Historia da Música en Galicia

28
Historia da Música en Galicia Lorena López Cobas Contén 2 CD´S

description

Esta obra formada por un libro e dous CD’s ofrece unha revisión actualizada da Historia da Música en Galicia desde unha perspectiva pedagóxica. O lector ten a posibilidade de se achegar cronoloxicamente á música feita en Galicia desde a prehistoria até os nosos días a través de: 440 páxinas 27 cadros e esquemas explicativos Máis de 150 fotografías 2 CD’s 27 temas musicais, dous deles inéditos Máis de dúas horas de música

Transcript of Historia da Música en Galicia

Page 1: Historia da Música en Galicia

Historia da Músicaen Galicia

Lorena López Cobas

His

tori

a da

Mús

ica

en G

alic

ia

Lore

na L

ópez

Cob

as

Contén 2 CD´S

O libro que o lector ten nas súas mans pode dicirse, sen temor a equivocar-nos que non é ‘outra’ Historia da Música en Galicia, senón que, de momento e quizais por moitos anos, será ‘a’ Historia da Música en Galicia á que todos os eruditos, afeccionados e lectores en xeral, acudirán para ilustrarse, des-cubrir un mundo case descoñecido, buscar información puntual sobre os mil e un aspectos diversos do noso pasado musical…

M. Pilar AlénUniversidade de Santiago de Compostela

9 788494 105302

ISBN 978-84-941053-0-2

Page 2: Historia da Música en Galicia

Historia da Músicaen Galicia

Lorena López Cobas

His

tori

a da

Mús

ica

en G

alic

ia

Lore

na L

ópez

Cob

as

Contén 2 CD´S

O libro que o lector ten nas súas mans pode dicirse, sen temor a equivocar-nos que non é ‘outra’ Historia da Música en Galicia, senón que, de momento e quizais por moitos anos, será ‘a’ Historia da Música en Galicia á que todos os eruditos, afeccionados e lectores en xeral, acudirán para ilustrarse, des-cubrir un mundo case descoñecido, buscar información puntual sobre os mil e un aspectos diversos do noso pasado musical…

M. Pilar AlénUniversidade de Santiago de Compostela

9 788494 105302

ISBN 978-84-941053-0-2

Page 3: Historia da Música en Galicia

D.L.: LU 4-2013VR1304-1

CD 1

Historia da Música

en Galicia

Page 4: Historia da Música en Galicia

D.L.: LU 4-2013VR1304-2

CD 2

Historia da Música

en Galicia

Page 5: Historia da Música en Galicia

Historia da Músicaen Galicia

Page 6: Historia da Música en Galicia
Page 7: Historia da Música en Galicia

Historia da Músicaen Galicia

Lorena López Cobas

Page 8: Historia da Música en Galicia

Historia da Música en GaliciaLorena López Cobas

OuvirmosGalicia, 2013

Ficha técnica

Produción Editorial: Ouvirmos S.L. Vade nº4 Vila Maior27613 Sarria Lugo [email protected] www.ouvirmos.com

Director executivo: José Manuel Aldea Moscoso.Directora de produción: Irene Sineiro Segurado.Asistente de produción e supervisión lingüística: Raquel López López. Deseño gráfico e Maquetación: Rebeca Ces.Masterización: Xosé Manuel Navia Rey.Textos: Lorena López Cobas.

Agradecementos especiais: Real Filharmonia de Galicia, Arquivo Sonoro de Galicia - Consello da Cultura Galega, Radio Galega, Museo do Pontevedra, Real Academia Galega, Centro Ramón Piñeiro, Herdeiros Andrés Gaos, Xerais Media e Orquestra Vigo 430.

Agradecementos: Bea Pérez, Cristina Pujales, Oriol Roch, Alejo Amoedo, Javier Jurado, Pablo Barreiro, Milagros Bará e Asterio Leiva.

Fotografías: As fotografías desta obra son autoría ou pertencen a Eutropio Rodríguez (páxinas 22, 39, 50, 56, 64, 70, 72, 74, 77, 80, 90, 103, 107, 121, 123, 124, 125, 126, 127, 131, 132, 138, 142, 149, 150, 154, 155, 157, 158, 161, 163, 164, 166, 168, 171, 175, 181, 182, 184, 185, 190, 196, 200, 233, 235, 238, 239, 240, 241, 252, 314, 330, 331), Arquivo Concello de Rianxo (26), Santiago Monteagudo Cam-pos (27), Nati Cobelo (31), Museo Arqueolóxico da Coruña (33), Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense (36), Museo Quiñones de León (40, 169), Sala de Exposicións Porta Miñá (44), Amaianos (51), www.monestirs.cat (60, 63, 183), Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compos-tela (67), Museo Arqueológico Nacional (69), Arquivo AG (78), Mosteiro de San Paio de Antealtares (81), Arquivo Fundació Institut Amatller D’Art Hispànic (82), Turgalicia (93, 122), Arquivo da Cate-dral de Santiago de Compostela (94, 95, 99, 101,), Biblioteca Apostólica Vaticana (105), Joám Trillo (176), Museo Provincial de Lugo (214), Margarita SotoViso / Fundación Barrié de la Maza (225), Real Academia Galega (229), Noemí Cubillo (244), Arquivo Municipal da Coruña (247, 275), Pedro Ferrer (251), Jesús Ángel Sánchez García (256), Lois Pérez Leira (268), Arquivo Ouvirmos (286, 287, 297, 325, 349, 351), Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra (310, 312, 328, 341), Herdeiros Faustino Santalices (320), Arquivo Coral De Ruada (326), Jaime López Fernández (327), Arquivo Pacheco (329, 343, 344, 347), Arquivo Museo Diocesano de Tui (335), Guillermo Álvarez (355), Juan Soto (356), Alfredo Varela (357), Manuel Garrido (364), Fernando Balboa (370), Familia Xan Viaño (371).

Page 9: Historia da Música en Galicia

Licenzas:- Os temas “Dum Pater Familias” e “Gratulantes” da Schola Gregoriana Hispana; “Misa de requiem.

Introito” da Orquestra de Cámara da OSG e Orfeón Terra a Nosa; “Sinfonía En las Montañas deGalicia” da Orquestra Sinfónica de Galicia; “Festa na tolda” da Banda Municipal de Música de ACoruña; “O mencer dos soños” da Orquestra Real Fiharmonía de Galicia aparece por cortesía deBOA Music.

- Os temas “A que por mui gran fremosura (cantiga 384)” e “Mia himana fremosa” de In Itinere(Grupo de Cámara da Universidade de Santiago) aparecen por cortesía de Risc Cia. Discográfica.

- Os temas “Stephanus Autem (Cat. Auriense, s.XVI)” e “Kyrie, Misa de ferias (Libro V de polifonía,Cat. Santiago, s.XVI” do Coro Ultreia aparecen por cortesía de Harmonia Mundi Ibérica.

- O tema “Jornaleros que en la mies” aparece por cortesía da Radio Galega e El Correo Gallego.

- O tema “Concerto grosso ou sinfonía concertante” da Orquestra Real Filharmonía de Galiciaaparece por cortesía da Radio Galega e da Real Filharmonía de Galicia.

- Os temas “Lamentación: Manum suam misit hostis” e “A nosa gaita” do Coro de Cámara ArsMusicae e a Orquesta de Santiago aparecen por cortesía de Ruada.

- O tema “Afrixida”, “Unha noite na eira do trigo” e “Os teus ollos” de Laura Alonso e Manuel

Burgueras aparecen por cortesía de Xerais Media.

- O tema “La Alfonsina” de Marina Shamagian aparece por cortesía de Boanerges.

Imprime: C A Gráfica.

Ilustracións da cuberta: Rebeca CesInterpretación libre de dúas das letras iluminadas do Códice Calixtino:M (Letra M do Códice Calixtino. Século XII. Libro II, cap V. ).G (Letra G do Códice Calixtino. Século XII. Libro I. Día 25 de xullo. Misa de Santiago composta polo Papa Calixto).

© Dos textos a autora© Da presente edición Ouvirmos s.l.Referencia: VR1304DL: LU 4-2013ISBN: 978-84-941053-0-2

Esta obra foi publicada cunha subvención da convocatoria de axudas do ano 2011 a grandes proxectos editoriais da Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura. Reservados todos os dereitos.Prohibida a reprodución, total ou parcial, dos textos, discos e fotografías sen autorización previa e por escrito dos autores e do editor.Rexistrados todos os dereitos do produtor fonográfico e do propietario da obra gravada. Salvo autorización, fican prohibidos a duplicación, alugueiro e préstamo, así como a utilización dos dous discos compactos para a execución pública e radiofónica.

Page 10: Historia da Música en Galicia

“A” Historia da Música en GaliciaIntrodución

Capítulo 1.Achegando un comezo: as orixes da música no noroeste peninsular1.1 A prehistoria

1.1.1 Teorías sobre a aparición da música1.1.2 A música dos primeiros poboadores: hipóteses

1.2 A cultura castrexa1.3 A romanización

Capítulo 2.A Alta Idade Media: un paso cara á unificación das prácticas musi-cais relixiosas 2.1 Nacemento do repertorio dos primeiros cristiáns

2.1.1 A penetración do cristianismo na península2.1.2 Os trazos musicais dos ritos paleocristiáns

2.2 A disgregación das liturxias cristiás2.2.1 A etapa de arraigamento do cristianismo2.2.2 O período suevo 2.2.3 O rito hispánico nos tempos dos visigodos

2.3 A implantación do canto gregoriano2.3.1 A organización da liturxia romana2.3.2 Pautas musicais básicas do canto gregoriano 2.3.3 As formas derivadas do canto gregoriano2.3.4 A pervivencia do canto gregoriano

Capítulo 3.A Baixa Idade Media: a música na era compostelá 3.1 Os primeiros pasos da polifonía relixiosa

3.1.1 O Códice Calixtino3.2 A música en lingua vernácula: a lírica galego-portuguesa

3.2.1 As cantigas de Martín Códax3.2.2 As cantigas de Santa María3.2.3 As cantigas de Don Dinís

3.3 A organoloxía medieval: as representacións iconográficas galegas

Indice

912

19

2323253138

45

515153565658626971757880

85

9192

105108111116121

Page 11: Historia da Música en Galicia

Capítulo 4.A Idade Moderna: as capelas de música como símbolo de poder 4.1 O Renacemento: a chegada dunha nova mentalidade e o afianza-mento das capelas de música

4.1.1 As prácticas musicais4.1.2 As capelas de música4.1.3 O repertorio

4.2 O esplendor da cultura barroca4.2.1 Principais trazos estilísticos4.2.2 A incidencia das capelas de música

4.3 O século XVIII: a irrupción dun novo estilo, entre o italianismo e o Clasicismo

4.3.1 A música relixiosa4.3.2 O xénero dramático

Capítulo 5.A Idade Contemporánea. O século XIX: cara á diversificación musical e a defensa do autóctono5.1 Un contexto para o desenvolvemento musical: periodización, panorámica histórica e substrato ideolóxico5.2 O ambiente musical: diversificación de espazos e novas buscas

5.2.1 Entre a continuidade e a innovación no ámbito relixioso5.2.2 O auxe do consumo de espectáculos líricos5.2.3 A difusión da música: ocio, recreación e educación

5.3 A creación musical5.3.1 A música vocal: a emerxencia de novos xéneros5.3.2 A música instrumental: a resposta a unha demanda social

Capítulo 6.O século XX: tradición e innovación como eixes da cultura musical6.1 O primeiro terzo de século: un panorama de continuidade e foca-lización nacional

6.1.1 O pensamento musical en Galicia e a recuperación do fol-clore6.1.2 A música vocal: entre a inspiración popular e a revisión de criterios

133

139

141144152157159181196

199205

207

215

232232245260281281298

303

311

313

323

Page 12: Historia da Música en Galicia

6.1.3 A música instrumental: a persistencia do proceso de diversificación musical

6.2 O segundo terzo de século: un xogo de constantes e contrastes6.2.1 A panorámica compositiva: homoxeneización e novas tendencias6.2.2 Os ambientes de recreación musical: unha revitalización dirixida

6.3 O terceiro terzo de século: entre a creación plural e as relecturas do pasado

Notas ao pé

Glosario

Lista de audicións

337

348351

358

362

377

425

433

Page 13: Historia da Música en Galicia

9

O libro que o lector ten nas súas mans pode dicirse, sen temor a equivocarnos que non é “outra” Historia da Música en Galicia, senón que, de momento e quizais por moitos anos, será “a” His-toria da Música en Galicia á que todos os eruditos, afeccionados e lectores en xeral, acudirán para ilustrarse, descubrir un mundo case descoñecido, buscar información puntual sobre os mil e un aspectos diversos do noso pasado musical…, ou simplemente, dis-traeranse vendo os numerosos gráficos e ilustracións dese pasado histórico.

É o resultado dunha laboriosa relectura dunha enorme compila-ción da inmensa maioría de libros e artigos, de carácter científico –e non tan científico– sobre a música en Galicia de todos os tempos, é dicir, desde que empezaron a escribirse as primeras reseñas sobre a nosa historia musical, até a máis plena actualidade. Pero non se queda soamente niso –en ser unha mera compilación, resumida e estruturada– de todo o xa dito, senón que apunta moito máis alá. Trátase dun estudo que fai honor a este termo xa que non se limita a reproducir o que outros publicamos con máis ou menos fortuna, senón que ademais ten o mérito de ter sido obxecto dunha meti-culosa reflexión persoal por parte da autora. Mostra dela non son unicamente os relatos que nos ofrece de cada unha das etapas históricas incluídas neste volume, senón tamén, e con moita máis razón, os numerosos gráficos, cadros, esquemas, resumos, suxes-tións discográficas…, e todo tipo de material adicional ao texto propiamente dito, que sen dúbida enriquecen notablemente este traballo. Pódese dicir que aquí nada é froito do azar; máis ben, todo o contrario, xa que cada apartado, cada afirmación incluso, está perfectamente calibrada e meditada previamente. Pode ser critica-ble, como todo, pero non se pode negar que é froito dunha pro-funda e meritoria introspección de quen subscribe este libro.

Escribir unha historia da música galega (e/ou unha historia da música en Galicia) foi un intento reiterado ao longo de máis dun século de percorrido, desde o momento en que o polifacético José Mª Varela Silvari (1848-1926) redactou a súa Galería biográfica de músicos gallegos (A Coruña, 1874). Xa entón –como agora– que-dou patente que, en palabras do ilustre coruñés “(…) nadie podrá

“A” Historia da Música en Galicia

Page 14: Historia da Música en Galicia

10

Historia da Música en Galicia

admirarse de que un país tan favorecido por la naturaleza, un país tan lleno de encanto y poesía, haya tenido hombres de grande ingenio para interpretar las bellezas del arte músico, que, como es sabido, tan relacionado está con la misma naturaleza”. De aí a difi-cultade coa que nos atopamos todos á hora de abordar o relato do devir da nosa música. Tanta riqueza, tanto bo facer… e, á vez, tanta dispersión nas fontes escritas, tantas dificultades para acceder á imprescindible e necesaria información da que todo bo historia-dor debe botar man para realizar ese relato, foron obstáculos máis que suficientes como para ir dilatando no tempo a ardua tarefa de enfrontarse coa redacción de todo un texto que abarque con exhaustividade, nun só volume e en mans dunha única autora, a historia musical no noso país. A iso hai que engadir que a música debe ser integrada nun contexto e nunhas coordenadas concretas para poder ser valorada á vez que o resto das Artes. E isto é algo que tamén a autora tivo moi en conta e é moi de agradecer.

Hoxe podemos congratularnos, polo tanto, de que ese soño que todos desexabamos ver cumprido sexa xa unha realidade. E iso foi posible tanto grazas á iniciativa dunha editorial que ten posto sem-pre todos os seus esforzos en resaltar o mellor do noso patrimonio musical, coma ao eficaz labor dunha persoa que se entregou de cheo a unha tarefa que, en principio podería parecer imposible de realizar.

Ouvirmos ten unha dilatada traxectoria, pese a ser unha editorial relativamente recente. As súas publicacións e edicións discográficas son hoxe un referente tanto no panorama musical de Galicia como fóra del, sendo, polo tanto, a súa mellor carta de presentación.

Sobre a autora, Lorena López Cobas, moitas cousas poderia-mos dicir. Pertence a unha nova xeración de musicólogos que tivo a oportunidade de poder formarse ampla e rigorosamente, tanto nas aulas universitarias como nas de conservatorios e outras ins-titucións que dan cabida ao ensino musical, non só no noso país, senón do estranxeiro. Como en todos os seus anteriores traballos, neste libro fai gala do seu fino sentido da honestidade intelectual, así como do seu escrupuloso sentido da veracidade histórica. E, todo iso, como tamén é habitual nela, facendo uso dun estilo narra-tivo claro e directo que chega a todos, e seguindo unha coidada estrutura –alí onde o considerou pertinente– na que retoma un for-

Page 15: Historia da Música en Galicia

Limiar

11

mato que, pese a ter as súas raíces nos máis antigos métodos de estudo da Antigüidade clásica, segue sendo válido hoxe en día; refí-rome en concreto a esa exposición dos feitos narrados en forma de pregunta-resposta incluída a partir do terceiro capítulo, que deixa patente o claro sentido pedagóxico deste libro, sen desmerecer en nada por iso a fondura dos temas abordados.

En definitiva, estimado lector, a obra que aquí se presenta, por todo o que se dixo, e por outros moitos aspectos que, por non alar-gar non vamos citar, é merecedora do meu recoñecemento persoal e, estou convencida, que o será do de todos os que, dun modo ou doutro, participamos na elaboración desa gran armazón que é o relato da historia musical no noso país e tamén de quen se introdu-zan desde agora na súa lectura.

M. Pilar AlénUniversidade de Santiago de Compostela

Page 16: Historia da Música en Galicia

12

Historia da Música en Galicia

Este volume contén unha panorámica xeral da historia da música en Galicia a través de seis capítulos, que amosan unha revisión teórica da música feita “en e para” Galicia desde a “Pre-historia” até os nosos días. O obxectivo da obra non é outro que o de ofrecer unha reconstrución histórica global –con vocación obxectiva, didáctica e esquemática– da cultura musical galega, especialmente de cuño culto, adscrita ao noroeste peninsular. Este obxectivo inicial aflúe nun magno proxecto –case que con aspi-racións de cruzada medieval–, que naceu da valentía da editorial Ouvirmos, que vogou contra vento e marea para facelo realidade. O rigoroso traballo a beneficio da música e cultura galegas que avala a esta editorial –que vén de cumprir os dez anos de existencia– non fixo máis que animar á que firma este texto a encarar o proxecto coma se dun desafío académico e persoal se tratase. A idea de ela-borar unha historia da música unitaria carrexaba os seus perigos –e máis nun curto período de tempo, como foi o caso–, polo que como autora foi preciso que asumira os riscos e deixara á marxe algunhas das miñas teimas metodolóxicas, dobregando a vontade relativista de corte posmoderno en favor dunha visión globalizadora. O resul-tado final é un libro que adoita unha perspectiva pedagóxica por medio dun enfoque o máis completo e claro posible, con resumos, esquemas, glosarios e soporte visual e auditivo. Non obstante, non ten carácter nin divulgativo nin enciclopédico, senón que aspira en esencia a esbozar nun único texto os principais trazos que dalgún xeito marcaron –e marcan– a historia musical de todos os tempos neste país e que poidan interesar aos que gozan de se achegar á nosa música de xeito afeccionado ou profesional.

A historia da música en Galicia, tanto culta coma popular, foi durante moitos anos unha gran descoñecida para moitos intelec-tuais e estudosos, en parte debido á dificultade de acceder a unha lectura integral sobre o tema. Aínda que as raíces historiográficas da música en Galicia se remonten séculos atrás, a proliferación de estudos específicos non agromou até as últimas décadas do XX. Moitos foron os profesionais que dedicaron incontables horas de traballo, estudo e reflexión a aspectos puntuais desta ampla historia, ás veces grazas ao apoio institucional e noutras ocasións grazas ao

Introdución

Page 17: Historia da Música en Galicia

13

Introdución

ímpeto e inquietude individuais. As monografías realizadas por estes investigadores eríxense como interesantes publicacións, que tratan maioritariamente aspectos concretos sobre a música, os composito-res, as etapas e os xénerosI. Nos últimos anos, abrindo o século XXI, o número de estudosos atraídos por aspectos musicais aumentou e con eles a pluralidade das súas investigacións, o que favoreceu o crecemento do coñecemento sobre a música en Galicia, se ben dun xeito fragmentario, localizado e ás veces de complicado acceso.

A dificultade de sintetizar todos estes relatos da música estriba en que os principios teóricos que se aplicaron en cada caso foron heteroxéneos, o que entorpece a realización dunha única historia baixo criterios unificados. Por iso, unha publicación global de carác-ter recompilatorio como a que ten entre mans o lector era unha aventura á par que un anhelo necesario, polo que aspira a cubrir parte das demandas que estudosos e afeccionados da música veñen exteriorizando desde hai tempo. De feito, o labor de sintetizar unha visión xeral da música do noroeste peninsular foi afrontado só en contadas ocasións, servíndonos de matriz para este volume sobre todo os traballos de Pilar Alén. Todas as referencias bibliográ-ficas e outras achegas que nos proporcionaron materia prima para darlle forma aos contidos deste exemplar figuran nas notas a pé de cada capítulo para facilitar o vínculo directo das publicacións co período histórico e asunto concreto ao que competen, relación que non sería efectiva de aparecer nunha única bibliografía alfabética final. Neste senso propuxémonos ofrecer os títulos máis significa-tivos –incluídos os máis actuais– sobre a música de cada período para deixar pistas sobre onde se poden topar as análises máis com-pletas, sen menoscabar a importancia de contribucións que poidan non aparecer amentadas debido a razóns de espazo ou tempo. De aí que procuremos manter vivo na rede este proxecto, envorcando datos actualizados sobre a bibliografía, webgrafía, discografía e par-tituras da música en Galicia nun blog específico (historiadamusi-caengalicia.blogspot.com), que esperemos sexa de utilidade.

O noso enfoque centrouse fundamentalmente na música de transcendencia “en” territorio galego, de aí que optemos polo título Historia da Música en Galicia, aínda que citemos algunhas das ache-gas galegas na diáspora (Galicia Exterior), especialmente do século XIX e comezos do XX. Así pois, ordenamos e esquematizamos o

Page 18: Historia da Música en Galicia

14

Historia da Música en Galicia

coñecemento sobre a música e os músicos galegos, os afincados en Galicia ou os que dalgún xeito foron aceptados ou tiveron reper-cusión neste territorio, polo que avogamos sobre todo por unha aproximación positivista ao fenómeno sonoro no noroeste penin-sular. Non queremos entrar a dirimir aquí as diferenzas entre os conceptos de “música galega”, “música en Galicia” ou “música de Galicia”, nin moito menos abrir un interminable foro de debate ter-minolóxico, xa que non hai neste libro ningunha pretensión subxec-tiva de defensa da perspectiva identitaria da música, tan manida no último século e medio. De aí que deixemos á marxe só da cabeceira do volume o termo “música galega”, por ter ás veces unha interpre-tación romántica nacionalista moi arraigada desde o século XIX, mais sen ningún propósito excluínte, soamente matizable.

As músicas “cultas” e “populares” conviviron e mesmo se mesturaron en certos momentos da nosa historia, polo que para entender a historia da música en Galicia non se pode obviar a súa interrelación ao longo dos séculos. Mais, por cuestións metodoló-xicas, cargamos as tintas no que a musicoloxía convencional cuali-fica de “música culta, estrita, académica ou escrita”, xa que proceder ao exame da música tradicional galega desde un rigoroso punto de vista etnomusicolóxico suporía a confección dun tomo de tanta ou máis envergadura ca este. Con esta formulación non se quere deixar de lado o papel que a música popular xogou na sociedade galega, senón só limitar estas páxinas á exposición de aspectos abarcables para unha obra destas dimensións. Queda patente, pois, a necesi-dade dunha visión poliédrica, que xa Bal y Gay recoñecía –con certa idealización– a comezos do século XXII:

Pero no se puede en rigor (...) limitar las raíces de nuestra lírica a esas determinadas capas de nuestro subsuelo históri-co. Si Galicia es celta, también es otras muchas cosas que las diversas invasiones han podido dejar en ella; es también –¡y como no!– Europa medieval, con todo lo que trajeron las pe-regrinaciones jacobeas; y es, finalmente, una resonancia del mundo romántico. De todos esos momentos de su desarrollo tenemos testimonios abundantes en su lírica musical, como no podía ser menor en un pueblo que no está fosilizado.

Page 19: Historia da Música en Galicia

15

Introdución

Para situar o papel da música ao longo de miles de anos nunha comunidade coma a galega foi crucial unha fonda reflexión his-tórica, polo que non tratamos só de compendiar listas de datos, senón de interpretar organicamente a escolma de informacións musicais das que dispón na actualidade a comunidade musicoló-xica. Neste tomo temos en conta que non podemos referirnos a unha única e lineal historia da música, senón a varias “historias da música”; entendendo por “historias” as diferentes perspectivas coas que nos aproximamos ao seu coñecemento e que explican a diversidade de ópticas usadas, adaptándonos neste caso a un fío argumental o máis funcional, flexible e orgánico posible para cada etapa. Para enriquecer a explicación dos períodos históricos máis complexos recorremos ao método dialéctico, intentando diluci-dar por medio do sistema pregunta/resposta –explícito ou implí-cito– as cuestións encabezadas por partículas interrogativas como “quen, que, como, cando, onde, por que ou para que”. Esta condu-ción temática, sumada á aplicación de criterios epistemolóxicos e orientacións hermenéuticas variadas, permitiunos enfocar a historia musical desde posturas heteroxéneas, facendo gala da necesidade da interdisciplinariedade, especialmente da historia, da historia da arte e da literatura.

O que está claro é que o obxecto central de estudo da musico-loxía –sexa cal sexa a óptica aducida– é a obra de arte (obra musi-cal) e a súa repercusión nunha sociedade dinámica. Na análise da obra artística musical coexiste unha dualidade: como elemento autónomo ou como dependente do seu contexto; de maneira que a obra pode ser aprehendida só como un fenómeno sonoro ou condi-cionada polas engrenaxes culturais nas que se inclúe. Hoxe en día as historiografías máis sensatas tratan de adquirir o compromiso de combinar ambas visións, nas que non se desatenda o estudo formal, pero que non sexa exclusivo e excluínte dos parámetros sociais e culturais; de aí que neste libro combinaramos varios marcos teóricos, presentando a música de xeito dúplice (obxecto independente e proceso cultural) e intentado dar así resposta ás principais cuestións sobre o rol que posuíu na sociedade galega ao longo dos diferentes períodos históricos.

Co afán de ofrecer un eixe argumental o máis despexado posi-ble estruturamos este tomo en seis bloques, adscritos a diferentes

Page 20: Historia da Música en Galicia

16

Historia da Música en Galicia

etapas históricas. Somos conscientes de que calquera periodiza-ción estrita e pechada sería un desatino, polo que exhortamos o lector intranquilo a que tome esta proposta de configuración cro-nolóxica simplemente como unha guía de lectura do devir musical en Galicia. Ao abrazar a priori este enfoque histórico inserímonos no coñecemento da música desde un punto de vista cronolóxico, organizado por épocas, cidades até chegar a figuras artísticas indi-viduais. Deste xeito, brandimos unha solución que vai desde o xeral até o particular, polo que cada un dos seis capítulos dispón dun resumo, estado da cuestión, datos de contexto, trazos musicais xerais e achegas persoais de compositores e músicos senlleiros de cada etapa, sen ir na procura dunha exhaustividade informativa senón máis ben dunha interpretación de conxunto.

No primeiro capítulo reconstruímos parcialmente os primei-ros pasos da música no noroeste peninsular sobre todo por medio de supostos, debido á ausencia de fontes de información musical durante os primeiros milenios. Inicialmente, abordamos as hipóte-ses sobre o papel da música na “prehistoria”; en segundo termo, amosamos o contexto no que a cultura castrexa puido empregar a música cunha finalidade máis definida; e finalmente, tratamos a complexa etapa de síntese da romanización.

No segundo capítulo centrámonos na revisión dos primeiros tra-zos musicais do cristianismo en Galicia durante a Alta Idade Media (aproximadamente entre os séculos V e XI). Aínda que sinalamos algunhas pautas sobre a música ao redor da caída do Imperio Romano de Occidente, o capítulo diríxese especialmente a descri-bir: os ritos dos primeiros cristiáns, o treito da disgregación litúrxica en Galicia –especialmente delineando a música do período suevo até a implantación da liturxia hispánica cos visigodos– e posterior-mente o canto gregoriano estandarizado.

No terceiro capítulo arrimámonos á Baixa Idade Media (en torno aos séculos XII, XIII e XIV), incidindo nun período histórico que presume de ser un dos máis estudados pola historiografía musi-cal galega. En primeiro lugar, resaltamos a relevancia acadada polo Códice Calixtino e os seus contidos, especialmente os musicais; en segundo termo, definimos os perfís musicais da lírica galego-portu-guesa por medio dunha revisión das cantigas de amigo de Martín Códax, das cantigas de Santa María e das cantigas de amor de Don

Page 21: Historia da Música en Galicia

17

Introdución

Dinís do Pergamiño Sharrer; e por último, aludimos brevemente á organoloxía que coñecemos grazas ás obras artísticas baixomedie-vais galegas, que poden situar o lector nunha paisaxe sonora sor-prendente.

No capítulo cuarto esclarecemos os principais cambios que supuxo a chegada da Idade Moderna (entre os séculos XV e XVIII) no eido da música e o ritmo de asimilación de correntes foráneas europeas –que marcaron o pulso dos períodos coñecidos comun-mente na historia da música occidental como Renacemento, Barroco e Clasicismo–, así como as súas particularidades en territo-rio galaico. Sobre todo centrámonos na música relixiosa das cape-las catedralicias, insistindo nas características musicais xerais, nos xéneros, nos cambios e nalgúns dos seus autores.

Os dous capítulos finais forman parte dun todo, xa que plan-texan o estudo da música na Idade Contemporánea (séculos XIX e XX), se ben para unha correcta exposición foi preciso realizar unha abordaxe en dous bloques. A formulación teórica que selecciona-mos para este axitado período ciméntase sobre todo nun enfoque de tipo sociolóxico, facendo fincapé desde o punto de vista da his-toria da recepción na peculiaridade musical desta rexión, na que as preferencias de consumo musical influíron directamente no destino da composición e interpretación. No capítulo quinto perfilamos un contorno en terzos de século para o desenvolvemento das prácticas musicais decimonónicas, partindo inicialmente dunha contextua-lización xeral, para esclarecer seguidamente os principais elemen-tos do ambiente musical galego –ao redor das capelas eclesiásticas e especialmente dos espazos de recreación profanos– e dos seus compositores, xéneros musicais e intérpretes.

No derradeiro capítulo recalamos nas singularidades musicais do século XX, que pivotaron entre a tradición popular –entendida nun sentido amplo– e a innovación, xerando elementos que pase-niñamente se foron arrimando ás vangardas. Para poder engarzar organicamente o contexto histórico coas contribucións musi-cais optamos por facer novamente unha distribución en terzos de século, tomando como feitos cruciais a Guerra Civil (1936-1939) e a finalización do franquismo na década dos setenta. En cada unha destas fases explicamos as ideoloxías que marcaron non só os proxectos de recuperación do folclore, senón tamén a música de

Page 22: Historia da Música en Galicia

18

Historia da Música en Galicia

creación, que se viu inmersa nun proceso de diversificación, ás veces en consonancia cos preceptos galeguistas e noutras ocasións seguindo tendencias estilísticas europeas, que abriron novos viei-ros de creación e interpretación musical ás portas do século XXI.

Aínda queda moita faena na investigación musical para poder acceder a un coñecemento total e integral da música en Galicia e dos seus creadores, polo que o relato –ou relatos– da nosa historia da música está aínda en proceso de construción, especialmente no que se refire aos últimos séculos, así que esperamos que esta con-tribución impulse e constitúa unha sólida ferramenta para futuras visións e investigacións.

Antes de concluír non podo deixar de manifestar o meu máis sincero agradecemento a Pilar Alén, quen ademais de apadriñar este volume coa súa presentación, seguiu moi de preto toda a súa elaboración; sen dúbida, os seus consellos, diverxencias, conversas e incondicional apoio persoal estimularon este proxecto. Tampouco quero deixar de corresponder a confianza que Ouvirmos deposi-tou en min, especialmente Xosé M. Aldea, así como a colaboración do seu selecto e emprendedor equipo editorial, que soubo mate-rializar un produto tan coidado como innovador. Tamén me gusta-ría transmitir a miña gratitude a todos aqueles que me facilitaron información para mellorar este texto: Delfín Álvarez, Alejo Amoedo, Luís Costa, Loretta L. Cheung, Pablo Doval, Trini Gancedo, Xosé Cri-santo Gándara, Javier Garbayo, Teresa Gutiérrez, Rohan Stewart-Macdonald, Carlos Villanueva, Carlos Villar, Mª Antonia Virgili... Por suposto, este traballo non sería posible sen o apoio incondicional dos meus –eles xa saben quen son–, que día tras día soportaron nas sombras as miñas preocupacións e déronme azos para continuar con esta tarefa. Permítome aquí unha pequena licenza, dedicando especialmente o meu tempo e esforzo persoal ao meu sempre amado e recordado irmán Eulogio (Logan para algúns de nós), cuxa forza e tesón permanecerá para sempre nos corazóns dos que tive-mos a sorte de o coñecer.

En Vilatuxe (Lalín), a 15 de xaneiro de 2013

Page 23: Historia da Música en Galicia

Capítulo 1

chegando uncomezo:

as orixes da música no noroeste peninsular

A1.1 A prehistoria

1.1.1 Teorías sobre a aparición da música1.1.2 A música dos primeiros poboadores

2.2 A cultura castrexa

2.3 A romanización

Page 24: Historia da Música en Galicia

Cada estrela, o seu diamante;cada nube, branca pluma,triste a lúa marcha diante.

Diante marcha clarexandoveigas, prados, montes, ríosonde o día vai faltando.

Falta o día e noite escurabaixa, baixa pouco a poucopor montañas de verdura.

Probablemente a paisaxe de Galicia fose desde sempre, mesmo xa previa á súa humanización, peculiar no sentido en que destaca Rosalía de Castro ben entrado o século XIX. Bosques de prados verdes, orografías escarpadas, climatoloxía QXEUDGD�H�ÁRUD�H�IDXQD�VRUSUHQGHQWHV�SXLGHURQ�VHU�WUD]RV�GR�HVFHQDULR�QR�TXH�RV�primeiros poboadores do noroeste peninsular tratasen de sobrevivir. Pensar que os homínidos prehistóricos desta rexión se sentían conmovidos pola natureza é un pouco atrevido, pero o que si está claro é que esta xeografía lles ofrecía o acubillo axeitado para a súa supervivencia. Pouco sabemos daquela época na que a huma-nidade comezaba a camiñar na espesura da paisaxe e poucos restos arqueolóxicos e antropolóxicos conservamos que testemuñen que a música formaba parte da súa vida diaria. Mais a ocupación intensa do territorio, especialmente nos períodos da cultura megalítica e castrexa, fai sospeitar que o noroeste peninsular ofrecía ao ser humano un bo hábitat, no que probablemente tamén o fenómeno sonoro xogase un papel.

De verdura e de follaxe,salpicada de fontiñasbaixa a sombra da ramaxe.

Da ramaxe onde cantanpaxariños piadoresque coa aurora se levantan.

Que coa noite se adormecenpara que canten os grilosque coas sombras aparecen.

Cantares Gallegos (1863)Rosalía de Castro

Page 25: Historia da Música en Galicia

O obxectivo deste capítulo é o de ofrecer ao lector as ferramen-tas básicas para unha reconstrución parcial dos primeiros pasos da música nas terras galegas. A ausencia de fontes de informa-ción durante os primeiros milenios leva a que neste achegamento musical se barallen sobre todo hipóteses. Poderiamos obviar a súa presenza neste volume, mais consideramos fundamental partir das primeiras pegadas deixadas polo ser humano no territorio da actual Galicia para comprender mellor o seu percorrido histórico-musical. Para isto, neste primeiro capítulo, tentamos construír un bosquexo do panorama no que se desenvolveran as manifestacións musicais, ambientando historicamente cada período do xeito máis resumido posible. O capítulo secciónase en tres partes ben defi-nidas, procurando facer un esbozo cronolóxico e presentando os trazos socioeconómicos que aclaran parcialmente o papel do fenó-meno sonoro en contextos e períodos diferentes. En primeiro lugar, abordamos a “prehistoria” –tomando con prudencia a aplicación do termo–, xa que supón o punto de partida do uso de fenómenos acústicos. En segundo lugar, amosamos o contexto no que a cultura castrexa puido empregar a música cunha finalidade máis definida; e finalmente, tratamos a etapa da romanización, por supoñer para o noroeste peninsular un punto de partida cara a unha nova cultura de síntese, na que se fusionaron os trazos autóctonos cos novos elementos introducidos polos romanos, incluíndo aquí certas prácti-cas musicais.

Resumo

Page 26: Historia da Música en Galicia
Page 27: Historia da Música en Galicia

Achegando un comezo: as orixes da música no noroeste peninsular

23

1.1 A prehistoria

Do Paleolítico en Galicia, desde aproximadamente o 26000 até o 8000 a. C., non dispoñemos de demasiada información, e moito menos sobre as manifestacións musicais que os homes e as mulle-res empregaban na súa vida cotiá. Os restos arqueolóxicos achados en depósitos, especialmente nas comarcas meridionais costeiras, non nos deixan a suficiente información como para reconstruír o papel que a música puido exercer ou mesmo saber se estaba pre-sente naquel momento, no que a economía depredativa era a que permitía a supervivencia do ser humano. Os restos líticos probable-mente fosen destinados a ser útiles domésticos para os labores dos cazadores e recolectores nómades. Mais queda no imaxinario dos investigadores a posibilidade de que fosen obxectos que nalgún momento puntual tivesen un uso musical. Con todo, hai un elevado número de estudosos que consideran que xa desde a aparición do ser humano no mundo, independentemente do lugar do seu hábi-tat, o fenómeno sonoro puido ter cabida na súa capacidade comu-nicativa. O estudo dos xacementos e a aplicación de métodos de etnomusicoloxía a tribos con estadios de evolución similares aos prehistóricos foron fontes de información que permitiron aos inves-tigadores barallar varias teorías sobre a aparición da música aso-ciada ao ser humano.

1.1.1 Teorías sobre a aparición da músicaA música puido ser un elemento de comunicación asociado á lin-

guaxe, segundo formulan as coñecidas teorías logoxénicas. Xa no Século das Luces, Jean Jacques Rousseau consideraba, en Discurso sobre a orixe das linguas (1761), que a música podería ser un xeito de solemnizar a linguaxe, aparecendo despois da linguaxe verbal. O ser humano poñería en xogo todo tipo de sons que tivese á súa dis-posición para se comunicar:

A invención da arte de comunicar as nosas ideas depende non tanto dos órganos que nos serven para esta comunica-ción, senón dunha facultade inherente ao home que lle fai empregar os seus órganos para ese uso, e que se carecese deles lle faría empregar outros co mesmo fin. Dade ao home

<Xacemento arqueolóxico castrexo de Castromao preto de Celanova

Page 28: Historia da Música en Galicia

24

Historia da Música en Galicia

unha organización tan burda como queirades. Sen dúbida adquirirá menos ideas, pero con tal de que teña entre el e os seus semellantes algún medio de comunicación co que un poida actuar e o outro sentir, chegarán a se comunicar a can-tidade de ideas que posúan.

Non é preciso quedarse na Ilustración para observar a vixencia destas ideas, xa que no século XX, musicólogos como o alemán Marius Schneider, sostiveron que a linguaxe e a música xurdiran ao mesmo tempo, identificándose plenamente o momento no que apa-receu a comunicación verbal co emprego de parámetros musicais1. As teorías logoxénicas a grandes trazos baséanse en que a huma-nidade utiliza manifestacións acústicas espontáneas para expre-sar sentimentos básicos, como pode ser o balbucido dun bebé. De xeito que os autores que defenden estas teorías formulan que os sons guturais básicos nacerían ao mesmo tempo que a linguaxe, e que posteriormente se completarían a nivel musical coa introdución de instrumentos idiófonos –probablemente feitos de madeira ou pedra– e doutros sons percutivos corporais como as palmas ou os pasos, que son consubstanciais ao ser humano2.

O corpo humano é en si mesmo un instrumento musical, dado que non só dispón de percusión corporal, senón tamén das cor-das vocais para facer sons con altura determinada. As teorías que apoian a capacidade musical inherente ao corpo humano son as denominadas quinéticas3. Estas hipóteses sobre a xénese da música non dispoñen de vestixios arqueolóxicos que as ratifiquen, polo que se intentaron fundamentar indagando no comportamento de certos colectivos, entre eles, os primates.

Ao longo da historia ofrecéronse outras hipóteses sobre a crea-ción da música, que hoxe en día están máis desfasadas, como son as teorías que xustifican a orixe da música como coordina-ción para o traballo colectivo. O antropólogo e economista alemán Karl Bücher, en Traballo e ritmo (1896), xa se fixou nas cancións de traballo do folclore europeo para establecer teses comparativas. Outra das teorías incide na súa función máxica, partindo do feito de que a arte rupestre, como a das Covas de Altamira, era un xeito de intentar controlar os animais. Por conseguinte, se a pintura paleolí-tica podía ter unha función máxico-relixiosa, tamén os sons podían