furafollas
-
Upload
pazlorenzorodriguez-plr -
Category
Documents
-
view
231 -
download
7
description
Transcript of furafollas
Para moita xente de fóra Galicia é brétema , chuvia e orballo, mares
encrespados, húmidos vales e contos de meigas á luz da lareira.
Pero nós, os galegos , sabemos ben que é moito máis ca iso : é humor
faisqueiro, bulicio e ledicia de verán , é chan de lingua doce e melodiosa e...tamén
sitio de comer ben.
A gastronomía e a lingua son a expresión cultural que mellor define a un
pobo.
Viches a lúa e o sol
Andaches polos camiños
Loitaches por esta Galicia
Encarrilaches o noso porvir
Namoraches coas túas verbas
Tentaches moitos eidos
Ínventaches outros soños
Navegaches no mar da vida con vela galega
CLAUDIA ESCAPA (2º ESO)
CHALLENGE. TRY TO READ IT!
SMILE! What is the longest word in the English language?
SMILES: there is a mile between the first and last letters!"
Teacher: Maria please point to America on the map.
Maria: This is it.
Teacher: Well done. Now class, who found America?
Class: Maria did.
A: Aren't you wearing your wedding ring on the wrong finger?
B: Yes I am, I married the wrong woman.
A: I'm in a big trouble!
B: Why is that?
A: I saw a mouse in my house!
B: Oh, well, all you need to do is use a trap.
A: I don't have one.
B: Well then, buy one.
A: Can't afford one.
B: I can give you mine if you want.
A: That sounds good.
B: All you need to do is just use some cheese in order to make the mouse
come to the trap.
A: I don't have any cheese.
B: Okay then, take a piece of bread and put a bit of oil in it and put it
in the trap.
A: I don't have oil.
B: Well, then put only a small piece of bread.
A: I don't have bread.
B: Then what is the mouse doing at your house?!
A very drunk man comes out of the bar and sees another very drunk man.
He looks up in the sky and says, "Is that the sun or the moon?"
The other drunk man answers, "I don't know. I'm a stranger here myself."
An elementary school teacher sends this note to all parents on the first day of
school.
"If you promise not to believe everything your child says happens at school, I
will promise not to believe everything your child says happens at home.
A guy says to his friend, "Guess how many coins I have in my pocket."
The friends says, "If I guess right, will you give me one of them?"
The first guys says, "If you guess right, I'll give you both of them!"
Q: What is white when it's dirty and black when it's clean?
A: A blackboard.
Teacher: Today, we're going to talk about the tenses. Now, if I say "I am
beautiful," which tense is it?
Student: Obviously it is the past tense.
TWIN* FOR LONDON 2012
Dentro do programa de irmandade* en marcha con outro centro educativo británico,
promovido pola BBC e a Consellaría de Educación da Xunta de Galicia; decidimos
entrevistar a dous alumnos, en relación á celebración dos Xogos Olímpicos de Londres
2012.
Entrevista a Alex Vázquez Dacal, alumno de 3º da ESO
A que club pertences? Ao Club Hípico Vilamarín.
Que disciplina ecuestre practicas? Salto, Doma Clásica e Volteo.
Que che parece o feito de que a hípica sexa a única modalidade mixta dos
X.X.O.O.? Algo do que deberían tomar exemplo outros deportes.
Que supón ter como adestradora á unha ex-seleccionadora parolímpica como a
granadina María Teresa Jímenez Hormich? É todo un privilexio para min adestrar con
ela. Por que? Porque foi quen confiou en min e quen me deu todas as oportunidades .
Tamén polo trato que ten cos alumnos. Preocupase por cada un deles.
Cal é o nome do teu animal favorito? Traviata, un egua con raza C.D.E. (Cabalo de
Deporte Español). Que destacarías dela? É moi agarimosa e con chispa na pista de
traballo.
Entrevista a Raúl Iglesias Náñez, alumno de 3º da ESO
Que modalidade practicas? Sobre todo K1(Kayac), pero tamén K2 e K4. A miña
preferida é o C2 en pista, sobre todo.
Que supón pertencer a un club de piragüismo como o Ría de Aldán, cheo de
medallistas olímpicos? É unha sensación estraña, orgullo e gañas de seguir dándolle
sona ao club.
Cal é o teu piragüista preferido dentro do teu club? Teresa Portela (campioa
mundial dúas veces en C1-200m), que vai participar na súa terceira olimpíada.
Que destacarías desta deportista? A súa técnica ao padexar e o seu carácter fóra da
competición: amable e sorrinte.
Como te animaches a practicar neste deporte? Polo verán vía a moita xente que o
practicaba e animeime.
Ao meu mestre TI HAS SABER …
Eu son Xan, coma quen di un calquera, un ninguén. Iso, un xan. Algúns rapaces sómosche así. Indeterminados. Andamos todo o día con teas de araña nos ollos, e temos un rebumbio de biosbardos aniñados na alma. Somos coma o roupeiro do cuarto, para onde imos botando farrapos. E cando nos cómpre un non sabemos onde está nin cal coller. E vai un, así, ao chou. Tanto ten. Porque temos présa para ir a non sei onde . Ás veces somos coma un trade avariado que corre moito e mal. Ou coma a sopeira da avoa que rompeu en anacos e agora andamos todos a encaixala para que siga traéndonos á mesa arrecendendo a gloria e fartura. E tamén acougo. Eu tamén son un crebacabezas. Pero ti , que abres regos para sementar eidos de esperanza, que, cal vagalume, alumeas corredoiras cheas de sombras, que podas cada ano vides para inxertar ledicia … es mestre en moitos oficios e, ademais, es o meu mestre e eu ben sei que has saber como axeitarme. Traeme un día unha cantiga de menceres novos. Tráeme outro, unha mirada fonda coma os meus ollos . Cóntame contos de lúas cheas e solpores rosa. Fálame baixiño, para que te oia ben. Cando pasas ao meu carón, non penses que non me decato. Non enchas co meu fume os teus soños e mira que eu sonche faísca que acende axiña . Non agardes que sexa sempre como ti queres, pero hei ser algo mellor do que son. Un xan
ERAS TI
Eras coma a luz que escintila pola noite Eras coma os caraveis que me mercabas Se algún día te lembras de min Pensa na antiga parrula fermosa O meu corazón abriu as súas portas A un novo mundo de cor Quero esquecerme de ti Non quero volver sufrir Teño medo a verte Tanto de cara como de perfil Páraseme o corazón Cada vez que penso en ti Non quero caer na túa trampa Xa me cansei de ti E a palabra desgraza Quedou marcada en min
UXÍA 1º ESO
COUSAS DA SABEDORÍA POPULAR
1. Somos o viaxado o vivido e o lido:
- Quen un libro saiba ler algo pode aprender.
- Tal terra andar, tal falar.
- Quen vai e volve, boa viaxe fai.
- Nin por arrodeos nin por atallos, deixes o camiño dos carros.
2. Coidado coas apriencias:
- A boa presentación é carta de recomendación
- Moito falar e pouco saber, logo te botan a perder.
- O mal e o ben a cara vén.
- Antes que coñezas, nin gabes nin ofendas
- A auga de correr e a xente de falar, non se pode privar
3. Cada cal co seu natural:
- O mozo que é preguiceiro, por non dar un paso dá un milleiro.
- Neste mundo redondo o que non sabe nadar, vaise ao fondo.
- Traballar é de xente de mal vivir, pois o día é para descansar e a noite para durmir.
4. De tal pai, tal fillo:
-Ou nas unllas ou nos pés, has semellar a quen es.
- Entre irmáns, non metas as mans.
- Criado por avó, non hai un neno bo.
- Fillo es e pai serás, como fixeses así o terás.
- Quen aos seus non agarima, que a ninguén agarimo pida.
ALUMNADO DE 2º ESO
RECEITAS E REMEDIOS
CANABUCHOS ASADOS
Ingredientes: Mazarocas de millo tenras.
Xamón.
Preparación: Límpanse as mazarocas ou canabuchos.
Espétanse nun pao.
Ásanse ao lume vivo.
Cando están tostados envólveselle o xamón.
Recollido por Alicia 4º Primaria de Vilamarín
PARA AS ESCOCEDURAS DOS BEBÉS
Pós recollidos da madeira acarunchada. Cando non había pós de talco.
PARA AS MAZADURAS E FERIDAS
Untura feita con augardente onde se deixaron macerar flores de cachapeiro, engadiase
un pouco fel do fígado do porco na matanza. A esta untura chamábaselle árnica.
Recollido por Soco Fdez da Veiga do Bolo
VOCES A PIQUES DE SER ESQUECIDAS Langrado: ferido
Esbolsar: rebordar
Engaratusar: fedellar
Netorría: mimo
Adovelar: mover as mans continuamente
Deluvar: fretar os ollos
Labrar: adelgazar
Avogoso: avogado de …
Amantiño: suave
Paletra: pedra plana para xogar. Xogo con esta pedra - Valdeorras
Cochar: cando a paletra ou a canica queda dentro do ollo
Enzorobellar: liar
Enllas: gromos
Tríquele: xogo do truco- Veiga do Bolo
Chicharro: coiro frito
Axadado: queimado pola xiada
Acarunchada: madeira con caruncho, o po que soltaba usábase como o de
talco para as escoceduras dos bebés
Canabucho: mazaroca de millo tenro para asar (Vilamarín)
Carroucho: “ “ “ “ “ “ (San Cibrao das Viñas)
Canabucho:bote ou similar para gardar cousas pequeñas ( “ “ “ )
Emboligar: dar voltas polo chan
Estarricar: estirarse (no chan)
Aligacha : babosa pequeña das leitugas
(Mal) Atrepío: mal fondo
Galochas: zocos –Veiga do Bolo
Escurrupitar: apurar un líquido ata o fondo
Escorovellar: pelar (guisantes ou similar)
Tronco: aparello estático onde se tiña ao neno pequeño que non andaba de
pé para fortalecer as pernas (e non molestar).- Veiga do Bolo
Zangüenga: pilingui
Pandorga: pasmada
Xandoca: “
Estroleque: movido, hiperactivo
Alpabarda: que non é ben
Pantumina: que non se move
Apalominado: “ “ “
Avutarda: que aparece en calquera momento e a deshoras
Palanquín: que non sabe nada
Zampalimosnas: non fai nada e espera a que lle caiga.
Tempo no inferno
Oito e dez da mañá . Soa a alarma do móbil . Dou un brinco e saio da
cama para apagalo. Se puidera durmir un anaco máis…
Teño moito sono e aínda por riba esta música espantosa ponme de mal
humor . Que bo comezo do día!! Ben , terei que ergerme . Novo día
de instituto , o que é igual a novos exames e novas tarefas … Despois
de apagar o móbil abro levemente a persiana . Que día de cans!
Desanimada , camiño cara ó armario en busca de roupa . Cos ollos
medio pechados abro a porta do armario e … Ai!,que dano! Outro
golpe máis completa a xornada! Se sigo así nunhas semanas estou no
hospital, e en tres meses metida nun ataude . Unha nova alarma sae do
móbil . Desesperada corro pola habitación . Máis obstáculos! Isto é
unha carreira de atletismo! Por fin logro alcanzar o aparello máis
odiado nestes intres .
De novo achégome ao armario e saco un conxunto de roupa para poñer
neste día que será … moi bo … Xa estou vestida . Por fin! Cantos
golpes para poñer uns míseros vaqueiros , unhas deportivas e un xersei
. Camiño polo corredor esperando que ninguén me vexa con estes
pelos . Parezo unha tola recén saída do manicomio! Despois de
arrastrar os meus pés , logro alcanzar a cociña . Sento . Que alivio! Dez
minutos de pé e un cansanzo como se levase meses erguida!
Algo que vale a pena! O meu vasiño de leite quente , axudarame a
espertar e animar un pouco esta cara , ou polo menos ese é o meu
propósito .
Volvo erguer coa esperanza daquela canción:
“ hoxe pode ser un gran día
onde todo está por descubrir”
ELENA VALCÁRCEL (2º ESO)
PASATEMPOS
Escribe as vogais para completar un pensamento sobre a
lingua de Valentín Paz Andrade:
“Tr´_t_s_ d_nh_ l_ng_ _ n_ q_ _ h_x_
p_d_n _nt_nd_rs_ m_ll´_ns d_ p_rs_ _s _
_nd_ q_ _ _ f_l_n c_n d_st_nt_ _c_nt_ _
_ _scr_b_n d_ f_rm_ d_f_r_nt_ _lg´_ns
v_c_bl_s.
N_ c_mp_t_ c_mpr_nd´_m_n_s p_b_ _c_ ´_ns
d_ G_l_c_ _,
P_rt_g_l (c_ _s s´_ _s c_l_n_ _s) _ Br_s_l”.
XEROGLÍFICOS
Dúas obras de Valentín Paz Andrade
C 500e
A -n
N-e
ALUMNADO 2º PRIMARIA
ALUMNADO
2º PRIMARIA
Os de tres anos somos así: