Folleto Día Internacional da muller Museo de Pontevedra...como as alas ás bolboretas da illa de...
Transcript of Folleto Día Internacional da muller Museo de Pontevedra...como as alas ás bolboretas da illa de...
Ocultas tras a representación:A imaxe da muller na arte
MUSEO DE PONTEVEDRA
8 MARZO / DÍA INTERNACIONAL DA M U L L E R
Ser muller ao longo da Historia non foi algo doado. E menos aínda se nos referimos, máis concretamente, ao feito de ser muller artista.
Sinalaba o médico español Antonio Vallejo Nájera que “á muller atrófiaselle a intelixencia como as alas ás bolboretas da illa de Kerguelen, xa que a súa misión no mundo non é a de loitar na vida, senón arrolar a descendencia de quen ten que loitar por ela”.
Coma el, outros profesionais da medicina, intelectuais, escritores, artistas, etc. insistiron, ao longo dos séculos, na inferioridade biolóxica da muller fronte ó sexo masculino, reducindo o seu papel na vida ao seu rol como nai, esposa e filla.
A presenza da muller como obxecto de representación, como musa, constitúe unha
das maiores constantes na Historia da Arte desde o seu comezo. Non obstante, como creadora, o certo é que foi continuamente ignorada e infravalorada. As mulleres que triunfaban eran vistas como unha excepción.
Por que apenas coñecemos nomes de mulleres artistas?
Nesta visita propoñemos unha reflexión sobre o papel da muller na Historia, na Arte e na vida, facendo un repaso polas condicións que marcaron a súa existencia, ausencia ou esquecemento. Neste Día Internacional da Muller, recordaremos non só as artistas silenciadas polo paso do tempo, senón tamén todas aquelas mulleres cuxas alas quedaron agochadas baixo a súa función de nai, esposa e filla.
Fotografía: Julia Minguillón. Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra.
Días 8, 9 e 10 de marzo de 2017Visitas guiadas ás 18:00 h
Día 8 de marzo ás 20:00 hConferencia “O traballo feminino a través da obra Las cigarreras de
Gonzalo Bilbao” a cargo de Mª Ángeles Tilve Jar Museo de Pontevedra / Sexto Edificio