Kakarot

11

Transcript of Kakarot

Ola,eu son Kakarot, o “prota” deste conto

sobre o Camiño Real e os arrieiros. Fun creado

polos nenos e nenas de 1º A, especialmente por Xeila na clase de PINT.

Vides comigo?

Kakarot era un neno ao que lle gustaba moito ler contos e logo imitar el as aventuras lidas.

Voume converter en arrieiro e percorrer o Camiño Real

Presentación1.pptx

Pero tampouco é cuestión de pasar fame! Levarei un bo bocata

ademais do mapa e compás.

Se volvo antes do solpor ninguén se ha decatar da miña marcha. Por fin coñecerei o Suído, a Eiroa, a Pena da Galla, Portela de Pau…

A Kakarot custáballe por veces seguir o camiño, moitas veces engulido polos toxos e outras totalmente desaparecido. Víase como un explorador, como un historiador na procura de vestixios do pasado. E tan entretido ía que non se decatou da chegada do solpor…

A noite avanza moi axiña, pero non debo ter medo aínda que oia o

ouveo dos lobos. A ver se atopo un acubillo, porque de seguir andando

aínda hei caer por un cavorco…

Pareceulle ver unha cova e decidiuse a pasar a noite nela. Tapou con pedras a entrada da mesma e, malia o frío, Kakarot adormeceu…

Eh, eh, eh!!!!!

Pero que ruído é ese??? Que medo!!!

Ai, cáenme as pedras enriba! Ai,

ai!

Kakarot, Kakarot!!!

Mamá, mamá, como me

atopastes? Recollendo todo o que fuches deixando tirado polo camiño.

Que contenta estou, meu fillo!