Épica Latina Latín II

9
2º bacharelato LATÍN 2º bacharelato LATÍN IES.Xosé Trapero Pardo

Transcript of Épica Latina Latín II

Page 1: Épica Latina Latín II

2º bacharelato LATÍN2º bacharelato LATÍN IES.Xosé Trapero Pardo

Page 2: Épica Latina Latín II

Primeiro poema épico da literatura latina.

Considérase unha tradución ao latín da Odisea de Homero.

Características propias fronte ao poema da Odisea: -verso tradicional romano (saturnio) fronte ao hexámetro. -vocablos xenuinamente latinos fronte aos vocablos gregos empregados na Odisea. (camae fronte musae) -substitución das divindades helénicas por autóctonas latinas.

Livio Andrónico: Escravo de orixe grega instalado en Roma trasa guerra gañada fronte aos tarentinos. Conseguiu a súa liberdade grazas a ser preceptor dunha familia acomodada.Grazas a algunha das súas obras dramáticas tivo gran reputación literaria.

Page 3: Épica Latina Latín II

Características xerais do poema: -Argumento principal centrado nas guerras Púnicas. -Composto de sete libros escritos en versos saturnios. -Dualidade na linguaxe e no estilo: nas partes mitolóxicas e lexendarias preséntanse aliteracións, figuras e asonancias.Por outra banda as partes narrativas e históricas adquiren a dignidade do antigo estilo das inscripcións públicas e funerarias romanas. -Defensa da liberdade e da conciencia de superioridade fronte a outros pobos. -Excursus: Introductorio no que se narra a orixe troiana de Roma.

Gneo Nevio: S. III a.c .Home de gran personalidade encarcerado por atacar a familias poderosas.

Page 4: Épica Latina Latín II

Características propias do poema: -Composto por dezaoito libros escritos en versos hexámetros. (Ennio foi o primeiro en fixar a musicalidade e a estrutura deste verso propio da Épica latina.) -Lingua poética con epítetos homéricos mediante a creacción de neoloxismos. (omnipotens os máis característicos que pasaron a posteridade) -Poema empregado como texto educativo e como obxecto de análise polos estudosos da época republicana.

Considerado a epopeia nacional romana ata a aparición da Eneida.

Quinto Ennio: S. III a.c. Bo carácter e óptimas relacións coa aristocracia romana. Adicado á ensinanza.

Imaxe de Ennio

Page 5: Épica Latina Latín II

-FONTES, ESTRUTURA E CONTIDO: Poema composto de doce libros = estrutura simétrica. =Os seis primeiros libros contan as viaxes de Eneas ata chegar a terras itálicas; constitúen unha imitatioimitatio dos de Ulises na Odisea de Homero. =Os seis finais contan as sucesivas guerras fronte os caudillo itálicos enlazando así a temática bélica e heroica propia da Ilíada.Ambas partes relacionanse grazas á ira de Xuno fronte Eneas e os troianos (orixe das calimidades na obra).RELACIONA: Eneas e Troia con Octaviano Augusto e Roma.

Épopeia nacional romana; obra épica de gran relevancia.

-PROTAGONISTA:Heroe Eneas, dotado de virtudes guerreiras así como de pietas, fortitudo,clementia, dignitas e humanitas. Isto supón a humanización do xénero e a tendencia a interiorización da personaxe. (Heroe que supera ao heroe homérico)

Page 6: Épica Latina Latín II

TÉCNICA E ESTILO: clasicismo da obra-Comparacións e imaxes (tomadas da natureza) cheas de plasticidade eefectismo. Emprego de vocablos sinxelos e escaseza de elementos arcaicos ríxidos.-Simplicidade que inclúe multitude de figuras, transferencias, evocacións, harmonías imitativas do verso hexámetro.

Publio Virxilio Marón: S I a.c. Estudado en retórica e adicado por completoá poesía grazas ao seu contacto co círculo de Asinio Polión. Finado en Brindisi tras visitar Grecia. A súa obra compónse ademais da Eneida das Églogas e das Xeórxicas

IMPORTANCIA DA ENEIDA-Modelo para outras multitude de obras e empregado para a aprendizaxe da lingua.-Obra traducida a todas as linguas europeas e fonte de inspiración para obras literarias decarácter paródico. Imaxe de Virxilio

Page 7: Épica Latina Latín II

Características de la obra: -Titulado Pharsalia ou Bellum Ciuile compónse de dez libros nos que se narra a guerra civil entre César e Pompeio; coa derrota deste en Farsalia. -Tradición romana antiga da epopeia histórica. -Conta con digresións xeográficas e etnográficas dos pobos mediterráneos ademais de astroloxía, maxia, historia natural e fisioloxía. -Definido pola profundidade, pola grandeza con que son debuxados os protagonistas e polo tratamento artístico do verso. -A emotividade, o estilo efectista e o dinamismo poético corresponden aos seus rasgos.

Marco Anneo Lucano: S I d.c. (Córdoba) Educado en oratoria.Cortouse as veas por orde de Nerón xa que este cría que participara nunhaconxuración na súa contra.

Imaxe de Lucano

Page 8: Épica Latina Latín II

(Útil para comprender certas características das obras épicas)ÉPICA:ÉPICA: Poesía que, dende o punto de vista argumental,trataba das xestas e eventos memorables de homese de heroes nos que a intervención dos deuses era decisiva. No tocante á forma emprego do verso hexámetro.

HEXÁMETROHEXÁMETRO:: Verso da poesía grega e latina que consta de seis pés formados por dáctilos e espondeos ou troqueo se é o último pé. (Un dáctilo é o formado por unha sílaba longa e dúas breves, un espondeo por dúassílabas longas.

ILÍADAILÍADA:: Epopeia grega; poema máis antigo escrito da literatura occidental. Está atribuída a Homero.Composta en hexámetros dactílicos, consta de 15.691 versos (divididos polos editores en 24 cantos ou rapsodias) e o seu argumento radica na cólera de Aquiles. Narra os acontecementos ocorridos durante 51 días no décimo e último ano da guerra de Troia.

LIBROS:LIBROS: Cada unha das partes nas que se divide un poema, un libro correpóndese cunha folla de papiro.

ODISEA:ODISEA: Poema épico grego composto por 24 cantos, atribuído ao poeta grego Homero. Narra a volta ácasa do heroe grego Odiseo (Ulises en latín) tras a Guerra de Troia. Odiseo tarda vinte años en regresar á isla de Ítaca, onde posuía o título de rei; tempo durante o cal o seu fillo Telémaco e a súa esposa Penélopeteran que tolerar no seu palacio aos pretendentes que buscan desposala (pois xa daban por morto a Odiseo). Ao mesmo tempo consumen os bens da familia.

Page 9: Épica Latina Latín II

PIETAS: PIETAS: Conciencia do deber, loita polos ideais, a abnegación, o espíritu do sacrificio e o sometemento á vontade dos deuses.

PÚNICAS (GUERRAS):PÚNICAS (GUERRAS): Serie de tres guerras que enfrontaron entre os anos 264 a. C. e 146 a. C. ás dúas principais potencias do Mediterráneo da época: Roma e Cartago.

SATURNIOS (VERSOS):SATURNIOS (VERSOS): Forma máis antiga dos versos latinos. Denominado así polos poetas posteriores en alusión ás súas remotas oríxes (en referencia á Idade de Ouro, cando Saturno era rei dos deuses).Non existe acordo en canto ao seu esquema métrico, excepto que cada verso se divide en dúas partes: “yámbica” e “trocaica” en términos xerais.

ENEAS:ENEAS: Na mitoloxía grega é un heroe da guerra de Troia, fillo do príncipe Anquises e da deusa Afrodita(Venus na mitoloxía romana). O seu pai era ademais primo do rei Príamo de Troia. Casou con Creúsa, unha das fillas do rei de Troia, coa cal tivo un fillo, chamado Ascanio ou Iulo. Este personaxe é un dos caudillos do exército troiano na Ilíada de Homero.

NOTA: A imaxe que aparece na primeira diapositiva como fondo representa a Eneas saíndo de Troia. Obra de Federico Baroca (1598).Esta imaxe correspóndese por tanto coa obra de Virxilio, Eneida