Elementos de tracicion oral relacionados co pan

5
Algúns aspectos da tra dición oral relacionados co pan por Orlando Viveiro Veiga 1. Relatos de oficios. *Un canteiro galego, que andaba a traballar entremedias das comarcas de Bavia e Luna, na provincia de León, estaba en certa ocasión construíndo un forno para cocer o pan. Cando chegou o intre de rematar dito forno, a punto de colocar as derradeiras lousas, comenzou a recitar a xeito de ladaíña: -“Tente forno, tente forno, tente forno, .......tente forno mentras cobro”!. Abelgas, León. *Un cerralleiro estaba nunha casa colocando un mendo a un pote. No burato introduciu con moito xeito unha pouca masa e logo decía con moita seriedade: -“Tapa masa, mentras o cerralleiro pasa”!. Outeiro de Rei. 2. Xogos de cativos. *Os cativos, durante o tempo de xogueta, representabamos o seguinte diálogo: -Fixécheme o bolo? -Fixen. -Donde o pousaches? -No pé da ventá. -Quen o levou? -O gato bis-bis. -Como ía? -Co rabo dereito. -Imos un pleito? Acto seguido comenzaba o “pleito” consistente en soprarmos un na cara do outro, tanto como fóramos quen de resistir, 1

description

Algúns aspectos da tradición oral relacionados co pan, por Orlando Viveiro Veiga

Transcript of Elementos de tracicion oral relacionados co pan

Page 1: Elementos de tracicion oral relacionados co pan

Algúns aspectos da tra dición oral relacionados co pan

por Orlando Viveiro Veiga

1. Relatos de oficios.

*Un canteiro galego, que andaba a traballar entremedias das comarcas de Bavia e Luna, na provincia de León, estaba en certa ocasión construíndo un forno para cocer o pan. Cando chegou o intre de rematar dito forno, a punto de colocar as derradeiras lousas, comenzou a recitar a xeito de ladaíña:

-“Tente forno, tente forno, tente forno, .......tente forno mentras cobro”!.

Abelgas, León.

*Un cerralleiro estaba nunha casa colocando un mendo a un pote. No burato introduciu con moito xeito unha pouca masa e logo decía con moita seriedade:

-“Tapa masa, mentras o cerralleiro pasa”!.Outeiro de Rei.

2. Xogos de cativos.

*Os cativos, durante o tempo de xogueta, representabamos o seguinte diálogo:

-Fixécheme o bolo?-Fixen.-Donde o pousaches?-No pé da ventá.-Quen o levou?-O gato bis-bis.-Como ía?-Co rabo dereito.-Imos un pleito?

Acto seguido comenzaba o “pleito” consistente en soprarmos un na cara do outro, tanto como fóramos quen de resistir, quedando por vencedor aquel que lograra soprar máis ca o seu adversario.

Matela/Aguiar, O. de Rei.3. Rezos de enfornar.

*Cando se remataba de enfornar o pan, xusto antes de tapar a boca do forno para evitar perda de calor, era común decir un rezo. A estructura do mesmo era sinxela e breve mais variaban os seus elementos dun lugar a outro.

-“San Pantaleón o arrequente e o faga bon,no forno e na alma, e no corpo dos cristiáns”.

Aguiar, Outeiro de Rei.

-“Vai o pan no forno,a gracia de deus polo mundo todo,deus o aumente nos agros

1

Page 2: Elementos de tracicion oral relacionados co pan

e no corpo dos cristiáns.A poder de deus e da virxe Maríaun painoso e un avemaría”.

San Fiz de Paz, Outeiro de Rei.

4. Esconxuros.

*Este dito era para esconxurar o trono e dicíase ao mesmo tempo ca se queimaba un ramallo de loureiro bendito polo día de ramos.

-"Santa Bárbara benditagarde o pan e garde o trigoe garde a xente do perigo".

Bonxe, Outeiro de Rei.5. Adiviñas.

*A importancia do pan na sociedade tradicional fixo que a súa presenza figure en cada parcela da vida e do patrimonio, tamén nas adiviñas.

-“entre valado e valado hai un boi espatalado”: a masa na artesa.

Outeiro de Rei.6. Sentenzas.

*A riqueza e variedade de ditos neste campo é moi abondosa, dando idea da importancia que tivo na nosa cultura.

-“polo san Xoán sécalle a primeira raiz ao pan(1) polo san Pedro sécalle a do medio,(2)pola santa Isabel colle a fouciña e vai segar a el”.(3)

(1) día 24 de xuño.(2) día 29 de xuño.(3) día 4 de xullo.

San Clodio, O. de Rei.

7. Refráns.

*Ditos breves, expresados en forma de “verdade” que semella absoluta.

-“os consellos non dan pan”-“pescador e troiteiro, nin meda nin palleiro”-“con pan e viño ándase o camiño”-“polo san Xoán tanto queixo coma pan”

Outeiro de Rei.

8.A figura do cuco.

*Facer unha “cavada” consistía en deixar ao descuberto un terreo montesío, quitando a capa vexetal que o cubría, con obxecto de sementar centeo ou trigo. Esta capa, arrincada co

2

Page 3: Elementos de tracicion oral relacionados co pan

eixado en forma de “terróns”, deixábase secar por uns días sendo despois aqueles amoreados en montóns, chamados “toles” ou “tolas”, para proceder logo á súa queima. Dito labor tiña lugar durante o verán coa finalidade de dispoñer da terra en condicións para “outonar” no seu tempo. O seguinte dito relaciona a presenza do cuco como garantía do bo tempo atmosférico necesario para efectuar estas cavadas.

-“canta o cuco despois do san Pedro, cava cavador sen medo”.Matela, Outeiro de Rei.

*Nestoutro caso queda patente a “habilidade” do cuco para fuxir do traballo, buscando saída para todas as situacións posíbeis.

-“Chamaron ao cuco para mallar:se chovía xa iría,se estaba nuboso tiña que cucar,e se ía sol á sombra tiña que estar”.

Aguiar, Outeiro de Rei.9.Contos/lendas.

*Cando Noso Señor andaba polo mundo castigou aos homes a quedarmos sen pan. Daquela san Lázaro pediulle que deixara unha espiga para darlle ao seu can. A partir dese suceso dise que non debemos comer sen dar un bocado aos cans. De aí quedou o dito:

-“Polo can temos o pan”Matela, Outeiro de Rei.

*Noso Señor castigou aos homes con quitar o pan, que tiña tres espigas, pero san Lázaro tiña un can que lle lambía as chagas e pediulle a Deus que non o quitara, entonces Noso Señor decidiu deixarlle unha espiga que é a que ten agora.

Aguiar, Outeiro de Rei.

*No intre de comer, unha muller moi enfadada co home dixo:-Por tí pan casei cun “cara de can”.

O home respostou:-Pan tivera e casara con quen quixera.

Aguiar, Outeiro de Rei.

10. Trabalinguas.

"Cacaracá mi amami ama cacaracá,vaiche na sega logo virá, logo virá,gra, gra, deus a dará, deus a dará".

Castelo, Outeiro de Rei.

3