Dosier prensa CNM16 Gal 5artistas - nordesia.com · Lindsay, Maria Betânia e Jackson do Pandeiro,...

13

Transcript of Dosier prensa CNM16 Gal 5artistas - nordesia.com · Lindsay, Maria Betânia e Jackson do Pandeiro,...

Page 1: Dosier prensa CNM16 Gal 5artistas - nordesia.com · Lindsay, Maria Betânia e Jackson do Pandeiro, e levou os achados do tropicalismo máis lonxe que ninguén. Ao longo de cinco décadas
Page 2: Dosier prensa CNM16 Gal 5artistas - nordesia.com · Lindsay, Maria Betânia e Jackson do Pandeiro, e levou os achados do tropicalismo máis lonxe que ninguén. Ao longo de cinco décadas

Alceu Valença

Cantos na Maré é unha oportunidade para ampliar horizontes. Xa o dixo Manuel María, o autorao que se lle renderá homenaxe nas Letras Galegas do ano que vén: o idioma é a chave coaque abrimos o mundo. A nosa chave para abrir as portas doutras latitudes é o galego­portugués.A lingua, a fala é o noso modo de estar no mundo, de pensar, falar, amar e entender a músicacomo convivencia, festa e intercambio.

Quen veña a Pontevedra, a cidade das pontes, descubrirá a vitalidade e forza do noso idiomacos seus distintos sotaques e ritmos. Saberá que a música segue a ser unha ferramenta moivaliosa para a comunicación, para expresarse sen complexos, sen fronteiras e coa esperanza deconectarnos máis e mellor. O festival pretende crear un entorno fértil para o coñecemento, aamizade e a irmandade, un espazo para estreitar lazos e enriquecérmonos mutuamente.

Nesta edición achegaranse cantautoras, cantautores e artistas de referencia destes territorios efaremos da creación propia o centro de Cantos na Maré.

De Pernambuco, Brasil, unha icona da música nordestina, que levou o tropicalismo máis lonxeque ninguén, ALCEU VALENÇA.

Desde Lisboa, un dos piares do rock portugués, JORGE PALMA, que marcou toda unhaxeración de músicos e se converteu nun autor de culto.

De Guinea Bissau, KARYNA GOMES, a máis recente revelación da música africana dalusofonía, que co seu disco de estrea, producido polo director musical de Cantos na Maré, PauloBorges, acadou un grande éxito de crítica e público.

Vainos sorprender ademais unha creadora orixinal e única, a tamén brasileira THAÏS MORELL,que nos trae as súas cancións afastadas de clixés. Ademais é unha guitarrista e frautistaexcepcional.

E desde Galicia chegan as Baladas da Galiza Imaxinaria de UXÍA & NARF.

Nós abrimos co galego as portas das casas do mundo, pero os músicos do mundo tamén veñencoa súa propia chave a abrir a casa da lingua que lles ofrecemos aquí.

Cantos na Maré 2016 será unha nova ocasión para gozar dun

encontro coa música dos países lusófonos e saborear a súa

variedade e riqueza. É tamén, desde o seu nacemento, a festa da

lingua que nos une.

Uxía

CNM 2016

Page 3: Dosier prensa CNM16 Gal 5artistas - nordesia.com · Lindsay, Maria Betânia e Jackson do Pandeiro, e levou os achados do tropicalismo máis lonxe que ninguén. Ao longo de cinco décadas

Alceu ValençaCinco décadas electrizando a música nordestinaO brasileiro Alceu Valença sempre foi un transgresor. Érao cando se subiu por primeira

vez a un escenario con só 4 anos e continúa a selo agora con 69, cando segue

ensanchando os marcos dos ritmos nordestinos con respectuosa irreverencia. O

maracatu, o frevo, os caboclinhos, o baião ou a toada son algúns dos ritmos do seu

Pernambuco natal que el reinventou pasándoos polo son eléctrico do pop e o rock, sen

que perdesen nin unha miga da forza da música de raíz popular.

Valença colaborou con outros grandes como Geraldo Azevedo, Luis Gonzaga, Arto

Lindsay, Maria Betânia e Jackson do Pandeiro, e levou os achados do tropicalismo máis

lonxe que ninguén. Ao longo de cinco décadas de música ao vivo e grandiosas

gravacións trazou unha carreira coherente que arrastra a varias xeracións, tocando

aínda os oídos e os pés dos máis novos. Pandeiros, pífanos e rabecas confúndense coa

guitarra e o baixo eléctrico para dar como resultado unha obra única, unha música tan

nordestina como universal. 

www.facebook.com/alceuvalencaoficial

Page 4: Dosier prensa CNM16 Gal 5artistas - nordesia.com · Lindsay, Maria Betânia e Jackson do Pandeiro, e levou os achados do tropicalismo máis lonxe que ninguén. Ao longo de cinco décadas

Jorge PalmaUn dos piares do rock portuguésJorge Palma é unha desas persoas cun destino completamente marcado pola música. A

súa carreira comezou como neno prodixio,  na mocidade transformouse nun icono do

folk­rock e logo acabou converténdose en autor de culto e un dos piares da música rock

portuguesa. Nacido en Lisboa en 1950, empezou en idade temperá a estudar piano. Con

só 15 anos o seu interese mudou radicalmente, empapándose do rock da súa época.

Actuou durante unha tempada coa banda Sindikato, xusto antes de emprender a súa

carreira en solitario, fascinado polo bluegrass e o country americanos. Cando saíu á

venda o seu terceiro disco, xa compartía escenario con músicos da talla de Bob Dylan,

Paul Simon ou Leonard Cohen.

Na segunda metade dos 80 acadou o período de maior popularidade coa gravación dos

álbums “Asas e penas”, “O lado errado da noite”, “Quarto minguante” e “Bairro do Amor”,

aínda hoxe os seus discos máis coñecidos e procurados polo gran público. Sen dúbida,

o seu traballo marcou toda unha xeración de músicos en Portugal e mesmo chegou a

integrar con algúns deles, como Rui Veloso, o grupo Rio Grande.www.jorgepalma.pt

Page 5: Dosier prensa CNM16 Gal 5artistas - nordesia.com · Lindsay, Maria Betânia e Jackson do Pandeiro, e levou os achados do tropicalismo máis lonxe que ninguén. Ao longo de cinco décadas

Karyna GomesA nova sonoridade de Guinea BissauA musicalidade de Karyna Gomes ten raíces na súa Guinea Bissau natal, onde medrou

escoitando a música tradicional do seu país, a música urbana local e ritmos de todo o

mundo. Está influenciada tamén pola mestizaxe e a experiencia de ter vivido en tres

continentes: África, América e Europa.

Iniciou a súa carreira profesional en 2005 e axiña recibiu un convite para integrar o

histórico e revolucionario grupo de Guinea Bissau Super Mama Djombo. Neste tempo

ten compartido escenario con artistas de renome na escena musical lusófona como Tito

Paris, Pricezito e Diva Barros.

Agora vén de gravar o seu primeiro disco en solitario, producido polo director musical

de Cantos na Maré, Paulo Borges. “Mindjer” é unha homenaxe a todas as mulleres do

seu país pola súa forza, determinación e coraxe. É unha especie de xenealoxía musical

que viaxa polos temas tradicionais de Guinea Bissau, fundidos coa sonoridade propia

da cantora.

www.facebook.com/karyna.gomes

Page 6: Dosier prensa CNM16 Gal 5artistas - nordesia.com · Lindsay, Maria Betânia e Jackson do Pandeiro, e levou os achados do tropicalismo máis lonxe que ninguén. Ao longo de cinco décadas

Thaïs MorellMúsica de cores e afastada de clixésThaïs Morell pertence a esa nova xeración de músicos brasileiros que percorreron o

planeta de norte a sur e de leste a oeste, empapándose de culturas variadas e que

agora son capaces de entrar con naturalidade en calquera estilo musical que se

propoñan. Dende a súa Curitiba natal viaxou de París a Finlancia ou Ghana, ata asentar

en terras valencianas. Cun directo impresionante, intenso e delicado, mestura a bossa­

nova cunha gran diversidade doutras músicas, destacando pola súa maneira de tocar a

guitarra. Escoitala supón mergullarse nun mundo de cores cambiantes, que racha en

poucos minutos con todos os convencionalismos da música brasileira. No seu xeito de

facer nada é previsible.

Cun carisma radiante e unha voz fascinante, a cantora e multiinstrumentista lanzou o

seu primeiro disco en 2012, “Cancionera”, un universo de sons brasileiros con toques de

jazz e folclore, afastados de clixés. Este ano brindounos a súa segunda aventura

discográfica, “Amaralina”, unha xoia de múltiples sonoridades que reafirma o seu estilo

sedutor e a súa propia personalidade musical.

www.facebook.com/ThaisMorellMusic

Page 7: Dosier prensa CNM16 Gal 5artistas - nordesia.com · Lindsay, Maria Betânia e Jackson do Pandeiro, e levou os achados do tropicalismo máis lonxe que ninguén. Ao longo de cinco décadas

Uxía & NarfA Galiza imaxinaria en dúas voces imprescindiblesUxía e Narf percorreron algúns dos camiños máis interesantes da música galega das

últimas décadas. Agora unen os seus pasos para mesturar sons e afinidades,

compartindo dúas bagaxes diferentes pero coherentes: un encontro con raíces no rock e

na música tradicional, que se unen no gusto polas boas cancións. Uxía e Narf recueran

algúns dos temas máis coñecidos do seu repertorio e creando outros novos xuntos.

Uxía, directora artística de Cantos na Maré, comparte este proxecto con Narf,

compositor e cantor de longo recorrido, parte do cal está ligado ao entorno do mundo

lusófono. Gústalle definirse como “cancionista” e a súa obra caracterízase pola forte

personalidade e a busca constante de orixinalidade. Editou os discos “Nas tardes

escuras”; “Aló irmao” con Manecas Costa; “Tótem” e “Directo en Compostela”. Está na

orixe de proxectos como a Sala Nasa, a Psicofónica de Conxo e Os Kinindiola e

compartiu disco e xira con Jabier Muguruza e Miquel Gil. En solitario, a dúo, en trío ou

con banda, o seu directo viaxou de Brasil á India, pasando por Polonia, Buenos Aires,

Londres, Nepal ou Mozambique. 

baladas.gal

Page 8: Dosier prensa CNM16 Gal 5artistas - nordesia.com · Lindsay, Maria Betânia e Jackson do Pandeiro, e levou os achados do tropicalismo máis lonxe que ninguén. Ao longo de cinco décadas

Uxía (Directora artística)A voz para o encontro das culturas atlánticasAdemais de ser unha das voces máis populares da nosa lingua, Uxía é produtora e ten

promovido infinidade de iniciativas musicais e culturais, entre elas o Cantos na Maré.

Desde o seu debut con “Foliada de Marzo” en 1986, o seu traballo representa un punto

de encontro para as diferentes culturas, un xeito de comunicación entre pobos e xentes.

Integrante do grupo Na Lúa ata 1991, emprende logo un camiño en solitario co disco

“Entre cidades”. Catro anos despois publica “Estou vivindo no ceo”, moi valorado pola

crítica. En 1997 edita xunto ás cantantes Rasha (Sudán) e María Salgado (Castela) e o

guitarrista Cuchús Pimentel “La sal de la vida”, un traballo marcado pola diversidade

cultural. Xa en 2000 sae “Danza das areas”, con composicións propias e sons máis

contemporáneos. Con “Eterno Navegar” percorre camiños de sonoridades atlánticas e

ritmos africanos e con “Meu Canto”, lévanos a Brasil. Agora vén de presentar “Baladas

da Galiza imaxinaria”,  xunto a Narf, e “Canta o cuco”, onde musica a Manuel María

xunto a Magín Blanco. Ademais, promoveu a creación de grupos como as Malvela ou

Cantadeiras do Berbés e participou en numerosas experiencias musicais con artistas do

talle de Tito Paris, Jessie Norman, Dulce Pontes, Noa, João Afonso ou Chico César. 

uxia.net

Page 9: Dosier prensa CNM16 Gal 5artistas - nordesia.com · Lindsay, Maria Betânia e Jackson do Pandeiro, e levou os achados do tropicalismo máis lonxe que ninguén. Ao longo de cinco décadas

Paulo Borges (director musical)

Un dos principais coñecedores da música lusófona

Paulo Borges é director musical de Cantos na Maré desde a segunda

edición do certame. Este feito e a súa experiencia como músico e produtor

en traballos discográficos de diferentes artistas de Galicia e Portugal, fan de

Borges un dos principais coñecedores dos camiños nos que se encontran

as músicas lusófonas.

Natural das illas Azores, é autor de bandas sonoras para teatro e televisión.

Forma parte da banda Coro dos Tribunais e participou en discos de Zeca

Medeiros, Nancy Vieira, Rui Veloso, Xosé Manuel Budiño, a Señora

Carmen e Uxía. Agora vén de producir o primeiro disco de Karyna Gomes,

"Mindjer".

Page 10: Dosier prensa CNM16 Gal 5artistas - nordesia.com · Lindsay, Maria Betânia e Jackson do Pandeiro, e levou os achados do tropicalismo máis lonxe que ninguén. Ao longo de cinco décadas

Paulo Borges (director musical)

CANTOS NA MARÉ naceu en 2003 coa intención de render unha homenaxe ao mar

como lugar de encontro de artistas, letristas, músicos, poetas e escritor@s g aleg@s,

unidos polos sentimentos e valores culturais do universo g alegoportugués. Logo das

primeiras edicións celebradas no exterior, o éxito acadado resultou determinante de cara

á continuidade do proxecto e do formato experimentado. Finalmente, O Pazo da Cultura

e o mes de xaneiro conformarían o lugar e as datas actuais, con Uxía na dirección

artística e Paulo Borges na dirección musical.

No ano 2006 vería a luz o primeiro CD do espectáculo, correspondente á gravación en

directo da primeira edición. Esta cuarta edición marcaría un punto de inflexión, ao pasar

dun espectáculo a un conxunto de actividades, primeira achega ás posibilidades e

potencialidades como catalizador futuro, e punto de intercambio artístico e profesional

entre os países da lusofonía cara o escenario global.

No ano 2008 celebrouse o Cantos na Maré Rede, un foro interactivo desenvolvido

como un primeiro paso cara á materialización dunha rede de cooperación entre os

axentes, os artistas e o público da música da lusofonía. No ano 2009, ademais da

edición celebrada en Pontevedra en decembro, ten lugar un feito extraordinario: a

celebración da primeira edición de Cantos na Maré en Brasil, na cidade de Fortaleza,

que supuxo un paso decisivo cara á súa expansión internacional.

Paseniñamente foi chegando o décimo aniversario, que celebramos no ano 2013 cun

cartel trazado dunha á outra beira do Atlántico: o pai do rock portugués Rui Veloso, os

ritmos afrobrasileiros de Chico César, o embaixador mundial da timbila mozambicana

Cheny Wa Gune e a voz galega do momento, Sés. A última edición, a de 2014,

deseñouse como peche do ano rosaliano, centrada en artistas galegos, da Península,

Cabo Verde e Brasil, que teñen musicado aos seus poetas de referencia.

Todas estas experiencias consolidaron o seu formato e estrutura e a súa intención de

medrar e proxectarse como un referente musical internacional. O intercambio,

denominador común de todo o esquema de actividades, fai del un proxecto intercultural

con grandes posibilidades de expansión.

Historia

Page 11: Dosier prensa CNM16 Gal 5artistas - nordesia.com · Lindsay, Maria Betânia e Jackson do Pandeiro, e levou os achados do tropicalismo máis lonxe que ninguén. Ao longo de cinco décadas

Paulo Borges (director musical)

2003: Chico César (Brasil), Filipa Pais (Portugal), Manecas Costa (Guiné­Bissau),

Astra Harris (Mozambique), Xabier Díaz (Galicia), Jon Luz (Cabo Verde) e Batuko

Tabanka (Cavo Verde)

2004: Joâo Afonso (Portugal), Ana Firmino (Cabo Verde), Alberto Mvundi (Angola),

María Joâo & Mario Laginha (Portugal), Kimi Diabate (Guiné­Bissau), Guadi Galego

(Galicia), Zeca Medeiros (Açores­Portugal) eZezo Ribeiro & Vanessa Borhagian

(Brasil)

2005: Tcheka (Cabo Verde), Renata Rosa (Brasil) e Fran Pérez (Galicia)

2006: Dulce Pontes (Portugal), Ugía Pedreira (Galicia), Luanda Cozetti (Brasil),

Eneida Marta (Guiné­Bissau) e Amelia Muge (Mozambique)

2007: Paulo Flores (Angola), Mercedes Peón (Galicia), Ceumar (Brasil), Nancy

Vieira (Cabo Verde) e JP Simoes (Portugal)

2008: Waldemar Bastos (Angola), Xabier Díaz (Galicia), Sérgio Godinho (Portugal),

Paulinho Moska (Brasil) e Sara Tavares (Cabo Verde)

2009: Tito París (Cabo Verde), Fred Martins (Brasil) e Raquel Tavares (Portugal)

2010: Lenine (Brasil), Guadi Galego (Galicia), António Zambujo (Port) e Aline

Frazâo (Angola)

2012: Carlos do Carmo (Portugal), Mayra Andrade (Cabo Verde), Xoán Curiel

(Galicia) e Socorro Lira (Brasil)

2013: Rui Veloso (Portugal), Chico César (Brasil), Cheny Wa Gune (Mozambique) e

Sés (Galicia)

2014: Amancio Prada (O Bierzo), Vítor Ramil (Brasil), Gabrielas Mendes (Cabo

Verde), Luiz Caracol (Portugal) e Budiño (Galicia)

Edicións anteriores

Page 12: Dosier prensa CNM16 Gal 5artistas - nordesia.com · Lindsay, Maria Betânia e Jackson do Pandeiro, e levou os achados do tropicalismo máis lonxe que ninguén. Ao longo de cinco décadas

Paulo Borges (director musical)

Cantos na Maré é un proxecto producido e impulsado por Nordesía

Produccións, unha empresa pioneira no sector cultural galego. Naceu en

1996 e dende aquela traballa nos ámbitos da distribución musical e a

creación, xestión e produción dalgúns dos proxectos culturais e artísticos

máis notables das últimas décadas en Galicia.

Profesionalización, especialización, eficiencia, innovación e

internacionalización son as claves que guían o traballo de Nordesía. En 17

anos de traxectoria participou na creación, conceptualización, deseño ou

produción de máis de 3.000 eventos, programacións e proxectos, como

Cantos na Maré, o festival de jazz Imaxinasons, o ciclo Sons da

diversidade, a Festa dos Mundos, o ciclo Con Voz Propia, Ao Pé da Letra,

o programa As Nosas Músicas, Compostela Festival, o ciclo universitario

Tribos Ibéricas, o espectáculo MundoLois, The Galician Connection

Festival, Womex (The World Music Expo)...

Nordesía apostou sempre por conectarse co mundo, asistindo ás principais

feiras, encontros e foros internacionais de música, establecendo alianzas

con empresas, profesionais e institucións de diferentes países e territorios,

e levando a música galega polo mundo, facendo posible as xiras

internacionais por máis de 22 países dos principais artistas galegos.

www.nordesia.com

Page 13: Dosier prensa CNM16 Gal 5artistas - nordesia.com · Lindsay, Maria Betânia e Jackson do Pandeiro, e levou os achados do tropicalismo máis lonxe que ninguén. Ao longo de cinco décadas