Grupos de Traballo - Ceesg.orgceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2015.pdf · Dotar de...
Transcript of Grupos de Traballo - Ceesg.orgceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2015.pdf · Dotar de...
Rúa Lisboa, 20 – Baixo C Q1500270-B T 981552206 F 981938274
15707 Santiago de Compostela [email protected]
A Coruña www.ceesg.org A Coruña www.colexioeducadores.com
PLAN DE TRABALLO 2015
Integrantes
Mónica Fernández Gesteira: coordinadora
Ana Domínguez Márquez
Estefanía Lema Moreira
Laura Varela Crespo
Lorena Varela Romero
Margarita Conde Valladares
María Carballa Rosales
Rita Conde Sumay
Sonia González Rodríguez
Rosalía Castro Sabugueiro
Eva Moldes Casal
Obxectivos
Mellorar o funcionamento interno do grupo
Crear un espazo de reflexión de traballo acerca da intervención socioeducativa con
familias nos Servizos Sociais Comunitarios
Impulsar e reforzar a figura profesional do/a educador/a social no ámbito da
intervención social coas familias nos Servizos Sociais Comunitarios.
Dotar de ferramentas de traballo a figura do educador e a educadora social no ámbito
da intervención social coas familias.
Crear unha rede galega de educadoras/es sociais que traballen na intervención
socioeducativa con familias.
Accións
Implantar o regulamento de réxime interno para o grupo, facendo uso dos
documentos xa elaborados polo Ceesg e o do GT que xa o ten.
Rematar o modelo de informe socioeducativo.
Crear ferramentas de traballo relacionadas coa intervención socioeducativa con
familias e comunitaria.
Deseñar unha actividade formativa relacionada coa intervención socioeducativa con
familias.
Manter actualizada a conta de Facebook.
Impulsar a creación do módulo do módulo de Intervención Socioeducativa con Familias
en SIUSS.
Participar coa Consellería de Traballo e Benestar ou entidade que se encargue da
elaboración do módulo de Intervención Socioeducativa con Familias en SIUSS.
Actividade formativa sobre intervención familiar.
Avaliación da enquisa de Servizos Sociais de Galicia e elaboración de informe de
resultados
Recopilación de resultados do mapa de recurso e profesiograma
II Ciclo de Cine do Ceesg (en colaboración cos diferentes grupos de traballo)
Cronograma
Trimestre Actuacións
Xaneiro-marzo Elaborar RI/rematar informe Socioeducativo
Abril-xuño
Elaborar ferramentas de traballo/impulsar e participar na
elaboración do módulo de intervención familiar en SIUSS.
Ciclo de cine
Avaliación da enquisa de Servizos Sociais,
Xullo-setembro Elaborar ferramentas de traballo/participar impulsar
creación módulo de intervención familiar en SIUSS
Outubro-decembro
Deseñar actividade formativa
Elaboración do mapa de recursos.
ELABORACION DO PROFESIOGRAMA
Orzamento
Actuación Previsión custes Previsión ingresos
Actividade formativa 600,00€ 1.000,00€
Rúa Lisboa, 20 – Baixo C Q1500270-B T 981552206 F 981938274
15707 Santiago de Compostela [email protected]
A Coruña www.ceesg.org
PLAN DE TRABALLO 2015
Obxectivos
Comprometer a praxe do CEESG co feminismo e a igualdade efectiva entre mulleres e
homes.
Situar a igualdade de xénero como valor central da práctica educadora.
Crear un espazo de encontro, reflexión e autoformación entre educadoras e
educadores comprometidos coa igualdade entre mulleres e homes.
Denunciar as discriminacións que seguen a lastrar o desenvolvemento das mulleres,
con especial atención ao que acontece na comunidade galega.
Accións
As accións do Ceesg enmárcanse nas seguintes áreas de intervención:
1. Comunicación e Difusión.
1.1. Deseño do Protocolo de comunicación interna do Grupo Fiaderas.
1.2. Xestión dos procesos de comunicación interna e externa.
1.2. Difusión e Promoción das accións planificadas desde o Grupo.
2. Sensibilización/Reivindicación.
2.1. Promoción da igualdade dentro da profesión de Educador/a social.
2.2. Velar pola incorporación da perspectiva de xénero no quefacer profesional das/os
educadoras/es sociais.
2.3. Denuncia activa ante as discriminacións de xénero.
3. Formación.
3.1.Velar pola incorporación da perspectiva de xénero nas diferentes accións
formativas planificadas desde o Ceesg.
3.2. Deseño de accións formativas en materia de igualdade coa finalidade de mellorar a
formación das/os educadoras/es sociais.
3.3.Coordinación con outras entidades para a participación do grupo en Seminarios,
Xornadas, Encontros, Obradoiros, etc. relacionados coas temáticas de igualdade e
educación social.
4. Financiamento e xestión de recursos.
4.1. Busca de recursos económicos e materiais.
4.2. Busca de colaboracións con diversas entidades públicas e privadas.
No ano 2015, as accións que imos desenvolver son as seguintes:
De carácter formativo: encamiñadas a mellorar a formación das educadoras e
educadores sociais en materia de igualdade entre mulleres e homes, integrando a
perspectiva de xénero como elemento crítico do seu quefacer profesional:
▪ Organización das Xuntanzas Auto-formativas Fiadeiras.
▪ II Curso de formación básica en igualdade SOMOS DE FIAR.
▪ Actualización do apartado “Formación en Xénero” do blog e da web do
Ceesg.
▪ Participación do Grupo Fiadeiras en Seminarios, Xornadas, Encontros,
Obradoiros, etc. relacionados coas temáticas do grupo.
▪ Coordinación con outras entidades que ofrecen formación nesta materia
(facilitando información, descontos...).
▪ Deseño dun protocolo de comunicación interna non sexista.
De carácter reivindicativo: encamiñadas a denunciar discriminacións que permanecen
activas e limitan as posibilidades de desenvolvemento das mulleres, prestando especial
atención ao que acontece no contexto da comunidade galega.
▪ Blogue Fiadeiras: “fiadeiras.blogaliza.org”.
▪ Facebook Fiadeiras Ceesg.
▪ IV Xornadas Educación social e Violencia de xénero.
▪ Presenza comprometida en foros feministas (galegos, españois, internacionais)
e Campañas de sensibilización coordinadas por outros colectivos.
▪ Manifesto 25 de Novembro
▪ Campaña “Machismos...moito mais que micro”
De carácter lúdico-cultural: encamiñadas a fomentar a participación das mulleres na vida
cultural e asociativa da comunidade, abrindo foros para debater e reflexionar sobre un
mundo que non sexa masculino singular.
▪ IV Acto Aniversario Fiadeiras.
▪ II Ciclo de Cine do Ceesg (en colaboración cos diferentes grupos de traballo)
▪ Actualización da Biblioteca do CEESG en materia de xénero, igualdade e
feminismo.
A maiores, o grupo Fiadeiras comprométese a desenvolver o Mapa de Recursos e
Profesiograma que se está a realizar de forma conxunta desde o Ceesg.
Cronograma
Actuacións Ano 2015
Actualización Blogue Fiadeiras (todo o ano).
Mapa de recursos, profesiograma e base de datos referentes
educación social e igualdade (todo o ano).
Xaneiro
1º trimestre
1ª Xuntanza autoformativa Grupo Fiadeiras (10 e 11 de xaneiro).
2ª Xuntanza autoformativa Grupo Fiadeiras.
Protocolo interno de comunicación non sexista (28 de febreiro). Febreiro
IV Xornadas Educación e Violencia de xénero. Facultade de CC. da
Educación A Coruña. (8 marzo).
II Curso formación| SOMOS DE FIAR (28 de marzo, Lugo).
Marzo
3ª Xuntanza Autoformativa Grupo Fiadeiras Abril
2º trimestre Maio
Xuntanza Grupo Fiadeiras (data sen determinar) Xuño
Xuntanza Grupo Fiadeiras (data sen determinar)
Acto IV aniversario do Grupo Fiadeiras (aprox. 16 de setembro).
Publicación Micromachismos…moito máis que micro.
Setembro
3º trimestre
4ª Xuntanza Autoformativa Grupo Fiadeiras: (data sen determinar).
II Ciclo de Cine do Ceesg.
Outubro
4º trimestre
Actos 25 N, contra a Violencia machista e Manifesto. Novembro
Orzamento
Actuación Previsión custes Previsión ingresos
Acto aniversario do Grupo
Fiadeiras o 16 de setembro. 200 € 0 €
IV Xornadas Educación e
Violencia de xénero. 525 € 525 €
Dietas compoñentes Fiadeiras
400 € 0 €
Gastos varios
100 € 0 €
Subvencións concedidas 0 € 700 €
TOTAL 1.225 € 1.225 €
Integrantes do grupo
Noelia Darriba García: coordinadora
Natalia Domínguez Galán.
Isabel Taboada Mougán.
Tania Merelas Iglesias.
Eva Bastón Martínez.
Rúa Lisboa, 20 – Baixo C ||||Q1500270-B T 981552206 F 981938274 15707 Santiago de Compostela [email protected] A Coruña www.ceesg.org
PLAN DE TRABALLO 2015 Obxectivos o Potenciar a figura do/a Educador/a Social no ámbito das persoas maiores.
o Intervir para a mellora sociolaboral dos profesionais da intervención socioeducativa.
o Promover o intercambio de experiencias e recursos socioeducativos.
o Provocar o debate e a reflexión sobre a propia práctica profesional.
o Difundir información e coñecementos referidos á intervención socioeducativa coas
persoas maiores.
o Promover a participación de persoas colexiadas nas actividades do GEIX.
Accións
O Plan de Traballo xirará en torno a catro Liñas de Actuación, que se atopan directamente relacionadas cos obxectivos propostos. De cada unha delas, extráense unha serie de accións concretas que serán implementadas ao longo do ano 2015.
PLAN DE TRABALLO
2015
LIÑA DE ACTUACIÓN 1: Participación profesional e organización de accións formativas, tanto propias como externas, con contidos relacionados co mundo das persoas maiores.
LIÑA DE ACTUACIÓN 2: Reivindicación dun espazo merecido dos/as educadores/as sociais na xerontoloxía, así como da dignidade e o respecto das persoas maiores.
LIÑA DE ACTUACIÓN 3: Investigación da realidade das persoas maiores e da intervención socioeducativa en xerontoloxía, a prol de crear coñecemento neste eido e asentar e reforzar as bases para a intervención xeragóxica.
LIÑA DE ACTUACIÓN 4: Divulgación da existencia e das accións realizadas desde o GEIX, posicionándose como un referente informativo para profesionais da xerontoloxía, e en especial para aqueles que realicen unha intervención socioeducativa neste eido.
LIÑA DE ACTUACIÓN 1: Participación profesional e organización de accións
formativas, tanto propias como externas, con contidos relacionados co mundo das
persoas maiores.
� Aproveitar e consolidar redes: Convenios de colaboración con FADEMGA, pendente
do ano pasado. Abrir un período de posibilidade de convenio con entidades como
GERIATROS, FAGAL e CONSORCIO, e outras.
� Proposta de formación. Continuación na formación centrándonos en aspectos
concretos de especial interese do alumnado. Abril e maio.
� Participación nas xornadas interxeneracionais maio e Invernada de Xermade outubro-
novembro.
� Organización de accións para o Día Internacional das Persoas Maiores, coas seguintes
opcións: Publicar un manifesto o día 1 de outubro, e como actividade o día 3 de
outubro continuar o Ciclo de Cine do Ceesg ou facer un foro-debate con persoas
maiores.
� Xornadas sobre Xerontoloxía e Educación Social. Proxecto de celebración dunhas
xornadas sobre dereitos das persoas maiores. 12 de decembro 2015, relacionado co
día 10 como día internacional dos dereitos humanos.
� Participación e colaboración con accións formativas organizadas por outras entidades,
que resulten de interese para os/as educadores/as sociais e a intervención
socioeducativa no eido dos maiores.
LIÑA DE ACTUACIÓN 2: Reivindicación dun espazo merecido dos/as educadores/as
sociais na xerontoloxía, así como da dignidade e o respecto das persoas maiores.
� Continuidade na Comisión de Envellecemento Activo do Consello de Educadores e
Educadoras Sociais.
� Participación na Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía. Continuar coa
acreditación da formación do grupo; participación activa no Congreso Anual, por
petición expresa da propia SGXX; integración continua de máis membros do grupo na
sociedade como socios/as.
� Participación no grupo de referencia e demencias en Galicia impulsada por Fagal.
� Impulsar unha campaña informativa con todos os axentes sociais implicados na
atención as persoas maiores, dende a administración publica, a universidade, os grupos
políticos, e o terceiro sector.
LIÑA DE ACTUACIÓN 3: Investigación da realidade das persoas maiores e da
intervención socioeducativa en xerontoloxía, a prol de crear coñecemento neste eido e
asentar e reforzar as bases para a intervención xeragóxica.
� Mapa de recursos: actualización de datos e redacción dun documento de conclusións.
� Profesiograma: aprofundizar técnicamente para publicar un documento de referencia
profesional.
LIÑA DE ACTUACIÓN 4: Divulgación das accións realizadas desde o GEIX,
posicionándose como un referente informativo para profesionais da xerontoloxía, e en
especial para aqueles que realicen unha intervención socioeducativa neste eido.
� Mantemento e consolidación da páxina do Facebook.
� Creación do Blog.
� Publicación de material didáctico como resultado das accións formativas no propio
Blog.
� Concurso “Nos seremos as túas verbas escritas” . Queremos facer realidade escrita
experiencias profesionais, e convertelas en Boas prácticas, sendo presentadas en
convocatorias estatais e autonómicas para ser avaladas como tal. Destinado a aquelas
persoas que lles gustaría dar testemuña e non saben como facelo, ofrecémoslle os
nosos recursos persoais e habilidades na expresión para escribir as verbas dos nosos
compañeiros en relatos didácticos. O premio e un documento escrito, editado e
publicado en nome do CEESG, GEIX e a persoa que facilita a información,
presentación da boa práctica e acadar o aval da mesma como tal.
Cronograma Trimestre Actuacións
Xaneiro-marzo
• Posta en marcha do Blog • Grupo de referencia en demencias territorio de Galicia • Membros integrantes Comisión permanente de
avellentamento activo, ALV, e interxeneracionalidade.
Abril-xuño
• Xornadas interxeneracionais de Cabreiros • Formación do GEIX. Atención centrada na persoa • Congreso da Sociedade de Xerontoloxía e xeriatría • Presentación das bases do concurso.
Xullo-setembro • Prazo de presentación ao concurso.
Outubro-decembro • Resolución dos resultados e elección do gañador.
Comunicación no día Internacional das persoas maiores. • Celebración do día Internacional das persoas maiores.
• Ciclo de Cine • Invernada de Cabreiros • VII Xornadas de Educación social e Xerontoloxía.
Dereitos das persoas maiores, ¿utopía ou realidade? • Peche e previsión de publicación mapa de recursos. • Peche e previsión de publicación profesiograma.
Orzamento
Actuación Previsión custes Previsión ingresos Formación 460€ 775€ (mínimo) Xornadas 300€ 800€ Concurso Con cargo a orzamento 2016 Con cargo a orzamento 2016 Congreso da SGXX 300€ 0€ Dietas 200€ 0€
Integrantes do grupo
Lucía Chaves García (Coordinadora)
Laura Vilaboy Romero
(Coordinadora)
Mª Esther Pérez Enríquez Membro Aurelio Prado Rodríguez Membro Mónica Serrano Soto Membro Laura Folgueira García Membro
Rúa Lisboa, 20 – Baixo C Q1500270-B T 981552206 F 981938274
15707 Santiago de Compostela [email protected]
A Coruña www.ceesg.org A Coruña www.colexioeducadores.com
PLAN DE TRABALLO 2015
Obxectivos
Defender a figura do educador e da educadora social no eido da infancia e a
adolescencia
Analizar a figura da educadora e educador social neste eido.
Establecer redes de colaboración con outros grupos e entidades vencellados con esta
poboación.
Desenvolver accións formativas, lúdicas, educativas, culturais,… orientadas a fortalecer
a figura da educadora e do educador social.
Traballar coa documentación relativa a nosa actuación.
Accións
Análise da realidade
Propostas e formacións
Actividades de denuncia
Cronograma
Trimestre Actuacións
Xaneiro-marzo
- Axuda e apoio na organización e posta en marcha das
xornadas sobre a nova normativa en materia de infancia.
- Reanudar contacto coas Universidades galegas e cos PIC.
- Repaso, estudio, elaboración … de normativa sobre o
uso de teléfonos móbiles e novas tecnoloxías en xeral
nos centros de menores de Galicia.
- Análise da realidade do educador social no eido da
infancia e da adolescencia en Galicia (leis, convenios,
administración pública, sistema de protección…).
Abril-xuño
- Charla coloquio sobre o traballo en Centros de Menores
e Casa de Familia para alumnos de Educación Social da
USC.
- Participación no Encontro Infancia e Educación Social. As
implicacións no traballo cotiá dos cambios lexislativos.
- Participación no encontro de Grupos de Traballo do
Ceesg.
- Análise da realidade do educador social no eido da
infancia e da adolescencia en Galicia (leis, convenios,
administración pública, sistema de protección …).
Xullo-setembro
- Proxección do documental sobre o Sistema de
protección en Galicia: Vidas invisibles.
- Participación no II Congreso do Sistema de Protección
de Galicia.
- Organización e colaboración no II Ciclo de Cine do
Ceesg.
- Análise da realidade do educador social no eido da
infancia e da adolescencia en Galicia (leis, convenios,
administración pública…).
Outubro-decembro
- II Ciclo de Cine do Ceesg. Posible proxección do
documental “Un sitio para quedarse”.
- Actividades divulgativas (charlas coloquio, visita ó
MUPEGA…).
- Análise da realidade do educador social no eido da
infancia e da adolescencia en Galicia (leis, convenios,
administración pública…).
Orzamento
Actuación Previsión costes Previsión ingresos
Dietas (reunións, actuacións,
encontros, etc.) 360 €
Encontro sobre lexislación e
Infancia 3900 € 3900 €
II Ciclo de Cine 100 €
Integrantes
Lucía Fernández Iglesias: coordinadora
Estefanía Lema Moreira.
María Rial Fernández.
Cristina González Pardo.
Rodrigo Saa Carreira.
María Quintas Sotelo.
Duarte Crestar Pena.
Beatriz Caneda Zamar.
Paula Varela Costa.
Raquel López Fernández.
Pilar Ramallal Fernández.
Constantino Couso Miguélez.
Rúa Lisboa, 20 – Baixo C Q1500270-B T 981552206 F 981938274
15707 Santiago de Compostela [email protected]
A Coruña www.ceesg.org A Coruña www.colexioeducadores.com
PLAN DE TRABALLO 2015
Integrantes1
Coordinadora: Andrea Maroñas Bermúdez
1 Raquel López Fernández
2 Alba Mejuto Campos
3 Nereida Rivero Cruz
4 Paula Carrera Sotelino
5 Mª del Valle Marcos García-Conde
Obxectivos
XERAIS Reclamar o ámbito comunitario e ambiental como un espazo interdisciplinar e
interdependente onde a Educación Social estea presente de xeito activo.
Reivindicar profesional e socialmente a importancia do desenvolvemento
comunitario e a educación ambiental en clave pedagóxica e social nos
contextos locais, incidindo nas súas posibilidades transformadoras.
Buscar metodoloxías creativas e innovadoras de cara a difusión da actividade
do grupo, chegando a novos perfís de participación.2
ESPECÍFICOS
Consolidar o equipo de traballo e as dinámicas organizativas da Eira a nivel
interno.
Elaborar unha definición dos termos desenvolvemento comunitario e
educación ambiental de xeito co-construído con diferentes axentes sociais,
como a universidade.
Afianzar o contacto e a colaboración coas universidades galegas e contribuír a
dinamizar os Puntos de Información Colexial.
Finalizar a análise dos plans de estudo das universidades galegas e da UNED.
Identificar e achegarse –mediante a realización dun mapa de recursos– aos
diferentes equipamentos e servizos socieducativos de carácter comunitario e
ambiental de Santiago de Compostela.
1 Durante o ano 2014 houbo dúas baixas (Silvia Gálvez e Iván García), continúa Raquel López e
incorporáronse 5 persoas (Andrea Maroñas, Alba Mejuto, Nereida Rivero, Valle Marcos e Paula
Carrera). 2 De carácter transversal
Comezar a describir experiencias prácticas para unha mellor comprensión
destes termos.
Organizar a lo menos un encontro formativo que relacione a Educación
Ambiental, o Desenvolvemento Comunitario e a Educación Social.
Accións
Elaboración dun documento técnico que inclúa: as definicións de Educación
Ambiental e Desenvolvemento Comunitario e o profesiograma de ambos
ámbitos.
Rematar e difundir a análise dos Plans de Estudos das Universidades galegas en relación á Educación Ambiental e o Desenvolvemento comunitario.
Creación e difusión da imaxe de Eira
Dinamización do grupo a través da súa páxina de facebook3
Colaboración da Eira no proxecto SEPA-transición como formación interna e
accións relativas ás comunidades en transición e a cultura sustentable.4
Visitas a experiencias de boas prácticas (Ecoaldea no Folgoso do Courel e o
Proxecto Integral de Compostela)
Inicio do mapa de recursos de Educación Ambiental e Desenvolvemento Comunitario
Participación no CINEFORUM coordinado entre os diferentes grupos de
traballo do Ceesg
Organización da I Xornada de Educación Ambiental e Desenvolvmento
Comunitario
Participación trimestral no boletín do Ceesg
Cronograma
Trimestre Actuacións
Xaneiro-marzo
Elaboración dun documento técnico que inclúa:
as definicións de EA e DC co profesiograma de
ambos ámbitos.
Rematar e difundir a análise dos Plans de
Estudos das Universidades .
Creación e difusión da imaxe de Eira.
Participación trimestral no boletín do Ceesg
Abril-xuño
Visitas a experiencias de boas prácticas
(Ecoaldea no Folgoso do Courel e o Proxecto Integral de Compostela)
Organización da I Xornada de Educación
3 Transversal, durante todo o ano 4 Transversal, durante todo o ano
Ambiental e Desenvolvmento Comunitario
Participación trimestral no boletín do Ceesg
Xullo-setembro
Inicio do mapa de recursos de Educación
Ambiental e Desenvolvemento Comunitario
Participación trimestral no boletín do Ceesg
Outubro-decembro
Participación no CINEFORUM coordinado
entre os diferentes grupos de traballo do
Ceesg.
Remate mapa de recursos de Educación
Ambiental e Desenvolvemento Comunitario
Participación trimestral no boletín do Ceesg
Orzamento
Actuacións Previsión custes Previsión ingresos
Creación do logo do grupo 80 €
Dietas 400 €
Gastos de impresión 60 €
Organización da xornada 300 € Inscricións
Gastos imprevistos 60 €