Heroe clásico
Transcript of Heroe clásico
O HEROE CLÁSICO DA TRAXEDIA E DA ÉPICAO PAPEL DO PERSONAXE MASCULINO
ÉPICA
Loanza do espírito heroico.
Pervivencia na tradición aristocrática das lendas dos heroes míticos.
Pertenza dos guerreiros do poema á alta nobreza, para a cal a maior gloria é a vitoria no combate.
Marcado interese (para os que se crían vinculados coa liñaxe dos heroes lendarios das descricións) das batallas e do armamento.
1. ILÍADA E ODISEA Ilíada: personaxes que presentan grandiosos caracteres de
semideuses. Aquileo convértese nun modelo para a a aristocracia militar,
non tan só pola súa valentía e destreza no manexo das armas, senón tamén pola súa altiveza e digno orgullo.
Odisea: atopamos unha mesura humanística nos tipos principais, como o heroe Odiseo, o seu fillo Telémaco e a delicada figura da doncela Nausícaa. Odiseo, astuto e prudente, sempre vencedor da adversidade,
é un admirable exemplo para toda sorte de homes que han de batallar na vida.
2. ENEIDA
Eneida: personaxes menos heroicos, pero de maior humanidade e maior vida interior que os de Homero.
Entre eles destaca o piadoso Eneas, fiel ao destino que lle trazaron os deuses, aínda que para isto deba renunciar a algunhas das súas aspiracións como home.
TRAXEDIA• Centra a súa atención no desenvolvemento dos conflitos xerados aos
protagonistas, heroes ou nobres, compadecéndose do seu sufrimento (sempre marcado polo destino).
O enfrontamento con desolación e dor ao poder inevitable do destino permite que se elaboren importantes retratos psicolóxicos (como Edipo ou Antígona).
COMEDIA Conforme o sistema aristocrático se ve substituído pola democracia,
asistimos á desintegración do ideal heroico.
No século –IV, con Menandro, interesa máis un teatro de costumes e enredos, onde os personaxes estereotipados crean unha estampa dun vivir centrado no individuo e na súa realidade máis próxima.
O PAPEL DO PERSONAXE FEMININO
Nos tipos femininos da épica a primeira calidade é a beleza.
A muller non ten relevancia por si mesma senón en función da familia e do home: Medea.
Noutras a súa situación familiar é a máis relevante dentro do seu propio papel no mito: Hécuba e Andrómaca.
Outras cuxa participación é máis activa ou esencial (e mesmo dan lugar ao mito en si mesmas) fano precisamente con motivo da súa condición familiar: Helena, Clitenmestra, Electra, Antígona.
Ás mulleres a miúdo móveas o sentimento, ata nas súas acciónsmalas ou criminais (pois estas adoitan ser provocadas polo amor).
Os homes son motivados máis frecuentemente pola súa ambición e as súas ansias de poder e honras.
En todo caso, ao agarimo ou á paixón delas adoita opoñersea frialdade del.
Na visión da literatura antiga, á muller nunca se lle nega a intelixencia
Pero só aplicada ás súas competencias:
Sen saírse do seu espazo, o privado.
Sen entremeterse no espazo de actuación e de reflexión do home, o público:
“(...) Mas ve a casa y ocúpate de tus labores, el telar y la rueca, y ordena a las sirvientasaplicarse a la faena. Del combate se cuidarán los hombres todos que en Ilio han nacido y yo, sobre todo”.
Na visión da literatura antiga, á muller nunca se lle nega a intelixencia:
Pero só aplicada ás súas competencias, sen saírse do seu espazo, o privado.
-e sen entrometerse no espazo de actuación e de reflexión do home, o público:
“(...) Mas ve a casa y ocúpate de tus labores,
el telar y la rueca, y ordena a las sirvientas
aplicarse a la faena. Del combate se cuidarán los
hombres todos que en Ilio han nacido y yo,
sobre todo”.