Folleto Museo do mar en galego

71
Rede Museística Museo Provincial do Mar Un museo para todos entre todos “os facedores de mundos” San Cibrao é terra de mar. É unha península, unha lingua de terra que sae sen medo ó encontro do mar. Duro, perigoso, bravo, escravo..., mais tamén unha porta aberta a novos horizontes, incertos mais tamén esperanzadores. San Cibrao foi berce de facedores de barcos e de homes afoutados, que a bordo deles peneiraron o mar para sacar del os seus froitos e foron quen de navegar ata lonxanos mundos. Mundos descoñecidos, mundos da memoria, historias senlleiras que forxan o espírito dun pobo. Historias para ser contadas... 1

Transcript of Folleto Museo do mar en galego

Page 1: Folleto Museo do mar en galego

Rede MuseísticaMuseo Provincial do Mar

Un museo para todos entre todos

 “os facedores de mundos”

San Cibrao é terra de mar. É unha península, unha

lingua de terra que sae sen medo ó encontro do mar. Duro,

perigoso, bravo, escravo..., mais tamén unha porta aberta a

novos horizontes, incertos mais tamén esperanzadores. 

San Cibrao foi berce de facedores de barcos e de

homes afoutados, que a bordo deles peneiraron o mar para

sacar del os seus froitos e foron quen de navegar ata

lonxanos mundos.

Mundos descoñecidos, mundos da memoria, historias

senlleiras que forxan o espírito dun pobo. Historias para ser

contadas...

O noso Museo do Mar é o seu mellor narrador. Non en

van, desde hai máis de corenta anos, este museo, que

nunca deixou de ser escola, lévanos da man polo ronsel de

pegadas herdadas dos nosos devanceiros: os facedores de

mundos.

1

Page 2: Folleto Museo do mar en galego

Levamos áncoras!....sexan todos benvidos a esta a súa

casa.

SECCIÓNS:

O museo organízase en un vestíbulo e catro salas, que

conteñen sete seccións temáticas. O percorrido será

accesible en cada sección. Haberá un plano en relevo e

marcas polo chan para mellorar o itinerario e a

accesibilidade. Na sala disfrutarán dunha ampla oferta de

pezas orixinais, maquetas e laminas en relevo para tocar

en cada unha das seccións. Asimesmo, contaremos con

textos impresos adaptados: cartelas, follas de sala ,e

informacións complementarias en braille, macrocaracteres,

folletos en distintas linguas , Información traducida a

pictogramas, ipod LSE signoguías(lingua de signos ) e

implantación futura de Puntos de Información Multimedia,

audioguías adaptadas con información narrativa, outros

recursos sonoros e visitas telefónicas adaptadas.

2

Page 3: Folleto Museo do mar en galego

ENTRADA E SALA 1:

0. A ESCOLA: Un museo para todos entre todos. O

LATEXO DO MUSEO: motores do barco e arquivo

fotográfico.

SALA 2:

1. A CARPINTERÍA DE RIBEIRA, O CASO DE SAN

CIBRAO.

2. TIPOLOXÍA DE BARCOS A VELA CONSTRUIDOS

EN SAN CIBRAO.

3. A ARTE DE MAREAR: MIRANDO Ó NORTE. Os

instrumentos náuticos e a navegación astronómica.

SALA TRES:

4. OS OFICIOS DO MAR.

5. HISTORIA DA PESCA EN SAN CIBRAO: ARTES E

APARELLOS DE PESCA.

6. A VIDA MARIÑA, ALGO MÁIS CA PEIXES.

3

Page 4: Folleto Museo do mar en galego

SALA CATRO:

7. OS CAZADORES DE BALEAS.

O MUSEO QUE QUEREMOS

Nos últimos vinte anos vense desenvolvendo no ámbito

dos museos a “Nova Museoloxía”, unha corrente que busca

a democratización dos valores e dos productos culturais, é

dicir, busca o xeito de acercar a cultura a toda a sociedade,

independentemente do nivel cultural que posúa ou do

estrato social do que proveña. É por isto, que moitos

museos desprazaron o seu eixo de acción do obxecto ó

visitante, pero, como di o profesor Espinosa, “non a tódolos

visitantes”. Este tipo de museoloxía acostuma a esquecer a

unha parte importante da nosa sociedade, a formada por

aquelas persoas que presentan algún tipo de discapacidade

que lles impide gozar con plenitude e en igualdade de

condicións, desta experiencia cultural. Poucos son os

museos que, hoxe en día, pensan na accesibilidade integral

como unha prioridade á hora de investir nas súas novas

montaxes.

4

Page 5: Folleto Museo do mar en galego

A Rede Museística Provincial de Lugo leva máis de dez

anos loitando por facer accesibles os seus museos ó público

discapacitado. O noso obxectivo é retirar o adxectivo

excepcional na aplicación da accesibilidade, e facer dela un

factor común a ter en conta na planificación de calquera

acción social e cultural.

A cultura é unha experiencia interactiva, nosoutros

facemos cultura, e o museo e un instrumento de mediación

que ten a responsabilidade de comunicar, de establecer un

diálogo co público. Así pois, o novo proxecto deseñado para

o Museo Provincial do Mar de San Cibrao pretende seguir

esta filosofía e converterse nun modelo de museo aberto a

tódolos sentidos, inclusivo, con atención plena á diversidade,

que sexa capaz de achegar a súa mensaxe e facer partícipe

da súa actividade a tódolos seus visitantes.

A aplicación práctica do Deseño Universal ao Proxecto

museolóxico e museográfico facemola dende a concepción

da mensaxe global a organización espacio-temporal,

integrando os diferentes linguaxes sensoriais (visuais,orais,

táctiles, cenestésicos) de forma que , tanto a lexibilidade

5

Page 6: Folleto Museo do mar en galego

como a motivación, a interactividade e a compresión adquira

o máis alto grao de accesibilidade global.

Para o novo proxecto contamos co asesoramento de

persoas e asociacións vencelladas coa discapacidade, mais

tamén coa total implicación dos veciños de San Cibrao, da

Mariña e persoal da Rede de Museos . Quixemos que

aqueles que fixeron e fan posible o museo, fosen partícipes

activos do novo proxecto, contando coa súa colaboración e

opinión.

Xa que a singularidade do Museo de San Cibrao devén

do sentir especial que desprende, máis alá das propias

funcións que como institución cultural lle corresponden.

Desde o seu nacemento como escola, sempre existiu unha

fonda implicación social coa institución. Isto mesmo foi o que

fixo da institución o primeiro museo do mar de Galicia de

carácter público. Compatibilizou durante anos as súas

funcións como escola, durante o inverno, e museo polo

verán (1969-1988).

O museo constitúe unha icona para a comarca e sobre

todo para o pobo de San Cibrao, do que constitúe un

elemento esencial da súa identidade

6

Page 7: Folleto Museo do mar en galego

Por todo o dito, queremos:

Un MUSEO DIDÁCTICO: un museo que debe seguir

sendo unha escola, un instrumento para a aprendizaxe e a

educación social, un medio para o intercambio recíproco de

coñecemento, depositario non só de obxectos sen vida,

senón do patrimonio inmaterial, da memoria histórica e das

lembranzas que constitúen a identidade dun pobo.

Un MUSEO ADAPTADO: un museo accesible, tanto no

discurso como na montaxe expositiva.

Un MUSEO SOCIAL e SOLIDARIO, que estableza un

diálogo permanente co seu entorno; un MUSEO DENTRO-

FÓRA, que extenda a súa acción fóra dos seus muros e

estableza unha conexión viva do museo coa súa orixe

sociocomunitaria.

Un MUSEO INTERACTIVO E DINÁMICO, en constante

evolución e en continua construcción, que xenere unha

sinerxia positiva que faga del o centro gravitacional de novas

accións. As novas tecnoloxías de comunciación aportarán

7

Page 8: Folleto Museo do mar en galego

unha maior fluidez á conexión do museo co público e

ampliará de xeito ilimitado o seu ámbito de acción.

Un MUSEO DO FUTURO: un museo cércano, pero

aberto ó mundo. Queremos un museo vivo, humano, un

museo no que, en palabras de Georges Henri Riviere, “o

éxito non se mida polo número de visitantes que recibe,

senón polo número de visitantes ós que ensinou algunha

cousa”.

ENTRADA E SALA 1

Sección 0: A escola. Un museo de todos, para

todos.

Este edificio naceu para ser escola de San Cibrao no

ano 1931, por desexo de D. José Mª Montenegro e da súa

muller Dna. Manuela Goñi Maíste, emigrantes na Arxentina.

A súa doazón (60.000 pesetas)  permitiu construír un edificio

de pedra de granito, dividida en dúas alas, unha para a

escola masculina e outra para a feminina.

8

Page 9: Folleto Museo do mar en galego

A distribución do edificio ven determinada polos seus

usos como escola mixta. Tiña dúas portas na fachada que

daban acceso, cadansúa, a dada unha das aulas. En cada

aula existía unha porta traseira pola que se saía ós patios de

recreo, dividios por un muro que separaba o dos nenos e o

das nenas.

No anos sesenta, o mestre, D. Francisco M. Rivera

Casas, e 34 dos seus alumnos convertiron as “Escolas

Vellas” nun museo. En 1969 por iniciativa de Alfredo

Sanchez Carro a Deputación de Lugo acordou en pleno

crear o museo. Entre todos iniciaron un importante traballo

de recompilación de obxectos mariños, que hoxe constitúen

unha parte esencial dos fondos cos que actualmente conta a

colección do Museo do Mar. Esta labor contou, desde a súa

xénese, coa plena complicidade da sociedade, interesada en

preservar o seu tradicional vencello co mar.

No ano 1994 trasladouse aiquí a sección de Naútica do

Museo Provincial de Lugo, sendo a súa dirección quen

coordinou xunto ós veciños a montaxe,como museo

inaugurouse o 12 de agosto de 1994. O museo estivo

9

Page 10: Folleto Museo do mar en galego

xestionado pola Asociación de Veciños “Cruz da Venta”

dende 1994 ata o 2004.. A Deputación Provincial de Lugo, a

través da xerencia da Rede, tomou o relevo na dirección do

mesmo no 2004.No exercicio desta responsabilidade, a rede

de Museos iniciou un proceso de reflexión e estudo sobre a

identidade do museo como institución pública que, ademais

de cumprir as funcións co identifican:

conservación,adquisición,documentación, investigación e

difusión, adquiriu un novo perfil que o converteu nun

referente cultural de primeira orde na sociedade actual.

Hoxe, é un dos catro museos que conforman a Rede

Museística Provincial hoxe é un Museo de todos entre todos.

O latexo do museo:

No espazo contiguo, o motor a vapor simboliza o

corazón do museo, o latexo rexenerador que enche de vida

os rincóns da memoria e nos empurra cara adiante. Neste

espazo, os medios audiovisuais serven de canle de

comunicación entre o museo e os seus visitantes. Vaia a ser

o noso diario de a bordo, onde se recollen as testemuñas

gráficas da nosa memoria histórica e se logra humanizar os

obxectos que compoñen a colección.

10

Page 11: Folleto Museo do mar en galego

SALA 2:

1. A CARPINTERÍA DE RIBEIRA, O CASO DE SAN

CIBRAO.

2. TIPOLOXÍA DE BARCOS A VELA CONSTRUIDOS

EN SAN CIBRAO

3. A ARTE DE MAREAR: MIRANDO Ó NORTE

Como fío conductor desta sala empregamos a sección

da carpintería de ribeira en San Cibrao e as tipoloxías

constructivas máis comúns que saíron dos seus asteleiros,

exemplarizadas nalgún dos modelos de barcos expostos,

réplicas a escala de navíos que tiveron especial relevancia

na historia de San Cibrao, como foron o Paca Gómez, O

Industrial ou a goleta Sargadelos. (Seccións 1 e 2).

Na sección 3, A ARTE DE MAREAR: MIRANDO Ó

NORTE, agruparemos os instrumentos de navegación ou

instrumentos náuticos, esenciais para entender a evolución

da navegación e a magnitude das súas conquistas, que

levaron ó home a descubrir novas terras e a ampliar os seus

horizontes, tanto os xeográficos como os intelectuais.

Asimesmo, incluímos os fanais e luces de

posicionamento dos barcos como elementos significativos

11

Page 12: Folleto Museo do mar en galego

para a navegación, cuxa función é a de marcar a a ubicación

do barco e avisar das manobras durante a marcha.

Reservamos un lugar especial para as pezas

procedentes de rescates subacuáticos, como é o caso dos

restos do naufraxio da fragata Magdalena e do bergantín

Palomo, ocorrido na Ría de Viveiro alá polo ano 1810.

Sección 1.- A CARPINTERÍA DE RIBEIRA, O CASO

DE SAN CIBRAO.

San Cibrao conta desde antigo cunha longa estirpe de

facedores de barcos. Na “Geografía del Reino de Galicia”

(1933), afirma que no s. XIV xa se construían carabelas nas

súas ribeiras.

A puxanza definitiva da construcción naval en San

Cibrao veu da man do nacemento do complexo industrial de

Sargadelos a finais do s. XVIII. A raíz do incremento do fluxo

comercial, tamén aumentou a demanda de construcción de

barcos de cabotaxe para o transporte das manufacturas e

materias primas que demandaba a fábrica. Deste xeito, nos

asteleiros da vila comezaron a construírse embarcacións a

12

Page 13: Folleto Museo do mar en galego

vela de grande porte para as rutas máis longas,

principalmente goletas e bergantíns (e variantes mixtas de

ámbalas dúas), como por exemplo a goleta Sargadelos; e

embarcacións con menor capacidade de carga, coma

quechemaríns, faluchos ou pataches, para desprazamentos

de menor entidade.

Para a pesca facíanse grandes embarcacións de remo,

coma os traiñóns ou as chalupas, que se empregaban tanto

para a caza da balea coma para a pesca da sardiña.

Os carpinteiros de ribeira buscaban nas fragas ás

árbores que máis se axeitaban ós moldes das pezas do

barco. Empregábase principalmente a madeira de carballo,

máis resistente, para o esquelete do barco (a quilla e as

cuadernas), e a de piñeiro ou eucalipto, pola súa

flexibilidade, para os banzos do casco. Tradicionalmente, a

tala da madeira producíase nos meses de outono ou

inverno, coa lúa en cuarto menguante e ó solpor, que é

cando a actividade vexetativa das árbores é menor (teñen

menos savia), para facilitar o curado da madeira e evitar que

podrecera.

13

Page 14: Folleto Museo do mar en galego

Para a tala empregábanse ferramentas como a

machada, o tronzador, a serra de aire, ou a braceira ou

portuguesa. Para serrar as pezas usaban a serras,

serruchos (de costela, de punta), o serrucho de costela ou

cotilla. Para desbastar e alisar a madeira tiñan ferramentas

de corte, ben con folla guiada ou libre: cepillo, garlopa,

gullame, xunteira ou rebaixador, acanalador, machihembra,

cepillo de moldura, cepillo de voltas, aixolas, formóns ou

trenchas, gubias,... Para medir: metro, escuadras, compás,

gramil,... Para golpear ou extraer: martelo, mazas,

tenazas,... Os berbiquís e os barrenos para furar. Para

apretar ou suxeitar, tiñan o barrilete, o gato ou parafuso, as

prensas, os sarxentos ou sarxentas...

Unha vez rematado o casco comezaba as labores de

calafateado, que consistían en introducir entre os banzos da

parte sumerxida do casco (obra viva) cordóns de estopa

impregnados en brea, para impermeabilizar a embarcación.

Os paus, o velame e o resto do aparello, armábase

despois da botadura, co casco xa a flote.

A vela foi substituída progresivamente pola máquina de

vapor, e esta polo motor de explosión ou diésel.

14

Page 15: Folleto Museo do mar en galego

A introducción do ferro para a construcción de barcos

de carga de maior tonelaxe, conduciu ó declive das

carpinterías, cuxa actividade se viu reducida á construcción

de pequenas embarcacións de pesca e á realización de

reparacións.

Tiveron unha nova época de esplendor na década dos

60 do século XX, coa eclosión da pesca do bonito.

Sección 2.- TIPOLOXÍA DE BARCOS A VELA

CONSTRUIDOS EN SAN CIBRAO.

BRICBARCA:

Barco de tres ou máis paus, que aparella velas

cuadras en tódolos paus excepto no último, que

arbola velas de coitelo, xeralmente cangrexas.

BERGANTÍN:

Buque normalmente de 2 paus, con todo o seu aparello

formado por velas cuadras. Caracterizouse pola súa

capacidade de desplazamento, gracias á grande superficie

vélica que era capaz de desplegar.

15

Page 16: Folleto Museo do mar en galego

Eran moi veloces e manobrables.

Unha variante do bergantín é o bergantín redondo, que

porta 2 paus que arbola velas cuadras no trinquete e no pau

maior.

Tamén dispón dunha vela cangrexa, ou escandalosa

(maricangalla).

16

Page 17: Folleto Museo do mar en galego

BERGANTÍN – GOLETA:

Navío de 2 ou máis paus que leva un velame mixto entre o

de bergantín e o de goleta. Aparexa velas cuadras soamente

no trinquete e velas de coitelo, xeneralmente cangrexas e

escandalosas, no resto.

GOLETA:

Polo regular, tiña 2 ou máis paus da mesma altura e

soe aparellar únicamente velame de coitelo.

Xurde no s. XVIII. É capaz de acadar grande velocidade. O

17

Page 18: Folleto Museo do mar en galego

aparello de coitelo require menos persoal para a manobra.

Soen ser de menor desprazamento cós bergantíns.

Variantes da goleta son:

Goleta de velacho:

Identifícanse como goletas de velacho aquelas que teñen

unha vela cuadra no trinquete. Este elemento dálle máis

potencia cando o vento sopra de popa.

Goleta de gavias:

É a que aparella gavias

(velas cuadras) na parte

alta do pau maior.

QUECHEMARÍN:

18

Page 19: Folleto Museo do mar en galego

Embarcación de pouco porte. Ten dous paus arbolados con

velas ó tercio, un pequeno pau de mesana a popa, cun

botalón a proa no que se largan foques, e gavias volantes

para largan cando sopran ventos froxos.

PAILEBOTE: o seu nome provén de "pilot boat" ou barco do

piloto ou práctico dos portos da costa leste dos USA. O seu

aparello adoita ser de goleta, con aparello de cangrexas,

escandalosas e foques. Xeneralizouse o seu uso no

Mediterráneo como barco de comercio.

A axilidade deste tipo de embarcación, fixo que fose unha

das favoritas para o corso durante os períodos de guerra

con Inglaterra.

FALUCHOS: Embarcación de orixe mediterránea, que se

usaba principalmente para o cabotaxe, aínda que tamén se

empregou para a pesca. Caracterizábase pola súa lixeireza

de porte. Armaba dous paus, aparellados con dúas grandes

velas latinas (triangulares). Portaba un largo botalón en proa

a modo de bauprés, no que largaba un gran foque.

19

Page 20: Folleto Museo do mar en galego

GLOSARIO MARIÑEIRO PARA PRINCIPIANTES :

Proa: parte dianteira do barco.

Popa: parte traseira do barco.

Babor: situándonos de cara á proa, parte esquerda do

barco.

Estribor: situándonos de cara á proa, parte dereita do

barco.

Costados: son os dous lados do casco.

Amuras: partes curvadas dos costados que converxen para

formar a proa.

Aletas: partes curvadas dos costados que converxen

formando a popa.

20

Page 21: Folleto Museo do mar en galego

Obra viva ou carena: parte do casco que está somerxida.

Obra morta: é a parte do barco que está por riba da auga.

Liña de flotación: é a liña que separa a obra viva da obra

morta, é dicir ven determinada polo nivel da auga respecto

do casco.

DIMENSIÓNS DUN BARCO:

Eslora: lonxitude do barco tomada desde a proa ata a popa.

Manga: anchura máxima do barco, de babor a estribor.

Puntal: altura do buque desde a quilla ata a parte superior

da liña de cuberta.

Calado: distancia vertical entre a quilla e a liña de flotación.

Medida da parte somerxida do barco.

PARTES DO BARCO:

O aparello: nun barco de vela o aparello está constituido

polo conxunto que forman a arboladura, a xarcia e as

velas:

21

Page 22: Folleto Museo do mar en galego

Arboladura: está formada polos paus e perchas do

barco, que serven para suxeitar e manobrar as velas.

Os paus: cada un dos mastros que serven para soster

as perchas utilizadas para largar as velas ou, directamente,

as velas mesmas. Os paus principais dun barco acostuman

a ser, de proa a popa: trinquete, maior e mesana.

Trinquete: pau máis próximo á proa.

Maior: é o pau principal do barco, o de maior altura.

Mesana: pau máis próximo á popa:

Bauprés: pau sobresae do casco como unha

prolongación da proa e se coloca horizontalmente

respecto desta.

Cofa: Meseta colocada horizontalmente no alto dun pau

para facilitar a manobra das velas altas e situar los

vixías.

Xarcia: conxunto de cabos que serven para suxeitar ou

para manobrar a arboladura e o velamen. Distínguese

entre a xarcia firme, que son aqueles cabos fixos que

serven para suxeitar ou soster os paus, e a xarcia de

22

Page 23: Folleto Museo do mar en galego

labor, e a xarcia de labor, composta polos cabos que se

empreñan para izar, arriar ou orientar o aparello.

Velas: son pezas de pano, que suxeitas a un pau ou

percha, reciben o vento que permite propulsar a

embarcación. Podemos dividir os tipos de vela en dous

grandes conxuntos:

As velas cuadras, aparello redondo ou en cruz, que

se dispoñen de babor a estribor; e o aparello áurico ou

velas de coitelo, que se dispoñen de xeito lonxitudinal,

de proa a popa.

PARTES DO CASCO:

23

Page 24: Folleto Museo do mar en galego

Casco: corpo do barco sen contar a súa arboladura.

Quilla: peza principal da estructura do casco, situada

lonxitudinalmente na súa parte. Constitúe a columna

vertebral do barco.

Cuadernas: son como as costelas do barco. Teñen forma

de U ou de V, e colócanse simétricamente a ámbolos lados

da quilla e rematan na parte alta del costado, dándolle forma

e resistenci ó casco. Sobre elas crávanse os banzos do

forro.

Baos: reforzos transversales que unen as cuadernas pola

parte superior, de babor a estribor, e serven de soporte para

as cubertas.

Forro: Revestimento do casco. Tablóns ou banzos, que se

clavan sobre as cuadernas.

Mamparos: Son os tabiques que dividen o interior do barco.

Borda: Canto superior do costado que sobresae da cuberta.

Temón: pala giratoria instalada na popa nun eixo vertical,

unida a un mecanismo en cuberta (desde o s. XVIII, a roda

do temón), que permite marcar a dirección do barco.

24

Page 25: Folleto Museo do mar en galego

Sección 3.- A “arte de marear”: mirando ó Norte. Os

instrumentos náuticos e a navegación astronómica.

O dominio do mar supuxo unha ruptura irrevogable na

concepción do mundo, tanto dende o punto de vista da

razón como da fe.

Nos albores da Idade media, o mundo da navegación

constituía unha verdadeira arte, a “arte de marear”. Desde a

introducción da agulla náutica ou agulla de marear1 no s.

XIII, o método empregado foi a navegación a estima, que

tomaba como únicos parámetros de referencia o rumbo e a

velocidade para determinar a posición aproximada do barco

no mar. A velocidade medíase coa corredera, que consistía

nunha táboa unida a unha corda de nos, atados a intervalos

regulares. Cada certas horas, o piloto botábaa á auga pola

popa e deixaba correr a corda durante o tempo que marcada

a ampolleta ou reloxo de area (uns 30 segundos), para logo

contar os nós (millas2 / hora) e calcular a distancia

percorrida. Estas medicións eran trasladadas os portulanos

ou cartas portulanas, predecesores das actuais cartas

náuticas, e que se empregaron ata os ss. XVI e XVII. Sobre

1 Sempre sinala o N magnético da Terra.2 Milla náutica = 1852 m.

25

Page 26: Folleto Museo do mar en galego

elas viñan trazadas unha rede de liñas, que a semellanza da

rosa dos ventos do compás, indicaban os rumbos máis

axeitados a seguir durante a navegación. Os rumbos

calculábanse a ollo, polo que era habitual acumular erros,

que na navegación se traducían en millas de máis.

A principios do s. XIV, a combinación da agulla

magnética coa rosa dos ventos3 da lugar ó compás

náutico, instrumento esencial para a navegación ata case

os nosos días. O conxunto completarase coa bitácora, cuia

finalidade inicial era a de protexer o compás das condicións

adversas e proporcionarlle estabilidade para facilitar a

lectura dos rumbos.

O s. XVI constitúe o punto de inflexión na historia da

navegación. Comeza a Idade de Ouro dos descubrimentos.

As grandes potencias do momento, inician unha carreira sen

tregua na procura de novos territorios. A necesidade de

consolidar o control sobre estas posesións e de establecer

unha comunicación fluída con elas, vai a ser o revulsivo que

os vai a levar a investir grande parte dos seus esforzos na

investigación de novas técnicas e instrumentos de

navegación, máis eficientes e exactos cós anteriores. Deste

3 Disco no que viñan marcados os 32 rumbos, cuartas ou ventos, posibles na navegación.

26

Page 27: Folleto Museo do mar en galego

xeito prodúcese a transición á navegación astronómica,

que se basea na observación directa da posición dos astros

en relación coa superficie terrestre para determinar con

precisión as coordenadas (lonxitude e latitude) que permiten

establecer a situación do barco nas navegacións de altura,

nas que a costa non pode ser un punto de referencia fiable.

Prodúcese a mellora de instrumentos xa coñecidos na

época medieval, como o astrolabio, a ballestilla ou o

cuadrante, e dáse paso a outros novos coma o octante ou o

sextante (s. XVIII). Empregábanse para tomar medicións

angulares da altura do Sol ou da estrela polar ó seu paso

polo meridiano con respecto dun punto fixo coma o

horizonte, necesarias para o cálculo da Latitude (N – S).

No primeiro terzo do s. XVIII aparece o octante de John

Hadley, instrumento que baseaba o seu funcionamento na

física da reflexión da luz. Medía alturas de ata 90º. O

sextante xurdiu a posteriori coma unha evolución do

octante, xa que conseguiu ampliar o ángulo de medida ata

os 120º. Asimesmo incorporaba un sistema de lentes e

espellos que permitía superpoñer nun so plano a posición do

astro sobre o horizonte. O sextante tamén se empregou para

27

Page 28: Folleto Museo do mar en galego

calcular a lonxitude, aplicando o método das distancias

lunares, baseado no desprazamento sistemático da Lúa

respecto das estrelas. Os resultados carecían da exactitude

necesaria.

A determinación da lonxitude (E – W) foi o punto feble

da navegación ó longo de toda a Idade Moderna, xa que

para calculala con precisión é necesario coñecer en cada

momento a hora exacta do lugar onde se atope o barco. Así

pois, non será ata ben entrado o s. XVIII, coa invención do

cronómetro náutico, cando se atope a solución técnica

definitiva para o dilema.

Os naufraxios.

As profundidades mariñas gardan nas súas entrañas

unha boa parte da historia da humanidade. Algunha das

testemuñas máis senlleiras que atoparemos no museo

proveñen do naufraxio acontecido en augas da ría de

Viveiro, a madrugada do 2 de novembro de 1810. Inmersos

en pleno conflicto bélico coa Francia napoleónica, zarpara

de Ferrol unha escadra anglo-española ó mando do

guerrilleiro Antonio Renovales, coa misión de controlar algún

28

Page 29: Folleto Museo do mar en galego

dos portos estratéxicos do Cantábrico, cando os sorprendeu

unha forte galerna. Os que puideron, buscaron abrigo na ría

de Viveiro, pero foi demasiado tarde. O temporal arreciou, e

os barcos non foron quen de soportar os embates do mar.

Entre aqueles barcos atopábanse a fragata Magdalena e o

bergantín Palomo, cargados de provisións. A fragata

Magdalena na súa zozobra, embisteu violentamente contra a

fragata inglesa Narcisus, e acabou encallando e

naufragando nos Castelos, os illotes que se franquean a

praia de Covas. Na fragata amoreábanse naqueles intres

máis de 550 persoas, rescatadas doutras embarcacións

asolagadas por mor do temporal. O bergantín Palomo

embarrancou na praia de Sacido.

A fragata Santa María Magdalena medía 41,70 m. de

eslora por 10,25 m. de manga, e desprazaba unhas 500

toneladas. Iba artillada en cuberta cunha batería de 18

canóns de 18 libras, ós que había que sumar dous canóns

de 6 libras no castelo de proa e 12 obuses no alcázar.

Na traxedia morreron máis dun milleiro de persoas.

Tantas foron as víctimas, que as autoridades víronse

29

Page 30: Folleto Museo do mar en galego

obrigadas a enterrar os afogados en fosas nas dunas da

praia de Covas.

Como lembranza daquel naufraxio, erixiuse, en 1934, o

monumento dos Castelos na praia de Covas (Viveiro).

SALA TRES:

4. OS OFICIOS DO MAR.

5. HISTORIA DA PESCA EN SAN CIBRAO: ARTES E

APARELLOS DE PESCA.

6. VIDA MARIÑA: ALGO MÁIS CA PEIXES.

Nesta sala tomaremos o caso de San Cibrao como

referencia para mostrar, desde o particular ó xeral, a

simbiose construída entre os pobos litorais e o seu mar.

Desta adaptación ó medio xorden oficios directamente

vencellados ás labores de extración do peixe, á elaboración

e procesamento do mesmo ou á súa comercialización, e

obxectos asociados a esas tarefas.

PEIXEIRAS ou PESCANTINAS: bacías, patelas, etc.

REDEIRAS: agullas de madeira, malleiros, etc.

30

Page 31: Folleto Museo do mar en galego

CORDELEIROS: instrumentos que permitía a

elaboración ou arranxo dos cabos das embarcacións.

Incluímos algunhas das artes de pesca empregadas

polos mariñeiros de San Cibrao ó longo da súa

historia.

Neste espazo va a chamar especial atención dúas

pezas:

Un traxe de augas completo, de tres pezas (casaca,

pantalón faenero e gorro), elaborado ó xeito

tradicional, con liño “encascado”.

Un traiñón ou txalupa baleeira de 3 m. de eslora,

aparellado con dúas velas.

Nesta sala é ineludible referirse ó obxecto directo

destes traballos: os froitos do mar. Incluímos na mostra unha

variada representación da fauna mariña, principalmente,

pezas da colección de malacoloxía (un 70 % do total dos

fondos do museo), esqueletes totais ou parciais de animais

mariños (mandíbulas de quenllas, espadas de peixe espada,

esqueletes de golfiños, etc.), animais desecados

(tartarugas), corais, fósiles, algas, etc.

31

Page 32: Folleto Museo do mar en galego

Sección 5.- Historia da pesca en San Cibrao: artes e

aparellos de pesca e proceso de transformación.

“Hei ven o maioque trai o tempo bo,hei ven o maiopara pesca do traiñón.Hei ven o maioViste de señorito,hei ven o maiopara pesca do bonito”.

Desde a súa xénese, San Cibrao ven mantendo un

estreito vencello co mar. Os ritmos socioeconómicos da

comarca veñen condicionados polo ritmo das mareas.

A pesca extractiva pasou de ser unha ocupación

complementaria da agricultura a converterse no eixo

vertebrador ó redor do cal se artellou a economía local. A

actividade pesqueira xenerou ó seu redor unha serie de

oficios (carpinteiros, cordeleiros, toneleiros, peixeiras,

redeiras, etc..), que de xeito directo ou indirecto, ocuparon a

unha importante porcentaxe da poboación.

Ata principios do s. XX, a sardiña foi a protagonista.

Daquela, existían en San Cibrao tres fábricas de salgadura.

32

Page 33: Folleto Museo do mar en galego

Pero xa a partir dos anos 30, o bonito empezou a cobrar

importancia. Nos meses de primavera pescábase bocarte ou

anchoa. A costeira do bonito ocupaba os meses de verán, e

desde o seu remate e ata o inverno íase ó peixe espada e ó

marraxo. Nos anos 60, San Cibrao era, despois de Burela, o

porto con máis embarcacións boniteiras. Nestes anos, a

comarca viviu una crise no sector pesqueiro, polo que

moitos mariñeiros cambiaron a pesca pola navegación

comercial, a mariña mercante.

De seguido pasamos a describir brevemente as artes de

pesca de uso máis frecuente no noso litoral. Podemos

establecer unha primeira división entre as artes de rede e as

de anzuelo.

As de rede subdivídense á súa vez en:

FIXAS: son panos de rede que se calan verticalmente

por medio de áncoras ou plomadas na súa parte

inferior, e cunha liña de cortizas ou flotadores na

superior. Poden ir fixadas ó fondo ou entre augas.

Volanta:

Esta arte está documentada no noso litoral desde

principios do s. XVI. Está composta dun único pano que

33

Page 34: Folleto Museo do mar en galego

pode acadar os 8 km de lonxitude. Lárgase ó fondo para

a captura de especies maiores, coma a merluza, a

lubina ou o ollomol.

Trasmallo:

Formada por tres panos de

rede superpostos, os

exteriores coa malla máis

grande que a interior.

Cálase ó fondo, para

capturar especies de rocha,

como a faneca ou o congro.

Beta ou volantilla:

É parecida á volanta, pero máis pequena tanto no

tamaño como na malla. Emprégase para a pesca de

pescada, faneca, meigas, sargos, etc..

Rascos:

Arte de fondo de malla grande, que tanto se pode

empregar para a captura de mariscos (langosta,

centola, boi, etc.) como de peixe (peixe sapo, raias,

rodaballos, etc.)

34

Page 35: Folleto Museo do mar en galego

DE DERIVA: técnica de enmalle mediante a flotación ou

deriva dos panos de rede.

Xeito:

Arte que tradicionalmente se empregou para a pesca da

sardiña. No s. XVII os panos fabricábanse en liño coa

malla moi pequena. É unha arte de superficie.

DE CERCO: artes adicadas á captura de especies

peláxicas, como a sardiña ou o xurelo. O aparello

lárgase ó redor do cardumen, para despois pechar a

35

Page 36: Folleto Museo do mar en galego

arte por abaixo cunha corda ou xareta, formado así un

embolsamento do peixe.

Traíña:

No s. XVII, a traíña estaba formada pola aportación de

panos ou quiñóns dos pescadores. O resultado era

unha rede rectangular. Largábase desde a costa e logo

tirábase polo outro extremo desde unha embarcación,

unha traíña ou un trincado, ata formar un cerco sobre o

banco de peixe.

Terrafa ou terrafiña:

Arte empregada desde a aparición dos barcos de vapor.

DE COPO OU DE ARRASTRE: os panos de rede

36

Page 37: Folleto Museo do mar en galego

forman unha especie de saco pechado que é arrastrado

por unha ou máis embarcacións. O arrastre pode ser de

fondo (bentónico) ou entre dúas augas (peláxico).

Xávega:

A xávega foi introducida en Galicia polos fomentadores

cataláns. O seu uso xenerou conflictos nas

comunidades mariñeiras, por consideralas

depredadoras en exceso. Consistía nunha rede de cope

que se largaba desde terra, e polo outro cabo sacábase

mar a dentro. A pesca cobrábase desde terra, ben con

tracción humana ou ben coa axuda de animais de tiro.

Rapeta:

Arte de uso común no noso litoral desde a Idade

Moderna. Tamén coñecida como sacada pequena,

traíña menor ou rapeta de traíña, caracterizábase por

non ter cope.

Boliche ou chinchorro:

De ampla difusión na segunda

metade do s. XVII, polo seu fácil

manexo, xa que ó ser máis pequeno

37

Page 38: Folleto Museo do mar en galego

cá traíña podía empregarse en espazos máis reducidos,

normalmente para a pesca da sardiña.

Na actualidade, ten unhas dimensións de 40 m. de

longo por 10 m. de alto. Está formado por dúas pernas e

un cope ou saco.

Na Idade Moderna as redes e cordas fabricábanse en

cánabo ou liño e, posteriormente, en fío de algodón.

Para proporcionarlles resistencia, as redes debían ser

“encascadas”. O encascado consistía en ferver as

redes en caldeiras ás que se engadía cortiza de sauce,

carballo ou piñeiro. Unha vez escaldadas, as redes

estendíanse sobre uns maseiros ou artesas, donde se

vertía a auga da caldeira, tinguida polo efecto das

cortizas. Desta forma, dábaselle cor ós panos.

38

Page 39: Folleto Museo do mar en galego

DE ANZUELO:

Liñas:

Consiste nun sedel ou tanza enrolado ó redor dun

bastidor de corcho (sirgo) ou madeira (grádella). No

extremo, a liña ten un chumbo, e un ou varios anzós.

Palangre:

Está formada por unha liña nai na que se empatan

outros máis curtos nos que van

pendurados os anzós. O

palangre pode ser de fondo,

para a captura de especies

como a pescada ou o congro; ou

de superficie, para a

39

Page 40: Folleto Museo do mar en galego

pesca de especies peláxicas como o atún, o marraxo ou

o peixe espada.

Curricán:

O curricán é a arte que se emprega na Mariña de Lugo

para a pesca do bonito. Suxéitanse unhas longas varas

ós costados do barco, das cales van enganchadas os

sedais, ou brazolas, e ós seus extremos os anzós. Esta

arte traballa á cacea, é dicir, co barco en movimento.

Ata fai pouco tempo, o engado facíase con folla de maíz

blaqueada, e peiteada con cepillos de aramio para

convertela en hebras.

Poteras:

Está formado por un chumbo, recuberto con fíos de

40

Page 41: Folleto Museo do mar en galego

cores, e rematado pola súa parte inferior cunha coroa

de pequenos anzós. Úsase para a captura de luras ou

calamares.

Para a captura do polbo e dalgún marisco, empréganse

as NASAS. Son unha especie de gaiolas ou trampas,

provistas dunha abertura ou boca en forma de funil, que

facilita a entrada da presa e impide a súa saída. Están

feitas de materiais diversos, principalmente de madeira,

vimbio ou metal.

A súa forma varía en función da especie a capturar

(nécora, langosta, camarón, faneca, polbo, etc.). É unha arte

de fondo.

Ademais da pesca, o MARISQUEO é outra das

actividades relevantes do sector. O marisqueo pódese

41

Page 42: Folleto Museo do mar en galego

realizar a pe ou desde unha embarcación (marisqueo a

flote). A continuación pasaremos a describir algúns dos

aparellos empregados nesta actividade:

Sacho: semellante ó que

se emprega na agricultura,

Server para remover a area na

busca da ameixa, chirla, etc.

Angazo: especie de

rastrelo que se emprega para a

recollida de berberecho,

ameixa, coquina, etc.

Rasqueta: é como unha

espátula que serve para

arrancar da rocha os percebes ou os mexilóns.

Rastro: emprégase desde unha embarcación para a

captura de ameixa, berberechos, etc. Está composto por un

rastrelo ó que se lle engade un copo de rede, e todo o

conxunto vai unido a unha vara dunha medida axeitada á

profundidade que se queira traballar.

42

Page 43: Folleto Museo do mar en galego

Raño e gancha: semellante ó rastro, pero substitúen o

copo por unha rella metálica. Son máis lixeiros e resultan

máis fáciles de manexar.

Can ou endeño: arte de

arrastre, xa que debido ó seu

maior tamaño ten que botarse á

auga e logo vai sendo arrastrado

pola embarcación. Está permitido

en fondos superiores a 20 m.

úsase para especies como a

vieira ou a ameixa.

Existen tamén algúns aparellos

auxiliares, útiles tanto para a

pesca como para o marisqueo:

Trueiro: formado por unha vara á que vai unido un aro

ó que se lle incorpora unha bolsa de rede.

Tina ou espello: caixa de madeira cun cristal no fondo

que permite ver o fondo mariño a curta distancia (ata 3 m.).

úsase na captura de centola ou do ourizo.

43

Page 44: Folleto Museo do mar en galego

Bicheiro: vara cun gancho de ferro nun dos extremos

que serve tanto para a pesca como para enganchar

cabos ou acercar a embarcación a terra.

SALA CATRO:

Os restos óseos das baleas son as protagonistas desta

sala. Foron recollidos nas inmediacións das praias de San

Cibrao, en especial na de Cubelas, nas que se procesaban

os cetáceos cazados nos ss. XVI-XVII.

Xa no s. XX, a caza da balea volveu a ser unha fonte de

recursos destacada para a economía de local. A familia

Massó, unha das principais sagas conserveiras de Galicia,

instalaron unha das súas factorías baleeiras en Morás

(Xove).

Sección 7.- OS CAZADORES DE BALEAS

A caza da balea xa está documentada nos portos

vascos desde o s. XII. No s. XIV, unha crise nas capturas,

fixo que os baleeiros vascos, especialmente guipuscoanos e

viscainos, tivesen que buscar novos asentamentos, nun

principio temporais, circunstancia que fixo que esta tradición

44

Page 45: Folleto Museo do mar en galego

se fose desprazando progresivamente ó longo da cornixa

cantábrica.

En Galicia, a industria baleeira tivo o seu apoxeo entre

os ss. XVI e XVII. As bases baleeiras de meirande

importancia localizábanse na Mariña Lucense, nos portos de

Rinlo, Foz, Nois, Burela, San Cibrao e Bares. No litoral

atlántico, sólo os portos de Caión e Malpica desenvolveron

con éxito esta pesquería.

O sistema de caza tamén foi importado da tradición

vasca:

“Mátanas da seguinte maneira: sóbese unha atalaia á

punta dunha serra que cae sobre o mar e de alí ven de lonxe

saltar gran cantidade de auga para arriba facendo moita

escuma, e cando a balea ten a metade do corpo fóra da

auga, a atalaia dá aviso ós mariñeiros, os cales armando as

súas barcas e poñendo dentro moita cantidade de cordas e

nos cabos atados uns dardos arpoados vanse a elas, e

tirándolles como se senten feridas van logo moi bravas mar

a dentro; levando metidos aqueles arpóns e os pescadores

dándolles sempre corda séguenas ata que xa desangradas

45

Page 46: Folleto Museo do mar en galego

e perdida aquela furia tráenas tirando delas ata terra, onde

facendo grandes lumes sacan delas moito aceite”.

(Bartolomé Sagrario de Molina, Ldo. Molina,

Descrición del Reino de Galicia y de las cosas notables del)

As mandas de cetáceos, principalmente a balea vasca

(Eubalaena glacialis ou Eubalaena Biscayensis),

abeirábanse polo Cantábrico no seu roteiro migratorio desde

o Atlántico Norte, entre os meses de outubro e marzo. Nesta

época, a frota, integrada por unha chalupa principal e outras

auxiliares, tiñan o aparello preparado para saír ó mar en

canto o atalieiro dese aviso de balea. As chalupas galegas

medían entre 6 e 8,5 m. de eslora e portaban dous paus

coas súas correspondentes velas. A tripulación estaba

composta por oito ou nove homes. O animal era

enganchado cun arpón de ferro, coa punta en forma de

frecha. Para esgotala acometíana coas sangradeiras ou

chabolíns, semellantes ó arpón pero coa folla lanceolada,

destinadas a desangrar ó animal. Ámbolos aparellos ían

atados a unha estacha (corda de cánabo).

46

Page 47: Folleto Museo do mar en galego

Unha vez morta, a balea era trincada (atada) entre

varias embarcacións e levada ata terra para o seu

despezamento. Para tal fin usábanse diferentes tipos de

coitelos (trinchante, coitelos de man, machetas, coitelos a

dous fíos, etc.).

A graxa da balea ou saín era derretida xeralmente na

mesma praia ou nas súas proximidades, en grandes

caldeiras, para despois ser envasada en barricas para a súa

comercialización. O aceite obtido empregábase como

combustible para as lámpadas ou para o carenado das

embarcacións. Co tempo fóronselle atopando novos usos:

facíase margarina, xabóns, vernices, empregábase en

perfumería e en farmacia, etc.

Coas barbas da balea, ou fanóns, facíanse variñas para

paraugas, corsés ou abanos, para os escanciadores de viño,

bucinas, etc. Da cabeza do cachalote (Physeter

macrocephalus) extráese o espermaceti ou esperma de

balea, un fluído que antigamente se usaba como aceite de

buxías e na actualidade serve para a elaboración de

cosméticos e productos farmacéuticos.

47

Page 48: Folleto Museo do mar en galego

En portos coma os de San Cibrao, Foz ou Burela, na

primeira metade do s. XVII, a industria baleeira deu lugar a

un productivo intercambio comercial co resto da área

cantábrica, chegando incluso ata Francia.

Entre finais do s. XVII e principios do XVIII produciuse a

decadencia definitiva da caza da balea nas nosas costas.

Non sería ata 1965 cando as baleas voltarían a cobrar

protagonismo na vida de San Cibrao, cando a empresa

conserveira Massó instalou unha das súas factorías no

Portiño de Morás (Xove). A factoría contaba cunhas

modernas instalacións que permitían o completo procesado

da balea, para a obtención e envasado de aceites e fariñas,

e tamén para a preparación da carne para o consumo. As

capturas efectuábanse desde barcos baleeiros, coma o

“Carrumeiro” ou o “Cabo Moras”, con canóns arpoeiros

armados na súa proa.

Pechou as súas portas no 1976, pouco antes da

declaración da moratoria internacional á caza comercial de

baleas (1986).

Hoxe en día, eses terreos están ocupados pola factoría

Alcoa, un dos piares básicos da economía da zona.

48