Erosión e desertización
-
Upload
jmsantaeufemia -
Category
Education
-
view
65 -
download
1
Transcript of Erosión e desertización
Erosión e desertización
• O risco de erosión • Os factores da erosión • Avaliación da erosión • Solucións • Desertización
EROSIÓN
Proceso xeolóxico que consiste no desgaste do relevo terrestre
A erosión é un proceso natural que pode acelerarse por determinadas intervencións humanas:
•Deforestacións e incendios
•Cultivos inapropiados e sobrepastoreo
•Obras públicas e infraestructuras
•A minería a ceo aberto e canteiras
A minería a ceo aberto e as canteiras aceleran a erosión
• Agravamento de riadas e inundacións: son máis graves cando aumenta a carga dos sedimentos.
• Colmatación dos encoros: perden a súa funcionalidade e tórnanse máis perigosos
• Acumulación de sedimentos grosos nas veigas fluviais: dificultan o desenvolvemento dos cultivos
• Deterioro de ecosistemas naturais fluviais ou costeiros: o excesivo aporte de sedimentos aumenta a turbiedade e dificulta a fotosíntese
•Perda de solo cultivable: supoñe danos económicos e conduce á desertización.
As consecuencias da aceleración da erosión son:
Factores no risco de erosión
• Erosividade:
Capacidade erosiva dos axentes xeolóxicos
•Erosionabilidade:
Susceptibilidade do terreo para ser erosionado
Depende sobre todo do clima: • Axente xeolóxico que actúa: auga, xeo, vento, oscilación térmica, etc. • Tipo, cantidade e regularidade das precipitacións
Erosividade
A erosividade pode cuantificarse a partir de diferentes índices matemáticos:
•índice de aridez de Martonne
•índice de agresividade climática de Fournier
•índice de erosión pluvial
As precipitacións torrenciais (concentradas no tempo) determinan unha forte erosividade
Erosionabilidade
Depende á súa vez de:
•As pendentes (cando son > 15% hai alto risco de erosión)
•O estado da cuberta vexetal: o bosque denso protexe o terreo da erosión mentres que os cultivos inapropiados nas ladeiras incrementan o risco de erosión
•As características xeolóxicas e estructurais do terreo: tipo de rocha, estado de agregación, textura, etc que determinan o índice de resistencia á erosión (Ir)
Avaliación da erosión
•Métodos directos • varillas graduadas que se cravan no terreo e se observan regularmente • observación batimétrica da sedimentación en encoros • observación de indicadores
•Físicos: marcas, incisións no terreo, acumulación de sedimentos ó pé dos taludes, túneles de erosión nas ladeiras, sucos, acanaladuras e acaracavamento
•Biolóxicos: grao de cobertura da vexetación, exposición das raíces.
•Métodos indirectos: • ecuación universal da perda do solo (USLE)
Varillas graduadas para valorar a perda de solo
Túneles de erosiónSucos de erosión
Cárcavas
Índices físicos de valoración da erosión
Depósitos de pedra e outros sedimentos soltos ó pé dos taludes indican erosión activa
Vexetación aclarada ou eliminada indica erosión
Un forte suco de arroiada nunha pista de terra en Pontevedra
A eliminación da vexetación nesta ladeira de forte pendente supón un forte perigo para a estrada: hai elevado risco de desprendemento e erosión
A falta de vexetación herbácea neste paraxe de montaña en Palencia, indica unha forte erosión, quizás causada polo sobrepastoreo (ovellas e cabras)
As ladeiras con fortes pendentes están máis protexidas cando están cobertas pola vexetación
Raíces descubertas preto dunha praia, que revelan forte erosión do talud
Indicador biolóxico: raices descubertas que indican unha forte erosión
Ecuación universal da perda de solo
A = perda media anual de solo en toneladas por hectárea e ano
R = factor de erosividade da chuvia K = factor de erosionabilidade do solo L = factor de lonxitude da pendente S = factor de inclinación da pendente C = factor de ordenación de cultivos (influenza do tipo de cultivo) P = factor de control da erosión (influenza das prácticas de cultivo: revexetación, construcción de bancais, tipo de arado do terreo
PCSLKR ⋅⋅⋅⋅⋅=A
Métodos indirectos de valoración da erosión
Este método só vale para terreos moi pequenos e con características homoxéneas
Grao de perigosidade Perda de solo en T/ha/ano
Perda de espesor en mm/ano
GRAO 1 (Moi baixa ou nula)
< 10 <0,6
GRAO 2 (Baixa) 10 – 50 0,6 – 3,3
GRAO 3 (Moderada) 50 – 200 3,3 – 13,3
GRAO 4 (Alta) > 200 > 13,3
SOLUCIÓNS FRONTE A EROSIÓN
CONTROL DA PERDA DO SOLO
Control da erosión en terras de cultivoCorrecta planificación do territorio dacordo co tipo de solo, as pendentes e o clima da zona
Accións concretas: • Reducir a erosión superficial das augas: cultivos axeitados, drenaxes, técnicas de arado que sigan as curvas de nivel, aterrazado, etc.
▪ Control do avance de cárcavas e barrancos: construcción de diques e muros, repoboacións forestais.
▪ Eliminación dos usos agrícolas e forestais intensivos en fortes pendentes: sustitución por pastizais estables e cunha explotación controlada, repoboación forestal, prohibición de talas de árbores.
▪ Atenuación da erosión eólica: construcción de barreiras cortavento (artificiais ou naturais), recubremento do solo, evitando os sedimentos soltos
Cultivos de viñedos aterrazados na Ribeira do Sil
Cultivo en terrazas ou bancais en Mallorca
CONTROL DA EROSIÓN EN ZONAS DE OBRAS
o Construccións adaptadas á morfoloxía do terreo
o Realización de drenaxes
o Repoboación de taludes
o Construcción de muros de contención
Diferentes métodos de control da erosión
¿DESERTIZACIÓN OU DESERTIFICACIÓN?
Diferentes acepcións
DESERTIZACIÓN = Proceso de degradación ecolóxica que supón perda de productividade da terra e leva a condicións desérticas
DESERTIFICACIÓN (Término non aceptado por ser un anglicismo)
DESERTIFICACIÓN = Proceso natural e inducido por actividades humanas que produce a degradación do solo
DESERTIZACIÓN = Proceso social de despoboamento, consecuencia do anterior
CAUSAS DA DESERTIZACIÓN
❖ CLIMÁTICAS
o SECA
o PRECIPITACIÓNS ESPORÁDICAS E TORRENCIAIS
❖ ANTRÓPICAS
o SOBREEXPLOTACIÓN DE CULTIVOS
o DEFORESTACIÓN
o SOBREPASTOREO
Mapa mundial da desertización
Mapa mundial da erosión
MANIFESTACIONES DA DESERTIZACIÓN
❖DEGRADACIÓN QUÍMICA oPERDA DE FERTILIDADE (Lavado de nutrientes e/o acidificación) oTOXICIDADE E EMPOBRECEMENTO POR CONTAMINACIÓN (Chuvia ácida, metais pesados, augas residuais, contaminación radiactiva) oSALINIZACIÓN E ALCALINIZACIÓN
❖DEGRADACIÓN FÍSICA oPERDA DA ESTRUCTURA DO SOLO oCAMBIOS NA TEXTURA
❖DEGRADACIÓN BIOLÓXICA o PERDA DE COBERTURA VEXETAL o PROCESO DE REGRESIÓN DO ECOSISTEMA o EROSIÓN HÍDRICA E EÓLICA
EROSIÓN E DESERTIZACIÓN EN ESPAÑA
ÚNICO PAÍS EUROPEO CO ALTO RISCO DE DESERTIZACIÓN
Mataviejas (Burgos)
As Bárdenas Reales (Navarra)
CONDICIÓNS IDÓNEAS PARA A DESERTIZACIÓN
• Fortes pendentes e acusado relevo
• Precipitacións escasas e irregulares, a menudo torrenciais
• Abundancia de terreos brandos e arxilosos
• Inadecuada xestión agrícola e forestal
• Alta frecuencia de incendios forestais
• Importantes obras públicas sen suficiente control
• Prácticas mineiras que fomentan a erosión
Condicións de aridez na Península Ibérica
Mapa de estado da vexetación
Mapa de risco de erosión en España, en cantidade de perda de solo
AS CIFRAS
• Perdas anuais de 1.150 millones de toneladas de solo
• 26% do territorio sofre erosión grave
• 28% sofre erosión moderada a importante
Deserto de Tabernas (Almería)
FIN
Fuerteventura