GALEGO CASTELLANO ENGLISH - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/ibby.pdf · Por outra...
Transcript of GALEGO CASTELLANO ENGLISH - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/ibby.pdf · Por outra...
“Chove en Santiago / meu
doce amor. / Camelia bran-ca do ar / brila entebrecida ó
sol. / Chove en Santiago / na noite escura. / Herbas de prata e de sono / cobren a valeira lúa. ¿Quen fire potro de pedra / na mesma porta do sono? / ¡É a lúa! ¡É a lúa / na Quintana dos
mortos!” Federico García Lorca Seis
poemas galegos
“Velaí o home
[Santiago] por quen a xente vai a Galicia”
Dante Alighieri Divina Comedia
“Recoñezo a porta principal
da catedral de xeito moi doado (...) e creo que a que-ro máis e que significa máis para min que calquera outro
edificio no mundo” Ernest Hemingway The
Cardinal picks a winner
“Sempre crin, e sígoo crendo, que
non hai no mundo unha praza máis bela que a de Siena. A única que me
fixo dubidar é a de Santiago de Compostela, polo seu equilibrio e polo seu aire xuvenil, que
non permite pensar na súa idade venerable, senón que parece construída o día anterior por alguén que
perdese o sentido do tempo. É unha cidade viva, tomada por unha multitude de estudantes alegres e algareiros, que non lle dan nin unha tregua para envellecer. Nos muros intactos, a vexetación ábrese paso por entre as fendas, nunha loita implacable por sobrevivir ao esquecemento, e un atopa en cada paso, como a
cousa máis natural do mundo, o milagre das pedras florecidas”
Gabriel García Márquez “Viendo llover en Galicia”. El País
Santiago de Compostela
GALEG
O“Rosa
mística de pedra, flor romántica e tosca, coma no tempo das peregrinacións,
conserva unha graza inxenua de vello latín rimado. Día por día, a oración de
mil anos renace no tanxer das súas cen campás, na sombra dos seus pórticos con
santos e mendigos, no silencio sonoro dos seus adros con flores franciscanas
entre a xuntura das lousas (...)”. Ramón del Valle Inclán La lámpara maravillosa
“A Compostela
achégase un coma quen se achega ao
milagre” Álvaro Cunqueiro
Las geografías imaginarias
“(...) e vista a cida-
de desde o paseo da Ferradura, semella un gran bosque escuro de pedra,
destacándose sobre a verdura sorrinte da campiña” Miguel de Unamuno Andanzas y visiones
españolas
“Santiago de Compostela é
unha creación sorpren-dente. Naceu dunha estrela que indicaba unha tumba e floreceu sobre ese sepulcro. En todo caso falamos dunha obra aberta, con
páxinas de cronoloxía en espiral que se solapan como pétalos dunha
enigmática rosa” Manuel Rivas Presentación
da película La rosa de piedra
“Verás a marabilla do
Camiño / camiño de soñada Compostela. /
¡Oh lirio e ouro! Peregrino / nunha chaira entre folerpas
de canela” Antonio Machado
Coplas elegíacas
“Compostela faise arredor da
campá. A campá vaino creando todo día a día, século a século, sen máis que dar a
hora. E a néboa é o caos de onde a campana vai tirando as cousas”
Gonzalo Torrente Ballester Compostela y su ángel
Comité de Honra do congresoPresidenta de HonraA Súa Maxestade a Raíña Dona Sofía
Membros do Comité de HonraA Ministra de Cultura, Dª Ángeles González-Sinde Reig•O Presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Núñez Feijóo•O Conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, •D. Roberto Varela Fariña O Alcalde de Santiago de Compostela, D. Xosé Antonio Sánchez Bugallo•A Tenente de Alcalde e Concelleira Delegada de Cultura e Centros Socioculturais •do Concello de Santiago de Compostela, Dª Socorro García CondeA Presidenta de IBBY, Dª Patricia Aldana•
Benvidos a Santiago de CompostelaGalicia e a súa cultura beben, desde hai séculos, das fontes do imaxinario europeo que construíu boa parte das referencias occidentais da nosa identida-de. O Camiño de Santiago, a procura do Santo Graal, as lendas do Rei Artur e a profusión de seres míticos que inzan a tradición galega, constitúen un elo moi destacado da conexión da nosa cultura coa dos pobos atlánticos e daqueloutros nos que Galicia está presente por múltiples razóns. A música, as artes plásticas, o cinema, o teatro e, por suposto, a literatura deste país con afán e vocación de universalidade conforman as mellores pontes de tránsito desde a nosa realidade á dos pobos e culturas do mundo, e viceversa.
Neste contexto, a literatura infantil e xuvenil escrita en lingua galega repre-senta un ámbito de indiscutible importancia a prol do prestixio e presenza da cultura galega dentro e fóra das nosas fronteiras. O feito de que en 2010 o IBBY –International Board on Books for Young People- vaia celebrar en Santiago de Compostela o seu 32º Congreso Internacional supón unha oportunidade para contribuír a reforzar os lazos e as relacións dos nosos creadores cos chegados desde todas as latitudes do planeta e para celebrarmos xuntos, en Galicia, o valor, a vitalidade e a necesidade dunha literatura infantil e xuvenil que tamén contemple e considere o valor indiscutible das minorías no concerto dos pobos do mundo.
Por outra parte, 2010 é un ano clave para entender un dos eixos vertebrais da identidade galega: a tradición xacobea. Durante ese ano celebraremos en Galicia, unha vez máis, o privilexio de sermos razón e meta dun dos camiños de cultura máis importantes da Humanidade. Europa fíxose, en boa medida, peregrinando a Santiago, de aí que nestes momentos, nos que a Unión Europea constitúe unha realidade integradora, o Camiño de Santiago sexa un dos seus símbolos e referentes máis destacados.
Co desexo de encontralos a todos vostedes en Compostela durante a celebración do 32º Congreso Internacional de IBBY, quero manifestar, como Conselleiro de
Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, o meu apoio a esta iniciativa e darlles a miña máis calorosa benvida.
Roberto Varela Fariña Conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia
32º CONGRESO INTERNACIONAL DE IBBYA forza das minoríasSantiago de Compostela 8-12 de setembro de 2010
GALEG
O
Tema xeral do congresoA forza das minoríasPorque dun xeito ou doutro todos formamos parte dunha inmensa minoría. Promocionar, escribir ou ilustrar libros para nenos/as e mozos/as. Publicalos desde unha lingua ou cultura afastada dos códigos maioritarios. Lelos en situacións de precariedade económica ou con dificultades físico-psíquicas que impidan o acceso en igualdade á cultura. Ter que ser neno e adulto ao tempo en sociedades que non respectan os dereitos fundamentais da infancia. Verse obrigado a emigrar e empe-zar de novo nunha lingua ou cultura que non é a propia. Non ter país de seu. Sentir en minoría Falar en minoría Amar en minoría Ler en minoría.
Logo do congresoO logo do congreso, así como o cartel anuncia-dor, son obra do ilustrador galego Xan López Domínguez (Lugo, 1957), un dos autores con máis longa traxectoria e repercusión internacio-nal da literatura infantil e xuvenil galega. Entre outras distincións foi seleccionado pola Feira Internacional do Libro Infantil de Boloña en 1990, gañador dunha placa da Bienal de Ilustración de Bratislava en 1991 e Lista de Honra de IBBY, na modalidade de ilustración, en 1992.
Contidos do congresoLiteratura infantil e xuvenil: unha minoría no conxunto da literaturaMalia a alta calidade e a importante presenza dos libros para nenos no mundo da edición e no desenvolvemento xeral da literatura, estes seguen a ter un esta-tus de minoría para editores, escritores e medios de comunicación en xeral. Por que escribimos ou ilustramos para nenos nesas condicións?
Literatura infantil e xuvenil en linguas minoritarias: da diferenza á supervivenciaAs literaturas escritas en linguas minoritarias ou minorizadas teñen que facer fronte a moi diversos retos. A súa supervivencia depende de factores como o seu contexto socio-político, o grao de oficialidade do que gocen e a resposta xeral da poboación diante da pluralidade cultural e lingüística. Os libros infantís poden contribuír á normalización da edición en linguas minoritarias, pero son moitas as dificultades ás que se ten que enfrontar unha editorial que se dirixa a un mercado reducido.
Lectores en situación de minoríaOs nenos e os mozos con minusvalías ou necesidades especiais adoitan atopar moitos problemas para acceder aos libros ou para gozar do pracer lector. É preci-so atopar solucións para afrontar estes obstáculos.
Lectores sen infanciaOs libros e a lectura soen considerarse bens básicos para o desenvolvemento intelectual e cultural e para o progreso dos máis novos. Pero non todos os nenos teñen acceso doado aos libros. Como podemos falar de libros e lectura a aqueles lectores que non teñen infancia, os nenos explotados, os que nin sequera teñen abondo para comer?
Eu son lectora, ti es lector...Segue a ser necesaria unha literatura infantil que teña en conta a problemática de xénero? Como tratar, desde os libros para os máis novos, cuestións relaciona-das coa orientación sexual ou cos dereitos das minorías sexuais?
Globalizando pluralidade e tolerancia a través dos libros infantísO século XXI debe garantir a supervivencia das minorías como camiño cara a un futuro mellor. Nese sentido, a pluralidade e a tolerancia, claves para un mundo máis xusto, teñen que afondar no respecto ás minorías.
Organización do congresoOEPLI, a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil, sección española de IBBY, constituíuse formalmente o 27 de xullo de 1982. É unha entidade sen ánimo de lucro que se encarga da realización e coordinación de todo tipo de actividades de promoción do libro infantil
e da lectura, así como das funcións de representación en España de IBBY. A súa presidenta actual é María Jesús Gil.
Os obxectivos principais da OEPLI son:
A defensa, promoción e coordinación dos intereses profesionais dos seus membros.1. Recoller, promover, programar e executar proxectos, iniciativas e accións 2. que tendan á promoción e difusión do libro infantil e xuvenil e da lectura entre a infancia e a xuventude no ámbito do Estado español.Prestar asesoramento e plena cooperación a todas as entidades ou persoas, 3. órganos da Administración e sectores profesionais interesados ou coinci-dentes nestes fins específicos, tanto dentro como fóra de España.Asumir a representación española no IBBY con todas as responsabilidades e 4. obrigas que iso comporte.Establecer con entidades públicas e privadas os convenios necesarios para o 5. mellor cumprimento dos seus fins.
Ademais asume como propios aqueles obxectivos de carácter específico que, sen contradicir os anteriores, se asignen ás súas seccións territoriais.
OEPLI. Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil Santiago Rusiñol, 8 - 28040 Madrid Tel. 915 530 821 - Fax 915 539 990 [email protected] - www.oepli.org
En consonancia coa realidade lingüística e cultural de España, a OEPLI está cons-tituída polas seguintes catro seccións territoriais:
Consejo General del Libro Infantil y Juvenil. Madrid. Sección de lingua castelá.Creouse o 27 de xullo de 1982 co nome de Sección de Madrid. En 1999 reestruturouse e mudouno polo de Consejo General del Libro Infantil y Juvenil e engloba todas as
comunidades de lingua castelá. Está constituído pola Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, a Cámara del Libro de Madrid, a Asociación Profesional de Ilustradores de Madrid, a Fundación Santa María
GALEG
Oe a Fundación Germán Sánchez Ruipérez. José Luis Cortés é o actual presi-dente do Consejo General del Libro Infantil y Juvenil.
Consejo General del Libro Infantil y Juvenil. Santiago Rusiñol, 8 - 28040 Madrid Tel. +34 915 530 821 - Fax +34 915 539 990 e-mail: [email protected]
CLIJCAT. Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil. Barcelona. Sección de lingua catalá.Federación de asociacións ou entidades sen ánimo de lucro que se creou en Barcelona o 5 de maio de 1982 coa finalidade de promover e difundir o libro e a lectura. Está integrado polas seguintes entida-des: Associació Catalana d’Amics del Llibre Infantil
i Juvenil (ACALI), Associació d’Editors del País Valencià, Associació d’Editors en Llengua Catalana, Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (AELC), Associació Professional d’Il·lustradors de Catalunya (APIC), Cambra del Llibre de Catalunya, Servei de Documentació de Literatura Infantil i Juvenil (SDLIJ). Biblioteca Xavier Benguerel. Consorci de Biblioteques de Barcelona, Departament de Cultura de la Generalitat de Catalunya (ICIC). Col·legi Oficial de Bibliotecaris - Documentalistes de Catalunya (COBDC), Generalitat de Catalunya, Departament d’Educació de la Generalitat de Catalunya (SEDEC), Gremi de Llibreters de Barcelona i Catalunya, Fundació Bromera per al Foment de la Lectura, Gremi d’Editors de Catalunya. A súa presidenta actual é Marta Vilagut.
Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil Mallorca 272-274 - 08037 Barcelona Tel. +34 934 874 525 - Fax +34 934 873 008 e-mail: [email protected] - www.clijcat.cat
GÁLIX. Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. Sección de lingua galega.Nace o 14 de xaneiro de 1989, sen ánimo de lucro e co propósito de defender e promover a cultura e a lingua galega a través da literatura infantil e
xuvenil, recoller, promover, programar e executar iniciativas que tendan á promo-ción do libro infantil e xuvenil e asumir a representación galega nas organizacións estatais ou internacionais, con todas as responsabilidades e obrigas que isto com-porta. Está integrada por diferentes sectores relacionados coa literatura infantil e xuvenil, isto é: docentes, bibliotecarios/as, escritores/as, ilustradores/as, tradutores/as, centros escolares, asociacións de editores, de escritores en lingua galega, de ilustradores/as e de libreiros/as. Actualmente o seu presidente é Manuel Figueiras.
GÁLIX. Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil Galeras, 17, 1º, Local 3 - 15705 Santiago de Compostela Tel. 981 589 883 - Fax 981 589 883 [email protected] - www.galix.org
Galtzagorri Elkartea. Donostia. Sección de lingua vasca.Fundada en 1990 co principal obxectivo de promover e dar a coñecer a literatura infantil e xuvenil en éuscaro. Creouse a través dunha fórmula de libre asociación que reúne os dife-
rentes sectores e axentes que se moven ao redor do mundo da literatura infantil e xuvenil en lingua vasca (profesores/as, escritores/as, ilustradores/as, editoriais, bibliotecarios/as e libreiros/as). Na actualidade está presidida por Asun Agiriano.
Galtzagorri Elkartea Zemoria, 25-behea - 20013 Donostia Tel. 943 471 487 - Fax 943 277 288 [email protected] - www.galtzagorri.org
Coordinación xeral do congresoComisario coordinador do congreso: Xosé Antonio Neira Cruz [email protected]
Apartado de Correos 2038 15705 Santiago de Compostela, España
[email protected] www.ibbycompostela2010.org
Linguas do congresoOs idiomas oficiais do congreso serán o galego, o castelán e o inglés. Haberá ser-vizo de tradución simultánea nas tres linguas. O portugués será admitido tamén como lingua de presentación de comunicacións.
Comité científico do congresoKimete Basha• (Albania/Bélxica), ex directora xeral de IBBY, bibliotecaria, coñecedora da situación dos pobos en situación apátrida; impulsora de inicia-tivas en contra da discriminación por razóns de xéneroTeresa Colomer • (Barcelona, Cataluña, España), investigadora, crítica e profe-sora da Universidade Autónoma de BarcelonaVíctor F. Freixanes • (Pontevedra, Galicia, España), escritor, director xeral de Editorial Galaxia, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, mem-bro da Real Academia Galega e experto en industrias culturaisOlayinka Koso-Thomas • (Nixeria/Serra Leoa), presidenta do Comité Interafricano sobre Prácticas Tradicionais que afectan á saúde das Mulleres e dos Nenos, promotora de iniciativas en favor da abolición da mutilación xeni-tal feminina; Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional 1998.Mariasun Landa • (Errentería, País Vasco, España), escritora, Premio Nacional de Literatura Infantil 2003 e profesora da Universidade do País VascoAnne Pellowski • (Estados Unidos), membro do Comité Executivo de IBBY (2002-2006), escritora, contadora oral, experta en literatura infantil e en culturas sen tradición literaria escritaMichèle Petit • (Francia), antropóloga, experta nas relacións entre lectura, biblioteca e medio ruralAntonio Rodríguez Almodóvar • (Sevilla, Andalucía, España) escritor, investiga-dor da literatura de tradición oral, Premio Nacional de Literatura Infantil 2005
Comité organizador do congresoAsun Agiriano, • presidenta de Galtzagorri ElkarteaMarilar Aleixandre, • escritora e profesora da Universidade de Santiago de Compostela, Premio Lazarillo 1999Migel Anjel Asiain, • ex presidente de Galtzagorri Elkartea (membro do comité organizador deste congreso no período 2004-2006)Paula Carballeira, • escritora, actriz, contadora oral e direc-tora de teatro infantilXabier Cid, • xornalista e experto en novas tecnoloxíasJosé Luis Cortés, • editor, presidente do Consejo General del Libro Infantil y JuvenilXabier P. Docampo, • escritor, Premio Nacional de Literatura Infantil 1994Reina Duarte, • editora, membro do comité executivo de IBBY desde 2006Agustín Fernández Paz, • escritor e mestre, Premio Lazarillo 1990
GALEG
O
Manuel Figueiras, • presidente de Gálix —Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil—, profesor e director da desaparecida Feira Internacional do Libro Infantil de Chantada (Lugo)María Jesús Gil, • editora, presidenta de OEPLI —Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil—, sección española de IBBYArturo González, • ex presidente do Consejo General del Libro Infantil y Juvenil (membro do comité organizador deste congreso no período 2004-2006)Ánxela Gracián, • escritora, tradutora e editora, vicepresidenta 1ª de Gálix, —Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil—Mayte Leis, • profesora e crítica literariaCristina Minguillón, • ilustradora, ex presidenta do Consejo General del Libro Infantil y Juvenil (membro do comité organizador deste congreso no período 2006-2008)Xosé A. Neira Cruz, • escritor, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, membro do Comité Executivo de IBBY (2000-2004), presidente do xurado internacional do Premio IBBY-Asahi Reading Promotion (2002-2004), Premio Lazarillo 2004 e comisario do 32º Congreso Internacional de IBBYCristina Novoa, • mestra, responsable do programa de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación da Xunta de GaliciaMaría José Olaziregi, • profesora da Universidade do País Vasco, ex membro do comité executivo de IBBY (membro do comité organizador deste congreso no período 2004-2006)Antonio Reigosa, • escritor, investigador e experto en literatura de tradición oralPilar Sampedro, • mestra, responsable do programa de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, ex presidenta de Gálix, —Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil—Gloria Sánchez, • escritora, mestra, ex presidenta de Gálix —Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil—, Premio Lazarillo 2000 Helena Torres, • coordinadora do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de PontevedraMiguel Vázquez Freire, • profesor, escritor e experto en ilustración infantil, vicepresidente 2º de Gálix —Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil—Marta Vilagut, • editora, presidenta do Consell Català del Llibre Infantil i JuvenilItziar Zubizarreta, • profesora, ex presidenta do OEPLI —Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil—, sección española de IBBY (membro do comité organizador deste congreso no período 2004-2008)
Preprograma
Mér
cole
s 8
Xove
s 9
Venr
es 1
0Sá
bado
11
Dom
ingo
12
9-16
h: R
euni
ón d
o Co
mité
Ex
ecut
ivo
de IB
BY9.
00-1
0.15
h: C
onfe
renc
ia
plen
aria
19.
00-1
0.15
h: C
onfe
renc
ia
plen
aria
49.
00-1
0.15
h: C
onfe
renc
ia
plen
aria
79.
00-1
0.15
: Con
fere
ncia
pl
enar
ia 1
0
10.3
0-11
: Caf
é10
.30-
11: C
afé
10.3
0-11
: Caf
é10
.30-
11: C
afé
11-1
7 h:
Rex
istr
o e
reco
llida
de
docu
men
taci
ón11
-12.
15 h
: Con
fere
ncia
pl
enar
ia 2
11-1
2.15
h: C
onfe
renc
ia
plen
aria
511
-12.
15 h
: Con
fere
ncia
pl
enar
ia 8
11-1
2.15
h: C
onfe
renc
ia
plen
aria
11
12.3
0-14
h: X
anta
r12
.30-
14 h
: Xan
tar
12.3
0-14
h: X
anta
r12
.30-
14 h
: Xan
tar
14.1
5-15
.30
h: S
emin
ario
s 1,
2,
3, 4
, 514
.15-
15.3
0 h:
Sem
inar
ios
6, 7
, 8,
9, 1
014
.15-
15.3
0 h:
Sem
inar
ios
11, 1
2,
13, 1
4, 1
514
.15-
15.3
0 h:
Sem
inar
ios
16, 1
7,
18, 1
9, 2
0
15.3
0-17
: Obr
adoi
ros
Mes
as re
dond
asO
brad
oiro
IBBY
15.3
0-17
: Obr
adoi
ros
Mes
as re
dond
asO
brad
oiro
IBBY
15.3
0-17
: Obr
adoi
ros
Mes
as re
dond
asO
brad
oiro
IBBY
15.3
0-17
: Obr
adoi
ros
Mes
as re
dond
asAs
embl
ea X
eral
de
IBBY
17-1
7.30
h: C
afé
17-1
7.30
h: C
afé
17-1
7.30
h: C
afé
17-1
7.30
h: C
afé
18.3
0-20
.30
h: G
ala
de a
pert
ura
17.3
0-18
.45
h: C
onfe
renc
ia
plen
aria
317
.30-
18.4
5 h:
Con
fere
ncia
pl
enar
ia 6
Reun
ión
de B
ookb
ird
17.3
0-18
.45
h: C
onfe
renc
ia
plen
aria
9IB
BY F
orum
17.3
0-19
.00
h: R
euni
óns
prof
esio
nais
Cont
os á
lus
do c
andi
l II
21.1
5 h:
Rec
epci
ón o
ficia
l20
.00-
21.1
5 h:
Ent
rega
dos
D
iplo
mas
da
List
a de
Hon
ra d
e IB
BY22
.30
h: R
ecita
l poé
tico-
mus
ical
20.0
0-21
.15
h: E
ntre
ga d
os
Prem
ios
IBBY
-Asa
hi R
eadi
ng
Prom
otio
n22
.30
h: C
once
rto
Mús
icas
do
Mun
do
20.0
0-21
.15
h: G
ala
de e
ntre
ga
dos
Prem
ios
H. C
. And
erse
n22
.30
h: C
onto
s á
lus
do c
andi
l I
20.0
0 h:
Cer
imon
ia d
e cl
ausu
ra e
Cea
de
Gal
aBa
ile d
e de
sped
ida
GALEG
OContido dos Seminarios 1-20Os Seminarios están previstos para albergar as comunicacións propostas polos congresistas, que serán seleccionadas polo comité científico e obedecerán ás liñas temáticas enumeradas nos contidos do congreso. Terán lugar nas Salas de Reunións do Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.
Contido dos ObradoirosEstas unidades terán un contido eminentemente práctico e profesional, dirixido a colectivos concretos (ilustradores, escritores, editores, expertos en lectura, etc.) que disporán dun número de prazas definido.
Contidos das Mesas RedondasAs Mesas Redondas organizaranse como espazos de encontro e confrontación de ideas, reflexións e propostas sobre subtemas relacionados co tema xeral do congreso, A forza das minorías. Os temas das mesas redondas previstas serán os seguintes:
Tradición oral: a inmensa minoría1. Tradución: pontes cara ás maiorías2. Literatura infantil e xuvenil e minorías de xénero e opción sexual3. Literatura infantil e xuvenil e minoría lingüística e cultural4. Editar desde a minoría5. Minoría, crítica e investigación6. Minoría e promoción lectora7. Literatura infantil e xuvenil, medios de comunicación e globalización8. A ilustración: un papel minorizado dentro da arte?9. Literatura infantil e xuvenil contra a invisibilidade cultural10. Literatura infantil e xuvenil e creación literaria en situación de minoría 11. lingüísticaLiteratura infantil e xuvenil e as outras formas de minoría12. Literatura infantil e xuvenil e internet: novas ferramentas a prol das minorías13. Os xéneros literarios minoritarios I: a poesía14. Os xéneros literarios minoritarios II: o teatro15. Os xéneros literarios minoritarios III: o cómic16. Literatura infantil e xuvenil, cinema e animación17.
En función do desenvolvemento da organización do congreso poderanse intro-ducir cambios ou modificacións sobre esta previsión.
Actividades relacionadas con IBBYDurante o congreso terá lugar, como é habitual, a Asemblea Xeral de IBBY, durante a cal se procederá á elección do novo comité executivo da organización. Haberá servizo de tradución simultánea para esta actividade.
Crearanse espazos de encontro entre as seccións nacionais de IBBY, así como o IBBY Forum.
Bookbird, a revista internacional de lite-ratura infantil e xuvenil de IBBY, centrará o interese dunha das reunións previstas.
Encontros profesionaisFacilitaranse espazos para a celebración de encontros entre profesionais (escritores, ilustradores, bibliotecarios, editores, libreiros, tradutores, críticos e investigadores, ins-titucións dedicadas á promoción da lectura, divulgadores, etc.) con interese en inter-cambiar experiencias, opinións e proxectos. No momento da inscrición no congreso, os participantes interesados en promover ou formar parte dalgún destes encontros deberán sinalalo a fin de prever todas as necesidades coa debida antelación.
Exposicións previstasNo Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago:
Unha grande exposición sobre a ilustración en España, •financiada polo Ministerio de Cultura.Unha grande exposición sobre as literaturas infantís •e xuvenís nas linguas do Estado español, financiada polo Ministerio de Cultura.
Na cidade:“Ler o mundo”, exposición fotográfica que recolla •experiencias de lectura nos cinco continentes.Previsión de exposicións concertadas con deter-•minados museos de Santiago de Compostela, que realizarán unha programación específica en relación coa temática do congreso.
Actividades sociais e culturais para congresistas e acompañantes:
Cerimonia de apertura do congreso•Cerimonia de entrega das Medallas Hans Christian Andersen 2010•Cerimonia de entrega dos diplomas da Lista de Honra de IBBY 2010•Cerimonia de entrega dos premios IBBY-Asahi Reading Promotion•Recepción oficial•Cerimonia de clausura e cea de gala•Baile de despedida•Concerto de Músicas do Mundo•Recital poético-musical•“Unha cidade de conto”, a literatura nas prazas de Compostela•Sesións de narración oral “Contos á lus do candil” I e II•Visita guiada polo casco histórico de Santiago de Compostela (opcional)•Visita guiada pola Ruta Literaria de Compostela (opcional)•Visita guiada aos museos da cidade (opcional)•Visita guiada ás igrexas e conventos de clausura da cidade (opcional)•Itinerario guiado pola arquitectura contemporánea de Santiago (opcional)•Tour gastronómico, con degustación de produtos típicos galegos (opcional)•Visita guiada polos obradoiros de oficios tradicionais da cidade (opcional)•Visita ás exposicións organizadas en colaboración con •distintas entidades da cidade (opcional)Visita ás bibliotecas de Santiago de Compostela (opcional)•Actividades lúdicas en relación co libro e a lectura nas •prazas de Santiago de Compostela
Cotas de inscriciónA fin de facilitar a participación no congreso de persoas pro-cedentes de todo o mundo, a organización fixo o esforzo de considerar distintos niveis de cota, en función das categorías establecidas por IBBY.
GALEG
OCategorías Taxas -20% -10%
Grupo I: 1,2,3 e 4 527 € 421,6 € 474,3 €
Grupo II: 5 e 6 490 € 392 € 441 €
Grupo III: 7 e 8 350 € 280 € 315 €
Acompañantes 250 € * *
* As taxas de acompañantes non gozarán de redución por inscrición anticipada
Inscrición anticipada:20% de desconto para as inscricións • pagadas até o 30 de novembro de 200910% de desconto para as inscricións • pagadas entre o 1 de decembro de 2009 e o 30 de abril de 2010Taxas completas a partir do 1 de maio de 2010•
O pagamento das taxas dá dereito ás seguintes prestacións: participación nas actividades programadas (agás as actividades opcionais), servizo de cafetería nos descansos, xantares, recepcións, cea de despedida, bolsa do congresista, certifica-do de asistencia e recepción das actas do congreso.
As taxas de acompañante permiten participar nas recepcións, na cea de despe-dida e mais nas actividades sociais e culturais programadas (agás as actividades académicas do congreso e as actividades opcionais).
Sede do congresoContinuador da secular tradición compostelá de hospitalidade e grazas á súa profesionalidade e á calidade de servizos que ofrece, o Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia converteuse nun referente nacional e internacional no sector da organización e acollida de eventos.
A súa infraestrutura innovadora, concibida cun carácter polivalente, e a súa situación privilexiada —ao final do Camiño de Santiago— nunha das urbes con máis tradición cultural e turística de Europa, convérteno nunha opción inmello-rable para a realización de calquera encontro.
O Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia estará enteiramente dedicado á celebración do 32º Congreso Internacional de IBBY durante os días 8-12 de setembro de 2010.
Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia Miguel Ferro Caaveiro s/n - San Lázaro - 15707 Santiago de Compostela (ES) Tel. 981 519 988 - Fax 981 570 020 [email protected] - www.palaciosantiago.com
Galicia e Santiago de CompostelaSituada no noroeste da Península Ibérica, no Finis Terrae dos romanos, Galicia é unha das 17 comunidades autónomas en que está organizado o Estado español. É, ademais, unha das chamadas comunidades históricas. Conta con lingua propia, o galego, filla do latín e irmá do castelán e do portugués, na que floreou desde a Idade Media unha literatura de gran tradición e destacada proxección internacional na actualidade, en boa medida grazas á calidade das obras dos autores galegos que cultivan a literatura infantil e xuvenil. Outro factor de proxección internacional para Galicia foi a emigración, obrigada en tempos pasados de carestía e dificultade económica, e factor de universalidade para a cultura galega na actualidade. Do mesmo xeito, Santiago de Compostela, capital de Galicia, constitúe un faro de cultura e un símbolo da construción europea. Camiñando a Santiago forxouse a identidade de Europa, o románico e un concepto de espiritualidade estreitamente unido ao espazo e ao medio natural, ao esforzo e ao afán de superación, que goza de plena vixencia na actualidade. Santiago alberga a perto de 200.000 dos case tres millóns de habitantes que ten Galicia. Sede por excelencia de congresos nacionais e internacionais, Compostela é unha das cidades máis visitadas de España pola súa dimensión artística e histórica. Ademais do románico, o renacemento e o barroco acabaron de configurar a actual fisionomía do casco monumental de Santiago converténdoo nun dos máis fermosos, harmónicos e mellor conservados do mundo. Por esa circunstancia, a UNESCO outorgoulle a Compostela en 1985 o título de Cidade Patrimonio da Humanidade, o Consello de Europa concedeulle o Premio Europa
GALEG
O
de 1985 e a Unión Europea converteuna en Capital Europea da Cultura no ano 2000. Festivais de teatro e de cinema, grandes exposicións artísticas e concertos de música fan de Santiago de Compostela unha das cidades máis dinámicas e activas no plano cultural.
Lonxe de estancarse no seu pasado, Compostela soubo actualizarse e con-verterse nunha cidade moderna e competitiva, sempre consciente da súa medida, respectuosa co medio ambiente –até se converter nun dos conxuntos urbanos con máis porcentaxe de espazos verdes de Europa-, con vocación de lugar para o paseo e o descanso, para o saber e o estudo, como testemuña a Universidade de Santiago de Compostela, a cal, con máis de 500 anos de historia, é unha das máis coñecidas e prestixiosas de España. Esta circuns-tancia fai de Santiago unha cidade xove, repleta de estudantes, alegre e acolledora, atenta ás novas tendencias arquitectónicas. De feito, arquitectos de sona internacional como Hejduk, Siza, Rossi ou Eisenman deixaron mostra do seu traballo en Santiago nos últimos anos. Actualmente, estase a con-cluír a construción da Cidade da Cultura de Galicia, impresionante conxunto arquitectónico en cuxas dependencias terá sede, a partir de 2009, o Centro Internacional da Diversidade Cultural.
Ben comunicada por terra e por aire –o aeroporto de Lavacolla, situado a 12 km. do centro da cidade, recibe voos internacionais procedentes de Europa e América-, Santiago de Compostela está situada a 30 quilómetros do mar, goza dun clima oceánico húmido que garante suaves temperaturas ao longo de todo o ano. A media anual sitúase en torno aos 18 graos, con 8 graos por termo me-dio en inverno e un verán que transcorre entre os 20 e os 27 graos centígrados.
Premios e distincións outorgados á cidade de Santiago de Compostela:
Capital da Comunidade Autónoma de •GaliciaCidade Patrimonio da Humanidade •(UNESCO)Conxunto Histórico-Artístico•Premio e Bandeira de Europa (Consello de •Europa)Premio Firenze do Concello de Florencia•Premio Real Fundación Toledo•Membro do Grupo Cidades Patrimonio •da Humanidade de España
Capital Europea da Cultura no ano 2000•Premio Gubbio•Premio Europa Nostra•Medalla da Asemblea Parlamentaria (Consello de Europa)•Premio Europa de Urbanismo (Comisión Europea)•Premio Nazionale Torre Guinigi•Premio Hábitat das Nacións Unidas•
Máis información sobre a cidade:www.santiagoturismo.co• mwww.compostela.or• gwww.turgalicia.e• swww.xunta.e• swww.santiagodecompostela.or• g
O Camiño de SantiagoDeclarado Primeiro Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa en 1987, o Camiño de Santiago constitúe unha das máis impresionantes demostra-cións de historia, cultura, arte e espiritualidade con plena vixencia na actuali-dade. Nunca como agora os camiños que conducen a Santiago estiveron tan repletos de peregrinos procedentes de todo o mundo, que fan de Compostela un crisol de linguas, de formas de entender a vida e de intercambio permanente entre pobos e nacionalidades. Camiñar a Santiago converteuse nun xeito de vivir e de viaxar, sexa movido por razóns relixiosas sexa por outros moitos motivos, que fan desta antiga vía de peregrinación unha das máis atractivas alternativas para o lecer, a cultura e o crecemento persoal.
Vencellada á tradición xacobea e ao culto ao Apóstolo Santiago está a celebración do Ano Santo, ano da indulxencia plenaria, que converte a Compostela nunha das tres cidades santas da Cristiandade, xunto con Roma e Xerusalén. As próximas citas xubilares serán en 2010 e en 2021, datas nas que a cidade volverá demostrar con creces o seu enorme poder de convocatoria internacional.
Máis información sobre o Camiño de Santiago:www.xacobeo.e• swww.archicompostela.or• gwww.caminosantiago.or• gwww.jakobsweg.c• h (en alemán)
GALEG
Owww.ultreia.c• h (en alemán)www.santiago.org.b• r (en portugués)www.caminhodesantiago.co• m (en portugués)www.amis-st.jacques.or• g (en francés)www.santiago.c• a (en inglés)www.amicidisantiago.i• t (en italiano)www.pellegrinando.i• t (en italiano)www.pilegrim.n• o (en noruego)www.alyseus.co• m (multilingüe)
AloxamentoSede habitual de congresos nacionais e internacionais, Santiago de Compostela conta cunha excelente infraestrutura hoteleira que inclúe establecementos de todas as categorías, desde grandes hoteis pertencentes ás principais cadeas españolas até pequenos hoteis con encanto situados no corazón do casco mo-numental da cidade.
Os prezos por noite, segundo a tarifa vixente en 2009, son os seguintes:
Hoteis de 1 estrela: a partir de 30 euros•Hoteis de 2 estrelas: a partir de 45 euros•Hoteis de 3 estrelas: a partir de 90 euros•Hoteis de 4 estrelas: a partir de 117 euros•Hoteis de 5 estrelas: a partir de 125 euros•
A organización do congreso fará un esforzo especial para habilitar aloxamentos a baixo custo en colexios maiores e residencias estudantís para aqueles congresistas que o necesiten.
Máis información sobre aloxamentos en Santiago de Compostela:www.galinor.es/hsantiag.html
No sitio web do congreso www.ibbycompostela2010.org iremos actualizando a información. Lembramos a necesidade de realizar as reservas pertinentes con su-ficiente antelación, habida conta de que 2010 será un ano de especial afluencia de visitantes a Santiago de Compostela.
Actividades pre e postcongresuaisPara aqueles participantes que desexen aproveitar a ocasión para facer turismo por Galicia ou outras zonas de España ou Portugal, vanse programar varias viaxes pre e postcongresuais entre as cales se poderá contar a posibilidade de facer o Camiño de Santiago a pe, en bicicleta ou en autobús, no tramo ou tramos do mesmo que os solicitantes desexen e co asesoramento e compañía de guías especializados. Aqueles congresistas que prefiran percorridos distintos contarán co asesoramento da axencia de viaxes contratada a tal efecto pola organización do congreso (www.ibbycompostela2010.org), así como coa información que se ofrecerá na páxina web do congreso.
Máis informaciónXosé Antonio Neira CruzComisario do 32º Congreso Internacional de IBBY [email protected] [email protected]
Setembro de 2009. Programa suxeito a cambios
Rúa
de S
an L
ázar
oCa
miñ
o de
San
tiag
oSa
int
Jam
es’ p
ilgri
m w
ay
Sede
do
cong
reso
Cong
ress
hea
dqua
rter
s
Aven
ida
do C
amiñ
o Fr
ancé
s
Rúa de R
oma
Avenida de Lugo
Avenida Xoan XXIII
Aven
ida
de G
onza
lo T
orre
nte
Balle
ster
Sant
iago
de C
ompo
stel
a
Cate
dral
Cath
edra
lPr
aza
doO
brad
oiro
Alam
eda
Fund
ació
n G
rane
ll
Mus
eo d
o Po
bo G
aleg
o
Cent
ro G
aleg
o de
Arte
Con
tem
porá
neo
Rúa
de S
an L
ázar
oCa
miñ
o de
San
tiag
oSa
int
Jam
es’ p
ilgri
m w
ay
Sede
do
cong
reso
Cong
ress
hea
dqua
rter
s
Aven
ida
do C
amiñ
o Fr
ancé
s
Rúa de R
oma
Avenida de Lugo
Avenida Xoan XXIII
Aven
ida
de G
onza
lo T
orre
nte
Balle
ster
Sant
iago
de C
ompo
stel
a
Cate
dral
Cath
edra
lPr
aza
doO
brad
oiro
Alam
eda
Fund
ació
n G
rane
ll
Mus
eo d
o Po
bo G
aleg
o
Cent
ro G
aleg
o de
Arte
Con
tem
porá
neo
PublicaciónTexto: Xosé A. Neira CruzDeseño e maquetación: Óscar OteroCuberta e ilustracións: Xan López DomínguezFotografías cedidas por www.santiagoturismo.comImprime: Litonor S.A.L.ISBN: 978-84-8965-053-4Dep. Legal: C 2767-2009
VídeoGuión: Xosé A. Neira CruzProducción e realización: Pórtico audiovisuales
Esta publicación e máis o audiovisual que o acompaña foron posibles grazas ao patrocinio da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e da Fundación Cidade da Cultura de Galicia.
PublicaciónTexto: Xosé A. Neira CruzDiseño y maquetación: Óscar OteroCubierta e ilustraciones: Xan López DomínguezFotografías cedidas por www.santiagoturismo.comImprime: Litonor S.A.L.ISBN: 978-84-8965-053-4Dep. Legal: C 2767-2009
VídeoGuión: Xosé A. Neira CruzProducción y realización: Pórtico audiovisuales
Esta publicación y el audiovisual que lo acompaña han sido posibles gracias al patrocinio de la Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural de la Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia y de la Fundación Cidade da Cultura de Galicia.
BrochureWritten by Xosé A. Neira CruzDesigning by Óscar OteroCover and illustrations by Xan López DomínguezPictures by www.santiagoturismo.comPrintting by Litonor S.A.L.ISBN: 978-84-8965-053-4Legal Deposit: C 2767-2009
VideoScript by Xosé A. Neira CruzBroadcasting by Pórtico audiovisuales
This publication and its video were sponsored by the Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural of the Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia and by the Fundación Cidade da Cultura de Galicia.