Linguas en contacto: as linguas minorizadas (traballo)
-
Upload
cerqueiro-landin -
Category
Documents
-
view
223 -
download
5
description
Transcript of Linguas en contacto: as linguas minorizadas (traballo)
Román Cerqueiro Landín (Dpto. de Lingua Galega-IES de Porto do Son) Curso 2010-2011. 4º da ESO
TRABALLO DE SOCIOLINGÜÍSTICA LINGUAS EN CONTACTO. AS LINGUAS MINORIZADAS
Introdución Esta actividade busca que o alumnado coñeza e identifique os principais fenómenos que se dan nos contextos de contacto entre linguas a partir do achegamento á situación de diferentes idiomas minorizados. A reflexión crítica sobre o perigo e as consecuencias da homoxeneización lingüística e cultural para as denominadas linguas minorizadas e sobre as políticas lingüísticas que procuran restituír a situación de desigualdade de dereitos que sofren os seus falantes persegue unha valoración positiva da diversidade lingüística mundial ao tempo que unha denuncia das situacións de vulneración desa propia diversidade O traballo desenvolverase en grupos de 3 ou 4 persoas que terán que elaborar unha presentación a partir dun guión común. Ademais da entrega do traballo, hai unha fase de exposición oral e posta en común seguindo un calendario acordado en cada grupo.
Obxectivos - Coñecer as características comúns dos casos do plurilingüismo social. - Comprender os fenómenos principais que definen os contextos das linguas en
contacto. - Posuír unha noción aproximada da situación social das linguas minorizadas en
oposición ás linguas hexemónicas coas que conviven, así como as causas da súa minoración, a existencia de movementos sociais de defensa contra a súa asimilación, o seu grao de vitalidade e futuro...
- Coñecer as políticas lingüísticas que procuran a promoción da riqueza lingüística fronte á homoxeneización cultural.
- Buscar e seleccionar información na rede e presentala oralmente e por escrito na aula.
Contidos - A diversidade lingüística no mundo. - Linguas en contacto: o conflito lingüístico. - Linguas maioritarias e linguas minoritarias. - Linguas oficiais e non oficiais. - Linguas hexemónicas e linguas minorizadas. - Bilingüismo e diglosia. - Os procesos de normalización lingüística.
Competencias - Procura e análise de información a través da rede, tanto nas páxinas facilitadas
na bibliografía común como noutras fontes de consulta. - Realización de traballos en equipo. - A presentación académica e a exposición oral.
Actitudes e valores - Coñecemento e valoración positiva da pluralidade lingüística mundial. - Comprensión crítica das causas e consecuencias dos conflitos lingüísticos e da
situación social, legal e xurídica das linguas minorizadas. - Valoración do traballo en equipo e avaliación das producións finais do grupo. - Valoración da importancia de dominar habilidades sociais como a expresión e
comprensión oral en contextos formais.
Román Cerqueiro Landín (Dpto. de Lingua Galega-IES de Porto do Son) Curso 2010-2011. 4º da ESO
ELABORACIÓN DO TRABALLO
- Adxudicación a cada grupo da lingua que será obxecto da investigación. - Procura e selección da información na rede a partir dun guión común. - Elaboración dunha presentación de diapositivas seguindo as pautas dadas para a
realización de presentacións académicas. - Exposición oral de cada traballo na aula co apoio da presentación de diapositivas.
GUIÓN DO TRABALLO Alumnos/as que forman o grupo
Aula
Lingua
Outros nomes
Familia lingüística Linguas irmás
Como é? (alfabeto, mostra dun texto escrito e oral, audición dunha canción...) Dominio lingüístico (territorios en que se fala) Número de falantes (como lingua materna e como lingua adquirida; condición dos falantes: monolingües, bilingües... explicación; niveis de competencia e uso da poboación, etc.) Estatus oficial (recoñecemento por parte dos poderes públicos: é oficial ou non, ten algún grao de protección, é oficial nun territorio e non noutros, etc.). Situación sociolingüística: presenza nos diferentes ámbitos de uso dunha lingua (ensino, administración, xustiza, medios, igrexa…), movementos de defensa da lingua, etc. Fontes de información
BIBLIOGRAFÍA ESPECÍFICA NA REDE:
• Linguamón. Casa das Linguas: http://www10.gencat.cat/casa_llengues/AppJava/gl/index.jsp (en galego e 15 linguas máis).
• Linguamón. Mapas vivos: http://www15.gencat.net/pres_casa_llengues/mapes/ • Eurominority: http://www.eurominority.eu/version/eng/index.asp (en galego e 31 linguas máis). • Proxecto Sorosoro: http://www.sorosoro.org/es (español, francés e inglés). • Amarauna. Rede de Linguas do Mundo: http://www.amarauna-languages.com/index.php?hizk=es
(español, inglés e euskara). • Comisión Europea. Multilingüismo: http://ec.europa.eu/education/languages/index_es.htm (en
español, portugués e demais lenguas oficiais da UE). • Euromosaic: http://www.uoc.edu/euromosaic (catalán, inglés e francés). • Mercator: http://www.mercator-education.org (inglés, nerlandés e frisón). • Atlas UNESCO das linguas do mundo en perigo: http://www.unesco.org/culture/languages-
atlas/index.php (español, francés e inglés). • Ethnoloque. Linguas do Mundo: http://www.ethnologue.com/language_index.asp (inglés). • A planificación lingüística no mundo: http://www.tlfq.ulaval.ca/axl/ (francés). • Mercator: www.ciemen.org/mercator (catalán, francés e inglés).
Román Cerqueiro Landín (Dpto. de Lingua Galega-IES de Porto do Son) Curso 2010-2011. 4º da ESO
AVALIACIÓN
- Valorar e coñecer o plurilingüismo social e os principais conceptos que describen os contextos de linguas en contacto.
- Entender a realidade sociolingüística das linguas minorizadas e comprender a situación de conflito que se dá entre dúas linguas en contacto.
- Manexar axeitadamente as fontes de información dixitais co obxecto de elaborar traballos de investigación adecuados ao nivel.
- Expoñer de maneira planificada, clara e ordenada, coa axuda das TIC, informacións a partir dun guión preparado previamente, incluíndo descricións sinxelas, ideas e valoracións relativas ao tema investigado.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
- A avaliación contemplará o traballo de cada grupo e a participación individual de cada membro. Será puntuado sobre 10 atendendo ás seguintes catro cuestións:
o selección e análise da información, o aplicación dos conceptos básicos estudados na elaboración do traballo
de investigación sobre a lingua minorizada obxecto de estudo, o elaboración da presentación de diapositivas conforme ao patrón visto na
aula, e o exposición oral planificada.
- O traballo sumarase proporcionalmente na nota do trimestre ata un máximo de 2 puntos. Na súa valoración teranse en conta a presentación, a expresión escrita e a corrección gramatical.
- Haberá unha dobre avaliacion do resultado, do grupo e do profesor, empregando a ficha de observación xa coñecida.