Facultade de Socioloxíasocioloxiaudc.azurewebsites.net/wp-content/uploads/... · proxecto...
Transcript of Facultade de Socioloxíasocioloxiaudc.azurewebsites.net/wp-content/uploads/... · proxecto...
Facultade de Socioloxía
PROCEDEMENTO EXTRAORDINARIO DO TRABALLO FIN DE GRAO DO GRAO EN SOCIOLOXÍA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA PARA
SITUACIÓN DE EMERXENCIA POLO COVID-19. CURSO 2019-2020
Versión aprobada en Xunta de Facultade o 30 de abril de 2020
e pola Comisión Académico-Docente, de Relacións Internacionais e de Garantía de Calidade de 30 de abril de 2020
Versión adaptada do procedemento do TFG do Grao en Socioloxía
da Universidade da Coruña
aprobado en Xunta de Facultade o 25 de Outubro de 2011
Coas modificacións requiridas pola Vicerreitoría de Organización
Académica 15/12/2011 Modificado na Xunta de Facultade do 5 de
Marzo de 2013
Coas incorporacións da Reitoría de Abril 2013
Modificado en Xunta de Facultade o 2 de Xullo de 2015
Modificado en Xunta de Facultade o 5 de Decembro 2018
2
Facultade de Socioloxía
INTRODUCIÓN
O Traballo de Fin de Grao (TFG) é unha materia obrigatoria do Plan de
Estudos do Grao en Socioloxía da UDC que conta cun total de 12 ECTS.
Este procedemento define o procedemento para levalo a cabo, e
proporciona unha estrutura para a súa realización.
1. OBXECTIVOS:
1.1. Integrar os coñecementos teóricos e metodolóxicos asimilados
nun único traballo.
1.2. Facilitar o desenvolvemento das habilidades críticas, analíticas e
creativas do alumnado ao adaptar solucións e métodos estudados
teoricamente a situacións reais de investigación.
1.3. Demostrar que o alumnado de socioloxía está capacitado/a para
desenvolver un traballo de investigación (práctica ou teórica) ou un
proxecto profesional e, polo tanto, desenvolverse como profesional no
mercado de traballo.
2. CARACTERÍSTICAS DO TRABALLO DE FIN DE GRAO:
2.1. O traballo de fin de grao supón a realización por parte do
alumnado dun proxecto ou estudo, no que aplique e desenvolva os
coñecementos adquiridos no Grao.
2.2. O traballo poderá ser unha achega teórica, unha investigación
práctica ou un proxecto profesional (análise dunha política pública,
deseño de intervención nunha empresa ou administración, etc.).
2.3. O Traballo de Fin de Grao será realizado baixo a supervisión do
titor ou titora. Tamén se admite a codirección.
2.4. O Traballo de Fin de Grao será realizado de forma individual ou en
grupo. No caso dos traballos en grupo existirá unha clara delimitación
de tarefas entre os membros do grupo, de xeito que sexa
perfectamente avaliable a participación de cada estudante no resultado
global. A cualificación e o título do traballo será sempre individual para
cada estudante.
2.5. Os requisitos para matricularse da materia "Traballo de Fin de
Grao" e os que permiten a súa defensa son os que establece a
Normativa Académica da UDC.
3
Facultade de Socioloxía
2.6. Todo proxecto de fin de grao deberá ser un traballo orixinal,
desenvolvido polo propio alumnado. Os traballos deberán responder a
unhas preguntas derivadas dunha mínima base teórica, incluír unha
serie de conclusións aplicadas ao caso concreto de análise ou ben
propor unha intervención axeitada (segundo sexa o tipo de traballo).
2.7. O plaxio, total ou parcial, é motivo suficiente para suspender a
materia.
2.8. O traballo será defendido ante unha Comisión Avaliadora a
través da aplicación Teams, na modalidade que permite conectarse ao
público en xeral por seren un acto público, debendo, en todo caso,
tódolos membros da Comisión e o alumno/a conectarse coa cámara
acendida. O acto de Defensa deberá ser gravado. Para garantir que
sexa un acto público, proporcionarase o enlace á defensa a través da
páxina web da Facultade e tamén na materia de Moodle dos TFGs. A
Xunta de Facultade será informada das datas de celebración da defensa
con antelación suficiente e nunca nun prazo inferior a un mes da
celebración da defensa.
2.9. Os traballos seguirán a seguinte estrutura recomendada:
a. Título (en castelán, galego e inglés).
b. Índice paxinado.
c. Resumo de 150 palabras (en castelán, galego e inglés) e
palabras chave (en castelán, galego e inglés).
d. Introdución (incluíndo a formulación do problema,
obxecto e obxectivos do traballo).
e. Base teórica e hipóteses (de habelas).
f. Metodoloxía de elaboración (se é un traballo aplicado) e
fontes.
g. Aplicación práctica / Desenvolvemento argumental.
h. Consideracións / conclusións finais.
i. Epígrafe no cal os/as alumnos/as expliciten a toma de
decisións adoptada ao longo do proceso de traballo, tanto na
parte teórica como, sobre todo e se a houber, metodolóxica e de
campo. Dito epígrafe debe reflexar as fortalezas e debilidades do
traballo desde o punto de vista do seu autor/a
i. Bibliografía
j. Anexos
4
Facultade de Socioloxía
Dada a situación actual de excepcionalidade e confinamento, a estrutura
anterior poderá experimentar algúns cambios, en pro da flexibilidade
adaptativa ao contexto. Neste sentido: (1) O traballo de campo poderá desenvolverse telematicamente; de ser o caso, e se a planificación inicial
vese afastada –por razóns xustificadas– do resultado final, o alumnado deberá indicalo no seu traballo xustificando os cambios finais. (2)
Poderanse desenvolver e potenciar traballos de profundización teórica,
suplindo así as hipotéticas carencias que puideran devir da situación de excepción que atravesamos. (3) Tendo en conta todo o anterior e en
función de cada circunstancia particular, o alumnado poderá poñer maior énfase no deseño metodolóxico e non tanto na súa aplicación.
2.10. A portada do traballo terá como referencia o modelo que
aparece no Anexo 5.
2.11. Asúmense como normas de estilo as da APA.
2.12. O proxecto poderá realizarse en lingua galega ou castelá.
2.13. O traballo individual terá unha extensión recomendada de 10.000
palabras (sen contar bibliografía nin anexos). Como máximo establécense 15.000 palabras (sen contar bibliografía nin anexos).
Os traballos colectivos aplicarán esta limitación proporcionalmente ao número de participantes.
3. DA COORDINACIÓN DO TRABALLO DE FIN DE GRAO (CTFG)
3.1. Nomeamento
3.1.1. O/a Coordinador/a do TFG será nomeado/a polo
Decano/a proposta da Xunta de Facultade e será responsable de
que o presente Procedemento se leve a cabo.
3.1.2. Poderá ocupar a Coordinación dos TFG e ser nomeado
coordinador/a calquera PDI doutor/a con docencia na Facultade
de Socioloxía.
3.2. Competencias
3.2.1. Deseñará o calendario anual do TFG.
3.2.2. Coordinará a asignación de titorizacións ao
alumnado.
3.2.3. Coordinará a creación e funcionamento das Comisións Avaliadoras
3.2.4. Informará das axudas que, para a realización destes
traballos, pode conceder o Servizo de Normalización Lingüística.
3.3. En relación á asignación de titorizacións:
5
Facultade de Socioloxía
3.3.1. Aos 30 días do comezo do curso dará publicidade
á relación de titorizacions dispoñibles, así como ás liñas de
investigación.
3.3.2. Recibirá da Secretaría do Decanato as prememorias
dos proxectos (Anexo 1) presentadas polo estudantado no mes
seguinte á publicación da relación de titorizacións dispoñibles e
liñas de investigación. Comprobará que contan coa sinatura dos
titores e titoras.
3.3.3. Se houbera estudantes que non fosen quen de elixir
titorización polo procedemento descrito nos epígrafes anteriores,
a Coordinación dos TFG organizará unha reunión na que se fará
a asignación entre o PDI que dispoña de prazas de titorías
vacantes.
3.3.4. Procurará que as labores de titorización sexan
equilibradas, na medida do posible. Cada PDI dirixirá un máximo
de 3 proxectos cada ano.
3.3.5. Resolverá, se fora o caso, os cambios de
titorización que se soliciten. A solicitude razoada será
entregada na Secretaría do alumnado (UXAI) e dirixida á
Coordinación dos TFG que resolverá nun máximo de 20 días
naturais os cambios solicitados. Ante a situación de
excepcionalidade aberta pola COVID-19, o alumnado que teña
problemas para desenvolver a súa investigación sobre un tema
previamente elixido, poderá propoñer á persoa directora un novo
tema para o TFG. O director ou directora poderá aceptar dito
cambio ou, de non ser o caso, pedirlle ao seu alumnado un
cambio de orientación ou propoñerlle un tema alternativo.
En caso de que ámbalas dúas partes non cheguen a un acordo,
establecerase un prazo de 3 días (13, 14 e 15 de maio de 2020)
para solicitar un cambio de director/a. Dito cambio deberá ser
solicitado á Secretaría do alumnado vía correo electrónico
([email protected]). Na solicitude de petición de cambio de
director/a deberán constar os seguintes datos:
- Nome
- Apelidos
- DNI
- Correo electrónico de contacto
- Teléfono de contacto
- Nome do/a director/a anterior.
- Nome do/a director/a proposto/a.
- Título do TFG.
6
Facultade de Socioloxía
- Motivos polos que solicita o cambio.
- Data
- Sinatura
Unha vez rematado este prazo e recibidas tódalas solicitudes, o
Coordinador poñerase en contacto co/a director/a proposto. Se finalmente
houbese estudantes que non chegasen a acordo coas persoas propostas,
o Coordinador fará a asignación dos TFGs entre o PDI que dispoña de
prazas de titorías vacantes.
3.4. En relación á defensa do TFG e ás Comisións Avaliadoras
3.4.1. En canto se dispoña da información da matrícula
proporase a composición das Comisións Avaliadoras do Traballo
de Fin de Grao á Xunta de Facultade para a súa aprobación, así
como o lugar, data e hora de exposición dos traballos, a data de
publicación das cualificacións e o lugar, día e hora fixados para a
revisión das cualificacións.
3.4.2. Nun prazo máximo de dez días despois da aprobación
en Xunta de Facultade, fará pública a relación de Comisións
Avaliadoras, estudantes, datas e horas da defensa dos traballos
e sesións de revisión na web da Facultade. Durante o período de
confinamento a publicidade farase na páxina web e na materia
de Moodle dos TFGs (código 615G014201920).
3.4.3. Fará entrega a cada integrante das Comisións
Avaliadoras dos TFGs que deban avaliar.
3.4.4. Unha vez avaliados os TFG, a persoa responsable da
Coordinación dos TFG entregará na Biblioteca de Socioloxía e
Ciencias da Comunicación as copias electrónicas daqueles
traballos que foran seleccionados polas Comisións Avaliadoras
para a súa publicación no Repositorio Institucional da UDC (RUC),
e dos que se teña autorización previa do alumnado, quen deberá
entregar asinado o Anexo 9 para poder facer a achega
correspondente na Biblioteca. O alumnado que non dispoña de
firma dixital, deberá enviar o Anexo 9 coa súa firma en imaxe ou
pdf e, pasado o confinamento, fará entrega do documento
orixinal na UXAI.
4. DO PROFESORADO TITOR DE TFGs:
4.1. Poderán titorizar TFGs o Persoal Docente e Investigador da
7
Facultade de Socioloxía
Facultade de Socioloxía ou docentes na Facultade de
Socioloxía doutros departamentos.
4.2. O profesorado integrante das Comisións Avaliadoras poderá
titorizar TFG, mais nunca serán avalíados na mesma Comisión
Avaliadora da que formen parte.
4.3. A labor de titorización verase recoñecida na carga de horas
docentes que estipule a normativa da UDC.
4.4. Existirán dúas posibles alternativas para a elección do tema de
traballo:
4.4.1. Ofertaranse temas relacionados co campo de
investigación ou área de interese do profesorado titor,
información que, xunto coas prazas de titoría desexadas,
entregará a Coordinación de TFG antes de que finalice o primeiro
mes do curso académico.
4.4.2. Poderase exercer a titoría de temas non relacionados
coas liñas de investigación do profesorado titor sempre que a
proposta feita polo alumnado resulte de interese, atractiva ou
innovadora.
4.5. Aos trinta días de comezar o cuadrimestre en que será avaliado o
TFG, os titores e titoras recibirán do alumnado o anteproxecto que
servirá para orientar a titorización do traballo
4.6. O profesorado titor facilitará ao alumnado as orientacións
adecuadas para a elaboración do proxecto.
4.7. O profesorado titor supervisará a realización do proxecto, a
calidade dos seus contidos e que se desenvolva de acordo coas
presentes normas. Antes da presentación para ser avaliado, e nos
prazos establecidos, dará a súa conformidade na secretaría virtual e
tamén a súa opinión sobre cada estudante e o traballo cubrindo o
formulario do Anexo 3. Neste informe, que se lle entregará ás
comisións avaliadoras, debe constar unha valoración realista dos
logros, así como das fortalezas e debilidades do traballo. Dito informe
será valorado pola Comisión de Avaliación.
4.8. No caso dun traballo en grupo, durante a titorización se
especificarán claramente as tarefas a realizar por cada estudante. O
reparto das mesmas terá que resultar axeitado e equitativo. Este tipo
de traballos non se verá limitado pola norma referida á extensión
máxima, aínda que se recomenda que os traballos colectivos respecten
os límites de extensión (punto 2.13) proporcionalmente ao número de
participantes.
8
Facultade de Socioloxía
5. DO ALUMNADO TITORIZADO
5.1. A elección do tema, xa sexa propio ou dentro dos ofertados, será
comunicada na Secretaría do Decanato mediante escrito dirixido a
Coordinación do TFG, (véxase Anexo 1), nas datas establecidas.
5.2. Aos 30 días do comezo do cuadrimestre en que será avaliado o
TFG, entregará ao seu titor ou titora un anteproxecto (Anexo 2) dunhas
1.000 palabras no que constará o título, o obxecto de estudo, os
obxectivos do traballo, liñas xerais do marco teórico, hipóteses xerais
do traballo (de ser o caso), metodoloxía a desenvolver (de ser o caso)
coas fontes de datos pertinentes (de ser o caso), cronograma de
traballo e a bibliografía (a consultada ata o momento e a que se pensa
traballar).
6. DA SOLICITUDE DA DEFENSA
6.1. O alumnado non poderá defender o TFG antes de superar todas
as materias do seu expediente.
De xeito excepcional, poderán ser defendidos e avaliados antes de
que o/a estudante superase as prácticas externas, naqueles casos en
que a súa realización no presente curso académico non fose posible.
En todo caso as actas correspondentes aos TFG asinaranse ao remate
do proceso de cualificación e sinatura de actas das materias do título.
6.2. Unha vez rematado o Traballo de Fin de Grao o alumnado
solicitará a súa defensa a través da secretaría virtual nos prazos
establecidos no calendario de TFG.
6.3 Enviará á Secretaría de Estudantes, por correo electrónico
([email protected]) a copia da solicitude de defensa e o pdf do
TFG para que poda ser avaliado pola Comisión, axuntando tamén
o Anexo 9. Unha vez restablecida a situación e cando o centro
volva a abrir as súas portas, o alumno/a comprométese a enviar
ou entregar na Secretaría do Decanato un exemplar impreso do
traballo co visto e prace do director na portada e unha copia
electrónica do proxecto nun USB e nun CD ou DVD segundo o
formato que se especifica no Anexo 7. Enviarase ou entregarase
tamén cumprimentado o Anexo 9 e coa firma orixinal (este anexo
só terá que entregarse, una vez aberto o centro, se non se enviou
previamente con firma dixital)
7. DAS COMISIÓNS AVALIADORAS:
7.1. As Comisións Avaliadoras estarán formadas polo PDI pertencente
9
Facultade de Socioloxía
á Xunta da Facultade de Socioloxía, xunto con aquel
profesorado con docencia nesta Facultade que o desexe.
7.2. O sorteo é sen reposición. O profesorado que sendo suplente
dunha Comisión non teña avaliado TFG por non exercer finalmente de
titular nunha Comisión, incorporarase aos seguintes sorteos.
7.3. Cada Comisión estará formada por tres integrantes titulares e
tres suplentes. Presidirá a Comisión un PDI doutor con dedicación
completa. A secretaría a ocupará o PDI máis novo.
7.4. O número de Comisións estará en función do alumnado que
solicite a defensa do TFG, de xeito que cada Comisión non avalíe máis
de oito traballos.
7.5. De seren o caso dunha convocatoria extraordinaria fóra das de
xuño e xullo-setembro, a selección de integrantes da Comisión
resultará do sorteo entre o PDI suplente que non tivera actuado nas
devanditas convocatorias.
7.6. As Comisións Avaliadoras reuniranse previamente á defensa
pública para acordar as cualificacións dos traballos avaliados por cada
integrante da Comisión e as preguntas que, de seren o caso, realizarán
a cada estudante. En conxunto, estas preguntas non deberían exceder
dos 9 minutos.
7.7. O alumnado disporá de 10 minutos para resolver todas estas
cuestións.
8. DA AVALIACIÓN:
8.1. Da cualificación:
8.1.1. A cualificación outorgarase en función dunha escala
numérica de 0 a 10, con expresión dun decimal, á que
acompañará a súa correspondente cualificación cualitativa:
- 0 - 4,9: Suspenso (SS)
- 5,0 - 6,9: Aprobado (AP)
- 7,0 - 8,9: Notable (NT)
- 9,0 - 10: Sobresaínte (SB)
8.1.2. Cada integrante da Comisión avaliará de xeito
independente os traballos que lle correspondan e dará unha
cualificación numérica aos traballos e ás exposicións. A avaliación
e cualificación basearanse na rúbrica que aparece no Anexo 10.
8.1.3. A cualificación global do TFG é resultado da aplicación
da rúbrica que figura no Anexo 10.
8.1.4. Cada Comisión Avaliadora poderá conceder a
mención de "Matrícula de Honra" aos traballos do proxecto de fin
de grao que obtivesen unha cualificación igual ou superior a 9,0.
10
Facultade de Socioloxía
8.1.5. Todo traballo con cualificación igual ou superior
ao 9 subirase ao repositorio da UDC. Cada Comisión Avaliadora
poderá recomendar a inclusión no repositorio dos traballos que,
non acadando unha cualificación de 9, consideren coa suficiente
calidade.
8.1.6. As cualificacións da comisión faranse públicas, no
Moodle, xunto coa data da sesión de reclamacións aprobada
previamente en Xunta de Facultade, ao finalizar a sesión pública.
8.2. Da exposición do TFG:
8.2.1. A exposición do Traballo de Fin de Grao será realizada
polo alumnado a través da aplicación Teams, na modalidade que
permita conectarse ao público en xeral, por medio da exposición
oral do seu contido ou das liñas principais do mesmo, durante o
tempo máximo especificado pola Comisión Avaliadora.
8.2.2. De xeito orientativo, o alumnado disporá dun máximo
de media hora para facer a súa intervención e responder ás
cuestións propostas pola Comisión.
8.2.3. Os titores e titoras terán dereito ao uso da palabra
ao finalizar a quenda de preguntas e respostas.
8.3. Da sesión de reclamacións:
8.3.1. A Comisión reunirase a través da aplicación Teams na
data e hora aprobados en Xunta de Facultade e dará oralmente
as oportunas explicacións sobre as cualificacións dadas aos
estudantes que o soliciten.
8.3.3. En caso de que a cualificación sexa de suspenso, a
comisión especificará os puntos concretos que se require
mellorar no TFG.
8.3.4. A Comisión Avaliadora cubrirá e asinará a
correspondente Acta de Cualificación (Anexo 8) que se fará
pública no Moodle unha vez rematada a sesión de reclamacións.
8.3.5. Para o non previsto no presente procedemento, estarase
ao disposto nas Normas de Avaliación, Revisión e Reclamación
das Cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario
vixentes en cada momento na UDC.
9. DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO EN PROGRAMAS DE
MOBILIDADE
9.1. No caso de que o TFG se inclúa nun contrato dun programa de
mobilidade, asignarase a dirección do traballo ao PDI responsable da
mobilidade do centro que emitirá un informe favorable á defensa cando
11
Facultade de Socioloxía
teña coñecemento oficial da superación da proba na
universidade de destino.
9.2. A Coordinación dos TFG definirá un Tribunal de Mobilidade, e
designará a persoa responsable da firma das actas, que será
preferiblemente un PDI vinculado a coordinación dos programas de
mobilidade.
8.3. O alumnado que non teña superadas todas as materias despois de
realizar o programa de mobilidade, poderá aprazar a incorporación da
cualificación do TFG ata o curso seguinte de participar no programa e
tras unha nova matrícula.
12
Facultade de Socioloxía
ANEXO 1: PREMEMORIA DO TRABALLO DE FIN DE GRAO
Nome: Apelidos:
DNI. Enderezo:
Teléfono: Email:
DATOS DO PROXECTO
Titorizado por:
Indíquese se é:
1. Unha Idea propia
2. Unha idea ofertada por un director
Título do proxecto:
A Coruña, de de 202
Sinatura
Data de rexistro e cuño
13
Facultade de Socioloxía
ANEXO 2: PREPROXECTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO
Título do proxecto:
Obxecto de estudo:
Obxectivos do traballo:
Marco teórico:
Hipóteses (de habelas):
Metodoloxía a desenvolver (de ser o caso) e fontes:
Cronograma:
Bibliografía:
A Coruña, de de 20 Sinatura
14
Facultade de Socioloxía
ANEXO 3: INFORMES SOBRE O TRABALLO DE FIN DE GRAO
Traballo titulado:
Presentado por: Dirixido por:
Razóns que avalan a calidade do traballo:
1. Obxectivos e estrutura do traballo.
2. Interese e orixinalidade do traballo desenvolvido.
3. Metodoloxía
4. Valoración de resultados e conclusións.
5. Fortalezas e debilidades do TFG.
6. Outras observacións e comentarios.
Por todas estas razóns, dou/non dou a miña conformidade para que
este traballo poida ser presentado ante a Comisión de Defensa do
Proxecto de Fin de Grao
Data e sinatura /
15
Facultade de Socioloxía
ANEXO 4: ORIENTACIÓNS PARA A ELABORACIÓN DO
TRABALLO DE FIN DE GRAO:
O traballo de Fin de Grao seguirá a seguinte estrutura:
1. Título (en castelán, galego e inglés)
2. Índice paxinado
3. Resumo de 150 palabras (en castelán, galego e inglés) e palabras
chave (en castelán, galego e inglés)
4. Introdución (incluíndo a formulación do problema,
obxecto e obxectivos do traballo)
5. Base teórica e hipóteses (de habelas)
6. Metodoloxía de elaboración (se é un traballo aplicado) e fontes
7. Aplicación práctica / Desenvolvemento argumental
8. Consideracións / conclusións finais
9. Epígrafe no cal os/as alumnos/as expliciten a toma de decisións
adoptada ao longo do proceso de traballo, tanto na parte teórica
como, sobre todo e se a houber, metodolóxica e de campo. Dito
epígrafe debe reflexar as fortalezas e debilidades do traballo
desde o punto de vista do seu autor/a
10. Bibliografía
11. Anexos
Cada unha das partes mencionadas refírese á seguinte información:
RESUMO: Recolle un breve resumo do contido do traballo. Non debería
exceder das 150 palabras.
INTRODUCIÓN: Recolle a intención do autor e presenta o problema ou
tema específico de estudo (os obxectivos ou as hipóteses). Descríbense
as principais características do traballo, unha breve discusión sobre os
antecedentes teóricos e empíricos e defínense os conceptos principais
que serán utilizados no estudo. Tamén debe incluír o resumo das partes
nas que se estruturou o traballo e o proceso de elaboración que se
seguiu.
CORPO DO INFORME, composto por: base teórica, metodoloxía,
aplicación práctica e conclusións. Esta parte é a que desenvolve
propiamente o traballo. Nel descríbese o método seguido, as achegas
acadadas, o proceso de produción e recollida de datos e a súa análise,
así como os principais instrumentos e procedementos usados. Ao final
16
Facultade de Socioloxía
preséntanse os resultados e conclusións. Valorarase,
17
Facultade de Socioloxía
dentro destas últimas, unha reflexión persoal sobre o
proceso de traballo, a toma de decisións ocorridas (tanto na parte teórica
como metodolóxica e de campo, de habelas), así como das súas
fortalezas e debilidades.
BIBLIOGRAFÍA: Ao final do informe aparece a sección de referencias a
obras e fontes consultadas e citadas.
ANEXOS: O apéndice ou anexo achega unha información detallada que
doutro xeito distraería a lectura no corpo do informe. Esta sección do
traballo inclúe listaxes de palabras, experimentos, organigramas,
táboas, gráficos, mapas, cadros, unha mostra do/s cuestionario/s
empregado/s (ou proxectado) ou calquera outro instrumento da
investigación. No texto do traballo farase referencia aos contidos do
anexo. Un traballo pode incluír máis dun anexo.
18
Facultade de Socioloxía
ANEXO 5: MODELO PORTADA
CURSO ACADÉMICO:
19
Facultade de Socioloxía
ANEXO 6: NORMAS REFERIDAS AO FORMATO DO TRABALLO:
• Letra Times New Roman 12. Nas táboas e gráficos que o
precisen poderase empregar un tipo menor, en calquera caso lexible.
• Non sangrar o comezo dos parágrafos.
• Todas as abreviaturas estarán descritas a primeira vez que
sexan mencionadas.
• As notas irán a pé de páxina.
Todas as táboas e gráficos estarán numeradas correctamente
(números romanos para as táboas e números arábigos para os
gráficos). Terán un título conciso que permita entender o contido da
táboa ou gráfico.
Todas as referencias da bibliografía deben ter a súa correspondencia
no texto, así como toda manifestación expresada no texto como
pertencente a otro autor/a debe ter a súa correspondencia na
bibliografía.
As normas para a citación son as da APA.
20
Facultade de Socioloxía
ANEXO 7: NORMAS PARA A PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS
FIN DE GRAO EN FORMATO ELECTRÓNICO
O traballo fin de grao (TFG) en formato electrónico corresponderase
fidedignamente coa copia entregada en papel.
Soporte, identificación e formato
O soporte físico será CD ou DVD, ademais dun USB.
O disco estará identificado con letra de imprenta. Os datos que deben
constar nel, así como no USB, son: TFG Grao en Socioloxía, Título do
traballo, nome e apelidos, curso académico.
Os documentos presentaranse en formato PDF/A ou outros formatos
abertos. Os arquivos PDF poderán incluír ligazóns de hipertexto e
información multimedia.
Os arquivos PDF non estarán protexidos. Empregaranse tantos
arquivos como foren necesarios.
Nome dos arquivos que conteñen o documento principal
Sexa, por exemplo, o TFG defendido en 2013 por María José Pérez
López.
Se o documento principal do TFG en formato electrónico constara
dun só arquivo, este chamarase:
• PerezLopez_MaríaJosé_TFG_2013.pdf
En cambio, se o documento principal do TFG en formato electrónico
estiver formado por tres arquivos, estes chamaranse:
• PerezLopez_MaríaJosé_ TFG_2013_01de3.pdf
• PerezLopez_MaríaJosé_ TFG_2013_02de3.pdf
• PerezLopez_MaríaJosé_ TFG_2013_03de3.pdf
Non deben utilizarse nin espazos nin acentos nin a ñ no nome dos
arquivos, co fin de asegurar a compatibilidade con todos os
navegadores.
Outros arquivos
Poderán achegar arquivos doutros tipos (imaxes, programas de
ordenador, información multimedia etc.) en formatos coñecidos (TIFF,
JPG, MPG, MP·…)
Nese caso, e para favorecer a súa identificación, o nome dos arquivos
adicionais seguirá unha pauta similar á dos que conteñen o documento
principal. Por exemplo, o arquivo que contén un vídeo en formato MPG
(o cuarto dun total de sete) no traballo de José Manuel Pérez López
podería chamarse:
• PerezLopez_MaríaJosé_TFG_2013_Video_04de4.mpg
21
Facultade de Socioloxía
O/a autor/a indicará o tipo de arquivo que envía e a
extensión propia deste arquivo. Cando son varios arquivos manterase
a numeración do conxunto.
• PerezLopez_MaríaJosé_ TFG_2013_01de3.pdf
• PerezLopez_MaríaJosé_ TFG_2013_02de3.pdf
• PerezLopez_MaríaJosé_ TFG_2013_03de3.pdf
• PerezLopez_MaríaJosé_TFG_2013_Video_04de4.mpg
Poderán definir hipervínculos para acceder a estes contidos desde
os arquivos PDF que forman o documento principal do traballo de fin
de grao.
22
Facultade de Socioloxía
ANEXO 8: MODELO DE ACTA A CUBRIR POLAS COMISIONS
AVALIADORAS PARA AS CUALIFICACIÓNS DOS TFG
Unha vez publicadas as cualificacións dos/das alumnos/as abaixo
referidos o día de de polo Presidente/a da Comisión, D/Dona:
e celebrada a sesión de reclamacións, os membros da Comisión abaixo
firmantes fan definitivas as cualificacións dos estudantes relativas á
materia Traballo de Fin de Grao. Son as seguintes:
Orde
DNI
Nome e
Apelidos
Cualifi.
global
numérica
Cualif.
Global
cualitativa
Non
pres.
Recomenda
inclusión da
memoria no Repositorio
Asinado:
O/a Presidente/a Vogal Secretario/a
Asdo. Asdo. Asdo.
A Coruña, a de de
23
Facultade de Socioloxía
ANEXO 9: AUTORIZACIÓN DO/A AUTOR/A DO TRABALLO FIN
DE GRAO PARA O DEPÓSITO NO REPOSITORIO
INSTITUCIONAL DA UDC (RUC)
Don/Dona , con DNI/Pasaporte nº , enderezo
electrónico , e domicilio en ,
autor/a do traballo fin de grao (en adiante TFG)
Título:
Apelidos e nome do/a titor/a: Data de presentación
Declaro:
PRIMEIRO.- Que, en condición de autor/a do TFG, correspóndenlle de forma exclusiva
os dereitos de propiedade intelectual sobre os seus contidos e que esta obra é orixinal
e non infrinxe ningún dereito de terceiros, sexa a propiedade industrial, a propiedade
intelectual, o segredo comercial ou calquera outro.
SEGUNDO.- Que ten constancia de que o regulamento do TFG da titulación de Grao
en Socioloxía establece que os TFG seleccionados polas comisións académicas serán
publicados no RUC da UDC o que implica que se farán públicos en Internet.
Autorizo:
Que o meu TFG, no caso de que sexa seleccionado, sepublique no RUC con esta
licenza (elixir unha): [ ] Todos os dereitos reservados: autorízase a súa difusión no
RUC de forma non exclusiva.
OU
opcionalmente con Algúns dereitos reservados baixo unha licenza Creative Commons
[ ] CC BY-NC-ND. Permite a reprodución total ou parcial e a comunicación pública da
obra con recoñecemento da autoría. Non se permite o uso comercial nin a creación
de obras derivadas. É a licenza máis restritiva.
[ ] CC BY. Permite a reprodución total ou parcial, a distribución, a comunicación
pública da obra e a creación de obras derivadas, incluso con finalidade comercial.
Obriga ao recoñecemento da autoría. É a licenza menos restritiva.
[ ] CC BY-NC. Permite a creación de obras derivadas, con recoñecemento de autoría
e sen fin comercial
[ ] CC BY-NC-SA. Permite a creación de obras derivadas, con recoñecemento de
autoría e sen fin comercial, coa obriga de licenciar as novas creacións baixo as
mesmas condicións.
[ ] CC BY-SA. Permite o uso comercial da obra e das posibles obras derivadas, con
recoñecemento de autoría e a obriga de licenciar as novas creacións baixo as mesmas
condicións.
[ ] CC BY-ND. Esta licenza permite o uso comercial con recoñecemento de autoría,
pero non a creación de obras derivadas.
E para que quede constancia asino o presente documento no lugar e na data que a
seguir se indican.
En , a de de 20
24
Facultade de Socioloxía
Anexo 10: CRITERIOS PARA A REALIZACIÓN,
DIRECCIÓN E AVALIACIÓN DO TFG
ITEM CONTIDO CALIFICACIÓN PONDERACIÓN
Proposta e Valorarase a Moi Adecuada
obxectivos presentación do tema (9-10)
a súa xustificación e Adecuada
¿Qué vas a
estudar?
contextualización así
como a claridade e
(7-8) Básica
25%
pertinencia dos (5-6)
obxectivos propostos. Inadecuada
(0-4)
Deseño e Prestarase atención a Moi Adecuada
Metodoloxía descrición e (9-10)
argumentación da Adecuada
¿Cómo
vas
o
a
metodoloxía
empregada que
(7-8) Básica
25%
estudar? haberá ser adecuada (5-6)
aos obxectivos. Inadecuada
propostos. (0-4)
Análise e Valorarase a correcta Moi Adecuada
Conclusións presentación dos (9-10)
resultados acadados Adecuada
¿Qué prestando atención a (7-8)
atopaste? interpretación feita Básica
polo alumno/a. Terase (5-6) 30% en conta a capacidade Inadecuada
para expoñer sintética (0-4)
e ordenadamente as
aportacións realizadas
no TFG.
Exposición Terase en conta a Moi Adecuada
oral e calidade e claridade da (9-10)
escrita exposición oral e Adecuada
escrita, así coma a (7-8)
¿Cómo o soltura e acerto na Básica
presentas? resposta as preguntas (5-6) 20% formuladas. Tomarase Inadecuada
en consideración a (0-4)
reflexión sobre o
proceso de
aprendizaxe.