g UNIDAD VIOLENCIA · pois vítimas xa da violencia de xénero. Unha experiencia común a moitas...

8
2.- OBXECTIVOS Adquirir habilidades que permitan aprender e resolver os conflitos de forma pacífica. Resaltar de igual forma os valores masculinos e femininos. Educar para adquirir unha identidade persoal tolerante e diferenciada, para que a convivencia na sociedade chegue a ser igualitaria e plural. Concienciar ao alumnado para compartir e asumir responsabilidades familiares e sociais, de forma conxunta, evitando estereotipos sexistas. Visibilizar ás mulleres coa linguaxe non sexista e recoñecendo os seus logros a través do tempo. Fomentar actitudes positivas de convivencia baseadas no diálogo e na comprensión. 1.- INTRODUCIÓN O artigo 1 da “Declaración sobre a eliminación da violencia contra as mulleres” de Nacións Unidas declara que a violencia contra as mulleres é “todo acto de violencia, baseado na pertenza ao sexo feminino, que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, incluíndo mesmo as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria de liberdade, tanto se se produce na vida pública como na privada.” Segundo esta definición, a violencia para as mulleres non é algo que pertenza á vida privada, como se quixo reducir durante tanto tempo, e xa sabemos que o que non se ve non existe, senón que é un problema social e público que ademais está vencellado ao grande desequilibrio que existe nas relacións de poder entre sexos en todos os ámbitos: laboral, político, social, familiar, económico… Xa que logo, un dos nosos principais obxectivos debe ser o de continuar a loitar contra as estruturas autoritarias, machistas e desiguais que aínda existen na nosa sociedade, nas que a violencia está fortemente arraigada, como única forma de non sermos cómplices desta lacra. Por iso presentamos esta unidade didáctica, para que se poida desenvolver e traballar nos centros e contribuír así á concienciación por parte do noso alumnado, pois hai que comezar a pór os alicerces desde os primeiros anos, educando en igualdade para que a nosa sociedade teña un futuro máis san e igualitario. Para lograr este obxectivo é fundamental contar co apoio e o traballo das familias, dado que a educación ten que se realizar en ambos os dous ámbitos, familiar e escolar, para que sexa frutífera.

Transcript of g UNIDAD VIOLENCIA · pois vítimas xa da violencia de xénero. Unha experiencia común a moitas...

Page 1: g UNIDAD VIOLENCIA · pois vítimas xa da violencia de xénero. Unha experiencia común a moitas delas é a dificultade que teñen á hora de detectaren que tipo de comportamentos

2.- OBXECTIVOS

Adquirir habilidades que permitan aprender e resolver os conflitos de forma pacífica. Resaltar de igual forma os valores masculinos e femininos. Educar para adquirir unha identidade persoal tolerante e diferenciada, para que a

convivencia na sociedade chegue a ser igualitaria e plural. Concienciar ao alumnado para compartir e asumir responsabilidades familiares e sociais,

de forma conxunta, evitando estereotipos sexistas. Visibilizar ás mulleres coa linguaxe non sexista e recoñecendo os seus logros a través do

tempo. Fomentar actitudes positivas de convivencia baseadas no diálogo e na comprensión.

1.- INTRODUCIÓN O artigo 1 da “Declaración sobre a eliminación da violencia contra as mulleres” de Nacións Unidas declara que a violencia contra as mulleres é “todo acto de violencia, baseado na pertenza ao sexo feminino, que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, incluíndo mesmo as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria de liberdade, tanto se se produce na vida pública como na privada.” Segundo esta definición, a violencia para as mulleres non é algo que pertenza á vida privada, como se

quixo reducir durante tanto tempo, e xa sabemos que o que non se ve non existe, senón que é un problema social e público que ademais está vencellado ao grande desequilibrio que existe nas relacións de poder entre sexos en todos os ámbitos: laboral, político, social, familiar, económico… Xa que logo, un dos nosos principais obxectivos debe ser o de continuar a loitar contra as estruturas autoritarias, machistas e desiguais que aínda existen na nosa sociedade, nas que a violencia está fortemente arraigada, como única forma de non sermos cómplices desta lacra. Por iso presentamos esta unidade didáctica, para que se poida desenvolver e traballar nos centros e contribuír así á concienciación por parte do noso alumnado, pois hai que comezar a pór os alicerces desde os primeiros anos, educando en igualdade para que a nosa sociedade teña un futuro máis san e igualitario. Para lograr este obxectivo é fundamental contar co apoio e o traballo das familias, dado que a educación ten que se realizar en ambos os dous ámbitos, familiar e escolar, para que sexa frutífera.

Page 2: g UNIDAD VIOLENCIA · pois vítimas xa da violencia de xénero. Unha experiencia común a moitas delas é a dificultade que teñen á hora de detectaren que tipo de comportamentos

3.- ACTIVIDADES

• ANALIZAR E DEBATER FRASES COMO ESTAS:

As rapazas son unhas choromicas. Os rapaces son máis brutos que as rapazas. És unha nenaza. As rapazas son máis traballadoras. Os rapaces non choran…

• NO DISCO “FILLAS DE EVA” DE PEDRO GUERRA ESCOITA AS CANCIÓNS: “NENA” e “FOGAR”. ANALIZA AS CANCIÓNS ESCOITADAS EN GRANDE GRUPO:

• ¿Que di das mulleres? • ¿Resúltanche coñecidas as situacións que presentan? • ¿Viviches algunha vez o que se di nas cancións? Coñeces a

alguén que si o padeza? • ¿Que podemos facer para cambiar estas situacións? • ¿Como podemos contestar á pregunta que fai a canción: ¿que

facer cando o fogar non é a morada onde me encontro a salvo da dor?

• Debuxa o que che suxiren as cancións.

• LER OS CONTOS: BRANCANEVES E ¿DE ONDE SAE ESTA NENA? ANALIZA AMBOS OS DOUS CONTOS:

- ¿Como son as personaxes femininas dos contos? ¿Cal che gusta máis?

- ¿Como son os personaxes masculinos? ¿Cal che gusta máis?

- ¿Cal dos dous contos prefires? - Cambia os finais dos contos - Debuxa o que che suxiren. - …

Page 3: g UNIDAD VIOLENCIA · pois vítimas xa da violencia de xénero. Unha experiencia común a moitas delas é a dificultade que teñen á hora de detectaren que tipo de comportamentos

• ESTUDA E ANALIZA AS SEGUINTES GRÁFICAS:

MULLERES MORTAS POR VIOLENCIA DE XÉNERO A MANS DA PARELLA OU DA EXPARELLA, SEGUNDO RELACIÓN CO

AUTOR."PARELLAS EN CRISE"

1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007

18-out.

PARELLA OU EXPARELLA 54 63 50 54 71 72 58 68 59 Cónxuxe 30 31 25 24 31 34 21 31 23 Excónxuxe 2 4 2 2 4 5 3 4 4 Compañeira Sentimental 13 13 16 19 18 14 11 15 19 Excompañera Sentimental 3 3 1 3 9 6 6 9 6 Noiva 3 8 2 4 6 8 12 4 4 Exnovia 3 4 4 2 3 5 5 5 3

En Fase de Ruptura (1) 16 10 16 9 12 12 1 12 5 En Fase de Ruptura + Exparellas 24 21 23 16 28 28 15 30 18 % "En Ruptura" sobre total de mortes 44,44 33,33 46,00 29,63 39,44 38,89 25,86 44,12 30,51

Fonte: 1999 - 2005: Elaboración propia a partir de noticias de prensa e de datos do Ministerio do Interior. A partir de 2006, datos da Delegación Especial do Goberno contra a Violencia sobre a Muller. (1) Inclúense aquelas parellas (cónxuxes, compañeiros sentimentais ou noivos), nas que se formulou a ruptura da relación e aqueles matrimonios nos que aínda non surtiron os correspondentes efectos legais.

AUTORES (VARÓNS) DE DELITOS DE HOMICIDIO/ASASINATO

SOBRE A SÚA PARELLA OU EXPARELLA, CON RESULTADO DE MORTE, POR NACIONALIDADE 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007

18-oct

Españois 41 44 32 37 58 50 37 50 39

Estranxeiros 4 8 13 12 11 18 16 18 20

UE 3 2 3 6 5 2 5 5 7

Resto Europa 0 1 1 0 0 2 2 2 3

Africa 1 3 2 2 1 7 1 5 4

Latinoamerica 0 1 7 4 5 5 7 5 6

Outras 0 1 0 0 0 2 1 1 0

Descoñecida 9 11 5 5 1 4 5 0 0

TOTAL 54 63 50 54 70 72 58 68 59

% Homes estranxeiros sobre total de homes de nacionalidade coñecida

8,89 15,38 28,89 24,49 15,94 26,47 30,19 26,47 33,90

Taxa de agresores estranxeiros por millón de homes estranxeiros (1)

10,54 16,97 18,14 11,45 7,78 11,21 8,03 9,33 10,37

Taxa de agresores españois por millón de homes españois (1)

2,13 2,27 1,65 1,90 2,96 2,54 1,87 2,42 1,89

Fonte: 1999 - 2005: Elaboración propia a partir de noticias de prensa e de datos do Ministerio do Interior. A partir de 2006 datos da Delegación Especial do Goberno contra a Violencia sobre a Muller. (1) Os datos para 2007 están calculados sobre a poboación do Padrón 2006

Page 4: g UNIDAD VIOLENCIA · pois vítimas xa da violencia de xénero. Unha experiencia común a moitas delas é a dificultade que teñen á hora de detectaren que tipo de comportamentos

MULLERES MORTAS POR DIVERSOS TIPOS DE VIOLENCIA. TOTAIS MENSUAIS.

ALES. 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007

XANEIRO 5 9 6 7 9 4 8 11 6

FEBREIRO 4 8 3 6 5 9 7 10 11

MARZO 7 11 6 6 8 11 6 13 6

ABRIL 10 2 9 11 7 11 7 6 5

MAIO 2 6 10 8 8 11 5 7 12

XUÑO 4 11 5 4 10 10 10 3 14

XULLO 4 7 4 7 11 9 6 12 9

AGOSTO 7 5 8 9 13 8 7 12 9

SETEMBRO 4 8 8 4 7 8 5 7 4

OUTUBRO 4 7 4 8 5 11 8 7

NOVEMBRO 12 2 5 7 12 6 9 4

DECEMBRO 6 11 7 6 8 8 4 7

TOTAL ACUMULADO 69 87 75 83 103 106 82 99 76 Fonte: Elaboración propia a partir de noticias de prensa, Delegación Especial do Goberno contra a Violencia sobre a Muller (a partir de 2006) e do Ministerio de Interior. Nota 1: Os datos actualízanse unha vez que finaliza o mes correspondente. Nota 2: Inclúense aqueles casos nos que o agresor é o cónxuxe, excónxuxe, compañeiro sentimental, excompañeiro sentimental, noivo ou exnovio. Tamén aqueles nos que existe unha analoxía evidente cos descritos, aínda que non exista vencello matrimonial. Por exemplo, filla ou nai da compañeira sentimental ou noiva, etc. E por último, tamén aqueles nos que a morte se produciu como consecuencia dunha agresión de xénero, a pesar de que non exista unha relación afectiva estábel entre o agresor e a vítima (amigos ou coñecidos) ou, simplemente, non exista ningún tipo de relación.

- ¿Que che suxiren? - ¿Por que pensas que pasa isto? - ¿Para que serve a violencia? ¿Conséguese algo con ela? - ¿A violencia é o método para resolver os conflitos? - ¿Acodes á violencia para solucionar os problemas? - Propón solucións para que isto non suceda. - Fai un mural con todas as solucións que saíron. - …

Page 5: g UNIDAD VIOLENCIA · pois vítimas xa da violencia de xénero. Unha experiencia común a moitas delas é a dificultade que teñen á hora de detectaren que tipo de comportamentos

• LE E COMENTA O SEGUINTE TEXTO QUE ROSA REGÁS ESCRIBIU PARA O

DISCO DE PEDRO GUERRA FILLAS DE EVA :

n ningunha das tres relixións que constitúen a base da nosa cultura mediterránea e boa parte da cultura occidental (a católica, a musulmá e a xudía) se concede á muller a equidade que esixe a Declaración dos Dereitos Humanos: “todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos”. Nas tres relixións a muller está sometida ao home, nas tres a muller non ten voz, nin se oen as súas queixas nin os seus laios, nin se castiga a quen a agrede, porque as tres a consideran un ser inferior. ¿Por que se non, ningunha destas tres relixións acepta que a muller sexa

ministra do seu deus? De aí que aínda que sexa abominábel o comportamento brutal de tantos homes e desoladora a aquiescencia de certas mulleres, o verdadeiramente lacerante, o ominoso, é o machismo que impera na nosa cultura desde as súas orixes, grazas ao poder moral, económico e transcendental que se arrogan esas relixións e que, aínda hoxe, teñen ou pretenden ter, esgrimindo razóns morais para defenderen a submisión, o silencio, o sufrimento da muller a prol dunha estrutura familiar e económica e dunha orde social piramidal, que sexa por iso mesmo controlábel e inamovíbel. Nin o progreso, nin a riqueza, nin as leis, nin os gobernos democráticos logran dar fin a esa lacra social que provoca cada ano en España máis vítimas que o terrorismo. Quizais non poden. OU non saben. OU non están interesados: o poder tamén emana da cultura e a cultura, xa o dixemos, é profundamente machista. ¿Como loitar pois, nós, cidadáns que non temos poder de decisión no destino da sociedade, contra catro mil anos de relixión e cultura excluínte e cruel coa muller? Talvez o mais doado, o que temos máis a man, sexa tomar conciencia da dor, a angustia, a soidade e a morte que provoca a misoginia latente na nosa cultura da que case ningún estamento social, ningún individuo, está exento. Talvez non haxa mais remedio que botar man e difundir un coñecemento non científico senón poético do problema, que aconsella destruír o xerme desta infamia histórica e social tan arcaica.. Pero fronte a tanto poder e tanta iniquidade, o máis probábel é que o único camiño para unha solución verdadeira estea nun poema, unha música, unha canción.

- Dialoga sobre o texto.

- ¿Que opinas del?

- ¿É certo todo o que di?

- Escribe unha canción, un poema, que fale de como acabar coa violencia de xénero.

E

Page 6: g UNIDAD VIOLENCIA · pois vítimas xa da violencia de xénero. Unha experiencia común a moitas delas é a dificultade que teñen á hora de detectaren que tipo de comportamentos

Texto: TODAS AS FARSANTAS SON IGUAIS . Javier Marías

• Busca e subliña as palabras que pertencen a un uso sexista da linguaxe. • Busca outras palabras que se poidan utilizar no seu lugar e que non sexan sexistas. • Realizade un debate sobre o texto. Anotade as intervencións, suxestións… • ¿Cres que a linguaxe pode xerar violencia para as mulleres?

Page 7: g UNIDAD VIOLENCIA · pois vítimas xa da violencia de xénero. Unha experiencia común a moitas delas é a dificultade que teñen á hora de detectaren que tipo de comportamentos

• ¿BELEZA FEMININA E MASCULINA?

- Busca diferentes modelos de beleza feminina e de beleza masculina en revistas, anuncios, obras de arte… Recórtaas.

- ¿Cal é o teu modelo de beleza? ¿Coincide?

- Completa:

-

+Unha muller por ser muller está obrigada a

+Un home por ser home está obrigado a

Define 5 trazos do teu home/muller ideal: - - - - - - Analiza o uso da beleza masculina e feminina na publicidade.

- Analiza como foi cambiando o ideal de beleza ao longo da historia.

- Fai un mural cos modelos de beleza que recortaches, expresando algunha idea persoal

en relación con eles.

• DESEÑA UN CARTEL CO LEMA “NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO”.

• LE E CONTESTA:

Page 8: g UNIDAD VIOLENCIA · pois vítimas xa da violencia de xénero. Unha experiencia común a moitas delas é a dificultade que teñen á hora de detectaren que tipo de comportamentos

LE E CONTESTA: Seguro que tés escoitado falar da violencia de xénero e mesmo terás presente algún caso que vises nos medios de comunicación ultimamente. Probabelmente penses que no teu contorno ti e as túas amigas estades libre de padecela. Porén, hai mulleres que nalgún momento pensaron coma ti e que hoxe están xa a presentar unha denuncia, pois vítimas xa da violencia de xénero. Unha experiencia común a moitas delas é a dificultade que teñen á hora de detectaren que tipo de comportamentos son tolerábeis en nome do amor e cales teñen máis ben pouco que ver con el. Podemos poñernos de acordo en que “se che pega non te quere”, pero hai moitas outras situacións en que hai opinións para todos os gustos. A fin de contas, repetíronnos ata a saciedade que “quen ben te quere farate chorar”, ou que “o amor pode con todo”, ou que “nunha relación hai moito que aguantar”. Coa cultura dos afectos que aprendemos de contos infantis, de películas románticas, de revistas de adolescentes, por non falar das nosas propias casas, non é de estrañar que moitas situacións que se poden encadrar dentro do maltrato psicolóxico ou da chantaxe afectiva pasen desapercibidas, ou que se xustifiquen con frases do tipo “non é para tanto”, “non esaxeremos”, “estamos a sacar as cousas de sitio”, etc.

Luís e María levan saíndo dous meses. Ela ten 16 anos e el 17. O sábado Luís combinou para xogar ao fútbol e María quedou coas súas amigas para saír. A María acabóuselle a batería do móbil e non recibiu as chamadas de Luís para se encontrar con ela ata a mañá seguinte. Cando ao día seguinte chamou a Luís, este estaba todo furioso e montoulle unha boa disputa polo asunto do móbil. María tentou explicarlle que fora unha mala casualidade e unha lástima que non se puidesen ver, pero Luís insistiu en saber a ver que facía ela de noite por aí co teléfono desconectado, se era que quería poñelo ciumento, ou se quería pasalo ben facendo como que non tiña noivo, e que entón para que estaba con el, acusouna de telo apagado para que así el non poidese aparecer por onde estaban ela e as súas amigas, etc.… María tentou calmalo repetíndolle que o sentía, que non fora culpa dela, que lle quedara o cargador no coche de seu pai e que pensou que a batería aguantaría para recibir chamadas... Repetiulle sete veces síntoo e foino calmando pouco a pouco, asegurándolle que todo o que estaba a dicir eran paranoias súas. Ao final prometeulle que non volvería a suceder e así superaron a súa primeira rifa de namorados.

1. ¿Entendes a reacción de Luís? ¿Que cres que pensou a primeira vez que chamou a María? ¿Como pensas que se sentiu? ¿E a segunda vez que o volveu tentar, ou a terceira? 2. ¿Coidas que eran ciúmes “normais”: levan pouco tempo saíndo, estanse a coñecer e el non sabe se María “é de fiar ou non”, será logo unha cuestión de inseguridade súa que irá superando a medida que a relación estea máis afianzada? 3. ¿Cres que María resolveu ben a situación, “que o soubo levar”? ¿Sentiríase adulada por saber que lle importa tanto a Luís? ¿Por que non lle respondeu “parándolle os pés”? 4. ¿Podes imaxinar situacións distintas onde a reacción emocional de Luís sexa semellante? ¿Cres que a forma en que “resolveron” esta situación sentou un mal precedente para o futuro da relación? 5. ¿Como cres que será a reacción de María a partir de agora se novamente queda sen batería, ou se ten algunha chamada perdida de Luís? ¿Coidas que Luís consegue así “ter controlada” a María? 6. ¿Cal é a diferenza entre estar pendente de alguén ou ser dependente dese alguén? 7. Imaxina outra resposta posíbel de María que poña en Luís a responsabilidade pola súa reacción emocional fóra de control e que non remate coa asunción tácita por parte dela “da culpa do que pasou”. Pensa a partir de aí as posíbeis reaccións de Luís ante María e as consecuencias para o futuro da súa relación.