Lucía Cotriñas
-
Upload
lata-de-sal -
Category
Documents
-
view
244 -
download
2
description
Transcript of Lucía Cotriñas
Annie M. G. Schmidt & Fiep Westendorp
A E S C A DA
LUC
ÍA C
OT
RIÑ
AS
S
chm
idt /
Wes
tend
orp
Annie M. G. Schmidt
& Fiep Westendorp
Lucía Cotriñas A escada
A E S CA DA
A E S CA DA
Era unha vez unha nena que se chamaba Lucía Cotriñas porque sempre se ensuciaba e acababa cheíña de manchas. Só estaba limpa xusto despois de saír da bañeira, pero nunca se mantiña así nin sequera media hora. Por iso, a cada pouco, Lucía Cotriñas tiña que bañarse co seu can Lordento que, igualiño ca ela, andaba sempre feito un porcallán.
Unha tarde, xusto cando Lucía acababa de saír do baño, a súa nai díxolle:—Dentro de media hora chegarán convidados. E como sei que che é imposible estar limpa tanto tempo, pechareite no teu cuarto. Seguro que non che importa, verdade?—Abofé que me importa! —protestou Lucía Cotriñas.Pero así e todo a súa nai levouna ao seu cuarto e mandouna quedar alí co seu cadeliño Lordento.
E alí quedaron ambos os dous no cuarto, aburridos coma monas.
Lucía Cotriñas achegouse á fiestra con aire triste. Viu daquela que chegaba un pintor e que apoiaba a súa escada contra a fachada da casa. O pintor empezou a subir pola escada cargado con dous botes grandes de pintura. Pasou por diante da fiestra de Lucía, seguiu subindo ata chegar ao tellado e alí púxose a pintar.—Veña, Lordento —dixo Lucía—. Fuxiremos pola escada.Abriu a fiestra e subiu á escada co seu can baixo o brazo.
Agora xira o libro.
Non aguanta limpa nin media hora
Un clásico da literatura infantil
ISB
N 9
78-8
4-94
1784
-9-8
ww
w.la
tade
sal.c
om9
7884
9417
8498
LUC
ÍA C
OT
RIÑ
AS
S
chm
idt /
Wes
tend
orp