Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)

17
GUÍA DIDÁCTICA BACHARELATO VISITAS ÁS INSTALACIÓNS DE SOGAMA www.sogama.es

Transcript of Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)

Page 1: Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)

GUÍA DIDÁCTICABACHARELATO

VISITAS ÁS INSTALACIÓNSDE SOGAMA

www.sogama.es

Page 2: Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)

ÍNDICEINTRODUCCIÓN

PRESENTACIÓN 3

OBXECTIVOS PERSEGUIDOS 3

A QUEN VAI DIRIXIDA 4

METODOLOXÍA 4

SECUENCIACIÓN E TEMPO DE REALIZACIÓN 4

AVALIACIÓN 4

CONTIDOS

CONCEPTOS BÁSICOS 5

MODELOS DE XESTIÓN E TRATAMENTODE RESIDUOS EN GALICIA 7

MODELO SOGAMA 8

REDE DE PLANTAS DE TRANSFERENCIA 9

COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA 10

RECICLAXE DE ENVASES LIXEIROS 11

MATERIAIS E RECURSOS 12

ACTIVIDADES (3) 13-14

GLOSARIO DE TERMOS 15

RECOMENDACIÓNS PARA VISITAR SOGAMA 17

www.sogama.es

Page 3: Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)

PRESENTACIÓN

O aumento do nivel de vida e o cambio nos nosos hábitos de consumo constitúen unha ameaza para o medio ambiente, especialmente no eido do esgotamento de recursos naturais e na elevada xeración de residuos.

Un dos maiores retos actuais é atopar unha solución á acumulación e eliminación dos residuos, para deter e tornar a tendencia crecente dos últimos anos. A estratexia das tres erres (Reducir, Reutilizar e Reciclar) resulta neste sentido fundamental.

A Sociedade Galega do Medio Ambiente (en diante SOGAMA) é unha empresa pública autonómica que xestiona e trata a maior parte dos residuos domésticos producidos en Galicia.

A finalidade básica da guía é dar unha formación previa aos escolares de Bacharelato antes da súa visita a SOGAMA, tanto no relativo á xestión dos residuos urbanos como no funcionamento do Complexo Medioambiental de Cerceda e da rede de Plantas de Transferencia.

OBXECTIVOS PERSEGUIDOS

Os obxectivos específicos desta guía didáctica son os seguintes:

- Contribuír ao coñecemento e sensibilización do alumnado en materia de residuos.

- Orientar aos alumnos e alumnas cara a actitudes persoais máis positivas e correctas no referente á xestión dos residuos.

- Contribuír a aumentar os coñecementos dos escolares sobre as instalacións de SOGAMA e o traballo que nelas se realiza.

- Concienciar ao alumnado sobre a importancia do consumo responsable, a redución da produción de lixo e a recollida selectiva, fomentando hábitos de selección de residuos en orixe e depósito correcto dos mesmos nos diferentes colectores.

INTRODUCCIÓN

www.sogama.es

Page 4: Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)

A QUEN VAI DIRIXIDA

Os contidos da guía están dirixidos ao alumnado que cursa Bacharelato. A guía ofrece ao equipo docente material para a formación básica dos estudantes, tanto en conceptos xerais de residuos como na xestión dos mesmos acometida por SOGAMA. Débese ter en conta que esta guía didáctica e a temática que aborda, dado o seu carácter transversal, pode ser tratada en calquera área do currículo formativo, polo que sería interesante a implicación de todo o profesorado.

É importante tamén mencionar que a formación en canto á axeitada xestión de residuos non é unha cuestión específica da escola, polo que a información e participación do ámbito familiar será de gran apoio para que os escolares interioricen as boas prácticas medioambientais.

METODOLOXÍA

A presente guía está deseñada e enfocada cara a formación previa do alumnado antes da visita á infraestrutura industrial de Sogama. O emprego da mesma permitirá que os escolares afiancen coñecementos básicos sobre os residuos e a súa axeitada separación, así como sobre o labor de Sogama.

A guía débese abordar mediante unha lectura comprensiva da mesma na que participen profesor e alumnos, constituíndose no primeiro achegamento ás instalacións desta entidade pública.

A realización das actividades propostas na última parte deste documento servirá para asimilar e relacionar a información aportada.

SECUENCIACIÓN E TEMPO DE REALIZACIÓN

A guía didáctica presenta unha sinxela estrutura onde se introducen diversos contidos tales como conceptos básicos de residuos, modelos de xestión de residuos urbanos existentes en Galicia e operativa do Complexo Medioambiental de Cerceda e da rede de Plantas de Transferencia. A primeira etapa, de lectura comprensiva, levarase a cabo no horario dunha clase (50 minutos); mentres a segunda etapa, de actividades orientadas ao afianzamento dos conceptos adquiridos polo alumnado, realizarase no tempo equivalente a outra clase (50 minutos).

AVALIACIÓN

A través das actividades propostas, o profesorado poderá avaliar os coñecementos cos que contan os alumnos en materia de xestión e tratamento de residuos por parte de SOGAMA.

INTRODUCCIÓN

www.sogama.es

Page 5: Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)

CONCEPTOS BÁSICOS

¿Que é SOGAMA?

SOGAMA é unha empresa pública autonómica, creada no ano 1992 e participada nun 51% pola Xunta de Galicia e no 49% restante polo grupo Gas Natural. A prioridade de SOGAMA é a xestión e o tratamento sostibles dos residuos urbanos producidos en Galicia.

SOGAMA participa tamén en actividades destinadas á protección e conservación do medio ambiente en xeral.

¿Que son os residuos?

Un residuo é “calquera substancia ou obxecto do que o seu posuidor se desprenda ou teña a intención ou obriga de desprenderse”. * Para máis información ver a Ley 10/1998 (estatal), de 21 de abril, de Residuos, ou a Lei 10/2008 (galega), de 3 de novembro, de residuos de Galicia.

¿Como se clasifican os residuos?

Os residuos pódense clasificar:

· Segundo o risco para a saúde ou o medio ambiente, en:

- Inertes.- Perigosos.- Radioactivos.

· Segundo a súa natureza física ou estado, en:- Sólidos.- Líquidos.- Gasosos.

· Segundo a súa orixe ou lugar de xeración, en:- Agropecuarios.- Mineiros.- Industriais.- Sanitarios.- Urbanos.

¿Que son os residuos urbanos?Os residuos urbanos son “aqueles xerados nos domicilios particulares, comercios, oficinas e servizos, así como todos aqueles que non teñan a cualificación de perigosos e que, pola súa natureza ou composición, sexan asimilables aos producidos nos anteriores lugares ou actividades”.

Teñen tamén a consideración de residuos urbanos os seguintes:

· Os residuos procedentes da limpeza de vías públicas, zonas verdes, áreas recreativas e praias.· Animais domésticos mortos, así como mobles, utensilios e vehículos abandonados.· Residuos e escombros procedentes de obras menores de construción e reparación domiciliaria.

¿Cantos residuos urbanos se producen e de que están compostos?O aumento do nivel de vida e as prácticas de consumo vinculadas á adquisición de produtos de “usar e tirar” supuxeron a transformación dos hábitos de comportamento da poboación, sen ter en conta a repercusión sobre o medio ambiente (contaminación, esgotamento de recursos naturais...), dando lugar a modificacións na xeración e composición dos residuos urbanos.

Segundo o novo Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020 (en exposición pública), en Galicia xéranse 1,216 quilogramos de residuos urbanos por habitante e día, o que supón que cada un de nós orixina unha media de 444 quilogramos ó ano de residuos.

CONTIDOS

www.sogama.es

Page 6: Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)

A composición media dos residuos urbanos en Galicia, segundo o citado Plan, é a reflectida no seguinte gráfico.

SOGAMA engade un cuarto “R”, que é a Recuperación enerxética da parte non reciclable dos residuos.

CONTIDOS

- REUTILIZAR: consiste en empregar as cousas en varias ocasións tentando darlles a máxima utilidade antes de convertelas nun residuo. Hai obxectos que poden ser empregados por outras persoas (libros, roupa...) e outros teñen usos alternativos (botellas, tarros, caixas de cartón...), o que supón empregalas para usos non previstos nun primeiro momento.

- REDUCIR: a redución radica en cambiar a conduta cotiá para xerar unha menor cantidade de residuos.

Debemos adoptar hábitos de “non desperdicio”, incrementar o emprego de envases retornables,

rexeitar as bolsas da compra, evitar produtos de usar e tirar...

a reciclaxe é o aproveitamento dos materiais contidos nos residuos para elaborar novos produtos, o que contribúe á preservación dos recursos naturais e ao aforro do consumo de auga e enerxía. A reciclaxe dos residuos urbanos precisa da colaboración dos cidadáns nos sistemas de recollida selectiva.

- RECICLAR:

Planta Termoeléctrica

Os “tres erres”

Un dos maiores retos que existen na actualidade é atopar unha solución á acumulación e eliminación dos residuos, para deter e cambiar a tendencia crecente dos últimos anos caracterizada pola excesiva produción dos mesmos. O principal instrumento neste sentido é a aplicación da estratexia dos “3 erres”:

VOLUMINOSOS4,22%

OUTROS15,43%

FRACCIÓN ORGÁNICA41,63%

VIDRO6,35%

PAPEL E CARTÓN17,65%

ENVASES LIXEIROS14,72%

www.sogama.es

Page 7: Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)

Os residuos que os cidadáns depositan nos colectores habilitados na vía pública son recollidos de xeito separado polos propios concellos ou empresas designadas, transportando os envases de vidro e o papel e cartón directamente aos centros de reciclaxe.

Os residuos dos colectores amarelos e xenéricos (estes últimos habitualmente de cor verde) trasládanse por parte dos servizos de recollida municipal á planta de transferencia máis próxima, onde se traspasan a colectores de maior capacidade para desprazalos, por

tren ou camión, e en axeitadas condicións hixiénicas e de seguridade, ao Complexo Medioambiental de Cerceda.

Ademais dos colectores instalados na rúa, moitos dos Concellos contan cunhas instalacións chamadas “puntos limpos”, nas cales os cidadáns poden depositar residuos que precisan dunha xestión específica, ben polo seu tamaño (residuos voluminosos) ou pola súa composición (pilas, fluorescentes, aceites, disolventes e outros residuos perigosos).

CONTIDOS

MODELO SOGAMA

Os concellos participantes no modelo SOGAMA dispoñen de distintos colectores para a recollida selectiva:

Colector amarelo

Colector papel/cartón

COLECTORES RESIDUOS CONDICIÓNS DE DEPÓSITO

ENVASES DE VIDRO - Botellas de vidro - Tarros e frascos de vidro

RESTO - Residuos orgánicos - Cueiros, compresas ou papeis sucios - Outros residuos sen un proceso de recollida selectiva

Sen tapóns, cortizas ou tapasNon depositar lámpadas, espellos,cristais de ventás, louza ou vasos

PAPEL E CARTÓN - Envases / caixas de cartón - Bolsas de papel - Papel de envolver limpo - Follas, xornais, revistas, cadernos...

Sen bolsas de plásticoSen papeis ou cartóns suciosSen grapas, espirais...

ENVASES LIXEIROS - Botellas e botes de plástico - Envoltorios de plástico ou aluminio - Latas de conserva e bebida - Briks de zume, leite... - Bandexas de porexpan ou cortiza branca

Non depositar residuos que non sexanenvases (bolígrafos, xoguetes...)nin envases de residuos industriais,hospitalarios ou perigosos (botes depintura, medicamentos, latas deaceites de coche.)

Non depositar materiais que dispoñendun proceso de recollida selectivanin residuos voluminosos

Colector xenérico

Colector vidro

www.sogama.es

Page 8: Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)

COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA

O Complexo Medioambiental de SOGAMA en Cerceda ten unha capacidade de tratamento de entre 500.000 e 550.000 toneladas de residuos ao ano, contando –entre outras– coas seguintes instalacións:

· Planta automatizada de clasificación de envases lixeiros:É a única instalación do Complexo onde se xestiona a bolsa amarela. Os residuos procedentes dos colectores amarelos (bolsa amarela) descárganse e son clasificados mecanicamente mediante correntes de Foucault, electroimáns e lectores ópticos segundo os diferentes tipos de materiais: aluminio, ferro e os distintos tipos de plástico respectivamente. Unha vez separados, pasan pola inspección dos traballadores para corrixir posibles erros, sendo inmediatamente prensados e embalados para remitir aos centros de reciclado.

· Planta de Elaboración de Combustible Derivado de Residuos:É onde se reciben os residuos depositados pola cidadanía nos colectores xenéricos (bolsa negra), introducíndoos nuns fosos de grandes dimensións. Aquí, tras separar mecanicamente os metais (ferro e aluminio), comeza un proceso de acondicionamento (triturado e secado) dos residuos non reciclables para convertelos nun combustible, o Combustible Derivado de Residuos (CDR), que se emprega logo na Planta Termoeléctrica.

· Planta de Coxeneración:Emprega gas natural para producir enerxía eléctrica e calor para o secado do CDR. Conta con 6 motores cunha potencia instalada de 22 MW.

· Planta Termoeléctrica: O CDR introdúcese en dúas caldeiras de leito fluído circulante e queimase en presenza de osíxeno e a temperaturas superiores a 850ºC, diminuíndo así a emisión de dioxinas e furanos. Ademais, nesta instalación, que conta cunha potencia instalada de 50 MW, producindo enerxía eléctrica suficiente para abastecer 100.000 vivendas, utilízanse innovadores sistemas de depuración de gases tales como cal apagada, carbón activo e filtros de mangas, que permiten que os niveis de emisión á atmosfera estean moi por debaixo dos límites legais, garantindo un proceso totalmente respectuoso co medio ambiente e a saúde das persoas.

A media das emisións á atmosfera no primeiro semestre de 2010 son as seguintes:

Ademais, o Complexo conta cunha serie de instalacións auxiliares como son as balsas de pluviais, tres depuradoras (dúas biolóxicas e unha fisicoquímica), un depósito controlado para as cinzas resultantes da valorización enerxética, e outro depósito para as escouras, así como un sistema de lavado de gases.

CONTIDOS

Partículas

NO2

SO2

CO

COT

Dioxinas e furanos(concentración)

HCI

HF

Cd + TI

Hg

Sb+As+Pb+Cr+Co+Cu+Mh+Ni+V

Emisións

mg/Nm3

mg/Nm3

mg/Nm3

mg/Nm3

mg C/Nm3

ngITEQ/Nm3

mg/Nm3

mg/Nm3

mg/Nm3

mg/Nm3

mg/Nm3

1,98

95,8

6,68

16,52

3,12

0,03

2,24

<1

<0,02

<0,01

0,09

0,72

86,3

2,74

16,38

2,24

0,01

2,78

1

<0,02

<0,01

0,08

30

400

200

100

20

0,1

60

4

0,05

0,05

0,5

UnidadesCantidades

emitidas(caldeira A)

Cantidadesemitidas

(caldeira B)

Límitelegal

www.sogama.es

Page 9: Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)

ACTIVIDADE 1

Nome da actividade:

Comprobación dos diferentes plásticos

Lugar de realización:

Aula

Explicación da actividade:

¿Reparaches algunha vez na cantidade de plásticos que existen? Antes de envialos aos distintos centros de reciclaxe, os plásticos deben ser separados segundo a súa tipoloxía. Esta é a tarefa realizada na

Planta de Clasificación de Envases de SOGAMA.Coa realización desta actividade tes que determinar en dez minutos de que tipo de plástico (PET, PEBD, PEAD, PVC, PP, PS) está feito cada un dos obxectos que se sinalan na seguinte táboa.

Botella de auga

Bolsa

Botella de lixivia

Botella de aceite

Papel film

Bote de xel

OBXECTO TIPO DE PLÁSTICO

ACTIVIDADES

www.sogama.es

Page 10: Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)

ACTIVIDADE 2

Nome da actividade:

Redacción sobre os residuos e a súa xestión

Lugar de realización:

Aula

Explicación da actividade:

En 10 páxinas como máximo (1.500 palabras) fai unha redacción sobre o que aprendiches nesta guía: ¿que son os residuos?, ¿como é a súa correcta separación?, ¿que é SOGAMA?, ¿como concienciarías á xente en canto á conveniencia de reducir, reutilizar e separar para reciclar? Expón aqueles aspectos da xestión do lixo que che gustaría ver e aprender na visita ás instalacións de SOGAMA.

ACTIVIDADE 3

Nome da actividade:

Investigación sobre a xestión dos residuos urbanos en España e en Europa

Lugar de realización:

Aula

Explicación da actividade:

Como puideches comprobar, debido ao noso cambio de vida e de hábitos de consumo cada vez xeramos máis residuos, moitos deles son reciclables. Recompila, a través de internet, estatísticas sobre a xestión dos residuos urbanos en España e en Europa, sinalando a fonte (INE, Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino...).Compara os resultados obtidos cos dos teus compañeiros e identifica as principais variables de interese.

ACTIVIDADES

www.sogama.es

Page 11: Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)

· Biodegradable:Que pode ser descomposto polas bacterias e outros organismos da natureza.

· Cinza:Residuo pulverulento dunha combustión formado polas substancias minerais non volátiles presentes no combustible.

· Colector:Recipiente de metal ou plástico disposto para o depósito de residuos e a súa recollida.

· Correntes de Foucault:Fenómeno eléctrico empregado nas plantas de clasificación de envases para xerar un campo que repele os materiais que conteñen aluminio, permitindo a súa segregación do resto.

· Dioxinas e furanos:Son compostos químicos xerados a partir de procesos de combustión que implican ao cloro. Son estables quimicamente, pouco biodegradables e moi solubles nas graxas, tendendo a acumularse en solos, sedimentos e tecidos orgánicos, podendo penetrar na cadea alimentaria.

· Electroimán:Imán artificial que xera un campo magnético eléctrico intermitente.

· Escouras:Referido á incineración de residuos, son os residuos sólidos (pedras, vidros, cerámica...) que non arden na caldeira.

· Foso:Concavidade ou fondura que serve de almacén temporal dos residuos procedentes da bolsa negra.

· Hábito:Acción que se realiza de xeito regular e por costume, normalmente pola frecuente repetición da mesma.

· Lector óptico:En plantas de clasificación de residuos, son equipos que empregan infravermellos para identificar os distintos tipos de materiais en función da súa densidade e cor, permitindo a súa posterior separación mediante golpes de vento.

· Materiais férricos e materiais alumínicos:Son aqueles nos que o ferro ou o aluminio constitúen o seu elemento principal, podendo presentar ademais outros elementos.

· Materia orgánica:En relación cos residuos, restos de alimentos de orixe animal ou vexetal facilmente fermentables e susceptibles de compostar, é dicir, de transformar en abono natural.

· Medio ambiente:Conxunto de circunstancias físicas, culturais, económicas e sociais nas que vive unha persoa ou unha poboación.

· Planta Termoeléctrica:Instalación empregada para a xeración de enerxía eléctrica a partir da enerxía liberada en forma de calor de determinados combustibles. No caso da planta de Sogama, emprégase o combustible derivado de residuos (CDR).

· Planta de Transferencia:Tamén denominadas estacións de transferencia, son instalacións destinadas ao transvase dos residuos urbanos desde os camións de recollida domiciliaria a colectores de transporte de gran capacidade.

· Recollida selectiva:Sistema de recollida separada dun determinado tipo de residuo susceptible de reciclar ou valorizar independentemente do resto.

GLOSARIO DE TERMOS

www.sogama.es

Page 12: Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)

As principais indicacións que debedes ter en conta á hora de visitar as instalacións de Sogama son as seguintes:

· Traede calzado pechado, senón non poderiades acceder ás mesmas.

· Apagade os móbiles, pódense deteriorar.

· No percorrido polas instalacións non podedes comer, nin beber, nin fumar.

· Seguide en todo momento as instrucións dos guías de Sogama.

· Daránsevos medidas de protección, que tedes que empregar e devolver en bo estado. Nas instalacións é obrigatorio o uso de casco e chaleco, agás dentro do autobús.

· Se no percorrido vos perdedes e desligades do grupo, comunicádeo ao primeiro traballador que encontredes.

· Non toquedes/manipuledes ningún obxecto das instalacións. Está prohibido tocar residuos ou sacar estes fóra do Complexo.

· Non toquedes nin vos acheguedes a equipos e vehículos en movemento.

· Non vos situedes baixo cargas suspendidas.

Ademais:

· O condutor do autobús debe aparcar o vehículo fronte ás oficinas do Complexo, sen molestar ao tránsito doutros vehículos. No recinto do Complexo, o autobús non pode circular a máis de 30 km/h.

· En caso de que algunha persoa portase marcapasos e/ou aparatos similares, ten que comunicarllo ao guía da visita antes do inicio desta e seguir as súas indicacións.

RECOMENDACIÓNS PARA VISITAR SOGAMA

www.sogama.es

Page 13: Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)

1· Modelo SOGAMA

2· Modelo Nostián

3· Modelo Lousame

Neste modelo, os envases lixeiros sepáranse para enviar aos centros recicladores, e os residuos que non poden ser reciclados aprovéitanse para xerar enerxía eléctrica renovable (valorización enerxética).

En Galicia existen ademais outras dúas plantas de tratamento que están orientadas a un modelo de recollida diferenciada de residuos orgánicos e residuos inorgánicos. Trátase das plantas de:

· Nostián, que xestiona os residuos urbanos da cidade de A Coruña e área metropolitana (Consorcio de As Mariñas), aglutinando a un total de 9 concellos.

· Lousame, que xestiona os residuos urbanos de 9 concellos que constitúen a Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza.

MODELOS DE XESTIÓN E TRATAMENTODE RESIDUOS EN GALICIA

O sistema de xestión e tratamento de residuos urbanos maioritario en Galicia é o modelo SOGAMA, asociado ao Complexo Medioambiental de Cerceda e á rede de Plantas de Transferencia distribuídas polo conxunto do territorio galego. A este sistema están adheridos 294 concellos galegos, que supoñen arredor do 82% dos residuos urbanos producidos na nosa Comunidade.

Este modelo supón a recollida diferenciada dos envases lixeiros (colector amarelo) e da fracción resto (colector xenérico), a maiores da recollida selectiva doutros materiais (envases de vidro, papel e cartón, pilas, voluminosos...).

CONTIDOS

www.sogama.es

Page 14: Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)

REDE DE PLANTAS DE TRANSFERENCIA

Actualmente, o territorio galego conta con 37 plantas de transferencias, das cales un total de 20 están baixo a titularidade de SOGAMA.

As plantas de transferencia son instalacións de funcionamento moi sinxelo. A súa operación realízase en catro fases:

CONTIDOS

Fase I: O camión de recollida domiciliaria accede ao recinto e, despois de ser pesado, sobe ata un andar superior.

Fase III: Un sinxelo émbolo introduce os RU no colector, sen empacamento nin apertura de bolsas ou calquera outra manipulación.

Fase II: Unha vez situado na posición correcta, realiza a descarga dos residuos sobre a tolva.

Fase IV: Finalizada a descarga a instalación queda pechada esperando a chegada do seguinte camión de recollida.

www.sogama.es

Page 15: Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)

RECICLAXE DOS ENVASES LIXEIROS

Para acadar unha boa reciclaxe dos envases lixeiros (bolsa amarela) é moi importante a correcta separación en orixe, pois o proceso de reciclaxe realízase segundo os distintos tipos de materiais.

O plástico é un material altamente reciclable, permitindo un aforro considerable de petróleo, aínda que non tódolos plásticos son iguais. Na seguinte táboa recóllense os principais tipos de plástico de uso doméstico e os seus usos.

O aceiro e o aluminio, que conteñen os envases metálicos, son materiais reciclables polo que se envían aos centros recicladores onde se transforman en materia prima. O aproveitamento destes metais é amplo e deles pódense obter tubos de escape, bombonas de gas, estantes, novas latas, parafusos, bicicletas, motores...

Os briks son envases formados por unha lámina múltiple que pode combinar tres tipos de materiais (plástico, cartón e aluminio) e que se poden aproveitar conxuntamente (para a fabricación de aglomerado para mobiliario) ou de forma separada (aproveitando o cartón para fabricar bolsas, sacos e cartón ondulado).

CONTIDOS

PET

1

PEAD

2

PVC

3

PEBD

4

PP

5

PS

6

SÍMBOLO DENOMINACIÓN OBXECTOS ORIXINAIS

PRINCIPAIS TIPOS DE PLÁSTICO DE USO DOMÉSTICO

OBXECTOS RECICLADOS

Polietileno Tereftalato

Sacos de durmir, anoraks,alfombras, caixas,solas de zapatos...

Polietileno de Alta Densidade

Sacos industriais,envases de deterxentes,

cubos, bidóns...

Policloruro de viniloCanalizacións, fibras,

solas e perfís...

Polietilenode Baixa Densidade

Bolsas para o lixo,canalizacións de rego, perfís...

Botellas debebidas carbónicas

Produtos de limpezae envases de cosméticos

Botellas de produtos delimpeza, xampú, aceites,

embalaxes...

Bolsas, películas,sacos, bidóns...

Polipropileno Tapóns Caixas

Poliestireno Vasos, tarros e embalaxe Bandexas, papeleiras

www.sogama.es

Page 16: Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)

Ademais, pódese completar información coa lectura e coñecemento da lexislación vixente na materia, resaltando a seguinte normativa:

- Directiva 2008/98/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 19 de novembro de 2008, sobre os residuos.

- Directiva 2004/12/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de febreiro de 2004, pola que se modifica a directiva 94/62/CE relativa aos envases e residuos de envases.

- Lei 10/1998, do 21 de abril, básica de residuos.

- Plan Nacional Integrado de Residuos (2008-2015).

- Real Decreto 252/2006, do 3 de marzo, polo que se revisan os obxectivos de reciclado e valorización establecidos na Lei 11/1997, e polo que se modifica Regulamento para o seu desenvolvemento e execución, aprobada polo Real Decreto 782/1998, do 30 de abril.

- Real Decreto 782/1998, do 30 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 11/97 de envases e residuos de envases.

- Lei 11/1997, do 2 de abril, de envases e residuos de envases.

- Lei 10/2008, de 3 de novembro, de residuos de Galicia.

- Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020 (en exposición pública).

MATERIAIS E RECURSOS

Os principais enlaces onde se pode ampliar a información tratada na presente guía son os seguintes:

www.sogama.es http://sirga.medioambiente.xunta.es

www.ecoembes.com www.ecovidrio.com

www.ecopilas.es www.marm.es

www.sigre.es www.sogarisa.es/

CONTIDOS

www.sogama.es

Únete á rede social de Sogama no eido da educación ambiental. Interésanos a túa opinión.Apúntate aquí.

Page 17: Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)

· Retornable:Que se pode volver a levar ao sitio de onde saíu.

· Tratamento de residuos:Operación ou conxunto de operacións de cambio das características físicas, químicas ou biolóxicas dun residuo para reducir ou neutralizar as substancias perigosas que contén, recuperar materias ou substancias valorizables, facilitar o uso como fonte de enerxía ou favorecer a súa eliminación.

· Valorización:Considérase o procedemento que permite o aproveitamento dos recursos contidos nos residuos sen poñer en perigo a saúde humana e sen empregar métodos que poidan causar dano ao medio ambiente.

· Vertedoiro:Lugar final de disposición dos residuos, ao cal só deberían chegar residuos que non puideran ser reutilizados, reciclados ou valorizados.

· Xestión de residuos:Conxunto de operacións encamiñadas a dar aos residuos xerados o destino global máis adecuado desde a dimensión ambiental, económica e social. Comprende as operacións de depósito previo, recollida, transporte, almacenamento temporal, aproveitamento, valorización e eliminación.

GLOSARIO DE TERMOS

www.sogama.es