Leria 11 - primavera 2013

2
Actividades do trimestre Como vén sendo costume, a finais de febreiro celebrouse o Día da Paz. Desde a biblioteca proxectáronse as películas O neno do pixama a raias para 1º ciclo de ESO e Sendeiros de gloria para 2º ciclo de ESO. Máis tarde, polos Namorados, propúxose o concurso de interpre- tacións de declaracións de amor no cine e no teatro, pero o tema debeu asustar ó noso alumnado porque non houbo participa- ción, e iso que se lles facilitou unha escolma de títulos de pelícu- las que contiñan declaracións amorosas! Para celebrar o Día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro, elabo- rouse unha expo- sición sobre a súa vida e a súa obra. Pero por estarse a celebrar o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, todo o alumnado do centro está a preparar un acto para o 23 de abril, Día do libro. Dentro do Proxecto “100 anos de cine sonoro”, desde o mes de febreiro estanse a proxectar making of tódolos venres na televi- sión da entrada do centro. Os do mes de marzo, para festexar o mes da muller, son de directoras célebres. Ademais, o alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu a unha charla impartida por Tania González, técnico en caracterización. Para conmemorar o Día mundial da poesía, 21 de mar- zo, o grupo Poetas da hostia presen- toulle ó alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO “A hostia en verso”. Para clausurar o trimestre, o 22 de marzo un grupo de actrices do IES da Ribeira do Louro repre- sentaron a mulleres célebres da historia. Cómpre destacar o encontro do escritor Eduardo Santiago cos membros club de lectura o xoves 7 de marzo. Finalmente, habilitouse un espazo na biblioteca para as familias que será inaugurado proximamente. Leria Número 11 - primavera 2013 http://osquelemos.blogspot.com [email protected] Para ver e escoitar . Libro+CD+DVD. Os poemas de Manuel María, a voz de Uxía e o audiovisual premiado. A nosa pegatina de Rosalía Pide a túa na biblio! Leria Boletín da biblioteca CPI da Ribeira Sementando palabras, recollendo soños

description

Boletín trimestral da biblioteca do CPI da Ribeira con recomendacións de lectura, actividades do trimestre...

Transcript of Leria 11 - primavera 2013

Actividades do trimestre

Como vén sendo costume, a finais de febreiro celebrouse o Día

da Paz. Desde a biblioteca proxectáronse as películas O neno do pixama a raias para 1º ciclo de ESO e Sendeiros de gloria

para 2º ciclo de ESO. Máis tarde, polos Namorados, propúxose o concurso de interpre-tacións de declaracións de amor no cine e no teatro, pero o tema debeu asustar ó noso alumnado porque non houbo participa-ción, e iso que se lles facilitou unha escolma de títulos de pelícu-las que contiñan declaracións amorosas!

Para celebrar o Día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro, elabo-rouse unha expo-sición sobre a súa vida e a súa obra. Pero por estarse a celebrar o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos,

todo o alumnado do centro está a preparar un acto para o 23 de abril, Día do libro. Dentro do Proxecto “100 anos de cine sonoro”, desde o mes de febreiro estanse a proxectar making of tódolos venres na televi-sión da entrada do centro. Os do mes de marzo, para festexar o mes da muller, son de directoras célebres. Ademais, o alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu a unha charla impartida por Tania González, técnico en caracterización. Para conmemorar o Día mundial da poesía, 21 de mar-zo, o grupo Poetas da hostia presen-toulle ó alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO “A hostia en verso”. Para clausurar o trimestre, o 22 de marzo un grupo de actrices do IES da Ribeira do Louro repre-sentaron a mulleres célebres da historia. Cómpre destacar o encontro do escritor Eduardo Santiago cos membros club de lectura o xoves 7 de marzo. Finalmente, habilitouse un espazo na biblioteca para as familias que será inaugurado proximamente. Leria

Número 11 - primavera 2013

http://osquelemos.blogspot.com

[email protected]

Para ver e escoitar

. Libro+CD+DVD.

Os poemas de Manuel María, a voz

de Uxía e o audiovisual premiado.

A nosa

pegatina

de Rosalía

Pide a

túa na

biblio!

Leria

Boletín da

biblioteca

CPI da Ribeira

Sementando palabras, recollendo soños

Para ler en vacacións

Premio Neira Vilas 2013 ó Mellor Libro

infantil e xuvenil.

Inclúe DVD..

Libro solidario con 7 relatos de Fran Alon-

so, A. Fernández Paz, María Reimóndez…

.

.

Reedición dun clásico da literatura galega.

.

.

Un libro para chorar, pero non de risa.

.

Para os que lles gusta resolver misterios.

En galego:

O neno do pixama a raias

En castelán: La invención de Hugo

Los juegos del hambre

Perdona pero quiero casarme contigo

Os máis vistos: Brave

Eclipse

Gru, mi villano favorito

Piratas del Caribe

Os máis lidos e vistos

no 2º trimestre Un romance xuvenil.

Fantasía para xóvenes e adultos

Para adultos.

Novela “puzzle” para xóvenes de 30/40 anos,

con 37 finais posibles.

Premio Ánxel Casal 2012 ó mellor libro de non

ficción.

.

Ilustrado con excelentes fotografías abstractas

de Pepe Barro.