historias de Samaín

9
HISTORIAS HISTORIAS HISTORIAS HISTORIAS DE DE DE DE SAMAÍN SAMAÍN SAMAÍN SAMAÍN

description

historias de Samaín escritas polos alumnos de ESO

Transcript of historias de Samaín

Page 1: historias de Samaín

HISTORIASHISTORIASHISTORIASHISTORIAS

DEDEDEDE

SAMAÍNSAMAÍNSAMAÍNSAMAÍN

Page 2: historias de Samaín

“…Pouco despois de percorrer Galicia e se cadra, o norte de Cáceres comezou a historia. Foi cando o meu curmán a puxo a secar na casa da avoa, en Quiroga. A partir de aí aquela cabaza foi tendo vida propia (…) e din as malas linguas que ía rematando con todas aquelas tradicións que querían ser coma ela …¿Acabaría con Halloween? Non quero darlle máis voltas.” ADRIANA DIÉGUEZ(4º ESO A) “Era unha escura noite de outono …Unha negra sombra deslizábase paseniño ata chegar a un recanto pouco iluminado. Non se podía aprezar ben o seu rostro… De súpeto…non era unha, eran dúas sombras, que voaban dunha beira á outra: -Halloween, canto tempo sen verte por estas terras galegas! Como che vai polas Américas, fillo? -Moi ben, pai. Estráñote moito, aínda que tamén celebro este día en países anglosaxóns, xa sabes: Canadá, Irlanda, Reino Unido… …. Mentres pai e fillo conversaban naquela vila todo ficaba sen novidades, as follas das árbores seguían caendo e no reloxo da igrexa soaban as dúas da mañá. …. LUCÍA RODRÍGUEZ PEREIRA(4º ESO A)

“Non creo nas meigas, pero habelas, hainas ….

Ao pouco tempo sentiuse un lóstrego e foise a luz, así que quedei ás escuras

no salón, erguinme para coller unha lanterna nun caixón da cociña e …de

súpeto escoitei un berro que proviña do fondo das paredes!!! Corrín cara o

salón e pecheime alí …. En silencio enchinme de valor e volvín saír,

facéndome crer a min mesma que todo fora produto da miña imaxinación… ROXANA DOVAL BLANCA (4ºESO A)

Page 3: historias de Samaín

Samaín é unha palabra gaélica que significa “ fin do verán e principio do inverno”. A festividade é de orixe celta e celébrase ao remar as colleitas. Cando o Samaín chegaba, entre o31 de outubro e o 1 de novembro os nosos devanceiros celtas estremecían co medo. Xuntábamse todos, comían e festexaban as farras festeiras dos guerreiros. Tamén era anoite máis perigosa do ano: as portas do outro mundo abríanse nesa noite e as ánimas podían visitar o noso mundo para render contas cos vivos. Por iso a población , para protexerse das ánimas perigosas e errantes que andabanpolos seus castros poñíanse no alto dos muros as caveiras iluminadas con candeas dos seus inimigos mortos en campaña. PABLO PÉREZ SOTELO (4º ESO A)

“Era unha noite de lúa chea, con alaridos de lobos (…) Aquel día pola mañá espertei moi inqueda, pois tivera un pesadelo terrible e tiña un mal presentimento sobre a festa. Pero non fixen caso e seguín coas tarefas da vida cotiá . (…) Pero, desgrazadamente… o meu soño convertérase en realidade e… sufrimos un apagón e un frío arrepiante púxonos a pel de galiña: un estraño ser cunha saba e dentes afiados semellaba o noso fin”. MARTA VÁZQUEZ DACAL(3º ESO B)

Page 4: historias de Samaín

“A historia que vos vou contar ocorreu nunha aldea moi remota, afastada da civilización…Por alí din que vive a morte e que todas as noites sae co seu traxe negro e a súa gadaña polos lugares máis sombríos e escuros da zona”. FERNANDO BOUZO RODRÍGUEZ( 4º ESO B) “ Era a noite de Samaín. Xa no cemiterio, pasando por onda a tomba do recén soterrado, sentín ruídos estraños, coma se alguen quixera saír e non pudiera. Saín correndo e tan pronto como cheguei onda os da miña panda contéillelo. Non me creron e dixeron que mellor sería comprobalo. Achegamos o oído ao sartego e comprobamos que alguén fora enterrado en vida.” ISABEL CRISTINA MARQUINA( 3º ESO A)

“ Xa transcorreran 45 minutos da primeira manga, cando de súpeto a auga se virou encarnada. Saín apresurado do río e advertín aos servizos de emerxencia sobre a desgraza. Houbera vinte e cinco vítimas mortais; e as investigacións igual que as análises realizadas revelaron que había unha contaminación altamente radiactiva nas augas do río que afectara ás troitas. Volvéranse brancas, cos ollos vermellos, inxectados en sangue, coma se fose unha foto con flash mal tirada. Estes cambios no metabolismo, combinados coa alteración dos xens producidos polo solsticio do Samaín, fixéranas extremadamente agresivas. A min só me roeran unha bota e tiña unha pequena rabuñadela nunha perna. Pero…o peor estaba por chegar…” RICARDO MOSQUERA (3ºESO B)

Page 5: historias de Samaín

“Contáballe o avó ao neto a historia dun rapaz que morrera no bosque a causa dun zombi chamado “ O Vagamundo da fraga” . Contoulle que ao parecer a aquel home mordérao un mono radiactivo do zoo de Vigo. Ao acabar a historia o rapaz saíu fóra e percibiu a figura dun home pálido que se ía achegando a el : o pelo longo, tapándolle os ollos, dicindo cousas como Lucifer. Seica era a noite de Samaín e ía acabando coa xente que en vida fixera mal. “ DIEGO TABOADA (3º ESO A) “O día 13 de outubro de 1913 morreu un ancián indio que todos coñecían polo alcume de Chacal. Era un mago, líder dunha tribu que se adicaba á maxia negra e ás invocacións. O día anterior á súa morte deixara dito que no día de samaín ía saír da súa tomba e rematar con todos aqueles que lle fixeran mal en vida e con aqueles que desprezaban aos indios (…) Aquel día os rapaces xuntáronse todos nun curruncho, a porta fechouse, renxendo… “ ENRIQUE BUENDÍA LÓPEZ (4ºESO A)

“Xa está anoitecendo, pero tes que saber o que ocorreu…. Eles ían coa cara tapada cuns pasamontañas e falaban cunha voz modificada por uns aparatos…Dixéronme que non tivese medo, pero no servía de nada; xa o tiña… e leváronme para outro lado cos ollos tapados…Sentáronme nunha cadeira e e demandáronme cousas sobre o meu pai….Dixéronme que, se non llelo dicía sería moito peor. Oh, non ….A porta…!!” ANDREA FUSTES (4ºESO B)

Page 6: historias de Samaín

“Era unha boneca que me estivera perseguindo polas frías rúas de Ourense. Era a mesma boneca que me dicía que non me ía facer nada, pero eu non paraba de correr, xa que nada nela me inspiraba confianza…Era a mesma boneca que tentara acabar comigo sen conseguilo. Tentei erguerme da cama e correr ao leito de meus pais, pero… non me podía pór de pé!! Non podía berrar…as palabras non me saían… E, de súpeto… no penetrante silencio da miña habitación, oín:

-TES ALGO QUE ME PERTENCE!!!” LUCÍA MONTÁNS (4ºESO A) “Xa estaba comezando a anoitecer cando subimos sixilosamente as escaleiras. O chirrío da porta fíxonos tremer, pero o renxer da madeira do chan foi a gota que colmou o vaso. Seguimos avanzando…unha cama e un berce, ao lado dereito…Ao outro lado, o medo paralizounos, pois o escenario era terrible. De regreso ao parque, ninguén dixo nada. ningún de de nós volveu a falar do tema. Ningún voltou a entrar nunha casa abandonada, pero nunca máis volvemos a ser os mesmos. Aquel era “ o noso segredo”. MARÍA FERNÁNDEZ GÓMEZ( 3º ESO A)

“ Un día contoulle o avó a historia dun rapaz que morrera no bosque a causa dun zombie chamado “O Vagamundo da Fraga”. Ao parecer a aquel home mordérao un mono radiactivo no zoo de Vigo . De volta para a casa o rapaz tiña que pasar pola fraga… Ía moi amodiño …pero.. oíu escachar unha póla…Aliviouse ao se decatar de

Page 7: historias de Samaín

que era un simple esquío …Ao lonxe enxergou a figura dun home pálido arrimado contra unha árbore…A medida que se foi aproximando viu que era un home elto, con egurras na cara, o pelo cubríalle os ollos…e murmuraba palabras noutro idioma: Lucifer, Mortín…” DIEGO TABOADA (3º ESO A)

Page 8: historias de Samaín

SAMAÍN

2009

Page 9: historias de Samaín