Exercicios de Fonética e Fonoloxía.docx 2 Bac

4
Exercicios de fonética e fonoloxía. 1. Transcribe fonoloxicamente as seguintes oracións describindo cada fonema A normalización lingüística é o proceso tendente a converter unha lingua no vehículo normal de comunicación dunha comunidade. A lingua é o medio básico de comunicación e de recoñecemento mutuo para os membros dunha sociedade. 2. Transcribe as seguintes palabras marcando os arquifonemas cando aparezan. verdade moucho cadullo frecha dende floco deu anfiteat ro pendura r zunido centolo pregar paz planta decencia covardí a sóubese benzón chisquei ro bravura adeus vento osixeno tempo xouba toutizo enxoito ti xente oito axexar quilóme tro chover cadanse u encher quecer cheirar kafkian o lercho guerra mamón alguén inmediat o ibela ermo

description

galego

Transcript of Exercicios de Fonética e Fonoloxía.docx 2 Bac

Page 1: Exercicios de Fonética e Fonoloxía.docx 2 Bac

Exercicios de fonética e fonoloxía.

1. Transcribe fonoloxicamente as seguintes oracións describindo cada fonema

A normalización lingüística é o proceso tendente a converter unha lingua no vehículo normal de comunicación

dunha comunidade.

A lingua é o medio básico de comunicación e de recoñecemento mutuo para os membros dunha sociedade.

2. Transcribe as seguintes palabras marcando os arquifonemas cando aparezan.

verdade mouchocadullo frecha

dende floco

deu anfiteatro

pendurar zunido

pé centolo

pregar paz

planta decencia

covardía sóubese

benzón chisqueiro

bravura adeus

vento osixeno

tempo xouba

toutizo enxoito

ti xente

oito axexar

quilómetro chover

cadanseu encher

quecer cheirar

kafkiano lercho

guerra mamón

alguén inmediato

ibela ermo

Page 2: Exercicios de Fonética e Fonoloxía.docx 2 Bac

TEORÍA

Colocación do pronome átono na frase:

1.- En oracións subordinadas: antes do verbo.

2.- Non subordinadas: despois do verbo. EXCEPTO (vai antes):

2.1.- Oracións desiderativas e enfáticas. Para salientar a palabra que precede

ao verbo.

2.2.- Oracións introducidas por partícula interrogativa/exclamativa.

2.3.- Se ao verbo precede un negativo.

2.4.- " " " : alguén, todos, calquera....

2.5.- " " " : case, ata, disque, eis, mesmo, seica, velaí, aínda, axiña, sempre, só, tamén, ben, cedo, tarde, mal, moito,talvez, quizais, .....

3.- Cos infinitivos: se o infinitivo é suxeito ou predicado nominal , o pronome vai despois. No resto dos casos pode ir antes ou despois, mesmo se pode intercalar entre o inf. e unha preposición/conxunción que o rexe.

4.- Cos xerundios: se é núcleo verbal, o pronome vai despois; no resto dos casos antes ou despois.

4.- Orde de colocación dos pronomes: Primeiro vai se, logo o pron. de solidariedade, logo o complemento indirecto e finalmente o complemento directo.

1.- Colocar os pronomes persoais no lugar axeitado para que o enunciado teña sentido e explica a súa colocación.

1. Se ...... conta...... a min (mo) eu non ....... vou... revelar a Xan (llo). Por que ...... digo...... (cho)? Pois porque ......apetece... (me).

2. ...dixen ......(te ou che), ...dígo....... (te ou che) e .......direi....... (te ou che) que ....... amo...... (te ou che), que ....... amei....... (te ou che) e ....... amarei ....... (te ou che) para o resto dos meus días, miña parruliña!

3. ....... contaron....... (me) que ....... puxeras....... moi leda (te ou che) cando ...... dixeron....... (te ou che) que ........ tocara....... a lotaría do Nadal (te ou che), ....... tocou....... pouco (te ou che), mais algo ........ tocou....... (te ou che).

4. Mi madriña, ... saíu... a burra capada (te ou che) ... dixo...(lle) a nai ao fillo cando ... entregou... o boletín de notas falsificado (lle).

5. As redes sociais ....... son....... moito máis bonitas (te ou che) se ....... pos....... na nosa lingua (as).

6. Non ....... vaias....... (te ou che), rianxeira, que ....... vas....... marear (te ou che). Di a cantiga que tanto ....... gusta ....... (te ou che).

7. ...... vou...... comer...... a bicos (te ou che), ...... díxo........ o pai ao seu bebeciño (lle)

8. A profesora ...... mandou ...... saír da clase (a) para que ....... calmase...... (se). Ela....... fixo...... (o) e .......calmou....... axiña (se)

9. ...... vexo ...... moi ben de saúde (a), María, ......nóta...... ben (selle) que ...... coida...... decote (se).

10. A nós ....... gustan...... as películas (nos) nas que non ....... hai ..... malos malísimos (che ou te)

Page 3: Exercicios de Fonética e Fonoloxía.docx 2 Bac

2. Explicar a colocación dos pronomes átonos nas seguintes frases.

1. Que a fortuna te acompañe o resto da vida!2. Penso que non che dixo a verdade.3. Oxalá te deixen vir á miña casa!4. Dixo que lle non dera o pan.5. Pampos quedaron ao velo daquel xeito.6. Deus cho pague, eu non teño cartos hoxe!7. O demo te leve, rapaz, mira que es trasfego!8. Agora te atendo, non desesperes, muller.9. Agora aténdote, non desesperes, muller.10. Logo che fago o pedido que me encargaches.11. Logo fágoche o pedido que me encargaches.12. Marchei axiña porque me doía moito a cabeza.13. A vida che entrego, compañeira dos meus días!14. Iso me contou, non mentiu.15. Paseino tan ben co libro que, se puidese, volvíao ler.16. Aí o tes, podes collelo.17. Aí telo máis á man, podes collelo.18. Comeron todas as papas? Sobras lles quedaron!19. Parecía que me non vira nunca.20. Calquera cho pode contar mellor ca min.21. O meu corazón che entrego, meu caravel!22. Antonte mandeiche un correo electrónico.23. Moitos fóronse porque a música era má, o local peor, e divertíanse pouco.24. Pensaba que me non ía coller o viño todo no bocoi.25. Despois pedireiche un favor.