivera paralizado máis dun mes por causa non imputable ó presunto responsable.

O prazo de prescrición das sancións comezará a contarse dende o día seguinte a aquel no que adquira firmeza a resolución pola que se impón a sanción. Interromperá a prescrición a iniciación, con coñecemento do interesado, do procedemento de execución, volvendo a transcorrer o prazo se aquel está paralizado durante máis dun mes por causa non imputable ó infractor.

Artigo 53º .- Medidas cautelares.

Con independencia das demais medidas que se adopten para garanti-la eficacia da resolución que no seu momento se dicte, con carácter cautelar o Concello poderá acorda-la inmediata adopción de medidas correctoras imprescindibles para evita-los danos ou molestias graves que se estean ocasionando como consecuencia das actividades presuntamente infractoras. Igualmente, e co mesmo carácter cautelar, poderá acordarse a paralización da actividade ou a clausura das instalacións ou dos establecementos cando a producción de ruídos ou vibracións supere os niveis establecidos para a súa tipificación como falta moi grave, ou ben cando, acordada a adopción de medidas correctoras, o requirimento municipal resultase incumprido no prazo que para os efectos se sinale. Tamén poderá acordarse o precinto de equipos, así como calquera outra medida que se considere imprescindible para evita-la persistencia na actuación infractora. Estas medidas adoptaranse despois de audiencia do interesado, por un prazo de cinco días, excepto naqueles casos que esixan unha actuación inmediata, que excepcional e motivadamente poderán ser ordenados pola Policía Local en exercicio das súas funcións.

Page 31: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

TÍTULO VI.

ACCIÓN MUNICIPAL E SOLUCIÓN DE CONFLICTOS.

Artigo 54º .- Acción municipal.

A acción municipal en materia de contaminación acústica concretarase nun programa xeral de actuacións baseado nos seguintes principios e criterios:

1.- Prevención, corrección e mellora.

2.- Información.

3.- Concienciación.

Como punto de partida haberá que coñece-lo grao de concienciación dos cidadáns ante o problema para, posteriormente, introducir hábitos de conducta compatibles cun maior benestar. Así mesmo, prevese a implantación dun programa de inspeccións periódicas dos establecementos potencialmente molestos.

O Concello establecerá un programa de auditoría interna bianual como método de seguimento do programa de actuación dos que os seus resultados evidenciarán a necesidade de revisión dos obxectivos marcados por el.

Artigo 55º .- Creación da Comisión de Mediación.

O Artigo 18 da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica establece que os Concellos poderán crear órganos de mediación para a solución dos conflictos que se deriven da contaminación acústica, nos que tamén participarán os veciños.

Créase a Comisión de Mediación como órgano para a solución de conflictos xurdidos entre a cidadanía de Riveira por mor da aplicación da presente Ordenanza.

A Comisión de Mediación constitúese como órgano de diálogo, concertación e participación, entre os cidadáns e o Concello, no deseño e promoción das competencias do municipio en materia de política de protección das persoas e dos bens en contra das agresións producidas pola enerxía acústica de ruídos e vibracións.

Serán funcións da Comisión de Mediación as seguintes:

a. Elaborar e emitir, ben por iniciativa propia, ben por proposta do concelleiro de Medioambiente, estudios e informes, con inclusión de propostas.

b. Actuar como órgano de consulta da autoridade municipal no eido da política sobre ruídos e vibracións.

c. Promover e facilita-la conciliación e mediación nos conflictos xurdidos entre as distintas partes por mor da aplicación da presente Ordenanza de ruídos e vibracións.

d. Participar e promove-la participación en congresos, xornadas, seminarios e conferencias relacionadas con materias ambientais, así como promover iniciativas relacionadas co estudio, o debate e a difusión das devanditas cuestións.

e. Solicitar e recibir dos órganos competentes do Concello canta información precise para o desempeño das súas funcións.

Page 32: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

Esta Comisión de Mediación formará parte do futuro Consello Municipal de Medioambiente, e estará integrada polos membros que este, en sesión plenaria, determine, e que obrigatoriamente contará con presidente, secretario e vocais.

A Comisión de Mediación someterá as súas actuacións ós seguintes principios:

a. Liberdade: a actuación da Comisión non limitará nin interferirá o libre exercicio dos dereitos dos cidadáns.

b. Rogación: a Comisión poderá actuar se o solicitan as partes en conflicto.

c. Neutralidade: a súa actuación terá sempre un carácter profesional, técnico e imparcial.

d. Gratuidade: os servicios prestados pola Comisión serán de balde, salvo os expresamente conceptuados.

O Concello de Riveira aprobará, no prazo de dous anos, o procedemento de actuación da Comisión de Mediación, que se axustará, en todo caso, ós principios de rogación, concentración, celeridade e gratuidade.

Page 33: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS.

Primeira.- O réxime que establece a presente Ordenanza enténdese sen prexuízo das intervencións que correspondan a outros organismos da Administración na esfera das súas respectivas competencias.

Segunda.- De conformidade co previsto no apartado 4 do Artigo 20 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, as Entidades Locais poderán establecer taxas pola prestación de servicios de inspección que realicen para verifica-lo cumprimento do disposto nesta Ordenanza.

Page 34: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS.

Primeira.- Aquelas actividades ou instalacións que superen os niveis máximos de ruídos e vibracións previstos na presente Ordenanza, disporán dun prazo máximo de doce meses para adapta-los establecementos co fin de garantir en todo caso o respecto ós niveis autorizados.

En todo caso, as actividades e instalacións existentes deberán cumpri-las esixencias de funcionamento establecidas con anterioridade á entrada en vigor da Ordenanza e as condicións que taxativamente establece a licencia.

Segunda.- Os establecementos públicos con licencia de actividade e instalación outorgada con anterioridade á entrada en vigor da mencionada Ordenanza, adaptaranse ó disposto no articulado da mesma nos casos seguintes:

a. Cando se realicen modificacións, ampliacións ou reformas que excedan ás obras de mera hixiene, ornato ou conservación.

b. Cando se tramite a licencia dos establecementos cun illamento inferior en máis de 5 dBA ó esixido nesta Ordenanza.

c. Cando así se impoña como esixencia para reapertura dos establecementos clausurados por incumprimento dos niveis fixados na Ordenanza e conforme ó procedemento establecido no Título V.

Terceira.- Aquelas construccións con licencia de obra outorgada con anterioridade á entrada en vigor da Ordenanza deberán cumpri-las condicións que lexitimamente houbera establecido a licencia. Segundo o establecido no Artigo 108 do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Riveira, os locais que se atopen en funcionamento na data da aprobación definitiva deste Plan poden cambiar a súa clasificación adaptándose ó establecido nesta Ordenanza.

Page 35: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

DISPOSICIÓN DERROGATORIA.

Queda derrogada expresamente a Ordenanza Municipal Reguladora da Emisión e Recepción de Ruídos e Vibracións do Concello de Riveira, publicada en el B.O.P. N.º 237, do 15/10/1.996, tamén todas cantas disposicións do mesmo ou inferior rango regulen materias contidas nesta Ordenanza, en canto se opoñan ou contradigan o seu contido.

Page 36: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

DISPOSICIÓN FINAL.

Conforme ó establecido nos Artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, esta Ordenanza entrará en vigor ós 15 días hábiles da súa publicación completa no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, unha vez aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación, e rexerá en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación.

Page 37: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

ANEXO I.

ZONAS DE SENSIBILIDADE E CLASIFICACIÓN DOS ESTABLECEMENTOS.

1.- Zonas de sensibilidade

O Concello é o encargado da definición das zonas de sensibilidade acústica, que se especifican e clasifican segundo os criterios que se citan a continuación, de acordo coa Lei galega 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica:

A.- Zona de alta sensibilidade acústica: comprende tódolos sectores do territorio que admiten unha protección alta contra o ruído, como áreas sanitarias, docentes, culturais ou espacios protexidos.

B.- Zona de moderada sensibilidade acústica: comprende tódolos sectores do territorio que admiten unha percepción do nivel sonoro medio, como vivendas, hoteis ou zonas de especial protección como os centros históricos.

C.- Zona de baixa sensibilidade acústica: comprende tódolos sectores do territorio que admiten unha percepción do nivel sonoro elevado, como restaurantes, bares, locais ou centros comerciais.

D.- Zona de servidume: comprende os sectores do territorio afectados por servidumes sonoras a favor de sistemas xerais de infraestructuras viarias, ferroviarias ou outros equipos públicos que a reclamen.

E.- Zonas específicas xustificadas polo uso do solo ou a concorrencia doutras causas.

As zonas referidas con anterioridade, agás a zona de servidume, teñen adscritos cinco tipos de recintos, que se clasifican segundo os usos.

2.- Tipos de recintos

a. Tipo I: dormitorios, salas de estar, aulas e salas de lectura.

b. Tipo II: resto de estancias (aseos, cocinas, comedores, etc.), museos, salas de exposición e centros de culto.

c. Tipo III: locais comerciais en xeral, oficinas, laboratorios e despachos profesionais.

d. Tipo IV: zonas de usos comúns de vivendas, hoteis, hospitais (corredores, escaleiras, recibidores), e salas de espera.

e. Tipo V: zonas de usos comúns exteriores (patios de luces, balcóns, terrazas, etc.).

f. Tipo VI: zonas de usos comúns de locais ou establecementos de uso non residencial coma son galerías comerciais, hipermercados, centros comerciais ou de ocio, centros deportivos, etc.

Page 38: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

ANEXO II.

VALORES DE RECEPCIÓN.

Entenderase por valor de recepción os niveis de avaliación máximos recomendados no ambiente exterior ou interior e fíxanse en función do período horario e da zona de sensibilidade acústica. Estes valores serán medidos na forma e nas condicións sinaladas no Regulamento de protección contra a contaminación acústica, aprobado polo Decreto 150/1999, do 7 de maio.

1.- Valores de recepción do ruído no ambiente exterior.

Segundo a táboa adxunta N.º 1 determínase en función da localización dentro das diferentes zonas de sensibilidade da instalación, e do horario.

TÁBOA I.

Zonas de sensibilidade acústica De 08:00 a 22:00 horas De 22:00 a 08:00 horas

A 55 45

B 60 50

C 70 60

D 75 65

E 75 65

Valores LAeq utilizando a constante de tempo SLOW.

Zona de servidume:

A zona de servidume acústica derivada da existencia ou previsión de focos emisores de ruído e/ou vibracións, coma poden se-las infraestructuras viarias, as ferroviarias ou outros equipos públicos que o reclamen, será delimitada polo Concello no planeamento urbanístico ou polos procedementos previstos na lexislación de réxime local.

A zona de servidume abranguerá o territorio do contorno do foco emisor e delimitarase nos puntos do territorio ou curva isófona (curva de igual percepción de son), onde se midan os valores guía de recepción no ambiente exterior que correspondan de acordo coas zonas de sensibilidade acústica.

En caso de que pola zona de sensibilidade acústica A transcorra unha autoestrada, a zona de servidume derivada desta comprenderá o territorio do contorno da autoestrada ata os puntos do espacio delimitado pola curva isófona 60 dBA.

Excepcionalmente o Concello poderá autorizar unha ampliación determinada de carácter temporal e xustificada, nos niveis máximos no ambiente exterior, en puntos determinados do termo municipal, atendendo a eventos singulares programados tales como celebracións, feiras, festas ou manifestacións, ó mesmo tempo que se darán as ordes precisas para reducir ó máximo as molestias ós cidadáns.

Page 39: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

2.- Valores de recepción do ruído no ambiente interior.

Segundo a táboa adxunta N.º 2 estes valores determínanse en función do tipo de recinto, da localización dentro das diferentes zonas de sensibilidade da instalación, e do horario.

TÁBOA II.

ZONAS DE SENSIBILIDADE ACÚSTICA

A B C / D

Tipo de recinto De 8 a 22 h De 22 a 8 h De 8 a 22 h De 22 a 8 h De 8 a 22 h De 22 a 8 h

I 30 25 35 28 --- ---

II 35 30 40 35 45 40

III --- --- 40 35 45 40

IV 35 30 40 35 45 40

V 40 35 45 40 50 45

VI --- --- --- --- 75 75

Valores LAeq utilizando a constante de tempo SLOW.

3.- Valores de recepción ás vibracións no ambiente interior (coeficientes "K").

TÁBOA III.

VALORES DE RECEPCIÓN DAS VIBRACIÓNS NO AMBIENTE INTERIOR

Lugar Horario Vibracións continuas ou intermitentes

Vibracións transitorias con varios sucesos ó

longo do día

Día 1 1 Áreas críticas de traballo (salas de operacións de hospitais, laboratorios de precisión, etc.) Noite 1 1

Día 2 30 a 90 Residencial

Noite 1,4 1,4 a 20

Día 4 60 a 128 Oficinas e comercio

Noite 4

Día 8 90 a 128 Industria e almacéns

Noite 8

As curvas base son as da figura 5ª de vibracións de edificios, da norma ISO-2631-2, transcrita na Lei 7/1997, do 11 de agosto, e que se presenta a continuación.

Page 40: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

ANEXO III.

DEFINICIÓNS E CLASIFICACIÓNS POR GRUPOS DAS DIFERENTES ACTIVIDADES DE ESPAREXEMENTO E OCIO.

Sen ánimo exhaustivo, comprenderase dentro dos establecementos públicos e actividades de esparexemento ou recreativas suxeitas a esta Ordenanza, o exercicio das seguintes actividades:

* Bar: é aquel establecemento que dispón de barra e que, carecendo de comedor, tamén pode dispor de servicios de mesa na mesma unidade espacial, co fin de proporcionar ó público, mediante precio, bebidas, acompañadas ou non de tapas e bocadillos, e, como máximo, un prato do día.

* Café-bar: bar que ofrece, entre as súas bebidas, cafés.

* Taberna: aqueles bares que reúnen especiais características de edificación, antigüidade e localización xeográfica, fixadas nas disposicións que se establezan.

* Restaurante: é aquel establecemento que dispón de cociña e comedor co fin de ofrecer comidas e ceas, mediante precio, para ser consumidas no mesmo local. Os restaurantes clasifícanse en: restaurantes de cinco, catro, tres, dous e un garfos. As diversas clases comprenden unha gama infinita, dende a modesta casa de comidas que proporciona un menú fixo a prezos moi económicos ata os suntuosos restaurantes de sona. Quedan encadrados dentro desta categoría as súas variantes como casas de comidas, ventas, mesóns, grelladas, etc.

* Cafetería: é aquel establecemento que nunha mesma unidade espacial dispón de barra e servicios de mesa, carecendo de comedor, co fin de ofrecer ó público, mediante precio e a calquera hora do horario de apertura, xeados, refrescos e bebidas en xeral, así como tapas frías ou quentes, bocadillos e pratos simples ou combinados de elaboración sinxela e rápida, en frío ou á prancha. as cafeterías clasifícanse en: cafeterías de tres, dúas ou unha tazas.

* Cervexería: establecemento público similar a café-bar ou cafetería, onde se vende e consume cervexa principalmente, aínda que tamén se pode servir café e outras bebidas.

* Café-cantante: establecemento público de características similares ó anterior, pero amenizado por cantantes ou músicos.

* Café-concerto: teatro onde os clientes poden fumar, beber, e no que o programa inclúe números de canto, humor e baile.

* Café-bar especial: nas súas variantes pode estar amenizado con música ambiental, quedando asimilado a Pub, voz inglesa abreviatura de "public house". Establecemento orixinariamente británico onde se poden tomar bebidas alcohólicas, e no que a dinámica social dos nosos tempos o transformou nun centro de diversión ambientada na música.

* Discoteca: local de pública concorrencia, onde se expenden bebidas alcohólicas e se baila con acompañamento musical a base de soportes discográficos. O seu elemento característico é a existencia de pista de baile.

* Tablao flamenco: local público que dispón de tarima ou escenario que é utilizado para actuacións dun determinado espectáculo flamenco. O termo estivo referido nun principio ós denominados cafés-cantante.

* Salas de festas: salón de baile ou cabaré (do francés taberna), lugar de esparexemento onde se bebe, se baila e representan espectáculos principalmente de noite, sinónimo de "boite" e "music hall".

Page 41: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

* Karaoke: establecementos públicos onde se expenden bebidas alcohólicas e, segundo a moda importada de Xapón, os usuarios intentan reproducir coa súa voz sobre un fondo orquestral que lle guía e arroupa calquera das cancións de moda.

* Barra americana: establecemento público onde, nun ambiente marcadamente erótico e amenizado con música, se expenden bebidas alcohólicas servidas por persoal feminino ou masculino. Quedan comprendidos dentro desta categoría os Bares de alterne, Whiskerías, e Night clubs.

* Bingos: sociedades ou centros de reunión constituídos con primordial finalidade de practicar unha variedade de lotería denominada bingo.

* Billar, Pimpón, Boleira: establecementos públicos destinados á práctica do xogo de billar, pimpón, bolos, provistos a tales fins das correspondentes mesas de xogo ou instalacións específicas para xogos de bolos.

* Cíber: establecementos públicos destinados a ofrecer un servicio de conexión a internet ós usuarios, pode dispor tamén de cafetería (cíber-café).

* Salón de xogos recreativos: establecemento público dotado primordialmente de máquinas recreativas de azar tipos A, B e C.

* Locais específicos de música, danza: establecementos destinados ó ensino ou práctica de música (con instrumentos musicais, coros, etc.), ou danza, que non teñan carácter esporádico ou ocasional (ximnasia artística, aeróbic, etc.).

* Cines: local ou edificio destinado ó pase de películas cinematográficas mediante un aparello óptico de proxección, baseado na persistencia de imaxes na retina que permite dar impresión de movemento mediante o paso rápido dunha serie de fotografías.

* Centros comerciais, de ocio, hipermercados e multicentros. Establecemento público que pode denominarse matriz. Ditos centros comerciais caracterízanse por unha configuración que pode agrupar a diversos locais denominados dependentes que poden ser comerciais, e/ou de servicios, e frecuentemente tamén outros de pública concorrencia cualificados coma molestos (coma os descritos nos apartados anteriores) entre os cales englóbanse cines, cafeterías, restaurantes, discotecas, etc.; cada un deles ten o seu correspondente titular e é accesible ó público dende as zonas comúns de circulación do centro. O conxunto constitúe, á súa vez, un establecemento cun titular que é o que xestiona, entre outras, as cuestións relacionadas cos horarios de apertura, seguridade global do centro, e a xestión e o funcionamento das zonas comúns.

1.- Actividades de ocio e esparexemento.

1.1.- As distintas actividades de ocio clasifícanse en función do seu grado de molestias no seguintes grados que, á súa vez, e a título simplemente enunciativo engloban os seguintes tipos:

TIPO I.- Actividade de pública concorrencia, sen equipos de reproducción/amplificación sonora ou audiovisuais e funcionamento diúrno ou parcialmente nocturno (de 22 a 02 horas), con niveis sonoros de ata 80 dBA.

Exemplos: bares, tabernas, café-bares, cafeterías, restaurantes, bodegóns, mesóns, grelladas e similares, con e sen TV, e sen música e salóns de xogo recreativos.

TIPO II.- Actividade de pública concorrencia, con equipos de reproducción/amplificación audiovisual e funcionamento parcial ou totalmente nocturno e niveis sonoros de ata 85 dBA.

Exemplos: bares, cafeterías e café-bares con música ambiental e niveis sonoros de ata 85 dBA; salas de vídeo; cíbers, bingos e similares.

Page 42: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

TIPO III.- Actividades de pública concorrencia, con equipos de reproducción/amplificación audiovisual e niveis sonoros entre 85 e 90 dBA, calquera que sexa o seu horario de funcionamento.

Exemplos: bares e café-bares con música, pubs, whiskerías e similares, e pistas de birlos.

TIPO IV.- Actividades de pública concorrencia, con equipos de reproducción audiovisual con niveis sonoros de > 90 dBA ou actuacións en directo, calquera que sexa o seu horario de funcionamento.

Exemplos: teatros e auditorios, café-cantante, café-concerto, cines, salas de festas, discotecas, salas de concertos, tablaos flamencos, music-hall, e similares.

1.2.- A aparición de actividades que non estean expresamente comprendidas comprendidas na nomenclatura dos tipos referenciados encadraranse dentro do grupo co que teña maior afinidade.

1.3.- As actividades reguladas para a concesión da licencia deberán encadrarse e definirse necesariamente nalgún dos grupos que clasifica esta Ordenanza, con independencia do que lle faculte a súa epígrafe fiscal. O exercicio dunha actividade amparada nas normas fiscais ou doutra orde, non poderá desnaturaliza-lo exercicio da actividade principal.

1.4.- Con carácter xeral as actividades clasificadas nos grupos I e II desta Ordenanza, deberán ter reservado para a estancia permanente de persoas, con mesas e cadeiras, a lo menos o 50 % da superficie útil.

1.5.- Os bodegóns, mesóns, grelladas, xamonerías, terán como actividade principal a expedición de artigos alimentarios.

1.6.- Excepto nos locais habilitados para baile, tales como discotecas, salas de baile, tablaos flamencos, music-hall, queda terminantemente prohibida a reiteración de actividades de baile.

1.7.- Como regra xeral, no interior dos locais onde se desenrolen actividades do grupo I, que teñan por finalidade fundamental a reunión de persoas para charlar, tomar unha consumición ou comer, non se permitirá a instalación de aparellos de reproducción de música nin vídeos musicais.

1.8.- Queda prohibida a instalación e uso dos aparellos de reproducción de música no exterior dos establecementos suxeitos a esta Ordenanza.

2.- Medida dos illamentos.

2.1.- Os illamentos a ruído aéreo de paramentos verticais e horizontais a efectos desta Ordenanza, mediranse conforme á Norma UNE-EN-ISO-140-4 (1.999) e conforme a Norma UNE-EN ISO 140-5 (1.999) ou calquera outra que a substitúa.

Para cada tipo de actividade definidos no punto anterior, esixiranse os valores mínimos do illamento global DnAT e do illamento na banda de oitava de frecuencia central de 125 Hz, DnT125, que se indican a continuación, para as actividades instaladas en edificios de vivendas:

Page 43: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

TÁBOA I.- ILLAMENTOS ACÚSTICOS.

GRUPO N.E.I. (dBA) Illamento global DnAT

Illamento na banda de oitava de frecuencia central 125 Hz, DnT125

Fachada D1s,2m, nAT

TIPO I < 80 DnAT = 55 dBA DnT125 = 40 dB 30 dBA

TIPO II 80≤N.E.I.≤85 DnAT = 60 dBA DnT125= 45 dB 40 dBA

TIPO III 85<N.E.I.≤90 DnAT = 65 dBA DnT125 = 50 dB 50 dBA

TIPO IV > 90 DnAT = 75 dBA DnT125 = 58 dB 60 dBA

Para calquera outra actividade de ocio ou de esparexemento non contemplada nos anteriores grupos, determinarase o seu nivel de illamento acústico segundo o seu N.E.I., que será obtido por ensaio.

2.2.- Os niveis de ruído impacto, transmitidos polos chans das actividades de pública concorrencia, determinaranse mediante a colocación dunha máquina de impactos normalizada no chan do local (planta inferior). Verificarase que, coa máquina en funcionamento, os niveis acadados no recinto receptor (vivenda na planta superior ou no seu defecto a máis achegada ó local emisor), son inferiores a:

Laeq 10s Diúrno (de 08:00 a 22:00 horas) Nocturno (de 22:00 a 08:00 horas)

dBA en recinto receptor 40 35 2.3.- Outras actividades.

En calquera outra actividade de servicios (supermercado, talleres, tinturerías, barberías, salóns de peiteado, ximnasios, etc.), deberá determinarse o seu N.E.I. mediante ensaio, establecéndose o nivel mínimo de ruído emitido no seu interior en 80 dBA.

Os índices de illamento acústico serán os mesmos que para as actividades de ocio e esparexemento, en función dos eu NEI. Por exemplo, unha actividade que teña un NEI de 90 dBA, deberá ter un illamento mínimo respecto das vivendas de 65 dBA (DnAT).

3.- Táboa de tempos de reverberación recomendados.

TÁBOA II.- TEMPOS DE REVERBERACIÓN RECOMENDADOS.

Actividade RT60 (seg) 500 Hz-2kHz Recinto

Voz 0,8 - 1,2 Salas de conferencias

Reproducción de son 1 - 1,2 Cines

Salas polivalentes 1 - 1,5 Salas polivalentes

Opera 1,2 - 1,6 Teatros de Ópera

Música de cámara 1,3 - 1,6 Salas de música de cámara

Música sinfónica 1,7 - 2 Salas de concertos

Órgano e música de coro 2 - 3 Igrexas e catedrais

Locutorios de radio 0,25 Cabinas de locutores e de control de son

Page 44: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

ANEXO IV.

MANUAL DE PROCEDEMENTOS PARA A MEDICIÓN DE RUÍDOS E VIBRACIÓNS.

1.- Definicións e unidades.

Absorción A: é a magnitude que cuantifica a enerxía extraída do campo acústico cando a onda sonora atravesa un medio determinado ou no choque desta coas superficies límites do recinto.

Illamento a ruído aéreo en dBA: é a expresión en dBA do illamento acústico aparente, medido segundo as condicións sinaladas na norma UNE-EN ISO 140-4:99.

Bandas de frecuencia chamadas de oitava: a relación entre as súas frecuencias superior e inferior é de 2'1. Estas bandas defínense pola súa frecuencia central, e internacionalmente consideráronse dentro do espectro audible as seguintes bandas: 31'5, 63, 125, 250, 500, 1.000, 2.000, 4.000, 8.000 e 16.000 Hz.

Campo sonoro: unha rexión dun medio elástico (como o aire) que contén ondas sonoras.

a) Campo libre: é un campo nun medio isótropo homoxéneo cuns límites que execren unha influencia insignificante sobre as ondas sonoras.

b) Campo sonoro difuso: é aquel no que as ondas reflectidas chegan a tódolos puntos do recinto desde diferentes direccións, sendo todas elas igualmente probables.

Decibelio: defínese como dez veces o logaritmo decimal da relación de dúas magnitudes homoxéneas e tomándose unha delas como referencia. As magnitudes acústicas poderán expresarse en decibelios mediante os niveis de potencia sonora e de presión sonora.

Emisores: enténdese por emisores calquera dispositivo ou aparello ou unha combinación deles, que cando están en funcionamento producen un nivel de ruído que causa molestia no seu contorno. Considéranse emisores:

a) Instalacións e actividades industriais cun funcionamento que leva asociado un proceso secundario de xeración de ruído.

b) Instalacións de recreo, ocio e culturais (bares, pubs, discotecas, cafeterías, restaurantes, estadios, instalacións deportivas, pistas de carreiras, feiras, parques de atraccións) nos que o seu propósito é proporcionar distracción, diversión, etc., e que poden serrar niveis de ruído molestos.

c) Tráfico, considerando por tal calquera combinación dos medios de transporte e a infraestructura necesaria.

d) Maquinaria e equipos, entendéndose como dispositivos non propulsados polo home que no sexan parte dunha instalación industrial, nin de tráfico, incluíndose neles maquinaria da construcción ou equipos musicais.

Frecuencia: é o número de pulsacións dunha onda acústica sinodal ocorridas no tempo dun segundo. É equivalente á inversa do período (a unidade é o Hercio).

Fonte de ruído: é un sistema de xeración de ruído (un altofalante) con capacidade de emisión en bandas de frecuencia, con capacidade de xerar ruído branco e ruído rosa.

Nivel de emisión: é o nivel de presión acústica orixinado por unha fonte sonora.

O nivel de presión acústica (LpA) en decibelios, dBA, submúltiplo do belio, queda definido pola relación:

Page 45: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

LpA = 10 log (PA/P0)2

Sendo:

PA= Valor eficaz da presión acústica producida pola fonte sonora, ponderando conforme á curva de referencia normalizada (A).

P0= Presión acústica de referencia, de valor 2 x 10-5 Nw/m2. Umbral de audición para un oído saudable para unha frecuencia de 1.000 Hz.

O nivel continuo equivalente (LAeq,T) é o nivel de presión acústica eficaz ponderado e promedio durante un tempo de medición.

LpAeq,T = 10 Log [1/T %0T (Pa2 (t)/P02)dt]

Ou alternativamente mediante a ecuación:

LpAeq,T = 10 Log [(ti/100) 100.1LpAi]

Onde:

ti/100 é o valor numérico da porcentaxe de tempo da duración total do ensaio;

T, correspondente ó nivel de presión acústica LpAi cos Lpi dispostos en intervalos de clase inferiores ou iguais a 1 dB.

LpAi, son os niveis de presión acústica ponderados, A, obtidos cunha instrumentación que cumpra os requisitos esixidos ós aparellos de clase 1 nas normas UNE-EN 60651:96 e UNE-EN 60651/A1:97, utilizando a característica temporal lenta.

Nivel de contaminación por ruído: é utilizado para valorar e cuantifica-los problemas de ruído ambiental, tendo en conta as molestias producidas polas variacións de nivel arredor do valor medio. Vén definido por: LPN = Leq + 2,56 s, sendo s a desviación estándar do valor principal.

Nivel de potencia dun son (LW), defínese como:

LW = 10 log (W1/W0).

Na que W0 representa o nivel de referencia (nivel de potencia máis baixo que pode percibi-lo oído humano (10-12 vatios/m2).

Nivel sonoro máximo: é o nivel sonoro máis alto con ponderación temporal exponencial, en dB, que se produce durante un período de tempo determinado. Cando se mide o nivel de pico de presión sonora hai que usa-la largura de banda máis ampla do sistema de medición, co fin de incluír tódolos compoñentes de frecuencia significativos dun sinal de curta duración.

Oitava: é o intervalo de frecuencia comprendido entre unha frecuencia determinada e outra igual ou dobre da anterior.

Onda acústica: vibración do aire caracterizada por unha sucesión periódica no tempo e no espacio de expansións e compresións.

Potencia acústica: defínese como a enerxía sonora por unidade de tempo que atravesa a unidade de superficie.

Receptores: defínese como toda aquela edificación ou área reservada para un uso determinado, exposta a ruído de emisores exteriores. Divídense segundo os criterios de niveis sonoros requiridos e de calidade ambientais en:

Page 46: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

a) Silencioso (áreas sanitarias, docentes, edificios e áreas culturais como teatros).

b) Non ruidoso (vivendas, residencias temporais, como hoteis e áreas recreativas e deportivas non masivas).

c) Pouco ruidoso (oficinas, edificios de servicios públicos, locais e centros comerciais, instalacións da defensa, restaurantes, bares, áreas deportivas de asistencia masiva).

d) Ruidoso (industrias, estacións de viaxeiros).

Redes de ponderación: consisten nuns filtros electrónicos que modifican os sinais sonoros para cada banda de frecuencia. Na actualidade, o filtro máis utilizado é o designado como A. Cando se mide utilizando a rede de ponderación A, obtéñense os niveis sonoros expresados en dBA.

Ruídos branco e rosa: son ruídos utilizados para efectua-las medidas normalizadas. Denomínase ruído branco o que contén tódalas frecuencias coa mesma intensidade. O seu espectro en tercios de oitava é unha recta de pendente 3 dB/oitava. Se o espectro, en tercios de oitava, é un valor constante, denomínase ruído rosa.

Son: é unha sensación auditiva producida por unha onda acústica.

Tempo de reverberación: é o tempo no que a presión acústica se reduce á milésima parte do seu valor inicial (tempo en que tarda en reducirse o nivel de presión en 60 dB) unha vez cesada a emisión da fonte sonora. Calcúlase mediante a expresión T = 0,163 V/A, onde A é a área de absorción equivalente, en metros cadrados; V é o volume da sala de recepción en metros cúbicos; T é o tempo de reverberación en segundos na sala de recepción.

Vibración: é a oscilación das partículas dun corpo respecto dunha posición de equilibrio.

2.- Medicións.

Estarase ó previsto no anexo I da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica.

As medicións realizaranse de acordo co establecido no Regulamento de protección contra a contaminación acústica, aprobado polo Decreto 150/1999, do 7 de maio.

2.1.- Equipos de medida.

Serán os que se determinan a continuación, segundo as seguintes fontes de enerxía acústica:

a) Ruídos.

Os ruídos mediranse mediante sonómetros, aparellos deseñados e construídos para responder ó son de xeito similar a como reacciona o oído humano; poden obterse medidas obxectivas reproducibles do nivel de presión sonora.

O grao de precisión dos sonómetros utilizados para a medición do nivel acústico, illamento acústico e nivel de vibración, será de tipo I. Ditos sonómetros deben ser integradores e analizadores, con posibilidade de obtención de datos estatísticos e de rexistro. No caso de que o ruído ambiental conteña impulsos, farase necesario utilizar instrumentación que cumpra a norma UNE-EN 60804:96.

Para os efectos da clasificación da precisión dos sonómetros, será de aplicación o establecido na norma UNE-EN 60651/A1:97.

O micrófono utilizado será de campo libre, e estará orientado naquela dirección en que a resposta en frecuencia sexa máis uniforme.

Page 47: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

Para asegurar a fiabilidade da medición, tódalas que se realicen no exterior requirirán o uso de pantallas protectoras antivento.

Ó comezo e ó remate de cada medición acústica, efectuarase unha comprobación do sonómetro, utilizando parta isto un calibrador sonoro tipo 1. Esta circunstancia recollerase no informe de medición, así como o certificado de verificación dos equipos de medida e calibradores empregados, que deberá efectuarse como mínimo anualmente nun laboratorio oficial ou privado debidamente autorizado.

A determinación do nivel de ruído realizarase e expresarase en decibelios, corrixidos conforme á rede de ponderación normalizada mediante a curva de referencia tipo (A), definida na norma UNE-EN 60.651:96.

b) Vibracións.

As vibracións son unha causa de contaminación acústica producida polo inadecuado funcionamento de máquinas ou instalacións.

As vibracións mediranse con acelerómetros, ós que se acoplará un sonómetro que realizará as funcións de análise e valoración.

A determinación do nivel de vibración realizarase de acordo co establecido na Norma ISO-2631, apartado 4.2.3.

A magnitude determinante da vibración será a súa aceleración, expresada como valor eficaz (rms) en m/s2, e corrixida mediante a aplicación de ponderacións, de acordo co establecido na norma ISO-2631-1, apartado 3.5.

Para cuantifica-la intensidade da vibración utilizarase calquera dos procedementos que se indican a continuación:

- Determinación por lectura directa da curva que corresponde á vibración considerada.

- Medición do espectro da vibración considerada en bandas de tercio de oitava (entre 1 e 80 Hz) e determinación posterior da curva base mínima que contén o dito espectro.

- Para o caso de variacións dos resultados obtidos por un ou outro destes sistemas, considerarase o valor máis elevado.

3.- Técnicas de medida.

3.1.- Técnicas de medida do ruído ambiental en inspeccións.

3.1.1. Procedemento xeral.

As medicións de ruído ambiental, ben sexa interior ou exterior, realizaranse da seguinte forma:

1) Caracterización do ruído:

- 1 rexistro co foco emisor en funcionamento.

- Tempo de medición 2 minutos.

- Parámetros a determinar LAmáx e LAmín

2) Medición do N.R.I./N.R.E.:

- 3 rexistros co foco emisor en funcionamento, tomando como valor de medida el promedio energético de los 3 valores obtenidos.

Page 48: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

- Tempo de medición en función do ruído caracterizado. (Ver táboa anexa).

- Parámetros a determinar: LAeq ou LA10, en función do ruído caracterizado.

3) Medición do ruído de fondo:

- 3 rexistros tralo cese do foco emisor, tomando como valor de medida el promediado energético de los 3 valores obtenidos.

- Tempo de medición en función do ruído caracterizado. (Ver táboa anexa).

- Parámetros a determinar: LA90 ou no seu defecto LAeq.

Tempos de medida e parámetros de valoración en función do tipo de ruído

Tipo de ruído Diferencia

d=LAmáx - LAmín dBA

Ponderación temporal

Parámetro de valoración

Tempo de medida

N.º de medidas

Continuo uniforme d < 6 Slow Leq 15 s. 3

Continuo variable 6 ≤ d ≤ 12 Slow Leq 20 s. 3

Continuo fluctuante d > 12 Slow Leq 30 s. 3

Transitorio periódico - Slow Leq 20 s. 3

Transitorio aleatorio - Slow L10 30 s. 3

Nota: os tipos de ruído veñen definidos na Lei 7/1997 e no Decreto 150/1999.

Os intervalos de tempo totais, de acordo co establecido no decreto 150/1999, do 7 de maio, serán:

- Ruído continuo uniforme, 5 minutos.

- Ruído continuo variable, 10 minutos.

- Ruído continuo fluctuante, 30 minutos.

- Ruído transitorio periódico, realizaranse tomas de datos cuns tempos de medida que sexan de, polo menos, o 50% do tempo de funcionamento.

- Ruído transitorio aleatorio, o tempo de media abarcará un período que, polo menos, teña en conta dúas situacións aleatorias do ruído.

3.1.2. Ruído ambiental interior.

Para a valoración do ruído ambiental interior, utilizarase o nivel sonoro continuo equivalente, expresado en decibelios ponderados coa rede de ponderación A, Leq dBA, conforme á norma UNE-EN ISO 140-4:99. Neste caso non é necesario que os sonómetros tamén sexan analizadores. No caso de medicións inferiores a 60 minutos, considerarase a constante temporal Slow (resposta lenta), segundo a norma UNE-EN 60651/A1:97. En medicións cunha duración superior a 60 minutos,

Page 49: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

realizarase a valoración dos niveis de ruído mediante o parámetro LNP = LAeq + 2,56 s, sendo s a desviación típica (de LAeq 1s).

As medidas dos niveis de recepción do ruído no interior do local afectado realizaranse no lugar onde os niveis sexan máis altos, e, se fose preciso, no momento e situación no que as molestias sexan máis acusadas.

A realización das medicións no interior dun recinto receptor realizaranse seguindo as seguintes indicacións:

- O micrófono situarase polo menos a 1 m. de separación de calquera superficie.

- A medida realizarase con portas e fiestras pechadas, co obxecto de que o ruído de fondo sexa o mínimo posible, eliminando toda posibilidade de ruído interior da propia vivenda.

- O observador situarase no plano normal ó eixo do micrófono e o máis separado deste que sexa compatible coa lectura correcta do indicador de medida, intentando evitar o efecto pantalla.

- Para evita-la distorsión direccional, situarase o sonómetro no punto de medida e xirarase no interior do ángulo sólido determinado por un octante, fixándoo na posición na que a lectura sexa equidistante dos valores extremos así obtidos.

- A duración da medida variará en función do tipo de ruído que se intenta medir. Esta debe referirse a un período de tempo adecuado e escollerse en función do carácter das variacións do ruído.

Presentarase un informe cos resultados obtidos, no que se recollerá:

- Situación e descrición do recinto emisor e recinto receptor. Acompañarase un esbozo aproximativo.

- Localización e natureza das fontes sonoras.

- Posicionamento do equipo de medida.

- Resultados obtidos, acompañados dos listados correspondentes do sonómetro empregado.

- Instrumentación empregada.

- Límites en vigor.

- Conclusións obtidas.

3.1.3.- Ruído ambiental exterior.

A valoración dos niveis de ruído realizaranse mediante o parámetro Leq, expresado en dBA, e valorado coa constante de tempo Slow (resposta lenta), segundo a norma UNE-EN 60651/A1:97.

A realización das medicións do ruído ambiental exterior realizarase seguindo as seguintes indicacións:

- O micrófono de medida estará situado a 1,5 m. da fachada e a unha altura superior a 1,2 m. No caso de que non se poida coloca-lo micrófono a 1,5 m. da fachada, colocarase o máis aproximado a dita distancia, e farase notar no informe.

- O observador situarase no plano normal ó eixo do micrófono e o máis separado deste e que sexa compatible coa lectura correcta do indicador de medida, intentando evita-lo efecto pantalla.

Page 50: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

- Para evita-la distorsión direccional, situarase o sonómetro no punto de medida e xirarase no interior dun ángulo sólido determinado por un octante, fixarase a posición no que a lectura sexa equidistante dos valores extremos así obtidos.

- Para asegura-la fiabilidade das medidas, tódalas medicións que se realicen no exterior requirirán o uso de pantallas protectoras antivento.

- Para evita-lo efecto do vento, se se estima que a súa velocidade é superior a 3 m/s, desistirase da medición.

- Para evita-los efectos da humidade, deberanse realiza-las medicións dentro dun grao de humidade compatible coas especificacións do equipo de medida.

- A instrumentación utilizada cumprirá as esixencias UNE-EN 60651:96, Tipo 1, ou outro equipo, ou cun resultado final igual ó dun sonómetro integrador.

- As medicións de illamento efectuaranse sempre que se poida respecto á vivenda máis próxima á fonte de ruídos, ou á máis afectada.

Presentarase un informe cos resultados obtidos, no que se recollerá:

- Situación e descrición da zona de medida.

- Localización e natureza das fontes sonoras (fixas ou móbiles).

- Posicionamento do equipo de medida.

- Esbozo aproximativo da medición.

- Resultados obtidos.

- Instrumentación empregada.

- Límites en vigor.

- Conclusións obtidas.

3.2.- Técnicas de medida do illamento a ruído aéreo.

3.2.1.- Illamento a ruído aéreo de paredes interiores, teitos e portas entre locais.

Obterase conforme á Norma UNE-EN ISO 140-4:1999, ou calquera outra Norma a substitúa.

Se a medición se realiza en bandas de 1/3 de oitava, para calcular o illamento na banda de 125 Hz, DnT125, empregarase a seguinte fórmula conforme á Norma:

3.2.2.- Illamento a ruído aéreo de fachadas.

Obterase conforme á Norma UNE-EN ISO 140-5:1999, ou calquera outra Norma que substitúa a esta. A fin de estandarizar e poder comparar os resultados obtidos empregarase o método global con altofalante, descrito na Norma UNE-EN ISO 140-5:1999.

Page 51: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

Nos casos nos que a actividade se desenrole nun recinto emprazado dentro dunha parcela, os resultados obtidos conforme á Norma UNE-EN ISO 140-5:1999, poden corrixirse pola distancia das fachadas ás lindes da seguinte forma:

D1s,2m, nAT corrixido = D1s,2m, nAT + 10 log d

onde

D1s,2m, nAT: valor de illamento obtido conforme á Norma UNE-EN ISO 140-5.

d: distancia mínima da fachada considerada ós lindes da parcela

Así mesmo, independentemente da distancia da fachada ás lindes da parcela, os establecementos nos que se instale equipo musical de emisión igual ou superior de 80 dBA, será obrigatoria a instalación dunha dobre porta.

3.3.- Illamento a ruído de impactos

Obterase conforme á Norma UNE-EN ISO 140-7:1999, ou calquera outra Norma que a substitúa.

3.4.- Técnicas de medicións das vibracións.

Seguirase o disposto na Norma ISO 2631-1.

Para a avaliación das vibracións teranse en conta as seguintes recomendacións á hora de fixar o acelerómetro:

- Situarase no parámetro e no punto de máxima perturbación. Se fose difícil a determinación do citado punto, realizaranse varias medicións ata a súa avaliación.

- A superficie onde se fixe deberá ser o máis uniforme e lisa que sexa posible, de xeito que se consiga unha transmisión óptima das vibracións.

- O transductor deberá fixarse da forma máis adecuada para cada caso, de xeito que se garanta unha correcta transmisión das vibracións.

- Tomaranse 3 puntos de mostraxe como mínimo.

3.5.- Medida de tempos de reverberación en recintos

Obterase conforme á Norma UNE-EN ISO 3382:2001, ou calquera outra Norma que a substitúa.

3.6.- Valoración do ruído en ambiente interior.

- O ruído de fondo debe medirse sempre, tralo cese da actividade ou instalación ruidosa.

- A corrección do nivel de ruído pola influencia do ruído de fondo (ruído medido coa actividade ou instalación ruidosa parada), realízanse conforme as indicacións:

- Para establece-la corrección pola influencia do ruído de fondo, este se medirá utilizando o mesmo parámetro de medición e procedemento que se utilizou para a determinación do ruído producido pola fonte sonora.

- Se a diferencia entre o nivel de ruído da fonte é igual ou inferior a 3 dBA, darase por nula a medición, ó se-lo nivel de fondo demasiado elevado para permitir efectuar unha medición correcta.

Page 52: Documento descargado dende Sitio oficial do Concello de … · 2015-03-26 · 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, ... funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produc ción

Documento descargado dende www.riveira.comSitio oficial do Concello de Riveira.

Todolos contidos e fotografías publicadas en este documento pertencen o Concello de Riveira.

Para máis información chama ó teléfono do concello: 981.871.050 Porfavor notifica erros de funcionamento do documento nos seguintes medios:

981.875.144 | [email protected]

- Se a diferencia entre o nivel de ruídos da fonte e o ruído de fondo é maior que 3 e menor ou igual que 10 dBA, para obte-lo nivel de ruídos da fonte corrixido polo ruído de fondo existente no momento da medición, aplicarase a fórmula:

LpAcorrixido = 10 Log (10LpA/10 - 10LpA fondo/10)

- Se a diferencia entre o nivel de ruídos da fonte é maior que 10 dBA, o nivel de ruídos da fonte non precisa corrección pola influencia do ruído de fondo.

- En tódolos casos, se o valor do nivel do ruído de fondo superase o límite máximo aplicable autorizado, no se considerará válida a medición, e deberase intentar noutro momento no que o ruído de fondo sexa menos elevado.

Para a realización da valoración do ruído, e polo tanto a súa comparación cos niveis marcados na lei, partirase dos niveis medidos polo procedemento fixado no Artigo 11 do Regulamento contra a contaminación acústica (DOG do 27/05/1999) ós cales haberá que sumar, no seu caso, a seguinte corrección debida ás súas características impulsivas ou tonais:

- Ruído impulsivo (martelado): +3 dBA.

- Tons puros (asubío): + 3 dBA.

Coa aplicación dos procedementos establecidos non se poderán supera-los límites establecidos nas táboas 1 e 2, valores de recepción, do Anexo II.

3.7.- Valoración do ruído ambiental exterior.

Cando o nivel sonoro ambiental ou nivel sonoro existente no punto de medición, que será preceptivo determinar previamente suprimindo a emisión das fontes sonoras obxecto de comparación, supere o nivel sonoro establecido ou nivel de fondo, considéranse circunstancialmente como límites autorizados.

Ribeira, 28 de febreiro de 2.005

O ALCALDE,

Asdo: José Luis Torres Colomer.

Sección de descarga (Enlaces directos ca Diputación da Coruña)

Grande (24Kb) Pequeña (12Kb)

Grande (8Kb) Pequeña (4Kb)

Grande (4Kb) Pequeña (4Kb)

Grande (4Kb) Pequeña (4Kb)