GUiA DA COSTA - Turismo Carballoturismocarballo.com/media/documentos/ruta_da_COSTA.pdfA RUTA DAS...

14
GUiA DA COSTA

Transcript of GUiA DA COSTA - Turismo Carballoturismocarballo.com/media/documentos/ruta_da_COSTA.pdfA RUTA DAS...

Page 1: GUiA DA COSTA - Turismo Carballoturismocarballo.com/media/documentos/ruta_da_COSTA.pdfA RUTA DAS PRAIAS A ruta comeza xunto á capela de Santa Mariña, na parroquia de Razo. Se te

GGUUiiAA DDAA CCOOSSTTAA

Page 2: GUiA DA COSTA - Turismo Carballoturismocarballo.com/media/documentos/ruta_da_COSTA.pdfA RUTA DAS PRAIAS A ruta comeza xunto á capela de Santa Mariña, na parroquia de Razo. Se te

CCRREEDDIITTOOSSEEddiittaa:: Concello de CarballoTTeexxttooss:: Belén PuñalFFoottooggrraaffííaa:: Distrito Xermar, Oti Fernández, Eduardo MartínezDDeesseeññoo:: Item-AgaDD..LL..:: C 1069-2013

Page 3: GUiA DA COSTA - Turismo Carballoturismocarballo.com/media/documentos/ruta_da_COSTA.pdfA RUTA DAS PRAIAS A ruta comeza xunto á capela de Santa Mariña, na parroquia de Razo. Se te

OO MMAARR

O NOSO SEGREDO MELLOR GARDADO

UUNNHHAA CCOOSSTTAA PPOORR DDEESSCCUUBBRRIIRRÉ un dos segredos mellor gardados do noso conce-llo. Achégate e descóbreo. Atoparaste cun dos areaismáis extensos de Galicia. Gozarás da natureza enplena Rede Natura. Encheraste da enerxía do mar enRazo, onde o sol morre tralas illas Sisargas. Acou-garás xunto á lagoa de Baldaio, espazo húmidoúnico e todo un paraíso para a observación das aves,algunhas únicas en Galicia. Non hai palabras ninimaxes que sexan quen de abranguelo. Mira, escoita,atende, cheira o mar, alí onde Carballo estende assúas raíces cara ao océano.

Page 4: GUiA DA COSTA - Turismo Carballoturismocarballo.com/media/documentos/ruta_da_COSTA.pdfA RUTA DAS PRAIAS A ruta comeza xunto á capela de Santa Mariña, na parroquia de Razo. Se te

RRAAZZOO

VIVE O ATLÁNTICO

UUNN MMAARR AABBEERRTTOO DDEE PPOOSSIIBBIILLIIDDAADDEESSÉ o areal máis concorrido e dinámico da zona. Esta extensa praia ofrece sol, baño, deporte e ocio, asícomo todos os servizos que poidas necesitar. Unha desas praias que non se esquecen porque desprendeo recendo e a enerxía do mar aberto ao Atlántico. De douradas areas e conmovedores solpores, é, xuntocon Baldaio, un importante espazo protexido pola súa riqueza natural e paisaxística.

Page 5: GUiA DA COSTA - Turismo Carballoturismocarballo.com/media/documentos/ruta_da_COSTA.pdfA RUTA DAS PRAIAS A ruta comeza xunto á capela de Santa Mariña, na parroquia de Razo. Se te

PPIIOONNEEIIRRAA DDOO SSUURRFFRazo conta con escolas pioneiras na organiza-ción de surf camps. Ofrecen cursos para todasas idades, así como un abano amplo de activi-dades complementarias e a oportunidade depracticar outros deportes. Entre os meses deabril e setembro, as mareas que veñen doAtlántico descargan con forza nestas costas, fa-céndoas idóneas para cabalgar as ondas. Mozase mozos de moi diversas procedencias aché-ganse todos os anos ao noso litoral para for-marse neste deporte.

IINNMMEENNSSAA EE DDIIVVEERRSSAAO areal que vai de Razo a Baldaio é un dosmáis extensos de Galicia. Razo é unha praia di-námica e acolledora. Nela hai lugar para todoo mundo. Para quen procure aventura e de-porte, pois atopará aquí un bo espazo para apráctica do surf, o volley praia, o mergullo ouo parapente. Para as familias, que contan cunhapraia dotada de todos os servizos, distinguidacon bandeira azul. Mesmo quen busque inti-midade poderá encontrala nos tres quilómetrosde dunas que a unen con Baldaio.

PPRRAAIIAA FFÓÓSSIILLRazo agocha un interesante fenómeno xeoló-xico. Fíxate nos seus acantilados. Non son derocha, senón de area e cantos, cunha fina capasuperior cuberta de area e vexetación. Son osrestos dunha praia milenaria, da era cuaterna-ria, cando, debido ao desxeo dos cascos polares,o nivel do mar era ben máis alto do actual...En Razo comeza un dos fenómenos xeolóxi-cos máis importantes de Galicia, a DepresiónMeridiana, fondeira que atravesa o país denorte a sur, até chegar a Tui.

Page 6: GUiA DA COSTA - Turismo Carballoturismocarballo.com/media/documentos/ruta_da_COSTA.pdfA RUTA DAS PRAIAS A ruta comeza xunto á capela de Santa Mariña, na parroquia de Razo. Se te

BBAALLDDAAIIOO

RESPIRA, OLLA, ACOUGA

OO AATTRRAACCTTIIVVOO DDOO NNAATTUURRAALLÉ un dos espazos naturais de maior valor ecolóxicode Galicia. Está en Rede Natura e foi recoñecidopola Unión Europea como Zona de Especial Pro-tección dos Valores Naturais e Zona de EspecialProtección para as aves. Centos de paxariños teñenaquí parada e fonda. O lugar é idoneo para a ob-servación ornitolóxica.

Baldaio é mar, lagoa, marisma e praia. En temposremotos, un brazo de area pechou o que até entónera unha enseada e deu lugar a un fértil espazo na-tural onde conflúe o mar coa auga dos ríos da con-torna. Un cordón de máis de tres quilómetros dedunas (algunha delas de até 20 metros) une Baldaiocoa praia de Razo.

Page 7: GUiA DA COSTA - Turismo Carballoturismocarballo.com/media/documentos/ruta_da_COSTA.pdfA RUTA DAS PRAIAS A ruta comeza xunto á capela de Santa Mariña, na parroquia de Razo. Se te

AAVVEESS ÚÚNNIICCAASS EENN GGAALLIICCIIAAO rico ecosistema de Baldaio é un paraíso paraas aves. Aquí viven, hibernan ou fan unha pa-rada no seu camiño cara a terras máis lonxanase cálidas. Algunhas son especies únicas en Ga-licia ou teñen en Baldaio un dos seus escasoshábitats na comunidade. Tal é o caso da escri-benta das neves ou da píllara papuda. Poderásespialas con disimulo dende o punto de obser-vación que hai á entrada da lagoa ou sumarteaos roteiros ornitolóxicos.

UUNNHHAA HHIISSTTOORRIIAA DDEE LLOOIITTAADurante catro décadas, Baldaio foi explotadopor empresas privadas para a extracción dearea. Tras a longa batalla librada polos veciñose veciñas da zona, o Tribunal Supremo devol-veu a lagoa para o uso público na década dosnoventa. Nos últimos anos levouse a cabo unimportante traballo de recuperación ambientalpara intentar devolverlle ao espazo a súa apa-rencia orixinal.

OOCCIIOO,, DDEEPPOORRTTEE EE NNAATTUURREEZZAAGolf, paintball, rutas a cabalo ou roteiros ornito-lóxicos son algunhas das actividades das que po-derás gozar. Se tes afección pola pesca submarina,aconsellámosche navegar até os baixos de Bal-daio onde, di a lenda, hai unha cidade asolagada.As persoas que coñecen máis a fondo Baldaioson sen dúbida as súas mariscadoras. Levan anosextraendo da marisma os seus tesouros, entreeles, o coñecido berberecho de Baldaio, asícomo mexillón, ameixa, longueirón ou ostra.

Page 8: GUiA DA COSTA - Turismo Carballoturismocarballo.com/media/documentos/ruta_da_COSTA.pdfA RUTA DAS PRAIAS A ruta comeza xunto á capela de Santa Mariña, na parroquia de Razo. Se te

AA RRUUTTAA DDAASS PPRRAAIIAASS

CAMIÑA SEN CANCELAS

CCOO SSAALLIITTRREE NNOOSS PPÉÉSSO tramo de litoral que vai dende Razo até Baldaio é un dos areais máis extensos de toda Galicia. Perco-rrelo á beiriña do mar, coas ondas acariñando os pés e o salitre na pel, é un pracer. A pé ou en bicicleta,esta é a mellor maneira que terás de coñecer os segredos deste espazo natural: sobre o propio terreo.

Page 9: GUiA DA COSTA - Turismo Carballoturismocarballo.com/media/documentos/ruta_da_COSTA.pdfA RUTA DAS PRAIAS A ruta comeza xunto á capela de Santa Mariña, na parroquia de Razo. Se te

AA RRUUTTAA DDAASS PPRRAAIIAASSA ruta comeza xunto á capela de Santa Mariña, na parroquia de Razo.Se te desvías un chisco, atoparás un miradoiro natural dende o que,con día despexado, poderas ver dende Malpica até Punta Langosteirae mesmo alén. Até 50 km de vistas!

Entre Santa Mariña e Razo, o terreo vira rochoso e con cantís. Nestetramo de litoral encóntrase o agreste saínte que se coñece como a Puntado Chan de Razo. Nunha pequena enseada atoparás o porto da zona.Un pouco máis e xa estarás chegando ao areal de Razo. Podes apro-veitar para botarlle un ollo á milenaria praia fósil!

Seguimos por paraxes máis tranquilas e solitarias, á beira das dúasfranxas de dunas que decorren paralelas ao mar até chegar á lagoa deBaldaio. Dunha pequena cala pegada ao areal da Pedra do Sal, sae unestreito carreiro. Se te adentras, encontrarás unha sucesión de peque-nas calas que desaparecen coa marea alta, até chegar finalmente áspraias de Leira e Arnela, preto xa do porto pesqueiro de Caión.

AA CCOOSSTTAA DDEE CCAARRBBAALLLLOOSon ao redor de 40 kilómetros con principio e fin na vila de Carballo.O percorrido comeza no tramo de carril bici no inicio da estrada quevai a Razo. Dende esta parroquia costeira, has proseguir a ruta cara aBaldaio. Fai parada en Castrillon e goza da ampla panorámica do es-pazo natural Razo-Baldaio que poderás obter á beira da capela deSanta Irene, construída nun antigo castro. Impresionantes son as pos-tais do mar que saen ao paso rumbo a Leira. Recomendable prolongara ruta até o antigo porto baleeiro de Caión.

AA RRUUTTAA DDOOSS PPIINNOOSS NNOO MMAARRIrás dende Razo até Malpica por camiños entre o monte dende os quese respira e escoita o mar. Se tes tempo, pasa antes polo Monte Neme,cunha impresionante panorámica dos concellos de Malpica e Carba-llo. Repara no verde esmeralda das lagoas que se conformaron nestazona de extracción mineira, primeiro de wolframio, logo de area. NaII Guerra Mundial, o wolframio era exportado ao exército alemán. Ostestemuños dan conta, ademais, dun crómlech xa desaparecido ondedin que as bruxas se reunían na noite de San Xoán.

AA PPÉÉ EENN BBIICCII

Page 10: GUiA DA COSTA - Turismo Carballoturismocarballo.com/media/documentos/ruta_da_COSTA.pdfA RUTA DAS PRAIAS A ruta comeza xunto á capela de Santa Mariña, na parroquia de Razo. Se te

AALLOOXXAAMMEENNTTOOSSNúcleo urbanoBalneario de Carballo - Hotel ** Estrela, 10 - CarballoTfno. 981 703 [email protected]

Moncarsol - Hotel ** Avda. de Fisterra, 9 - CarballoTfno. 981 702 411 / [email protected]

Rama - Hostal ** Avda. de Fisterra, 17 - CarballoTfnos. 981 702 056 - 609 002 924

Río Sil - Hostal ** Río Sil, 43 - CarballoTfno. 981 700 [email protected]

Fora do núcleo urbanoPunta del Este - Hotel *** Avda. de Malpica, 125 - CarballoTfno. 981 704 [email protected]

Hotel Spa Talaso Mar de Queo 2Queo de Abaixo, 46 - BértoaTfno. 981 757 [email protected]

A Revolta - Pensión ** Avda. da Revolta, 98 - CarballoTfno. 981 757 [email protected]

Casa de Entremuros (Turismo rural)Cances Grande, 77 - CancesTfno. 981 757 [email protected]

Casa Mar de Queo (Turismo rural)Queo de Abaixo, 46 - BértoaTfno. 981 757 [email protected]

Pazo do Souto (Turismo rural)Torre, 1 - SísamoTfno. 981 756 [email protected]

As Maroas (Turismo rural)A Piña - SofánTfno. 696 735 [email protected]

As Névedas (Cámping 3ª)Estrada Carballo - Caión, km 8,5RapadoiroTfno. 981 739 [email protected]

Baldaio (Cámping 2ª)Rebordelos, 314Tfno. 981 739 [email protected]

Os Delfíns (Cámping 2ª)Pedra do Sal - BaldaioTfno. 981 739 696www.osdelfins.com

Apartamentos turísticos San BreixoEstrada Praia de Razo, km. 3 - OzaTfno. 981 703 605 - 685 803 [email protected]

Os Delfíns - PensiónPedra do Sal – BaldaioTfno. 981 739 696www.osdelfins.com

OOCCIIOO AACCTTIIVVOOArt Surf Camp (Campamento-escola de surf)Praia de RazoTfnos. 638 123 495 - 638 123 496616 605 [email protected]

Raz Surf Camp (Campamento-escola de surf)Praia de RazoTfno. 981 752 408659 381 300 - 618 223 [email protected]

Surf and Rock(Tenda e escola de surf)Praia de RazoTfno. 981 701 211 - 674 900 [email protected]

Golpe Golf (Instalación deportiva)Golf, paintball, multiaventura, sendeiroornitolóxicoSan Miguel de Vilela - BaldaioTfno. 981 739 [email protected]

Yeguada Laurel (Rutas a cabalo)Estrada de RazoTfno. 981 755 340 - 606 420 307629 203 229www.centroecuestrelaurel.es

Buceo Carballo (Cursos e actividades de mergullo)Vázquez de Parga, 75 BTfno. 981 754 533

Asociación Senda Nova(Sendeirismo e actividades ambientais)Tfno. 696 155 [email protected]

Asociación Mariscadoras Fonte Santa Helena(Rutas guiadas pola lagoa de Baldaio)Tfno. 981 739 676

TTEERRMMAALLIISSMMOOBalneario de Carballo - Hotel ** Estrela, 10 - CarballoTfno. 981 703 [email protected]

SSPPAAHotel Spa Talaso Mar de Queo 2Queo de Abaixo, 46 - BértoaTfno. 981 757 [email protected]

Page 11: GUiA DA COSTA - Turismo Carballoturismocarballo.com/media/documentos/ruta_da_COSTA.pdfA RUTA DAS PRAIAS A ruta comeza xunto á capela de Santa Mariña, na parroquia de Razo. Se te
Page 12: GUiA DA COSTA - Turismo Carballoturismocarballo.com/media/documentos/ruta_da_COSTA.pdfA RUTA DAS PRAIAS A ruta comeza xunto á capela de Santa Mariña, na parroquia de Razo. Se te
Page 13: GUiA DA COSTA - Turismo Carballoturismocarballo.com/media/documentos/ruta_da_COSTA.pdfA RUTA DAS PRAIAS A ruta comeza xunto á capela de Santa Mariña, na parroquia de Razo. Se te
Page 14: GUiA DA COSTA - Turismo Carballoturismocarballo.com/media/documentos/ruta_da_COSTA.pdfA RUTA DAS PRAIAS A ruta comeza xunto á capela de Santa Mariña, na parroquia de Razo. Se te

CCOONNCCEELLLLOO DDEE CCAARRBBAALLLLOOPPrraazzaa ddoo CCoonncceelllloo,, ss//nnCCPP 1155110000 -- CCaarrbbaallllooTT:: 998811 770044 110000FF:: 998811 770022 885588