Guía do Practicum do Master en Profesorado da UVigo para o curso 2012-2013

13
ESTRADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA, BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL E ENSINO DE IDIOMAS GUÍA DE PRACTICUM MATERIA: PRÁCTICAS EXTERNAS [12 ECTS] MATERIA: TRABALLO FIN DE MESTRADO [6 ECTS] Curso 2012/13 Equipo coordinador das prácticas pola Universidade de Vigo CAMPUS DE PONTEVEDRA E VIGO Josefina Garrido González Cristina Batlle Penela Rebeca Santiago Cobo Secretaría Docencia Mestrado Secundaria Facultade de Bioloxía.- Lab.16 (Fase 3 do edificio) Campus Lagoas-Marcosende 36200 Vigo Tfno. 986 818667 E-mail: [email protected] CAMPUS DE OURENSE Mª Carmen Ricoy Lorenzo Maria J. Valente da Silva Facultade de CC. da Educación, Campus Ourense, Universidade de Vigo Avd./ Castelao, s/n . Pavillón 2, desp. 27, baixo 32004 Ourense Tlf.: 988 387065 E-mail: [email protected]

description

Guía do Practicum do Master en Profesorado da UVigo para o curso 2012-2013

Transcript of Guía do Practicum do Master en Profesorado da UVigo para o curso 2012-2013

Page 1: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UVigo para o curso 2012-2013

ESTRADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA, BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL E ENSINO DE IDIOMAS

GUÍA DE PRACTICUM

MATERIA: PRÁCTICAS EXTERNAS [12 ECTS]

MATERIA: TRABALLO FIN DE MESTRADO [6 ECTS]

Curso 2012/13

Equipo coordinador das prácticas pola Universidade de Vigo

CAMPUS DE PONTEVEDRA E VIGO

Josefina Garrido González Cristina Batlle Penela Rebeca Santiago Cobo Secretaría Docencia Mestrado Secundaria Facultade de Bioloxía.- Lab.16 (Fase 3 do edificio) Campus Lagoas-Marcosende 36200 Vigo Tfno. 986 818667 E-mail: [email protected]

CAMPUS DE OURENSE Mª Carmen Ricoy Lorenzo Maria J. Valente da Silva

Facultade de CC. da Educación, Campus Ourense, Universidade de Vigo Avd./ Castelao, s/n . Pavillón 2, desp. 27, baixo 32004 Ourense Tlf.: 988 387065 E-mail: [email protected]

Page 2: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UVigo para o curso 2012-2013

Mestrado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas

2

GUÍA DE PRACTICUM

1.Introdución

Esta guía pretende ser unha axuda para o alumnado do Mestrado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas, que ten que cursar o Módulo PRACTICUM que se divide en dúas materias (Prácticas Externas e Traballo Fin de Mestrado).

O modelo que se propón dende a Universidade de Vigo pretende planificar a formación práctica do estudantado en función das competencias profesionais, transversais e específicas de cada unha das especialidades. Estas prácticas, asociadas a cada unha das especialidades, teñen como obxecto crear un espazo formativo no que o futuro colectivo profesional docente poña en práctica e reflexione sobre os coñecementos e destrezas adquiridas no mestrado (anexo II da Táboa de especialidades da Memoria Verifica).

2. Obxectivos O Practicum de cada unha das especialidades do Mestrado ten como finalidade principal

alcanzar os seguintes obxectivos xerais: Acadar experiencia na planificación, a docencia e a avaliación das materias correspondentes á

especialidade. Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente, tanto lingüística coma

científica. Dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a

aprendizaxe e a convivencia nas aulas e centros educativos. Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión

baseada na práctica.

Ademais destes obxectivos xerais, para a especialidade de Formación Profesional búscase: Acadar un coñecemento da tipoloxía das empresas/institucións. Comprender os sistemas organizativos máis comúns das empresas/institucións. Potenciar o interese pola profesión.

MATERIA: PRÁCTICAS EXTERNAS

Horas presenciais no centro: 105 horas (4 horas diarias aproximadamente)

FASES DAS PRÁCTICAS

Fase 1: INFORMACIÓN

A Coordinación do Mestrado deseñará uns seminarios para que, antes de incorporarse ás prácticas, o alumnado estea informado e formado sobre algunhas tarefas. Estes seminarios, de carácter obrigatorio, teñen a finalidade de:

a) Coñecer o proceso de prácticas externas. b) Presentar a guía de prácticas.

Page 3: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UVigo para o curso 2012-2013

Mestrado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas

3

Fase 2: Período de adaptación (Do 18 ao 22 de marzo)

Nesta semana establecerase o primeiro contacto co centro e coñeceranse ás persoas coordinadoras e titoras dos centros de prácticas coas que se concretará o horario a realizar no período de prácticas. Non é necesario visitar o centro todos os días, aínda que dependerá do acordo que se estableza entre o titor/a e o alumno/a.

Fase 3: OBSERVACIÓN

Algúns dos ámbitos a observar serán:

a) NO CENTRO Contidos - Proxecto educativo (PE) - A estrutura organizativa: órganos colexiados, órganos unipersoais, comisións, etc. - Documentos e proxectos de Centro, así como programación de centro, programacións de departamentos, programacións das materias, etc. - As colaboracións do centro con institucións alleas (concellos, asociacións veciñais, sindicatos, et.). - Relacións entre grupos: inmigrantes, etnias, igualdade de xénero, minorías lingüísticas, etc. b) NA AULA Contidos - As tarefas do profesorado: deseño, intervención, avaliación. - Desenvolvemento e avaliación das competencias básicas (no caso da ESO). - As secuencias de aprendizaxe: metodoloxía docente, ritmos, estrutura de sesión, estratexias didácticas. - Relacións entre profesorado e alumnado, estudantes entre si, etc. - Motivación do alumnado pola aprendizaxe, interese polas tarefas escolares. - Atención á diversidade.

Fase 4: INTERVENCIÓN

A fase de intervención ten dúas partes claramente diferenciadas pero conectadas:

a) Deseño da ensinanza Nesta primeira parte o alumno ou a alumna traballará coa persoa titora do centro co obxectivo de coñecer as características da intervención docente desta persoa: - Que contidos vai impartir. Selección e secuenciación - Que obxectivos e competencias quere acadar. - Que metodoloxía docente vai utilizar. - Que actividades vai desenvolver para acadar eses obxectivos e competencias - Que recursos e materiais utilizará para cada sesión. - Como se vai realizar a avaliación deses obxectivos e competencias. Deseño e aplicación de instrumentos de avaliación (non só exames).

Page 4: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UVigo para o curso 2012-2013

Mestrado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas

4

O alumnado ten que desenvolver algunhas sesións na aula, sempre en presenza da persoa titora. O número e tipoloxía destas sesións deberá establecerse por acordo ou contrato didáctico entre o alumnado e o profesorado titor. Este último deberá permitir que o alumnado experimente actividades, proxectos ou UD nestas sesións. Será tarefa do profesorado titor axudar neste proceso de deseño e realización facilitando os materiais didácticos necesarios ou a súa busca, e, no seu caso, dirixindo o proceso de investigación. En ningún caso, o alumnado en prácticas poderá ocuparse dun aula en ausencia do titor ou titora. Tampouco poderá encargarse da docencia para cubrir ausencias do profesorado do centro. b) Intervención O alumnado terá que implementar o traballo ao que se fai referencia no punto anterior. Isto implica a posta en práctica das sesións deseñadas. En permanente contacto, orientado e supervisado polo profesorado titor, exercerá a experiencia de impartir as sesións acordadas previamente.

Fase 5: AVALIACIÓN

O alumnado do Mestrado deberá levar a cabo unha experiencia en actividades de avaliación (non implica realización de exames, senón que pode avaliar pequenas actividades, detectar ideas previas, etc.) que plasmará na memoria. A persoa titora deberá axudalo a comprender a responsabilidade e a importancia dos procesos avaliativos e a entendela como algo indispensable na vida profesional do docente e nos procesos de ensino e aprendizaxe.

FORMATO, ESTRUCTURA E ENTREGA DA MEMORIA

Realización e entrega individual. Paxinado; espazo interlineal 1,5; marxe 2,5 superior e inferior

3,5 (na marxe de encadernado) e 3 no exterior; texto 12 (Arial ou similar), títulos portada 14 e no corpo do traballo 12 en maiúsculas ou negriña. Cun máximo de 30 páxinas sen contar portada, índice e anexos (Ver Anexo I).

- Campus de Vigo e Pontevedra: Dúas copias en soporte dixital (PDF, cun único arquivo), unha será subida a Faitic e a outra será enviada á persoa titora correspondente da Universidade. Outra copia, maquetada e en soporte papel, que se entregará na secretaría do Mestrado e que será devolta ao remate do proceso á alumna ou ao alumno.

- Campus de Ourense: Dúas copias en soporte dixital (PDF, cun único arquivo), unha será subida a Faitic e a outra será enviada á persoa titora correspondente da Universidade. Ademais de outra copia, maquetada e en soporte papel, que se entregará á Coordinadora de Campus Carmen Ricoy Lorenzo e que será devolta persoa titora da Universidade ao alumno ou á alumna ao remate do proceso.

DATAS

18/03/2013 - 22/03/2013: Período de adaptación, toma de contacto cos centros. 01/04/2013 - 03/05/2013: Período de prácticas. 20/05/2013: Entrega da memoria de prácticas á coordinación do Mestrado e titores/as da

Universidade (1ª Convocatoria). 28/06/2013: Entrega da memoria de prácticas á coordinación do Mestrado e titores/as da

Universidade (2ª Convocatoria).

Page 5: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UVigo para o curso 2012-2013

Mestrado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas

5

AVALIACIÓN

PRÁCTICAS EXTERNAS CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Informe da titora ou titor externo

Terase en conta a valoración das prácticas realizada pola titora ou titor a través:

- Dos argumentos expresados por escrito e dun cuestionario (que inclúa o desenvolvemento das competencias acadadas), que debe incluír, ademais, unha folla de sinaturas na que consten as horas de asistencia do alumno ou da alumna correspondente.

- Puntuación das prácticas realizadas, cumprimento de horarios e datas, et.

Puntuación de 0 a 10 puntos

Memoria das prácticas (valorada pola persoa titora da Universidade)

A valoración da memoria de prácticas farase en relación coa memoria desenvolvida., na que se considerará: claridade, estrutura organizativa, contido, xustificación e argumentación, competencias docentes e discentes implicadas, etc.

Puntuación de 0 a 10 puntos

Nota Final: Media entre as cualificacións da persoa titora externa e o persoa titora da Universidade

MATERIA: TRABALLO FIN DE MESTRADO

Este traballo está orientado á realización dun traballo orixinal de investigación relacionado con algúns dos múltiples ámbitos do mundo profesional propios do ámbito do ensino. Encamiñarase ao desenvolvemento dunha actividade que contribúa a acadar un conxunto de competencias de carácter académico, profesionalizante e investigador que enriqueza globalmente a súa formación inicial. Será guiado por unha persoa docente da universidade. Este traballo estará encadrado na etapa da educación secundaria obrigatoria ou postobrigatoria.

O traballo de fin de mestrado poderá estar ligado ás actividades de aula, unidades didácticas ou proxectos realizados polo alumnado na fase de prácticas, incluíndo sempre os aspectos de investigación educativa pertinentes a xuízo da persoa titora da universidade.

FORMATO ESTRUCTURA E ENTREGA DO TFM

Realización e entrega individual. Paxinado; espazo interlineal 1,5; marxe 2,5 superior e inferior

e 3,5 (no marxe de encadernado) e 3 no exterior; texto 12 (Arial ou similar), títulos portada 14 e no corpo do traballo 12 en maiúsculas ou negriña. Cun mínimo de 20 e un máximo de 50 páxinas sen contar portada, índice e anexos (Ver Anexo II).

- Campus de Vigo e Pontevedra: Dúas copias en soporte dixital (PDF, cun único arquivo), unha será subida a Faitic e a outra será enviada ao titor/a correspondente da Universidade. Ademais de outra copia, maquetada e en soporte papel, que se entregará na secretaría do Mestrado e que será devolta ao alumno ao remate do proceso.

- Campus de Ourense: Dúas copias en soporte dixital (PDF, cun único arquivo), unha será subida a Faitic e a outra será enviada ao titor/a correspondente da Universidade. Ademais

Page 6: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UVigo para o curso 2012-2013

Mestrado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas

6

entregarase unha copia, maquetada e en soporte papel, á Coordinadora de Campus: Carmen Ricoy Lorenzo. O exemplar impreso será devolto polo tribunal ao alumno ou á alumna ao remate do proceso.

DATAS

1ª convocatoria: 28/05/2013: Entrega do TFM á coordinación do Mestrado e titores/as da Universidade. 3/06/2013 - 5/06/2013: Exposicións Traballo Fin de Mestrado. 2ª convocatoria: 05/07/2013: Entrega do TFM á coordinación do Mestrado e titores/as da Universidade. 10/07/2013 - 12/07/2013: Exposicións Traballo Fin de Mestrado.

DEFENSA DO TFM

Será realizada por cada alumno ou alumna diante dun tribunal. Para a súa defensa pública

exporanse os datos do lugar, día, hora e tribunal na Páxina Web do Mestrado, en Faitic ou mediante comunicado a través de e-mail. A súa exposición será apoiada cos medios informáticos, audiovisuais, multimedia/et. oportunos, cunha duración entre 10 y 15 minutos e posteriormente o tribunal formulará ao alumno ou á alumna as cuestións que considere oportunas durante 5 minutos.

O alumnado presentará o TFM, dentro do prazo establecido, contando co visto e prace da persoa titora académica correspondente, que se incluirá nunha páxina ao inicio do mesmo documento, antes do índice (Ver anexo III).

AVALIACIÓN

TRABALLO CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Informe da titora ou titor da Universidade

Calidade do documento escrito: 60% da cualificación final.

Comisión para xulgar o Traballo Fin de Mestrado

Presentación e defensa do TFM: 40% restante.

- Pertinencia do contido exposto.

- Calidade da presentación oral.

- Capacidade para a súa defensa.

- Grao de resolución manifestado.

- Adecuacións do recursos e medios empregados na presentación, incluído o uso das TIC.

Será necesario obter unha puntuación mínima de cinco puntos sobre 10 neste apartado para obter unha avaliación positiva global.

Nota Final: Puntuación de 0 a 10 puntos

Page 7: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UVigo para o curso 2012-2013

Mestrado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas

7

ANEXO I: ESTRUTURA DA MEMORIA DE PRÁCTICAS

Alumnado que realiza as prácticas completas

Realización dunha memoria de prácticas, na que se inclúa o deseño dunha actividade de aula , un

proxecto ou unha unidade didáctica.

Corpo da memoria ou proxecto

Índice (paxinado)

Introdución

1. Contextualización das prácticas

2. Deseño orixinal dunha unidade didáctica, actividade de aula ou dun proxecto

3. Descrición do desenvolvemento do traballo co alumnado

4. No deseño e na posta en práctica deberán contemplarse, ademais dos obxectivos e contidos

pertinentes, o seguinte:

- Enunciado ou título

- Nivel, curso, grupo

- Obxectivos específicos

- Descrición (indicando os pasos ou a secuenciación das tarefas que compoñen a actividade

prevista)

- Tipo de agrupamento

- Organización da aula

- Temporalización

- Recursos/materiais

- Criterios e instrumentos de avaliación utilizados e actividades de avaliación

- Competencias básicas desenvolvidas e maneira de avalialas (para traballos realizados

na ESO)

- Valoración, avaliación, propostas de mellora e conclusións finais do traballo realizado

debidamente xustificadas

6. REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS (deben estar citadas no texto, seguindo normas de referencia,

por exemplo as da APA).

ANEXO: Calquera documentación que se considere oportuna.

Page 8: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UVigo para o curso 2012-2013

Mestrado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas

8

Alumnado coas prácticas recoñecidas

Deseño de actividades innovadoras dentro do contexto da aula, relacionadas cos contidos que se estean a desenvolver nese momento. Total actividades: unha por cada 10 horas que o alumnado pase no centro.

Corpo do traballo

Índice (paxinado)

Introdución

1. Contextualización das prácticas

2. Deseño de actividades (considerarase, para cada actividade, o seguinte esquema):

- Enunciado ou título

- Nivel, curso, grupo

- Obxectivos específicos

- Descrición (indicando os pasos ou a secuenciación das tarefas que compoñen a actividade

prevista)

- Tipo de agrupamento

- Organización da aula

- Temporalización

- Recursos/materiais

- Criterios e instrumentos de avaliación utilizados

- Competencias básicas desenvolvidas e a maneira de avalialas (para traballos realizados

na ESO)

3. Descrición do desenvolvemento de cada unha das actividades realizadas

4. Valoración, avaliación, propostas de mellora e conclusións finais debidamente xustificadas

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS (deben estar citadas no texto, seguindo normas de referencia, por

exemplo as da APA).

ANEXO: Calquera documentación que se considere oportuna

Page 9: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UVigo para o curso 2012-2013

Mestrado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas

9

ANEXO II: ESTRUTURA DO TFM

Esquema do TFM

PORTADA

(Incluirá: logotipo da Universidade e nome da Universidade, Facultade onde se presenta, Nome do mestrado,

Título do TFM, Nome e apelidos da alumna ou do alumno, Nome e apelidos da persoa titora, Lugar, mes e ano

da súa defensa).

Informe da persoa titora (co visto e prace que autorice a presentación do TFM)

Índice (paxinado)

Introdución

(Presentación do traballo, relevancia do tema ou problemática abordada, xustificación da elección, interese

persoal e/ou académico.)

1. Marco teórico

(Aproximación conceptual se procede, recollida, reflexión e análise de estudos fundamentalmente recentes ou

históricos -no caso de que proceda- sobre a temática do TFM.)

2. Obxectivos do traballo, preguntas ou hipóteses de investigación

3. Deseño de investigación:

3.1 Metodoloxía de investigación

3.2 Contexto e participantes/mostra

3.3 Instrumentos e proceso de recollida de datos/información

3.4 Análise aplicada

4. Resultados

(Presentación e descrición dos resultados obtidos, podendo incluír táboas, gráficos, figuras, etc. Recoméndase

empregar diferentes subapartados para a presentación dos datos.)

5. Discusión e conclusións

6. Propostas de liñas de continuidade da investigación

Referencias bibliográficas

Anexos (de ser o caso)

Page 10: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UVigo para o curso 2012-2013

Mestrado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas

10

ANEXO III: MODELO DE AUTORIZACIÓN PARA O TFM

Prof. ……………………………………..

FACULTADE DE ……………………..

Enderezo……………………………….

E-mail:

TLF.: …………………FAX: ……………

Prof………………………..………., no Mestrado de Educación

Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino

de Idiomas,

COMO TITOR-A/DIRECTOR-A do Traballo Fin de Mestrado

realizado por D./Dna.......................................................................,

titulado ”………………………..................................................

FAI CONSTAR:

Que o mencionado Traballo Fin de Mestrado reúne os requisitos

académicos e científicos necesarios para proceder ao acto da súa

presentación e defensa pública. A cualificación outorgada por quen

suscribe é a de: …........... puntos.

Localidade, día de mes de ano

Asdo. Prof.: ………………………………………………………

Page 11: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UVigo para o curso 2012-2013

Mestrado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas

11

PARTE DE CONTROL DE ASISTENCIA

PRACTICUM DO MESTRADO DE SECUNDARIA, BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL E ENSINO DE IDIOMAS

(105 horas presenciais no centro) CENTRO

PERSOA TITORA Nome e Apelidos DNI

ALUMN_ Nome e Apelidos DNI

Data Nº de horas

Sinatura persoa titora Sinatura alumn_

(Engádanse as follas que sexan necesarias)

Page 12: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UVigo para o curso 2012-2013

Mestrado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas

12

FICHA DE AVALIACIÓN INDIVIDUAL (A CUBRIR POLO TITOR DO CENTRO)

A) DA PERSOA TITORA EXTERNA

1. Datos persoais alumn_ Apelidos e nome: Especialidade: Itinerario:

2. Datos da persoa titora Apelidos e nome: Especialidade: Nome da institución: Enderezo: Teléfono: e-mail:

Unha vez rematado o período de prácticas: a) ¿Que destacaría desta alumna ou alumno como máis positivo? b) ¿Que aspectos considera que precisa mellorar? Valoración global: valore vostede cal debe ser a puntuación desta alumna ou alumno, de 0 a 10 puntos, en relación cos anteriores argumentos e o anexo II-B:

INDIQUE A CALIFICACIÓN NUMÉRICA:

Sinatura da persoa titora Selo da Institución

_________ , _____ de__________de ____

_____________________________ NOTA: No se esqueza, ademais, de cubrir o cuestionario b, así como achegar a folla de sinaturas da asistencia para entregar o coordinador/a de prácticas do centro xunto coa demais documentación (ver anexos e incluír DNI) para remitirlla a Secretaria do Mestrado na: Facultade Ciencias da Educación e do Deporte (Seminario 4) Universidade de Vigo, Campus A Xunqueira, 36005 Pontevedra.

Page 13: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UVigo para o curso 2012-2013

Mestrado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas

13

B) CUESTIONARIO

En cada ítem elixa a opción que mellor se adapte á súa valoración: 1: Suspenso; 2: Aprobado; 3: Notable; 4: Sobresaliente.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DAS PRÁCTICAS EXTERNAS, COMÚN A TODAS AS

ESPECIALIDADES: COMPETENCIA DOCENTE, DE XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DE AULA

Introduce materias transversais no desenvolvemento curricular 1 2 3 4

Utiliza materiais curriculares no desenvolvemento da súa actuación docente 1 2 3 4

Emprega recursos didácticos 1 2 3 4

Pon en práctica estratexias de motivación 1 2 3 4

Aplica os principios de aprendizaxe ós contidos que traballa en función do ciclo e das áreas

1 2 3 4

Sabe traballar, na práctica, conceptos, procedementos e actitudes 1 2 3 4

Utiliza estratexias para manter a atención 1 2 3 4

Organiza a información para facilitar a comprensión e o recordo 1 2 3 4

Sabe aplicar distintas técnicas de avaliación (observación, análises de tarefas, exames, etc.) en función dos contidos

1 2 3 4

Adecúa os contidos teóricos ó desenvolvemento psicolóxico do alumnado 1 2 3 4

Utiliza estratexias para manter o control da aula 1 2 3 4

Reorganiza ou adapta os espazos en función da actividade didáctica concreta 1 2 3 4

Coñece o material didáctico relacionado coa súa especialidade que existe na aula e no centro

1 2 3 4

Ocupa o tempo dedicado á acción titorial na realización de actividades que potencien a súa capacidade de traballo e de crítica

1 2 3 4

Manifesta unha actitude favorable e reflexiona sobre as críticas que lle fai o profesor/a titor/a

1 2 3 4

Demostra predisposición e interese no desenvolvemento da súa actuación docente diaria

1 2 3 4

Ten en conta os diferentes contextos multiculturais 1 2 3 4

Mostra unha actitude entusiasta cara o alumnado 1 2 3 4

Estimula no día a día as relacións sociais intragrupo 1 2 3 4

Participa activamente nas tarefas de organización encomendadas dende o centro 1 2 3 4

Relaciónase cos demais docentes e intenta traballar en grupo con eles 1 2 3 4

Engada algún comentario que lle pareza de interese e que non quedase recollido nas anteriores cuestións: