EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLEXIO CALASANZ (PP. ESCOLAPIOS) A CORUÑA
description
Transcript of EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLEXIO CALASANZ (PP. ESCOLAPIOS) A CORUÑA
EQUIPO
DE
DINAMIZACIÓN
DA
LINGUA GALEGA
COLEXIO CALASANZ
(PP. ESCOLAPIOS)
A CORUÑA
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
QUE É O EDLG?
• É un órgano consultivo e dinamizador do centro para os eidos lingüístico e cultural.
• Forma parte da estrutura administrativa, docente e didáctica do colexio.
• A súa creación está estipulada pola Consellería de Educación en todos os centros galegos para que o alumnado domine a nosa lingua ao mesmo nivel que o castelán.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
QUEN SOMOS?
• Somos un grupo de persoas relacionadas co centro preocupadas pola nosa lingua e interesadas en normalizar o seu uso.
• Dentro deste grupo somos entre 10 e 15 profesores que participamos cada ano co EDLG, dependendo do curso, e cada ano contamos cun bo número de alumnos implicado nas nosas actividades e dispostos a colaborar no seu desenvolvemento.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
CALES SON AS NOSAS FUNCIÓNS?
• Promover actividades que faciliten o noso labor e que fagan extensible a nosa dinamización.
• A nosa función primordial é conseguir que o alumnado poida chegar a ser competente na lingua galega e a usala digna e normalmente.
• Entre as nosas finalidades está lograr unha valoración positiva do uso da lingua e a mellora da competencia lingüística da comunidade educativa.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
ACTIVIDADES: O SAMAÍN e O MAGOSTO
Recuperamos estas festas tradicionais para dalas a coñecer entre o alumnado máis novo (Infantil e Primaria) e vivir o outono galego de máis fonda raíz.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
ACTIVIDADES: O ENTROIDO
Festexamos e damos a
coñecer toda a
tradición que conleva
esta celebración.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
ACTIVIDADES: O CORRELINGUA
Contamos con rapaces maiores para realizar
unha carreira lúdico-educativa a prol do galego.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
ACTIVIDADES: AS LETRAS GALEGAS
Cada ano elaboramos unha actividade diferente
para celebrar este día tan importante na nosa lingua.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
ACTIVIDADES: O PROGRAMA DE RADIO
• Cada martes lectivo do curso, de 5 a 6 da tarde, podes escoitar o noso programa “A fume de carozo” no 103.4 da FM na comarca da Coruña.
• Tamén podes escoitarnos por Internet na páxina web da emisora CUAC FM (cuacfm.org), na sección “En directo”.
Podes escoitar todos os programas xa emitidos na páxinawww.blogoteca.com/afdcblog
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
ACTIVIDADES: A REVISTA CROA
Que dicir da revista que non saibades?
Como sempre traballaremos para continuar a mellorar esta
publicación anual tan esperada polo noso público lector.
A revista CROA naceu no curso 1987-88 e sempre se fixo integramente en galego.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
ACTIVIDADES: CONCURSO CULTURAL
• Concurso de preguntas sobre cultura galega que se celebra o último venres do mes de maio.
• Orientado a alumnos de Secundaria e Bacharelato.• Preguntas sobre Arte, Comunicación e Espectáculos, Deportes, Historia, Literatura, Música e Xeografía.• Os premios son de tipo cultural, como libros, películas, discos de música e camisetas con lemas.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
DICIONARIO VISUAL
• Cada ano, o EDLG escolle unha letra do abecedario e os alumnos de cada aula do colexio fan un mural sobre unha palabra que comeza por esa letra.
• Comezamos no curso 2010-2011 coa letra A, como podedes ver na foto.
• E o dicionario irá crecendo cada ano.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
ACTIVIDADES: PREMIO LITERARIO “FREI MARTÍN SARMIENTO”
• Orixinal certame onde os alumnos non deben escribir, senón que deben ler libros xa publicados en galego e facer de xurado puntuando os 3 libros finalistas da categoría indicada para a súa franxa de idade.
• Certame de ámbito galego que naceu no ano 2003 no noso centro e no que agora xa participan máis de 8.000 alumnos de numerosos colexios relixiosos de Galicia.
• Participan voluntariamente moitos alumnos dende 1º de Primaria ata 2º de Bacharelato, e habitualmente somos o colexio galego con maior número de participantes, sempre por riba dos 600.
• Ao final de curso, asistimos xunto con outros colexios ás celebracións de entrega de premios aos escritores gañadores, evento coñecido como “Festa da Lingua”.
• É unha actividade de animación á lectura de éxito indiscutible.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
ACTIVIDADES: FESTA DA LINGUA
• Celebración de entrega de galardóns aos escritores gañadores nas diferentes categorías do Premio Literario “Frei Martín Sarmiento”.
• Habitualmente celébrase nalgún lugar do centro de Galicia (Santiago, Silleda, etc.) e ese día xúntanse alí milleiros de rapaces de colexios relixiosos de Galicia para honrar e homenaxear aos escritores galegos que máis lles gustan.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
OUTRAS ACTIVIDADES
E ademais de todo o anterior, tamén temos actividades que só puidemos facer nalgunhas ocasións ou que non teñen unha periodicidade tan regular como as anteriores. Poderiamos salientar as seguintes:
• Curso de Curtametraxes: veñen expertos a impartirlles un curso para realizar audiovisuais e curtametraxes para poder participar con máis recursos na certame Rec-Curta, organizada polos colexios relixiosos de Galicia.
• Coñezamos os nomes das nosas rúas: tríptico no que os nosos alumnos de 5º de Primaria nos ilustran sobre os persoeiros que dan nome ás rúas dos nosos barrios máis próximos.
• Folleto con enderezos de Internet: tríptico que informa aos nosos rapaces sobre as páxinas web en galego máis interesantes.
• Contos cooperativos: realizados conxuntamente entre todos os alumnos de varias clases e publicados na revista CROA.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
Tes varias formas de contactar connosco ou saber que andamos a facer:
• O noso enderezo electrónico é
• E tamén temos un blog onde informamos das nosas actividades. Está en
http://linguaparaamar.blogspot.com.es
CONTACTO CO EDLG