Introdución á contaminación luminosa
-
Upload
agrupacion-astronomica-corunesa-io -
Category
Science
-
view
961 -
download
3
Transcript of Introdución á contaminación luminosa
Contaminación luminosa
Documento elaborado a partir de materiais creados pola IDA (en colaboración con NOAO, NSF e IYA Dark Skies Awareness) e Cel Fosc.
Ao longo desta sesión...
• Recordaremos a historia da iluminación
exterior e o seu propósito.
• Repasaremos cales son os tipos de lámpadas e
luminarias.
• Saberemos máis sobre o impacto daniño da luz
artificial pola noite.
A noite
A paisaxe nocturna
Durante séculos a paisaxe nocturna estivo
definida pola Lúa e as estrelas. As noites
de Lúa Chea eran relativamente brillantes
e as de Lúa Nova, bastante escuras.
Para os habitantes das cidades nos
últimos 100 anos a paisaxe nocturna ten
que ver máis ben con edificios, rúas e
espazos abertos iluminados.
Podería haber un punto de acordo, un
punto medio?
Historia
A iluminación das rúas tal e como a
coñecemos comezou hai uns 300 anos, co uso
de lámpadas de aceite colocadas sobre postes
de madeira.
No século XVIII as lámpadas de aceite seguían
usándose mais os postes de madeira foron
reemprazados polos de ferro fundido.
A comezos do XIX empezaron a utilizarse as
lámpadas de gas e logo no XX xeralizouse o
uso das lámpadas eléctricas.
A iluminación exterior, hoxe
Rúas e estradas
Parques
Estadios
Aparcadoiros
Paisaxística ou “de
acento”
Residencial e edificios
Paseos e carrís-bici
Propósito da iluminación exterior
• Proporcionar un ambiente seguro pola noite.
• Extender o uso dos parques e paseos pola noite.
• Realzar lugares históricos ou singulares.
• Mellorar o desprazamento por estrada e nos cruzamentos.
Tipos de lámpadas
Hai catro tipos básicos:
– Incandescentes
– Fluorescentes
– De descarga de alta
intensidade
• Entre elas: vapor de mercurio, haluros
metálicos, sodio de alta presión e sodio de
baixa presión.
– Díodos de emisión de luz (LED)
• A tecnoloxía LED é relativamente recente
Lámpada compacta
fluorescente
Sodio de alta presión
Sodio de baixa presión
Incandescentes
• Tradicionalmente, as máis comúns
nos fogares.
• Empregan a corrente eléctrica para
quentar un fío fino de tungsteno
dentro dun bulbo de vidro para
producir luz.
• Teñen unha vida curta.
• Converten a maior parte da enerxía
en calor en vez de luz.
Fluorescentes
• Moi usadas en establecementos
comerciais.
• A produción de luz débese á emisión de
fluorescencia dun gas a baixa presión
polo paso dunha corrente eléctrica.
• Son de 3 a 4 veces máis eficientes que
as lámpadas incandescentes e duran
10 veces máis.
• Producen até 100 lumens por watt
(aproximadamente).
Descarga de alta intensidade
• Empréganse principalmente para a
iluminación de grandes superficies.
• Proporcionan unha maior eficacia e un
máis longo tempo de servizo.
• As máis comúns son as de haluros
metálicos e sodio a alta presión.
– Haluros metálicos – 100 lumens/watt
– Sodio a alta presión – 150 lumens/watt
Descarga de alta intensidade continua. Sodio a baixa presión
• Tamén considerada unha lámpada de
descarga de alta intensidade, mais con
características especiais.
• Para uso no exterior.
• É a forma máis eficiente de iluminación
artificial.
• Mantén a saída de luz mellor que outras
lámpadas.
• Tecnoloxía vella, non hai moitos fabricantes
a produciren novos produtos.
• Produce 200 lumens por watt.
Tipos de luminarias
• Montadas sobre columnas: úsanse nas rúas,
aparcadoiros, carrís-bicis, paseos.
• Lanternas montadas na parede: úsanse
sobre todo para seguridade.
• Bolardos luminosos: empréganse en camiños
e iluminación de superficies.
• Luces empotradas: empréganse en camiños,
ou enterradas no chan ou outras estruturas.
Óscar Blanco
Que é a contaminación luminosa?Calquera efecto negativo sobre as persoas e o
medio ambiente derivado da luz artificial.
→ Resplendor no ceo, cegamento, luz que vai onde non
debería ir (á ventá do veciño, cara ao ceo)...
Iluminación exterior
A iluminación exterior debería…• Mellorar a visibilidade, non
impedila.
• Non producir cegamento.
• Integrarse na paisaxe
nocturna, non ocupala por
completo.
• Non permitir que a luz pase ás
propiedades dos demais.
• Ter un plan rector.
A iluminación exterior debería…
• Proporcionar un ambiente seguro.
• Crear vías seguras para o tráfico, os ciclistas e os
peóns.
• Facilitar o uso nocturno dos espazos abertos.
Evitar a contaminación luminosa…
• Significa aproveitar mellor os recursos naturais e
aforrar enerxía e diñeiro.
• Non significa iluminar menos ou peor. Antes polo
contrario, o obxectivo é iluminar mellor as vilas e
cidades empregando luz artificial só onde se necesita,
só cando se necesita, en cantidade suficiente e non
excesiva e co espectro axeitado.
Luminarias apantalladas
Importancia das luces apantalladas
As luces non apantalladas producen
– Resplendor no ceo
– Cegamento
Problemas da luz non apantallada
Intrusión luminosa: a luz artificial invade o interior das vivendas.
St. Cugat del Valles, 1998. Fonte: Cel Fosc
← Madrid, 1999. Fonte: Cel Fosc.
Problemas da luz non apantallada
Empeora a seguridade vial e cidadá: produce
cegamentos, zonas de sombra
indesexadas, etc. Por exemplo, a lámpada
que deslumbra á dereita do camiño foi
instalada para protexer os
estudantes pola noite. Mirade a
seguinte imaxe...
Onde foi o estudante?
A luz que se emite fóra do uso para o que se necesita é enerxía
malgastada e son cartos malgastados. A iluminación exterior
medioambientalmente responsábel reduce este gasto.
Abaixo, o Escondido Education Center antes (á esquerda) e despois
(á dereita). As luces innecesarias no tellado só servían para
aumentar a factura da luz, non para mellorar a seguridade do
aparcadoiro.
Problemas da luz non apantallada
Impacto negativo na natureza
Os animais e plantas viven cun
ritmo baseado no ciclo de 24
horas. Os animais -incluídos os
peixes- poden ficar desorientados
pola excesiva iluminación artificial
da noite.
A luz artificial interfire coa
migración, o apareamento, a busca
de alimento e o sono.
Impacto negativo na saúde humana
A luz que penetra nos dormitorios
altera o padrón de sono.
A luz que encandea pode cegar ou
reducir a visión nocturna.
Investigacións recentes descubriron o
efecto negativo da luz artificial na
noite sobre o noso reloxo biolóxico.
→ A exposición á luz de noite inhibe a secreción de
melatonina, que desenvolve unha gran variedade
de funcións no organismo.
Impacto negativo na astronomía
A contaminación luminosa impídenos
gozar do gran espectáculo que é o
ceo nocturno e o inmenso patrimonio
cultural asociado.
O firmamento é ademais un gran laboratorio natural no que
traballan un gran número de profesionais. A investigación
astronómica leva aparellada unha importante industria que
nos deu a tecnoloxía dos teléfonos móbiles; a tecnoloxía
das imaxes médicas (raios X, resonancias magnéticas, etc)
ou os satélites de comunicacións.
Impacto negativo na astronomía
Este é o ceo que en inverno nos rouba a luz artificial.
Dilapidación de recursos
A mala iluminación malgasta enerxía e diñeiro sen obter o
proveito desexado. Por exemplo, as aínda comúns “farolas
globo” desaproveitan máis da metada da luz que producen
ao dirixila cara ao ceo,
onde non se precisa.
St. Cugat del Valles, 1998.
Dilapidación de recursos
Segundo as estimacións do proxecto “Cities at night”
[http://www.citiesatnight.org/], cada ano en España
gástanse 950 millóns de euros na iluminación da noite. ->Desa partida, a Galicia corresponderíanlle non menos de 60 millóns de €.
->Na Coruña o orzamento anual do Concello en enerxía para a iluminación excede os 3 millóns de €.
Que pode facer un concello?
• Incluír a contaminación luminosa na axenda pública e entendela
coma un problema grave mais de fácil solución.
• Introducir nos sistemas de iluminación mecanismos de redución de
fluxo a partir de certas horas da noite.
• Empregar o “sentidiño” na definición dos horarios de acendido e
apagado (incluída a iluminación ornamental).
• Cambiar as luminarias existentes por outras máis eficientes e
menos contaminantes (e procurar que esa maior eficiencia
produza aforro).
• Adaptar as normativas e instrucións municipais para evitar a
contaminación luminosa pública e privada.
Solucións
Solucións
A iluminación exterior debe estar totalmente
apantallada. Iso significa que non se emite luz por
enriba dun ángulo de 90 graos.
Solucións
• Temporizadores
• Reguladores de intensidade
• Sensores de movemento.*Os sensores de movemento nun
aparcadoiro ou nunha casa son
ademais un mecanismo de alerta
ante actividades fóra de horas.
Solucións
Solucións
Exemplos de iluminación exterior
Óscar Blanco
Iluminación empotrada mal feita,
iluminación empotrada ben feita.
Iluminación totalmente apantallada nun aeroporto
Iluminación non apantallada nun caixeiro automático
A luz apantallada reduce o cegamento
A imaxe inferior é unha proba de iluminación apantallada nunha rúa. Á dereita, as mesmas luces presentadas en comparación coas luces existentes non apantalladas.
Grazas pola atención, e lembrade que “ceo escuro” non significa “cidade escura”.
Significa aforro de recursos, protección do medio ambiente e protección da saúde!