Lírica medieval galego portuguesa

79
LÍRICA MEDIEVAL GALEGO-PORTUGUESA BACHARELATO

Transcript of Lírica medieval galego portuguesa

Page 1: Lírica medieval galego portuguesa

LÍRICA MEDIEVAL GALEGO-PORTUGUESA

1º BACHARELATO

Page 2: Lírica medieval galego portuguesa

ÍNDICE

Lírica medieval

1.Nacemento da lírica2.Cronoloxía3.Poetas: autores e

intérpretes4.Códices5. Corpus poético medieval

5.1. Cancioneiro profano 5.2. Cancioneiro relixioso

6. Xéneros 6.1. Xéneros maiores 6.2. Xéneros menores

Page 3: Lírica medieval galego portuguesa

1 Nacemento da lírica

•Antes do nacemento da lírica nace a épica: primeiro como cantos e narracións orais que contaban as fazañas de heroes lendarios:

OS CANTARES ÉPICOS•Esta tradición xorde desde o mesmo século VIII no mundo cultural xermánico. Así nas distintas variedades do antigo alemán compóñense extensos poemas narrativos como:

O Cantar dos Nibelungos ou

O Cantar de Ludovico Imaxe da 1ª folla do Cantar dos Nibelungos

Page 4: Lírica medieval galego portuguesa

Adaptación da épica nas linguas romances

É en Francia onde a épica encontra mellor acomodo dando lugar a un

cento de CANTARES DE XESTA, destaca: A Chanson de Roland de fins do XI

Imaxes de escenas da Chanson de Roland

Page 5: Lírica medieval galego portuguesa

Adaptación da épica nas linguas romances

Na Península o único poema épico conservado integramente é :

O Cantar de Mio Cid do que se conserva unha única copia do século XIV

Page 6: Lírica medieval galego portuguesa

Nace a poesía trobadoresca

A mediados do XII cambian os gustos literarios coincidindo cunha relaxación dos hábitos guerreiros, un refinamento dos costumes e unha revalorización do papel social da muller.

É neste ambiente no que xorde unha puxante poesía lírica en lingua romance de temática fundamentalmente amorosa e que segue as regras do amor cortés: A POESÍA TROBADORESCA

que ten a súa orixe no sur de Francia, concretamente no Ducado de

Aquitania en tempos do duque Guillelme IX

(1071-1126), primeiro trobador e primeiro mecenas.

Ducado de Aquitania

Page 7: Lírica medieval galego portuguesa

Nace a poesía trobadoresca

Primeiro el e despois a súa neta Alienor de Aquitania(1122-1204) protexen as artes e amparan unha extensa corte literaria que se converte en exemplo de refinamento e bo gusto, primeiro para o resto da nobreza do sur de Francia e despois para toda Europa.

Nacerá así a LÍRICA PROVENZAL que chegou a contar con case 350 trobadores e un corpus lírico de máis de 2500 composicións.

Encontrou imitadores axiña:

Nas cortes fronteirizas do reino de Aragón edo Piemonte italiano xurdiron a escola cataláe italiana que trobaron en provenzal.

Page 8: Lírica medieval galego portuguesa

A escola lírica galego-portuguesa

É neste contexto europeo no que hai que situar a aparición da escola lírica galego-portuguesa.

VÍAS DE PENETRACIÓN DA POESÍA TROBADORESCA:1. O camiño de Santiago2. Os monxes de Cluny3. Os contactos nobiliares

Page 9: Lírica medieval galego portuguesa

A escola lírica galego-portuguesa

A lírica medieval galego-portuguesa é un fenómeno cultural do que van participar as cortes reais e señoriais do toda a Península (coas excepcións do dominio lingüístico catalán e dos reinos musulmáns).Encontramos, pois, trobadores e xograres non só galegos e portugueses , hainos tamén casteláns, leoneses, aragoneses…

POR QUE?

Hai tres causas fundamentais:

1. O grao de proximidade lingüística entre os romances occidentais da Península.2. A frecuente identificación entre un determinado romance e un xénero literario:

francés e castelán coa ÉPICA, provenzal e galego-portugués coa LÍRICA3. O papel preponderante de Galicia e da súa nobreza no conxunto dos reinos

occidentais.

Page 10: Lírica medieval galego portuguesa

2Cronoloxía

Escola lírica galego-portuguesa

Etapa primitiva (1196-1245):

Comprende as composicións máis antigas das conservadas (a primeira é “Ora faz ost´o senhor de Navarra” do nobre portugués afincado na corte aragonesa Joan Soares de Paiva). A ela pertencen os poetas máis antigos dos cancioneiros: Meendinho, Bernal de Bonaval, Paio Gómez Charinho, Pero da Ponte, Martín Códax etc.

http://youtu.be/Q_1EDSpz-fE

Page 11: Lírica medieval galego portuguesa

Cantiga de Meendinho Cantiga de Joao Soares de Paiva

Page 12: Lírica medieval galego portuguesa

2

CronoloxíaEscola líricagalego-portuguesa

Esplendor ou Idade de ouro(1245-1354)

Período afonsino (1245- 1284):coincide cos reinados de Afonso III en Portugal e Afonso X en Castela.O centro difusor do lirismo sitúase na corte de Toledo Afonso X Período dionisíaco (1284-1325):Coincide co reinado do rei D.Dinisde Portugal, mecenas de trobado-res e trobador destacado á vez.O centro difusor do lirismo despráza-se á corte deste rei. D. Dinís

Período postdionisíaco (1325-1354): remata coa morte do Condede Barcelos, Pedro de Portugal,derradeiro mecenas e derradeiro trobador da escola líricagalego-portuguesa. D. Pedro de

Portugal

Page 13: Lírica medieval galego portuguesa

2

CronoloxíaEscola lírica galego-castelá

Decadencia (1354-1445)

A mediados do século XIV os gustos literarios cortesáns mudan a favor dos LIBROS DE LIÑAXES e da PROSA HISTÓRICA e de FICCIÓN. A poesía trobadoresca entra nunha fase de declive, empeza a ser considerada como unha moda anticuada.Ata mediados do XV aínda prevalece certo desexo de imitar os antigos trobadores, consérvanse cantigas deste período de decadencia nun cancioneiro castelán do século XV:

O CANCIONEIRO DE BAENA (1445)

Os poetas e composicións deste período pertencen ao que se coñece como :

Escola galego-castelá

Son poetas bilingües que escriben en galego e castelán p. ex. Macías o Namorado

Page 14: Lírica medieval galego portuguesa

Monumento a Macías o Namorado

Page 15: Lírica medieval galego portuguesa

1º folio do Cancioneiro de Baena

CANCIONEIRO DE BAENA

Page 16: Lírica medieval galego portuguesa

3Poetas:Autores eintérpretes

O concepto actual de poeta é inaplicábel á cultura trobadoresca. No seu lugar atopamos unha rica variedade de personaxes diferenciados polo:

• Status social• Nivel cultural• Rol artístico que desempeñan

TROBADORTrobador significa o compositor de “tropos” (versos).Ocupaba o nivel máis alto na xerar-quía social e artística: era poeta e compo-sitor (autor da letra e da música).No ámbito galego-portugués eran trobado-res só os de condición nobre.Hai trobadores que eran membros da altanobreza como: reis ( Afonso X, D. Dinís), infantes(conde de Barcelos), altas dignidades (Paio Gó-mez Charinho); aínda que a maioría pertencían a liñaxessecundarias: Joan García de Guillade, Paio Soares deTaveirós, Pero D´Ambroa , Afonso Eanes de Coton, etc.Algúns trobaban por pracer ou refinamento culturaldiante dun público aristocrático, non obstante a maioríatiñan o seu servizo un ou varios xograres.

Page 17: Lírica medieval galego portuguesa

3

Poetas:

Autores eintérpretes

XOGRARES

O termo “xograr” vén do latín: JOCULATORque significa “bromista, simpático”. Enrealidade había moitos tipos de xograres,entre os que se atopaban os bufóns quetiñan como principal misión entreterprovocando a hilaridade, mais o xograrespropiamente ditos eran os intérpretes dascantigas.

No ámbito provenzal estaban ao servizo duntrobador e limitábanse a interpretar as can-tigas deste.

No ámbito galego-portugués a relación eramáis complexa: en realidade considérabase que só os trobadores, que eran nobres, podían tro-bar, porén houbo bastantes xograres (que erande orixe humilde) que o fixeron: nos cancio-neiros aparecen 36 . Pero tal atrevemento nonlles saía de balde. Cítanse co nome ou alcume e lugarde procedencia: Meendinho, Bernal de Bonaval, JoaoZorro, etc.

Page 18: Lírica medieval galego portuguesa

3

Poetas:

Autores eintérpretes

SEGREISEste personaxe é exclusivo da lírica

peninsular. Trátase dun trobadorprofesional que compón e interpreta cobrando pola súa interpretación.

Procedían da baixa nobreza. MENESTREIS

Os menestreis eran os instrumentistas. Só tocaban os instrumentos musicais...

SOLDADEIRASEran as mulleres que danzaban e facíanexercicios ximnásticos durante a interpre-tación da cantiga.

Tiñan mala reputación.Unha das máis famosas foi María aBalteira que era de terras de Betanzos.

Page 19: Lírica medieval galego portuguesa

4

Códices

O corpus da lírica medieval galego-portuguesacoñecido na actualidade está formado por: máis de 1680 textos profanos e 427 relixiosos pertencentes a máis de 150 poetas distintos.

Chegou a nós a través de 8 manuscritos.Tendo en conta a época de redacción distingui-

mos: Manuscritos contemporáneos á época na

que seestaba desenvolvendo a produción lírica. Datados a fins do XIII, principios do XIV

Apógrafos renacentistasCopiados nos séculos XVI e XVII a partir decódices medievais hoxe perdidos

Page 20: Lírica medieval galego portuguesa

MANUSCRITOS DE FINS DO XIII PRINCIPIOS DO XIV

oCANCIONEIRO DA AJUDA

Chamado así por atoparse no Pazo portugués da Ajuda, en Lisboa.

Probablemente foi compilado na corte poética de D. Dinís ou de Afonso X.

Está formado por 310 cantigas de amor de 38 poetas distintos. Non conserva a notación musical.

http:///blocdelletres.ub.edu/2011/11/28/cantigas-medievais-galego-portugue

4

Códices

Page 21: Lírica medieval galego portuguesa

Pazo da Ajuda

Page 22: Lírica medieval galego portuguesa

4

Códices

Pergamiño vindelEsta folla de pergamiño que contén as setecantigas de amigo de Martín Códax foidescuberta a principios do século XX pololibreiro madrileño Pedro Vindel, de aí o seunome, como forro doutro libro.Actualmente atópase na biblioteca“PierpontMorgan” de New York, xa que tras o achádegode Pedro Vindel foi comprado por un musi-cólogo que o levou a unha biblioteca sueca,cando este morreu os seus herdeiros vendé-ronllo a un bibliófilo que o puxo á venda enLondres e, tras anos desaparecido, en 1977

reapareceu na biblioteca neoiorquina.Todas as cantigas, agás unha, conteñen a súanotación musical.

Page 23: Lírica medieval galego portuguesa

Pierpont Morgan Library

Page 24: Lírica medieval galego portuguesa

Pergamiño Vindel

Page 25: Lírica medieval galego portuguesa

4

Códices

Pergamiño sharrerTamén chamado Manuscrito da Torre de Tombo.Foi descuberto polo profesor norteamericanoHarvey L. Sharrer en 1990, despois de servirdurante catro séculos de forro para un libro de rexistros notariais.Contén sete cantigas de amor do rei D. Dinísacompañadas da súa notación musical.Probablemente se trate dunha folla solta duncancioneiro hoxe perdido do que non obstantehai referencias escritas , sería o Livro das trovasdel Rei D. Dinís.Atópase no Arquivo Nacional da Torre de Tomboen Lisboa, o lugar no que foi atopado.

Page 26: Lírica medieval galego portuguesa

Pergamiño Sharrer

Page 27: Lírica medieval galego portuguesa

Arquivo Nacional da Torre de Tombo

Page 28: Lírica medieval galego portuguesa

4

Códices

Cancioneiro da biblioteca nacional de lisboa

Descuberto a finais do XIX na biblioteca dos condes

Brancuti . Mandado copiar polo humanista italianoÁngelo Colocci.É o máis amplo dos cancioneiros da lírica

medieval:1647 cantigas de todos os xéneros de 150

autoresdistintos.Parece que é copia do Livro das cantigas do condeD. Pedro.Contén un tratado de poética medieval: A arte deTrovar que está incompleto.

APÓGRAFOS RENACENTISTAS

Page 29: Lírica medieval galego portuguesa

Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa

Page 30: Lírica medieval galego portuguesa

Biblioteca Nacional de Lisboa

Page 31: Lírica medieval galego portuguesa

Angelo Colocci

Page 32: Lírica medieval galego portuguesa

4

Códices

CANCIONEIRO DA VATICANA

CANCIONEIRO DE BERKELEY

Estes dous cancioneiros son dúas copias iguais.O primeiro atópase en Roma, na BibliotecaVaticana. Ten 1200 cantigas. O segundo é unhacopia deste descuberta en Madrid en 1857,

peroperdido o seu rastro durante anos ata que seatopou en 1983 na universidade de Berkeley,

enCalifornia.Son copia mandada facer tamén por AngeloColocci ,do mesmo manuscrito medieval.

APÓGRAFOS RENACENTISTAS

Page 33: Lírica medieval galego portuguesa

Cancioneiro da Vaticana

Page 34: Lírica medieval galego portuguesa

Biblioteca Vaticana de Roma

Page 35: Lírica medieval galego portuguesa

Universidad de Berkeley

Page 36: Lírica medieval galego portuguesa

5

Corpus poéticomedieval

Cancioneiro profanoEstá formado por máis de 1680 textos. Clasíficanse en:

XÉNEROS MAIORES:de temática amorosa:

As cantigas de amigo As cantigas de amor de temática satírica:

Cantigas de escarnio e maldicir

XÉNEROS MENORES: Tenzón Pranto

XÉNEROS CONTAMINADOS: Pastorela Cancioneiro relixioso 427 composicións que constitúen as:

Cantigas de Sta. María

Page 37: Lírica medieval galego portuguesa

Cancioneiro profanoCancioneiro erótico: Cantiga de amigo

• Ria Lemaire ,especialista en literatura medieval e autora do libro-disco CORES DO ATLÂNTICO,

( www.coresdoatlantico.com ) expón a súa teoría sobre a autoría feminina

das cantigas de amigo baseadas na tradición oral galego-portuguesa.

Orixe autóctona: raíces moi antigas (Canción feminina de amor) Emparentada coas “kharjas”:

Garid vos, ay yermanellasKo´m kontener he mew male!

Sin al-habib non bibreyo:¿Ad ob l´irey demandare?

Voz poética feminina Dialogadas ou monologadas Tema máis reiterado: ausencia do amigo Identificación: aparición da palabra “amigo” Importancia da natureza e o seu aproveitamento simbólico. Clasificación temática:

Mariñas ou barcarolas Cantigas de romaría Bailadas ou bailías Outros temas

Características formais

Page 38: Lírica medieval galego portuguesa

Cantiga de amigo: características formais

O refrán Ondas do mar de Vigo,

se vistes meu amigo?      E ay Deus, se verrá cedo!

Ondas do mar levado,se vistes meu amado?

   E ay Deus, se verrá cedo Se vistes meu amigo,o por que eu sospiro?   

E ay Deus, se verrá cedo Se vistes meu amado, 

0 por que ey gran coydado?  E ay Deus, se verrá cedo!

Page 39: Lírica medieval galego portuguesa

Cantiga de amigo: características formais

O paralelismo:

 Ondas do mar de Vigo,se vistes meu amigo?      E ay Deus, se verrá cedo!

Ondas do mar levado,se vistes meu amado?

   E ay Deus, se verrá cedo Se vistes meu amigo,o por que eu sospiro?   

E ay Deus, se verrá cedo Se vistes meu amado, 

0 por que ey gran coydado?  E ay Deus, se verrá cedo!

Page 40: Lírica medieval galego portuguesa

Leixaprén:-Ai flores, ai flores do verde pino, se sabedes novas do meu amigo?     Ai Deus, e u é?

Ai, flores, ai flores do verde ramo,se sabedes novas do meu amado?     Ai Deus, e u é?

Se sabedes novas do meu amigo,aquel que mentiu do que pos comigo?     Ai Deus, e u é?

Se sabedes novas do meu amadoaquel que mentiu do que mi ha jurado?     Ai Deus, e u é?

     

 -Vós me preguntades polo voss´amigo e eu bem vos digo que é san´e vivo Ai Deus, e u é?

Vós me preguntades polo voss'amado,e eu ben vos digo que é viv'e sano.

     Ai Deus, e u é?

E eu ben vos digo que é san'e vivoe seerá vosc'ant'o prazo saído.

     Ai Deus, e u é?

E eu ben vos digo que é viv'e sanoe seerá vosc'ant'o prazo passado.

     Ai Deus, e u é?

Cantiga de amigo: características formais

Page 41: Lírica medieval galego portuguesa

Cantiga de amigo: clasificación temáticahttp://youtu.be/IhrtApWvyjg

Bailadas ou bailías: incitación ao baile

Bailemos nós ja todas tres, ai amigas,so aquestas avelaneiras frolidas

e quen for velida, como nós, velidas,     se amigo amar,

so aquestas avelaneiras frolidas     verrá bailar.

Bailemos nós ja todas tres, ai irmanas,so aqueste ramo destas avelanas

e quen for louçana, como nós, louçanas     se amig'amar,

so aqueste ramo destas avelanas     verrá bailar.

Por Deus, ai amigas, mentr'al non fazemos,so aqueste ramo frolido bailemos

e quen ben parecer, como nós parecemos,     se amig'amar,

so aqueste ramo so'l que nós bailemos     verrá bailar.

Airas Nunez  

Page 42: Lírica medieval galego portuguesa

Cantiga de amigo: clasificación temática

Mariñas ou barcarolas: presenza do mar que pode ter varias funcións

Elemento de separación Confidente da amiga Simbolizar a paixón amorosa

Son as máis fieis aos modelos tradicionais, con orixe probablemente na líricapretrobadoresca.Os máis importantes cultivadores son, maioritariamente, xograres galegos

Mia irmana fremosa, treides comigoa la ygreia de Vigo, u e o mar salido.

E miraremos las ondas.

Mia irmana fremosa, treides de gradoa la ygreia de Vigo, u e o mar levado.

E miraremos las ondas.

A la ygreia de Vigo, u e o mar salido,e verra i mia madre e o meu amigo.

E miraremos las ondas

A la ygreia de Vigo, u e o mar levado,e verra i mia madre o meu amado

E miraremos las ondas. Martín Códax

Page 43: Lírica medieval galego portuguesa

Cantiga de amigo: clasificación temática

Cantigas de romaría: a amiga acode a unha romaría. É tan importante a festa coma o santuario.

Poys nossas madres vam a Sam Simonde Val de Prados candeas queymar,

nós, as meninhas, punhemos d'andarcom nossas madres, e elas enton

queymen candeas por nós e por ssy,e nós, meninhas, baylaremos hy.

Nossos amigos todos lá hiranpor nos veer, e andaremos nós, 

baylando ant' eles, fremosas en cós,e nossas madres, poys que alá van,queymen candeas por nós e por ssy,

e nós, meninhas, baylaremos hy.

Nossos amigos hiran por cousircomo baylamos, e poden veerbaylar moças de bom parecer,

e nossas madres, poys lá queren hir,queymen candeas por nós e por ssy,

e nós, meninhas, baylaremos hy.

Pero Viviaez

Page 44: Lírica medieval galego portuguesa

Cantiga de amigo: clasificación temática

Esta clasificación non abrangue todas as cantigas de amigo. Para as demais podería

falarse de:

• Cantigas da fonte• Cantigas de nai e filla• Cantigas de confidente• Cantigas de ciúmes• Etc.

Page 45: Lírica medieval galego portuguesa

Cantiga de amigo: clasificación temática

Cantiga da fonte:Por mui fremosa que sanhuda estou

a meu amigo, que me demandou     que o foss'eu veer

     a la font', u os cervos van bever.

Non fac'eu torto de mi lh'assanhar,por s'atrever el de me demandar

     que o foss'eu veer     a la font', u os cervos van bever.

Afeito me ten ja por sandía,que el hoje non ven, mas envía

     que o foss'eu veer     a la font', u os cervos van bever.

Pero Meogo

Page 46: Lírica medieval galego portuguesa

Cantiga de amigo: clasificación temática

Cantiga de nai e filla:Como vivo coitada, madre, por meu amigo,ca m'enviou mandado que se vai no ferido,

     e por el vivo coitada!

Como vivo coitada, madre, por meu amado,ca m'enviou mandado que se vai no fossado,

     e por el vivo coitada!

Ca m'enviou mandado que se vai no ferido,eu a Santa Cecilia de coraçón o digo,

     e por el vivo coitada!

Ca m'enviou mandado que se vai no fossado,eu a Santa Cecilia de coraçón o falo,

     e por el vivo coitada! Martín de Ginzo

Page 47: Lírica medieval galego portuguesa

Cantiga de amigo:Clasificación segundo a maior ou menor fidelidade aos modelos

tradicionais

• Cantiga de amigo tradicional (todas as da escolma de textos)

•Cantiga de amigo contaminada

•Cantiga de amigo trobadoresca•

Page 48: Lírica medieval galego portuguesa

Cantiga de amigo contaminada

Amiga, muit´á gran sazonque se foi d´aqui com el-reimeu amigo; mais já cuideimil vezes no meu coraçonque algur morreu com pesar,pois non tornou migo falar.

Porque tarda tan muito la,e nunca me tornou veer,amiga, si veja prazer,mais de mil vezes cuidei jáque algur morreu com pesar,pois non tornou migo falar

.

Amiga, o coraçon seuera de tornar ced´aquiu visse os meus olhos

em mipor em mil vezes cuid´euque algur morreu com

pesar,pois non tornou migo

falar

D. Dinís

Page 49: Lírica medieval galego portuguesa

Cantiga de amigo trobadoresca

Morr´o meu amigo d´amore eu non no lhi creo bem,e el mi diz logo por emca verrá morrer u e u for,e a mi praz de coraçonpor veer se morre, se non.

Enviou-m´el assi dizer:que el por mesura de mique o leixasse morrer aquie o vexa, quando morrer,

e a mi praz de coraçon,por veer se morre. se non

Mais nunca já crea molherque por ela morren assi,ca nunca eu esse tal vi,e el moira, se lhi prouguer,e a mi praz de coraçon,por veer se morre, se non

Joao Garcia de

Guilhade

Page 50: Lírica medieval galego portuguesa

Cantiga de amigo:Clasificación segundo o modo poético

•Narrativas: non se dirixe a ningún destinatario explícito, predomina a 3ª persoa.

Exemplos: textos 2, 6 e 8

•Monologadas: utiliza a 1ª persoa, diríxese explicitamente a um destinatario, que non intervén.

Exemplos: textos 5, 7 e 11

•Dialogadas: Hai dúas ou máis voces. Dialoga coa nai, o amigo, as amigas, elementos da natureza...

Exemplos: textos 10 e 12

Page 51: Lírica medieval galego portuguesa

Cantiga de amigo: os personaxes

*A amiga

*O amigo

*As irmás e as amigas

*A nai

Page 52: Lírica medieval galego portuguesa

Cancioneiro profano

Cancioneiro erótico:Cantiga de amorIdentificación.Orixe

A cançó e o código do amor cortés

As nosas cantigas: temas fundamentais

Características formais.

Page 53: Lírica medieval galego portuguesa

Cantiga de amorA dona que eu am'e tenho por senhor

amostrade-mi-a, Deus, se vos em prazer for,se nom dade-mi-a morte.

A que tenh'eu por lume d'estes olhos meuse por que choram sempre, amostrade-mi-a, Deus,

se nom dade-mi-a morte.  

Essa que vós fezestes melhor parecerde quantas sei, ai Deus!, fazede-mi-a veer,

se nom dade-mi-a morte.

Ai, Deus! qui mi-a fezestes mais ca mim amar,mostrade-mi-a u possa com ela falar,

se nom dade-mi-a morte. Bernal de Bonaval

http://sondepoetas.blogspot.com.es/2007/12/dona-que-eu-ame-tenho-por-senhor.html

Page 54: Lírica medieval galego portuguesa

Identificación: Fala el.

“Com´ome que ensandeceu,sennor, con gran pesar que viue non foi ledo nen dormiu…”

Aparece a palabra “senhor” xa nos 1º versos.

“En gran coita senhor” (texto 4) “ A mia senhor, que me ten en poder” (texto 3) “ A dona que eu am´e tenho por senhor” (texto 6)

Cantiga de amor

Page 55: Lírica medieval galego portuguesa

Orixe:A cançó

Os nosos poetas son conscientes da débeda coa cançó:“ Quer´eu en maneira de proençal” (texto 1)

Mais tamén das diferenzas: Proençais soen mui ben trobare dizen eles que é con amor,mais os que troban no tempo da flore non en outro, sei eu ben que nonhan tan gran coita no seu coraçonqual me eu por minha senhor vejo levar.(…) D. Dinís

Cantiga de amor

Page 56: Lírica medieval galego portuguesa

O código do amor cortés:o Idealización absoluta do amor, libre de convencións sociais e

moraiso Vasalaxe amorosa: o home é o vasalo da muller,a súa senhoro Amor cortés: sinal de distinción social, propio da aristocracia.o A muller: cúmulo de perfeccións.o Amor= camiño de elevación moral o Dura aprendizaxe que debe seguir o namorado:

o FENHEDORo PRECADORo ENTENDEDORo DRUT

o Esta aprendizase remata no JOIo O namorado debe ter necesariamente a calidade da MESURA.

Cantiga de amor

Page 57: Lírica medieval galego portuguesa

NA CANTIGA DE AMOR …

• Non hai referencia á natureza• O namorado nunca é correspondido: así pois

non chega a drut e non hai joi• Desenvólvense catro temas fundamentais:

ELOXIO DA DONADECLARACIÓN DE AMOR DO POETARESERVA DA DONACOITA DE AMOR

Cantiga de amor

Page 58: Lírica medieval galego portuguesa

Eloxio da dona:“Pois sempre ha en vos mesurae todo ben e cordura,que Deus fez en vos feituraqual non fez en mulher nada,doédevos algun díade mi, senhor ben talhada.”

D. Dinís(máis ex.: texto 1 e texto 6)

Declaración de amor do poeta:

“Falei n´outro dia con mia senhore dixe-ll´o mui grand´amor que ll´ei”

(texto 2)“A mia senhor, que ten en podere que eu sei mais d´outra ren amar”

(texto 3)“A dona que eu am´e tenho por senhor” (texto6)

Cantiga de amor

Page 59: Lírica medieval galego portuguesa

Reserva da dona:

“e pois lle eu dixe a coita e o pesarque por ela sofro, e o mui gran mal,foi sañuda e catou-me en desden;” (texto 2)“Senhor fremosa e de mui louçaocoraçon, e querede-vos doerde mi, pecador, que vos sei querermelhor ca mi; pero soo certaoque mi queredes peior doutra ren;” D. Dinís

Coita de amor:

“Un tal home sei eu, ai ben-talhada,que por vós ten a sa morte chegada;vedes quen é seed´en nembrada: eu, mia dona.” D. Dinís“Mais rog´a Deus, que sab´o malque me mia senhor faz sofrer,que el me faç´ensandecer,pois que m´outro ben todo falou morrer, se sandeu non forca esto me sera melhor,pois que m´ela nen Deus non val” Pero Garcia Burgales

Cantiga de amor

Page 60: Lírica medieval galego portuguesa

Características formais: A )COMÚNS COA CANTIGA DE AMIGO

Segundo teñan ou non refrán:• Cantigas de refrán (textos 4,5,6 e 7)• Cantigas de mestría (textos 1,2 e 3)

Tipo de rima:Rima macho (aguda): textos 1,2,3,4,5 e 7

Rima femia (grave): refrán do texto 6

Cantiga de amor

Page 61: Lírica medieval galego portuguesa

Tipo de cobras segundo a rima:Cobras unissonans (textos 1,3 e 5)

Cobras doblas (textos 13)Cobras singulars (textos 2,4,6 e 7)Cobras alternadas (textos 1,5,6..pax.260-61)

Cantiga de amor

Page 62: Lírica medieval galego portuguesa

Recursos formais:Dobre:“Pois sempre á en vós mesurae todo ben e cordura,que Deus fez en vós feituraqual non fez en mulher nada,doede-vos por mesurade min, senhor ben talhada.”Mordobre:“Se eu pudesse desamara quen me sempre desamou,e podesse algun mal buscara quen me sempre mal buscou!”

Cantiga de amor

Page 63: Lírica medieval galego portuguesa

Recursos formais:Fiinda: (texto 4)“Vi por gram mal de mi,pois tan coitad´and´eu”Ata- fiinda: (texto 4)“En gran coita, senhor,que peior que mort´é,vivo per boa fe,e polo voss´amoresta coita sofr´eupor vós, senhor, que eu

Vi polo meu gran mal;e melhor mi será…”

Cantiga de amor

Page 64: Lírica medieval galego portuguesa

Recursos formais:Palabra perduda:“Deus, meu senhor, se vos prouguer,vos me tolhede este poderque eu ei de muito viver;ca, mentr´eu tal poder ouverde viver, nunca perdereiesta coita que og´eu eid´amor eno meu coraçon.

Ca mi- a faz aver tal molherque nunca mi-á ren de fazer,per que eu poss´a perder;que, enquant´eu viver poder,por esto a non podereiperder per ren, mais avereid´ela mais, con mui gran razon.

Cantiga de amor

Page 65: Lírica medieval galego portuguesa

Análise de cantigasA San Servand´, u ora van todas orar,madre velida, por Deus vin vo-lo rogar

que me leixedes alá ir,a San Servand´, e se o meu amigo vir,

leda serei, por non mentir.

Pois mi dizen do meu amigo ca i ven,madre velida e senhor, faredes ben

que me leixedes alá ir,a San Servand´o e, se o meu amigo vir,

leda serei,por non mentir.

Pois todas i van de grado oraçon fazermadre velida, por Deus venho-vo-lo dizer

que me leixedes alá ir,a San Servand´, e se o meu amigo vir

leda serei, por non mentir. Joao Servando

Page 66: Lírica medieval galego portuguesa

Análise de cantigasQue soidade de mia senhor ei

quando me nembra d´ela qual a vi,e que me nembra que ben a oí

falar; e, por quanto ben d´ela sei,roqu´eu a Deus que end´á o poder,

que mi a leixe, se lhi prouguer, veer

cedo; ca, pero mi nunca faz ben,se a non vir, non me posso guardard´ensandecer ou morrer con pesar;

e porque ela tod´en poder ten, rogu´eu a Deus que end´á o poder,que mi a leixe, se lhi prouguer, veer

cedo; ca tal a fez Nostro Senhor, de quantas outras no mundo sonnon lhi fez par, a la minha fé, non;e, poi-la fez das melhores melhor,rogu´eu a Deus que end´á o poder,que mi a leixe, se lhi prouguer, veer

cedo; ca tal a quiso Deus fazer,que , se a non vir, non poso viver.

D. Dinís

Page 67: Lírica medieval galego portuguesa

Cancioneiro profano

Cancioneiro de burlas:Cantigas de escarnio e maldicir

Orixe O sirventés provenzal

Distinción entre escarnio e maldicirTemática: clasificaciónCaracterísticas formais.

Page 68: Lírica medieval galego portuguesa

Cantigas de escarnio e maldicirFoi un día Lopo jograr

a cas dun infançon cantar;e mandoulh´ele por don dar

tres couces na garganta;e fui-lh´escass´a meu cuidar,

segundo com´el canta.

Escasso foi o infançonen seus couces partir en ton,

ca non deu a Lopo enton,mais de tres na garganta;e mais merece o jograron;

segundo com´el canta. Martim Soares

Page 69: Lírica medieval galego portuguesa

Cantigas de escarnio e maldicirMartín jograr, que gran cousa

já sempre con vosco pousavossa molher!

Veedes m´andar morrendo,e vós jazedes fodendo

vossa molher!

Do meu mal non vos doedes,e moir´eu, e vós fodedes

vossa molher!

J. García de Guillade

Page 70: Lírica medieval galego portuguesa

Cantigas de escarnio e maldicirOrixe

O sirventés provenzal é o modelo das nosas cantigas de burlas: relación

Distinción ESCARNIO e MALDICIR:“Cantigas de escarnio som aquelas que os trobadores fazem

querendo dizer mal d´alguem en elas e dizen-lho pro palavras cubertas que hajan dous entendementos… e estas palabras chaman os clérigos hequivocatio”

“Cantigas de maldizer son aquelas que fazem os trobadores descubertamente. En elas entram palabras que queren dizer mal e non aver outro entendimento se non aquel que querem dizer chaamente”

Arte de Trovar

Page 71: Lírica medieval galego portuguesa

Cantigas de escarnio e maldicirTemática

Moito máis variada que no c. amoroso.

Son unha radiografía da sociedade da época

(achegan valiosa información)

Realizan unha sátira predominantemente persoal.

Page 72: Lírica medieval galego portuguesa

Cantigas de escarnio e maldicirTemática: clasificación

SÁTIRA POLÍTICA: Entrega dos castelos ao conde de Boloña

(critícase os cabaleiros que traizoaron o rei Sancho II apoiando ao usurpador Afonso III)

Covardía dos nobres que abandonaron a Afonso X na guerra de Granada

“D. Foao, que eu sei que á preço de livao,vedes que fez en guerra –daquesto soo certao:sol que viu os genetes, come boi que fer tavao,

sacudiu-se e revolveu-se al- çou rab´e foi sa via a Portugal ” (…) D. Afonso Mendes de Besteiros

Page 73: Lírica medieval galego portuguesa

Cantigas de escarnio e maldicirTemática: clasificación

• SIRVENTÉS MORAL:“Amigos, cuid´eu que Nostro Senhornon quer no mundo já mentes parar;ca o vejo cada dia tornarde ben en mal e de mal en peior;ca vejo maos sobr´eles poder;poren non ei da mia morte pavor”

(…) Martín Moxa

Page 74: Lírica medieval galego portuguesa

Cantigas de escarnio e maldicirTemática: clasificación

SÁTIRA LITERARIA:Mala ventura mi veña

se eu pola de Beleñade amores hei mal

E confóndame S. Marcosse pola doncela de Arcos

de amores hei mal.

Mal mi veña cada díase eu por dona María

de amores hei mal (…) Roi Paes de Ribela

Page 75: Lírica medieval galego portuguesa

Cantigas de escarnio e maldicirTemática: clasificación

SÁTIRA LITERARIA:

Ciclo das amas ou tecedeirasEsta ama, cuj´e Joan Coelho

per boas mahas que soub´aprender,cada u for, achará bon conselho:

ca sabe ben fiar e ben tecere talha mui ben bragas e camisa;e nunca vistes molher da sa guisaque mais limpia vida sabia fazer;

Ant´é oje das molheres preçadasqie nós sabemos en nosso logar,ca lava ben e faz boas queijadas

e sabe ben moer e amassare sabe muito de boa leiteira

(…) Fernao Garcia Esgaravunha

Page 76: Lírica medieval galego portuguesa

Cantigas de escarnio e maldicirTemática: clasificación

SÁTIRA SOCIAL,DE COSTUMES E PERSOAL

As c. de burlas teñen tendencia a concretar nunha persoa as críticas a grupos ou costumes sociais:

Os infanzóns e cabaleiros pobresOs cregos, frades e monxasCantigas obscenas (s. todo contra a soldadeira María a Balteira

SÁTIRA XOGRARESCA

Page 77: Lírica medieval galego portuguesa

Cantigas de escarnio e maldicirTemática: clasificación

Sátira contra infanzons e cabaleiros pobres:“Un infaçon mi ha convidadoque sexa seu xantar loado

par mi, mais eu nono hei guisado;e direivos por que mi avén:ca xa des antano hei xuradoque nunca diga de mal ben.”

(…) Airas Nunes

Cantigas contra cregos, frades e monxas:(escoma de textos, nº 12)

Page 78: Lírica medieval galego portuguesa

Cantigas de escarnio e maldicirTemática: clasificación

Cantigas obscenas:Marinha, en tanto folegares,tenho eu por desaguisado;

e soo mui maravilhadode ti, por non rebentares:

ca che tapo eu daquesta minhaboca a ta boca, Marinha;e con estes narizes meustapo eu, Marinha, os teus;e co´as maos as orelhas,

os olhos e as sobrencelhas;tapo- t´ao primeiro sonoda mima pissa o teu cono

como me non vej´a nenguu,e dos colhoes esse cu.

Como non rebentas, Marinha?

Afonso Eanes de Coton

Page 79: Lírica medieval galego portuguesa

Cantigas de escarnio e maldicirCARACTERÍSTICAS FORMAIS

A única novidade é que estas cantigas presentan a maioría unha estrutura característica:

• Na 1ª cobra preséntase o motivo central da composición (se é sátira persoal cítase polo seu nome o personaxe satirizado)

• Nas restantes amplifícase a burla inicial ou glosase mediante recursos paralelísticos

• En moitas ten grande importancia a narratividade (desenvolven unha pequena anécdota argumental)

Ex. Textos da escolma.