IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE ......O reitor, no uso das atribucións conferidas polo...

21
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 18995 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2017 pola que se convocan probas selectivas para acceso á escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos desta universidade, subgrupo C1, pola quenda de acceso libre. O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como polos estatutos desta universidade, e en exe- cución do previsto na Resolución do 20 de novembro de 2015 (DOG do 1 de decembro) pola que se aproba a oferta pública de emprego para o ano 2015, resolve convocar probas selectivas para acceso á escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos da USC, subgru- po C1, con suxeición ás seguintes: Bases da convocatoria 1. Normas xerais. 1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir (seis) 6 prazas na escala auxiliar de ar- quivos, bibliotecas e museos da USC, subgrupo C1, pola quenda de acceso libre. 1.1. Do total de prazas convocadas reservarase (unha) 1 para ser cuberta por persoas con discapacidade de grao igual ou superior ao 33 %. No suposto de que esta praza da cota de reserva non se cubra, acumularase ás da quenda xeral de acceso libre. 1.2. As persoas aspirantes só poderán participar nunha das quendas de acceso (acceso libre ou de reserva para persoas con discapacidade). 1.3. As prazas convocadas terán o seu destino nas localidades de Santiago de Com- postela e Lugo. 1.4. O sistema de selección das persoas aspirantes será o de concurso-oposición. 1.5. O programa que rexerá para a fase de oposición é o que figura no anexo II desta convocatoria. No que se refire ás probas e valoracións, axustaranse ao que se especifica no anexo I. CVE-DOG: crbbtwe5-xoa1-zm94-lvi6-sqj16nahlnx3

Transcript of IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE ......O reitor, no uso das atribucións conferidas polo...

Page 1: IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE ......O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como

DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 18995

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2017 pola que se convocan probas selectivas para acceso á escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos desta universidade, subgrupo C1, pola quenda de acceso libre.

O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como polos estatutos desta universidade, e en exe-cución do previsto na Resolución do 20 de novembro de 2015 (DOG do 1 de decembro) pola que se aproba a oferta pública de emprego para o ano 2015, resolve convocar probas selectivas para acceso á escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos da USC, subgru-po C1, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir (seis) 6 prazas na escala auxiliar de ar-quivos, bibliotecas e museos da USC, subgrupo C1, pola quenda de acceso libre.

1.1. Do total de prazas convocadas reservarase (unha) 1 para ser cuberta por persoas con discapacidade de grao igual ou superior ao 33 %. No suposto de que esta praza da cota de reserva non se cubra, acumularase ás da quenda xeral de acceso libre.

1.2. As persoas aspirantes só poderán participar nunha das quendas de acceso (acceso libre ou de reserva para persoas con discapacidade).

1.3. As prazas convocadas terán o seu destino nas localidades de Santiago de Com-postela e Lugo.

1.4. O sistema de selección das persoas aspirantes será o de concurso-oposición.

1.5. O programa que rexerá para a fase de oposición é o que figura no anexo II desta convocatoria. No que se refire ás probas e valoracións, axustaranse ao que se especifica no anexo I.

CV

E-D

OG

: crb

btw

e5-x

oa1-

zm94

-lvi6

-sqj

16na

hlnx

3

Page 2: IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE ......O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como

DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 18996

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

1.6. A adxudicación das prazas ás persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación total obtida segundo o establecido no anexo I.

1.7. Na realización destas probas selectivas aplicaranse as seguintes normas e os seus desenvolvementos regulamentarios: Real decreto 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público; Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; os Estatutos da USC, aprobados polo De-creto 14/2014, do 30 de xaneiro, da Xunta de Galicia; e as bases desta convocatoria.

2. Requisitos das persoas aspirantes.

2.1. Para seren admitidas á realización das probas selectivas, as persoas aspirantes deberán posuír no día de remate do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a data de toma de posesión como persoal funcionario, os seguintes requisitos:

a) Ser español ou nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado, ao cal, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballado-res.

Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos espa-ñois e dos nacionais dalgún dos demais estados membros da Unión Europea e, cando así o prevexa o correspondente tratado, o dos nacionais dalgún Estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de derei-to. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de 21 anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.

b) Ter feitos os 16 anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Estar en posesión do título de bacharel ou técnico, bacharelato unificado polivalente, FP II, FP grao superior; ciclo formativo de grao medio, ou equivalente. Os/as aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da corres-pondente validación ou credencial que acredite, de ser o caso, a homologación do título.

d) Será requisito indispensable para o ingreso ter acreditada a aptitude médica para o desempeño. Para estes efectos, a persoa aspirante declara, ao facer a solicitude de parti-cipación no proceso selectivo, que nesa data posúe a capacidade funcional para o desem-

CV

E-D

OG

: crb

btw

e5-x

oa1-

zm94

-lvi6

-sqj

16na

hlnx

3

Page 3: IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE ......O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como

DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 18997

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

peño das tarefas propias do posto e que non padece enfermidade física nin psíquica que lle impida realizar o traballo propio da escala a que se pretende incorporar.

e) Non estar separado/a do servizo de calquera das administracións públicas en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio da función pública, nin sancionado/a coa suspensión do dereito de concorrer a probas selec-tivas.

f) Aboar as taxas por dereitos de exame, agás o previsto no número 3.7.2 desta convo-catoria para as persoas discapacitadas, para os membros de familias numerosas e para demandantes de emprego.

3. Solicitudes.

3.1. Quen desexe participar nestas probas selectivas deberá facelo constar na solicitude que se axustará ao modelo oficial publicado como anexo IV desta convocatoria, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

A solicitude estará á disposición das persoas interesadas na páxina web: http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html.

A solicitude presentarase acompañada da seguinte documentación:

– Fotocopia do DNI ou do pasaporte.

– Fotocopia do certificado de coñecemento de lingua galega (Celga 3 ou certificado de aptitude do curso de iniciación de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega, de acordo co previsto na Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regu-lan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua galega). As persoas aspirantes que non presenten esta acreditación deberán realizar a proba de lingua galega prevista no anexo I.

– Fotocopia do anexo V a que se fai referencia na base 11 desta convocatoria.

As persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a par-ticipar deberán presentar:

– Dúas fotocopias do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de viviren ás expensas ou es-taren a cargo do nacional doutro Estado con que teñan o dito vínculo.

CV

E-D

OG

: crb

btw

e5-x

oa1-

zm94

-lvi6

-sqj

16na

hlnx

3

Page 4: IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE ......O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como

DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 18998

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

– Declaración ou promesa da persoa aspirante de que non está separada de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

– De conformidade co disposto na base 6.7 da convocatoria, as persoas aspirantes que estean exentas de realizar a proba previa de acreditación do coñecemento do caste-lán xuntarán para tal efecto fotocopia compulsada dos diplomas de español como lingua estranxeira (nivel B2 ou nivel C2) ou equivalente. De non achegar esta certificación, non poderán ser declaradas exentas e deberán realizar a proba a que se refire a base 6.7.

Os antigos diplomas de español nos seus niveis, intermedio e superior serán equivalen-tes, para todos os efectos, aos diplomas previstos no Real decreto 264/2008, nos seguin-tes termos:

a) O diploma de español (nivel intermedio) será equivalente ao diploma de español (ni-vel B2).

b) O diploma de español (nivel superior) será equivalente ao diploma de español (ni-vel C2).

3.2. As persoas aspirantes que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e opten pola cota de reserva para persoas con discapacidade deberán marcar os cadros correspondentes da solicitude e acreditalo mediante certificado expedido para o efecto polos órganos competentes.

3.3. Co fin de garantir a participación en condicións de igualdade, aquelas persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % indicarán na súa solicitude as necesida-des de adaptacións específicas e o seu motivo.

3.4. A documentación xustificativa dos méritos que se valoran na fase de concurso será achegada no momento de presentar a solicitude, e non serán valorados méritos que non se atopen suficientemente acreditados documentalmente nin os presentados fóra do prazo establecido para a presentación de solicitudes. A acreditación farase da seguinte maneira:

3.4.1. Certificado acreditativo dos servizos prestados no cal conste a escala ou catego-ría e os períodos en que se prestaron, expedida pola unidade de persoal da Administración pública correspondente. Así mesmo, deberase indicar na epígrafe correspondente da soli-citude se os servizos foron prestados na USC ou noutras administracións públicas.

CV

E-D

OG

: crb

btw

e5-x

oa1-

zm94

-lvi6

-sqj

16na

hlnx

3

Page 5: IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE ......O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como

DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 18999

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

3.4.2. O certificado acreditativo indicado no número anterior expedirase de oficio e enga-dirase á solicitude para as persoas aspirantes que presten ou prestasen servizos na USC.

3.5. Os méritos da fase de concurso valoraranse con referencia á data do peche do prazo de presentación de solicitudes.

3.6. A presentación de solicitudes e da documentación indicada nos puntos anteriores farase no Rexistro Xeral da Universidade, situado na Reitoría da USC (Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro s/n, 15782 Santiago de Compostela), no rexistro do Campus de Lugo, situado no edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros (avenida Bernardino Pardo Ouro s/n, Polígono de Fingoi, 27002 Lugo) ou nas restantes formas pre-vistas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

3.7. Os dereitos de exame serán de 30,56 € e ingresaranse na conta de Abanca «oposi-cións» número ES07 2080 0388 2031 1000 0646. Para realizar o ingreso deberá utilizarse por triplicado o modelo de solicitude que figura como anexo IV.

En ningún caso a presentación e pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude.

3.7.1. Serán excluídas todas aquelas persoas aspirantes que non aboen os dereitos de exame dentro do prazo habilitado para a presentación de solicitudes e non se concederá ningún prazo adicional para o seu aboamento.

3.7.2. Estarán exentas do pagamento da taxa por dereitos de exame aquelas persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e tamén as que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Así mesmo, go-zarán dunha bonificación do 50 % da taxa os membros de familias numerosas de categoría xeral. Estas circunstancias deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa solicitude, presentando copia orixinal ou compulsada da cualificación do grao de discapacidade e/ou do carné de familia numerosa, segundo corresponda.

Tamén se aplicará unha bonificación do 50 % á inscrición no proceso selectivo, solici-tada por persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, seis

CV

E-D

OG

: crb

btw

e5-x

oa1-

zm94

-lvi6

-sqj

16na

hlnx

3

Page 6: IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE ......O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como

DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19000

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

meses antes da data de publicación desta convocatoria e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

Os certificados relativos á condición de demandante de emprego, así como o de non percibir prestación ou subsidio por desemprego, expedidos polo Servizo Público de Empre-go cos requisitos sinalados no parágrafo anterior, presentaranse coa solicitude de partici-pación nas probas selectivas.

3.7.3. Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame ás persoas aspirantes que sexan excluídas por causas non imputables a elas. Para tal efecto, o reintegro realiza-rase de oficio, para o que terán que facer constar a entidade bancaria e o número de conta no cadro que figura na solicitude. De non figuraren estes datos, entenderase que renuncian á devolución dos dereitos de exame.

4. Admisión de persoas aspirantes.

4.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor ditará resolución decla-rando aprobada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas. Nesta resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, indicarase o lugar no cal se atopa exposta ao público a listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, na cal constarán o nome e apelidos das persoas excluídas, o número de DNI, así como as causas que moti-vasen a exclusión e o prazo para reparalas.

4.2. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dis-porán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da citada resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que mo-tivasen a exclusión.

4.3. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión xustificando o dereito a seren incluídas na relación de admitidas serán definitivamente excluídas da realización das probas.

4.4. Na resolución que aprobe a listaxe definitiva, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, indicarase o día, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio. Esta resolu-ción esgotará a vía administrativa e poderase interpor contra ela recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou recurso potestativo de reposición ante o reitor no

CV

E-D

OG

: crb

btw

e5-x

oa1-

zm94

-lvi6

-sqj

16na

hlnx

3

Page 7: IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE ......O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como

DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19001

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

prazo dun mes, de acordo co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4.5. O feito de figurar na listaxe de persoas admitidas non prexulga que se lles recoñeza ás persoas interesadas a posesión de todos os requisitos exixidos, que terán que acredi-tarse no seu momento, de acordo co previsto na base 8.

5. Tribunal cualificador.

5.1. O tribunal cualificador destas probas é o que figura como anexo III desta convoca-toria e terá a categoría segunda das recollidas no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón de servizo.

O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5.2. Para os efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede na Reitoría da USC.

5.3. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo ao reitor da Uni-versidade, cando concorran neles as circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, ou se realizasen tarefas de prepa-ración de persoas aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

A presidenta poderá solicitar dos membros do tribunal declaración escrita expresa de non estaren incursos nas circunstancias previstas no dito artigo.

Así mesmo, as persoas aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando con-corra algunha das circunstancias antes citadas.

5.4. Antes do inicio das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no Dia-rio Oficial de Galicia resolución pola que se nomean os novos membros do tribunal que vaian substituír os que teñan perdido a súa condición por algunha das causas previstas na base 5.3.

5.5. Logo da convocatoria da presidenta, constituirase o tribunal, coa asistencia da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes. Na dita sesión, o tribunal acor-

CV

E-D

OG

: crb

btw

e5-x

oa1-

zm94

-lvi6

-sqj

16na

hlnx

3

Page 8: IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE ......O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como

DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19002

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

dará todas as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

5.6. A partir da súa constitución, o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presenza da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes.

5.7. Dentro da fase de oposición, o tribunal resolverá todas as dúbidas que puideren xur-dir na aplicación destas normas, así como o que se deberá facer nos casos non previstos.

5.8. O órgano convocante, por proposta do tribunal, poderá dispor a incorporación aos seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes aos exercicios que coide pertinentes, limitándose a prestar a súa colaboración nas súas especialidades técnicas. Os ditos asesores deberán posuír titulación de igual ou superior nivel que a exixi-da nesta convocatoria. O seu nomeamento farase público e seranlles de aplicación as causas de abstención e recusación igual que aos restantes membros do tribunal.

Así mesmo, o tribunal poderá dispor a incorporación con carácter temporal doutras/os funcionarias/os para colaboraren no desenvolvemento do proceso selectivo, tal e como se prevé no artigo 12.4 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

5.9. O tribunal adoptará as medidas precisas para que as persoas aspirantes a que se refire o número 3.3 participen en condicións de igualdade. Para tal efecto, o órgano de selección poderá requirir un informe e, se é o caso, a colaboración dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria ou de asuntos sociais. Para os efectos de valorar a procedencia da concesión das adaptacións solicitadas, requirirase da persoa aspirante o correspondente certificado ou información adicional. A adaptación non se outorgará de for-ma automática, senón unicamente naqueles casos en que a discapacidade garde relación directa coa proba que se vaia realizar.

5.10. O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes. O tribunal ex-cluirá aquelas persoas aspirantes que consignen nas follas de exame o seu nome, trazos, marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

5.11. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superou as probas selectivas un número superior de persoas aspirantes que prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

CV

E-D

OG

: crb

btw

e5-x

oa1-

zm94

-lvi6

-sqj

16na

hlnx

3

Page 9: IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE ......O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como

DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19003

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación das persoas aspirantes iniciarase alfabeticamente pola primei-ra da letra K, de conformidade co establecido na resolución do 20 de xaneiro de 2017 da Consellería de Facenda.

6.2. As persoas aspirantes serán convocadas para cada exercicio en único chamamento e serán excluídas da oposición as que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados e considerados polo tribunal.

6.3. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal para que acrediten a súa identidade.

6.4. De conformidade co disposto no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das per-soas con discapacidade durante o proceso selectivo darase un tratamento diferenciado á quenda xeral da quenda de reserva para persoas con discapacidade, no que se refire ás relacións de admitidas/os e excluídas/os, aos chamamentos aos exercicios e a relación de aprobados/as. Non obstante, ao finalizar o proceso, elaborarase unha relación única en que se incluirán todas as persoas que superasen o proceso selectivo, ordenadas pola puntuación total obtida, con independencia da quenda pola que participasen.

6.5. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios efectua-rase nos locais onde se realizase o primeiro deles, así como na Reitoría da universidade, na páxina web http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html ou por calquera outro medio que se considere conveniente para asegurar a súa máxima divulgación cunha antelación de, polo menos, vinte e catro horas á sinalada para a súa iniciación.

6.6. Para os efectos de cómputo de prazos desta convocatoria, o mes de agosto declá-rase inhábil.

6.7. Persoas aspirantes de nacionalidade estranxeira.

Con carácter previo á realización dos exercicios da fase de oposición, as persoas as-pirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acreditar o coñecemento do castelán mediante a realización dunha proba en que se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión e expresión oral e escrita nesta lingua.

CV

E-D

OG

: crb

btw

e5-x

oa1-

zm94

-lvi6

-sqj

16na

hlnx

3

Page 10: IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE ......O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como

DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19004

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

O contido desta proba axustarase ao disposto no artigo 3 do Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro (BOE do 8 de novembro), para acreditar o nivel de competencia lingüís-tica do diploma de español correspondente ao nivel intermedio. A proba cualificarase de apto ou non apto e será necesario obter a valoración de apto para pasar a realizar os exer-cicios da fase de oposición.

Quedan eximidas de realizar esta proba as persoas aspirantes que acrediten mediante fotocopia compulsada estar en posesión do diploma de español como lingua estranxeira, (nivel B2 ou nivel C2) e as persoas estranxeiras nacionais de países cuxo idioma oficial sexa o español. De non achegaren esta documentación, non poderán ser declaradas exen-tas e deberán, en consecuencia, realizar a proba descrita anteriormente.

6.8. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tiver coñecemento de que algunha das persoas aspirantes carece dos requisitos exixidos por esta convocatoria, logo de audiencia á persoa interesada, deberá propor a súa exclusión ao reitor da USC, comu-nicándolle tamén as inexactitudes e falsidades formuladas pola persoa aspirante na súa solicitude para os efectos procedentes.

Contra esta exclusión, poderase interpor recurso ante a mesma autoridade indicada no parágrafo anterior, no prazo dun mes contado a partir da notificación da exclusión.

7. Listaxe de persoas aspirantes aprobadas.

7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública, no lugar ou lugares da súa celebración, na sede do tribunal, na páxina web http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html e naqueloutros que coide opor-tunos, a relación de persoas aspirantes que acadasen o mínimo establecido para superalo, con indicación da puntuación obtida e do documento acreditativo da identidade.

7.2. As persoas aspirantes disporán de tres días hábiles, contados a partir do día se-guinte ao da realización de cada exercicio, para presentaren reclamacións ás preguntas formuladas polo tribunal no correspondente exercicio.

7.3. Así mesmo, as persoas aspirantes disporán de sete días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das puntuacións do exercicio correspondente, para pre-sentaren reclamacións ás cualificacións.

CV

E-D

OG

: crb

btw

e5-x

oa1-

zm94

-lvi6

-sqj

16na

hlnx

3

Page 11: IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE ......O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como

DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19005

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

7.4. A listaxe coa valoración de méritos da fase de concurso publicarase unha vez reali-

zado o derradeiro exercicio da fase de oposición.

7.5. A cualificación final realizarase de acordo co previsto no anexo I desta convocatoria.

7.6. Se algunha persoa aspirante con discapacidade se presenta pola cota de reserva

de persoas con discapacidade e supera o proceso selectivo, pero non obtén praza, e a súa

puntuación é superior á obtida por outros/as aspirantes do sistema de acceso xeral, será

incluída pola súa orde de puntuación neste sistema.

7.7. O tribunal fará pública a listaxe de persoas aspirantes que, segundo a orde da

puntuación total acadada por cada unha delas, fosen seleccionadas, e que en ningún caso

poderá conter un número de persoas superior ao de prazas convocadas.

7.8. A dita relación, que será elevada polo tribunal ao reitor da Universidade

xunto coa proposta de nomeamento a favor das persoas aspirantes que figu-

ren nela, será publicada no taboleiro de anuncios da Reitoría e na páxina web

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

8. Presentación de documentos.

8.1. No prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte a aquel en que se

fixese pública a relación definitiva de persoas aprobadas, estas deberán presentar no Ser-

vizo de Planificación e Programación de PAS (Casa da Balconada, Rúa Nova 6, Santiago

de Compostela) a seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do DNI ou documento que acredite a súa nacionalidade.

b) Fotocopia compulsada do título exixido.

c) Declaración xurada de non teren sido separadas mediante expediente disciplinario

de ningunha Administración pública e de non se acharen inhabilitadas para o exercicio das

funcións públicas, nin de realizar actividade ou actividades suxeitas a incompatibilidades.

As persoas aspirantes de nacionalidade non española deberán acreditar que non están

sometidas a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso

á función pública.

CV

E-D

OG

: crb

btw

e5-x

oa1-

zm94

-lvi6

-sqj

16na

hlnx

3

Page 12: IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE ......O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como

DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19006

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

d) Certificado médico oficial, acreditativo de non padecer enfermidade ni estar afectada

por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das corresponden-

tes funcións.

e) As persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán acreditar tal

condición mediante certificación do órgano competente da Administración.

8.2. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos ex-

presados na base anterior, poderá acreditarse que se reúnen as condicións exixidas na

convocatoria mediante calquera medio de proba admitido en dereito.

8.3. Quen dentro do prazo fixado, e salvo caso de forza maior, non presente a documen-

tación ou do seu exame se deduza que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2,

non poderá ser nomeada/o funcionaria/o de carreira e quedarán anuladas as súas actua-

cións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrese por falsidade na solicitude inicial.

9. Adxudicación de destino.

9.1. As persoas seleccionadas deberán solicitar por orde de preferencia as prazas va-

cantes que previamente se lle oferten.

9.2. A adxudicación de destinos efectuarase de acordo coa puntuación final obtida.

9.3. A persoa que superase o proceso selectivo pola cota de prazas reservadas para

persoas con discapacidade poderá solicitar ao órgano convocante a alteración da orde de

prelación para a elección de praza dentro do ámbito territorial que determine a convocato-

ria, por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outros análo-

gos, que deberán ser debidamente acreditados. O reitor resolverá a dita alteración cando

estea debidamente xustificada.

9.4. O persoal con discapacidade igual ou superior ao 33 % poderá pedir a adaptación

do posto de traballo correspondente. Á solicitude deberá xuntárselle un informe expedido

polo órgano competente na materia que acredite a procedencia da adaptación e a compa-

tibilidade co desempeño das funcións que teña atribuídas o posto.

CV

E-D

OG

: crb

btw

e5-x

oa1-

zm94

-lvi6

-sqj

16na

hlnx

3

Page 13: IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE ......O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como

DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19007

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

10. Nomeamento de persoal funcionario de carreira.

10.1. Concluído o proceso selectivo, as persoas aspirantes que o superasen serán no-meadas funcionarias de carreira mediante resolución reitoral que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

10.2. A toma de posesión das persoas seleccionadas efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia.

11. Listaxes de espera.

11.1. Elaborarase unha listaxe de espera coas persoas aspirantes que superen algún exercicio da fase de oposición distinto do de galego.

Para estes efectos, e co fin de determinar a opción por campus, as persoas aspirantes presentarán a solicitude que figura como anexo V desta convocatoria, xunto coa solicitude de admisión ás probas selectivas.

12. Norma derradeira.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publica-ción, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de re-posición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2017

Juan M. Viaño Rey Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

CV

E-D

OG

: crb

btw

e5-x

oa1-

zm94

-lvi6

-sqj

16na

hlnx

3

Page 14: IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE ......O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como

DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19008

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

ANEXO IDenominación das prazas: escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos

O sistema selectivo será o de concurso-oposición e constará das fases, probas e cuali-ficacións que a seguir se indican:

I. Fase de oposición: consistirá na realización dos exercicios que a seguir se indican, que terán carácter obrigatorio e eliminatorio, agás a exención prevista na descrición do primeiro exercicio.

As persoas aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio co DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistas do correspondente lapis do nº 2 e goma de borrar para a realización dos exercicios tipo test.

Primeiro exercicio: estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acreditasen documentalmente xunto coa solicitude estar en posesión do certificado Celga 3 ou do certificado de aptitude do curso de iniciación de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega, de acordo co previsto na Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñece-mento de lingua galega.

Este exercicio terá a seguinte estrutura:

Primeira proba. Comprensión escrita ou comprensión oral máis expresión escrita.

As persoas aspirantes deberán redactar un texto seguindo unhas indicacións que se lle facilitarán por escrito. A elaboración do texto deberá basearse na comprensión dun texto escrito ou na comprensión dun fragmento de audio ou audio-vídeo.

A duración máxima desta proba será de noventa minutos.

Segunda proba. Comprensión escrita ou comprensión oral máis expresión oral.

As persoas aspirantes deberán ler un texto ou escoitar un fragmento de audio ou au-dio-vídeo, e a seguir, nunha entrevista co examinador, pediráselles que resuman o input e que manteñan un diálogo ao respecto do input recibido, de modo que poida ser avaliada a súa produción oral.

CV

E-D

OG

: crb

btw

e5-x

oa1-

zm94

-lvi6

-sqj

16na

hlnx

3

Page 15: IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE ......O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como

DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19009

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

A duración máxima desta proba será de quince minutos por persoa aspirante.

Para superar este exercicio será necesario acadar o resultado de apto.

Segundo exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 120 preguntas tipo test, máis 5 de reserva, baseadas no contido do programa, con 4 respostas alternati-vas, das cales só unha será a correcta.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será de 120 minutos.

Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos, e para superalo será necesario obter un mínimo de 15 puntos, correspondéndo ao tribunal determinar o número de respostas co-rrectas exixido para acadar a puntuación mínima. Para iso terase en conta que por cada catro respostas incorrectas se descontará unha correcta.

Terceiro exercicio: consistirá na realización de dous supostos prácticos a elixir entre tres propostos polo tribunal. Cada suposto versará sobre o bloque A do programa e estará desagregado en 15 preguntas curtas.

O tempo para a realización deste exercicio será de 2 horas.

Este exercicio cualificarase de 0 a 40 puntos e será necesario para superalo obter un mínimo de 20 puntos.

II. Fase de concurso: ás persoas aspirantes que superen a fase de oposición valorará-selles o seguinte:

Antigüidade: máximo 30 puntos. Valorarase a antigüidade recoñecida referida á data de remate do prazo de presentación das solicitudes da seguinte forma:

– Na escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos da USC: 0,180 puntos por mes.

– Na categoría de auxiliar técnico de bibliotecas da USC: 0,150 puntos por mes.

– Noutras administracións públicas en corpos ou escalas que teñan atribuídas as mesmas funcións que as da escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos da USC: 0,050 puntos por mes.

CV

E-D

OG

: crb

btw

e5-x

oa1-

zm94

-lvi6

-sqj

16na

hlnx

3

Page 16: IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE ......O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como

DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19010

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Para a valoración da experiencia acreditada noutras administracións públicas prevista

na fase de concurso, así como para a baremación das listaxes de espera, as dúbidas que

xurdan serán resoltas por unha comisión composta por dous representantes da Xerencia

e dous en representación da Xunta de Persoal. Esta comisión intervirá por petición do tri-

bunal ou da unidade encargada da baremación das listaxes e poderá solicitar información

complementaria ás persoas aspirantes en relación coas funcións e tarefas nos corpos ou

escalas en cuestión, co fin de adoptar os acordos que procedan.

ANEXO IIDenominación das prazas: escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos

Programa

Bloque A

1. As bibliotecas universitarias: concepto e función. Situación actual das bibliotecas uni-

versitarias en España. A biblioteca da USC: a estrutura, o regulamento.

2. Tendencias actuais no mercado da información. Principais tipos de publicacións cien-

tíficas: monografías, teses, revistas científicas, working papers, artigos, literatura gris.

3. O movemento Acceso Aberto: concepto e orixe. Principais iniciativas nacionais e in-

ternacionais. Os repositorios dixitais. Minerva, repositorio institucional da USC.

4. Desenvolvemento de coleccións bibliotecarias. Coleccións especiais: fondo antigo,

mapas, colección de recursos electrónicos. Selección e sistemas de adquisición de fondos

bibliográficos. Principais tarefas auxiliares.

5. Conceptos básicos dos estándares na normalización dos documentos: descrición

bibliográfica (ISBD, regras de catalogación, RDA); clasificación bibliográfica (CDU); identi-

ficación (ISXN, NIPO, DOI, etc.) e codificación (Marc21)

6. O catálogo automatizado da BUSC: estrutura e catálogos. Tarefas auxiliares dos pro-

cesos técnicos.

7. A preparación dos materiais para o seu uso. A organización de fondos bibliográficos:

libre acceso, depósito. Sistemas de clasificación e ordenación topográfica.

CV

E-D

OG

: crb

btw

e5-x

oa1-

zm94

-lvi6

-sqj

16na

hlnx

3

Page 17: IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE ......O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como

DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19011

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

8. O control físico das coleccións: condicións de instalación dos materiais. Os recontos. O expurgo das coleccións. Preservación e conservación do fondo bibliográfico e documen-tal.

9. Patrimonio bibliográfico: preservación, conservación e difusión. Principais bibliotecas dixitais de fondo antigo en Galicia e España.

10. Tipoloxía de usuarios nas bibliotecas universitarias. Servizos aos usuarios en biblio-tecas universitarias: servizos de acceso ao documento. Servizos de apoio á docencia e investigación. Servizos de información e atención ao público.

11. Tecnoloxías da información e comunicación aplicadas ás bibliotecas: sistemas inte-grados de xestión bibliotecaria. O OPAC. Outras ferramentas de descubrimento. Internet. Concepto e servizos aplicados nas bibliotecas. A web da biblioteca e as redes sociais.

12. Cooperación bibliotecaria: organismos e proxectos. REBIUN. Dialnet. Os consor-cios. O Consorcio de Bibliotecas Universitarias Bugalicia.

13. As fontes de información: concepto e tipoloxía. Principais fontes de información mul-tidisciplinares e en humanidades e ciencias sociais. Principais fontes de información en ciencia e tecnoloxía e en ciencias da saúde. Recursos existentes na USC.

14. Conceptos básicos de historia do libro e das bibliotecas.

15. Concepto e clases de arquivos. Funcións do arquivo. Os arquivos universitarios. O Arquivo Histórico Universitario da USC.

16. O documento de arquivo. O ciclo vital dos documentos. O tratamento dos documen-tos. Instrumentos de control e de descrición. Ordenación, coidado e servizo dos documen-tos.

17. Organización bibliotecaria española. Lei 10/2007 da lectura, do libro e das bibliote-cas.

18. Sistema bibliotecario de Galicia: marco competencial e estrutura. Lei 5/2012 de bi-bliotecas de Galicia

19. O patrimonio bibliográfico: normativa reguladora en España e Galicia.

CV

E-D

OG

: crb

btw

e5-x

oa1-

zm94

-lvi6

-sqj

16na

hlnx

3

Page 18: IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE ......O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como

DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19012

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

20. A propiedade intelectual. Marco legal en España. As entidades de xestión dos derei-tos de autor. Repercusións na xestión das bibliotecas.

Bloque B

1. A Constitución española de 1978: estrutura e contido. Dereitos e deberes fundamen-tais. A súa garantía e suspensión. O Tribunal Constitucional. O Defensor do Pobo.

2. A Lei de procedemento administrativo común das administracións públicas: disposi-cións xerais. Os interesados no procedemento. Normas xerais de actuación das adminis-tracións públicas. Termos e prazos.

3. A Lei de réxime xurídico do sector público: disposicións xerais. Órganos colexiados das administracións públicas.

4. A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades: estrutura das universi-dades públicas. Ensinanzas e títulos.

5. Os Estatutos da USC.

6. Lei de emprego público de Galicia: obxecto, principios e ámbito de aplicación. Clases de persoal. Dereitos e deberes individuais dos empregados públicos.

Nota: as referencias normativas deste temario poden verse afectadas polas modifica-cións que se produzan ata a data do exame, e nese caso entenderanse referidas á lexis-lación en vigor.

ANEXO IIIDenominación das prazas: escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos

Tribunal titular:

Presidenta:– María Isabel Casal Reyes, funcionaria de carreira da USC. Vogais:– Francisco Javier Villar Teijeiro, funcionario de carreira da USC. – Francisco Castro Alvaredo, funcionario de carreira da USC. – María Mercedes Luaces Carreño, funcionaria de carreira da USC. Secretaria:– María Obdulia Lareo Currás, funcionaria de carreira da USC.

CV

E-D

OG

: crb

btw

e5-x

oa1-

zm94

-lvi6

-sqj

16na

hlnx

3

Page 19: IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE ......O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como

DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19013

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Tribunal suplente:

Presidenta:– Paloma Castro Rey, funcionaria de carreira da USC. Vogais:– Cristal Martínez Pousa, funcionario de carreira da USC. – Xosefina Rosa Guitián Lema, funcionaria de carreira da USC. – Cruz Rey Varela, funcionaria de carreira da USC.Secretario:– José Manuel Caamaño Jerez, funcionario de carreira da USC.

CV

E-D

OG

: crb

btw

e5-x

oa1-

zm94

-lvi6

-sqj

16na

hlnx

3

Page 20: IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE ......O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como

DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19014

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

ANEXO IV (POR TRIPLICADO)

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

SOLICITUDE DE ADMISIÓN A PROBAS SELECTIVAS PARA PERSOAL FUNCIONARIO

1 CONVOCATORIA 1. DENOMINACIÓN DAS PRAZAS CONVOCADAS Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos

2. DATA PUBLICACIÓN ANUNCIO BOE: 3. SISTEMA DE ACCESO

ACCESO LIBRE

4. GRAO DE DISCAPACIDADE

---------------%

5. RESERVA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE:

SI NON

6.-TAXAS Importe dereitos de exame 30,56 € Exención de taxas discapacidade Exención de taxas familia numerosa especial Bonificación 50% familia numerosa xeral Bonificación 50% desempregado

7. NO CASO DE DISCAPACIDADE, ADAPTACIÓN QUE SOLICITA E MOTIVO:

2 DATOS PERSOAIS 2.1. NIF/NIE 2.2. PRIMEIRO APELIDO 2.3. SEGUNDO APELIDO 2.4. NOME

2.5. DATA DE NACEMENTO 2.6. LOCALIDADE DE NACEMENTO 2.7. PROVINCIA DE NACEMENTO 2.8. TELÉFONO/CORREO E. Día Mes Ano

2.9. ENDEREZO 2.10 CÓDIGO POSTAL

2.11. MUNICIPIO

2.12. PROVINCIA 2.13. NACIONALIDADE

3 TÍTULOS ACADÉMICOS OFICIAIS EXIXIDOS NA CONVOCATORIA

4 SERVIZOS PRESTADOS SERVIZOS PRESTADOS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA: SI NON SERVIZOS PRESTADOS NOUTRAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS: SI NON

De proceder o reintegro de oficio dos dereitos de exame, transferiranse á seguinte conta: CÓDIGO IBAN (imprescindible cubrir os 24 díxitos)

NOME ENTIDADE BANCARIA LOCALIDADE

Se non figurasen estes datos, entenderase que renuncia á devolución dos dereitos de exame. O/A abaixo asinante solicita ser admitido/a ás probas selectivas a que se refire esta solicitude e DECLARA que son certos os datos consignados nela e que reúne as condicións exixidas para o ingreso na función pública e, especialmente, os requisitos sinalados por esta convocatoria, e comprométese a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

, de de 2017 (Sinatura)

Este formulario non é válido sen o selo ou impresión mecánica ou xustificante de pagamento da entidade bancaria. Ingreso na conta número: ES07 2080 0388 2031 1000 0646. ABANCA Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

CV

E-D

OG

: crb

btw

e5-x

oa1-

zm94

-lvi6

-sqj

16na

hlnx

3

Page 21: IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE ......O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como

DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19015

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

ANEXO V

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NA LISTAXE DE ESPERA DERIVADA DO PROCESO SELECTIVO CONVOCADO POR RESOLUCIÓN DO 7 DE ABRIL DE 2017

1. DENOMINACIÓN DA LISTAXE DE ESPERA DERIVADA DE PROCESO SELECTIVO: Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos

ACCESO LIBRE

2. OPCIÓN PARA NOMEAMENTOS DE INTERINIDADES POR CAMPUS: Marque cun X o cadro da súa opción

Campus Compostela Campus Lugo Campus Compostela e Lugo

3 DATOS PERSOAIS

3.1. NIF/NIE 3.2. PRIMEIRO APELIDO 3.3. SEGUNDO APELIDO 3.4. NOME

3.5. TELÉFONO

3.6. CORREO E.

3.7. ENDEREZO

3.8. CÓDIGO POSTAL 3.9. MUNICIPIO

3.10. PROVINCIA

……………………………………..….. de …………… de 2017 (Sinatura)

Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

CV

E-D

OG

: crb

btw

e5-x

oa1-

zm94

-lvi6

-sqj

16na

hlnx

3